ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

Arquivo xulgado de paz da Lama

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36025.AXP.LAM.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo xulgado de paz da Lama

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo xulgado de paz da Lama

Área de contacto

Arquivo xulgado de paz da Lama

  • Enderezo Enderezo (rúa) Casa do concello Rúa José Antonio, 1 Localidade A Lama Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36830

Área de descrición

  • Historia Créase o xulgado de paz e o rexistro civil da Lama no ano 1870, con independencia dos órganos políticos locais que viñan desempeñando estas funcións, integrado na superior estructura do partido xudicial do mesmo nome, ata 1845 no que se trasladou a capitalidade a Ponte Caldelas. Permanece no mesmo ata a súa supresión en 1926 integrándose no de Pontevedra. En 1931 reponse de novo o partido xudicial de Ponte Caldelas revertendo á situación anterior ata a definitiva supresión en 1965 quedando definitivamente incluído no de Pontevedra. Ten un funcionamento continuado ata a actualidade con categoría de xulgado municipal ou xulgado de paz, quedando integrado no xulgado comarcal de Ponte Caldelas dende o ano 1945 ata o 1953. O arquivo do xulgado ubícase na planta baixa da casa do concello cunha superficie de 12 m2. Nela disponde unha estantería para o depósito dos fondos documentais, cun total de 12 metros lineais. O proceso de organización dos fondos desenvolveuse no ano 1997, baixo a dirección do Servizo Técnico do Patrimonio Documental, por Cristina Villaverde Ruibal e Esther Fernández Pérez.

  • Contexto xeográfico e cultural Provincia de Pontecedra. Concello de A Lama

  • Atribucións / fontes legais Os xulgados de paz, en España, son órganos xudiciais unipersonais con xurisdición nun municipio no que non existe un xulgado de primeira instancia e instrución. Xeralmente están servidos por xuíces non profesionais, chamados xuíces de paz que levan a cabo funcións xurisdiccionais, encargados de resolver cuestións de menor relevancia, os xulgados de paz prestan ao cidadán o servizo máis sinxelo dentro da complexa administración de xustiza. A figura e competencias dos xuíces e xulgados de paz están regulados por : Lei Orgánica do Poder Xudicial arts. 99 a 103. Regulamento Orgánico de Xuíces de Paz regulamento 3/1995 de 7 de xuño. Lei de Enjuiciamiento Civil art. 47 e art. 250. Lei de Enjuiciamiento Criminal art. 14 Orde de 17 de xuño de 2008, sobre funcionamento e organización dos Rexistros Civís dos Xulgados de Paz e a súa informatización.

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Casa do concello Rúa José Antonio, 1 36830 A Lama

  • Fondos Xulgado de Paz de A Lama

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía, cadro de clasificación e inventario somero en papel e informatizado Publicacións: -"Xulgados de Paz. Tomo I" A-M / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial . Editorial. (2004) Patrimonio documental da provincia de Pontevedra, 58 -"Arquivos dos xulgados de paz da provincia de Pontevedra"./ Pereira Figueroa, M. A. (., Castro Carpintero, J. L., & Pérez-Santamarina, L. .- Pontevedra: revista de estudios provinciais, 12

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio Xulgado de Paz e Rexistro Civil.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Acceso libre coas limitacións legais pertinentes.

  • Accesibilidade Documentación de caracter público, de consulta libre agás as limitacións legais derivadas das respectivas normativa vixentes

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos