ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

Cláusula do testamento de Juan de Gayoso onde se declara a este como universal herdeiro e outros documentos (1539-1661)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36060.APAZRUB.5.5.204/7

  • Título Cláusula do testamento de Juan de Gayoso onde se declara a este como universal herdeiro e outros documentos (1539-1661)

  • Data(s) 1539-1661 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente ou agrupación documental

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Morgado de Lugo e Guntín > Cláusula do testamento de Juan de Gayoso (outorgado o 27/12/1558), sacada a petición de Lope Díaz de Gayoso, onde se declara a este como universal herdeiro. Data: 10/08/1562. Ante: Gonzalo Puñal. > Petición de declaración de testemuñas de Ponferrada a petición de Álvaro Pérez (en nome de María Díaz de Gayoso) Data: 13/09/1557 Ante: Juan de M.. > Auto do preito entre Ares Díaz de Gayoso (pai de María de Gayoso) e María Díaz de Gayosos, con Catalina López, María de Prados e Juan López Data: 12/05/1597. Ante: Luis Carrillo. > Cláusulas do testamento de Inés de Meira. Data: 03/01/1570 . Ante: Juan Paz do Campo. > Autos a raíz da petición feita por Luis García de Losada (en nome de María Díaz de Gayoso), para que recoñeza como súa a firma duns documentos. Data: 12/04/1618 . Ante: Matías de Castro. > Acordo entre Juan López do Campo (marido de Isabel López), e Lope López do Vilar, polo cal se obriga ao primeiro a pagar as costas dun preito por unhas eguas. Data: 19/01/1578. Ante: Matías de Castro. > Escritura de revogación da querela que presentara Gómez de Vilar (fillo de Diego de Vilar), contra Fernando Leiro, ao que acusara de matar ao seu pai. Data: 05/04/1539. Ante: Diego de Lemos. > Preito de Gonzalo Rodríguez de Canabal (procurador de Álvaro Gómez e consortes e dos herdeiros de Amaro Páramo), contra Gonzalo de Villar (procurador de Ares Díaz de Cedrón e consortes), pola cobranza dunha rendas. Inclúe autos, interrogatorios e declaracións. Data: 01/08/1564. Ante: Rodrigo Campos. >Acordo entre Ares Díaz de Cedrón Gayoso (merino da cidade de Lugo) e Pedro Díaz Marcado; sobre a renda e rendas dunhas eguas. Data: 23/12/1568 . Ante: Juan de Sanjurjo. > Nomeamento por parte de Ares Díaz de Cedrón e Gayoso; do curador dos fillos de Pedro Díaz Marcado; nomeando a Andrés de Carballido. Data: 21/12/1568. Ante: Juan Esteban. > Autos a raíz da demanda presentada por Ares Díaz de Cedrón y Gayoso, pola posesión de 3 eguas que pasaron de Pedro Díaz Moncada a Pedro López. Data: 10/01/1569. Ante: Domingo de Muñíz. > Carta de poder outorgada por Rodrigo Díaz de Gayoso (herdeiro de Lope Díaz de Gayoso), a favor de Fernando de Prado e de López de Ventosiños; para que o defendan en todos os preitos Data: 16/01/1581. Ante: Pedro Vázquez. > Memoria dos lugares e rendas pertencentes ao Bispado de Lugo. > Recibo de Domingo Bascuas a Juan Alonso de Salinas. Data: 08/05/1612. Ante:- > Carta de poder outorgada por Lope Díaz de Gayoso (mordomo do Hospital Real de Santiago) a favor de Pedro Vázquez de Gayoso; para que solicite ante o Bispo de Lugo a prorrogación do foro que ten deste. Data: 03/04/1566. Ante: Benito Mosquera. > Compromiso de pagamento feito por Ares Díaz de Cedron e Sebastián García de Gayoso. á súa sobriña Catalina López, de 240 ducados pola renda que Diego de Gayoso lle debía a Juan Pardo. Data: 28/04/1586. Ante: - > Recibo a favor de Lope Díaz de Gayoso pola compra dunha casa. Data: 12/12/1568. Ante: - > Preito dirimido ante o Doutor Carriazo (procurador da Igrexa e Arcebispado de Santiago, e por tanto do Arcebispo Gaspar de Zúñiga y Avellaneda); entre Francisco de Guitán e Rodrigo de Ben. Data: 12/08/1661. Ante: Juan Pérez. > Obriga de pagamento de Alonso de Rois a favor de seu tío, Lope Díaz de Gayoso, de 20 ducados e 4 reais. Data: 23/09/1577. Ante: Geraldino Fernández. > Memorial de rendas que cobra Ares Díaz de Cedrón. > Petición de xuíz por parte de Juan López do Campo para finiquitar un preito. > Poder outorgado por Gaspar Díaz de Gayoso para que se faga execución dun cobro sobre os bens de Juan López, a petición de Alonso de Aguilar. Data: 07/03/1587. > Poder outorgado por Rodrigo Díaz de Gayoso a favor de seu pai, Pedro López Mosquera, para vender unha serie de bens que herdara de súa nai, María Fernández de Bolaño. Data: 09/06/1572. Ante: Francisco Fernández.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Pazo de Rubiáns (Tema)

Área de control da descrición