Fondos
CONTRATACIÓN
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.2.6
Título CONTRATACIÓN
Data(s) 1861-2020 (Creación) 1907 - (Produción) - 2019 (Produción)
Volume e soporte 175 unidades de instalación con 831 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).
Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación que recolle esta 1ª división de sección contempla todo o relativo aos procesos de contratación, nas súas modalidades diferenciadas, de acordo coa lexislación vixente en cada momento. 2.6.1.- Expedientes de contratación Expediente que se tramita para convir a forma de subministración de material, de execución de obras ou de prestación de servizos, que adoptan a fórmula da contratación directa, reservada a aquelas contratación que se poden acometer, dependendo da lexislación a aplicar en cada momento, sen procedementos especiais de publicidade ou libre concorrencia, habitualmente de menor contía e procedemento máis simplificado. 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa Expedientes que recolle as fórmulas de contratación reguladas, habituais nos procesos de contratación de maior contido ou valor económico. Os expedientes teñen as bases dos proceso, a presentación de oferta, a valoración das mesmas e a adxudicación da obra ou servizo a contratar. 2.6.3.- Libro rexistro de plicas Libro no que se rexistran os sobres pechados e selados que conteñen as ofertas para as poxas ou concursos dos contratos municipais 2.6.4.- Poxas de madeira Conxunto diverso de documentos relacionados cos poxas dos produtos resultantes da explotación dos montes municipais no período en que a titularidade dos mesmos non era comunal, senón municipal. 2.6.5.- Devolución de fianzas Expediente para a devolución dunha fianza depositada no concello para responder do efectivo cumprimento das condicións dun contrato co mesmo, ou para poder participar nunha poxa ou concurso-poxa optando á adxudicación dunha obra e servizo en concorrencia con outras empresas. Poden aparecer incluídas dentro do oportuno expediente de contratación ou de forma individualizada a solicitude da empresa ou persoa depositaria da mesma.
Organizació
Esta 1ª división de sección, CONTRATACIÓN, está organizada nas seguintes series documentais: 2.- ADMINISTRACIÓN: 2.6.- CONTRATACIÓN: 2.6.1.- Expedientes de contratación 2.6.2.- Expedientes de concursos, poxas e concurso-poxa 2.6.3.- Libro rexistro de plicas 2.6.4.- Poxas de madeira 2.6.5.- Devolución de fianzas
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)