Arquivo Entidade Local Menor de Berán
Área de identificación
Identificador ES.GA.32040.AELMB
Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Berán
Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo Entidade Local Menor de Berán
Área de contacto
Entidade Local Menor de Berán
Enderezo Enderezo (rúa) Pazo s/n, Berán Localidade Leiro Rexión Galicia-Ourense Nome do país Código postal 32425
Área de descrición
Historia A única Entidade Local Menor que non pertence á provincia de Pontevedra corresponde á parroquia de San Breixo de Berán, que na actualidade forma parte do concello de Leiro, na limítrofe provincia de Ourense. Con anterioridade á formación dos concellos constitucionais pertencía á Xurisdicción da Veiga e Carballeda, con señorío do conde de Ribadavia. Na primeira configuración constitucional dos concellos pasa a formar parte do concello de Evade, para segregarse posteriormente e integrarse de forma definitiva no de Leiro. É recoñecida como Entidade Local Menor polo Concello de Leiro, na sesión do 13 de decembro de 1924, celebrando a súa primeira xuntanza o 17 de marzo de 1925, sendo o seu primeiro alcalde pedáneo D. Manuel Taboada Cuíñas. O proceso de organización inicial do fondo documental iniciase no ano 1996 cunha reincorporación posterior no 2001, levando a cabo estes procesos técnicos: José Luis Castro Carpintero, María del Carmen Fariña Fernández, Manuela González Rey e Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo.
Contexto xeográfico e cultural Ten unha superficie total de 320 hectáreas nas que residen 332 habitantes, distribuídos nos lugares de Aduana, Casanova, Trasouteiros, Quinteiro, Eirado, Cruz de Berán, Moreira, Cotofrío, Casar e Caldelas. Destaca especialmente pola existencia do coñecido e visitado balneario e pola súa abundante producción vinícola.
Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses. A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros. O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo. O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas.. O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.). Outras normas relativas ao Réxime Local son: O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais. O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais. O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais. Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais. O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local. En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia
Estrutura administrativa
Xestión de documentos e política de ingresos
Edificio(s) Entidade Local Menor de Berán Pazo s/n. Leiro. Ourense
Fondos Arquivo da Entidade Local Menor de Berán
Instrumentos de descrición, guías e publicacións Guía e cadro de clasificación publicados e informatizados. Inventario somero e detallado en papel e informatizado. Publicacións: * “Inventario do patrimonio documental das entidades locais menores de Galicia” Col. “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 7 D.L. PO-30-97 ISBN: 84-88363-91-5
Área de acceso
Horarios de apertura Horario de oficinas da propia Entidade Local Menor
Condicións e requisitos para o uso e o acceso A atención do arquivo recae en funcionarios responsables da tramitación administrativa da Entidade Local Menor
Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude
Área de servizos
Servizos de axuda á investigación
Servizos de reprodución
Espazos públicos