Fondos
ES.GA.36055.ACHDT.1.. ARQUIVO CAPITULAR DIOCESANO DE TUI
ARQUIVO CAPITULAR DIOCESANO DE TUI
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36055.ACHDT.1.
Título ARQUIVO CAPITULAR DIOCESANO DE TUI
Data(s) 1071-2005 (Creación)
Volume e soporte As unidades de instalación ocupan uns 120 metros lineais de estantes en soporte de pergameo e papel
Área de contexto
Nome do produtor Diócese de Tui-Vigo(1095-) A diocese é unha parte do Pobo de Deus que se confía a un bispo para que a apaciente coa colaboración do seu presbiterio. Así, unida a un pastor, que a reúne no Espírito Santo por medio do Evanxeo e a Eucaristía, constitúe unha Igrexa particular. Nela está verdadeiramente presente e actúa a Igrexa de Cristo unha, santa, católica e apostólica. (Cristus Dominus nº 11) A tradición reitera que a historia da nosa Diocese arrinca co episcopado de S. Epitacio no século I; pero, só contamos con apoio documental para establecer a sucesión dos seguintes bispos e os seus nomes, a partir de finais do s. VI. Eles estamparon as súas firmas ao pé das actas dos Concilios de Braga: Anila, en tempo dos suevos, e logo Neufila, Gardingo, etc. Bispos no desterro Durante as invasións árabes e normandas a presenza episcopal na sede tudense resultou moi dificultosa, por mor das continuas devastacións. Os bispos, con moita frecuencia, víronse obrigados a “desterrarse e refuxiarse” acollidos á hospitalidade dos seus irmáns veciños, unhas veces en Iria Flavia (Padrón), outras en Labrugia (Portugal) ou en San Esteban de Ribas do Sil (Ourense). Así do prelado Naustio (ca. 926-932) di unha escritura atopada en 1112 que os normandos e sarracenos penetraban na cidade de Tui polo río Miño e causaban moitos danos ao noso pobo, por iso o bispo retirouse ao mosteiro de Labruxe (Labrugia) para evitar sobresaltos, gobernando desde alí a diocese. O mesmo tiveron que facer Oveco (ca. 932-936), Vimara (936-948), Baltario (ca. 942-950) e Vilulfo (950-1002). Por iso os historiadores falan de “restauración” da diocese de Tui a finais do século XI, porque ata chegara a estar xuridicamente vinculada á de Santiago polo menos desde 1024. A recuperación da estabilidade con presenza episcopal definitiva acontece en 1095 cando os Condes de Galicia, D. Ramón de Borgoña e a súa esposa Dna. Urraca (a filla de Afonso VI) outorgan ao Bispo D. Aderico o “señorío de Tuy”, que excedía amplamente a liña do Miño. De Rebordáns á Catedral en Tui No citado ano 1095 menciónase a sede de “Santa María de Tui”, aínda cando parece que esta habería que situala entón en Rebordanes (actual igrexa de S. Bartolomeu) onde residía o Bispo. Porque é ao sucesor de Aderico, D. Afonso II, a quen algúns atribúen a iniciación das obras da Catedral actual (1120-1125) reinando Afonso VII “O Emperador”, fillo de Dna. Urraca. Outros con todo, asignan a honra de comezar a construción da Catedral ao Bispo D. Pelayo cara ao 1131 (el crearía segundo parece un mosteiro en Rebordanes baixo a regra de S. Agustín, no que vivían “cóengos da mesma igrexa”). Está claro historicamente que será o rei Fernando II (1170) quen mande trasladar a cidade “a un lugar máis alto e máis seguro” -o emprazamento actual- deixando a cidade antiga e outorgando ao Bispo novas doazóns “para que o Bispo D. Beltrán e o Cabildo poidan levantar -así di o documento real- un alcázar e torre xunto ao palacio episcopal e continuar a fábrica da Catedral”. A Catedral, cofre de “S. Telmo” Corresponderá ao Bispo D. Esteban Egea, esta vez co apoio do rei Fernando III “O Santo” e da súa nai Dna. Berenguela, terminar a obra e consagrar a Catedral na festividade de san Andrés do ano 1225, aínda que se fixou o 1º de decembro como día hábil litúrgicamente para conmemorar a dedicación. Foi o Bispo D. Lucas de Tui quen elixiu o lugar de honra que é a nosa Catedral para depositar nela (cara aos anos 1246-1249) o corpo do que agora é Patrón da Diocese, o Beato Pedro González vulgarmente coñecido como “San Telmo”, cuxas reliquias serían trasladas solemnemente á Capela actual, o 27 de abril de 1579. Momento crítico e azaroso na historia da Igrexa e consiguientemente da Diocese foi o do cisma de Occidente (1378-1417), pola división creada tamén entre os membros do Cabildo, adscritos a favor dos distintos pontífices. Así tras a polémica, a Colexiata de Valença do Minho con 230 parroquias en territorio portugués se desgaxarían do Obispado de Tui. Outras dúas Colexiatas existiron tamén na dioceses dedicadas ambas a Santa María: a de Baiona a Real (elevada a ese rango en 1482) e a de Vigo (en 1497). Ambas deixaron de ser “colexiatas” en virtude do Concordato de 1851 que fixo desaparecer esas categorías. Diocese de Tui-Vigo desde 1959 Hai unha data histórica recente da que acabamos de cumprir as Vodas de Ouro, o 25 de xuño de 1959, pola Bula “Quemadmodum impiger”, o Papa XOÁN XXIII concede á Diocese a dobre titularidade de Tui-Vigo e rango de Con-catedral ao templo vigués de Santa María. O Bispo Frei José López Ortiz trasladou desde entón a Residencia Episcopal, a Curia diocesana e o Seminario Maior á cidade de Vigo, o que orixinou tamén un só Cabildo con dobre sede. “Tui dará a Vigo a súa experiencia milenaria -dicía Frei José- e Vigo achegará á actividade diocesana o seu ritmo puxante de conquista activa e emprendedora”. A partir da dobre denominación da Diocese de Tui-Vigo ocuparon a sede diocesana quen son agora xa Bispos eméritos: D. José Delicado Baeza (1969-1975); D. José Cerviño Cerviño (1975-1996) e D. José Diéguez Reboredo (1996-2010). O territorio da Diocese -que en diversos momentos comprendeu terras hoxe de Portugal e do Ribeiro ourensán-, abarca na actualidade 1.721 quilómetros cadrados do sur da provincia de Pontevedra e é a máis pequena das dioceses españolas do territorio peninsular en extensión, aínda que non en poboación. Dividida en 276 parroquias, o último censo atribúelle unha poboación de 517.658 habitantes. Para a atención pastoral dos fieis dispón a Diocese de algo máis de douscentos sacerdotes entre os seculares e os relixiosos. O Seminario Maior "de San xosé" (Vigo) ten 15 seminaristas e no Seminario Menor “de S. Pelayo” ( Tui) estudan 18 aspirantes ao sacerdocio. Arquitectura e arte na Catedral Sobre a arquitectura da Catedral-fortaleza baste dicir que foi inicialmente románica e adaptada ás posibles necesidades defensivas; pero moi pronto se viu afectada polas novas correntes de transición ao gótico. Anótese tamén que o espléndido pórtico da fachada principal, no que están representadas escenas da Natividade, non sería concluído ata 1236. E na imposibilidade de enumerar todas as obras de arte encerradas na Catedral, invitamos a admirar a beleza artística e a teoloxía do misterio da encarnación genialmente expresada no retablo da Expectación, obra do redondelano Antonio do Villar (1722), que se acha no brazo sur do cruceiro xunto á porta que dá acceso ao Claustro; a detallada exposición da vida e milagres de San Telmo, na sillería do coro, obra de Francisco Castro Canseco (1699); tamén polo seu simbolismo, a sede desde a que nos preside o Bispo (obra de Domingo Rodríguez de Pazos, 1712) e os frontais do altar, que son do século XV, de inspiración mudéjar. A Igrexa Catedral é aquela en a cal o Bispo ten situada a súa Cátedra, signo do maxisterio e da potestade do pastor da Igrexa particular, como tamén é signo da unidade de todos os crentes na fe que o Bispo anuncia como pastor da grey». (Cerimonial dos Bispos nº 4)
Institución arquivística Arquivo Diocesano de Tui
Historia arquivística A salvagarda dos títulos de propiedade do cabido e da catedral fixo que o seu arquivo fora obxecto de especialísima custodia. Todo parece indicar que en tempos antigos a documentación se conservaba na sala capitular; e a máis prezada gardábase nun arcón de ferro (“burras” se chaman en Portugal), o seu acceso era moi restrinxido, pois pechábase con tres chaves, que gardaban tres prebendados. Todo transcorría con certa normalidade ata que en 1809 as tropas de Napoleón ocuparon a cidade e o arquivo se espallou. A posterior recuperación do patrimonio bibliográfico e documental, que non se perdera, foi un labor lento e laborioso dos bispos e do cabido de Tui. En 1797, baixo o pontificado de D.Juan García Benito, construírase o pazo de contaduría, que pasados algúns anos sería a sede definitiva do Arquivo Capitular. Por 1923 o eminente investigador Pascual Galindo Romeo, catedrático da Universidade de Santiago e posteriormente da Central de Madrid, levou a cabo a redacción do catálogo dos documentos medievais co propósito de que se producise a súa inmediata publicación. O plano trazado polo profesor Galindo non se cumpriu pois o catálogo non se publicou, pero consérvanse as súas case mil fichas manuscritas, rigorosamente cubertas con referencias precisas á Historia Sagrada do Padre Flórez e a Ávila y la Cueva, nas que describe e identifica os catrocentos pergameos e diversas escrituras dos dous libros Tumbo da catedral e Dos protocolos notariais. No ano 1987 os profesores Joám Trillo e Carlos Villanueva concluíron e publicaron o catálogo completo das composicións musicais da catedral tudense. En torno a 1983, para mellorar o ordenamento físico do arquivo capitular, habilitáronse novos estantes, e en 1994 o mesmo edificio acolleou tamén o Arquivo Histórico Diocesano.
Forma do ingreso Por transferencia directa.
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A documentación máis antiga sufriu tantos avatares, debido ás guerras e ás invasións, que non é posible calcular as perdas ocasionadas no devir dos séculos. Certamente, a mellor conservada foi aquela que dependía máis directamente do cabido, como son os libros de actas e os libros de apeos dos bens da mesa capitular.
Valoración, selección e eliminación Non se fai ningún tipo de selección, a non ser para reclasificar os documentos indebidamente incorporados nalgúns legaxos e libros.
Novos ingresos Son escasos. Cabe mencionar os acordos do cabido e as copias dos proxectos e memorias que entrega o Plan director da catedral.
Organizació
CADRO DE CLASIFICACIÓN DO ARQUIVO CAPITULAR: 1.- PERGAMEOS: 1.1.- Privilexios 1.2.- Bulas pontificias 1.3.- Foros 1.4.- Protocolos 2.- CÓDICES: 2.1.- Pontifical iluminado 2.2.- Pasionario 2.3.- Comentario ós salmos 2.4.- Cantorais 2.5.- Tombos ou Becerros 3.- CABIDO CATEDRALICIO 3.1.- Actas capitulares 3.2.- Acordos espirituais 3.3.- Libros sinodais (constitucións) 3.4.- Limpeza de sangue 3.5.- Expedientes canónicos e beneficiais 3.6.- Capelanías e obras pías 4.- HAXIOGRAFÍA: 4.1.- Proceso de San Telmo 4.2.- Auténticas de reliquias 4.3.- Cerimonial de Alcoba 1.5.- CONFRARÍAS: 5.1.- Santísimo Sacramento 5.2.- Ánimas 5.3.- Doce nome de Xesús 5.4.- Virxe da Soidade 5.5.- Virxe do Carme 5.6.- Virxe das Dores 5.7.- San Telmo 5.8.- San Bieito 5.9.- San Roque 5.10.- San Crispín e Crispiniano 5.11.- Santo Antón abade 6.- LIBROS ADMINISTRATIVOS: 6.1.- Libros de fábrica 6.2.- Libros de contas 6.3.- Inventarios 6.4.- Libros de colecturía 6.5.- Padroados 6.6.- Foros e décimos 7.- FUNDACIÓNS: 7.1.- Capelanías 7.2.- Obras pías e aniversarios 8.- DOCUMENTACIÓN NOTARIAL: 8.1.- Protocolos notariais 8.2.- Preitos 9.- DOCUMENTACIÓN MUSICAL SS. XV-XIX 9.1.- Libros de facistol (cantorais) 9.2.- Libros de polifonía 9.3.- Partituras 1.10.- DOCUMENTACIÓN CARTOGRÁFICA SS. XVII-XX 10.1.- Mapas 10.2.- Planos 11.- MISCELÁNEAS 11.1.- Apuntes biográficos 11.2.- Manuscritos de Francisco Ávila y la Cueva
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Aos documentos poden acceder os investigadores e todo aquel que xustifique a súa utilización por motivos persoais. Deben atenderse as limitacións das leis vixentes e do Regulamento dos arquivos eclesiásticos españois.
Condicións de reprodución A reprodución está moi limitada para evitar o deterioro e garantir a integridade da documentación. Existen uns impresos para solicitar fotocopias e a reprodución dixital.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Pergameo e papel, cun bo estado de conservación. Aprécianse bastantes perdas de documentos.
Instrumentos de descrición Ficheiro temático, guías e inventarios, parcialmente informatizados.
Área de documentación
Existencia e localización de orixinais Coñécese a existencia de outra documentación orixinal nos arquivos a seguir: Arquivo Histórico Nacional. Arquivo Historico Provincial. Museo de Pontevedra. Arquivo Histórico Diocesano. Arquivo da Curia Diocesano. Fundación Penzol.
Existencia e localización de copias Non se coñece a existencia de copias
Unidades de descrición relacionadas Existe outra documentación relacionada nos arquivos a seguir: Arquivo Vaticano. Arquivo Histórico Nacional. Museo de Pontevedra. Arquivo Capitular de Ourense. Arquivos parroquiais. Arquivo da Curia Diocesana.
Ãrea de notas
Nota O Arquivo Capitular comparte sede co Arquivo Histórico Diocesano, e como poden considerarse arquivos vivos, a curto prazo ficará colapsado. Por iso se informou ó Plan Director da catedral da necesidade dun novo edificio ou da ampliación dos espazos do actual. Parece que os proxectos se decantan pola segunda opción.