Fondos
41.437/1. Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 12 (1957)
Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 12 (1957)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.437/1
Título Recortes de prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 12 (1957)
Data(s) 1957 (Creación)
Volume e soporte 1 libro. 138 páxinas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Libro de Prensa. Xefatura provincial do Movemento. Tomo 12 (1-05-1957 / 30-06-1957) Recortes de Prensa. Contén: - Cerimonia relixiosa na parroquia de Santa María - Visita do gobernador civil (Fernández Martínez) á Illa de Arousa - Visita as obras da fábrica de pasta de papel (ENCE) - Coloquio entre Jose María Castroviejo e Alvaro Cunqueiro na Sociedade Recreativa de Artesáns como inauguración dun ciclo de conferencias. -Datos de Tráfico: Diversas sancións por infraccións de tráfico, con motivo da Campaña da Prudencia, e por queimas non autorizadas. Tamén notas sobre o tráfico clandestino de minerais, resolucións de expedientes de pensións, multas por infracción do horario de peche dos establecementos ou por promover escándalo. - Obras innovadoras no Templo da Peregrina para montar un carillón. - O Pontevedra Moto Club organiza un rally hispano-lusitano - Obras en Vigo no Fragoso, Castrelos, Lagares e no Calvario. Tamén posible cámping no Bao. - Reunión do consello local de FET e das JONS - Pésame e manifestación de duelo a familia Rivero de Aguilar (matrimonio que pereceu no tráxico accidente de aviación de Barajas). - Inauguración solemne do novo edificio da "Jefatura de Obras Públicas", acto que foi precedido dunha cerimonia relixiosa no Santuario da Peregrina. - Festa do Precepto Pascual no Hospital Provincial e na capela do Instituto Nacional de Ensinanza Media. - Combarro representa as escenas dunha gran romaría galega na película "El hereje" a imaxinaria illa de "Las muñecas". - Visita do Director Xeral da Garda Civil (Eduardo Sáez de Buruaga y Polanco). - Conversacións-coloquio psico-legais sobre "La personalidad humana y su desintegración" organizadas pola Academia Médico-Quirúrxica e celebradas no salón do Círculo Mercantil de Vigo. Primeira sesión presidida por Rafael Fernández Martínez e con intervencións de Villamil, López Varela e Bernardo Castro. - Noticias sobre a "Campaña de la Prudencia en las carreteras" organizada en Pontevedra, co obxectivo de reducir accidentes de tráfico. - Noticias da revista "Hogar y Trabajo" - Diversas circulares do goberno civil e bandos: circular con normas sobre a celebración de festas e romarías na provincia; circular sobre a expedición de documentos para o ingreso na Lexión; bando recordatorio de Cangas sobre a circular de embelecemento das rutas turísticas requirido os propietarios de fincas; circular sobre pensións os incapacitados ou familiares de falecidos en colaboración coa forza pública; recordatorio de bando da alcaldía de Caldas de Reis; bando da Alcaldía de Pontevedra sobre vacinación antirrábica dos cans, circular dando normas para evitar os incendios nos montes, bando da alcaldía de O Porriño para obrigar o adecentamento de fachadas e demais elementos que dan a vía pública. - Acordos do Consello Provincial de FET e das JONS entre as que destaca o emprazamento da "Ciudad Residencial de Educación y Descanso" en Patos (Panxón) - Felicitación do gobernador civil Fernández Martínez os profesores e alumnos do Instituto Nacional de Ensinanza Media en Pontevedra polos triunfos obtidos en Madrid polos Coros e o equipo de Ximnasia Educativa que gañou o título nacional. - Concertos dos Coros Clavé, de Cataluña, nos Xardíns de D. Castro Sanpedro - Nota do presidente do Club Celta (Manuel Prieto Pérez) - Conferencia de Camilo José Cela no Casino Mercantil e Industrial. - Visita do Capitán Xeral da VIII rexión (Carlos Rubio y López de Guijarro) para realizar a inspección do novo edificio para "Parque y Talleres de Automovilismo". - Anuncios de festivais taurinos organizados pola Sociedade Casino Mercantil e Industria e patrocinados polo gobernador civil. Inclúense noticias sobre a novillada pro carillón do Santuario da Peregrina. - Inauguración da electrificación de 62 aldeas do municipio de As Neves, un grupo escolar e unha pista de interese agrícola-forestal. - Visitas ou audiencias realizadas o gobernador civil Rafael Fernández Martínez, tanto no seu despacho en Pontevedra como en Vigo. - A Casa de América en Vigo inicia as súas actividades coa disertación do catedrático arxentino José María Rosa sobre o tema "Defensa del Monopolio Español en Indias" - Inauguración dunha nova instalación de electrificación no concello de Sanxenxo, catro nas parroquias do Valle do Salnés - Sesión plenaria da corporación municipal de Vigo para a toma de acordos, entre eles a adopción de medidas para que non se demore a inauguración do restaurante Municipal do Castro e a cesión de terreos para a construción da "Casa del Estudiante" do SEU. - Donativo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez de roupas de augas para pescadores necesitados a través do Sindicato Provincial da Pesca distribuídas nos 23 portos do litoral da provincia: Carril, O Grove, a Illa de Arousa, Marín, Portonovo, Raxó, Sanxenxo, Pontevedra, Lourizán, Vilanova de Arousa, Aldán - Hío, Bouzas, Bueu, Cangas, A Guarda, Moaña, Redondela, Teis, Vilaxoán de Arousa, Baiona, Panxón, Cambados e Vigo. - Visita a Asturias del Ministro Secretario Xeral do Movemento e Delegado Nacional de Sindicatos (José Solís Ruiz) para baixar o pozo "Barredo", inaugurar a Casa Sindical e a Radio Oviedo, recibir numerosas comisións de traballadores e empresarios en Mieres, Sama e Oviedo, entregar a encomenda da Orde do mérito civil o director do xornal La Nueva España (Francisco Arias de Velasco) e a "Orden del Yugo y las Flechas" o delegado de Sindicatos, entregar 3.540 vivendas, Fogares do Productor e do Pescador, almacéns de Cofradías, Casas da Irmandade e outras. - Homenaxe o gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez polo seu primeiro ano de mandato. Foille imposta a Encomenda da "Orden de Cisneros". - A subvención íntegra da provincia para o loita contra o analfabetismo é destinada a Vigo polo gobernador civil. - Asemblea de labradores de Vila de Cruces. - Clausura dos actos conmemorativos da festividade de San Fernando levados a cabo pola Delegación Local do Fronte de Xuventudes. - Actuación nun festival de A Coruña de "el Guardia Prudencio" (Gonzalo Soto Fernández), personaxe simbólico da Campaña da Prudencia ideado polo gobernador civil de Pontevedra (Rafael Fernández Martínez). - Homenaxe a María Cruz Pérez, inspectora de ensinanza primaria xubilada. - Reunión de varias xuntas provinciais (Xunta de Ensinanza Primaria, Xunta de Construcións escolares e Xunta Provincial de Espectáculos) co gobernador civil - Acordo ca Xunta Provincial de Construcións Escolares para a edificación ese ano de cen escolas con vivendas para os mestres e acordos ca Xunta Provincial de Información, Turismo e Educación Popular. - Comezo do novenario a virxe da Franqueira (Nuestra Señora de la Fuente). Charla co párroco Manuel Iglesias Souto. Actuación da "Schola Cantorum", de Canedo (Ponteareas), no Santuario da Franqueira. Diversas noticias sobre a súa celebración. - XVIII Ofrenda del Mar en Panxón (11 de setembro de 1956) - Inauguración da escola-fogar "Santa María Goretti" en O Seijo polo Subsecretario do Ministerio de Xustiza (Ricardo Oreja Elósegui) acompañado do xefe nacional do Patronato de Protección a Muller (Luis Martínez Kleiser). - Proxectos expostos polo alcalde de Salvaterra de Miño Antonio Álvarez González. - Primeiro gran festival Pro-carillón da Peregrina. - O gobernador civil firma o contrato de crédito para a nova emisora local de radio "La Voz de Vigo" e entra en fase de probas. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez visita a aduana de Vigo. - Comisións e irmandades de labradores e gandeiros expuxeron diversos problemas o gobernador civil. - Dezaseis relatorios son estudados na primeira Asamblea Provincial de Turismo. - Primeira comuñón no fillo do gobernador civil Rafael Fernández Martínez (Rafaelito Fernández del Castillo) no convento mercedario (mosteiro) de Poio. - Unha comisión da Delegación Provincial de Sindicatos de Asturias visitou o gobernador civil Rafael Fernández Martínez para facerlle entrega dunha artística lámpada de mina. A comisión dirixíase a Tui como parte dun intercambio sindical hispano-portugués con un centenar de produtores lusitanos que pasarían 20 días na Cidade Residencial de Perlora (Candás, cerca de Gijón). - Homenaxe a Daniel de la Sota (ex-presidente da Deputación de Pontevedra) y Vandecilla con motivo do seu oitenta aniversario de nacemento na "Caja de Ahorros Provincial" con entrega de placa por parte do fundador e ex-presidente Rocafort Martínez. - Inauguración dunha interesante exposición de traballos da Escola de Maestría Industrial de Pontevedra. - Celebración en Vigo do "día de Portugal" coa presencia do gobernador civil e o presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo. - Discurso do gobernador civil Rafael Fernández Martínez na súa visita as novas instalacións gandeiras (e demais) establecidas en Monteporreiro. - Reunión da comisión pro-monumento os Caídos cos arquitectos encargados do proxecto designados polo colexio de Vigo. - Visita o gobernador civil Rafael Fernández Martínez en Pontevedra e Vigo do gobernador civil (Alberto dos Reis Faria) e o presidente da Cámara Municipal de Viana do Castelo (José Gonçalvez de Araujo) xunto coa representación consular portuguesa. - Constitución do "Centro Gallego de Productividad" polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez, que estará integrado por cantas empresas industriais, comerciais, bancarias e agrícolas da rexión o soliciten. - Reunión da "Junta de gobierno del hogar de la falange" baixo a presidencia do secretario local do movemento nas dependencias da secretaría local de FET e das JONS. - Clausura do primeiro ciclo da revista do S.E.U. "Tribuna Oral" polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez no salón de actos da Cámara de Comercio de Vigo. No último número interviron Buenaventura Andreu, Eva Carmona de Casado Nieto e o último premio "Nadal" José Luis Martín Descalzo. - Reunión da "Junta Provincial de Electrificación", da "Junta de Protección a la Mujer" e da "Junta de Coordinación Agrícola y Ganadera", as tres presididas polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. A "Junta Provincial de Electrificación" acorda a distribución de máis de 20 toneladas de fío de cobre entre varias aldeas da provincia. - O Patronato Provincial da Prudencia inicia a súa segunda campaña anual. O acto de apertura foi presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Imposición das insignias da Orde do Mérito Civil e homenaxe rendido a Vicente Alonso Pérez (xefe provincial de Administración local e presidente do Colexio de Funcionarios). - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a illa de Ons, interesándose polos seus problemas. Acordase que nese mesmo ano se instalará luz eléctrica e se construirá un muiño. - Reunión no salón de actos da Deputación Provincial dos alcaldes dos 62 concellos da provincia, presididos polo gobernador civil e xefe provincial do movemento Rafael Fernández Martínez. - Visita do gobernador civil Rafael Fernández Martínez a comisaría do Corpo Xeral da Policía en Vigo. Foi recibido polo comisario principal xefe, Ildefonso Barrallo Benavides. - O gobernador civil Rafael Fernández Martínez recibe como agasallo do sindicato provincial téxtil unha placa con expresiva dedicatoria. - Toma de posesión dun novo alcalde en Oia, Luis Domínguez Fernández. - Procesión de Corpus en Pontevedra con presencia de autoridades provinciais e locais e oficiado polo bispo auxiliar de Santiago (Miguel Novoa Fuente) en representación do Cardenal Quiroga. - Carta autógrafa do gobernador civil Rafael Fernández Martínez para a revista "Nodales" - Entrega de láminas con imaxes sobre motivos da circulación polo Patronato da Prudencia as "Juntas Locales de Primera Enseñanza". Acto presidido polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez. - Inauguración oficial das novas instalacións da base do Parque e Talleres de Automobilismo da rexión. Asistiron o director xeral de transportes e xeral de división José de Linos Lage e outras personalidades. - O presidente da Deputación Provincial, Rocafort Martínez, viaxa a Madrid para asistir o Consello de Administración de Celulosas de Pontevedra, S.A. (ENCE). - Homenaxe a Faustino Álvarez Álvarez, xefe do sindicato provincial téxtil de Pontevedra tras nove anos o fronte do cargo. - Clausura polo gobernador civil Rafael Fernández Martínez da primeira quenda na residencia "Luis Collazo" para produtores que a Obra Sindical de Educación e Descanso ten aberta en Panxón. Tamén inspeccionou o albergue da Sección Feminina "María Laura" en Nigrán, visitou a escola da Sección Feminina en Gondomar e despois visitou a colonia estival das Damas Apostólicas na Ramallosa e o santuario da nosa señora da Guía. Por último, visita o transatlántico "Vera Cruz". - Crease a Delegación provincial de educación física e deportes, cuxa sede se estableceu en Vigo e que será rexida polo doutor Víctor Bouzo Iglesias. - Entrega dos premios deportivos "Antorchas" pola Agrupación de Periodistas Deportivos. - Reunión do consello provincial de FET e das JONS cos nomeamentos de Marcelino Jiménez Jiménez para o cargo de Delegado Provincial de Educación e Cultura e de Víctor Bouzo Iglesias para Delegado Provincial de Educación Física e Deportes. - Construción dun Colexio Maior en Vigo e dun palacio dos deportes, que actuará como sede das diversas Federacións da provincia. - Agasallo a Jose María Castroviejo do traxe de "Guarda Mayor de Pesca Fluvial y Caza del Reino de Galicia y Sierra de Ancares" - Xúbilo pola inauguración do ferrocarril Pobra de Sanabria - Ourense - Carballiño (tamén coñecido como ferrocarril Zamora - Ourense).
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)