Fondos
1. Plans de obras e servizos
Plans de obras e servizos
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.1.2.1
Título Plans de obras e servizos
Data(s) 1963-1989 (Creación)
Volume e soporte 15 unidades de instalación con 29 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Acolle esta única serie a documentación xenerada no desenvolvemento da ampla variedade de plans de cooperación das obras e servizos de competencia municipal elaborados e aprobados pola Deputación Provincial, a fin de garantir as infraestruturas e servizos en todo o territorio provincial; van dende os tradicionais plans de camiños e plans provinciais de obras e servizos, até os máis recentes como, por exemplo, os plans de axudas urxentes, de acción comunitaria, de instalacións deportivas, de urbanismo, etc. Inclúense ademais, recentemente, os promovidos polas Comunidades Autónomas e os plans enmarcados nos programas da Comunidade Europea destinados a colaborar cos concellos no desenvolvemento de actuacións específicas de obras e servizos. Normalmente recolle a información sobre a convocatoria do oportuno plan e a solicitude cursada pola institución municipal, así como a derivada da súa xestión e control: informes, certificación de obras, informes diversos, correspondencia, impresos, estatísticas etc.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)