Fondos
DISTRITOS NOTARIAIS
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.2.1.1
Título DISTRITOS NOTARIAIS
Data(s) 1502-1940 (Creación)
Volume e soporte 6.713 atados en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Colexio Notarial de Galicia(1862-) O actual Colexio Notarial de Galicia foi creado no ano 1862, coa Lei do Notariado. Xa dende entón (e salvo por un período de dous anos, entre 1903 e 1905, no que se crearon colexios provinciais), o seu ámbito territorial comprendía a actual Comunidade Autónoma de Galicia. Hoxe en día existen 185 notarías demarcadas: 75 na provincia da Coruña (31 de primeira clase, 13 de segunda clase e 31 de terceira clase); 30 na provincia de Lugo (6 de primeira clase, 2 de segunda clase e 22 de terceira clase); 59 na provincia de Pontevedra (23 de primeira clase, 15 de segunda clase e 21 de terceira clase); e 21 na provincia de Ourense (8 de primeira clase e 13 de terceira clase). O seu antecedente máis próximo é o Real Colexio de Escribáns da cidade da Coruña, cuxas Constitucións datan de 1797. Coa Lei do Notariado, en 1862, créase o Colexio Notarial da Coruña, que conservou dita denominación ata o ano 2002, ano no que por Orde do Ministerio de Xustiza de 24 de setembro, pasa a chamarse Colexio Notarial de Galicia. A primeira sede oficial do Colexio estivo situada, desde 1866, no número dous da Praza da Constitución. Máis adiante, as oficinas e dependencias do colexio estiveron instaladas no piso 1º da casa sinalada actualmente cos números 72-74 da rúa San Andrés, piso que máis adiante sería ocupado pola Pena Taurina Coruñesa. En sesión celebrada o 15 de xaneiro de 1927, a Xunta Xeral do Colexio facultou á Xunta Directiva para que procedese á adquisición e construción de Casa-Colexio. O día 7 de outubro do mesmo ano procedeuse á adquisición do solar no que se construíu o actual edificio do Colexio. O construtor, don José Taboada Pan, materializou o proxecto que no mesmo ano 1927 se lle encargara ao arquitecto don Eduardo Rodríguez Losada. A construción concluíu en 1931, realizándose o traslado á actual sede no ano 1932.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Historia arquivística O Arquivo recolle por primeira vez os protocolos do distrito de Tui o 4 de agosto de 1934; ó ano seguinte ingresan os de Pontevedra, Caldas, Ponteareas, Cambados e Lalín. En 1944 ingresan os da Estrada. Non será ata 1962 cando volvan entrar os de Caldas, Cambados, A Estrada, Lalín, Pontevedra, Redondela e Tui. En 1966 transfírense os protocolos do distrito de Vigo e Pontevedra mentres que en 1977 e 1982 soamente os de Pontevedra. En 1983 transfírense os do distrito de Tui. A partir de 1996 os notarios arquiveiros envían periodicamente os protocolos de máis de 100 anos
Forma do ingreso Transferencia
Área de contido e estrutura
Valoración, selección e eliminación Conservación permanente
Novos ingresos O Decreto do 12 de novembro de 1931 establece que deben ingresar anualmente nos arquivos históricos provinciais os protocolos que cumpran 100 anos, aínda que as transferencias se efectúan en función da dispoñibilidade de espazo do arquivo.
Organizació
Este fondo esta dividido en oito distritos e os seus respectivos municipios: DISTRITO DE CAMBADOS - Sanxenxo (*Xuridición de San Tomé do Mar) (1636-1896) - A Lanzada (1636-1859) - Portonovo (*Xurisdición de San Tomé do Mar) (1575-1853) - Cambados (1559-1896) - Fefiñán (1645-1871) - O Grove (1673-1853) DISTRITO DA ESTRADA - A Estrada (1817-1903) - Tabeirós (1667-1887) - Vea (1664-1834) - Forcarei (*Xurisdición de Montes) (1852-1867) - Carboeiro (1664-1867) - Soutelo (*Xurisdición de Montes) (1759-1861) - Cerdedo (*Xurisdición de Montes) (1650-1903) - Montes (1563-1857) DISTRITO DE LALÍN - Silleda (1816-1895) - Cira (1673-1837) - Trasdeza (1603-1853) - Lalín (1557-1895) - Deza (1603-1877) - Vila de Cruces (*Alta 1944 Concello de Carbia) (1835-1895) - Abeancos (1601-1853) - Carboeiro (1664-1852) - Borraxeiros (1610-1840) - Ventoxa (1589-1840) - Camanzo (1664-1853) - Rodeiro (* Xurisdición de Camba e de Rodeiro) (1591-1895) - Dozón (1664-1889) DISTRITO DE PONTEAREAS - A Cañiza (1820-1903) - Achas (1631-1834) - Crecente (1712-1892) - Ponteareas (1653-1903) - Arbo (1669-1883) - Sobroso (1616-1835) - Oliveira (1621-1835) - Covelo (1701-1914) - Salvaterra (1612-1862) DISTRITO DE PONTEVEDRA - Bueu (1684-1890) - Cangas (1568-1903) - Pontecaldelas (*Xurisdición de Caldebergazo) (1835-1904) - A Lama (*Xurisdición de Caldebergazo) (1585-1833) - Pontevedra (1503-1915) - Cotobade (1597-1894) - Poio (Combarro) (1585-1873) - Ponte Sampaio (1671-1873) - Soutomaior (1640-1888) - Marín (1691-1903) - Moaña (1683-1871) DISTRITO DE TUI - A Guarda (1632-1904) - Tomiño (1799-1876) - Porriño (1644-1904 ) - Mos (1660-1879) - Oía (1606-1854) - San Antón (1696-1850) - Tui (1600-1904) DISTRITO DE VIGO - Baiona (1541-1869) - Nigrán (1728-1867) - Gondomar (1635-1891) - Redondela (1564-1903) - Pazos de Borbén (1855-1861) - Vigo (1541-1903) - Bouzas (1559-1844) - Lavadores (* Xurisdición de Valadares) (1665-1848) DISTRITO DE VILAGARCÍA - Caldas de Reís (1611-1903) - Barro (*Xurisdición de Peñaflor) (1674-1902) - Peñaflor (1600-1836) - Moraña (1701-1896) - Portas (*Xurisdición de Peñaflor) (1662-1879) - Briallos (*Xurisdición de Vilanova) (1689-1861) - Paradela (*Xurisdición de Vilanova) (1670-1861) - Romai (*Xurisdición de Peñaflor) (1701-1768) - Valga (1720-1899) - Cordeiro (1677-1853) - Cuntis (1740-1896) - Baños (1738-1844) - Vilagarcía (1594-1903) - Rubiáns (1674-1847) - Vilaxoán (1718-1862) - Sobrán (1696-1843) - Catoira (Xurisdición de Sobrán) (1810-1865) - Vilanova (*Xurisdición de Vilanova) (1574-1888) - Illa de Arousa (1703-1787)
Área de condicións de acceso e utilización
Condicións que rexen o acceso Libre, agás que se atopen en mal estado de conservación.
Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación.
CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel con cubertas en poergamino
Área de documentación
Unidades de descrición relacionadas Existen protocolos da provincia no Arquivo Histórico Universitario de Santiago; no Arquivo Histórico Diocesano de Ourense e no Arquivo do Reino de Galicia.
Ãrea de notas
Nota Existen protocolos da Coruña (xurisdición de Altamira; Santa María de Baio; Betanzos, Ferrol, Muros, Noia, Malpica, Padrón, A Coruña, Santiago, etc.); de Lugo (Lugo, Mondoñedo e Viveiro) e de Ourense (Arnoia, Baños de Molgas, Beariz, Ourense, Xinzo, Rairiz de Veiga, xurisdición de Oseira). A Lei do notariado establece que cada partido xudicial constitúe distrito de notariado. Ó longo do século pasado varían os distritos segundo as diferentes demarcacións xudiciais. No ano 1982 (Lei 12/82 do 31 de marzo) créase o partido xudicial de Vilagarcía. O Real decreto 2038/1994, do 14 de ouctubro, de “aprobación de demarcación notarial” establece en Pontevedra os seguintes distritos: A Estrada, Cambados, Lalín, Ponteareas, Pontevedra, Tui, Vigo e Vilagarcía.
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Colexio Notarial de Galicia (Tema) (Creador)