Fondos
BENEFICENCIA E INICIATIVA SOCIAL
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.3.7.1
Título BENEFICENCIA E INICIATIVA SOCIAL
Data(s) 1786-2021 (Creación) 1902 - (Produción) - 2023 (Produción)
Volume e soporte 1.600 unidades de instalación con10.077 agrupacións documentais en soporte papel na súa totalidade
Área de contexto
Nome do produtor Deputación de Pontevedra. Servizo de Cohesión Social e Xuventude(2015)
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido O Servizo de Cohesión Social e Xuventude da Deputación de Pontevedra ten por obxectivo facer efectiva a igualdade de toda a cidadanía, de forma que a poboación adquira un papel activo e teña as mesmas oportunidades. Desde este servizo preténdense asentar as bases do benestar das persoas, facilitando a liberdade individual e a integración social. Estas bases concrétanse en dous compromisos: apoiar as corporacións locais da provincia que presten servizos sociais comunitarios municipais ( en virtude das competencias atribuídas polo artigo 36 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local), especialmente ás de menor capacidade económica e de xestión; e apoiar as entidades de iniciativa social que prestan o seu labor no ámbito dos servizos sociais especializados, sociosanitarios, con especial mención ás entidades que traballan na promoción da xuventude. Para acadalo o Servizo de Cohesión Social e Xuventude pon á disposición da cidadanía un conxunto coordinado de liñas de axuda, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación, creando espazos de unión e convivencia, promovendo a igualdade de acceso aos recursos, especialmente aos colectivos máis vulnerables, así como a inclusión e a cohesión social.
Organizació
Esta 2ª división de sección ten a seguinte estrutura ou organización: 3.- SERVIZOS: 3.7.- BENEFICENCIA E ASISTENCIA SOCIAL 3.7.1.- BENEFICENCIA E INICIATIVA SOCIAL 3.7.1.1.- Expedientes de beneficencia 3.7.1.2.- Libro de estancias en centros benéficos 3.7.1.3.- Expedientes de ingreso en centros benéficos 3.7.1.4.- Expedientes xerais de iniciativa social 3.7.1.5.- Expedientes de subvencións de iniciativa social, sociosanitaria e xuventude 3.7.1.6.- Expedientes nominativos de iniciativa social, sociosanitaria e xuventude 3.7.1.7.- Expedientes de Programas sociais 3.7.1.7.1.- Expedientes do programa Ti Tamén Contas 3.7.1.7.2.- Expedientes do Programa de Saúde e Benestar 3.7.1.7.3.- Expedientes do Programa de Balnearios 3.7.1.7.4.- Expedientes do Programa Semanas Brancas 3.7.1.7.5.- Expedientes do Programa Coñece a Túa Provincia 3.7.1.7.6.- Expedientes do Programa Pensa en Ti 3.7.1.7.7.- Expedientes do Programa Actívate 3.7.1.7.8.- Expedientes do Programa Depoaventura 3.7.1.7.9.- Cursos de formación de inmigrantes 3.7.1.7.10.- Expedientes dos Premios Xuventude 3.7.1.7.11.- Expedientes do Programa Depo en Marcha 3.7.1.7.12.- Expedientes do Programa Depo Termal 3.7.1.7.13.- Expedientes do Programa Tecendo Lazos 3.7.1.7.14.- Expedientes do Programa En Ruta coa Depo 3.7.1.7.15.- Expedientes do Programa Depo Ruarte 3.7.1.7.16.- Proxecto: "Depo-Emprega" 3.7.1.7.17.- Expedientes do Programa Conectadas 3.7.1.7.18.- Expedientes do Programa Depoemprende 3.7.1.8.- Expedientes de asistencia a concellos 3.7.1.8.1.- Expedientes do Programa de Teleasistencia 3.7.1.8.2.- Expedientes do Programa de Emerxencia Social 3.7.1.8.3.- Expedientes de axudas para cofinanciamento de Servizos Sociais 3.7.1.9.- Expedientes de adopcións
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Cohesión Social e Xuventude (Tema) (Creador)