Fondos
ÓRGANOS DE GOBERNO
Área de identificación
Código(s) de referencia 1.6.2.1
Título ÓRGANOS DE GOBERNO
Data(s) 1944-1977 (Creación)
Volume e soporte 4 unidades de instalación; 5 agrupacións documentais
Área de contexto
Nome do produtor Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina(1937-1977) En 1934 nace a Sección Femenina da Falange cunha función asistencial, pero a partir do Decreto de unificación do 19 de abril de 1937, coa creación de Falange Española Tradicionalista y de las Juntas de Ofensiva Nacional Sindicalista, verá aumentadas as súas competencias establecéndose a Delegación Nacional da Sección Feminina para a mobilización e formación da muller, ademais da de Auxili o Social e Fronte e Hospitais. Segundo o Decreto do 31 de xullo de 1939 o delegado nacional establecerá as delegacións provinciais e locais. Os delegados provincia is actuarán baixo a disciplina política dos xefes provinciais, pero, na súa función específica, baixo a autoridade e orientación directa do delegado nacional. O Decreto do 28 de decembro de 1939 establece formalmente as súas funcións e adscribe o Servizo Social da Muller, creado polo Decreto 378 do 7 de outubro de 1937, á súa Delegación Nacional. A súa estrutura verase modificada co Decreto 3749/1964, do 29 de novembro, pero será co Decreto 2485/1970, do 21 de agosto, de promulgación das normas de organización e desenvolvemento dos órganos da Secretaría Xeral do Movemento, cando se substitúan as antigas rexedurías por departamentos. Así, a Delegación Nacional da Sección Feminina quedará estruturad a en 9 departamentos: Secretaría, Coordinación, Promoción, Participación, Formació n e Participación da Xuventude, Departamento económico-administrativo, Gabinete técnico, Oficina de Relacións Exteriores e Servizo Social, cos seus equivalentes en cada provincia. Esta estrutura mantívose ata a súa supresión mediante o Real decreto-lei 23/1977, do 1 de abril, de reestruturación dos órganos dependen tes do Consello Nacional e novo réxime xurídico de asociacións, funcionarios e patrimonio do Movemento. Polo tanto, como organismo da Secretaría Xeral do Movemento con funcións de carácter social é transferida á administración pública . Así, no Real decreto 596/1977, do 1 de abril, polo que se desenvolve o Real decreto-lei 23/1977 e se crea a Subsecretaría de Familia, Xuventude e Deporte, estas funcións son asumidas pola Dirección Xeral de Promoción Familiar e da Muller desta nova subsecretaría da Presidencia do Goberno. Finalmente, esta subsecretaría coas súas direccións xerais integrarase no Ministerio de Cultura e Benestar polo Real decreto 1558/1977, do 4 de xullo, de reestruturación de determinados órganos da Administración do Estado.
Institución arquivística Arquivo Histórico Provincial de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Son cinco expedientes refrexo da organización vertical xerárquica da Delegación Provincial da Sección Feminina de Pontevedra, que se estrutura contorna a uns órganos provinciais, como son o Consello Provincial, as Delegacións Provinciais e as Regidurías, especializadas en diferentes áreas de actividade.
Organizació
O cadro de clasificación establecido para o Fondo 6.2 DELEGACIÓN PROVINCIAL DA SECCIÓN FEMININA DE PONTEVEDRA, no relativo á Sección 6.2.1 ÓRGANOS DE GOBERNO, desenvolvese do seguinte xeito: 6.2.1 ÓRGANOS DE GOBERNO 6.2.1.1 DELEGACIÓN PROVINCIAL 6.2.1.1.1 Delegación Provincial da Sección Feminina ( 6.2.1.2 XUNTA PROVINCIAL DE REXEDORAS 6.2.1.2.1 Sesións da Xunta Provincial de Rexedoras
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Delegación Provincial de Pontevedra. Delegación Nacional da Sección Feminina (Tema) (Creador)