ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

Arquivo municipal do Porriño

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36039.AM.POR.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal do Porriño

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal do Porriño

Área de contacto

Arquivo municipal do Porriño

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Antonio Palacios, nº 1 Localidade O Porriño Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36400

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. A totalidade das parroquias integrábanse daquela na xurisdicción do Porriño, dependente do conde de Salvaterra de Miño, agás Budiño con xurisdicción propia dos veciños. Neste territorio, nos primeiros anos do século XIX, chegaron a funcionar concellos en Mosende e O Porriño. Iniciado o proceso de constitución definitiva dos concellos actuais, no século XIX, dentro do partido xudicial de Tui, créase o concello do Porriño, integrado daquela por sete parroquias, aínda que coa mesma estructura superficial. Con posterioridade, en 1904, créase a parroquia de Cans, segregada da de Atios; ademais dende 1920 funciona a Entidade Local Menor de Chenlo. A casa do concello de Porriño foi recentemente reformada e ampliada, a partir do edificio construído por Antonio Palacios para este uso e inaugurado en 1924. É unha edificación en pedra dotada dunha gran monumentalidade en relación coa pouca superficie que ocupa, na que resalta un pórtico na súa parte frontal, a torre amenada, a profusión de vans e a rica ornamentación. Arde esta edificación no ano 1976, destruíndose na práctica totalidade o seu interior; a reforma iniciada posteriormente remata en 1983. En todo caso, a insuficiencia espacial foi cada vez máis patente e conlevou a ampliación lateral do edificio en datas máis recentes. Instalábase o arquivo ata a última ampliación na torre que resalta na casa do concello, con evidentes necesidades espaciais e sensibles problemas de humidade. Por elo se considerou necesario instalar un novo local que mellorase as condicións de conservación documental. O local dedicado na actualidade a arquivo sitúase no soto da casa do concello, con acceso dende a planta baixa, rehabilitando para este uso unha sala practicamente rectangular, dotada dos equipamentos precisos para a súa función, especialmente estantería metálica compactada, ordenador e mesa de consulta. Presenta xa unha clara insuficiencia para albergar a inxente producción documental do concello. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1993, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a mellora do local, no ano 2003. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Beatriz Barciela Castrelos José Luis Bustelo RodríguezMarina Díaz ParedesAna Gesteira PonceManuela González ReyPilar Lago González Antonio López Bodaño María Herminia Martínez Pereira Marcos Meijueiro Rey Roxelio Guillerme Pérez Agulla Carmen Pérez Larrán María José Villanueva Viñas

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello do Porriño sitúase no sudoeste da provincia de Pontevedra, na comarca da Louriña, dentro do espacio natural do Baixo Miño. Linda cos concellos de Vigo, Mos, Ponteareas, Salceda de Caselas, Tui e Gondomar. Ocupa unha superficie superior ós sesenta e un quilómetros cadrados, con cento trece entidades de poboación dispersas nas súas actuais oito parroquias: Atios, San Salvador de Budiño, Cans, Chenlo, Mosende, Pontellas, O Porriño e Torneiros, nas que residen cáseque dezasete mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal do Porriño Rúa Antonio Palacios,1. 36400 O Porriño

  • Fondos Arquivo municipal do Porriño

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario Archivo Municipal do Porriño” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 52 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990)

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos