ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Arquivo municipal de Bueu

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36004.AM.BUE.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal de Bueu

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal de Bueu

Área de contacto

Arquivo municipal de Bueu

  • Enderezo Enderezo (rúa) Arquivo municipal de Bueu Igrexario de Cela, nº 1 Concello de Bueu: Rúa Eduardo Vincenti, nº 8. Localidade Bueu Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36930

Belarmino Barreiro Rosales

  • Enderezo Enderezo (rúa) Igrexario de Cela, nº 1 Localidade Cela- Bueu Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36930

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. As súas parroquias dependían da xurisdicción de Cangas con señorío do arcebispo de Santiago. No proceso de establecemento constitucional dos concellos chegan a existir os de Cela, Bueu, Beluso e Hío ata a definitiva proposta de 1836 pola que xorde o concello de Bueu, dentro do partido xudicial de Pontevedra, formado daquela por seis parroquias, entre as que se atopaban as de Aldán e Hío. Na evolución posterior este concello sufrirá a segregación das parroquias de Aldán e Hío, logo de moitos intentos efectiva en 1873. Por outra parte incorpora ó seu territorio as illas Ons e Onza en 1844. A casa do concello de Bueu é un edificio en pedra, con baixo, planta e baixo cuberta, resaltando na súa fachada o bloque central arcado e balconado. Foi construído nos primeiros anos do século XX, culminando un proceso iniciado coa poxa dos terreos no ano 1881, con varias reformas ó longo da súa vida, entre elas o engadido exterior da estructura que soporta un elevador. Ocupaba o arquivo na fase inicial de organización o amplo baixo cuberta da casa do concello, con case douscentos metros cadrados, formado por varias salas intercomunicadas, cunha estructura de madeira na parte central e formigón nos laterais. A falta de espazo e a decisión política conlevaron ó traslado do patrimonio documental a un baixo en aluguer na parte alta da vila, situación prolongada varios anos deica a situación actual na que, coincidindo coa fase de reorganización e informatización, se instala provisionalmente na primeira planta da casa da cultura e biblioteca de Cela, na espera dunha posible ampliación da casa do concello e a habilitación na mesma dun espacio suficiente e adecuado. Conta o actual local do arquivo con dúas salas para depósito, tratamento e consulta documental, ademais dun pequeno despacho para o arquiveiro. Unha das salas serve unicamente como depósito, con estantería metálica distribuída pola súa totalidade. Canto á segunda sala ademais de gardar documentación serve de zona de consulta e traballo. Na súa totalidade o arquivo dispón dunhas axeitadas instalacións, debidamente equipadas e acondicionadas, con ventilación e iluminación regulable, deshumificador e perto de catrocentos metros lineais de estantería, suficientes na actualidade para o fondo documental custodiado. O primeiro proceso organizativo levouse a cabo en 1984-1985 acometéndose dende entón sucesivas actuacións de reincorporación, informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación nos anos 1989, 2003 e 2004. Dende entón o proceso de transferencias é contínuo, actualizándose os isntrumentos de desrición no 2007, 2008, 2009 e 2010. O 29 de agosto de 1989 sofre o arquivo un pequeno incendio no que desaparece unha pequena parte do fondo documental, xunto con boletíns oficiais e revistas. Os traballos de organización e descrición documental baixo a dirección técnica do STPDOC, leváronos a cabo: Luís Miguel Arias Novás Belarmino Barreiro Rosales José Luis Castro Carpintero Edelmira Cortegoso Graña Manuela González ReyCésar Manuel López Marras Marcos Pereiras Álvarez José Ramón Pérez Calvelo Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo Rubén Villar Fernández. No ano 1998 creouse no cadro de persoal do concello a praza de arquiveiro, posto que ven ocupando Belarmino Barreiro Rosales

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O concello de Bueu enclávase na marxe dereita da península do Morrazo. Pertence xeograficamente á comarca do mesmo nome xunto cos concellos lindantes de Cangas, Marín e Moaña; xudicialmente intégrase no Partido de Marín, logo da súa recente creación. Conta cun total de 53 entidades de poboación dispersas en catro parroquias: Santa María de Beluso ( á que peretencen as Illas de Ons), San Martiño de Bueu, Santa María de Cela e Santiago de (H)Ermelo (anexa da de Cela) nas que residen uns doce mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal de Bueu Lgar. O Igrexario de Cela,1- 1º Edificio da biblioteca pública municipal de Cela Tfno: 986 323 539

  • Fondos Arquivo municipal de Bueu Arquivo da Mancomunidade de Concellos do Morrazo

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: * ““Inventario arquivo do concello de Bueu””.-Col. “Plan de Organización de Archivos Municipales”, nº 10.-D.L. PO-203-90 ISBN: 84-86845-46-7 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.- Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230 Reproducción facsímile do “Foro do lugar e casal de Piñeiro e Vidal, en Beluso. 1503”/ Arquivo municipal de Bueu. Reconocer Bueu / José María Estévez Castro.- Pontevedra: Deputación, 1996

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas no edificio de nova planta na Biblioteca pública municipal de Cela, primeiro andar

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso Responsable do arquivo municipal: Belarmino Barreiro Rosales

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos