ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Covelo

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36013.AM.COV.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Covelo

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Covelo

Área de contacto

Arquivo municipal de Covelo

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Mestre Cerviño, nº 2 Localidade Covelo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36872

María Jesús Rodríguez Freire

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Mestre Cerviño, nº 2 Localidade Covelo Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36872

Área de descrición

  • Historia Historicamente formou parte da provincia de Tui, integrado por diferentes xurisdiccións: a de Covelo, dependente do conde de Amarante; a das Achas, coas parroquias de Barcia de Mera, Campo e Fofe dependente do conde de Salvaterra, e a de Sobroso que afectaba á parroquia de Casteláns. Constitucionalmente créase o concello en 1836 con trece parroquias, ás que se engadiría de seguido a de Prado de Canda, adscrita inicialmente ó concello da Cañiza, dentro da proposta establecida para o daquela existente Partido Xudicial do mesmo nome, integrado polos concellos da Cañiza, Arbo, Crecente e Covelo. A casa do concello é unha edificación en pedra, que logo da reforma dos anos 1985-1987 conta cunha planta baixa, ocupada polo xulgado de paz, biblioteca e outros servizos; unha primeira planta onde se dispoñen as oficinas municipais e a Alcaldía, e unha segunda habilitada como salón de sesións. Finalmente, na estructura baixo a cuberta dispúxose o local de arquivo municipal e do xulgado de paz, con espacios anexos, usados como almacén. A superficie total do baixo cuberta, superior ós cento trinta metros cadrados, foi no seu día adecuada para instalar o arquivo municipal, acometéndose en 1992 as reformas necesarias, separando as zonas de almacén e arquivo; unha boa parte foi destinada exclusivamente a arquivo municipal, con sesenta e catro metros cadrados, unha altura media de tres metros e dúas ventás para facilitar a súa ventilación e iluminación natural, e con medidas de illamento térmico. Ademais foi dotado das instalacións necesarias para dispor a documentación, con preto de cen metros lineais de estantería metálica, ficheiro e mesa de traballo. Conseguiuse así unha mellora considerable das condicións de local, ó que só se lle pode obxectar a súa situación, lonxe das oficinas. A organización da documentación conservada no arquivo do concello de Covelo é asumida polo Servizo Técnico do Patrimonio Documental no ano 1992, establecendo como obxectivos prioritarios mellorar o local do arquivo e dotar de instrumentos descritivos un fondo escaso pero practicamente organizado. Acometéronse dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación, nos anos 1995, 1999, 2002, 2005, 2009 e 2011. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Rosana Alonso Comesaña José Luis Bustelo Rodríguez José Luis Castro Carpintero Jacobo Domínguez Pedreira Manuela González Rey María del Carmen Pereira Pazos Roxelio Guillerme Pérez Agulla Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo María del Pilar Rosales Vázquez María Teresa Túñez Landín Ana María Valles Castro Iñaki Varela Pérez Julio Rafael Pereira Bernárdez Roberto Rodríguez Álvarez Alberto Aramburu García-Pintos Francisco Orge Ventín Lara María Moldes González Miguel Martínez Puig Olalla Barreiro Molano

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Covelo sitúase na comarca do Paradanta, no límite coa provincia de Ourense e integrado hoxe no partido xudicial de Ponteareas. Conta cunha superficie de 124 quilómetros cadrados nos que residen algo máis de cinco mil habitantes, distribuídos en ll6 entidades de poboación e catorce parroquias: Barcia de Mera, Campo, Casteláns, Santiago de Covelo, Santa Mariña de Covelo, Fofe, Godóns, A Graña, A Lamosa, Maceira, Paraños, O Piñeiro, Prado e Prado da Canda.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Covelo -Praza Mestre Cerviño, 2. 36872 Covelo

  • Fondos Arquivo municipal de Covelo

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: "Inventario arquivo do concello de Covelo”.-Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 14.- D.L. PO-104-00 ISBN: 84-8457-009-3 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Paradanta" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 10, pgs. 243-260.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos