Fondos
5. Expedientes do cemiterio
Expedientes do cemiterio
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.6.5
Título Expedientes do cemiterio
Data(s) 1909-1996 (Creación)
Volume e soporte 7 unidades de instalación con 33 agruapcións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series xerada a partir da función dos concellos de velar e supervisar a correcta aplicación da normativa sanitaria promulgada ó respecto para o funcionamento de cemiterios parroquiais e municipais. Nembargante, as actividades desenvoltas polos concellos neste eido teñen unha especial incidencia nos cemiterios da súa titularidade, en canto que o conxunto de funcións desempeñadas neles van máis alá das sanitarias. Recolle polo tanto toda a documentación relacionada cos cemiterios municipais, agás as obras que teñen o seu apartado específico dentro das obras municipais. Podemos atopar documentos e expedientes diversos: expedientes de concesión de sepulturas, expedientes de cambio de titularidade de sepulturas estreitamente vencellados cos anteriores; expedientes de creación ou clausura de cemiterios; e expedientes de incineración de cadáveres, expedientes de inhumación de cadáveres, expedientes de redución de restos e expedientes de traslado de cadáveres como procesos realizados nos cemiterios que deben contar coa preceptiva supervisión municipal. Ou rexistros como é o libro rexistros de enterramentos ou sepulturas dende 1866 ou os libros rexistros de inhumacións, exhumacións ou incineracións dende 1974.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)