Fondos
ABASTOS E CONSUMOS
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36017.AM.EST.1.3.3.1
Título ABASTOS E CONSUMOS
Data(s) 1947-2007 (Creación) 1947-00-00 - 2007-00-00 (Produción)
Volume e soporte 25 unidades de instalación con 77 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Concello da Estrada(1836-2018) O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda. Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo. O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
Institución arquivística Arquivo municipal da Estrada
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Esta 2ª división de sección, ABASTOS E CONSUMOS, está composta polas seguintes series documentais: 3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos A función dos concellos en materia de control e intendencia de abastecementos é unha das máis antigas encomendadas ós mesmos, comprendendo os expedientes de autorización de vendas e expedientes de declaración de existencias, as denuncias e infraccións en materia de consumo, estatísticas, establecementos comerciais libros rexistros de provedores, padróns de clientes de establecementos, liquidacións de subministros de establecementos, os aranceis –libros, as denuncias e o control das mercadorías, prezos e pesas e medidas. 3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos Inclúe os rexistros de cartillas de racionamento, as propias cartillas e os censos de racionamento. Orde ministerial 14 maio 1939 estableceu un réxime de racionamento no pais para os produtos básicos de alimentación e de primeira necesidade. Vixente ata maio 1952. 3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados O mercado municipal, en tanto que serie que exerce unha función complementaria da agrupación documental anterior, é considerada unha parcela importante de xestión do concello para garantir o abastecemento da poboación (lugar de compravenda de produtos), sendo tanto máis transcendente canto máis nos remontemos a épocas pasadas. No seu desenvolvemento contamos con expedientes e rexistros referidos á praza de abastos, ó mercado de gando así como ó propiamente denominado mercado ou alfóndega municipal, así como as feiras ou a venda ambulante. 3.3.1.4.- Lonxas municipais Documentación específica relacionada co funcionamento das lonxas municipais.
Organizació
Esta 2ª división de sección, ABASTOS E CONSUMOS, está organizada nas seguintes series documentais: 3.- SERVIZOS: 3.3.- ABASTECEMENTOS E CONSUMOS: 3.3.1.- ABASTOS E CONSUMOS: 3.3.1.1.- Expedientes de abastos e consumos 3.3.1.2.- Expedientes de racionamentos 3.3.1.3.- Expedientes de feiras e mercados 3.3.1.4.- Lonxas municipais
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Concello da Estrada (Tema) (Creador)