ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.2

  • Título SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS

  • Data(s) 1924-2015 (Creación) 1924-00-00 - 2015-00-00 (Produción)

  • Volume e soporte 76 unidades de instalación con 1.388 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.

  • Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Esta 1ª División de sección recolle a función dos concellos no referido á promoción e potenciación económica do seu territorio, dividida en varias agrupacións documentais relacionadas cos diversos eidos, actividades ou radios de acción nos que se concreta a mesma: agricultura, gandería e montes; caza; pesca; industria, turismo e traballo. 3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa dos intereses agrícolas, gandeiros e forestais dos municipios. Deste xeito, podemos destacar os expedientes de extinción de pragas, os expedientes de repoboacións, as cales soen ser políticas estatais ou autonómicas nas que colaboraban, en ocasións, os concellos; os expedientes de concentración parcelaria, os censos agropecuarios, cotos de caza, vedas de pesca etc. 3.2.2.- Expedientes de actividades industriais Agrupación de series con expedientes de actividades agropecuarias que teñen como obxecto a tramitación de moi variados procedementos en relación á promoción, control e defensa da actividade industrial e mineira entendida en sentido amplo de estudos, informes, memorias, plans de actuación e desenvolvemento etc. 3.2.3.- Expedientes de fomento turístico Agrupación de series con expedientes de actividades turísticas, edición de folletos, subvencións etc.

  • Organizació

    Esta 1ª división de sección, SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS, está organizada nas seguintes series documentais:
    
    3.- SERVIZOS:
    
    3.2.- SERVIZOS AGROPECUARIOS E INDUSTRIAIS:
    
    3.2.1.- Expedientes de actividades agropecuarias
    3.2.2.- Expedientes de actividades industriais
    3.2.3.- Expedientes de fomento turístico

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)

Área de control da descrición