Xermade
Visita de inspección aos concellos da provincia de Lugo. Concello de Xermade (1976)
7.851/19
Expediente: Servizo Nacional de Inspección e Asesoramento das Corporacións locais. Visita de inspección ós concellos da provincia de Lugo. Visita de inspección efectuada ó concello de Xermade. 1976.
Escritura de venda outorgada por Jácome da Riba e a súa muller ao licenciado Medina, de bens raíces que Teresa Ares tiña por herdanza de seus pais
209/70
Morgado de Lugo e Guntín > Escritura de venda outorgada por Jácome da Riba e Teresa Ares de Pacios, a súa muller, a favor do licenciado Medina, de toda a parte de bens raíces, que Teresa Ares tiña nas freguesías de Santiago de Ferroi e San Martiño de Piñeiro, que lle pertencían por herdanza de Aldara Fernández de Pacios e Fernando Ares, seus pais. Por prezo e contían de 45 reais de prata. Data: 1557, 01, 08. Ante: Pedro Díaz. Freguesía: Santiago de Ferroi e San Martiño de Piñeiro. Concello: Guntín e Xermade, respectivamente. Provincia: Lugo
Copia da sentenza da Comisión Apostólica amparando a Juan Copeiro na posesión da sepultura e asento da capela maior da igrexa de San Xulián de Cazás
1.273/43
Codesido - Copia da sentenza ditada en Lugo (1629) pola Comisión Apostólica amparando ao Capitán Juan Copeiro y Parga na posesión da sepultura e asento da capela maior da igrexa de San Xulián de Cazás, e notificación da devandita sentenza ao cura e fregueses da mencionada freguesía. 1629, agosto, 3. San Xulián de Cazás. 2 follas. [Provincia: Lugo. Concello: Xermade]
Escritura de foro outorgada por Pedro de Villagamelle a favor de Alonso Madarro e a súa muller dunha cortiña en Pena de Tosende (1505)
208/40
Morgado de Lugo e Guntín > Escritura de foro outorgada por Pedro de Villagamelle, a favor de Alonso Madarro e a súa muller; dunha cortiña en Pena de Tosende (freguesía de Santa Mariña de Cabreiros), por renda bi-anual de un cuartal de pan. Data: 1505, 04, 18. Ante: Pedro de Armesto. Freguesía: Santa Mariña de Cabreiros. Concello: Xermade. Provincia: Lugo