ATOPO
Rexistros actuais: 1.355.726
Obxectos dixitais dispoñibles: 499.627

CASA DO MAPA

A Casa do Mapa de Pontevedra inaugurouse o 17 de abril de 2009, segundo o convenio asinado o 4 de febreiro de 2008 co Centro Nacional de Información Xeográfica (CNIX) para a instalación dunha sección da Casa do Mapa na Cartoteca do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico.

Como centro provincial de documentación cartográfica, información xeográfica e distribución dos servizos xeográficos do CNIG, complementa as funcións propias da Cartoteca Provincial.

É importante mencionar a misión de servizo público destes centros e resaltar o seu carácter institucional; estes instálanse nas capitais de provincia para fomentar o uso da cartografía e o coñecemento do territorio, poñendo á disposición de toda a cidadanía a información cartográfica, co obxecto de promover e divulgar o seu coñecemento e uso, facéndoa máis accesible ao público en xeral, á vez que ofrecen un asesoramento especializado en información cartográfica e xeográfica.

En función disto, a Casa do Mapa é o centro de distribución do CNIG da provincia e de todos aqueles organismos públicos que producen ou editan materiais cartográficos de Galicia en xeral e da provincia de Pontevedra en particular, hoxe espallados por gran parte da xeografía española.

A Casa do Mapa vai dirixida fundamentalmente ao cumprimento dos seguintes obxectivos:

  • Divulgar os produtos editados, relacionados coa información cartográfica e xeográfica de Galicia en xeral e da provincia de Pontevedra en particular.
  • Achegar un valor engadido en canto á información territorial provincial, a posibilidade de asesoramento e consulta individualizada por persoal especializado.
  • Divulgar con carácter formativo e educativo os aspectos máis relevantes da cartografía no pasado, presente e futuro.

A Casa do Mapa, dependente da Cartoteca, coa que comparte espazo, pon á súa disposición todo o material cartográfico procedente dos distintos organismos editores da Administración xeral do Estado no propio fondo da Cartoteca para a súa utilización con fins de consulta e investigación, ademais de ofrecer a posibilidade de adquirilo mediante compra.


Centro Nacional de Información Xeográfica

$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()
$imagen.pie.getData()