ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

DISCIPLINA E CONTROL

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..2.4.2

  • Título DISCIPLINA E CONTROL

  • Data(s) 1894-2014 (Creación) 1894-00-00 - 2019-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 46 unidades de instalación con 101 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 2ª división de sección, DISCIPLINA E CONTROL, está composta polas seguintes series documentais: 2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais Coa Lei 31/1995 de prevención de riscos laborais xorden os servizos ou estudos de empresas para formar e informar aos traballadores sobre a prevención de riscos laborais e sobre os riscos específicos e medidas preventivas de seus postos de traballo. 2.4.2.2.- Control de horarios Documentos para o efectivo control da cumprimento do horario dos funcionarios: fichaxes, sinaturas… 2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións Solicitudes e expedientes tramitados en relación coas diversas modalidades de licenzas e permisos cos que conta o persoal municipal e coa súa oportuna xustificación, así como co control cadro de vacacións e o disfrute das mesmas polos traballadores. 2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios Expediente que se tramita para sancionar a falta cometida por un traballador coa finalidade de resolver e sancionar no seu caso as posibles deficiencias nas actuacións e feitos cometidos. Contén documentos referidos ao seu inicio, notificacións, testemuñas e probas, alegacións e resolución emitida polo órgano establecido.

  • Organizació

    Esta 2ª división de sección, DISCIPLINA E CONTROL, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    2.- ADMINISTRACIÓN:
    
    2.4.- PERSOAL:
    
    2.4.2.- DISCIPLINA E CONTROL:
    
    2.4.2.1.- Prevención de riscos laborais
    2.4.2.2.- Control de horarios
    2.4.2.3.- Licenzas, permisos e vacacións
    2.4.2.4.- Expedientes disciplinarios

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)

Área de control da descrición