ATOPO
Registros actuales: 1.625.393
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2012/12/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/1.2012-12-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/12/05_Ordinaria

  • Data(s) 2012-12-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas do día cinco de decembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste a señora deputada, Dona Marta Iglesias Bueno. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20439.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA MARÍA GARCÍA-PAZ PEREIRA EN REPRESENTACIÓN DE D. ÁNGEL GONZÁLEZ FERRARI E A ENTIDADE PELAYO MUTUA DE SEGUROS Y REASEGUROS A PRIMA FIJA, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 1003 RODEIRO-BOUBETA (CONCELLO DE CANGAS) Dada conta que con data de rexistro 16/07/12 (Rex. núm. 019004) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona María García-Paz Pereira en representación de D. Ángel González Ferrari e a entidade Pelayo Mutua de Seguros y Reaseguros a Prima Fija, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Policarpo Sanz, 1- 4º oficina 422 de Vigo, por danos en vehículo coma consecuencia da existencia dun socavo na E.P. 1003 Rodeiro-Boubeta no Concello de Cangas, na data 11/05/12, e que individualiza economicamente en 530,33 €. Resultando.- Que con data 22/08/12 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172.2 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que o emitiu en data 04/09/12 co seguinte contido: “…A). La E.P. 1003 Rodeiro-Boubeta sí pertenece a la red provincial de carreteras de esta Diputación. B) No se tuvo constancia de esta ni de ningún otro anterior o posterior, ni por esta causa ni por ninguna otra. C) No existía ningún tipo de señalización de advertencia de la existencia del agujero al no tener constancia de la existencia del mismo. D) No se pueden determinar las dimensiones del agujero al no tener constancia del mismo, no se pueden determinar por la misma razón, si era cortante, en el ángulo o suave. E) Tal y como refleja el informe de la Policía Local de Cangas: “Inspeccionada a zona, parece ser que o citado burato puidera ser debido a que o terreo cedera xusto no lugar onde podería ir colocada unha tajea de sumidoiro”, el motivo de la existencia del agujero es la deficiente ejecución de la tapa de registro de un pozo de la red de saneamiento. Esto no puede ser debido a que ceda el terreno, ya que estas tapas de fundición (hierro) van asentadas sobre los elementos que forman el pozo, elementos que son de hormigón y que no asientan. De esto se deduce que el problema pudiese venir originado por una mala colocación de la tapa de fundición, lo que originaría que se desprendiese de los elementos estructurales de hormigón del pozo y en consecuencia se moviese, tal y como dice el informe de la Policía Local: “Pódese comprobar ademáis que o pisar no burato, o firme sube e baixa como se debaixo houbera algún tipo de tapa.” Resumiendo: - Se construyó un pozo de registro de saneamiento. - Se instaló la tapa de registro. - Por motivos que desconozco (seguramente mala colocación de la tapa) esta empezó a moverse. - Debido a ese movimiento se produjo algún agujero. F) Dado que la tapa de registro en cuestión forma parte de la red de saneamiento del Concello de Cangas, y que este servicio está privatizado, supongo que la reparación (puesta en rasante) la habrá ejecutado la concesionaria. Desde luego sí podemos afirmar que la reparación no la realizó la Diputación. G) Simplemente me gustaría realizar un comentario: De mi experiencia en cientos de casos similares a éste, estoy en condiciones de afirmar que una vez construido el pozo incluyendo la tapa de registro de fundición, se procedió al asfaltado de la carretera, asfaltado que normalmente tiene un espesor de 4 ó 5 cms. Esto da lugar, como máximo, a una depresión en la rasante de esos 4 ó 5 cms. A pesar de lo borroso de las fotos, es lo que se puede apreciar en el informe de la Policía Local. En las condiciones anteriores, es bastante improbable que ningún vehículo de 4 ruedas sufra algún percance circulando a la velocidad a la que está limitada la carretera en ese tramo (50 km/h).” Resultando.- Que con data 15/10/12 e con fundamento nos artigos 31.1 “b” e “c” e 79.1 da Lei 30/92, déuselle traslado da reclamación a empresa Aqualia Cangas para que puidera comparecer coma interesada, e puidera facer as alegacións que tivera por convenientes, facendo as mesmas en escrito de data 12/11/12 co seguinte contido literal: “… Que a realización das obras de reparación viu precedida de fax enviado a esa Deputación con data do 16 de Maio (achegamos copia) e de conversas previas con persoal de gardería do servizo de Infraestruturas, nas que acordábamos realizar cata de recoñecemento para coñecer a orixe do socavo e exculpándonos de calquera responsabilidade a priori. Logo das catas, se puido constatar que existía un pozo de rexistro do alcantarillado oculto pola última capa de rodadura botada na estrada, e que nese pozo se produxo unha acumulación de entullo que provocou un atasco e a conseguinte cesión do firme da estrada no entorno do pozo. Que asumindo que este atranco existiu, non podemos obviar que o mesmo se produxo pola imposibilidade de mantemento e limpeza por parte de esta concesionaria debido as obras de asfaltado de este vial que taparon de xeito sistemático a maior parte dos pozos de rexistro do alcantarillado que transcorre por esta estrada; feito este que foi posto en coñecemento desa administración de xeito reiterado dende o mesmo momento das obras. Este cegado dos pozos, provocou ademais a imposibilidade de que se produxera o alivio da carga pola tapa, feito que evitaría a presión sobre o firme e o posterior socavo…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non pode a Deputación facerse cargo dos danos ocasionados ó vehículo do reclamante aínda que sexa a titular do viario, toda vez que o obxecto da reclamación é a existencia dun sumidoiro en mal estado de conservación, e segundo establece o artigo 25.2 letra “l” parágrafo segundo da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora de Bases de Réxime Local, o servizo da rede de sumidoiro é competencia municipal e que este, a súa vez, pode ser prestado a través dunha concesión por unha empresa, (artigo 280.a en relación co 277.a do R.d. 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público) o que implica a concorrencia dun terceiro que quebra a relación de causalidade respecto da Deputación; nin sequera por culpa “in vigilando” cabería imputar o dano á Deputación, por canto o informe de Aqualia admite que se trata dun pozo de rexistro de sumidoiro, infraestrutura pertencente á Administración Municipal que tutela á concesionaria, e que é quen desenvolve mediante prezo as labouras de vixilancia e detección de desperfectos, mantemento e obras, reparando Aqualia neste suposto as deficiencias, polo que a reclamación debe ser rexeitada xa que a mera titularidade dunha infraestrutura non converte ás Administracións en aseguradoras universais de todos os riscos. A maior abundamento, non se produciu ningún outro accidente polas mesmas causas. Todo elo sen que isto presupoña prexulgamento da responsabilidade que, en todo caso e ao abeiro do artigo 1.902 do Código Civil, podería esixirse no eido da xurisdición civil á devandita concesionaria ou, de ser o caso, na vía contencioso-administrativa ó Concello titular do servizo adxudicado en concesión. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 2.20440.- APROBACIÓN DA XUSTIFICACIÓN, POLO PROCEDEMENTO DE RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO, DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN DE VECIÑOS PONTELLAS (MORAÑA), PARA A OBRA “ACONDICIONAMENTO DA FONTE PONTELLAS”, INCLUÍDA NO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA 2011 A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a xustificación polo procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de 3.000,00 €, correspondente á subvención concedida á Asociación de Veciños Pontellas (Moraña), para a obra: “Acondicionamento da fonte Pontellas”, incluída no Programa de Acción comunitaria 2011, aprobada por concorrencia competitiva na Xunta de Goberno de 5 de agosto de 2011, acordo nº 4.19405; dito importe cargarase á aplicación 12/942.459.789.07.2011. 3.20441.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE CUNTIS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000442 DENOMINADA “PROXECTO BÁSICO E DE EXECUCIÓN DO CONXUNTO DE 144 NICHOS NO CEMITERIO MUNICIPAL DE CUNTIS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Vista a solicitude do Concello de Cuntis e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Cuntis con CIF núm.P3601500F, a cantidade de cento oitenta e oito mil seiscentos sesenta e tres euros con cincuenta e nove céntimos (188.663,59€), para a realización do investimento núm. 2012000442 denominado “Proxecto básico e de execución do conxunto de 144 nichos dentro do recinto do cemiterio municipal de Cuntis”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 4.20442.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORCAREI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000424 DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN EN BARCIELA E VALADARES EN FORCAREI”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Vista a solicitude do Concello de Forcarei e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Forcarei con CIF P-3601800-J, a cantidade de sesenta e seis mil setecentos cincuenta e seis euros con cincuenta e seis céntimos (66.756,56€), para a realización do investimento núm. 2012000424 denominado “Pavimentación en Barciela e Valadares en Forcarei”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.20443.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE GONDOMAR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000401 DENOMINADA “EXECUCIÓN DE MURO DE CONTENCIÓN E DEMOLICIÓN DE EDIFICACIÓN NO PARQUE DAS CERCAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Vista a solicitude do Concello de Gondomar e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó concello de Gondomar con CIF 3602100-D, a cantidade de cento dezanove mil trescentos setenta e cinco euros con setenta e un céntimos (119.375,71€), para a realización do investimento núm. 2012000401 denominado “Execución muro de contención e demolición de edificación no parque das Cercas”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.20444.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE TUI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000526 DENOMINADA “RENOVACIÓN DA PAVIMENTACIÓN NO ACCESO AUTOVÍA A-55 GUILLAREI”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000526, denominado “Renovación da pavimentación no acceso autovía A-55, Guillarei”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Tui con CIF núm. P3605500B, a cantidade de sesenta e catro mil trescentos catorce euros con trinta e un céntimos (64.314,31 €), para a realización do investimento núm. 2012000526, denominado “Renovación da pavimentación no acceso autovía A-55, Guillarei”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 7.20445.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INFRAESTRUTURAS (PROGRAMA C/12) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 22 de xuño de 2012 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2012, entre as que se atopa o programa C/12 “Infraestrutura” que vai dirixido ó financiamento para a construcción ou a rehabilitación de centros culturais, restauración de monumentos, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 239.980,00 €, con cargo á aplicación 12/330.334.789.04 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para infraestrutura (Programa C/12) e que son as que se relacionan a continuación: 8.20446.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA INSTRUMENTOS E VESTIARIO (PROGRAMA B/12) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 22 de xuño de 2012 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2012, entre as que se atopa o programa B/12 “Instrumentos e vestiario” que vai dirixido a financiar ós grupos e ás asociacións musicais da nosa provincia para a adquisición de instrumental ou vestiario propio destes, e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 91.933,00 €, con cargo á aplicación 12/330.334.789.00 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para instrumentos e vestiario (Programa B/12) e que son as que se relacionan a continuación: 9.20447.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Mediante escrito de data 25/10/2012 (Rexistro de entrada nº031150), Dna. Ruth González Reyes, en calidade de Xefa do Servizo de Turismo expón que a Deputación de Pontevedra colabora coa Dirección Xeral de Comercio da Xunta de Galicia no desenvolvemento das actuacións recollidas dentro do marco do “Convenio de colaboración entre a Consellería de Economía e Industria e a Deputación Provincial de Pontevedra para o financiamento de actuacións enmarcadas nun proxecto de información e dinamización comercial na Provincia de Pontevedra, financiado polo FEDER no marco do Programa Operativo 2007-2013” que foi aprobado por RP nº 008540 de 09/07/2012 e posteriormente asinado o 12/07/2012. Para desenvolver este proxecto, a Deputación de Pontevedra, desde a súa Área de Comercio, atende ó público e leva a cabo acciones para a mellora de información, asesoramento, orientación e formación do sector comercial da provincia de Pontevedra. A área de Comercio da Deputación de Pontevedra está atendida por persoal técnico licenciado que conta con acreditada experiencia e coñecementos específicos en materia de pequeno comercio e consumo, así como do tecido asociativo e da actividade comercial da provincia de Pontevedra. O día 30/10/2012 o Instituto Galego de Consumo ten programado impartir na súa sede de Santiago de Compostela unha xornada informativa sobre “As subministracións básicas: liberalización do mercado enerxético” dirixido ó persoal das Administracións Estatal, Autonómica e Local. Por todo iso, solicita autorización e axuda económica para poder asistir a esta Xornada Informativa Dna. Ana María Maquieira Souto (encargada da atención ó público da Área de Comercio), a Santiago de Compostela o día 30/10/2012. Examinada a documentación que obra no expediente, consta que non se tramitou a solicitude con antelación suficiente polo que procede á súa validación. A solicitude é conformada favorablemente pola Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez. Polo exposto, e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o R.d. 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expte. e conceder a Dna. Ana María Maquieira Souto licenza para asistir, así como unha axuda económica en concepto de gastos de desprazamentos e dietas por importe de 56,36 €, estando desagregados do seguinte xeito: Desprazamentos: (Saída día 30/10/2012 antes das 10:00 h. e regreso o mesmo día antes das 22:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Desprazamento en vehículo particular 144 km x 0,19 € (Pontevedra-Santiago de Compostela-Pontevedra) 27,36 € 433.431.231.20 Peaxe (2 x 5,15 €) 10,30 € 433.431.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 37,66 € 433.431.231.20 Dietas: (Saída día 30/10/2012 antes das 10:00 h. e regreso o mesmo día antes das 22:00 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA ½ Manutención (Grupo II) 18,70 € 433.431.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 18,70 € 433.431.230.20 Unha vez finalizada a viaxe, a interesada deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. B) Con data 19/11/2012 (Rexistro de entrada nº033797), o Xefe do Servizo da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez, expón que a Dirección Xeral de Sanidade Vexetal do Goberno de Portugal organiza unha Xornada Técnica sobre Flavescência dourada da videira, onde se pretenden presentar diversos traballos relacionados coa sintomatoloxía da enfermidade, a súa situación actual no país, así como a presentación de medidas de protección e resultados en termos de eficiencia para o seu control. Para dito evento, Dona Patricia Ulloa Alonso, Subdirectora Xeral de Apoio ás Explotacións Agrarias da Xunta de Galicia, invitou a D. Pedro Mansilla Vázquez, en representación da Comunidade Autónoma de Galicia, para participar en dita Xornada que terá lugar o día 19 de novembro de 2012, na Adega Cooperativa de Ponte de Lima (Portugal). Por iso, solicita permiso e axuda económica, en concepto de gastos de locomoción, para poder asistir. Dado que a solicitude non se tramitou coa antelación suficiente procede a validación do expediente. A solicitude é conformada pola Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido da Xornada e o traballo que vén desenvolvendo dito funcionario no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880, de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o interesado deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da Xornada e as conclusións obtidas. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e R.d. 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997, de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expte. e conceder a D. Pedro Mansilla Vázquez, licenza para asistir á Xornada Técnica sobre Flavescência dourada da videira, así como unha axuda económica que ascende a un total de 73,08 € en concepto desprazamentos e dietas: Desprazamento:CONCEPTO TOTAL PARTIDA Km. Vehículo particular (92 km x 2) x 0,19 € 34,96 € 12/413.413.231.20 Peaxe 19,06 € x 2 38,12 € 12/413.413.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 73,08 € 12/413.413.231.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizado o Encontro, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de devanditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. C) Mediante escrito de data 19/11/2012 (Rexistro de entrada nº033815), Dna. Mª del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos da Deputación Provincial de Pontevedra, expón que asistirá á Xornada técnica “Guías para a simplificación documental e directrices sobre a calidade dos servizos de prevención alleos”, que se celebrará no Instituto Galego de Saúde Laboral de Rande, o 22 de novembro de 2012, polo que solicita que se lle aboen os gastos de autopista e quilometraxe. A solicitude foi informada favorablemente pola Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. O contido da Xornada Técnica garda relación directa coas funcións desenvolvidas pola interesada no seu Servizo. De acordo con todo o exposto, ó amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813, de data 23 de xaneiro de 2008, 9.14880 de 09 de marzo de 2007 e 12.19459 de 9 de setembro de 2011, e R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e artigo 67 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997, de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expte. e conceder o permiso solicitado por Dna. María del Carmen Crespo Blanco, para asistir á Xornada técnica “Guías para a simplificación documental e directrices sobre a calidade dos servizos de prevención alleos”, que se celebrará no Instituto Galego de Saúde Laboral de Rande, o 22 de novembro de 2012, así como unha axuda económica que ascende a un total de 19,96 €, desagregados en: - Gastos de desprazamento en vehículo particular: 0,19 *64 km 12,16 €. - Gastos de Peaxe autoestrada 7,80 €. Ditas cantidades imputaranse á aplicación orzamentaria 929.920.231.20 de locomoción do Orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se aboe a axuda económica proposta, a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. D) Con data 28/11/2012 (Rexistro de entrada nº035016), o Xefe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez, expón que a Plataforma Tecnolóxica Forestal Galega organiza un Encontro transnacional para promover iniciativas de cooperación e de I+D+I sobre sostenibilidade das plantacións de eucalipto no sur de Europa. Este foro está especialmente dirixido a expertos das organizacións de propietarios forestais directamente involucradas, a expertos de empresas de transformación e de administracións, así como a científicos que traballen neste ámbito de coñecemento. Para dito evento Dona María do Rosario Castilla Pascual, Técnico do Organismo Público CIS Madeira, invitou a D. J. Pedro Mansilla Vázquez, en representación do Centro, para participar en dito Encontro e que terá lugar os días 29 e 30 de novembro de 2012, no Hotel San Lázaro Eurostars de Santiago de Compostela. Por iso, solicita permiso e axuda económica, en concepto de gastos de locomoción, para poder asistir. Dado que a solicitude non se tramitou coa antelación suficiente procede a validación do expediente. A solicitude é conformada pola Deputada Dona Begoña Estévez Bernárdez. Dada a relación existente entre o contido da Xornada e o traballo que vén desenvolvendo dito funcionario no Servizo, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, o interesado deberá presentar unha memoria sobre o desenvolvemento da Xornada e as conclusións obtidas. Polo exposto, e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real decreto 462/2002, de 24 de maio de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que me confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a D. Pedro Mansilla Vázquez, licenza para asistir ó Encontro transnacional para promover iniciativas de cooperación e de I+D+I sobre sostenibilidade das plantacións de eucalipto no sur de Europa, así como unha axuda económica que ascende a un total de 66,20 € en concepto desprazamentos: Desprazamento: CONCEPTO TOTAL PARTIDA Km. Vehículo particular (60 km x4) x 0,19 € 45,60 € 12/413.413.231.20 Peaje 5,15 € x4 20,60 € 12/413.413.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 66,20 € 12/413.413.231.20 Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada o Encontro, para que se aboe a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real decreto 462/2002, de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ao disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 10.20448.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 11.20449.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SOUTOMAIOR PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000498 DENOMINADA “PROLONGACIÓN PASEO MARÍTIMO EN ARCADE”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación da obra núm. 2012000498, denominada “Prolongación paseo marítimo en Arcade”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Soutomaior con CIF núm. P-3605300-G, a cantidade de cento vinte e seis mil seiscentos setenta e cinco euros con vinte céntimos (126.675,20 €), para a realización do investimento núm. 2012000498, denominado “Prolongación paseo marítimo en Arcade”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.20450.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000452 DENOMINADA “ADQUISICIÓN DUN TRACTOR AGRÍCOLA, UNHA DESBROZADORA DE CADEAS FORESTAL E UNHA DESBROZADORA DE BRAZO HIDRÁULICO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000452, denominado “Adquisición dun tractor agrícola, unha desbrozadora de cadeas forestal e unha desbrozadora de brazo hidráulico”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa con CIF P-3606000-B, a cantidade de cento dez mil douscentos trinta e un euros (110.231,00 €), para a realización do investimento núm. 2012000452, denominado “Adquisición dun tractor agrícola, unha desbrozadora de cadeas forestal e unha desbrozadora de brazo hidráulico”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.20451.- NOMEAMENTO DA COMISARIA-DIRECTORA DA BIENAL DE ARTE DO ANO 2013 Esta Presidencia, consciente da importancia e transcendencia que no ámbito cultural ten a Bienal de Arte, que se ven celebrando dende fai anos con participación de artistas e as tendencias máis actuais, cunha fama que traspasa fronteiras e prestixian labor desta Deputación, precisa e require que a súa organización e dirección se encomende a unha persoa de acreditada especialización que coordine todas as actuacións que se leven a cabo na organización da Bienal de Arte que terá lugar no ano 2013 no Museo de Pontevedra. Con fundamento no exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade nomear a Dona Concepción Fontenla San Juan como Comisaria-Directora Xeral da Bienal de Arte de Pontevedra, para o ano 2013. 14.20452.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e trinta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición