Letras Galegas 2025

Dende que en 1963 a Real Academia Galega decidira homenaxear a Rosalía de Castro, o 17 de maio é o día no que as nosas letras están presentes en todos e cada un dos ámbitos culturais da nosa comunidade.
Neste 2025 o pleno da Academia acordou dedicarlle o Día das Letras Galegas á poesía popular oral en xeral e ao papel das cantareiras en particular.
Aínda que personificada na figura de Adolfina e Rosa Casás (Cerceda), Eva Castiñeira (Muxía) e as Pandeireteiras de Mens (Malpica) trátase en realidade dunha representación colectiva encamiñada a recoñecer a importancia da poesía popular oral, que acompaña á nosa sociedade dende sempre.
No Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico sumámonos á celebración e queremos compartir unha selección de referencias bibliográficas relacionadas con esta merecida homenaxe e dispoñibles nas instalacións da biblioteca nas modalidades de préstamo ou consulta en sala.
Feliz Día das Letras!