ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Xunta Pericial

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.AM.VILGAR.1.4.2.1.1

  • Título Xunta Pericial

  • Data(s) 1926-1976 (Creación) 1926-00-00 - 1969-12-15 (Produción)

  • Volume e soporte 2 unidades de instalación con 7 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Vilagarcía de Arousa(1836-) O territorio do concello de Vilagarcía de Arousa sitúase no oeste da provincia de Pontevedra. Linda coa ría de Arousa e cos concellos de Catoira, Vilanova de Arousa e Caldas de Reis. Ocupa unha superficie de corenta e oito quilómetros cadrados, con oitenta e cinco entidades de poboación dispersas nas súas actuais trece parroquias: Arealonga, Bamio, O Carril (núcleo), O Carril (Santiago de), Cea, Cornazo, Fontecarmoa, Rubiáns, Sobradelo, Sobrán, Vilaxoán, Solobeira e Vilagarcía, nas que residen trinta e cinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela nas xurisdiccións do Carril, con señorío do arcebispo de Santiago; as de Vilagarcía e Rubiáns, con señorío do marqués de Vilagarcía; a de Sobrán, con señorío do conde de Maceda, e a de Vilanova de Arousa con señorío do arcebispo de Santiago e do marqués de la Sierra. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Rubiáns, Sobrán, Vilagarcía e Carril. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, dentro do partido xudicial de Cambados, créanse xunto con outros, os concellos de Carril, Vilaxoán e Vilagarcía. As variacións máis destacadas nestes anos de existencia da entidade local, dentro dos moitos intentos, serían a segregación da parroquia de András dende Vilaxoán a Vilanova de Arousa no ano 1843; a integración dos concellos de Carril e Vilaxoán no de Vilagarcía, efectiva na sesión plenaria de 31 de marzo de 1913; e a incorporación temporal, de 1935 a 1945, de varias parroquias do concello de Vilanova (András, Baión, Caleiro, A Illa e Tremoedo).

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Vilagarcía de Arousa

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido As Xuntas Periciais xorden unidas ao cambio impositivo establecido en 1845. Xa nese ano se establece que cada ano se nomeen un numero de persoas entre os contribuíntes de cada concello para facer o repartimento da contribución territorial, igual ao número de concelleiros. Encargábanse de revisar as declaracións xuradas de bens rústicos e urbáns dadas polos veciños. Entre as súas función estaba a de establecer a cota correspondente a pagar por cada un dos veciños. Será una Real Orde de 1859 a que crea oficialmente as Xuntas Periciais, formada por peritos repartidores nomeados por catro anos a partir de agora. Está presidida polo Alcalde, sendo vicepresidente un concelleiro. Entre as súas funcións, co tempo estará a conservación e actualización dos amillaramentos e o mellor reparto da contribución territorial. A lei de 1906 crea o Catastro, que será a enumeración descritiva, literal e gráfica dos presido rústicos, forestais, solares, edificios..coa expresión da súa superficie, lindeiros, cultivos, calidades, co que o traballos das Xuntas Periciais será potenciado, controlando as sucesivas modificacións do mesmo. Este organismo pervive na actualidade relacionado co Centro de Xestión Catastral.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Vilagarcía de Arousa (Tema) (Creador)

Área de control da descrición