Fondos
-
4. COMISIÓN PERMANENTE. COMISIÓN DE GOBERNO. XUNTA DE GOBERNO
2011-12-30_ Ordinaria. Acta de sesión 2011/12/30_ Ordinaria
Acta de sesión 2011/12/30_ Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.671/2.2011-12-30_ Ordinaria
Título Acta de sesión 2011/12/30_ Ordinaria
Data(s) 2011-12-30 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e corenta minutos do día 30 de decembro do ano dous mil once, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19726.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 23 de decembro de 2011. 2.19727.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. A empresa Televisión da Mancomunidade do Salnés, S.L. con CIF B- 36.223.600, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución das fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXAPONTEVEDRA, por importe de seiscentos un euros con un céntimo (601,01€), para responder do contrato relativo a: Programación de publicidade sobre actuacións culturais, deportivas e de infraestruturas, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/06/1999, segundo mandamento de ingreso con número de operación 1999028624, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NOVACAIXAGALICIA, por importe de tres mil oitocentos corenta e cinco euros con oitenta e cinco céntimos (3.845,85€), para responder do contrato relativo a: Prestación de servizos de publicidade no canal de televisión en TVSB e na páxina web “www.canalriasbaixas.com”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000113475, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CAIXANOVA, por importe de tres mil seiscentos dezanove euros con vinte céntimos (3.619,20€), para responder do contrato relativo a: Prestación de servizos de publicidade na TV Salnés-Barbanza, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/12/2007, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200700106875, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19728.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE TOMIÑO PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NÚM. 2009002400 “REFORMA E AMPLIACIÓN DO EDIFICIO DA CASA DA CULTURA”, INCLUÍDO NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011, PARA FINANCIAR OS INVESTIMENTOS Nº 2011002935, DENOMINADA “MELLORA E ACONDICIONAMENTO DA CASA DA CULTURA DO SEIXO, PARROQUIA DE STA. MARÍA DE TOMIÑO”, Nº 2011002936, DENOMINADA “REDE DE SANEAMENTO NO NÚCLEO DO HOSPITAL. PARROQUIA DE STA. MARÍA DE TOMIÑO” E Nº 2011002937, DENOMINADA “AMPLIACIÓN DA REDE DE SANEAMENTO EN VILARDEMATOS Resultando que o Concello de Tomiño solicitou por escrito motivado a anulación da axuda obtida para financiar o investimento núm. 2009002400, “Reforma e ampliación do edificio da casa da cultura”, por un importe total de 408.257,04 €, con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, repartidos entre as anualidades 2010 (200.950,75€) e 2011 (207.306,29 €), cuxa concesión se aprobou por acordo da Xunta de Goberno núm. 2.19016 do 2 de marzo de 2011. Resultando que o Concello de Tomiño, mediante escrito motivado, solicita que se aplique o importe da subvención anterior para financiar novos investimentos, dentro do Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011 coa seguinte distribución: “CONCELLO TOMIÑO” 2009 2010 2011 TOTAL Ampliación da rede de saneamento en Vilardematos 44.759,02 105.084,24 149.843,26 Mellora e acondicionamento da Casa da Cultura o Seixo 156.191,73 156.191,73 Rede de saneamento no núcleo do Hospital 102.222,05 102.222,05 Total 200.950,75 207.306,29 408.257,04 Á vista a documentación que consta no expediente, necesaria para a válida tramitación destes expedientes e do correspondente procedemento de contratación dos novos investimentos, e dos informes favorables, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o cambio de aplicación da subvención concedida ó Concello de Tomiño para a realización do investimento núm. 2009002400, “Reforma e ampliación do edificio da casa da cultura”, por un importe de 408.257,04 €, con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, repartidos entre as anualidades 2010 (200.950,75€) e 2011 (207.306,29 €) e cuxa concesión se aprobou por acordo da Xunta de Goberno núm. 2.19016 do 2 de marzo de 2011, de xeito que se poida destinar este importe a financiar os seguintes investimentos e coa seguinte distribución de anualidades, que respectan en todo caso o importe que tiña asignado inicialmente o concello: “CONCELLO TOMIÑO” 2009 2010 2011 TOTAL Ampliación da rede de saneamento en Vilardematos 44.759,02 105.084,24 149.843,26 Mellora e acondicionamento da Casa da Cultura o Seixo 156.191,73 156.191,73 Rede de saneamento no núcleo do Hospital 102.222,05 102.222,05 Total 200.950,75 207.306,29 408.257,04 2.- Iniciar os expedientes de contratación dos novos investimentos, de conformidade co artigo 109 do Real decreto lexislativo 3/201, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.19729.- CAMBIO DE APLICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE PORTAS PARA A REALIZACIÓN DO INVESTIMENTO NÚM. 2009002707 “CLIMATIZACIÓN DE PISCINA MUNICIPAL”, INCLUÍDO NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 PARA FINANCIAR O INVESTIMENTO Nº 2011002953, DENOMINADA “REHABILITACIÓN DO PAVILLÓN DE DEPORTES DE ROMAI-PORTAS”, E CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PORTAS PARA COMPLETAR O FINANCIAMENTO DO NOVO INVESTIMENTO Resultando que o Concello de Portas solicitou por escrito que, a axuda obtida para financiar o investimento núm. 2009002707, “Climatización de piscina municipal”, por un importe total de 160.632,16 €, con cargo ó Plan de Investimentos da Deputación 2009-2011, se aplique a unha nova finalidade denominada “Rehabilitación do pavillón de deportes Romai–Portas”, alegando razóns de maior urxencia e interese veciñal e a inviabilidade económica do investimento inicial. Resultando que o orzamento do novo investimento, núm. 2011002953, “Rehabilitación do pavillón de deportes Romai-Portas”, ascende a 372.348,24 €, e que o Concello de Portas solicita por escrito que se financie parte do importe co cambio de aplicación mencionado e a cantidade restante, por importe de 211.716,08 € con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa. Á vista a documentación que consta no expediente, necesaria para a válida tramitación deste expediente e do correspondente procedemento de contratación do novo investimento, e dos informes favorables do Servizo de Cooperación, do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar o cambio de aplicación da subvención concedida ó Concello de Portas para a realización do investimento núm. 2009002707, “Climatización de piscina municipal”, por un importe de cento sesenta mil seiscentos trinta e dous euros con dezaseis céntimos (160.632,16 €), de xeito que se poida destinar este importe a financiar o investimento núm. 2011002953, denominado “Rehabilitación de pavillón de deportes Romai-Portas”. 2.- Concederlle ó Concello de Portas con CIF núm. P360400DF, con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa, a cantidade de dous centos once mil setecentos dezaseis euros con oito céntimos (211.716,08 €), para a realización do investimento núm. 2011002953, denominado “Rehabilitación de pavillón de deportes Romai-Portas”, cun orzamento de 372.348,24 € con cargo á anualidade 2009 e imputables á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45.2009. 3.- Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.19730.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CUNTIS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL NA RAN E EDIFICACIÓN ANEXA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002962, denominado “Construción de campo de fútbol de herba artificial en A Ran e edificación anexa” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cuntis con CIF núm. P3601500F, a cantidade de novecentos noventa e nove mil catrocentos oito euros con trinta e nove céntimos (999.408,39 €), para a realización do investimento núm. 2011002962, denominado “Construción de campo de fútbol de herba artificial en A Ran e edificación anexa”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 999.408,39 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45.2009 - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.19731.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE MORAÑA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA, DENOMINADA “CONSTRUCIÓN DE CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL DO BUELO E EDIFICACIÓN ANEXA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2011002960 denominado “Construción de campo de fútbol de herba artificial do Buelo e edificación anexa” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Moraña con CIF núm. P3603200A, a cantidade de novecentos noventa e nove mil cincocentos sesenta e un euros con vinte e tres céntimos (999.561,23 €), para a realización do investimento núm. 2011002960, denominado “Construción de campo de fútbol de herba artificial do Buelo e edificación anexa”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 999.561,23 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Polo que, esta subvención, que corresponde á anualidade de 2009, contabilizarase con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será a 11/942.942.652.45.2009 - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.19732.- CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SANXENXO PARA LEVAR A CABO A OBRA “REHABILITACIÓN E ACONDICIONAMENTO DA CASA DON FERNANDO COMO CASA MARIÑEIRA E AULA DE FORMACIÓN/EXHIBICIÓN DE ARTES TRADICIONAIS PESQUEIRAS” Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, que certifica a existencia de consignación nominativa no vixente orzamento provincial para este fin, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Sanxenxo con CIF núm. P3605100A, a cantidade de noventa mil euros (90.000,00 €), imputables á aplicación orzamentaria 11/942.942.762.14, RC núm. 201100106152, para destinar á realización do investimento “Rehabilitación e acondicionamento da Casa Don Fernando como casa mariñeira e aula de formación / exhibición de artes tradicionais pesqueiras”, cun orzamento por importe de 235.298,89 €, IVE incluído, e suxeita ás seguintes condicións: 1. O investimento deberá estar executado e xustificado antes do 30/06/2012; de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para aplicala á execución do investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións, agás que se solicite a súa modificación mediante escrito razoado antes do 30/06/2012. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b. Conta xustificativa dos gastos. c. Certificación/s da obra ou ben facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado. d. Certificación do Secretario ou do Interventor (ou funcionario competente) acreditativo de que os gastos que figuran na conta xustificativa son reais e se aplicaron ó investimento subvencionado, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, se se considera oportuno, os xustificantes correspondentes. e. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. f. Declaración de non ter recibido outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou de recibilas nun futuro, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. g. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. 8.19733.- COMUNICACIÓNS A Xunta de Goberno queda enterada de escrito da xefa adxunta do Servizo da Estación Fitopatolóxica do Areeiro, de data 26/12/2011, a través do cal comunica a tramitación do expediente relativo á “presentación da candidatura do Parque do Castelo de Soutomaior para obter o recoñecemento de Xardín Internacional de Excelencia de Camelia”. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 9.19734.- APROBACIÓN E PRÓRROGA DO PROXECTO WIMAX O proxecto “WIMAX Rural de Pontevedra” beneficiará de forma directa a 55 dos 62 Concellos da provincia de Pontevedra, quedando excluídos do alcance do proxecto aqueles que por propia vontade decidiron non se adherir a este. O proxecto estrutúrase en cinco ámbitos de actuación: Ámbito 1: Fomento da Sociedade da Información e as novas tecnoloxías. Ámbito 2: Diversificación produtiva e mellora das infraestruturas e servizos locais. Ámbito 3: Mellora do ámbito natural e a calidade ambiental. Ámbito 4: Protección e preservación do patrimonio cultural. Ámbito 5: Promoción da conciliación familiar e cohesión social. Con data 13 de xuño de 2008 recíbese aprobación do Proxecto “Wimax Rural de Pontevedra” polo Ministerio de Administracións Públicas. Posteriormente, con data de 24 de xuño de 2008 recíbese comunicación procedente da Secretaria de Estado de Cooperación Territorial do Ministerio de Administracións Publicas coa conseguinte petición de reformulación do proxecto axustándose ó novo orzamento concedido de 6.693.868,53 €. Tras enviar unha resposta para corrixir certos erros, acaba aprobándose a reformulación do proxecto e as distintas actuacións coa nova repartición orzamentaria en xaneiro de 2009. A maiores decembro de 2009 solicitouse unha modificación da senda anual do proxecto que se aprobou en febreiro de 2010. En decembro de 2010 foi tramitada e posteriormente concedida unha prorroga na execución do proxecto que foi concedida por resolución procedente da Subdirección xeral de Cooperación Local do Ministerio de Política Territorial ata o 31 de Decembro de 2011. Actualmente o proxecto Wimax foi certificado ó Ministerio de Política territorial nun 93% do seu orzamento inicial, quedando pendente un 7% para a execución dun os proxectos piloto de centro comercial virtual e plataforma tecnolóxica da Deputación. En xuño de 2011 foron concedidos novos proxectos a desenvolver polo servizo de novas tecnoloxías cuxa base eran os proxectos piloto que se ían executar con base a ese 7% pendente de execución do proxecto Wimax. Este 7% foi licitado e parte encóntrase parte en execución e parte pendente de pagamento, tendo en canta que o período de elixibilidade do gasto remata o próximo 31 de decembro, é procedente solicitar unha prórroga na execución deste proxecto, para proceder ó pagamento deste dentro dun período de elixibilidade de gasto autorizado polo organismo intermedio. O obxecto desta proposta é aprobar a Solicitude de ampliación do prazo de execución do proxecto de 6 meses e presentarllo á Subdirección Xeral de Cooperación Económica Local. Vistas as instrucións de xestión dos proxectos Feder remitidas polo ministerio sobre as modificacións dos proxectos subvencionados que deberán ser aprobadas pola DGCL do Ministerio de Política Territorial. Visto que a modificación temporal do proxecto subvencionado se realiza no período de execución e non altera a finalidade da subvención concedida nin os obxectivos deste, ó tempo que mantén os criterios de admisibilidade recollidos nas Bases, polas que foi concedido este e respecta o importe do orzamento total elixible aprobado e a contía da subvención concedida. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Conceder a prórroga de seis meses do Proxecto 2.- Remitir a solicitude de prórroga ó Ministerio de Facenda e Administracións públicas para a súa aprobación definitiva. 10.19735.- ADXUDICACIÓN DA OBRA “ TERMINACIÓN E.P. 7103 CERDEDO- CASTRO- QUIREZA. TRAMO CASTRO-PONTE DO CANDO (CERDEDO) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 15/06/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra “Terminación E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza, tramo Castro-Ponte do Cando (Cerdedo)”, con orzamento de 338.983,05 €, máis a cantidade de 61.016,95 € correspondentes ó IVE. Resultando que con data 21/07/2011, se constituíu a Mesa de Contratación do procedemento aberto convocado para a contratación das referidas obras, procedendo a continuación á cualificación da documentación xeral (Sobre "A") admitindo a todas as empresas presentadas. Resultando que con data 26/07/2011, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos Sobres “B” destas últimas, correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Resultando que polo Enxeñeiro Director de Infraestruturas en funcións se emite informe relativo ás empresas que obtiveron unha puntuación superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Resultando que a Mesa de Contratación, en sesión celebrada o día 26/12/2011, da a coñecer a ponderación asignada ás propostas técnicas, contidas nos Sobres “B”, procedendo a continuación á apertura dos Sobres "C" das empresas que obtiveron unha valoración superior a 30 puntos. Resultando que a Mesa de Contratación, á vista do informe emitido polo Director de Infraestruturas en funcións, relativo á valoración da documentación contida nos Sobres “B”, e valorada a documentación contida nos Sobres “C”, eleva o Órgano de Contratación proposta de adxudicación da obra a favor de Construcciones E.C. Casas, S.L., toda vez que obtivo a máxima puntuación, unha vez ponderada a documentación contida nos referidos sobres, de acordo cos criterios de adxudicación que figuran no prego de cláusulas administrativas que rexeu no procedemento aberto para a contratación da obra e que a continuación se detalla: Licitador Puntuación Sobre “B” Puntuación Sobre “C” Puntuación Total CONSTRUCCIONES E.C. CASAS, S.L. 34,91 48,750 83,660 CONSTRUCCIONS, OBRAS E VIAIS, S.A. 33,07 45,745 78,815 NAROM, S.L. 36,00 29.974 65,974 CONSTRUCCIONES TABOADA Y RAMOS, S.L. 30,71 30,436 61,146 CONSTRUCCIONES CRESPO, S.A. 30,93 24,334 55,264 SERCOYSA PROYECTOS Y OBRAS, S.A. 31,94 15,258 47,198 Resultando que a empresa Construcciones E.C. Casas, S.L., atendendo ó requirimento formulado mediante Resolución n.º 18633/11, presentou a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se tivese comprometido a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, segundo acredita mediante carta de pagamento n.º 201100112827, de data 29/12/2011. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar a Construcciones E.C. Casas, S.L. a obra de “Terminación E.P. 7103 Cerdedo-Castro-Quireza, tramo Castro-ponte do Cando (Cerdedo)” na suma de 256.949,15 € máis 46.250,85 € correspondentes ó IVE, cun prazo de execución de tres meses, melloras valoradas en 50.059,48 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. O adxudicatario debe ingresar na Tesourería da Deputación Provincial a suma de 106,95 €, correspondentes á publicación do anuncio do procedemento no Boletín Oficial da Provincia. A coordinación en materia de seguridade e saúde, por un importe equivalente ó 0,50% do orzamento de execución material, IVE incluído, correspóndelle a Atenea Seguridade y Medio, S.A., adxudicataria do procedemento aberto, convocado por esta Deputación Provincial, para a contratación da asistencia técnica en materia de seguridade e saúde en obras da Deputación Provincial de Pontevedra. 11.19736.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO Nº1 DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DA “POUSADA XARDÍN DE RIBADUMIA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 22/09/2010, adxudicou definitivamente a Construcciones ABAL, S.A. a obra de “Pousada en Ribadumia”, cofinanciada polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER), na suma de 1.819.910,17 €, máis a cantidade de 327.583,83 € correspondente ó IVE, que ofertaba un prazo de execución de nove meses, melloras valoradas en 61.654,30 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que D. Mauro Lomba Martínez, Arquitecto Director da obra, solicita autorización para redactar un proxecto modificado, debido á presenza de rocha moi dura que provocou a adaptación das cotas de cimentación dos distintos pavillóns, así como redefinir todas as circulacións, ademais doutras circunstancias imprevistas que esixían a adopción de medidas para conseguir un aproveitamento racional e coherente da parcela, facéndose necesaria a ampliación do prazo de execución ante a imposibilidade de finalizar a obra en prazo. Resultando que pola adxudicataria se solicitou a ampliación de sete meses na execución da obra estimándose a súa finalización o 19 de maio de 2012. Resultando que pola Xunta de Goberno, en sesión de 14/11/2011, se autorizou a redacción dun proxecto modificado, así como a ampliación do prazo de execución da obra “Pousada de Ribadumia” ata o día 19 de maio de 2012. Resultando que se redactou o proxecto modificado n.º 1 do proxecto básico e de execución de “Pousada Xardín de Ribadumia”, ascendendo o seu importe, aplicada a porcentaxe de baixa de adxudicación da obra inicial, á suma de 1.819.910,17 €, máis a cantidade de 327.583,83 € correspondente ó IVE, co que non se varía o importe do contrato primitivo. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar aprobación ó proxecto modificado n.º 1 do proxecto básico e de execución de “Pousada Xardín de Ribadumia”, toda vez que non se varía o contrato inicial da obra, e manténdose o importe da adxudicación efectuado no seu día a favor de Construcciones Abal, S.A. 12.19737.- APROBACIÓN DO PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DA “ ADECUACIÓN DO ESPAZO ANEXO Á POUSADA DE RIBADUMIA COMO CENTRO DEPORTIVO E DE OCIO, ASÍ COMO DOTACIÓN DE ACCESOS DE ESTE ESPAZO COA PROPIA POUSADA Resultando que polo Arquitecto D. Mauro Lomba Martínez, Director da Obra de “Pousada Xardín en Ribadumia”, incluída no Proxecto POUSADAS cofinanciado polo FEDER, redáctase o proxecto básico e de execución de “Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada”, cuxo importe ascende á suma de 1.864.406,78 €, máis a cantidade de 335.593,22 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 2.200.000,00 €, e que foi supervisado polo Servizo de Arquitectura. Resultando que por Intervención se emitiu informe relativo á existencia de saldo axeitado e suficiente na aplicación 11/942.430-622.01 para facer fronte ó gasto. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto básico e de execución de “Adecuación do espazo anexo á Pousada de Ribadumia como centro deportivo e de ocio, así como dotación de accesos deste espazo coa propia Pousada”, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. 13.19738.- APROBACIÓN DO PROXECTO DE “REMODELACIÓN DE INSTALACIÓNS DEPORTIVAS NO CAMPO DE FÚTBOL DE VILARIÑO (NIGRÁN) Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16/12/2011, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Nigrán para levar a cabo as obras de “Remodelación de instalacións deportivas do campo de fútbol de Vilariño (Nigrán)”, cun orzamento de 308.793,44 €. Resultando que redactado o correspondente proxecto se emite por Intervención informe relativo ó financiamento da obra. A Xunta de Goberno acorda prestar aprobación ó proxecto de “Remodelación de instalacións deportivas do campo de fútbol de Vilariño (Nigrán)”, por importe de 261.689,36 €, máis a cantidade de 47.104,08 € correspondente ó IVE, o que fai un total de 308.793,44 €, así como iniciar o correspondente expediente de contratación da obra. A obra finánciase conforme á seguinte distribución por anualidades: Anualidade 2011 2012 Total Deputación 208.793,44 0,00 208.793,44 Concello 0,00 100.000,00 100.000,00 Total 208.793,44 100.000,00 308.793,44 Na aplicación 11/922.342-652.00 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte ó gasto correspondente á achega da Deputación. A achega do Concello de Nigrán xerará crédito na aplicación correspondente. 14.19739.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA DE “ACONDICIONAMENTO DE EDIFICIO PARA POUSADA EN A LANZADA (O GROVE)”, CONTRATADA NO MARCO DO PROXECTO POUSADAS COFINANCIADO POLO FEDER O proxecto “Pousadas”, presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de desenvolvemento Local e urbano aprobadas por Resolución do 7 de novembro de 2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas do FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia (aprobado por Decisión C(2007) 1990 do 7/5/2007 ), Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano, para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). O obxectivo primordial deste proxecto cofinanciado polo FEDER é a creación dun produto turístico “Pousadas Xardín” e a posta en valor os recursos da bisbarra na súa comprensión máis integrada: recursos humanos, en primeiro termo, e recursos materiais: naturais, culturais, patrimoniais, produtivos... entendido como a realización dunha serie de actuacións dirixidas a obter de cada recurso o máximo valor engadido. Resultando que no marco do proxecto “Pousadas” se licitou a obra de “Acondicionamento de edificio para Pousada na Lanzada", adxudicándose, pola Xunta de Goberno en sesión de 30/03/2011, a Constructora San José, S.A. na suma de 1.012.500,00€, máis a cantidade de 182.500,00 € correspondente ó IVE, e que ofertaba, ademais, un prazo de execución de oito meses, melloras valoradas en 130.787,21 € e o 3,00% do orzamento de execución material correspondente á adxudicación da obra para control de calidade. Resultando que o día 11 de maio de 2011 se procedeu á comprobación da reformulación da obra, co que o seu prazo de execución finalizaría o día 11 de xaneiro de 2012. Resultando que por Construtora San Jose, S.A., en escrito de 23 de decembro de 2011, solicítase unha ampliación do prazo de execución de tres meses dado que durante o tempo transcorrido se produciron unha serie de modificacións e circunstancias que provocaron a necesidade de dispoñer dun prazo superior ó ofertado toda vez que: Apreciouse, a simple vista, unha deterioración importante da estrutura, o que levou a efectuar unha inspección exhaustiva de cada unha das zonas máis danadas e cuxa avaliación en canto a resistencia, estabilidade e durabilidade levou a considerar unha serie de cuestións. Así mesmo, no forxado da planta baixa da zona sur detectáronse humidades e a ausencia de armaduras no perímetro do muro exterior de pechamento de perpiaño. Resultando que polo Servizo de Arquitectura se emite informe considerando procedente a concesión da prórroga solicitada sobre a base dos motivos expostos pola adxudicataria da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construtora San Jose, S.A. ampliando o prazo de execución da obra de “Acondicionamento de edificio para Pousada na Lanzada” por un período de tres meses, finalizando este o día 11 de abril de 2012. 15.19740.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO MUSEO PROVINCIAL A Xunta de Goberno da Deputación provincial, en sesión do día 18 de xaneiro de 2011, prestou aprobación ó proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra), adxudicando a realización do mesmo á empresa Dragados, S.A. A empresa constituíu garantía complementaria por un importe de 103.111,03 €, formalizando o correspondente contrato administrativo con data 1 de febreiro de 2011. Por acordo da Xunta de Goberno, de data 14 de outubro de 2011, debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, ampliouse o prazo de realización das mesmas ata o 31 de decembro de 2011. Por Resolucións Presidenciais, de datas 4 de xullo e 13 de outubro de 2011, adxudicouse á empresa Dragados, S.A. a execución das obras “Actuacións na Muralla e Zaguán. Ampliación Museo de Pontevedra. Proxecto 11.1”, por un importe de 230.720,03€ e “Restaurante. Ampliación do Museo de Pontevedra. Proxecto 22”, por un importe de 234.463,64 €, respectivamente. Mediante escrito da empresa de data 27 de decembro de 2011, ratificado polos Arquitectos directores da obra, ponse de manifesto que debido a que aínda está pendente a autorización á Deputación Provincial por parte da compañía subministradora de electricidade (Fenosa), para o traslado do Centro de Transformación do Museo de Pontevedra, a execución de varias unidades de obra afectadas, atópanse paralizadas ou executadas parcialmente, polo que non se poden finalizar os traballos ata que a cuestión quede resolta. De conformidade co previsto no artigo 59 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos das Administracións Públicas, que rexeu a adxudicación desta obra, o órgano de contratación poderá interpretar e modificar, por razóns de interese pública, os contratos administrativos subscritos coas empresas adxudicatarias. Visto o informe do Servizo de Contratación e o escrito da empresa Dragados, S.A, ratificado polos Arquitectos directores da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ampliar o prazo de realización das obras ata o 31 de marzo de 2012. 16.19741.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº7 DA OBRA “ACONDICIONAMENTO DO EDIFICIO PARA POUSADA NA LANZADA, O GROVE” Vista a certificación núm. 7 relativa á obra “Acondicionamento do edificio para Pousada na Lanzada, O Grove”, adxudicada no seu día a empresa Constructora San José S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 20/12/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 7: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe CONSTRUCTORA SAN JOSE S.A. (CIF. A – 36.006.666) 11/942.430.600.01.2009 251.490,13€ SUBTOTAL 251.490,13€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 7.163,94€ Control de calidade (3%) Id. 5.732,96€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 895,49€ TOTAL DESCONTOS 13.432,39€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 238.057,74€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel de acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 17.19742.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGACIÓNS EN RELACIÓN COAS FACTURAS EMITIDAS POR GALAICONTROL, S.L., EN CONCEPTO DE TRABALLOS DE CONTROL DE CALIDADE REALIZADOS NA OBRA “POUSADA DE RIBADUMIA” Visto o informe emitido polo Servizo de Intervención, correspondente ás facturas relativas a Control de Calidade da obra “ POUSADA DE RIBADUMIA “ que a continuación se relacionan, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno á aprobación da factura require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo á conta non orzamentaria: 419.09 (099.129), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011. Facturas emitidas por Galaicontrol, S.L. (B-36651487), que seguidamente se relacionan, relativas a traballos de control de calidade : A Xunta de Goberno acorda por unanimidade o recoñecemento extraxudicial da obriga e o pago das facturas co detalle seguinte: Núm. Factura Data Importe 00037405 28/05/2011 3.717,00 € 00038187 31/08/2011 177,00 € 00338383 03/10/2011 3.346,48 € TOTAL: 7.240,48 € 18.19743.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,
Ãrea de notas
Nota