ATOPO
Rexistros actuais: 1.617.765
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

Fondos

DELEGACIÓN PROVINCIAL DA FRONTE DE XUVENTUDES DE PONTEVEDRA

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.6.1

  • Título DELEGACIÓN PROVINCIAL DA FRONTE DE XUVENTUDES DE PONTEVEDRA

  • Data(s) 1945-1977 (Creación)

  • Volume e soporte 235 unidades de instalación

Área de contexto

  • Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional de Xuventude(1970-1977) A Fronte de Xuventudes institúese pola Lei do 6 de decembro de 1940 para a formación e encadramento das forzas xuvenís de España, organizándose como unha sección de Falange Española Tradicionalista y de las JONS. A súa finalidade era de proporcionarlle á xuventude unha educación política, física e deportiva, cultural, moral, social e relixiosa de acordo co Réxime. Para iso, a nivel provincial, estableceuse un delegado que designaba a un secretario e a un administrador. En 1961, polo Decreto 2223/61, do 16 de novembro, ordénase a Delegación Nacional de Xuventudes como o órgano encargado polo Estado da educación cívica, política e física dos españois homes menores de vinte e un anos, e a orientación, coordinación e protección das iniciativas e actividades extraescolares da xuventude en réxime de organización e asociación. Atendendo ó cumprimento destas dúas líñas de actuación, queda estruturada en dúas grandes seccións: Sección de Ensinanzas e Sección Xuvenil. As delegacións provinciais viron modificada a súa organización en 1962 quedando, o mesmo cá Nacional, divididas en dúas Seccións. Xa en 1970, o Decreto 2485/70, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, establece a estrutura orgánica da Delegación Nacional da Xuventude nunha Secretaría Nacional, un Gabinete Técnico e 5 departamentos (Coordinación, Servizos á Xuventude, Formación, Participación, Económico-Administrativo) co seu equivalente a nivel provincial. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependentes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social, é transferida á administración pública. Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría da Familia, Xuventude e Deporte, baixo a dirección do Ministerio da Presidencia, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral da Xuventude. Estableceuse, así mesmo, mediante este decreto, a creación das delegacións de Familia, Xuventude e Deporte. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística Esta documentación ingresou no Arquivo en 1988, mesturada coa da Delegación Provincial da Sección Feminina e a das delegacións comarcais da Organización Sindical, procedente do soto da Delegación Provincial de Cultura da Xunta de Galicia.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Destacan, entre as series deste fondo, as relativas ás inspeccións e visitas a campamentos, as memorias xerais de actividades deportivas e os rexistros regulamentarios de sanidade. A súa función puramente administrativa, pola súa banda, materialízase nos libros maiores de caixa e os libros de ingresos, pagamentos e de operacións bancarias, entre outros.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso libre agás as restricións contempladas no art. 57.1 c) da lei 16/1985, do 25 de xuño, do patrimonio histórico español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación regular

  • Instrumentos de descrición Inventario

Área de documentación

Área de notas

  • Nota 2.1. Delegación Provincial da Fronte de Xuventudes, Delegación Provincial de Xuventudes, Delegación Provincial da Xuventude. 4.4. Manuscrito.

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Asociación España Galicia Pontevedra

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra

  • Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional de Xuventude (Tema) (Creador)

Área de control da descrición