ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2012/05/25_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/2.2012-05-25_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/05/25_Ordinaria

  • Data(s) 2012-05-25 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día vinte e cinco de maio do ano dous mil doce, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal nin o señor deputado D. José Nelson Cándido Santos Argibay. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20025.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 18 de maio de 2012. 2.20026.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “ENSANCHE E AFIRMADO DA E.P. 2401 PORRIÑO-MOSENDE (PORRIÑO)”, INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN, PARA O ANO 2011 Dada conta do escrito da empresa adxudicataria, Construcións Obras e Viais, S.A. (COVSA). e do informe do Director da Obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha prórroga na execución para a obra “Ensanche e afirmado da E.P. 2401 Porriño – Mosende (Porriño)”, incluída no Plan Provincial de Cooperación, para o ano 2011 co nº 77 ata o 20 de setembro de 2012. 3.20027.- SOLICITUDE DE PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “RENOVACIÓN RODADURA E SINALIZACIÓN NA E.P.8001 CALDAS-CARRACEDO-CATOIRA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 17/02/2012, adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. a obra “Renovación rodadura e sinalización na E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira”, cun prazo de execución de dous meses. Resultando que con data 27/02/2012, formalizouse o oportuno contrato, subscribíndose a acta de comprobación do replanteo con data 27/03/2012, polo que a obra debería estar executada o día 27 dos correntes. Resultando que por Construcións, Obras e Viais, S.A. remítese escrito, solicitando unha prórroga na execución da obra ata o 27 de xuño do ano en curso debido ó atraso producido polas condicións meteorolóxicas adversas que se desenvolveron durante o mes de abril que impediron levar a cabo a pavimentación e, consecuentemente, outras actividades que dependen directamente da capa de rodadura, tales como pintura e sinalización. Resultando que polo Director de Infraestruturas se emite informe no que considera pode autorizarse a concesión da prórroga sobre a base dos motivos expostos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado por Construcións, Obras e Viais, S.A. ampliando o prazo de execución da obra de “Renovación rodadura e sinalización na E.P. 8001 Caldas-Carracedo-Catoira” ata o día 27 de xuño de 2012. 4.20028.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO MUSEO PROVINCIAL A Xunta de Goberno da Deputación Provincial, en sesión de 18/01/2011, prestou aprobación ó proxecto modificado nº 4 de “Ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra)”, adxudicando a realización do mesmo a Dragados, S.A., formalizando o correspondente contrato administrativo con data 01/02/2011. Polo mesmo Órgano, con data 30/12/2011, acordou ampliar o prazo das mesmas ata o 31/03/2012 debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras. Por Resolucións Presidenciais, de data 4 de xullo e 13 de outubro de 2011, adxudicouse a Dragados, S.A. a execución das obras de “Actuacións na Muralla e Zaguán. Ampliación do Museo de Pontevedra. Proxecto 11.1”, por importe de 230.720,03 €, e “Restaurante. Ampliación do Museo de Pontevedra. Proxecto 22”, por importe de 234.463,64 €. A Xunta de Goberno, en sesión de 16/03/2012, acordou conceder unha nova prórroga, ata o 31/05/2012, debido a que estaba pendente o traslado do Centro de Transformación do Museo de Pontevedra, polo que a execución de varias unidades de obra afectadas estaba paralizada e non se podía finalizar os traballos ata quedar a cuestión resolta. Mediante escrito da adxudicataria das obras, ratificado polos arquitectos directores, de data 23 dos correntes, solicítase unha nova ampliación do prazo de execución, ata o 31 de outubro deste ano, en base a que as obras relativas á ampliación do restaurante non se poden concluír totalmente en tanto non se preste aprobación a un proxecto modificado que complete todas as instalacións. De conformidade co previsto no art. 59 do R.d.l. 2/2000, de 16 de xuño, polo que se aproba o TRLCAP, que rexeu a adxudicación da obra, o órgano de contratación poderá interpretar e modificar, por razón de interese público, os contratos administrativos subscritos coas empresas adxudicatarias. Visto o informe do Servizo de Contratación e o escrito de Dragados, S.A., ratificado polos Arquitectos directores das obras, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade ampliar o prazo de execución das obras ata o 31 de outubro de 2012. 5.20029.- DAR CONTA DO PROXECTO DE MELLORA DA SEGURIDADE VIAL CONSISTENTE NA CONSTRUCIÓN DE REDUTORES DE VELOCIDADE EN ESTRADAS PROVINCIAIS A Xunta de Goberno queda enterada de que se vai proceder a execución das obras de “Construción de redutores de velocidade en varias estradas provinciais”, de acordo co proxecto redactado ó efecto polo Servizo de Infraestruturas. Neste proxecto defínense as características técnicas e valóranse as obras necesarias para a construción de redutores de velocidade de sección trapezoidal “pasos de peóns sobreelevados” e redutores tipo “lombo de asno” coa respectiva sinalización horizontal e vertical, co fin de mellorar a seguridade viaria en varias estradas provinciais. As obras a realizar consisten en: - Execución de pasos de peóns sobreelevados de 4 m de lonxitude para un ancho de calzada de 8,5 m con capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente, rego de adherencia con emulsión asfáltica, fresado por medios mecánicos da superficie en entrada e saída, varrido e sinalización horizontal. - Sinalización vertical separada da liña de detención dos pasos de peóns sobreelevados segundo a distancia de parada correspondente á limitación de velocidade (mínimo a 25 m). - Sinalización vertical colocada a continuación da sinalización descrita anteriormente. - Sinalización vertical colocada inmediatamente antes do paso de peóns. - Execución de redutores de velocidade tipo “lombo de asno” de 1,2 m de lonxitude para un ancho de calzada de 8,5 m con capa de rodaxe en mestura bituminosa en quente, rego de adherencia realizado con emulsión asfáltica, fresado por medios mecánicos da superficie de entrada e saída, varrido e sinalización horizontal. - Sinalización vertical separada da liña de detención dos redutores de velocidade segundo a distancia de parada correspondente á limitación de velocidade (mínimo a 25 m). As actuacións contempladas no proxecto levaranse a cabo nas seguintes estradas: Pasos de peóns sobreelevados: E.P. 2703 Pazos-Ponteareas (Pazos de Borbén), 3 unidades. E.P. 4001 Ponteareas-Guillade (Ponteareas), 2 unidades. E.P. 4005 Ponteareas-Alxán (Ponteareas), 1 unidade. E.P. 9502 Sisán-Ponte Estacas (Ribadumia), 2 unidades. E.P. 9501 Ribadumia-Grenla (Ribadumia), 2 unidades. E.P. 9508 Lois-A Goulla (Ribadumia), 2 unidades. E.P. 3002 Acceso a Malvas (Tui), 1 unidade. E.P. 2303 Gondomar-Vilaza-Parada (Gondomar), 1 unidade. E.P. 5002 Cañiza-Mourentán (A Cañiza), 1 unidade. E.P. 5005 Cañiza-Pousa (A Cañiza), 1 unidade. E.P. 2501 Salceda-Picoña (Salceda de Caselas), 1 unidade. E.P. 2003 Coruxo-Canido (Vigo), 1 unidade. E.P. 2004 Beade-Carneiras (Vigo), 1 unidade. E.P. 3302 Tabagón-Rosal-Portocelo (O Rosal), 1 unidade. E.P. 3303 Tabagón-Goián (O Rosal), 1 unidade. E.P. 2908 Arcade-Amoedo (Soutomaior), 1 unidade. E.P. 2004 Beade-Carneiras (Vigo), 2 unidades. E.P. 1301 Alto da Portela-Beluso (Bueu), 2 unidades. E.P. 1303 Banda do Río-A Portela (Bueu), 2 unidades. E.P. 1101 Moaña-Berducedo (Moaña), 1 unidade. E.P. 9207 Vichona-Dena (Sanxenxo), 2 unidades. Redutores tipo “lombo de asno”: E.P. 2203 Baredo a E.P. Baiona-Loureza (Baiona), 2 unidades. E.P. 5003 Cañiza-Arbo (A Cañiza), 1 unidade. E.P. 9302 Xil-Cobas-Barrantes (Meaño), 2 unidades. 6.20030.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 7.20031.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 24 de maio de 2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201200000636 e que contén tres facturas, a primeira de Documentación e Imagen del Noroeste-Pontevedra, S.Cop. Gab. Prensa, por importe de 420,36 €, e a derradeira Documentación e Imagen del Noroeste-Pontevedra, S.Cop. Área Com., por importe de 313,64 € obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 1.171,03 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 1.171,03 € 8.20032.- MODIFICACIÓN DO ORZAMENTO QUE FORMULA A ASOCIACIÓN DE VECIÑOS SAN XOAN DE ANGUDES Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2011 NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, PARA A OBRA NÚM. 249 “ADECUACIÓN ENTORNO CENTRO CULTURAL ANGUDES” Dada conta da petición da modificación do orzamento presentado pola Asociación de Veciños San Xoán de Angudes (NIF: G-36341378) (Crecente), á subvención de 3.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 4.19405 de 5 de agosto do ano 2011, para o investimento núm. 249, denominado “Adecuación entorno Centro Cultural Angudes”, incluída no Programa de Acción Comunitaria-2011, partida 12/942.459.789.07.2011, motivada pola imposibilidade de acceder ó gasto inicialmente xustificado da obra, debido á actual situación económica da Asociación, mantendo o mesmo obxecto e fin que o inicialmente solicitado, A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a modificación do orzamento presentada pola Asociación de Veciños San Xoán de Angudes, (NIF: G-36.341.378) (Crecente), á subvención de 3.000,00 € concedida no ano 2011 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 249, “Adecuación entorno Centro Cultural Angudes”. Concello NIF Nº de obra Terceiro Obxecto da Subvención Orzamento inicial Novo orzamento Importe da subvención Crecente G-36.341.378 249 Asociación de Veciños San Xoán de Angudes “Adecuación entorno Centro Cultural Angudes” 8.800,44 € 3.000,04 € 3.000,00 € 9.20033.- INFORME SOBRE OS ESTATUTOS DO CONSORCIO “CONCA DO LÉREZ” Dada conta da comunicación da Presidencia en funcións da Xunta Xestora do Consorcio “Conca do Lérez”, do 04 de abril de 2012 (con núm. de entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra 8990, de data 11/04/2012), pola que se remite a certificación da aprobación provisional dos seus Estatutos e se solicita á Deputación de Pontevedra que emita o preceptivo informe esixido no artigo 140.1 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, Visto o informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, do 24 de maio de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestarlle conformidade e posteriormente remitir á Xunta Xestora do Consorcio “Conca do Lérez” o mencionado informe da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra, que di como segue: “En relación cos Estatutos do Consorcio “Conca do Lérez” remitidos polo Presidente da Xunta Xestora, infórmase o seguinte: 1.- Os consorcios locais son entidades locais dotadas de personalidade xurídica propia e capacidade para o cumprimento dos seus fins específicos que virán definidos nos seus respectivos Estatutos. 2.- Ha de seguir o procedemento establecido nos art. 137 e seguintes da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de conformidade co disposto no art. 151 do citado texto legal. 3.- Art. 1: O Consorcio ten a condición de entidade local (non terá). Art. 2: Será a sede na casa consistorial da entidade local a que en cada momento corresponda a Presidencia. Art. 7: A denominación de “equivalente” non é correcta, polo que deberá de suprimirse. Art. 12: Ha de subsanarse e dicir “en funcións”. Art. 16: Entendemos que os acordos adoptaranse en cumprimento dos seus fins. Art. 24: A duración é indefinida (sen o articulo “de”). - Hai que unificar as denominacións legais e establecer o Lei 5/1997, de 22 de xullo ou LALGA, pois mestúranse o longo do seu articulado. Tal é o noso parecer.” 10.20034.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. ESPAÑOLA DE TOXICOLOXÍA DO CONCELLO DE OURENSE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA ORGANIZACIÓN DO XIX CONGRESO ESPAÑOL DE TOXICOLOXÍA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 22/07/2011 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 22/07/11 unha subvención a favor da Asociación Española de Toxicoloxía con CIF: G-41074667, do concello de Ourense, por un importe de 611,00 €, para “Organización do XIX congreso español de Toxicoloxía” con cargo á aplicación 11/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 09/03/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.20035.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA FEDERACIÓN GALEGA DE BANDAS DE MÚSICA POPULARES DO CONCELLO DE SANTIAGO DE COMPOSTELA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “RECUPERACIÓN DE REPERTORIO E INVENTARIO DE OBRAS GALEGAS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 22/07/2011 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 22/07/11 unha subvención a favor da Federación Galega de Bandas de Música Populares con CIF: V-15110893, do concello de Santiago de Compostela, por un importe de 1.202,00 €, para “Recuperación de repertorio e inventario de obras galegas” con cargo á aplicación 11/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 18/05/12, da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12.20036.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓNS 1 A 7 DA OBRA MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA DA EP-9305 TRAMO FREIXO-LEIRO (RIBADUMIA) A Deputación Provincial de Pontevedra e a Consellería de Medio, Territorio e Infraestruturas (CMATI), asinaron con data 13 de xullo de 2011 un convenio de colaboración cuxo obxecto era o de regular as bases de colaboración técnica e económica entre a Xunta de Galicia e dita entidade local para levar a cabo os proxectos de “Mellora da seguridade viaria na EP 9305, tramo Freixo-Leiro-Ribadumia e a construción dunha glorieta na intersección das estradas PO-300 EP-9508 e EP-9504 Ribadumia”. Con data de 28 de marzo de 2011 asinouse a addenda número 1 a dito convenio, co fin de axustar as anualidades do convenio e modificar a súa vixencia. A vixencia do convenio finalizou o 31 de decembro de 2011. En cumprimento das obrigas asumidas no mencionado convenio, a Xunta de Galicia, a través de CMTAI, realizou os correspondentes trámites ata adxudicar os contratos de execución das obras e de dirección destas. Segundo a cláusula segunda, do citado convenio, a entidade provincial achega o 50% do custo do: “Proxecto de mellora da seguridade vial na estrada EP-9305 treito: Freixo-Leiro-Ribadumia”. Pola Axencia Galega de Infraestruturas, remítense as certificacións 1 á 7 da mencionada obra, por importe de 538.386,81 €, dos que corresponde financiar á Deputación Provincial a cantidade de 269.193,41 €. Visto o informe de Intervención de data 16 de maio de 2012, e de conformidade coa base 16.2 de execución do orzamento para o exercicio 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pagamento das certificacións 1 a 7, segundo o acordo de financiamento, á Xunta de Galicia, por importe de 269.193,41 €. Achega 50% Certificación nº 1: 30.582,78€ 15.291,39€ Certificación nº 2: 112.566,24€ 56.283,12€ Certificación nº 3: 74.554,29€ 37.277,15€ Certificación nº 4: 96.047,29€ 48.023,64€ Certificación nº 5: 97.008,81€ 48.504,41€ Certificación nº 6: 73.767,66€ 36.883,83€ Certificación nº 7: 53.859,74€ 26.929,87€ TOTAL 269.193,41€ O importe das certificacións financiaranse con cargo ás aplicacións orzamentarias: 12/456.453.612.02.2010 e 12/456.453.612.02.2011 do vixente orzamento provincial. 13.20037.- EXPEDIENTE DE TRANSFERENCIA DE CRÉDITOS NÚM. 6/2012 A Xefa do Servizo de Recursos Humanos mediante escrito de data 15 de maio de 2012 pon de manifesto a necesidade de incrementar o importe do crédito da aplicación orzamentaria 12/921.920.226.04 do orzamento prorrogado de 2011 ó 2012, ó obxecto de afrontar gastos de representación e defensa en xuízo de asuntos laborais e para iso propón a incoación dun expediente de transferencia de créditos, por un importe global de 2.000,00 €, cuxo financiamento se efectuaría mediante a minoración do crédito na aplicación orzamentaria 12/924.924.120.01 polo devandito importe. Visto o informe de Intervención, de data 23 de maio de 2012, no que se deixa constancia de que se razoa suficientemente as variacións de crédito entre as aplicacións orzamentarias citadas, así como que se cumpren os requisitos previstos na normativa aplicable. Visto así mesmo que na aplicación orzamentaria cuxo crédito se minora na cantidade de 2.000,00 €, se expediu o correspondente documento RC, con número de operación 2001200038032 e que o órgano competente para aprobar o expediente é a Xunta de Goberno por tratarse de transferencias de crédito de persoal pertencentes a distintos centros xestores. A Xunta de Goberno, de conformidade co disposto na Base 10ª, apartado 3 d., correspondente á execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, acorda por unanimidade aprobar o expediente de transferencia de crédito número 6/2012 por importe total de 2.000,00 €, incoado pola Xefa do Servizo de Recursos Humanos, minorando crédito no importe e na aplicación orzamentaria que se indica e incrementando crédito polo importe e na aplicación orzamentaria que se detalla a continuación: APLICACIÓN A INCREMENTAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/921.920.226.04 Gastos xurídicos. RR.HH 2.000,00 € TOTAL 2.000,00 € APLICACIÓN A MINORAR CRÉDITO CÓDIGO DENOMINACIÓN IMPORTE 12/924.924.120.01 Soldo. Imprenta Provincial 2.000,00 € TOTAL 2.000,00 € 14.20038.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición