Fondos
41.465/4. Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 34 (1971)
Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 34 (1971)
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.2.5.41.465/4
Título Recortes de Prensa. Deputación Provincial. Tomo 34 (1971)
Data(s) 1971 (Creación)
Volume e soporte 1 libro
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido Recortes de prensa. Deputación de Pontevedra
Prensa. Tomo 34 (Xuño-xullo de 1971)
Contén:
- Folleto da ofrenda do Fogar Provincial de Pontevedra e Colexio de Xordomudos da Lanzada ó glorioso Apóstolo Santiago
- Peregrinación do Fogar Provincial e Colexio de Xordomudos da Lanzada a Compostela
- A V Festa da Troita celebrouse con gran concorrencia de público en Ponte Caldelas
- Sesión Ordinaria do Pleno da Corporación Provincial. Foron aprobados os proxectos das obras do Plan “extra” de Cooperación. O orzamento alcanza a cifra de 107.523.715 pesetas
- Sesión necrolóxica no Hospital Provincial. Será adicada ó que foi eminente cirurxián do centro, don Celestino Poza Pastrana
- Novo presidente do Colexio de Funcionarios de Administración Local
- Sesión da Comisión Provincial de Servizos Técnicos. Informou favorablemente do Plan complementario de Cooperación para o presente ano por un importe superior ós 13.783.000 pesetas
- Preparativos para a festividade do Corpus. Todo disposto pola Confraría do Santísimo Sacramento
- Premios Deputación 1970. Convocatoria do concurso para as súas adxudicacións
- Sesión clínica no Hospital Provincial dos Doutores Iglesias Fernández, Dios Bustelo e Canitrot Andión
- Entregado o premio “Exército 1970” ó Directo do Colexio Nacional Virxe do Rocío, de Bouzas, señor Santos Reiriz
- Primeiras Comuñóns no Fogar Provincial saír
- Gráfica da procesión do Corpus Christi
- Brillante e emotivo acto de fin de curso no Conservatorio de Musica. Don Augusto García Sánchez recibiu o título de Director Honorario
- Sesión clínica no Hospital Provincial. Presentarase un caso de infarto de miocardio
- A Caixa de Aforros Provincial o servizo da provincia. Inversións feitas en obras sociais
- “III Curso de Verán de Clases Prácticas”. Trinta bolsas para estudantes de Menciña convocadas pola Deputación Provincial
- Tres bolsas para médicos post-graduados. Cada unha dotada con 60.000 pesetas. Danse por un mínimo de dous anos
- Sesión Clínica no Hospital Provincial sobre “Urxencias en Oftalmoloxía” disertará o Dr. Magdalena
- Xornada de traballo do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, en Arbo. Aspírase á construción dunha ponte que comunique con Portugal
- Máis de 77 millóns percibiu a Deputación durante o segundo trimestre do ano actual. Corresponden ó imposto de tráfico de empresas e asignación por habitante. O 10% participación para os concellos
- Pleno da Corporación Provincial. Xa se reunión as comisións informativas
- A Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra, celebrou o seu primeiro gran sorteo do ano 1971, foron distribuídas 660.000 pesetas en 120 premios
- Numerosos artistas participaran na “I Bienal Nacional de Arte”. Tres premios, pintura e escultura, de 100.000, 75.000 e 50.000 pesetas respectivamente
- Unha lavadora e unha secadora para o Hospital Provincial. O seu importe supera o medio millón de pesetas
- O Coro “Virxe da Peregrina” do Fogar Provincial, a Braga
- Clausura do Curso académico no Hospital Provincial. Pronunciará a lección do día, o Doutor Serigó Segarra
- Obras no Hospital Provincial por case dous millóns de pesetas
- Centro emisor de televisión no faro de Domaio. Xuntanza no Goberno Civil para tratar da súa posta en marcha
- 1479 recrutas da rexión prestaron xuramento á bandeira en Figueirido. Milleiros de persoas presentes na patriótica cerimonia presidida polo Xeneral López del Pecho
- Axilización do proxecto de construción da estación emisora de TV, no monte “Faro” de Domaio
- Autoridades pontevedresas á Exposición Agrícola de Braga
- A nova Lei de Caza e o seu Regulamento. O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, clausurou os seminarios celebrados
- Novo número de “Fogar e Traballo” publicado no Fogar Provincial
- Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Aviso: O Consello de Administración da Entidade en sesión Plenaria do día 30 de xuño acordou aprobar o Plan de expansión, mellora e adecuada dotación de sucursais en toda a Provincia
- O “Día de Pontevedra” celebrouse na “Expo portuguesa”
- O Presidente da Deputación a Madrid. Asinará no Banco de Crédito Local de España, préstamos por 144 millóns de pesetas. Preto de cen millóns para a Cidade Asistencial Infantil e Sanatorio do Rebullón
- Foi convocado o “II concurso provincial de embelecemento de pobos
- No Museo exposición adicada a Virxe da Peregrina
- Inauguradas, en Xeve, as instalacións deportivas de Tiro Olímpico
- Deputación Provincial de Pontevedra. Adquisición dun grupo electróxeno
- Recibidas as obras para a “I Bienal Nacional de Arte”. Poderán inscribirse cantos artistas españois e hispanoamericanos o desexen
- Deputación Provincial. Obras na finca Areeiro
- Visita do Gobernador Civil da Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, ó municipio de Salvaterra de Miño
- Tiro Olímpico. Malingre, de Vigo, gañador no primeiro Gran Premio Internacional de Galiza
- O Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, inaugurou diversas obras e visitou o curso de soldadores do P.P.O.
- Numerosas obras presentadas á “I Bienal Nacional de Arte”
- Comezaron as reunións sobre os viveiros forestais do Noroeste
- Na Escola de Mestría. Homenaxe póstumo ó violinista Manolo Quiroga
- Obras no Hospital Provincial. Os Pregos de Condicións, expostos na Deputación
- Reunión da Asociación pro Música de Cámara “Manolo Quiroga”
- Obras na marisma do Bao. Os pregos de condicións, expostos na Deputación
- Concurso-Poxa para a adxudicación de obras na Cidade Asistencial Infantil, cun tipo de licitación de 189.401.903,50 pesetas
- Preto de 118 millóns de pesetas. Créditos concedidos á Deputación para camiños e obras no Pazo Provincial
- Dúas operacións de crédito a favor da Deputación por un total de 117 millóns de pesetas
- 290 obras presentadas á “I Bienal Nacional de Arte”. Pertencen a 185 artistas de toda a xeografía española
- Plan extraordinario de accesos a construcións escolares
- Obras por máis de 30 millóns de pesetas, inauguradas polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, en Rodeiro, Lalín, Moraña e Campo Lameiro
- Os actos do “Día de Oporto” revestiron gran brillantez. Agasallos na honra das autoridades e representacións portuenses
- Fervorosa conmemoración, do 18 de Xullo na capital
- Gráfica da efemérides do 18 de Xullo
- Xuntanza extraordinaria do Pleno do Consello Provincial do Movemento
- Autoridades pontevedresas a Madrid co fin de asistir ás sesión das Cortes Españolas
- A exposición “Virxe Peregrina”
- Fernández Sánchez inaugura a súa exposición pictórica. 40 Obras no Museo e na sala de información. Está adicada a Sánchez Cantón
- A exposición adicada á Virxe Peregrina, un éxito total en Santiago.
- Pontevedra Sohw. Todas as provincias na Bienal nacional de Arte
- Apertura da exposición do Pintor Fernández Sánchez
- Caixa de Aforros Provincial de Pontevedra. Relación de opositores que superaron as probas do segundo exercicio
- Regreso de Madrid do Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento, Ignacio García López, e outras autoridades que asistiron ó Pleno das Cortes
- Excursión a Francia do Coro “Virxe Peregrina”
- O Doutor Barros Malvar conducirá o estandarte da Peregrina. Fará a ofrenda o Alcalde da Estrada
- Máis dun cento de obras seleccionadas para a “I Bienal Nacional de Arte”
- Novas obras no Covelo, Ponteareas, Tui, tomiño e O Rosal. Foron inauguradas polo Gobernador Civil de Pontevedra e Xefe Provincial do Movemento Ignacio García López, cun importe total que supera os 70 millóns de pesetas
- Cambados ante o día do Albariño. Os Príncipes de España, invitados. Tamén foron invitados os Ministros de Información e Turismo e Obras Públicas
- O Grupo de Coros e Danzas “Virxe Peregrina” actuou no Centro Galego de Bilbao
- Máis de 866 millóns de pesetas para o “Plan Rexional Extraordinário de Vías Provinciais. Na nosa provincia construiranse tres pontes, dúas sobre o Ulla e outro sobre o Miño
- Franco presentou a Ofrenda nacional a Santiago
- Sesión da Corporación Provincial. Na “orde do día” figuran numerosos asuntos
- Construción dunha ponte sobre o Ulla en Catoira
- Catoira: Unha Ponte para engrandecer a Arousa
- Inauguración da “I Bienal Nacional de Arte” que organiza a Deputación Provincial, coa asistencia das primeiras autoridades provinciais
- “Preténdese articular máis racional e xustamente o territorio nacional”. A selección dos 70.000 núcleos é indispensable
- Brillantez excepcional nos actos Hispano-Venezolanos
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Servizo de Comunicación Institucional (Tema)