ATOPO
Rexistros actuais: 1.335.061
Obxectos dixitais dispoñibles: 490.568

Luísa Villalta no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico


06 de maio de 2024 Biblioteca
Luísa Villalta no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico

Dende que en 1963 a Real Academia Galega decidira homenaxear a Rosalía de Castro, o 17 de maio é o día no que as nosas letras están presentes en todos e cada un dos ámbitos culturais da nosa comunidade.

Neste 2024 o pleno da Academia acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas a Luísa Villalta (A Coruña, 1957-2004), cadrando co vixésimo aniversario do seu pasamento.

Dende o Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico sumámonos á celebración e queremos compartir con todas as persoas usuarias os fondos relacionados coa escritora coruñesa conservados na nosa biblioteca.

Máis de trinta referencias bibliográficas entre monografías e artigos de publicacións periódicas dispoñibles en préstamo ou consulta en sala para todas aquelas persoas que desexen achegarse á figura de Luísa Villalta e cuxa información pode completarse accedendo á seguinte ligazón no catálogo Atopo.