ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Vila de Cruces

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36059.AM.VILCRU.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Vila de Cruces

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Vila de Cruces

Área de contacto

Arquivo municipal de Vila de Cruces

  • Enderezo Enderezo (rúa) Praza Juan Carlos I, nº 1 Localidade Vila de Cruces Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36590

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte das provincias de Lugo e Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían de diferentes xurisdiccións; a de Deza, na que o señorío correspondía ó Conde de Lemos; a de Abeancos con señorío do Conde de Monterrei; a de Camanzo con señorío do mosteiro de San Paio de Santiago; a de Carboeiro con señorío do mosteiro de San Martiño de Santiago; a de Caxide con señorío de D. José Pardo; a de Cira con señorío do Conde de Altamira; a de Piloño, con señorío do arcebispo de Santiago e os coutos de Brandomés e San Xusto de Dombodán. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegaron a funcionar concellos en Camanzo, Ferreirós, Piloño, Merza e Cruces; este proceso culmina en 1836, dentro do que era partido xudicial de Lalín, establecéndose os concellos de Dozón, Agolada, Carbia, Lalín, Chapa e Rodeiro. No caso de Carbia, queda integrado por vintesete parroquias, as que aínda hoxe o compoñen coa salvidade de escisión producida na parroquia de San Fiz de Besexos da que xurdiu a parroquia de Nosa Señora da Piedade das Cruces, aumentando así o número a vinteoito pero manténdose a superficie total. O cambio de nome polo actual de Vila de Cruces faise efectivo no mes de outubro do ano 1944. A actual casa do concello é unha edificación distribuída en baixo e dúas plantas, rematado no ano 1997 xunto cunha praza remozada a carón da anterior sede municipal. Destaca especialmente a gran cantidade de vans, en aluminio verde, e a balconada central. O local de arquivo ocupa na actualidade unha parte do soto, adicado ata entón a garaxe, logo do seu traslado dende o espacio que viña ocupando na ala dereita do segundo piso, pasando a ocupar un espacio inicialmente non previsto para este fin e cunhas deficientes condicións de luminosidade e ventilación. Presenta unha forma rectangular con preto de corenta e cinco metros cadrados de superficie total. Conta con mesa de consulta, ficheiro e estantes metálicos, cun total de 204 metros lineais útiles, dos que quedan libres para posteriores incorporacións un total de corenta e oito metros lineais. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo no ano 1993, o último dos arquivos municipais da comarca do Deza organizados, realizándose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1995, 1998, 2000, 2002, 2005, 2007, 2009, 2011, 2013 e 2015. Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: José Luís Castro Carpintero Fé Cortiñas Rodríguez Inés Pájaro Porral Francisco Orge Ventín Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Dolores Poch Mariño Isabel Revenga Portela Montserrat Romero Alonso Mercedes Estévez Ogando María del Carmen Fariña Fernández Alberto Aramburu García-Pintos María de los Ángeles Vázquez Martínez Jorge García García José Gago García-Bravo Fátima Baña Hernanz Pablo Pastoriza Rozas Paula Boullosa Rodríguez Rita María Fernández Domínguez María del Mar Lemiña Lemus Ángela López Prieto

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Vila de Cruces sitúase ó norte da provincia de Pontevedra, na comarca do Deza, lindando coa provincia da Coruña e cos concellos de Silleda, Lalín e Agolada. Ocupa unha superficie total de 149 quilómetros cadrados cun total de 141 entidades de poboación dispersas en vinteoito parroquias diferentes: Añobre, Arnego, Asorei, Bascuas, Besexos, Bodaño, Brandariz, Camanzo, Carbia, As Cruces, Cumeiro, Duxame, Ferreirós, Fontao, Gres, Insua, Larazo, Loño, Losón, Merza, Obra, Oirós, Ollares, Piloño, Portodemouros, Sabrexo, Salgueiros e Toiriz, nas que residen ó redor de oito mil cincocentos habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Vila de Cruces -Praza Juan Carlos I, 1. 36590 Vila de Cruces

  • Fondos Arquivo municipal de Vila de Cruces

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións * ““Inventario arquivo do concello de Vila de Cruces””Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 23.- D.L. D.L. PO-413-00 ISBN 84-8457-031-2 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 "Arquivos municipais da comarca do Deza" /José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 11, pgs. 247-263 ”Arquivos da administración local na comarca do Deza”/ Xosé Ramón López Fernández.- Descubrindo do Deza: anuario de estudios e investigación, nº 6. 2004, pgs. 403-429. ”Creación e evolución do concello de Vila de Cruces: séculos XVIII-XX”/ María Isabel Revenga Portela, María Dolores Poch Mariño. PONTENOVA. Revista de novos investigadores. Nº 1, pgs 69-78.

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Carece de persoal específico, sendo atendido polos funcionarios municipais

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude.

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos