ATOPO
Rexistros actuais: 1.634.284
Obxectos dixitais dispoñibles: 505.404

Arquivo municipal da Estrada

Área de identificación

  • Identificador ES.GA.36017.AM.EST.

  • Forma(s) autorizada(s) do nome Arquivo municipal da Estrada

  • Forma(s) paralea(s) do nome Arquivo municipal da Estrada

Área de contacto

Arquivo municipal da Estrada

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Benito Vigo, 92, 1ª planta Localidade A Estrada Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680

María Jesús Fernández Bascuas

  • Enderezo Enderezo (rúa) Avenida Benito Vigo, 92, 1ª Planta Localidade A Estrada Rexión Galicia-Pontevedra Nome do país Código postal 36680

Área de descrición

  • Historia Esta área xeográfica formou parte da provincia de Santiago ata a división constitucional e a reforma posterior, que derivou na súa inclusión definitiva na provincia de Pontevedra. O seu territorio dependía daquela das xurisdiccións de Cira, con señorío do conde de Altamira; da xurisdicción de Codeseda, con señorío do Cabido de Santiago; da xurisdicción de Oca, con señorío do conde de Amarante; da xurisdicción de Tabeirós, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Vea, con señorío do arcebispo de Santiago; da xurisdicción de Veiga, con señorío do Cabido de Santiago, e da xurisdicción do Viso, con señorío do marqués de Aranda.
    Chegaron a funcionar neste territorio os concellos de Bemposta, A Estrada, Codeseda, Parada, Oca e Vea. Iniciado o proceso de constitución dos concellos no século XIX, dentro do partido xudicial de Tabeirós créanse os concellos de Cereixo, Forcarei e Cerdedo.
    O concello de Cereixo mantén dende entón a mesma disposición territorial anque cambiará a súa denominación e capitalidade pola da Estrada no ano 1841. Á súa vez o partido xudicial cambia a súa denominación no ano 1869 pasando de chamarse Tabeirós a denominarse A Estrada.
    A casa do concello é unha destacada construcción, exenta, en pedra construída nos primeiros anos do século XX, inaugurada en 1912.
    Distribúese interiormente, logo de sucesivas reformas, en baixo, tres plantas e baixo cuberta, mentres que o exterior mantén a súa estructura orixinal, na que destaca a profusión de vans, o corpo central con cinco arcos de medio punto que serven de acceso e a torre lateral abovedada.
    O local dedicado a arquivo viña ocupando a práctica totalidade do baixo cuberta, con dúas amplas salas de depósito e despacho para o persoal e cunha pequena sala na terceira planta que lle servía de complemento. Todas estas instalacións contaban cunhas boas condicións de habitabilidade, luminosidade e ventilación e uns equipamentos axeitados.
    En todo caso o elevado volume documental provocou a busca de novos espacios para a custodia do patrimonio documental decidindo o Concello a construcción dunha edificación na que se dedica unha planta completa a arquivo, con dúas zonas de depósito e un despacho na parte central, dotada de estantería compactada.
    A primeira actuación para a organización dos fondos documentais levouse a cabo nos anos 1985-1987, data a partir da cal se acometeron novos procesos de reincorporación, así como de informatización e adaptación ó novo cadro de clasificación usado na actualidade, incluído o traslado de local nos anos 2002, 2003, 2005, 2007, 2009 e 2010.
    Os traballos de organización e descrición documental, baixo a dirección técnica do STPDOC e da funcionaria municipal adscrita a esta función, leváronos a cabo:
    María Jesús Fernández Bascuas
    José Manuel Castaño García
    Antonio J. María Fortes Campos
    María Eugenia Valenzuela Senn
    Vanessa Lardo Guiance
    Raquel Torres Fernández
    Dolores Ríos Valiñas

  • Contexto xeográfico e cultural Comunidade autónoma de Galicia. Provincia de Pontevedra. O territorio do concello da Estrada sitúase no norte da provincia de Pontevedra, lindando cos concellos de Padrón, Teo, Vedra e Boqueixón, da provincia da Coruña, e cos de Silleda, Forcarei, Cerdedo, Campo Lameiro, Cuntis, Valga e Pontecesures, da provincia de Pontevedra. Ocupa unha superficie superior ós douscentos sesenta e oito quilómetros cadrados, con catrocentas setenta e tres entidades de poboación, dispersas nas súas actuais cincuenta e unha parroquias: Agar, Aguións, San Pedro de Ancorados, San Tomé de Ancorados, Arca, Arnois, Baloira, Barbude, San Miguel de Barcala, Santa Mariña de Barcala, Berres, Callobre, Castro, Cereixo, Codeseda, Cora, Couso, Curantes, A Estrada, Frades, Guimarei, Lagartóns, Lamas, Liripio, Loimil, Matalobos, Moreira, Nigoi, Oca, Olives, Orazo, Ouzande, Parada, Paradela, Pardemarín, Remesar, Ribeira, Ribela, Riobó, Rubín, Sabucedo, Santeles, A Somoza, Souto, Tabeirós, Toedo, Santo André de Vea, San Xiao de Vea, San Xurxo de Vea, Santa Cristina de Vea e Vinseiro, nas que residen máis de vintecinco mil habitantes.

  • Atribucións / fontes legais A Administración Local é aquel sector da Administración Pública que compoñen unha serie de institucións dotadas de personalidade xurídico-pública, que xorden como asociación de homes e mulleres unidos por lazos de veciñanza, para a defensa xenérica dos seus intereses.
    A Constitución dedica o Capítulo Segundo do Título VIII á Administración Local (artigos 140 ao 142). O artigo 140 garante a autonomía dos Municipios, e define o seu goberno e administración, é dicir, o Concello composto por Alcalde e Concelleiros.
    O art. 141 define a Provincia como unha entidade local con personalidade xurídica propia, determinada pola agrupación de Municipios, encomendando o seu goberno e administración ás Deputacións ou outras Corporacións de carácter representativo.
    O art. 142 establece que as Facendas Locais nutriranse só dos seus propios tributos e da participación nos do Estado e as Comunidades Autónomas..
    O desenvolvemento da Constitución, no que respecta ao réxime local, realizouse a través da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e do Real Decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril, polo que se aproba o Texto Refundido de Disposicións Legais Vixentes en Materia de Réxime Local (T.R.R.L.).

    Outras normas relativas ao Réxime Local son:
    O Real Decreto 1372/1986, de 13 de xuño, que aproba o Regulamento de Bens das Entidades Locais.
    O Real Decreto 1690/1986, de 11 de xullo, que aproba o Regulamento de Poboación e Demarcación Territorial de Entidades Locais.
    O Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, ou Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais.
    Lei 39/1988, de 28 de Decembro, de Facendas Locais.
    O Real Decreto 896/1991, de 7 de xuño, polo que se establecen as Regras Básicas e os Programas Mínimos a que debe de Axustarse o Procedemento de Selección dos Funcionarios de Administración Local.

    En Galicia ademáis cóntase co propia Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia

  • Estrutura administrativa

  • Xestión de documentos e política de ingresos

  • Edificio(s) Arquivo municipal da Estrada
    -Avda. Benito Vigo, 92 1ª Pl. - 36680

  • Fondos Arquivo municipal da Estrada

  • Instrumentos de descrición, guías e publicacións Instrumentos de descrición: Cadro de clasificación Inventario somero Inventario detallado a nivel de unidade documental Publicacións: ““Inventario arquivo do concello da Estrada””.- Col “Patrimonio documental da provincia de Pontevedra”, nº 51 .- ISBN:84-8457-171-8 "Os fondos documentais dos arquivos municipais: o caso da provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8-9, pgs 317-356 "Os arquivos municipais de Pontevedra: evolución e tratamento" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 21, pgs 229-257 "Disposición material dos arquivos da administración local na provincia de Pontevedra" / Miguel A. Pereira Figueroa, José Luis Castro Carpintero, Lourdes Pérez-Santamarina Feijóo. Separata da Revista PONTEVEDRA: Estudios Provinciais. Nº 8, pags 212-230

Área de acceso

  • Horarios de apertura Horario de oficinas do propio concello

  • Condicións e requisitos para o uso e o acceso

  • Accesibilidade De acordo coa lexislación vixente e previa solicitude

Área de servizos

  • Servizos de axuda á investigación

  • Servizos de reprodución

  • Espazos públicos