ATOPO
Rexistros actuais: 1.618.278
Obxectos dixitais dispoñibles: 504.649

SANXENXO

Área de identificación

  • Código(s) de referencia 1.1.4.1.4

  • Título SANXENXO

  • Data(s) 1956-1989 (Creación)

  • Volume e soporte 360 unidades de instalación en soporte papel na súa totalidade

Área de contexto

  • Nome do produtor Xulgado de Paz de Sanxenxo(1989-) O R.d. do 22 de outubro de 1855 estableceu que en todos os concellos houbera xuíces de paz, ou “conciliadores”, en primeira instancia. As leis de 1870 e 1907 crearán xuíces municipais, primeiro, e xulgados municipais, despois, en cada termo municipal. A partir da Lei de bases de 1944, a Orde do 24 de marzo de 1945 convertirá o xulgado de Sanxenxo en Xulgado Comarcal, que comprendería o Xulgado de Paz de Meaño. Polo R.d. 2104/1977 pasarán a denominarse Xulgado de Distrito, ata 1989 en que, por acordo do Consello Xeral do Poder Xudicial, do 3 de novembro, se converte en Xulgado de Paz.

  • Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra

  • Historia arquivística O Acordo do 3 de novembro de 1989 determinou que os asuntos pendentes, e o arquivo, do suprimido Xulgado de Distrito de Sanxenxo, pasaran ó Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 2 de Cambados, que custodiou a documentación ata a súa remisión ó A.H.P. de Pontevedra en abril de 2003 xunto coa do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 e a do Xulgado de Distrito de Cambados. O seu envío ó Arquivo Histórico tivo lugar en condicións lamentábeis, xa que durante o inverno anterior o local sufrira unha grave inundación, polo que os expedientes foron remitidos completamente mollados dentro das caixas. Foi necesario extraerlos todos das caixas e irlos extendendo un a un para que secaran lentamente, intentado evitar que se pegaran uns a outros e, sobre todo, que foran atacados por fungos. Este traballo levou varios meses ata conseguir que os expedientes estiveran ben secos, ordenalos de novo e instalalos en caixas adecuadas.

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido No eido civil, a documentación está formada por Xuízos verbais, de cognición e de desafiuzamento, e mais actos de conciliación, e no eido penal, de Xuízos de faltas.

Área de condicións de acceso e utilización

  • Condicións que rexen o acceso Acceso restrinxido de acordo co establecido polo artigo 57.1c), da Lei 16 /1985, do 25 de xuño, do Patrimonio Histórico Español.

  • Condicións de reprodución Limítase a reprodución dos documentos que se atopen en mal estado de conservación ou non poidan ser obxecto de consulta segundo a normativa de acceso.

  • CaracterÍsticas fÍsicas e requirimentos técnicos Papel. Estado de conservación deteriorado. Os expedientes presentan algúns problemas de conservación debido á oxidación das grampas por humidade, que provocou tamén que en moitos folios as tintas estean borrosas, o que dificulta moito a súa lectura.

Área de documentación

  • Existencia e localización de copias Non existen copias

  • Unidades de descrición relacionadas Pode atoparse documentación directamente relacionada no fondo do Xulgado de 1ª Instancia e Instrución nº 1 de Cambados.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de materias Xulgado España Galicia Pontevedra Sanxenxo

  • Puntos de acceso de topónimos España Galicia Pontevedra Sanxenxo

  • Nome dos puntos de acceso Xulgado de Paz de Sanxenxo (Tema) (Creador)

Área de control da descrición