ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.726
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.627

COLECCIÓNS

Co termo "materiais cartográficos" inclúese unha ampla gama de documentos, "todos os que representan na súa totalidade, ou en parte, a terra ou os corpos celestes a calquera escala, como os mapas e planos en dúas e tres dimensións, as cartas aeronáuticas, mariñas e celestes, os globos, os bloques–diagramas, os cortes de terreo, as fotografías aéreas, os atlas, as vistas de paxaro..."

Así, o fondo da Cartoteca está formado polos anteriores tipos de documentos, calquera que sexa o soporte no que se publiquen, reunidos en varias coleccións.

  • Mapas

    Mapas

    Está constituído fundamentalmente por mapas e planos soltos que no forman parte de atlas ou libros. Abarca unha cronoloxía moi ampla, que vai desde o século XVII ata a actualidade. A súa temática é moi variada, topográficos, cartas náuticas, usos do solo, xeolóxicos, turísticos...; así coma os seus soportes, papel, dixital... e escalas.

    Destacar entre outros, a colección da cartografía antiga e as series cartográficas oficiais que sobre a provincia de Pontevedra editan os organismos públicos da Administración xeral do Estado: Servizo Xeográfico do Exército, Instituto Hidrográfico da Mariña, Instituto Xeolóxico e Mineiro de España, Instituto Xeográfico Nacional...; e a Administración autonómica galega: Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes e Consellería do Medio Rural, entre outros.

    ACCEDER
  • Imaxes

    Imaxes

    Neste fondo inclúense as fotografías aéreas verticais (FAV) e oblicuas (FAO) en diferentes soportes: papel, diapositiva, negativo, dixital, e as ortofotografías e ortoimaxes aéreas (OA).

    Destacar entre outros, o Voo Xeral de España de 1956-57 Serie B ("Voo Americano") a escala 1:33.000, que comprende cidades e pequenas comarcas da provincia de Pontevedra. Fotografías aéreas verticais e oblicuas realizadas entre os anos 1960 e 2003 de moitos dos concellos da provincia a diferentes escalas. O voo realizado no ano 1975 a escala 1:18.000, que abarca toda a costa. As ortofotografías aéreas do Plan Nacional de Ortofotografías Aéreas (PNOA) desde o ano 2004 ata o ano 2020 de toda a provincia.

    ACCEDER
  • Atlas e outros

    Atlas e outros

    Os Atlas, xunto co fondo bibliográfico, contan, con obras especializadas que serven de apoio á consulta do material cartográfico para poder interpretalo coa máxima eficacia: manuais, enciclopedias, dicionarios, publicacións periódicas...

     

    ACCEDER