ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2011/07/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-07-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2011/07/29_Ordinaria

  • Data(s) 2011-07-29 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e cincuenta minutos do día vinte e nove de xullo do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19389.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 22 de xullo de 2011. 2.19390.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS DIRIXIDAS ÁS ENTIDADES DE INICIATIVA SOCIAL, QUE TRABALLEN NO MARCO DOS SERVIZOS SOCIAIS ESPECIALIZADOS, DENTRO DA CONVOCATORIA 2011 DE TALES SUBVENCIÓNS (1º GRUPO) Aprobadas pola Xunta de Goberno do 5 de abril de 2011 as Bases Reguladoras da convocatoria de Subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social que traballen no marco dos Servizos Sociais Especializados, publicadas no BOP do 8 de abril, rematado o prazo de presentación das solicitudes o 9 de maio, e aplicados os correspondentes criterios de selección previstos na cláusula 4ª das referidas Bases, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: A concesión do primeiro grupo de subvencións dirixidas ás Entidades de Iniciativa Social, por proxectos de servizos sociais especializados, cun importe global de 317.689,92€, con cargo á aplicación orzamentaria 11/230.233.480.02, baixo a seguinte estrutura: • 314.489,92 € correspondente ás 81 solicitudes presentadas en tempo e forma, que integran este primeiro grupo. • 2.000 € para as integracións laborais derivadas dos proxectos. • 1.200 € correspondente á subvención complementaria da Asociación Síndrome de Down “Xuntos” Pontevedra, pola integración de 4 asociados no mercado laboral, durante períodos de mais de 6 meses no ano 2010. O listado das subvencións é o que segue: “CONCELLO Nº ASOCIACIÓN ACTIVIDADE Nº H PROPOSTA CALDAS DE REIS 1 Asoc. Pais de Minusválidos Psíquicos “O Saiar” Integración laboral Horta- Xardín Ecolóxica 260 3.400 CANGAS 4 Asoc.Cultural Belas Artes Proxecto Musicoterapia 300 4.000 Asoc. Cultural O Son do Pobo Proxecto Integr arte +300 2.400 Asoc. Diagnosticadas de Cancro de Mama ADICAM Proxecto Caminando en Rosa 300 4.000 Aspamsim Proxecto Somos +300 4.000 ESTRADA 1 Cáritas Parroquial AEstrada Diocesana de Santiago C. P. de interv. socioeduc. Acamp.Urb. ALFAR 2011 120 1.400 GROVE 1 Asoc. pers. Discap. Salnés “Anduriña” Recepcionista de hotel 248 5.000 GUARDA 3 Asoc. Avelaiña Axuda ás Persoas Prob.Saúde Mental. T.Habilidades Sociais Integr.Pers. enfer.mental cr. 299 4.000 Asoc. Érguete Baixo Miño P.Incorporación social e laboral +300 6.000 Asoc. S.Xerome Emiliani Horta Ecopedagóxica Quinta das Mercedes +300 6.000 LALÍN 1 Asoc. ASPADEZA O teu propio verán 241 3.200 MARÍN 1 Asoc. Rexurdir de Actividades Sociais Aprendiendo a Cuidar 300 3.800 MOAÑA 1 Asoc. Familiares de Enfermos de Alzheimer Curso de Atención e coidadores na enfer.Alzeheimer 260 5.200 NIGRÁN 1 Asoc. La Esperanza del Valle Miñor Ocio para todos 2011 100 1.400 PAZOS DE BORDÉN 1 ASPAVI Mostra e oferta produc. elab. por pers. con Disc. Int. +300 3.569,92 POIO 1 Asoc. Inclusión Plan Integración laboral Inmigración 2011 300 6.000 PONTEREAS 1 Asoc. Discapacitados do Condado Paradanta-ADAPTA Atención a persoas con discapacidade 296 4.000 PONTEVEDRA 12 Asoc. Alcohólicos Reabilitados de Pontevedra Asistencia a enfermos alcohólicos e familiares. 202 2.200 Asoc. Amencer-ASPACE Integración a través de act. formativas de xardinería. 297 4.000 Asociación Amizade Curso de introducción ó deseño gráfico 118 1.600 Asoc. Discapacitados Psíquicos “Virgen de la O” Obradoiro de reciclaxe de teas +300 4.000 Asoc. Familiares y Amigos Enfermos Psíquicos ALBA Taller de cerámica del centro de rehabilitación +300 4.000 Asoc. Familiares Enferm. Alzheimer y otras Demencias T. Interactivo Audio-Visual de Estimulación Cognitiva +300 4.000 Asoc. Galega Enfermidade Huntington Estratexías globais da abordaxe do Huntington 300 4.000 Asoc. Rexurdir Provincial Ecohuerto didáctico 296 4.000 Asoc. Senegalesa de Pontevedra DIOCO. P. de formación para obt. permiso de conducción B +300 4.000 Down Pontevedra XUNTOS. Asoc. Síndrome de Down Programa de formación laboral 300 6.000 Fundación Secretariado Gitano Compensación educativa externa “Chanelar 2011” 300 4.000 Sociedad San Vicente de Paul Curso de tapicería y restauración de muebles. +300 4.000 PORRIÑO 1 ACEESCA Ocio e Vida Social para Integr. de P. con Discap. Int. +300 4.000 REDONDELA 2 Asoc. Familiares i Enfermos Mentais LENDA Obradoiro de productos artesanais 300 4.000 Asoc. Pais do CAPD de Redondela P. de Intervención de terapia asistida con cans +300 4.000 SANXENXO 1 Asoc. Prevenc.,Loita contra a Droga e Axuda AVANTE Curso Incorporación Socio-Laboral de Restauración +300 6.000 TOMIÑO 1 Asoc. de Discapacitados Baixo Miño Vontade Marroquinería e Serigrafiado textil +300 6.000 VALGA 1 ASMIVALU Peón de viveiros e xardinería 260 5.200 VIGO 39 AFAN. Asoc. Freijeiro Ayuda Necesitado Obtenc. permiso conduc. C para inserc. socio-laboral 300 6.000 ALENTO-Asoc. de Dano Cerebral de Vigo Alento Intégrate 300 4.000 APA MENELA Música e Socialización 125 1.400 APACAF A. de formación ocup. explot. de horta ecolóxica. 300 4.000 APAMP, Asoc. de Familias de pers. con parálise cerebr. Coi Dar 2011 300 6.000 Asoc. Alcohólicos Rehabilitados de Vigo A.R.V.I. P.de form. e integr. social para alcohólicos rehabilit. 176 2.400 Asociación Autismo Vigo X. de Orientación a Familias de Persoas con T.E.A. 116 1.600 Asoc. Axuda ó Enfermo Mental DOA Formación de familias de pers. con enfer. mental 123 1.600 Asoc. Ayuda a la vida Xuntos 112 1.400 Asoc. Ayuda al Toxicómano Érguete Formación e Integración social con Internos de CIS 204 2.800 Asoc. Bulimia y Anorexia de Pontevedra Reeducación familiar en trastornos alimentarios 300 6.000 Asoc. Cidadá de Loita Contra a Droga ALBORADA De la Institucionalización a la Integración Social 300 4.000 A. Galega Apoio o desenv.do nimg. e emigr. retornado Técnico en Xestión Administrativa Integral II 300 5.920 Asoc. Galega Hemofilia Hemoescola: Escola para país e nais de nenos con H 128 1.600 Asoc. Madres en Defensa de los jóvenes Drog. MADRO Axentes de saúde para familiares drog. e afectados 111 1.400 Asoc. Marketing Social Además Capacitación Auxiliares de atención sociosanitaria… 300 6.000 Asoc. Niños Hiperact. y déficit de Atención ANHIDA Terapia de Apoyo Psicopedágoxico +300 4.000 Asociación Parkinson Terapia ocupacional 228 3.000 Asoc. Persoas con Trastorno Bipolar de Galicia P. Reinserción socio-laboral de pers cn T.B Prov.Pont. 180 2.400 Asociación Pueblo Gitano Curso de Educación vial 2011 Provincia de Pont. 300 4.000 Asoc. Valponasca Proxecto Casa Vigo +300 4.000 Asoc. Viguesa Alcohología ASVIDAL P. de capacitación para a incorporación socio-laboral 300 4.000 Asoc. Viguesa Esclerosis Múltiple (AVEMPO) H. funcionais para o manexo de persoas con E.M. 300 6.000 Asperga Difusión e formación sobre Sindrome Asperger … 252 2.000 COGAMI Curso de Ofimática 300 6.000 Centro Sociocultural Artístico e R. Valladares C. formación ocup. Inform. Básica para pers. en R.E 100 1.400 Down Vigo: Asoc. para a síndrome de Down Formación no posto na empresa ordinaria +300 6.000 Fademga Feaps Galicia Curso Básico de Camareiro/ra de pisos 110 2.300 FEAFES GALICIA Proxecto Practicum 250 5.100 Federación Asoc. de PDS COGAMI Pontevedra Curso de Ofimática 300 6.000 Fed. Galega de Institucións para a Síndrome de Down Curso Auxiliar de Pintor 300 6.000 Fundación Érguete-Integración Proxecto EVA 300 4.000 Fundación Igual Arte Programa artístico (área expresión plástica) +300 4.000 Fundación Integra para Discapacidad Intelectual Programa Autonomía doméstica 2011 220 3.000 Fundación Quinesia Formación para inserción laboral de pers. con discap. 240 4.800 Hoy por Mañana Adico ( aprendo y me divierto en compañía) 293 4.000 Médicos del Mundo Cereda:Educ.para a saúde con Axentes de Saúde… +300 4.000 Sociedade San Vicente de Paul de la Prov. de Pont. Taller prelaboral de cocina 176 2.400 ONG Novas Rutas Aledar 300 3.600 VILAGARCIA DE AROUSA 5 Asoc. Disminuídos Psíquicos con ELES C. fimo e avalorios dirixido a discap. intelectuais 300 4.000 Asoc. Familiares Enfermos de Alzheirmer AFASAL Enfermidade de A. e terapias alternativas coidadores 112 2.300 Asoc. Lar Pro Salud Mental Recicla Restaurando 252 3.400 CCANVIHAR, Asoc. Cidadá de Loita contra o VIH/SIDA Obradoiro coñec. para mellora da calidade de vida 300 4.000 Fundación Amigos de Galicia Formación e inserción laboral de usuarios de Pontv. 175 3.500 VILANOVA DE AROUSA 2 Asoc. BATA Programa de Actividades de Atención Ambulatoria +300 4.000 Asoc. de Pais os Mecos Servizo de Ocio de Verán; Ludoteca 210 2.800 TOTAL 81 TOTAL: 314.489,92 SOLICITUDES DESESTIMADAS MOTIVO Nº CONCELLO ASOCIACIÓN ACTIVIDADE FORA DE PLAZO 1 VIGO Asoc. Diabéticos Vigo Campamento de Niños de 11 a 13 años NON REUNIR OS REQUISITOS 3 VIGO Asoc. Persoas Xordas de Vigo-ASV V Edic. Integrac. Lab. Nós tamén podemos AVXU-CSCR de Beade Curso de primeiros auxilios AVXU-CSCR de Beade Ludoteca Os Pitufos NON XUSTIFICAR 2010 3 NIGRÁN APA Castro Navas Curso de Teatro POIO Fed. Galega de Pers. Xordas FEGAXOR Deseño de ferramentas nas TICS PONTEVEDRA Asoc. de Sordos de Pontv. “Rio Lérez” Autoescuela Accesible RESUMEN DOS DATOS DA CONVOCATORIA ANO 2011: • Nº Solicitudes presentadas: 115 • Presentadas en prazo: 114 • Fóra de prazo: 1 • Desestimadas: 6  Por non reunir os requisitos: 3  Por non xustificar exercicio 2010: 3 • Á espera de habilitación dun novo crédito: 27 • Proposta favorable: 81 • Importe total das mesmas: 314.489,92 • Transferencia: 20.000 • Gastos Down Pontevedra Xuntos (2010): 1.200 • Previsión de gastos 2011: 2.000 • Contía dispoñible: 320.000 • Contía que se precisa: 317.689,92 • Sobrante: 2.310,08” 3.19391.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 4.19392.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, CONXUNTO DE SEGUROS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS A Deputación de Pontevedra no exercicio das súas competencias en prol da prestación dos servizos públicos realiza unha diversidade de actuacións que poden levar unha responsabilidade civil-patrimonial, ademais de contar cun extenso patrimonio que debe salvagardar de posibles danos como consecuencia dun sinistro. Sendo necesario tamén cubrir os riscos ós que se ve sometido o seu persoal como consecuencia das actuacións administrativas. Por iso, resulta necesaria a contratación de diversos seguros seguindo os principios de concorrencia, publicidade e igualdade mediante un proceso de licitación pública, polo que se incoa o correspondente expediente de contratación. Debido á especialización dos diferentes seguros considérase oportuno establecer o procedemento aberto en cinco lotes diferentes cos seguintes orzamentos estimados: Lote Seguro Prima Total Anual 1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL 73.000,00 € 2 SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS 120.000,00 € 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE 70.000,00 € 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA 71.000,00 € 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSONAL 33.000,00 € Visto o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación. Visto o informe do servizo de Intervención onde sinala que o contrato será financiado con cargo ás aplicacións 12/922.933.224.01, 13/922.933.224.01, no seu caso, e as correspondentes dos distintos organismos autónomos e servizos xestores da Deputación. Considerando o disposto na disposición adicional segunda da Lei de Contratos do Sector Publico, e na base 16, apartado segundo das bases de execución do orzamento para o ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, o conxunto de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos. Establécense os lotes que se relacionan a continuación cos seguintes tipos de licitación: Lote Seguro Prima Total Anual 1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL 73.000,00 € 2 SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS 120.000,00 € 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE 70.000,00 € 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA 71.000,00 € 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSOAL 33.000,00 € Por tratarse dun contrato de tramitación anticipada, a adxudicación do contrato quedará condicionada á existencia de crédito adecuado e suficiente para financiar as obrigacións derivadas deste contrato. Así mesmo a Xunta de Goberno, acorda: - Autorizar o gasto para o pago das diferentes primas que serán, no seu caso, financiadas con cargo ás aplicacións 12/922.933.224.01, 13/922.933.224.01, 14/922.933.224.01 e coas correspondentes dos distintos organismos autónomos e servizos xestores da Deputación. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONOMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DO CONXUNTO DE SEGUROS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS 1.- OBXECTO.- O obxecto do presente procedemento aberto é a contratación da prestación do servizo de aseguramento de todos os riscos de danos materiais dos bens patrimoniais, responsabilidade civil patrimonial, flota de vehículos e accidentes do persoal de todos os centros xestores e servizos da Deputación de Pontevedra, así como dos seus Organismos Autónomos. Este procedemento divídese en cinco lotes en concordancia coa tipoloxía de riscos que deben ser asegurados pola empresa adxudicataria. LOTE SEGURO 1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL 2 SEGURO DE TODO RISCO DE DANOS MATERIAIS 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSOAL 2.- NATUREZA XURÍDICA E RÉXIME XURÍDICO.- Este contrato cualifícase como privado segundo o artigo 20 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (en diante LCSP), xa que se trata dun contrato celebrado por unha Administración Pública que ten por obxecto un servizo dos comprendidos na categoría 6 do Anexo II (servizos de seguros). Neste sentido, este contrato réxese, en canto á súa preparación e adxudicación, pola Lcsp e as súas disposicións de desenvolvemento, aplicándose supletoriamente as restantes normas de dereito administrativo ou, no seu caso, as normas de dereito privado, segundo corresponda por razón do suxeito ou entidade contratante. En canto ós seus efectos e extinción, este contrato réxese polo dereito privado. O contrato, que ten carácter de privado, rexerase polas seguintes normas: • Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público (LCSP). • Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas. • Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a lei 30/2007 de Contratos do Sector Público. • Lei de Ordenación e Supervisión de Seguros Privados (Real Decreto lexislativo 6/2004, de 29 de outubro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de ordenación e supervisión dos seguros privados, e polas disposicións que a desenvolvan ou modifiquen.). • Lei 50/1980, de 8 de outubro, de Contrato de Seguro e polas disposicións que a modifiquen ou a desenvolvan. • Normas de Dereito Privado supletorias respecto das normas de Dereito Administrativo. Ademais do presente prego terán carácter contractual os seguintes documentos: • O prego de prescricións técnicas. • O documento en que se formalice o contrato. • Oferta que presente o licitador, sempre que cumpra co establecido no prego de condicións. 3.- FINANCIAMENTO.- O pago das diferentes primas realizarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 922.933.224.01 e equivalentes dos órganos ou servizos xestores. Por tratarse dun contrato de tramitación anticipada, sométese a adxudicación do mesmo á condición suspensiva de existencia de crédito adecuado e suficiente no exercicio en que vai executarse. 4.- DURACIÓN.- O contrato terá unha duración de tres anos, con entrada en vigor desde as 00:00 horas do 01 de xaneiro de 2012 ata as 24:00 horas do 31 de decembro de 2014. A duración do contrato é única, sen prexuízo das eventuais causas de resolución ou rescisión que legalmente poidan concorrer ou das prórrogas ó mesmo que, no seu caso, poidan acordarse. Vencido o prazo de vixencia do contrato este poderase prorrogar por prazos de 1 ano completo (comezo da prórroga as 00:00 horas do día 1 de xaneiro e finalización as 24:00 horas do 31 de decembro), sen que a duración total do contrato, prórrogas incluídas, poida estenderse máis de seis anos, de conformidade co estipulado no artigo 279 da LCSP. A entidade aseguradora deberá comunicar á Deputación de Pontevedra, con 2 meses de antelación ó seu vencemento, os termos de renovación da póliza do seguro, dispondo a Deputación de 15 días para, en caso de non estar conforme cos mesmos, renunciar á prórroga do contrato de seguro. No caso de que a entidade aseguradora non comunique á Deputación nas datas indicadas os termos da renovación da póliza do seguro, entenderase que son os mesmos que os da póliza en vigor. O contrato extinguirase, ademais de polo transcurso do tempo, polas causas de resolución e extinción que legalmente concorran e, especialmente polo incumprimento das obrigacións pactadas. O Órgano de Contratación, non obstante o disposto sobre o período de vixencia e prórrogas do contrato, poderá solicitar á adxudicataria do contrato a continuación na prestación dos seus servizos, coa revisión de prezos correspondente, ata que se proceda á adxudicación e vixencia do novo contrato de seguros. Así mesmo, poderá esixir, e o adxudicatario estará obrigado a aceptar, a prórroga do contrato en vigor durante un período máximo de 3 meses nas mesmas condicións de taxa e cobertura vixente e proporcionalmente ó tempo prorrogado. 5.- TIPO DE LICITACIÓN.- O tipo de licitación establecido para cada un dos lotes é o seguinte: Lote Seguro Prima Total Anual 1 SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL E PATRIMONIAL 73.000,00 € 2 SEGURO DE TODO RIESGO DE DANOS MATERIAIS 120.000,00 € 3 SEGURO DE OBRAS DE ARTE 70.000,00 € 4 SEGURO DA FLOTA DE VEHICULOS E MAQUINARIA 71.000,00 € 5 SEGURO DE ACCIDENTES PARA TODO O PERSOAL 33.000,00 € A efectos da licitación, ademais da oferta económica, no Sobre “C” tamén se valorarán os conceptos que se relacionan a continuación establecéndose os seguintes límites: LOTE 1: a. O máximo de franquía da RC xeral por sinistro para danos materiais será 500 €. Non se admitirán franquías para danos persoais. b. O mínimo de indemnización por sinistro será de 1.200.000 €. c. O mínimo de sublímite dos danos por vítima na RC patronal será de 200.000 €. LOTE 2: a. O máximo de franquía xeral será de 300 €. b. O máximo de franquía por roubo e espoliación será de 150 €. 6.- PROCEDEMENTO DE ADXUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario tal como se establece no artigo 122.2 da Lcsp. Por outra banda, e de conformidade co previsto no artigo 94.2 da Lcsp, ultimarase o expediente de contratación mesmo coa adxudicación e formalización do contrato, aínda cando o inicio da execución do mesmo comece o 1 de xaneiro de 2012. 7.- PAGAMENTO.- O pago da prima farase dunha soa vez de forma anual. Naqueles lotes nos que se produciron altas e baixas realizarase unha regulación dos mesmos. 8.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 64 e 67 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 49 de dita norma. A efectos da licitación, as empresas que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se formalizase a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 9.- DESIGNACIÓN DE CORREDURIA DE SEGUROS.- As empresas licitadoras do presente procedemento aberto deberán designar unha correduría de seguros, a cal realizará os servizos de asesoramento, mediación e asistencia técnica especializada á Deputación de Pontevedra para a cobertura e xestión dos diferentes seguros obxecto do presente contrato e de acordo co establecido na Lei 9/92, de 30 de abril de mediación de seguros privados. A retribución á correduría de seguros será por conta da entidade aseguradora que resulte adxudicataria de cada un dos lotes do presente procedemento mediante o pago de corretaxes con cargo ás primas netas, entendéndose por prima neta a prima total menos impostos, recargas e taxas do Consorcio de Compensación de Seguros. 10.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 10.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sede de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 10.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Sobre “A”: Documentación Xeral para a adxudicación mediante procedemento aberto do contrato do conxunto de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos. LOTE Nº ___ (Especificar número de lote). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1) A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2) Poder debidamente bastanteado. 3) Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 49 da Lei de contratos do sector publico. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4) Para as empresas extranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5) Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: 5.1. Solvencia da compañía aseguradora. a) Relación dos principais contratos de seguro con administracións publicas prestados durante o tres últimos anos que inclúa importe, datas e destinatario dos mesmos e que deberán ter relación cos lotes ós que licita. Deberase acreditar ter formalizado pólizas por un importe superior a 5 veces ó tipo da prima que se licita, como media no últimos tres anos. A acreditación realizarase mediante certificado expedido pola entidade contratante do seguro ou polo corredor. b) Certificación en vigor, da Dirección Xeral de Seguros e Fondos de Pensións do Ministerio de Economía e Facenda, de estar autorizado para operar no ramo ou ramos obxecto do contrato ós que se presenta licitación. 5.2. Solvencia do corredor designado. a) Compromiso de designación do corredor asinado pola empresa aseguradora e a correduría, de conformidade co previsto en cláusula 8 deste prego. b) Declaración relativa ó volume de primas intermediadas polo corredor no últimos tres anos dentro do ámbito nacional, da Comunidade Autónoma de Galicia e da provincia de Pontevedra. O corredor designado debe acreditar ter formalizado pólizas de seguros por un importe superior a 3 veces ó tipo da prima que se licita, como media no últimos tres anos e acreditar experiencia no Sector Público, a cal se debe xustificar coas certificacións correspondentes. c) O corredor designado debe dispor dunha póliza de responsabilidade civil profesional cunha suma asegurada igual ou superior a 2.000.000 €. Este requisito acreditarase a través dunha copia da póliza. No caso de que un licitador se presente a máis dun lote, poderá presentar unicamente un Sobre “A”, referente á documentación xeral, pero deberá especificar, claramente, o corredor designado a cada un dos lotes e acreditar a solvencia de cada un deles, no caso de ser varios. Por cada un dos lotes aos que licite, deberase presentar de maneira independente os Sobres “B” e “C” correspondentes. A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Sobre “B”: Documentación Técnica para a adxudicación mediante procedemento aberto do contrato do conxunto de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos” LOTE Nº ___ (Especificar número de lote). Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Proxecto descritivo referente ás características da prestación do servizo. 3.- Estrutura organizativa, e a disposición de medios técnicos, materiais e humanos para atender debidamente a execución do contrato, achegando currículo profesional do persoal asignado ó servizo. 4.- Compromisos especiais e melloras ás prescricións mínimas esixidas que estean relacionados co obxecto do contrato. A proposta deberá ser clara e concisa e, para ser puntuada, deberá mellorar as condicións establecidas no prego técnico, que terán carácter de mínimas. 5.- Unha proposta de protocolo para a xestión de sinistros. 6.- Cuantos documentos a xuízo do licitador sexan convenientes para o mellor coñecemento da súa oferta. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no Sobre “B”, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír as propostas establecidas no modelo de proposición que se inclúe no Sobre “C”. O incumprimento desta condición carrexará a exclusión da oferta do proceso de licitación. Sobre “C”: Documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: Sobre “C”: Proposición económica para a adxudicación mediante procedemento aberto do contrato do conxunto de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos” LOTE Nº ___ (especificar número de lote). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do Sobre “C” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. A oferta presentarase sen omisións, erros ou borróns que dificulten coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar as ofertas, e que, de producirse, provocará o rexeitamento da proposta. Serán inadmisibles, así mesmo, as ofertas nas que exista contradición entre a cantidade expresada en número e letra ou nas que concorra algunha das circunstancias previstas no art. 84 do Rxlcap. 11- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por : Presidente: - O Presidente da Deputación, ou persoa en que delegue. Vogais: -O Secretario Xeral da Deputación de Pontevedra. -O Interventor. -Un técnico da Deputación de Pontevedra. Secretario: - O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación. 12.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que fosen cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do Sobre “B” correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Dita documentación será trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do Sobre “C” da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C” daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 13.- CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO.- LOTE I.- SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PATRIMONIAL: A) Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): 1. Melloras: ata un máximo de 30 puntos. Poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: alcance das coberturas, limitación das exclusións e calquera outra mellora ós pregos de condicións administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato. 2. Protocolo para a xestión do sinistro contando coa intermediación da correduría: ata un máximo de 10 puntos. 3. Características dos medios humanos e técnicos propostos para a execución do contrato (medios humanos, aplicacións informáticas, oficinas próximas…etc): ata un máximo de 10 puntos: B) Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas, valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios, e aplicando as fórmulas que se xuntan no Anexo I. 1. Redución da prima establecida como máxima neste prego: ata un máximo de 35 puntos. 2. Redución da franquía da Responsabilidade Civil Xeneral: ata un máximo de 5 puntos. 3. Aumento do límite da indemnización por sinistro: ata un máximo de 5 puntos. 4. Aumento do sublímite por vítima en RC Patronal: ata un máximo de 5 puntos. LOTE II.- SEGURO DE TODO RISCO DANOS MATERIAIS: A. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): 1. Melloras: ata un máximo de 30 puntos. Poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: alcance das coberturas, limitación das exclusións e calquera outra mellora ós pregos de condicións administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato. 2. Protocolo para a xestión do sinistro contando coa intermediación da correduría: ata un máximo de 10 puntos. 3. Características dos medios humanos e técnicos propostos para a execución do contrato (medios humanos, aplicacións informáticas, oficinas próximas, etc.): ata un máximo de 10 puntos. B. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas, valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios, e aplicando as fórmulas que se xuntan no Anexo I. 1. Redución da prima establecida como máxima neste prego: ata un máximo de 30 puntos. 2. Redución da franquía xeral: ata un máximo de 10 puntos. 3. Redución da franquía por roubo: ata un máximo de 10 puntos. LOTE III.- SEGURO DE OBRAS DE ARTE: A) Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): 1. Melloras: ata un máximo de 30 puntos. Poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: alcance das coberturas, limitación das exclusións e calquera outra mellora ós pregos de condicións administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato. 2. Protocolo para a xestión do sinistro contando coa intermediación da correduría: ata un máximo de 10 puntos. 3. Características dos medios humanos e técnicos propostos para a execución do contrato (medios humanos, aplicacións informáticas, oficinas próximas, etc.): ata un máximo de 10 puntos. B) Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas, valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios, e aplicando as fórmulas que se xuntan no Anexo I: 1. Redución da prima establecida como máxima neste prego: ata un máximo de 50 puntos. LOTE IV.- SEGURO DE FROTA DE AUTOMÓBILES: A. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): 1. Melloras: ata un máximo de 30 puntos. Poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: alcance das coberturas, limitación das exclusións e calquera outra mellora ós pregos de condicións administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato. 2. Protocolo para a xestión do sinistro contando coa intermediación da correduría, ata un máximo de 10 puntos. 3. Características dos medios humanos e técnicos propostos para a execución do contrato (medios humanos, aplicacións informáticas, oficinas próximas…etc.): ata un máximo de 10 puntos. B. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas, valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios, e aplicando as fórmulas que se xuntan no Anexo I: 1. Redución da prima establecida como máxima neste prego: ata un máximo de 50 puntos. LOTE V.- SEGURO COLECTIVO DE ACCIDENTES: A. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”): 1.- Melloras: ata un máximo de 30 puntos. Poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: alcance das coberturas, limitación das exclusións e calquera outra mellora ós pregos de condicións administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato. 2.- Protocolo para a xestión do sinistro contando coa intermediación da corredoría: ata un máximo de 10 puntos. 3.- Características dos medios humanos e técnicos propostos para a execución do contrato (medios humanos, aplicacións informáticas, oficinas próximas…etc.): ata un máximo de 10 puntos. B. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”): Os criterios avaliables mediante fórmulas, valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios, e aplicando as fórmulas que se xuntan no Anexo I: 1.- Redución da prima establecida como máxima neste prego: ata un máximo de 50 puntos. 14.- OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Consideraranse ofertas con valores anormais ou desproporcionados aquelas cuxo porcentaxe de baixa exceda nas porcentaxes que se sinalan a continuación en función do número de empresas presentadas e admitidas ó procedemento: - Unha oferta: Será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: Unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á da outra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: Serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades a media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo de dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: Consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades a media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre o tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: Si b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: Supoñemos que b1 ≤ b2. Si b2 > bm + 10 entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición b2 > bm + 10 equivale a b2 > b1 + 20 porque bm = (b1 + b2) • n = 3: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa b*m definida como: b*m= (b2 + b3) si b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, si b1 >25 ou b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. • N ≥ 4: Supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Si b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm - 10 Definimos: b*m= (bl+1 + ...+ bm) si b1 < bm – 10 e l ≤ n-3. (bn-2 + bn-1 + bn) si b1 < bm - 10 e l > n-3, bm si b1 ≥ bm - 10 Para i = 1,2,……,n, si b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria. Cando a mesa de contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia a realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Neste mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 15.- REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación unha vez avaliadas as propostas, podendo solicitar para iso cuantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente, e requirirá á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometesen a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 16.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 84 da LCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro do dez días hábiles contados dende o seguinte á recepción do requirimento efectuado polo órgano de contratación á empresa coa oferta economicamente máis vantaxosa. En caso de incumprir este requisito no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 17.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro do cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 18.- FORMALIZACIÓN CONTRATO.- Ó ser este contrato susceptible de recurso especial en materia de contratación conforme ó artigo 310 Lcsp., a formalización non poderá efectuarse antes de que transcorran quince días hábiles dende que se remita a notificación da adxudicación ós licitadores e candidatos. O órgano de contratación requirirá ó adxudicatario para que formalice o contrato en prazo non superior a cinco días a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, unha vez transcorrido o prazo previsto no parágrafo anterior sen que se interpuxo recurso que leve aparellada a suspensión da formalización do contrato. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución.Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19.- OBRIGAS DO ADXUDICATARIO.- O licitador deberá cumprir as seguintes condicións: • Asinar o contrato de seguro, no que se determinarán os dereitos e obrigacións das partes. • Desenvolver o contrato, con estrita suxeición ás prescricións do presente Prego e do de Prescricións Técnicas, ó contrato que se subscriba polas partes e ás instrucións específicas ditadas pola Deputación de Pontevedra, así como á Lei 50/1980 de Contrato de Seguro. • Satisfacer os gastos derivados da adxudicación e execución do contrato, así como calquera outros, sexa cal for a súa natureza, cuxo deveño teña causa da adxudicación do contrato. • Establecer e manter os medios suficientes para garantir a correcta execución do contrato durante a vixencia do mesmo. A Deputación de Pontevedra queda totalmente allea ás relacións contractuais, incluídas as laborais, que o adxudicatario manteña para cumprir o obxecto do contrato. • Asumir todas as obrigacións, sociais, laborais e fiscais derivadas da súa actividade. • Designar un representante ante a Administración con poder e capacidade bastante para obrigarse en nome da Entidade Aseguradora. • Observar, respecto dos extremos relativos ó obxecto do contrato e ós datos coñecidos con ocasión do mesmo, o máis estrito segredo profesional. O contratista garantirá o cumprimento deste deber de segredo profesional por parte do seu persoal. • Prestar á Deputación de Pontevedra, sen dereito a contraprestación ou indemnización económica suplementaria, os servizos profesionais que se estimen necesarios para o correcto desenvolvemento e cumprimento do contrato, tales como asistencia a reunións de traballo ou informativas. • Aboar as indemnizacións recoñecidas ou establecidas en virtude de resolución administrativa ou sentenza xudicial, a condición de que as mesmas se axusten ó establecido na póliza así como a Lei de Contrato de Seguro. • Responder os danos e prexuízos que se causen a terceiros na execución do contrato. • Informar á Deputación de Pontevedra sobre a sinistralidade experimentada durante a vixencia da póliza, sobre as provisións constituídas pola Aseguradora para facer fronte ó pago das indemnizacións derivadas das reclamacións presentadas, así como sobre as cantidades efectivamente aboadas por tal concepto. Dita información remitirase trimestralmente. • No seu caso, comunicar á Deputación de Pontevedra a fusión ou escisión da Compañía Aseguradora. A tal fin, a Compañía adxudicataria enviará á Deputación unha copia da correspondente Orde da Dirección Xeral de Seguros autorizando a realización deste tipo de operacións. 20.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola LCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación de Pontevedra difundirá, a través de Internet (www.depontevedra.es), o seu perfil de contratante. 21.- REVISIÓN DE PREZOS.- A revisión de prezos poderase realizar cando o contrato executouse, polo menos, no 20 % do seu importe e transcorrese un ano dende a súa adxudicación. En consecuencia, o primeiro 20 % executado e o primeiro ano de execución quedarán excluídos da revisión. O índice de referencia para a revisión de prezos será o Índice de Prezos ó Consumo elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, sen que a variación poida superar o 85 % da variación experimental. 22.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación incluída no Sobre “A” de “Documentos” dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no email contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 23.- GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán por conta do adxudicatario, os gastos de anuncios e calquera outros que xere o expediente. 24.- RESPONSABILIDADE DANOS.- Será de conta do contratista a responsabilidade derivada de todos os danos, prexuízos e accións de calquera natureza que sexan ocasionados a terceiras persoas pola súa persoa, a súa maquinaria, produtos ou como consecuencia dos traballos realizados ou por abandono, demora ou deficiente execución dos mesmos. Cando tales danos e prexuízos fosen ocasionados como consecuencia inmediata e directa dunha orde da Administración, será esta responsable dentro dos límites establecidos na Lei. Así mesmo, o contratista responderá civil, e, no seu caso, penalmente os danos causados á Administración Contratante ou a terceiros como consecuencia dos vicios ocultos dos traballos relacionados co presente contrato. 25.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- Para a resolución do contrato estarase, ademais dos disposto no presente prego, ó establecido na lei 50/80, de 8 de outubro do contrato de seguro e a Lei 30/95, de 8 de novembro de Ordenación e supervisión dos Seguros Privados. Ademais do anterior, serán causas de resolución do presente contrato as seguintes: 1. A falsidade, comprobada en calquera momento pola Administración, dos datos ou documentos achegados polo adxudicatario na fase de licitación. 2. O cesamento na actividade do adxudicatario. 3. Incumprimento do segredo profesional. 4. Cesión total ou parcial do contrato. O incumprimento por parte do contratista das obrigacións derivadas do presente Prego de Cláusulas Administrativas Particulares ou do de Prescricións Técnicas poderá orixinar a resolución unilateral do contrato pola Administración, o que levará a obrigación de indemnizar á Administración polos danos e prexuízos que ser deriven da devandita resolución. Nos supostos de fusión e escisión da Compañía Aseguradora, a Deputación de Pontevedra poderá optar pola continuidade do contrato coa entidade absorbente ou resultante da fusión ou pola súa resolución, coa obrigación por parte da Entidade Aseguradora de devolución da parte de prima non consumida. 26.- NATUREZA DO CONTRATO.- O contrato terá a consideración de contrato privado. A orde xurisdicional contencioso administrativo será o competente para resolver as controversias que xurdan entre as partes respecto da preparación e adxudicación do contrato. Así mesmo a orde xurisdicional civil será o competente para resolver as controversias xurdidas entre as partes referidas á execución e efectos do contrato. 27.- DEREITO SUPLETORIO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, estarase ó disposto na lei 7/85, de 2 de abril de 1985, Lei de Bases de Réxime Local; Real decreto Lexislativo 781/1986, de 18 de abril; Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público; Lei 50/80, de 8 de outubro, do Contrato de Seguro; Lei 30/95 de 8 de novembro de Ordenación e supervisión dos seguros privados modificada pola lei 34/2003, de 4 de novembro, de Modificación e Adaptación á normativa comunitaria da lexislación de seguros privados; demais lexislación vixente sobre a materia, así como o prego de prescricións técnicas, en todo aquilo que non estea en contradición co presente prego, ó que queda expresamente supeditado. 28.- MODELO DE PROPOSICIÓN ECONOMICA.- Don........, maior de idade, veciño de..........., con domicilio en .......titular do DNI.........., expedido en data........., actuando en nome propio ou en representación de .........con domicilio en ........., teléfono........ segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Decatado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó programa de seguros da Deputación de Pontevedra e os seus organismos autónomos (LOTE _____ ) (especificar nº de lote) comprométese a realizalo con suxeición ó prego de condicións económico administrativas particulares e de prescricións técnicas de acordo ó seguinte detalle: (Deberase cubrir co modelo correspondente ó lote ó que se licite) LOTE I.- SEGURO DE RESPONSABILIDADE CIVIL PATRIMONIAL: 1. Por unha PRIMA TOTAL ANUAL de ____(impostos repercutibles incluídos) (en letra e número). 2. Contía da franquía por responsabilidade civil xeral ______(en letra e número). 3. Indemnización por sinistro __________________(en letra e número). 4. Sublímite por vítima ______________(en letra e número). Nota: Toda referencia entenderanse ás cantidades globais, non ás melloras. LOTE II.- SEGURO DE TODO RISCO DANOS MATERIAIS: 1.- Por unha PRIMA TOTAL ANUAL de ____________ (impostos repercutibles incluídos) (en letra e número). 2.- A franquía xeral establécese na cantidade de _____________ (en letra e número). 3.- A franquía por roubo establécese na cantidade de _________ (en letra e número). Nota: Toda referencia entenderanse ás cantidades globais, non ás melloras. LOTE III.- SEGURO DE OBRAS DE ARTE: 1.- Por unha PRIMA TOTAL ANUAL de ____________ (impostos repercutibles incluídos) (en letra e número). LOTE IV.- SEGURO DE FROTA DE AUTOMÓBILES: 1.- Por unha PRIMA TOTAL ANUAL de ____________ (impostos repercutibles incluídos) (en letra e número). LOTE V.- SEGURO COLECTIVO DE ACCIDENTES: 1.- Por unha PRIMA TOTAL ANUAL de _____________ (impostos repercutibles incluídos) (en letra e número). NOTA IMPORTANTE: As cantidades ofertadas non poderán superar en ningún caso os límites establecidos na cláusula quinta deste prego. O incumprimento deste precepto carrexará a inadmisión da oferta.” “ANEXO 1: FÓRMULAS DE VALORACION CRITERIOS SOBRE “C” A) Fórmula de valoración de reducións sobre importes de licitación: B) Fórmula de valoración de aumentos sobre importes de licitación: NOTA: Empregarase esta fórmula para a valoración dos aumentos que se oferten sobre os importes establecidos no LOTE 1, en concreto os seguintes:  Aumento do límite da indemnización por sinistro.  Aumento do sublímite por vítima en RC Patronal. P = (M*(O-C)/(B-C)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida no elemento especifico.” 5.19393.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A “INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL E EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE BANCADA E INSTALACIÓN DE TORRES DE ILUMINACIÓN NO CAMPO DE FÚTBOL DE CALLOBRE” Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese asinar un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para a “Instalación de herba artificial no campo de fútbol de Callobre e execución das obras de construción de bancada e instalación de torres de iluminación”. O custe total do convenio ascende á cantidade de seiscentos trinta mil seiscentos setenta e tres euros con vinte e oito céntimos (630.673,28 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que este convenio será financiado, na parte correspondente a execución do proxecto de construción da bancada e instalación de torres de iluminación (131.994,80 €), con cargo a aplicación 11/942.942.652.45.2009 do vixente orzamento provincial, na que existe crédito para tal fin. Respecto a execución do proxecto de instalación de herba artificial, financiase con cargo a aplicación 11/922.342.652.09.2010, estando en fase de gasto comprometido a adxudicación do contrato. A achega do concello, por importe de 124.000,00 €, preténdese financiar con cargo a unha subvención do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. Unha vez concedida esta se levarán a cabo as oportunas operación en formalización. Por todo o exposto, e vistas as observacións e recomendacións do informe de intervención, e sendo a Xunta de Goberno o órgano competente para aprobar o presente convenio en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento do ano 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada para a instalación de herba artificial e execución das obras de construción de bancada e instalación de torres de iluminación no campo de fútbol de Callobre. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DA ESTRADA PARA A INSTALACIÓN DE HERBA ARTIFICIAL NO CAMPO DE FÚTBOL DE CALLOBRE E EXECUCIÓN DAS OBRAS DE CONSTRUCIÓN DE BANCADA E INSTALACIÓN DE TORRES DE ILUMINACIÓN. No Pazo Provincial, a …… de xullo de 2011 REUNIDOS D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude das competencias que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. D. José López Campos, Alcalde-Presidente do Concello da Estrada, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas, e EXPOÑEN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, e polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigas impostas pola normativa vixente. III.- Que a Deputación de Pontevedra, a partir da promulgación da Lei de Cultura Física e Deportes, prestou unha especial atención na promoción de toda clase de deportes, colaborando con todos os concellos da provincia na construción de instalacións deportivas, de modo moi singular campos de fútbol por toda a xeografía provincial. Importante foi, así mesmo, a participación nas instalacións da infraestrutura dos campos de herba natural, labor que se realiza a través dos servizos especializados desta Institución. IV.- Coa evolución de novas técnicas son moitos os concellos que solicitan axuda desta Deputación Provincial para a construción de campos de céspede artificial. Isto é así porque este tipo de instalación ofrece unha serie de vantaxes con respecto ós de céspede natural, como son un menor custo de mantemento, maior aproveitamento horario e un uso máis intensivo sen que sufran deterioro, un comportamento similar ó de céspede natural con notables vantaxes de uniformidade , etc. Hoxe en día, están xa recoñecidos para a práctica deportiva polos Organismos Internacionais correspondentes e de modo singular pola FIFA e UEFA. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS PRIMEIRA.- OBXETO: O obxecto do presente convenio, no marco da colaboración da Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello da Estrada, é levar a cabo a realización dos seguintes proxectos: I.- Execución do proxecto de instalación de céspede artificial de última xeración no campo de fútbol de Callobre, no Concello da Estrada. Este proxecto comprenderá a realización das seguintes actuacións a nivel construtivo: 1.- Realización da obra civil de infraestrutura básica. 2.- Instalación de herba artificial e dos seus compoñentes. 3.- Instalación do seguinte equipamento: • Un xogo de porterías de fútbol once (2 unidades). • Dous xogos de porterías de fútbol sete. • Un xogo de bandeirolas de córner (4 unidades). • Bancos de suplentes (2 unidades). • Un marcador. O importe ascende a contía de catrocentos noventa e oito mil seiscentos setenta e oito euros con corenta e oito céntimos (498.678,48 euros) que serán aboados pola Deputación á empresa adxudicataria con cargo á aplicación 11/922.342.652.09.2010 do vixente orzamento provincial. II.- Execución dos proxectos de “Construción de bancada para o campo de fútbol” por un importe de setenta e catro mil catrocentos vinte e dous euros con sesenta céntimos (74.422,60 €) e “Instalación de torres de iluminación” por un importe de cincuenta e sete mil cincocentos setenta e dous euros con vinte céntimos (57.572,20 €). O investimento necesario para a realización destas dúas obras será financiado totalmente polo Concello da Estrada, con cargo ás asignacións que lle corresponden dentro do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. SEGUNDA.- IMPORTE: O importe total do convenio ascende á contía de seiscentos trinta mil seiscentos setenta e tres euros con vinte e oito céntimos (630.673,28 €), e comprenderá todos os gastos que se deriven das obras a realizar incluídos os correspondentes á dirección de obra e seguridade e saúde, e excluídos os honorarios correspondentes a redacción dos Proxectos de “Construción de bancada para o campo de fútbol” e “Instalación de torres de iluminación”, que correrán a cargo do Concello. TERCEIRA.- OBRIGAS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA: Á Deputación Provincial de Pontevedra correspóndelle a licitación das obras e instalacións contempladas na cláusula primeira,así como a dirección das mesmas. O Concello poderá nomear un Técnico facultativo para a comprobación material da execución das obras, pero que non formará parte da súa dirección. CUARTA.- OBRIGAS DO CONCELLO DE A ESTRADA: O Concello da Estrada comprométese ás seguintes obrigas: 1.- Achegar para a realización das obras relativas comprendidas nestes proxectos a cantidade de 255.994,80 euros, dos que 124.000,00 euros corresponden a achega para financiar o proxecto de “Instalación de herba sintética” e 74.422,60 euros para as obras comprendidas no proxecto de “Construción da bancada para o campo de fútbol” e 57.572,20 euros para a “Instalación de torres de iluminación”. Estas cantidades foron concedidas ó concello con cargo ós fondos que lle corresponden do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011. 2.- Realizar outras obras de adecuación complementarias necesarias, se foran precisas, para a posta en funcionamento do campo de fútbol. 3.- Así mesmo, o Concello comprométese a que as instalacións do campo podan ser utilizadas pola Deputación Provincial, para a celebración de calquera evento deportivo que poida organizar. O máximo de ocupación por estas actuacións será de cinco días o ano, salvo circunstancias excepcionais. A petición de utilización do campo para estes eventos deberá ser formulada pola Deputación Provincial, con polo menos quince días de antelación, a fin de coordinar o uso das instalacións. 4.- Dará a adecuada publicidade desta colaboración mediante a colocación dun cartel ou placa permanente, na que quede constancia de que a remodelación do campo levouse a cabo pola Deputación de Pontevedra. QUINTA.- MODIFICACIÓN DO PROXECTO.- O incremento da contía máxima estimada na cláusula segunda producida por unha modificación do proxecto inicial, financiarase, polas entidades subscribintes deste convenio, nas mesmas porcentaxes estipuladas nas cláusulas anteriores, excepto as obras financiadas con cargo ó Plan de Inversións da Deputación que non admiten modificados. SEXTA.- ENTREGA E MANTEMENTO DO CAMPO.- Unha vez concluídas as obras de infraestrutura e instalación de céspede artificial e as de construción da bancada e as torres de iluminación farase entrega ó Concello, mediante a formalización da correspondente acta de entrega. O Concello comprometese dende a entrega das instalacións a levar a cabo o mantemento e conservación das mesmas, e de modo especial a do novo céspede para evitar o deterioro que co uso poda sufrir o terreo de xogo. SETIMA.- COMISIÓN DE SEGUEMENTO.- Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constituirase unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes de ambas Entidades ou persoas en quen deleguen e un técnico de cada Entidade Local . As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase as veces que se estimen oportunas para o cumprimento do presente convenio. OITAVA- VIXENCIA DO CONVENIO.- O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2012. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. NOVENA- NATUREZA DO CONVENIO.- O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel e pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvención, RD 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polo R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo. Así mesmo, as partes quedan sometidas á Xurisdición Contencioso-Administrativa, a falta de entendemento previo pola comisión citada na cláusula sétima, na resolución de posibles controversias que puideran suscitar o incumprimento ou interpretación do convenio. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente Convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data sinalada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra Polo Concello da Estrada Rafael Louzán Abal José López Campos” 6.19394.- APROBACIÓN DAS CERTIFICACIÓNS Nº 14 E 15 DA OBRA DE ACCESO OESTE A MONTECELO, TRAMO 1 PO-223 A AVDA. DE BOS AIRES (PONTEVEDRA) Vistas as certificacións núm. 14 e núm. 15 relativas ás obras “Acceso oeste a Montecelo tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires (Pontevedra, adxudicada no seu día a empresa UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. - TRAIMA S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 20/07/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 14: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. TRAIMA S.L (CIF. U – 36.587.616) 11/942.942.652.00.2009 272.649,33€ SUBTOTAL 272.649,33€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 9.449,01€ Control de calidade (2%) Id. 4.724,50€ Seguridade e saúde (0.72%) Id. 1.700,82€ Total descontos 15.874,33€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 256.775,00€ Certificación núm. 15: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A. TRAIMA S.L (CIF. U – 36.587.616) 11/942.942.652.00.2009 11/942.942.652.00.2010 867.405,49€ SUBTOTAL 867.405,49€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 24.708,89€ Control de calidade (2%) Id. 12.354,44€ Seguridade e saúde (0.72%) Id. 4.447,60€ Total descontos 41.510,93€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 825.894,56€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 7.19395.- ANULACIÓN DE VARIAS SUBVENCIÓNS Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DE INVESTIMENTOS, INCLUÍDOS NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude do Concello da Estrada para substituír diversos investimentos do PID/09-11 por outros considerados de maior interese local, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Anular as subvencións concedidas ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, para a realización dos investimentos que se relacionan a continuación: Núm. Exp. Denominación Importe Anualidade 2786 Reparación do muro de peche do Estadio da Baiuca 55.216,00 € 2009 2789 Adecuación bancada e vestiarios do Estadio Municipal da Baiuca 269.178,00 € 2009 2792 Circuíto de adestramento na zona deportiva de Figueroa 60.356,61 € 2010 2794 Acondicionamento das pistas de atletismo municipais 88.345,60 € 2009 2796 Instalación de colectores soterrados 168.490,48 € 2010 8.19396.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002585, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE BANCADA PARA O CAMPO DE FÚTBOL DE CALLOBRE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002585, denominado “Construción de bancada para o campo de fútbol de Callobre” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de setenta e catro mil catrocentos vinte e dous euros con sesenta céntimos (74.422,60 €), para a realización do investimento núm. 2011002585, denominado “Construción de bancada para o campo de fútbol de Callobre”, cun orzamento polo mesmo importe, e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 74.422,60 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Na aplicación 2011.942.942.652.45.2009 existe crédito para facer fronte a este gasto, logo que se anulen diversas subvencións concedidas ó concello da Estrada con cargo ó PID/09-11. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.19397.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002586, DENOMINADA “TORRES DE ILUMINACIÓN DAS INSTALACIÓNS DEPORTIVAS CALLOBRE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 A vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002586, denominado “Torres de iluminación das instalacións deportivas en Callobre” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de cincuenta e sete mil cincocentos setenta e dous euros con vinte céntimos (57.572.20 €), para a realización do investimento núm. 2011002586, denominado “Torres de iluminación das instalacións deportivas en Callobre”, cun orzamento polo mesmo importe, e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 57.572,20 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Na aplicación 2011.942.942.652.45.2009 existe crédito para facer fronte a este gasto, logo que se anulen diversas subvencións concedidas ó concello da Estrada con cargo ó PID/09-11. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 10.19398.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ESTRADA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 2011002594, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA SINTÉTICA EN CALLOBRE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002594, denominado “Construción de campo de fútbol de herba sintética en Callobre” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello da Estrada con CIF núm. P3601700B, a cantidade de cento vinte e catro mil euros (124.000,00 €), para a realización do investimento núm. 2011002594, denominado “Construción de campo de fútbol de herba sintética en Callobre”, cun orzamento total de 498.678,48 €, dos cales 374.678,48 € serán cofinanciados polo Concello, e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio Achega Deputación Achega concello ou outros TOTAL 2009 124.000,00 € 374.678,48 € 498.678,48 € 2010 2011 TOTAL 124.000,00 € 374.678,48 € 498.678,48 € Na aplicación 2011.942.942.652.45.2009 existe crédito para facer fronte a este gasto, logo que se anulen diversas subvencións concedidas ó concello da Estrada con cargo ó PID/09-11. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 93 da Lei/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.19399.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 27 de xullo de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100000953 e que contén 6 facturas, sendo a primeira de Villar Salgueiro, José Ángel, por importe de 999,99 € e a derradeira de Enmacosa, S.A., por importe 37.120,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 97.556,17€ Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 97.556,17€ 12.19400.- PREMIOS PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2011 De conformidade coas bases aprobadas por esta Xunta de Goberno, na súa sesión de data 18 de xullo de 2007, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder os seguintes premios: PREMIOS PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2011 • Premio Provincia de Pontevedra 2011 na categoría de labor social para Aldeas Infantiles SOS Pontevedra polas súas tarefas asistenciais e de apoio á infancia, xuventude e familias en risco de exclusión. O 7 de decembro de 1971 o Concello de Redondela cede uns terreos en San Martiño de Ventosela para construír a primeira aldea infantil de Galicia e a segunda de España. As primeiras doazóns de colaboradores e socios, e o impulso da fundadora e primeira presidenta, Rita Regojo, permiten iniciar a súa construción para que o 16 de novembro de 1975 un grupo de oito irmáns puidesen ocupar a primeira casa. Na actualidade, Aldeas Infantiles SOS Pontevedra está presidida por Rosa Freire e conta, en San Martiño de Ventosela (Redondela), con 13 casas construídas, oito fogares SOS con capacidade para 48 nenos, unha casa do director, un centro de atención de día con capacidade para 15 nenos, unha casa comunal e outra con biblioteca e aulas de apoio escolar. Aldeas Infantiles SOS Pontevedra ten, ademais, dúas casas de familia en Vigo, dependentes da aldea e plenamente integradas na comunidade, nas que mantén equipamentos residenciais de dimensións reducidas. Grazas a Aldeas Infantiles SOS Pontevedra nenos da provincia de Pontevedra teñen as súas necesidades básicas cubertas e viven á calor dun fogar. • Premio Provincia de Pontevedra 2011 na categoría de cultura e arte para Manolo Paz pola súa contribución á proxección nacional e internacional da arte galega. Manolo Paz naceu en 1957 en Castrelo, Cambados, no seo dunha familia humilde e traballadora que atendía negocios de carnicería e do campo. Alí, na casa familiar, iniciou a súa paixón pola escultura a través das tallas de madeira que realizaba coa súa navalla. Entre 1978 e 1979 estudou na Escola de Artes e Oficios Mestre Mateo, de Santiago de Compostela. As súas primeiras exposicións públicas teñen lugar en 1979. En 1980 comezou a traballar como profesor de escultura na Escola de Canteiros de Poio, actividade que desenvolvería ata 1990. Desde 1992 a 1994 residiu e traballou en Nova York. Manolo Paz traballa granito, fundamentalmente, pero tamén madeira e metal. Non obstante, é a pedra o seu material fetiche e sobre ela asegura que hai que “ter fe” e deixar “que fale por si, por ela”; “darlle un machetazo, abrila en canal e que xurdan os misterios, a enerxía que leva dentro”. Paz realiza un xogo poético de oposicións e contrastes: nada e todo, luz e sombra, finito e infinito. As súas obras remiten ó traballo tradicional dos canteiros, ás raíces remotas da humanidade ó tempo que fusionan a súa condición galaica coa escultura contemporánea. • Premio Provincia de Pontevedra 2011 na categoría de deportes para o Club Balonmán Porriño Femenino pola súa traxectoria e aposta polo deporte de base. O Club Balonmano Porriño nace no ano 1987 grazas á iniciativa dun grupo de persoas vinculadas a esta disciplina deportiva. Desde a súa fundación traballou para relanzar a práctica do balonmán entre os mozos do Porriño, homes e mulleres, apostando polo deporte de base a través das escolas deportivas. O Club Balonmano Porriño Femenino está presidido por Fernando Godoy e conta con Abel Estévez como adestrador. Integran o equipo 18 xogadoras, cunha medida de idade de 21 anos, das cales 15 son naturais da provincia de Pontevedra. Na actualidade, o Club Balonmano Porriño Femenino compite na división de honor da Liga ABF. Desde a súa fundación o Club converteuse nun dos máis importantes e respectados de Galicia. • Premio Provincia de Pontevedra 2011 na categoría de empresa para Bodegas Terras Gauda pola súa aposta pola modernización tecnolóxica da viticultura e a internacionalización da Denominación de Orixe Rías Baixas. Terras Gauda fundouna en 1989 un grupo de socios, entre os que se encontraba o actual presidente, José María Fonseca Moretón, co obxectivo de potenciar o albariño e outorgarlle unha maior dimensión uníndoo a outras cepas autóctonas. Desde a súa fundación a bodega aposta polo I+D+i para achegarlles maior calidade e singularidade ós seus viños. En só dúas décadas situouse como un referente na investigación e desenvolvemento. Así, foi pioneira co estudo da selección clonal de uva de albariño e coa primeira patente, xunto co CSIC, de fermento de albariño, sendo a única bodega en Galicia e unha das poucas de España que dispón dun fermento propio illado no viñedo. En 2010, xunto co CSIC, rexistrou a súa segunda patente para avanzar no coñecemento profundo do albariño e tamén recuperou o caíño branco, practicamente desaparecido. Terras Gauda conta con 160 hectáreas de viñedo propio preto da desembocadura do río Miño, na Guarda, onde cultiva albariño, loureiro e caíño branco. Comercializa máis de 1,5 millóns de botellas de viño e exporta a 46 mercados internacionais. • Premio Provincia de Pontevedra 2011 na categoría de turismo para a Fundación Casa Ducal de Medinaceli polo seu esforzo na conservación do patrimonio cultural e turístico da provincia de Pontevedra. A Fundación Casa Ducal de Medinaceli é unha institución cultural privada creada por vontade da actual duquesa de Medinaceli, dona Victoria Eugenia Fernández de Córdoba y Fernández de Henestrosa, co obxectivo de acrecentar, conservar, restaurar, estudar, promover e difundir o patrimonio histórico e material vinculado á súa casa. Hoxe, a Fundación de Medinaceli xestiona 14 monumentos, declarados Ben de Interese Cultural, dispersos por oito comunidades autónomas, entre os que se atopa, na provincia de Pontevedra, o pazo de Oca (A Estrada). A Fundación Casa Ducal de Medinaceli apostou polo National Trust, é dicir, que os monumentos se restauren cos seus propios ingresos e que formen unha rede na que os que obteñan máis ingresos sosteñan os que teñen menos. Desta maneira, no pazo de Oca puidéronse realizar traballos de conservación, que comezaron coas reparacións e tratamentos estruturais do edificio para, a continuación, realizar un tratamento antitermítico, recuperar e decorar os salóns e a capela anexa ó pazo, restaurar e enriquecer os xardíns así como a muralla perimetral, restablecendo os seus primitivos remates ameados que se encontraban dispersos polo xardín. 13.19401.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición