ATOPO
Rexistros actuais: 1.625.133
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.759

Fondos

Pedimento por Andrés Angel Salgueiro para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia do testamento de Rui Pérez Da Costa

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.2.3.178/28

  • Título Pedimento por Andrés Angel Salgueiro para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia do testamento de Rui Pérez Da Costa

  • Data(s) 1785-1786 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Vera > Pedimento por parte de Andrés Angel Salgueiro, para a defensa dos dereitos e regalías da Señora marquesa, dunha copia auténtica do testamento outorgado por Rui Pérez Da Costa Carantoña do 13-06-1550, o codicilio outorgado por el mesmo o 12-07-1553, o testamento de Inés de Mendoza e outras escrituras máis. Requerimento e dilixencias relacionadas. > Copia de escritura de obriga, outorgada por Alberto Vidal o 05-04-1645, a favor de Don Pedro de Vera e Moscoso e dona María Inés de Mendoza a súa muller, de pagar anualmente 40 reais de renda, pola metade do Agro da Cruz, sito no Couto de Saavardes, cuia renda donou Inés da Costa e Lamas, por razón de Dote a súa neta, dona María Inés de Mendoza para casarse con Pedro de Vera. > Outra copia de obriga do 06-04-1645, a favor de Don Pedro de Vera e a súa muller, pagándolles 55 reais cada ano de renda e censo. > Copia de concordia feita o 09-08-1644 entre Don Juan de Mendoza e Soutomaior e Fernando Bermúdez de Castro, por razón de partixas e herdanzas, fincables de Rui Pérez Bermúdez da Costa, dona María Rodríguez de Guisamonde, e Don Francisco Guisamonde e Castro, cura de San Salvador de Taragoña. > Copia de escritura de Dote do 15-01-1645, outorgada por dona Inés da Costa, na que ofreceu a súa neta Inés de Moscoso e Mendoza, para casarse con Don Pedro de Vera, 2500 ducados de Dote en bens raices e diñeiro. > Unha copia dunha claúsula do testamento ou codicilio que o 28-01-1646, é outorgado por dona Inés da Costa. > Certificación por parte dos escribáns da súa maxestade públicos verificando ditas copias. Datas: 1785, 12, 23, 24. 1786, 02, 2. Ante: Antonio Lodeiro Varela. Joseph de Santiso. Lorenzo Diz Pérez. Gregorio Antonio Bahamonde.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición