Fondos
SECRETARÍA
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.1
Título SECRETARÍA
Data(s) 1875-2020 (Creación) 1966 - (Produción) - 1968 (Produción)
Volume e soporte 180 unidades de instalación con 1.149 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A función fundamental desenvolta pola secretaría dende o século XIII é a de asegurar a fe pública, vixiando a legalidade dos actos e dos documentos administrativos producidos. Así en relación con elo dende sempre aparece a figura do secretario como principal responsable da produción e conservación documental e como figura preeminente dentro da estrutura administrativa. Ao longo do século XIX e XX foise consolidando a figura do secretario con estas funcións anteditas e reforzouse a súa presenza na tramitación dos expedientes xerados polos diversos servizos da administración local; esta xefatura virtual de tódolos servizos xerais desaparecerá a partires de 1985. Documentalmente esta 1ª División de sección contén documentos da secretaría xerada para deixar constancia e comunicación das actividades levadas a cabo pola secretario municipal no exercicio das súas funcións: informes, libro de rexistro de entrada, correspondencia, certificacións, memoria e outros asuntos derivados da organización administrativa da Institución. 2.1.1.- Memorias. Informes Estudios e informes realizados pola Secretaría con diversos fins e con valor informativo e xurídico respectivamente. 2.1.2.- Certificacións Documentos que acreditan actos o situacións de carácter administrativo cuxo destinatario é unha persoa, órgano ou entidade e que pretende a produción de efectos nun procedemento administrativo ou no marco das relación xurídicas privadas. O termo certificación utilizase para as acreditacións emitidas polo secretario dun órgano colexiado sobre acordos adoptados por este. 2.1.3.- Correspondencia Conxunto de cartas ou documentos soltos que se reciben o expiden dende a administración municipal no decurso da súa actividade cotián e que non pasaron a formar parte de ningún expediente individualizado. 2.1.4.- Instancias Documento que emana dun particular e que se dirixe á autoridade administrativa solicitando licenza, dereito ou graza. Como norma supoñen o inicio dun expediente ou trámite administrativo. Integran esta serie aquelas que por diversas causas non chegaron a formar parte de ningún expediente, ás veces por ser copia das mesmas. 2.1.5.- Expedientes de acción veciñal Documentación relativa a actividade e relación coas asociacións veciñais, tanto no relativo á súa constitución e formalización, como as vías de participación reguladas para a súa participación na actividade municipal. 2.1.6.- Libro copiador de correspondencia Rexistro con información básica da correspondencia recibida 2.1.7.- Libro rexistro de certificacións Rexistro que recolle resumo e datos básicos das certificación expedidas pola secretaría municipal. 2.1.8.- Libro rexistro de instancias Rexistro que recolle resumo e datos básicos das instancias expedidas pola secretaría municipal.
Organizació
Esta 1ª división de sección, SECRETARÍA, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.1.- SECRETARÍA: 2.1.1.- Memorias. Informes 2.1.2.- Certificacións 2.1.3.- Correspondencia 2.1.4.- Instancias 2.1.5.- Expedientes de acción veciñal 2.1.6.- Libro copiador de correspondencia 2.1.7.- Libro rexistro de certificacións 2.1.8.- Libro rexistro de instancias
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)