ATOPO
Rexistros actuais: 1.639.067
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.531

Expediente de solicitude de licenza de obra Balbina Serrano Pérez e José Antonio González Ferreira (1998-2014)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36003.AM.BAI.2.GF002.F0007.SF086.SF087.S0680.5.216/1

  • Título Expediente de solicitude de licenza de obra Balbina Serrano Pérez e José Antonio González Ferreira (1998-2014)

  • Data(s) 1998 - 2014 (Creación)

  • Volume e soporte 1 expediente

Área de contexto

  • Nome do produtor Concello de Baiona(1836-) O territorio do concello de Baiona, situado na costa atlántica, ó oeste da provincia de Pontevedra, linda cos concellos de Nigrán, Oia e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós trinta e un quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas actuais cinco parroquias: Baíña, Baiona, Baredo, Belesar e Santa Cristina da Ramallosa, nas que residen máis de dez mil habitantes. Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias dependían daquela da xurisdicción real de Baiona. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século dezanove, dentro do Partido Xudicial de Vigo créanse os concellos de Bouzas, Lavadores, Nigrán, Vigo, Gondomar e Baiona. Este último, formado por cinco parroquias, non sufriu alteracións na súa configuración dende aquela.

  • Institución arquivística Arquivo municipal de Baiona

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Licenza núm. 74-9/14 (XGL 11-09-14).
    Obra: Demolición para adaptación á legalidade.
    Propietario: Balbina Serrano Pérez e José Antonio González Ferreira.
    Lugar: Cova Terreña - Baiona.
    Contén:
    - Copia de documentación aportada polo concello de Baiona no procedemento ordinario 402/2011 interposto por José Antonio González Ferreira contra o concello por orde de derriba (anos 1998-2011).
    - Desestimación de solicitude de licenza para proxecto básico de rehabilitación para adaptación á legalidade vixente presentada por Balbina Serrano Pérez (2013).
    - Expediente de reposición da legalidade urbanística por obras sen axustarse á licenza incoado a José Lorenzo Rodríguez e Balbina Pérez Serrano.
    - Expediente do procedemento ordinario 239/99 interposto por José Lorenzo Rodríguez contra o concello por orde de derriba.
    - Expediente do recurso contencioso-administrativo 266/99-N interposto por José Antonio González Ferreira contra o concello por orde de derriba.
    - Recurso de reposición de José Lorenzo Rodríguez frente á desestimación presunta por silencio administrativo da denuncia formulada na xerencia de urbanismo do Concello de Baiona contra Miguel E. Smith Marcote. (Antes expediente 6 da unidade de instalación núm. 3.281.

Área de notas

  • Nota A unidade de instalación núm. 3.281/6 pasou a formar parte da 5.216/1.

Puntos de acceso

Área de control da descrición