ATOPO
Registros actuales: 1.618.965
Objetos digitales disponibles: 504.660

Fondos

Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 4 (1956)

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.434/2

  • Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 4 (1956)

  • Data(s) 1956 (Creación)

  • Volume e soporte 1 libro. 147 páxinas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento . Tomo 4 (01-09-1956 / 30-09-1956) Recortes de Prensa. Contén: - XIV Curso universitario de verán en Vigo. Na sesión inaugural ofrece unha conferencia Rafael Fernández Martínez, gobernador civil de Pontevedra e profesor da facultade de dereito da universidade de Oviedo, sobre "La redención de penas por el trabajo". O segundo relatorio corre a cargo do catedrático e vicedecano da Universidade de Santiago, Tomás Batuecas Marugan, sobre "La detección de radiaciones nucleares" e a continuación Valetín Silva Melero, catedrático da facultade de dereito e reitor da universidade de Oviedo tratou o tema "En torno a la llamada perversión del orden jurídico". En posteriores conferencias figuran: José L. Botella Llusiá (catedrático da facultade de medicina da universidade central) e José Luis Puente Domínguez (catedrático da universidade de Compostela). - Visita do gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, o novo edificio do instituto provincial de hixiene. - Visita da esposa do xefe de estado, Carmen Polo de Franco, a Pontevedra. Tamén visita Vigo para celebrar a festividade da "santina", a virxe de Covadonga. - Iniciase a campaña infantil da prudencia en Pontevedra, por medio de festivais que organiza a emisora local "Radio Pontevedra". Tamén se celebran festivais infantís en Radio Vigo. Sigue en marcha a campaña da prudencia orixinal. En relación a esta campaña, figuran numerosas relacións de sancións por infracción do código de circulación, noticias sobre accidentes de tráfico, bandos das alcaldías da provincia e visitas do "Guardia Prudencio" e o seu secretario "Currito". - Visita do director xeral de gandería, Angel Campano López, a Pontevedra. - Sesión plenaria da Deputación de Pontevedra, que acorda felicitar o gobernador civil Rafael Fernández Martínez pola iniciativa e éxito da campaña da prudencia. - Firma do documento de compra da finca "Villa Hermosa" polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo, con intención de destinala o novo fogar-taller de recuperación social da muller promovido pola xunta local de protección a muller. - "Cuadernos de Galicia" publica as mostras de gratitude e saúdos cordiais ó gobernador civil Rafael Fernández Martínez por parte da Illa de Arousa e de Vilanova de Arousa. - Subvención concedida polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez o concello de A Guarda para a construción dunha fonte lavadoiro e bebedoiro, cumprindo a promesa feita na súa recente visita oficial. - Sesión plenaria do municipio de Vigo, na que foron adxudicadas definitivamente as obras das rúas Teófilo Llorente, Romil e Vázquez Varela; entre outros acordos. - O colexio de avogados de Vigo responde a unha pregunta sobre a lei de arrendamentos urbanos. - Celebración do Consello Económico Sindical en Vigo, que durou tres días e cuxos actos foron presididas polo delegado nacional de sindicatos (José Solís Ruiz) e polo gobernador civil da provincia (Rafael Fernández Martínez). - Importantes acordos na reunión da xunta de goberno da congregación da divina Peregrina. Entre eles: continúan cas xestións para a coroación canónica da virxe da Peregrina como patroa da provincia de Pontevedra e solicitan a dignidade de prelado doméstico para o reitor do santuario, Lino García y García. - Visita do gobernador civil, Rafael Fernández Martínez, ó edificio da caixa de aforros municipal de Vigo. Acompáñano o alcalde da cidade, Tomás Pérez Lorente, e o director do centro, Enrique Martínez del Río. - Audiencias do gobernador civil Rafael Fernández Martínez no seu despacho de Vigo. - Consagración no mosteiro de Poio de José Vázquez Díez, da "orden de la merced", como bispo titular de Usula e coadxutor de Bom Jesús de Guerguela. - Visita do ministro de obras públicas, Conde de Vallellano, a Pontevedra e Vilagarcía. Inaugura a desviación da estrada de Pontesampaio a Arcade e o acceso ó aeroporto de Peinador; e exalta a campaña da prudencia que patrocina o gobernador civil Rafael Fernández Martínez. Tamén visitou a presa de Geve, a futura estación ferroviaria de Pontevedra, o museo provincial, a nova estación marítima de Vigo, a estación terminal de Guixar, o peirao transversal e Bouzas; e asistiu o segundo festival infantil da campaña da prudencia. En Vilagarcía, presidiu unha importante reunión na casa consistorial, na que se lle expuxeron os problemas e ambicións en torno a ría de Arousa. - Visitas de despedida do xeneral Miguel Osset Acosta, con motivo do seu cese nos cargos de comandante militar da praza de Pontevedra e segundo xefe da agrupación especial de costa das Rías Baixas. O consello provincial do movemento ofrécelle un cordial agasallo de despedida. - Doazón duns terreos polo industrial de Pontevedra, José María Cadavid Cachafeiro, para construír vivendas-piloto na capital. O gobernador civil Rafael Fernández Martínez visita os terreos. - Inauguración do novo edificio do goberno civil. - Reunión do consello provincial do movemento na que se adoptaron diversos acordos, entre eles os de crear: o “Patronato Francisco Franco" para a modernización e construción de vivendas para os beneficiarios; a sección provincial para creación de albergues e zonas de "camping"; o “Patronato pro campaña da prudencia”; e a asociación provincial de pais de familia numerosa. - Toma de posesión do novo maxistrado da audiencia provincial, Jaime Castro García, que foi apadriñado polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez. - Festas do Cristo dos Aflixidos en Bouzas (Vigo). - O gobernador civil fai entrega, na casa consistorial de Vigo, da Cruz da Beneficencia o padre Claudio Piña Tejedor e da encomenda de Alfonso X el Sabio a don José Espinosa Rodríguez. - Festas da Peregrina e ofrenda do gobernador civil Rafael Fernández Martínez á virxe da Peregrina, colocando a falanxe provincial baixo o padroado da mesma. - XVIII Ofrenda nacional do mar á virxe do Carme en Panxón polo ministro da marina, almirante Salvador Moreno Fernández. - Inicio da campaña do silencio, orientada a eliminación de ruídos superfluos. - Visita do ministro da gobernación, Blas Pérez González, a Pontevedra e Vigo. Ía acompañado do director do banco de crédito local de España, José Fariña Ferreño, e ambos foron recibidos polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Actuación do coro "Santiaguín" ante o ministro da marina, almirante Salvador Moreno Fernández, e o gobernador civil, Rafael Fernández Martínez. - Visita a Vigo do embaixador dos Estados Unidos, Mr. Davis Lodge. Pola tarde, ofrecéuselle un banquete en Castrelos e pola noite a cámara de comercio obsequiouno cunha cea. - Inauguración do palacio da xustiza de Pontevedra polo ministro de xustiza, Antonio Iturmendi Bañales. - Circular sobre a caza na provincia. - Visita do ministro de asuntos exteriores, Alberto Martín Artajo, a Pontevedra. - III Consello económico sindical da provincia, presidido polo delegado nacional de sindicatos (José Solís Ruiz). - Visita do embaixador dos Países Baixos en España, Conde Constantino Van Rechteren. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a Tui. - Clausura do consello económico sindical de Pontevedra. - Instalación da fábrica de pasta Kraft (ENCE) en Lourizán. - Cea ofrecida polo xefe de estado Franco e a súa muller ás autoridades de Pontevedra. - Conmemoración do día do caudillo en Pontevedra. - As provincias galegas doaron a pedra para o monumento a "Gesta de Oviedo". - Despedida do gobernador civil Rafael Fernández Martínez, esposa e fillos tras a súa estancia en Oviedo.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)

Área de control da descrición