Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-08-12_Ordinaria. Acta de sesión 2011/08/12_Ordinaria
Acta de sesión 2011/08/12_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/1.2011-08-12_Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/08/12_Ordinaria
Data(s) 2011-08-12 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e vinte minutos do día doce de agosto do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Non asiste o señor deputado D. Arturo Grandal Vaqueiro. Da fe do acto Dna. Mª Jesús Torres Peón, Secretaria Xeral Acctal., e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19417.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 5 de agosto de 2011. 2.19418.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES CULTURAIS (PROGRAMA A/11) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 10/12/2010 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2011, entre as que se atopa o programa A/11 “Actividades culturais” que vai dirixido ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, conferencias, exposicións, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 279.902,00 €, con cargo á aplicación 11/330.334.489.05 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a proposta de concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para Actividades culturais (Programa A/11) e que son as que se relacionan a continuación: 3.19419.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Consellería de Cultura e Deportes da Xunta de Galicia, a Deputación e o Concello de Pontevedra asinaron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para a construción do novo Campo de Fútbol de Pasarón e o Complexo Deportivo de A Parda. A Xunta de Goberno desta Deputación provincial, en sesión celebrada o día 13 de outubro de 2010 prestou aprobación a un proxecto complementario que recolle diversas obras que hai que levar a cabo e que non figuran no proxecto inicial nin no contrato primitivo, pero que resultan necesarias debido a circunstancias xurdidas e que polas súas características non poden separarse tecnicamente do contrato primitivo, e que ascenden á contía de 1.386.419,56 euros. A realización deste proxecto adxudicouse á empresa Oreco, S.A. O prazo previsto para a súa execución amplíase ata o día 15 de xaneiro de 2011. Mediante escritos da empresa, de datas 11 de xaneiro e 12 de maio de 2011, ponse de manifesto que é necesaria unha ampliación do prazo de execución para a conclusión dos traballos de urbanización do entorno exterior do estadio, unha vez concretadas por parte do Concello de Pontevedra determinadas unidades de obra, prorrogándose ata o 31 de agosto de 2011. A empresa adxudicataria das obras, por escrito de data 8 do actual mes de agosto, solicita unha nova ampliación do prazo de execución de ditas obras de tres meses sobre a planificación establecida, para axustes nos procedementos de actuación e nas unidades de obra da urbanización do entorno exterior, de xeito que o período de execución se prolongue ata o 30 de novembro de 2011. Á vista destes antecedentes a Xunta de Goberno acorda por unanimidade autorizar a ampliación do prazo de execución das obras do Campo de Fútbol de Pasarón ata o día 30 de novembro de 2011, coa finalidade de realizar axustes nos procedementos de actuación e nas unidades de obra da urbanización do entorno exterior do estadio. 4.19420.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á Fundación de Estudios e Análises- Fesan A Fundación de Estudios e Análises- Fesan con CIF G- 15.597.669, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de tres mil sesenta e sete euros con cinco céntimos (3.067,05 €), para responder do contrato relativo á: Organización e impartición dos cursos de atención a persoas incluídos no proxecto Aquelando II- 2ª Promoción, que foi depositada na Tesourería Provincial o 11/12/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900101486, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Sinais Atlánticos, S.L. A empresa Sinais Atlánticos, S.L. con CIF B- 36.334.282, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 90. 2 da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sogarpo, por importe de nove mil douscentos sesenta e sete euros con vinte e catro céntimos (9.267,24 €), para responder do contrato relativo ó: Subministro e instalación de sistemas de contención para protección de motoristas na rede provincial (Zona Norte), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/09/2008, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200800076833, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.19421.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.19422.- CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADOS EN HISTORIA, EN RÉXIME DE CONCORRENCIA COMPETITIVA CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO Vista a proposta do Xefe de Sección de Publicacións, formulada en ausencia do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental, de data 18 de xullo de 2011, ó abeiro do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 do 22 de xullo de Administración Local de Galicia, e considerando o informe de Intervención de data 29 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases de catro bolsas de “Licenciado en historia”, para formación e colaboración en tarefas relacionadas con arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación e tarxeta postal. Estas Bolsas, dotadas cunha consignación mensual de 1.200,00 €, imputaranse á aplicación orzamentaria 332.330.481.01, e outorgaranse con efectos dende a data da adxudicación (previsión de inicio 01/09/2011) e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por un único período de seis meses. A cantidade total estimada para o exercicio 2011 ascende a 19.200,00 €, quedando retido crédito mediante RC número de operación 201100062743. Ditas bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADOS EN HISTORIA, CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, esta Deputación Provincial convoca catro bolsas de Licenciados Universitarios en Historia, consonte as seguintes: BASES PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento que se terá que seguir para a concesión de catro bolsas, que teñen por obxecto a realización de tarefas relacionadas coa arquivística, inventariado e catalogación, especialmente de arquivos gráficos, fotografía, grabado-estampación e tarxeta postal. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de Licenciado/a en Historia ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e) Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.200 €/mes por beneficiario, que se imputará á aplicación 332.330.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ós beneficiarios/as realizarase a partir da incorporación dos bolseiros/as, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce das bolsas para os casos nos que o bolseiro inicie ou finalice a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte neste proceso de selección dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Curriculum vitae e documentación acreditativa deste. A estes efectos, valoraranse a realización de cursos relacionados con arquivística, inventariado, catalogación, especialmente arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampación, tarxeta postal. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou Deputado provincial en quen delegue. Vogais: Un deputado provincial, o xefe do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e un funcionario técnico superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A A selección dos bolseiros/as efectuarase mediante a celebración dunha entrevista persoal, relacionada co obxecto da bolsa, con cada un dos aspirantes admitidos, que será valorada de cero a cinco puntos (0,00 á 5,00), e na que se valorará os coñecementos relacionados có obxecto da bolsa, os cursos realizados e a experiencia profesional acreditada. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, os aspirantes serán convocados para a realización da entrevista mediante a publicación da relación de admitidos na páxina web, con indicación do lugar, día, e hora en que esta terá lugar. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado da selección. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación destas bolsas ós aspirantes que consideren máis idóneos e que acadaran a máxima puntuación de acordo có especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de seis meses, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desempeño no Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e poderán ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desempeño de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) Os beneficiarios/as das bolsas comprometeranse a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico có fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce destas bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria das bolsa e a selección do bolseiro/a e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei Xeral de Subvencións e na Lei de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común.” 7.19423.- CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE LABORATORIO EN DIAGNÓSTICO CLÍNICO, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO Vista a proposta do Xefe de Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro de data 8 de xullo de 2011, e ó abeiro do establecido no artigo 35.2.b da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria e bases dunha Bolsa “Técnico superior en saúde ambiental o Técnico superior de laboratorio en diagnóstico clínico”, para a realización de tarefas na área Fitopatolóxica do Areeiro, consistentes na recollida de mostras en campo, preparación para análise no Laboratorio, ensaios de control, así como detección e diagnóstico de axentes fitopatolóxicos. Esta Bolsa, dotada cunha consignación mensual de 1.000,00 € imputarase á aplicación orzamentaria 413.413.481.01, e outorgarase con efectos da data de adxudicación (previsión de inicio 01/09/2011) e por un período dun ano, podendo prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos. A cantidade total estimada para o exercicio 2011 ascende a 4.000,00 €. Ditas bases son como seguen: “BASES DA CONVOCATORIA DUNHA BOLSA DE TÉCNICO SUPERIOR EN SAÚDE AMBIENTAL OU TÉCNICO SUPERIOR DE LABORATORIO EN DIAGNÓSTICO CLÍNICO, CON DESTINO Á ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO De conformidade coa proposta do Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, e en virtude das facultades que me confire o artigo 35.2.b da Lei 7/1985 de 2 de abril, Reguladora das bases de réxime local, esta Deputación Provincial convoca unha Bolsa, consonte ás seguintes BASES PRIMEIRA.- OBXECTO Estas bases regulan o procedemento de adxudicación dunha bolsa de “Técnico superior en saúde ambiental ou técnico superior de laboratorio en diagnóstico clínico”, para a realización de tarefas de colaboración na área Fitopatolóxica do Areeiro, consistentes na recollida de mostras en campo, preparación para análise no Laboratorio e ensaios de control, así como detección e diagnóstico de axentes fitopatolóxicos. SEGUNDA.- CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios/as destas bolsas aquelas persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para a obtención de axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a) Posuír a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. b) Estar en posesión do título de “Técnico superior en saúde ambiental ou Técnico superior de laboratorio en diagnóstico clínico”, ou en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de instancias. c) Non ter cumpridos os 35 anos de idade na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. d) Non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e) Non haber sido beneficiario/a de bolsa na Deputación Provincial de Pontevedra. TERCEIRA.- DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas figuran cunha dotación económica de 1.000 €/mes, que se imputará á aplicación 413.413.481.01 do orzamento provincial. O pagamento da bolsa ó beneficiario/a realizarase a partir da incorporación do bolseiro/a, por mensualidades completas ou por fracción proporcional ó tempo de goce da bolsa para os casos nos que o bolseiro inicie ou remate a súa relación nunha data non coincidente co mes natural. O goce da bolsa será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das Administracións Públicas ou entidades privadas a partir da súa concesión. CUARTA.- PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES As instancias solicitando tomar parte no concurso dirixiranse ó Sr. Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra e presentaranse no rexistro xeral da Corporación Provincial no prazo de 10 días naturais, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Á instancia achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do Documento Nacional de Identidade, ou calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo de estar en posesión da titulación esixida ou en condicións de obtela na data en que finalice o prazo de presentación de solicitudes. c) Certificado do expediente académico, Curriculum vitae e documentación acreditativa deste, así coma méritos relacionados cos traballos que se vaian a desenvolver, debidamente xustificados. d) Declaración xurada comprometéndose o solicitante a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante o tempo que goce da bolsa. e) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente ou padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada do solicitante conforme este requisito se cumpre. Sen prexuízo do indicado anteriormente, os interesados estarán ó disposto no art. 23. 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo aquilo que lles sexa de aplicación. QUINTA.- COMISIÓN DE SELECCIÓN Para poder valorar os méritos achegados polos interesados constituirase unha Comisión de Selección, que estará integrada polos seguintes membros: Presidente: O da Deputación Provincial de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal, ou o Deputado provincial en quen delegue. Vogais: Un Deputado provincial, o Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro e un funcionario técnico superior pertencente á Deputación Provincial de Pontevedra. Secretario: O da Deputación Provincial de Pontevedra ou funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Todos os membros terán voz e voto. A Comisión non poderá constituírse nin actuar sen a asistencia de máis da metade dos seus membros, titulares ou suplentes indistintamente. SEXTA.- SELECCIÓN DO BOLSEIRO/A A selección do bolseiro/a efectuarase mediante a valoración dos méritos académicos acreditados polos interesados e unha entrevista persoal. BAREMO DE MÉRITOS: 1. Expediente Académico: ata un máximo de (2,00 puntos). No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/1987, modificado polo R.d. 1267/1994, valorarase con 0,00 puntos. ENTREVISTA PERSOAL: A Comisión celebrará unha entrevista persoal con cada un dos aspirantes presentados relacionada co obxecto da bolsa e na que poderá formular cantas preguntas considere oportunas sobre o traballo a desenvolver, que será valorada de (0,00 á 3:00 ) cero a tres puntos. Unha vez rematado o prazo de presentación de instancias, os aspirantes serán convocados para a realización da entrevista mediante a publicación da relación de admitidos na páxina web, na que se indicará a o lugar, día, e hora en que terá lugar. Concluída esta fase, a Comisión publicará no Taboleiro de Anuncios e na páxina web da Deputación o listado da selección. SÉTIMA.- RESOLUCIÓN A Comisión Seleccionadora proporalle á Xunta de Goberno desta Deputación Provincial a adxudicación da bolsa ó aspirante que consideren máis idóneo e que acadara a máxima puntuación de acordo co especificado na cláusula sexta das presentes Bases. OITAVA.- CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: a) As bolsas terán unha duración de un ano, a contar dende a data na que o adxudicatario comece o seu desenvolvemento e poderá prorrogarse por períodos anuais ata un máximo de catro anos, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e o acordo da Xunta de Goberno. b) A bolsa será incompatible co desenvolvemento de calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a natureza desta última. c) O beneficiario da bolsa comprometerase a observar o horario de traballo e disciplina do Servizo co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro e sen que iso implique relación de traballo laboral remunerado. d) A aceptación e goce desta bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación de dito bolseiro ó expresado organismo. e) O beneficiario da bolsa deberá subscribir unha Póliza de Seguro de Asistencia Médica, no caso de non estar cuberto pola Seguridade Social ou por outro Seguro Privado. f) A decisión da Comisión deberá producirse antes de que transcorran dous meses, contados a partir da publicación da convocatoria. NOVENA.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN No caso de non obter a bolsa ofertada, os candidatos poderán retirar a documentación presentada para participar nesta convocatoria no prazo de tres (3) meses, contados dende o día seguinte ó da comunicación da adxudicación da bolsa. Transcorrido este prazo, esta Deputación Provincial resérvase o dereito a destruír dita documentación. DÉCIMA.- INTERPRETACIÓN DAS BASES A Comisión quedará autorizada para resolver as dúbidas que se lle presenten e tomar os acordos necesarios para o desenvolvemento do concurso así coma no non previsto nas presentes Bases. UNDÉCIMA.- DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria das bolsa, a selección do bolseiro e a realización dos traballos que dan dereito á bolsa, suxeitaranse ó previsto nas presentes Bases, e ademais, ó previsto na Lei xeral de subvencións e na Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.” 8.19424.- ADXUDICACIÓN DUNHA BOLSA DE LICENCIADO CON DESTINO Á FINCA MOURISCADE De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora dunha Bolsa de Licenciado en Químicas con destino ó Laboratorio da Finca Mouriscade, convocada no Boletín Oficial da Provincia número 144 de data 28 de xullo de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, adxudicar a referida Bolsa á aspirante Dna Silvia Quinteiro Salgueiro, con efectos 16 de agosto de 2011, e por un período de seis meses, podendo ser prorrogada por un único período de seis meses, á vista do informe favorable do Xefe de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno, A dotación económica ascende a un total de 1.200,00 €/mes, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 411.412.481.01, quedando efectuada a reserva de crédito mediante RC número de operación 201100047890. A aceptación e disfrute da Bolsa non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para una posterior incorporación ou vinculación do Bolseiro ó citado Organismo. En caso de renuncia da aspirante seleccionada, proponse como suplente a D. Raul Ferrero Refojos. 9.19425.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 11 de agosto de 2011, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201100001043 e que contén cinco facturas, sendo a primeira de Telefónica España, S.A., por importe de 1.212,74 € e a derradeira de Casa Rodiño, S.L., por importe 20.001,60 € obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 26.674,11 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 26.674,11 € 10.19426.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á DIOCESE DE TUI-VIGO (PARROQUIA DE SAN SALVADOR DE CORUXO) PARA AS “OBRAS DE REPARACIÓN DA CUBERTA NA IGREXA PARROQUIAL” Visto o escrito da Diocese de Tui – Vigo (Parroquia de San Salvador de Coruxo) con domicilio social en Estrada de Camposancos - Coruxo, do concello de Vigo (36330) e CIF: R-3600056-J, no que solicitan unha axuda económica para as “Obras de reparación da cuberta na igrexa parroquial”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha subvención por importe de noventa mil euros (90.000,00 €) para o fin citado, con cargo á aplicación 11/330.334.789.02 – RC núm. 201100047499. Para poder percibila, o beneficiario, deberá xustificar a axuda concedida antes do 31 de marzo de 2012, remitindo as facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, orixinais ou fotocopias cotexadas, que reúnan os requisitos legais esixidos segundo o R.d. 1496/03, de 28 de novembro, sobre confección de facturas, polo importe da subvención concedida, xunto coa conta xustificativa que relacione os gastos establecidos no orzamento presentado por importe de 90.000,00 euros, e realizados para levar a cabo as obras, tal como establece o art. 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións. Xunto coa xustificación deberán achegar unha memoria do investimento que se realizou e acreditar a difusión do seu financiamento pola Deputación. 11.19427.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Á ASOC. CEMITERIO DE SAN ANDRÉS DE COMESAÑA DO CONCELLO DE VIGO PARA AS “OBRAS DE MELLORA NO CEMITERIO DE SAN ANDRÉS DE COMESAÑA” Visto o escrito da Asoc. Cementerio de San Andrés de Comesaña con domicilio social en San Andrés de Comesaña – Oleiros, s/n, do concello de Vigo (36213) e CIF: G-36.660.025, no que solicitan unha axuda económica para as “Obras de mellora no cemiterio de San Andrés de Comesaña”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión dunha subvención por importe de noventa mil euros (90.000,00€) para o fin citado, con cargo á aplicación 11/330.334.789.02 – RC núm. 201100056840. Para poder percibila, o beneficiario, deberá xustificar a axuda concedida antes do 31 de marzo de 2012, remitindo as facturas ou documentos análogos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, orixinais ou fotocopias cotexadas, que reúnan os requisitos legais esixidos segundo o R.d. 1496/03, de 28 de novembro, sobre confección de facturas, polo importe da subvención concedida, xunto coa conta xustificativa que relacione os gastos establecidos no orzamento presentado por importe de 94.549,02 euros, e realizados para levar a cabo as obras, tal como establece o art. 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións. Xunto coa xustificación deberán achegar unha memoria do investimento que se realizou e acreditar a difusión do seu financiamento pola Deputación. 12.19428.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta horas do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, A Secretaria Acctal.,
Ãrea de notas
Nota