Fondos
194/54. Concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior e Tomé Varela e outros, a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz da viña da Paxariña
Concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior e Tomé Varela e outros, a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz da viña da Paxariña
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.3.1.194/54
Título Concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior e Tomé Varela e outros, a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz da viña da Paxariña
Data(s) 1701 (Creación)
Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Pazo de Rubiáns
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Morgado de Rial > Copia compulsada da concordia feita entre Benito Ozores Soutomaior (Dono da Casa e Torre do Rial e herdeiro no vínculo fundado por Gregorio Ozores), e Tomé Varela, Silvestre Varela, Domingo Carballo, Domingo Diz e Domingo do Rial (labradores e herdeiros de Domingo Diz de Parga); a raíz do troco que fixeran Gregorio Ozores e Domingo Diz de Puga, da viña da "Paxariña" a cambio da herdade do "Agro de Abaixo"; a cal fora demandada polo convento de San Martiño de Santiago e gañada por Carta Executoria a Benito Ozores. Por esta concordia o convento faille foro dos bens a Benito Ozores e os moradores deben de pagar 2 ferrados de centeo en concepto de "saneamento", e no caso de que non se fixese o foro, Benito Ozores deberá devolver os bens do troco anterior e pagar 3 cántaros e medio de viño tinto. Data: 1701, 02, 16. Ante: Juan Vázquez da Viña. Freguesía: San Martiño de Sobrán. Concello: Vilagarcía de Arousa. Provincia: Pontevedra [O Morgado de Rial ten o seu comezo no matrimonio entre Juan de Avalle e Constanza Álvarez, e únese ao de Luaces por dúas vías; mediante o matrimonio de Gregorio Ozores Valladares con Mariana de Luaces Soutomaior e mediante a sucesión dos bens e propiedades de Francisca Paula de Luaces en favor de Joseph Benito Ozores]
Ãrea de notas
Nota É copia compulsada
Puntos de acceso
Puntos de acceso de materias Preito España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Vilagarcía de Arousa Sobrán (San Martiño)
Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)