ATOPO
Registros actuales: 1.334.771
Objetos digitales disponibles: 490.535

Arquivo municipal de Redondela

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36045.AM.RED.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Redondela

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Redondela

Área de contacto

Arquivo municipal de Redondela

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Alfonso XII, nº 2 Localidade Redondela Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36800

Ana Gesteira Ponce

  • Enderezo Enderezo (rúa) Rúa Alfonso XII, nº 2 Localidade Redondela Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36800

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Tui ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa definitiva inclusión na provincia de Pontevedra, dentro do Partido Xudicial de Redondela. A totalidade das parroquias dependían no Antigo Réxime da xurisdicción de Redondela Nova, con señorío do arcebispo de Santiago; da de Redondela Vella, con señorío do bispo de Tui; da de Saxamonde, con señorío do marqués de Valladares; da do Val do Fragoso, con señorío do seu concello e do coto de Cedeiro. Iniciado o proceso de constitución dos concellos a principios do século dezanove chegaron a funcionar varios neste territorio, entre eles os de Redondela, Vilavella, Cedeira, Saxamonde e Reboreda. Xa no proceso definitivo créase o concello de Redondela, dentro do Partido Xudicial do mesmo nome, cun total de catorce parroquias. Dende entón mantense a mesma superficie territorial pero suprimiuse a parroquia de Santiago de Vilavella, pasando a integrarse na de Santiago de Redondela. A casa do Concello de Redondela é un edificio exento, construído en pedra, con baixo e planta, no que resalta o torreón lateral da súa fachada principal. Na actualidade ocupa o arquivo a parte traseira da planta baixa, loga da recente ampliación das instalacións adicadas á conservación da documentación producida polo concello. Este novo espazo conta con catro salas de depósito e unha zona de traballo e consulta, cun total de 134,72 metros cadrados. Neste espacio dispuxéronse os equipamentos suficientes para a instalación da totalidade das unidades de instalación, contando con mesa de traballo e consulta, ficheiro e ordenador, e procedéndose a dispor en todolos depósitos estantería metálica compactada, suficiente para a instalación da documentación conservada na actualidade. A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo no ano 1988, data a partir da cal se acometeron varios procesos de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluída a ampliación, dotación e mellora dos equipamentos e do propio local, nos anos 1998 e 2002, nos que participaron, amén do propio persoal municipal adscrito a esta función: Beatriz Barciela Castrelos José Luis Castro Carpintero Ana Gesteira Ponce Manuela González Rey Susana Iglesias Pazo Pilar Lago González Maria Engracia Martínez Abal José Martínez Crespo Concepción Melero Fernández Daniel Menéndez Rodríguez Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Isabel Revenga Portela Juan Ángel Tornero López Nuria de los Milagros Vázquez Gutiérrez

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Redondela sitúase no oeste da provincia de Pontevedra, a carón da ría de Vigo; linda cos concellos de Soutomaior, Pazos de Borbén, Mos e Vigo. Ocupa unha superficie superior ós cincuenta e dous quilómetros cadrados, con corenta e seis entidades de poboación dispersas nas súas trece parroquias: Cabeiro, Cedeira, Cesantes, Chapela, Negros, Quintela, Reboreda, Redondela, Saxamonde, Trasmañó, Ventosela, Vilar de Infesta e O Viso, nas que residen ó redor de trinta mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Redondela Casa do Concello -Rúa Alfonso XII, 2. 36800 Redondela

  • Fondos Arquivo municipal de Redondela

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicación *“Inventario Archivo Municipal del Ayuntamiento de Redondela” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 6 *“Inventario Archivo Municipal de Redondela” / Pereira Figueroa, M. A. Pontevedra. Deputación Provincial.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 49 *“Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 *“Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 21, pgs 229-257 *“Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo, José Luis Castro Carpintero.- Separata Revista Pontevedra: revista de estudios provinciais, 6 (1990) *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-35 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de Atención ó público: de Luns a Venres, de 9:00 a 14:00 hrs.

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Ana Gesteira Ponce

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos