ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.196
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Escritura de foro outorgada por Mariana, Teresa, Benito e Gregorio Ozores a favor de Jacinto Antonio de Casas dunha casa e outros bens (1635-1830)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.1.1.1.197/1

  • Título Escritura de foro outorgada por Mariana, Teresa, Benito e Gregorio Ozores a favor de Jacinto Antonio de Casas dunha casa e outros bens (1635-1830)

  • Data(s) 1635-1830 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da escritura de foro outorgada por Mariana, Teresa, Benito e Gregorio Ozores (todos irmáns); a favor de Jacinto Antonio de Casas; dunha casa tellada e madeirada, coa súa horta de 9 ferrados de sembradura; ademais do agro de "Siebo", con 22 ferrados de sembradura, a metade dun monte sito en Santa María de Caleiro; por renda anual de 1 real de prata pola casa e horta e 12 ferrados (4 de trigo, 4 de centeo e 4 de millo), polo agro. Tamén se inclúe a obriga de pagar anualmente ás moxas do Convento de Santa Clara de Santiago, 10 ducados de vellón. > Copia compulsada da escritura de foro outorgada pola abadesa e monxas do Convento de Santa Clara de Santiago, a favor de Francisco Ozores Soutomaior, dunha casa grande e unha horta, por renda anual de 10 ducados. > Real Provisión e relación de debedores feita a pedimento de Joseph Ramón Ozores. Data: 1635 , 1830. Ante: Benito Antonio de Landín e Caamaño , Alonso Mosquera, Lorenzo López Verea Freguesía: San Miguel de Deiro. Concello: Vilanova de Arousa. Provincia: Pontevedra [Cartafol 1: Rial. Parroquia de San Miguel de Deiro. Foros] [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]

Área de notas

  • Nota Son copias compulsadas

Puntos de acceso

Área de control da descrición