Fondos
-
SF0015. 1.1.15. Comunicación, protocolo e relacións externas
8. Expedientes de protocolo
-
2.356/6. Expediente solicitando dar nome de avenida IRYDA á rúa nº 11 do plano da poboación
-
3.247/5. Expediente de ingreso na orde de Alfonso X o sabio de José Fernández Novoa Rodríguez
-
3.394/1. Expediente do regulamento especial de honras e distincións
-
6.024/4. Expediente de cambio de nome da rúa Penerada por rúa Doutor Manuel de la Calle
-
2.334/20. Expediente da homenaxe ao cardenal Quiroga Palacios
-
2.334/23. Expediente relativo á homenaxe de Ramón María Aller Ulloa
-
2.334/24. Expediente da homenaxe póstuma a Serafín Castro García
-
2.334/25. Expediente relativo á homenaxe Elías Barros Martínez
-
2.334/26. Expediente de concesión de subvención de 300 pesetas para a homenaxe de Ramón Cabanillas
-
2.334/27. Expediente de colaboración na realización da homenaxe a Pio XII
-
2.334/28. Expediente da celebración do día da Estrada en Ponteareas
-
2.334/30. Expediente de aprobación do regulamento de honras e distincións
-
2.334/31. Expediente da comisión pro monumento ao gaiteiro galego en Ribadeo
-
2.334/32. Expediente de adhesión á homenaxe a Antonio Ribari
-
2.334/33. Expediente de concesión de subvención de 300 pesetas para o monumento ao poeta Añón
-
2.334/34. Expediente de solicitude de ingreso na orde de Alfonso X o sabio de Plácido de Castro Pena
-
2.334/38. Expediente de solicitude de dedicación da rúa a Benito Vigo Munilla
-
2.334/49. Expediente de concesión da Gran Cruz ao Mérito Civil a Constantino Lobo Montero
-
3.387/30. Telegrama da Real Academia Galega expresando o pésame á familia de Manuel Guerra Barros
-
10.339/14. Solicitude da medalla do traballo para Aurora Sánchez Alvarez. (1972)
Expedientes de protocolo
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.2.GF001.F0001.SF0015.S0185.8
Título Expedientes de protocolo
Data(s) 1949-2007 (Creación)
Volume e soporte 97 unidades de instalación con 325 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Agrupación de series que plasman o conxunto de actuacións que se seguen para conceder as diferentes distincións honoríficas (Fillo Predilecto, Adoptivo, Membro Honorario da Corporación…) atendendo aos méritos, calidades e circunstancias singulares que concorren no interesado. Xunto a elo poden atoparse os propios regulamentos para esta concesión e tódolo relacionado coa actividade protocolaria da institución, entre eles os expedientes de irmanamento, os expedientes de actos públicos, libros de sinaturas, os expedientes de denominación de rúas, fotografías de actos públicos, notas de prensa...
En moitas ocasións recollen fotografías, recortes de prensa, publicacións ou información diversa sobre os actos públicos.
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)