Fondos
2. Censos de requisición militar
Censos de requisición militar
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36035.AM.NIG..3.12.2
Título Censos de requisición militar
Data(s) 1930-1966 (Creación)
Volume e soporte 6 unidades de instalación con 40 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello de Nigrán(1836-2015) O concello de Nigrán sitúase na costa das rías de Vigo e Baiona, cun marcado carácter turístico. Conta con trinta e cinco quilómetros cadrados nos que viven de forma habitual mais de trece mil persoas, distribuídas nas parroquias de Camos, Chandebrito, Nigrán, Priegue e A Ramallosa. Este territorio incluíase no século XVIII nas xurisdiccións de Priegue, con señorío do conde do mesmo nome; de Panxón, con señorío do mosteiro de Oia; e a de Baiona, con señorío de realengo, sendo esta a de maior amplitude, cun total de catorce parroquias. Nos inicios do século dezanove funcionaron neste territorio os concellos de Panxón e A Ramallosa. No 1836, crease dentro do Partido Xudicial de Vigo, o municipio de Nigrán, xunto cos de Vigo, Baiona, Bouzas, Lavadores e Gondomar; este municipio estaba integrado polas mesmas parroquias que ó compoñen na actualidade.
Institución arquivística Arquivo municipal de Nigrán
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Son censos ou listados de control militar, elaborados polos concellos en determinadas épocas, sobre todo no período franquista, para a contabilización dos bens materiais e subministros (transportes de tracción motor ou animal, edificios, armas,...) propiedade de tódolos particulares veciños dos mesmos, e que deberán ser postos a disposición do exército do Estado no caso de que as circunstancias de defensa así o requiran. O obxectivo destes censos é ter un medio de planificación da política militar, coñecendo anualmente os medios loxísticos e de intendencia dos que dispón o exército en caso de conflito, e así suplir a carencia dos seus propios.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello de Nigrán (Tema) (Creador)