ATOPO
Registros actuales: 1.336.161
Objetos digitales disponibles: 490.467

Arquivo municipal de Pontecesures

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36044.AM.PONCES.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Pontecesures

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Pontecesures

Área de contacto

Ricardo Campos Saborido

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Vigo, nº 2 Localidade Pontecesures Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36640

Francisco Freiría Oliveira

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Vigo, nº 2 Localidade Pontecesures Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36640

Arquivo municipal de Pontecesures

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida de Vigo, nº 2 Localidade Pontecesures Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36640

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. Esta parroquia dependía daquela da xurisdicción de Padrón con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos a parroquia antes chamada de San Xulián de Requeixo foi integrada, dentro do conxunto do partido xudicial de Caldas de Reis, no concello de Valga. No ano 1822 chegou a funcionar o concello de Requeixo integrado por esta parroquia e a de Campaña. Esta situación mantense ata o mes de outubro do ano 1925, data na que se constitúe o concello de Pontecesures coa súa configuración actual, logo da súa previa constitución como entidade local menor. A casa do concello é unha moderna edificación inaugurada no ano 1975, concibida como un espacio único, con amplas aberturas ó exterior que lle proporcionan gran luminosidade; está ademais adaptada ó terreo con varias plantas semisoterradas. En posteriores actuación procedeuse á compartimentación interior na procura dunha maior funcionalidade e operatividade na disposición dos diferentes servizos municipais. O local dedicado a arquivo municipal ocupa unha parte lateral do semisoto do edificio, con acceso directo por unha escalinata dende as propias oficinas situadas na planta principal; presenta unha estructura practicamente cadrada, dividida en dúas salas intercomunicadas, logo da súa recente ampliación, o que permitiu duplicar a súa superficie e, ó mesmo tempo, dispor de luz natural e ventilación directa no local. Conta o arquivo con algo máis de setenta e dous metros cadrados útiles. Neste local instaláronse en fases sucesivas os equipamentos necesarios para as funcións de almacenamento e tratamento documental; na actualidade ten unhas boas condicións de habitabilidade, mellorables en canto a ventilación e iluminación; dispón de algo máis de cento cincuenta e un metros lineais de estantería metálica, ocupados na súa maior parte, mesa de consulta, deshumidificador e ficheiro. O primeiro destes procesos organizativos levouse a cabo en 1992, acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación , nos anos 2000, 2003, 2005, 2008, 2010 e 2012. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Josefa Fernández Ayuso Daniel Menéndez Rodríguez Jaime Moiño Vaamonde Cristina Peleteiro Gallego Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Francisco Orge Ventín Montserrat Romero Alonso María del Carmen Fariña Fernández Ángela Garra Oubiña Mónica Núñez Carro Alberto Aramburu García-Pintos María Lede Pérez Alfonso Gómez Martín

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello de Pontecesures sitúase norte da provincia de Pontevedra, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Padrón, A Estrada e Valga.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal da Pontecesures -Avenida Cidade de Vigo, 2. 36640 Pontecesures

  • Fondos Arquivo municipal de Pontecesures

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: *“Inventario arquivo do concello de Pontecesures” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 30 D.L. PO-68-01 ISBN: 84-8457-055-X *"Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento"/ Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos