ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2012/12/21_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/1.2012-12-21_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/12/21_Ordinaria

  • Data(s) 2012-12-21 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as doce horas e trinta e cinco minutos do día vinte e un de decembro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20488.- APROBACIÓN DAS BASES DO PLAN CULTURAL 2013 A Deputación de Pontevedra pon en marcha o Plan Cultural - 2013, e fiscalizadas as bases polo Servizo de Secretaría Xeral así como visto o informe favorable de Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar as bases que rexerán o citado Plan e que son do seguinte teor: PLAN CULTURAL 2013 B A S E S 1.- OBXECTO: A Deputación Provincial, no seu afán de impulsar e fomentar a cultura popular nas múltiples e variadas expresións artísticas, en colaboración cos concellos, as agrupacións, as entidades e as asociacións culturais, pon en marcha o Plan Cultural mediante o cal retribuirá ós grupos da provincia polas actuacións autorizadas e realizadas ó longo do ano 2013 no ámbito territorial da provincia de Pontevedra, coas contías que se establecen para este fin na base 7, e que se imputarán con cargo á aplicación 13/330.334.226.09 do orzamento provincial. 2.- DESTINATARIOS: Co fin de contribuír á difusión e á promoción da música, o folclore, o teatro, a danza e demais manifestacións artísticas, poderán solicitar a inclusión neste Plan Cultural as seguintes agrupacións provinciais: bandas de música, masas corais, grupos folclóricos, grupos de gaitas, bandas de gaitas, música tradicional, música clásica, teatro, etc. 3.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN: As solicitudes formalizaranse no modelo normalizado que se facilitará no Rexistro xeral da Deputación, no Servizo de Cultura ou na páxina web da Deputación: www.depo.es, acompañadas da documentación prevista na base 8ª e presentaranse no Rexistro xeral da Deputación: - Sede de Pontevedra: avda. Montero Ríos, s/n (de luns a sábado). - Sede de Vigo: rúa Oporto, núm. 3 (de luns a venres) ou tal e como establece o art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes comezará a partir do día seguinte ó da publicación da presente convocatoria no Boletín Oficial da Provincia e rematará o 31 de xaneiro de 2013. As agrupacións carentes de CIF achegarán unha acta de constitución asinada polos seus compoñentes, onde conste a designación do representante e a certificación da conta bancaria aberta a nome do grupo. 4.- DOCUMENTACIÓN: Para seren incluídos nos respectivos epígrafes presentarán como documentación: a.- Fotocopia do CIF da entidade. b.- Certificación da conta bancaria. c.- Relación nominal de compoñentes e DNI. d.- Fotografía da agrupación en formato dixital. De conformidade co establecido no art. 35.f) da Lei 30/1992, de 26 de novembro, a documentación sinalada nos apartados anteriores non terá que presentarse se xa se entregou no Servizo de Cultura desta Deputación nos últimos cinco anos e sempre que non houbera variación nela. 5.- CLASIFICACIÓN: As agrupacións incluídas no plan clasificaranse da seguinte maneira: 1.- BANDAS DE MÚSICA, as que teñan: a.- un mínimo de 70 membros e unha escola de música. b.- un mínimo de 50 membros. c.- un mínimo de 35 membros. Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar: - a relación de alumnos e de profesorado da escola de música, facendo constar, se procede, o seu recoñecemento oficial. 2.- MASAS CORAIS, as que teñan: a.- un mínimo de 50 membros. b.- un mínimo de 30 membros. 3.- GRUPOS FOLCLÓRICOS, os que teñan: a) 30 membros, grupo instrumental propio, escola de baile e acrediten mediante documento a realización de actividades de investigación, etnografía, etc. b) 20 membros, grupo instrumental propio e escola de baile. c) 16 membros e grupo instrumental propio. Ademais da documentación requirida na base 4ª deberán presentar: - a relación nominal dos compoñentes do grupo folclórico co seu DNI. - a relación nominal dos compoñentes do grupo instrumental co seu DNI. - a relación de alumnos da escola de baile. 4.- TEATRO Para seren incluídos neste epígrafe, ademais da documentación requirida na base 8ª, deberán presentar: - a programación para desenvolver e o custo da montaxe. 5.- MÚSICA CLÁSICA a.- Grupo A: grupos de cámara. b.- Grupo B: solistas, dúos, tríos, cuartetos e quintetos. c.- Orquestras: as que teñan a distribución instrumental orquestral (corda e vento). 6.- MÚSICA TRADICIONAL E OUTROS Bandas de gaitas, grupos de gaitas, grupos folk, roldas, pandereteiras, animación infantil, baile moderno, humoristas, poetas, etc. 6.- SELECCIÓN: A selección e inclusión dos grupos peticionarios levarase a cabo polo Servizo de Cultura, que poderá interesar o asesoramento necesario, a través de informes de técnicos e profesionais expertos en cada unha das materias que avaliarán os expedientes para efectos de clasificación, propoñéndolle ó órgano competente a súa aprobación definitiva. 7.- RETRIBUCIÓN: Cada actuación retribuirase cos seguintes importes: TIPO DE GRUPO IMPORTE TIPO DE GRUPO IMPORTE BANDAS DE MÚSICA (A) 600,00 € GRUPOS FOLK 270,00 € BANDAS DE MÚSICA (B) 500,00 € PANDERETEIRAS 240,00 € BANDAS DE MÚSICA (C) 450,00 € ROLDAS 240,00 € MASAS CORAIS (A) 270,00 € OUTROS GRUPOS: MASAS CORAIS (B) 240,00 € ANIMACIÓN INFANTIL 210,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS(A) 270,00 € BAILE MODERNO 210,00 € GRUPOS FOLCLÓRICOS (B) 210,00 € BALLET 240,00 € GRUPOS FOLCLORICOS (C) 170,00 € CANTAUTORES 210,00 € GRUPOS DE TEATRO (A) 500,00 € GRUPOS DE PLAYBACK 210,00 € GRUPOS DE TEATRO (B) 375,00 € GRUPOS MÚSICO-Vocal 210,00 € MAXIA 300,00 € HUMORISTAS 210,00 € CLÁSICOS (A) 240,00 € MAJORETTES 210,00 € CLÁSICOS (B) 210,00 € OUTROS FOLCLORES 210,00 € ORQUESTRAS CLÁSICAS 340,00 € POETAS 210,00 € BANDAS DE GAITAS 240,00 € GRUPOS DE POP-ROCK 210,00 € GRUPOS DE GAITAS 170,00 € 8.- SOLICITUDES DAS ACTUACIÓNS: As entidades solicitantes, como organizadoras dos actos, débense poñer en contacto coas agrupacións acollidas a este Plan Cultural para concretar a data da actuación, coñecer as condicións e facilitarlles o concerto ou a escenificación da obra. Os grupos disporán dun escenario ou marco adecuado, para que estes poidan efectuar a súa actuación sen impedimento ningún. As solicitudes para as actuacións destes grupos realizaranse cunha antelación superior ós 30 días da data da súa celebración. Os adxudicatarios de cada actuación están obrigados a facer mención, na propaganda e na publicidade oral e escrita que confeccionen, do patrocinio do acto por parte da Deputación Provincial de Pontevedra, obriga que, de non cumprirse, deixaría sen efectos a concesión realizada. 9.- OBRIGAS DAS AGRUPACIÓNS: As agrupacións seleccionadas comprométense e obrigan a executaren as actuacións que lles asigne a Deputación nos distintos municipios e centros culturais da provincia e, soamente en casos de forza maior, debidamente xustificados, quedarán exentas do dito convenio. 10.- PAGAMENTO: O pagamento das actuacións efectuarase unha vez acreditada a súa realización no modelo oficial de factura, facilitado polo Servizo de Cultura, debidamente cuberto e coa conformidade do organismo, asociación ou entidade beneficiaria. Esta documentación presentarase no prazo máximo de 30 días, a contar dende a data da actuación, quedando sen efectos se transcorre o dito prazo. Para tramitar as facturas das diferentes agrupacións, estas deberán ser emitidas polo titular que figura no CIF facilitado por Facenda. Os solistas e as agrupacións representadas por persoas individuais practicarán na factura a retención do IRPF, aplicable segundo a lexislación vixente (R.d.l. 3/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei do imposto sobre a renda das persoas físicas) e a lexislación de desenvolvemento. 11.- SELECCIÓN E ADXUDICACIÓN DAS ACTUACIÓNS: A selección das actuacións determinarase aplicando os seguintes criterios e porcentaxes: - Adecuación da actuación ó interese provincial 40% - Importancia e magnitude do ciclo ou acto a desenvolver 20% - Número posible de beneficiarios do evento 20% - Dispoñibilidade das agrupacións solicitadas para realizar a actuación 20% As agrupación acollidas a este Plan Cultural realizarán un máximo de dez actuacións anuais. Non obstante, ó longo do ano poderán autorizarse aquelas que por circunstancias excepcionais sexan necesarias e imprescindibles para o bo desenvolvemento do acto. 12.- VIXENCIA: O presente Plan Cultural terá vixencia durante todo o ano 2013, condicionado á existencia de consignación orzamentaria. 13.- DEREITO SUPLETORIO: Para o non establecido nas presentes bases serán de aplicación as bases de execución do orzamento provincial e demais lexislación aplicable.” 2.20489.- APROBACIÓN DAS AXUDAS A ASOCIACIÓNS E ENTIDADES SEN ÁNIMO DE LUCRO PARA ACTIVIDADES CULTURAIS (PROGRAMA A/12) A Deputación de Pontevedra na Xunta de Goberno de 22 de xuño de 2012 aproba as bases de subvencións de apoio á cultura, dirixidas a Entidades para actividades e investimentos ano 2012, entre as que se atopa o programa A/12 “Actividades culturais” que vai dirixido ó financiamento de concursos literarios, periodísticos, festivais folclóricos, intercambios culturais, certames, exposicións, etc., e fiscalizadas as correspondentes solicitudes polo Servizo de Intervención e co seu informe favorable sobre existencia de consignación, por un importe de 239.857,00 €, con cargo á aplicación 12/330.334.489.05 do orzamento provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a concesión de subvencións a asociacións e entidades sen ánimo de lucro para actividades culturais (Programa A/12) e que son as que se relacionan a continuación: 3.20490.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BARRO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº 644, “AREA RECREATIVA EN SANTO ANTONIÑO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello de Barro e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Conceder ó Concello de Barro con CIF núm.3600200D, a cantidade de setenta e cinco mil oitocentos doce euros con noventa e dous céntimos (75.812,92 €), para a realización do investimento núm. 2012000644 denominado “Área recreativa en Santo Antoniño”, cuxo orzamento ascende a setenta e sete mil douscentos vinte euros con oitenta e tres céntimos (77.220,83€), comprometéndose, polo tanto, o concello a achegar con cargo ós seus propios fondos o importe de mil catrocentos dous euros con noventa e un céntimos (1.402,91€). Así mesmo, en atención as especiais características do investimento, autorízase ó Concello de Barro para que proceda a súa licitación, dirección e execución, coas seguintes obrigas para a xustificación e o pagamento desta axuda e sen prexuízo de calquera outro requisito que se desprenda da lexislación aplicable: 1. O investimento deberá estar executado antes do 31/12/2012, e xustificado antes de tres meses dende o seu remate e, en todo caso, antes do 30/03/2013, de non facelo así procederase á anulación da axuda concedida. No caso de solicitar unha ampliación do prazo establecido para a súa xustificación, deberá facelo constar formalmente e por escrito motivado antes de que finalice o prazo de xustificación. En ningún caso a ampliación poderá exceder da metade do prazo inicial. 2. A axuda concédese para executar o investimento citado e non se poderá cambiar o seu destino nin a cantidade tal e como se recolle no artigo 30 da Lei 38/03, xeral de subvencións. 3. Para recibir a subvención concedida, cómpre presentar no rexistro da Deputación os seguintes documentos: a. Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade do proxecto ou investimento, con expresada mención dos resultados obtidos, xustificación das obrigas impostas e indicación de se se cumpriron os obxectivos propostos. b. Certificación/s de obra ou ben as facturas orixinais ou compulsadas do gasto efectuado, contrato, acta de comprobación de replanteo e acta de recepción. c. Acordo do órgano competente aprobando as certificacións ou facturas. d. Declaración do Concello que acredite que se lle dou publicidade ó investimento subvencionado, facendo constar a colaboración da Deputación – Servizo de Cooperación. e. Declaración das axudas recibidas de outras administracións públicas para a finalidade subvencionada e de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. f. Declaración responsable de terse realizado o investimento de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención. Os servizos técnicos da Deputación de Pontevedra, poderán comprobar en todo momento o estado da execución da obra. Na aplicación 12/942.942.652.45, existe crédito para facer fronte a este gasto, pero ó tratarse dunha obra a realizar polo concello, a aplicación correspondente sería a 12/942.942.762.00, na cal se está a tramitar o oportuno expediente para transferir o crédito necesario. 4.20491.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE FORCAREI PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2012000430, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN EN ROZADOS, TABOADELO E LERCE (FORCAREI)”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello de Forcarei e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Forcarei con CIF núm.3601800J, a cantidade de sesenta e tres mil oitocentos corenta e sete euros con noventa e nove céntimos (63.847,99€), para a realización do investimento núm. 2012000430 denominado “Pavimentación en Rozados, Taboadelo e Lerce (Forcarei)”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 12/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.20492.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000657, DENOMINADA “ABASTECEMENTO DE AUGAS EN CASTRO DE ARRIBAS, SENÍN, PUXALLOS E CASTELO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello de Lalín e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Lalín con CIF núm.3602400H, a cantidade de cento trinta mil euros (130.000,00 €), para a realización do investimento núm. 2012000657 denominado “Abastecemento de augas en Castro de Arribas, Senín, Puxallos e Castelo”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 6.20493.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000661, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO DE PARQUES PÚBLICOS E PAVILLÓN NA PARROQUIA DE PRADO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Retírase da orde do día pendente de mellor estudo expte. relativo á “Concesión de subvención ó Concello de Lalín para a realización da obra núm. 2012000661, denominada “Acondicionamento de parques públicos e pavillón na parroquia de Prado”, incluída no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación-2012”. 7.20494.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000664, DENOMINADO “ADQUISICIÓN DE MAQUINARIA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello de Lalín e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto da obra proposta, E, visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Lalín con CIF núm.3602400H, a cantidade de noventa e cinco mil euros (95.000,00€), para a realización do investimento núm. 2012000664 denominado “Adquisición de maquinaria”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 2012/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 8.20495.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VALGA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2012000451, DENOMINADA “SANEAMENTO NOS LUGARES DE CERNADAS E CASAL DE EIRIGO”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación da obra núm. 2012000451, denominada “Saneamento nos lugares de Cernadas e Casal de Eirigo”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Valga con CIF núm. P3605600J, a cantidade de douscentos seis mil cincocentos catorce euros con dez céntimos (206.514,10 €), para a realización do investimento núm. 2012000451, denominado “Saneamento nos lugares de Cernadas de Casal de Eirigo”, cun orzamento por importe de 227.578,88, co compromiso do Concello de achegar a cantidade restante por un importe de 21.058,78 €. Non obstante, o expediente de concesión queda condicionado á consecución efectiva dos terreos precisos para executar a obra, o que se acreditará coa obtención das preceptivas autorizacións sectoriais ou calquera outro documento necesario e que se deberán achegar antes da licitación do investimento ou, no seu cao, antes da súa adxudicación. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 9.20496.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.20497.- CONCESION DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE ARBO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000521, DENOMINADA “ADQUISICIÓN DUN CAMIÓN GRÚA CON BASCULANTE”, INCLUIDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello de Arbo e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, E, Visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Arbo, con CIF núm.P3600100F, a cantidade de sesenta e sete mil seiscentos vinte e nove euros con trinta e dous céntimos (67.629,32€), para a realización do investimento núm. 2012000521 denominado “Adquisición dun camión grúa con basculante”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 12/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 11.20498.- CONCESION DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DA ILLA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000399, DENOMINADA “PAVIMENTACIÓN DAS RÚAS SEMOÍÑO, ALCALDE MANUEL DE GRAÑA, NIÑO DE AGRE E CARBALLOS”, INCLUIDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN-2012 Vista a solicitude do Concello da Illa de Arousa e toda a documentación necesaria para a válida concesión dunha subvención con cargo á cantidade que lle corresponde ó citado concello no Plan de Investimentos e Gastos Correntes da Deputación para o ano 2012 (PID/12), Visto o informe favorable dos servizos técnicos provinciais de supervisión e comprobación do proxecto do investimento proposto, E, Visto o informe favorable de fiscalización do expediente de subvención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello da Illa DE Arousa, con CIF núm.P8600004I, a cantidade de sesenta e sete mil novecentos oitenta e oito euros con noventa e cinco céntimos (67.988,95€), para a realización do investimento núm. 2012000399 denominado “Pavimentación das rúas Semoíño, Alcalde Manuel de Graña, Niño de Agre e Carballos”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será a 12/942.942.652.45 do orzamento provincial, na que existe crédito suficiente para atender este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 12.20499.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE POIO PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000541, DENOMINADA “SANEAMENTO, PLUVIAIS, ABASTECEMENTO E PAVIMENTACIÓN NA RÚA OLIVEIRA”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN - 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación da obra núm. 2012000541, denominada “Saneamento, pluviais, abastecemento e pavimentación na rúa Oliveira”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Poio con CIF núm. P3604100B, a cantidade de cen quince mil cincocentos vinte e tres euros con sesenta e seis céntimos (115.523,66€), para a realización do investimento núm. 2012000541, denominado “Saneamento, pluviais, abastecemento e pavimentación na rúa Oliveira”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 13.20500.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS PARA A REALIZACIÓN DA OBRA NÚM. 2012000490, DENOMINADA “RECUPERACIÓN AMBIENTAL E SENDA PEONIL NO RÍO CASELAS-TRAMO PALOMAR ANTERO-REGADAS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS E GASTOS CORRENTES DA DEPUTACIÓN - 2012 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención, polo procedemento ordinario de concorrencia competitiva, e a tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000490, denominado “Recuperación ambiental e senda peonil no río Caselas–Tramo Palomar Antero-Regadas”, dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Salceda de Caselas con CIF núm. P3604900E, a cantidade de cen mil catrocentos vinte e oito euros con oito céntimos (100.428,08€), para a realización do investimento núm. 2012000490, denominado “Recuperación ambiental e senda peonil no río Caselas – Tramo Palomar Antero-Regadas”, cun orzamento polo mesmo importe. Esta subvención, contabilizarase con cargo á aplicación 12/942.942.652.45 do Orzamento Provincial para o presente exercicio 2012, na que existe crédito suficiente para facer fronte a este gasto. - Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 14.20501.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITO DE FACTURAS EMITIDAS POLA EMPRESA LÉREZ EDICIONES, S.L. (DIARIO DE PONTEVEDRA) En relación á factura número 31212-1, por importe de 82.056,14 € (IVE incluído), emitida con data 07 de decembro de 2012 pola empresa Diario de Pontevedra (Lérez Ediciones, S.L.), con CIF B-36003549 e domicilio en r/ Lepanto, nº5, baixo, 36001, Pontevedra, exponse: Primeiro.- Tal e como se especifica no informe adxunto do Xefe do Servizo de Comunicación, D. Martín Fernández Vizoso, a Deputación de Pontevedra adquiriu á empresa Lérez Ediciones, S.L., durante ano 2011 (do 14 de setembro ó 20 de decembro), a cantidade de 149.160 exemplares do Diario de Pontevedra pola contía de 82.056,14 €, para a súa distribución nas facultades e departamentos do Campus Universitario da Universidade de Vigo na cidade de Pontevedra. Segundo.- O Gabinete de Comunicación acusou recibo das facturas números 31109-1252, 31110-1447, 31111-1240 e 31112-1227, polo importe mencionado con anterioridade. Por razóns orzamentarias, o abono da cantidade de 82.056,14 €, se pospuxo ó ano 2012. Terceiro.- Lérez Ediciones, S.L. achegou o produto e un prezo bonificado á Deputación de Pontevedra que contribuíu adquirindo e facilitando á prensa escrita local os universitarios pontevedreses. Lérez Ediciones, S.L., distribuíu dende o 14 de setembro o 20 de decembro de 2011, de luns a venres, 149.160 exemplares distribuídos da seguinte maneira: 1. ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERIA (Joaquín Costa, 041):200 exemplares/día. 2. ESCOLA INGENIEROS TECNICOS FORESTALES (A Xunqueira s/n-Campus): 400 exemplares/día. 3. ESCOLA UNIVERSITARIA DE FISIOTERAPIA (A XUNQUEIRA, S/N-CAMPUS):200 exemplares/día. 4. FACULTADE DE BELAS ARTES (Maestranza, 002): 480 exemplares/día. 5. FACULTADE DE CIENCIAS SOCIAIS (A Xunqueira s/n-Campus): 500 exemplares/día. 6. ESCOLA CIENCIAS EDUCACION E DEPORTE (Avd. de Bos Aires s/n): 480 exemplares/día. As condicións especiais aplicadas a este servizo por parte de Diario de Pontevedra á Deputación de Pontevedra foron as seguintes: 1) 66 días de entrega, sendo o primeiro o 14 de setembro 2011 e o último o 20 de decembro de 2011. 2) 2.260 exemplares por día (total 149.160 exemplares). 3) De luns a venres laborais. 4) Total a facturar 82.056,14 euros IVE incluído. 5) Prezo por exemplar 0,53 euros+IVE (4%). 6) Desconto máximo admitido por OJD aplicado á Deputación de Pontevedra do 50% sobre o prezo de cabeceira (1,10 €). Considerouse que Lérez Ediciones, S.L. foi o medio máis adecuado ó ser o que goza da exclusividade do Diario de Pontevedra, xornal en crecemento que aumentou considerablemente o seu número de lectores na área de influencia da Deputación de Pontevedra acadando os case 46.000. Visto o informe emitido polo Servizo de Intervención de data 18 de decembro de 2012, concluíndo que o órgano competente para a aprobación do expediente, por non haberse seguido o procedemento adecuado, é a Xunta de Goberno, requírese seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito, con cargo á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.02 (RC nº 201200099874), de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2012, polo que, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade o recoñecemento extraxudicial das seguinte obriga: - Factura número 31212-1 por importe de 82.056,14 € (IVE engadido), emitida con data 07 de decembro de 2012 pola empresa Diario de Pontevedra (Lérez Ediciones, S.L.), con CIF B-36003549, en concepto de adquisición e distribución nas facultades e departamentos do Campus Universitario da Universidade de Vigo de 149.160 exemplares do Diario de Pontevedra. O importe desta factura cargarase á aplicación orzamentaria 12/900.912.226.02 (RC nº 201200099874). 15.20502.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 20/12/2012, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas que figuran ca referencia 201200001716 e que contén catro facturas, sendo a primeira de EAJ48 Evolución Multimedia, S.L.., por importe de 4.292,48 € e a derradeira de EAJ48 Evolución Multimedia, S.L.., por importe 17.875,94 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 71.246,02 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 71.246,02 € 16.20503.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS DE CONTRATACIÓN Vistos os informes emitidos por Intervención, correspondentes ás facturas que se relacionan posteriormente, e tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno; as aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das seguintes obrigas: 1.- Facturas emitidas por Darzal Consultoria Y Prevención, S.L.: A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Vistos o informe de Intervención de data 19 de decembro de 2012 correspondente ás facturas que se relacionan posteriormente, e tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno; ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Nº Factura Data Obra Importe € 0403-01/2012 29/11/2012 Mellora de trazado e capa de rodadura EP 9201 Sanxenxo, Bordóns Estrada Samieira(D07/0245) C. Final 1.632,58€ 0403-03/2012 29/11/2012 Redacción do proxecto e execución das obras: Acceso oeste a Montecelo tramo I PO-223 a Avda. Bos Aires (D07/0245) C. Final 2.372,25€ 0403-03/2012 29/11/2012 Proxecto modificado construción pavillón deportivo no lugar de Castro, Mos. (D09/0119) C 6-final 539,23 TOTAL 4.544,06€ O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 2.- Factura emitida por Oreco, S.A. (NIF: A-36614691), nº 310/12 de data 18/12/2012, por importe de 111.320,08€, en concepto de: “Obras de adecuación para acto inaugural y oficinas federativas”. O pago da factura nº 310/12, por importe de 111.320,08 € realizarase con cargo á aplicación orzamentaria: 12/340.342.652.02 (doc. RC nº 20120100498) do vixente presuposto provincial. 17.20504.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº1 FINAL DA OBRA: MELLORA DE ACCESO E ENLACE E.P. 9405 SAN MARTIÑO, ARMENTEIRA, BUSTO COA E.P. 9406 GALLAS, ARMENTEIRA (MEIS) Vista a certificación 1-final da obra: “Mellora de acceso e enlace E.P. 9405 San Martiño, Armenteira, Busto coa E.P. 9406 Gallas, Armenteira, Meis” (D12/0059) adxudicada no seu día á empresa Narom S.L., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 18/12/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación: 1-final: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe NAROM S.L. (CIF. B-36.163.418) 2012/456.453.612.02 231.988,52 € SUBTOTAL 231.988,52 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 6.444,57 € Control de calidade (1,05%) Id. 1.691,70 € Seguridade e saúde (0,50%) Id. 805,57 € TOTAL DESCONTOS 8.941,84 € TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 223.046,68 € Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel de acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 18.20505.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº15 DA OBRA: POUSADA EN ARMENTEIRA (MEIS) Vista a certificación nº 15 da obra: “Aprobación da certificación nº 15 Pousada de Armenteira, Meis”, adxudicada no seu día á empresa Construcciones Abal, S.A., e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 14/12/2012 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2012, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación nº15: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe Construcciones Abal S.A. (A-36.115.459) 12/942.430.622.01.2010 273.835,05€ SUBTOTAL 273.835,05€ Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 7.607,06€ Control de calidade (3%) Id. 5.705,29€ Seguridade e saúde (0,5%) Id. 950,88€ TOTAL DESCONTOS 14.263,23€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 259.571,82€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por tratarse da prestación do servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel de acordo co ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A Liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoo no concepto orzamentario que proceda, e os dos técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. Este acordo supón a súa aceptación expresa a ser incluído na lista pública que se recolle no art 7, apartado 2 letra d do Regulamento (CE) 1828/2006 da Comisión de 8 de decembro de 2006. 19.20506.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O REMATE DA OBRA DE CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN A Xunta de Galicia, a Deputación Provincial e o Concello de Pontevedra subscribiron, con data 30 de decembro de 2005, un convenio de colaboración para levar a cabo a construción dun novo campo de fútbol de Pasarón e un complexo deportivo en A Parda. Posteriormente, formalizouse unha addenda ó convenio establecéndose como prazo de vixencia do mesmo ata o 31 de decembro de 2009, prazo que non foi prorrogado expresamente, reestruturándose, así mesmo, o cadro de financiamento das obras incluídas no mesmo. As obras do Campo de Pasarón non foi posible rematalas nesa data, e seguiuse construíndo no ano 2010 e seguintes, con achegas propias da Deputación provincial. Ó ter o convenio vixencia só ata o 31/12/2009 o Concello deixa de pagar as certificacións expedidas con posterioridade a esa data, tendo pendente de aboar á Deputación a cantidade de 605.145,19 € ó carecer do instrumento xurídico que avale esta inversión. Por outra banda, o Complexo Deportivo de A Parda sufriu unha serie de incidencias na súa construción, sendo necesario reprogramar a inversión e os prazos previstos no convenio inicial, de aí que, parece oportuno artellar, a partir de agora, dous convenios distintos, un para Pasarón e outro para A Parda, dado que o primeiro deles está practicamente construído e no outro, ó da Parda, a Deputación non intervén para nada, nin na execución nin no financiamento. Con tal motivo preténdese asinar este convenio de colaboración entre a Deputación Provincial, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o remate da obra de construción do Campo de Fútbol de Pasarón, coa finalidade de que o Concello libere á Deputación a cantidade de 605.145,19 € pendente de aboar. Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por todo o exposto, en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o “Convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia e o Concello de Pontevedra para o remate da obra de construción do campo de fútbol de Pasarón”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, A SECRETARÍA XERAL PARA O DEPORTE DA XUNTA DE GALICIA E O CONCELLO DE PONTEVEDRA PARA O REMATE DA OBRA DE CONSTRUCIÓN DO CAMPO DE FÚTBOL DE PASARÓN En Santiago de Compostela, a…de 2012 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1 b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José Ramón Lete Lasa, Secretario Xeral para o Deporte da Xunta de Galicia, en uso das competencias desconcentradas nos Secretarios Xerais dependentes da Presidencia, en virtude da Disposición Adicional Segunda do Decreto 325/2009, do 18 de xuño, de estrutura orgánica dos órganos superiores dependentes da Presidencia da Xunta de Galicia. O Sr. D. Miguel Anxo Fernández Lores, Alcalde do Concello de Pontevedra, ao abeiro do disposto nos artigos 124.2 e 124.4 da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases do réxime local e no artigo 61.1.a) da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de administración local de Galicia, e expresamente facultado para este acto en virtude do acordo plenario adoptado para o efecto. As partes comparecentes recoñécense mutuamente plena lexitimación, capacidade e representación para a sinatura do presente Convenio de colaboración, e a estes efectos, E X P O Ñ E N I.- As administracións públicas asinantes do presente son conscientes de que o incremento da práctica deportiva reclama unha mellor dotación de infraestruturas, de forma que permita dar satisfacción á crecente demanda social existente na materia. Esta inquietude xa se concretara na sinatura de dous protocolos de colaboración entre estas mesmas administracións públicas: o Protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (a entón Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado) e a Deputación Provincial de Pontevedra, para a construción dun campo de fútbol na cidade de Pontevedra, de data 20 de maio de 2003, e o protocolo de colaboración entre a Xunta de Galicia (Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado), a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Pontevedra para a construción dun novo campo de fútbol de Pasarón e dun complexo deportivo na Parda, de data 7 de maio de 2004. Estes protocolos desenvolvéronse e materializáronse a través da sinatura dun convenio de data 30 de decembro de 2005, establecéndose para o campo de fútbol de Pasarón o seguinte financiamento: Secretaría Xeral para o Deporte 270.000,00 euros Deputación 4.500.000,00 euros Concello 3.750.000,00 euros TOTAL 8.520.000,00 euros II.- De conformidade co establecido na cláusula terceira do convenio, a Xunta de Goberno da Deputación en sesión do día 10 de marzo de 2006, aprobou o proxecto e o expediente para a contratación mediante concurso, por procedemento aberto, da realización das obras do campo de fútbol de Pasarón, publicándose no Diario Oficial da Comunidade Europea, no Boletín Oficial do Estado, no da Provincia e no da Comunidade Autónoma. A Xunta de Goberno, en sesión do día 30 de xuño de 2006, adxudicou o concurso á empresa Oreco, S.A. polo prezo de 7.237.740,00 €. A Xunta de Galicia efectuou a súa achega de 270.000,00 € ingresándoa nas arcas provinciais e o Concello ingresa a súa achega, en base as certificacións que se lle remiten. No desenvolvemento das obras xurdiron necesidades novas, como a prolongación da cuberta inicialmente prevista para cubrir totalmente os graderíos e evitar así as inclemencias do tempo, o que obrigou a un cambio da sección das vigas metálicas e en consecuencia un recálculo da estrutura de formigón. Por causas imprevistas houbo que realizar diversas obras, como consecuencia da compatibilización do uso do estadio co desenvolvemento do campeonato ligueiro, traslado dun centro de transformación de Unión Fenosa ubicado no graderío de preferencia, etc. Estas situacións imprevistas ou necesidades novas obrigaron a redacción dun proxecto modificado que ascendeu a contía de 12.980.012,00 euros, o que supuxo un incremento con respecto ó tipo de licitación de 4.460.000,12 euros, sendo financiado ó 50% entre o Concello de Pontevedra e a Deputación Provincial. Para regularizar o novo financiamento, formalizouse unha addenda ó convenio polas partes implicadas con data 21 de decembro de 2007, establecéndose como novo prazo de vixencia ata o 31 de decembro de 2009, que non foi prorrogado expresamente. Na cláusula cuarta desta addenda, reestrutúrase o cadro de financiamento das dúas obras co seguinte detalle: Administra-ción Obra 2005 2006 2007 2008 2009 Total Xunta de Galicia Pasarón A Parda 60.000,00 € - 210.000,00 € - 1.230.000,00 € 337.000,00 € - 595.000,00 € - 538.000,00 € 2.970.000,00 € Deputación de Pontevedra Pasarón A Parda 500.000,00 € - 1.000.000,00 € - 1.000.000,00 € - 3.115.000,03 € - 1.115.000,03 € - 6.730.000,06 € Concello de Pontevedra Pasarón A Parda 920.000,00 € - 1.415.000,00 € - 1.415.000,00 € - 500.000,00 € 600.000,00 € 500.000,06 € 630.000,00 € 5.980.000,06 € TOTAL 15.680.000,12 € III- Non obstante, no ano 2010 seguiu construíndose o campo de fútbol de Pasarón, achegando o financiamento, única e exclusivamente, a Deputación Provincial de Pontevedra. En efecto, a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 21 de xullo de 2010, aprobou un novo proxecto modificado por un importe de 1.444.686,61 € e, posteriormente, en sesión celebrada o día 13 de outubro prestou aprobación a un proxecto complementario por un importe, unha vez modificado, de 1.471.994,42 €. O prazo de execución das obras ampliouse ata o día 30 de novembro de 2011. Ó ter o convenio vixencia só ata o 31 de decembro de 2009, o Concello deixa de pagar as certificacións expedidas con posterioridade a esta data. A contía pendente ascende a un importe de 605.145,19 euros. Así mesmo, o complexo deportivo de A Parda sufriu unha serie de incidencias na súa construción, polo que é necesario reprogramar a inversión e os prazos previstos no convenio inicial. Por todo isto, e aínda sendo firme a vontade das partes implicadas de levar a cabo a realización das actuacións previstas no convenio inicial o antes posible, dado que unhas obras, as de Pasarón, están practicamente rematadas, e outras, as de A Parda, polas distintas vicisitudes xurdidas vaise ver dilatada durante máis tempo a súa execución, e sendo ademais as Administracións contratantes distintas, parece razoable artellar, a partir de agora, dous convenios distintos, un para Pasarón e outro para a Parda, posto que a Deputación non intervén para nada nin na execución nin no financiamento do complexo deportivo de A Parda. Por todo o anterior, a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral para o Deporte) e o concello de Pontevedra, deciden subscribir este convenio que se suxeitará ás seguintes, CLÁUSULAS Primeira: OBXECTO DO CONVENIO É obxecto deste convenio establecer as bases de colaboración entre a Deputación de Pontevedra, a Xunta de Galicia (a través da Secretaría Xeral para o Deporte), e o Concello de Pontevedra para o remate da execución das obras de construción do campo de fútbol de Pasarón. Segunda: INVESTIMENTO PROGRAMADO O investimento destinado ó remate das obras ao que se refire o presente convenio, fíxase nas seguintes cantidades: Xunta de Galicia: 53.867,00 euros Concello de Pontevedra: 605.145,19 euros Deputación Provincial: 3.814.475,67 euros Terceira: COMPROMISOS DAS PARTES 1) Obrigas da Deputación Provincial de Pontevedra: Achegar, con cargo ós seus orzamentos de gastos, a contía de oitocentos noventa e sete mil setecentos noventa e catro euros con sesenta e tres céntimos (897.794,63 €), destinada a financiar a obra executada fóra do período de vixencia do anterior convenio, que finalizou o 31 de decembro de 2009, e a que corresponde executar ata a súa finalización, a cantidade de un millón catrocentos corenta e catro mil seiscentos oitenta e seis euros con sesenta e un céntimos (1.444.686,61 €) correspondentes ó modificado número dous, e a cantidade de un millón trescentos oitenta e seis mil catrocentos dezanove euros con cincuenta e seis céntimos (1.386.419,56 €) para o complementario, máis 85.574,87 euros do modificado, o que fai un total de tres millóns oitocentos catorce mil catrocentos setenta e cinco euros con sesenta e sete céntimos (3.814.475,67 €). Para facer fronte a este gasto existe consignación orzamentaria nas aplicacións 11/340.342.652.02.2009 e 11/340.342.652.02.2010. Asemade seguirá asumindo os custos de dirección de obra de arquitecto técnico, de coordinación de seguridade e saúde, así coma calquera outro esixido pola normativa de aplicación. 2) Obrigas da Xunta de Galicia: Asumirá os costos pendentes de redacción de proxecto e de dirección de obra de arquitecto e que ascenden á cantidade de cincuenta e tres mil oitocentos sesenta e sete euros (53.867,00 €). 3) Obrigas do Concello de Pontevedra: O Concello de Pontevedra, para o remate da execución da obra de construción do novo campo de fútbol de Pasarón, comprométese a: a. Manter a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra os terreos axeitados e suficientes para posibilitar a obra, libres de cargas e gravames. b. O Concello de Pontevedra asumirá as obrigas económicas derivadas deste convenio, que se concretan en completar a súa achega, con cargo aos orzamentos de gastos do ano 2012, na contía de seiscentos cinco mil cento corenta e cinco euros con dezanove céntimos (605.145,19 €), para proceder ao pago das certificacións de obra expedidas do campo de fútbol de Pasarón á partires do 1 de xaneiro de 2010. Para facer fronte a este gasto existe consignación suficiente na aplicación orzamentaria 09.342.1-76100S. En todo caso o Concello de Pontevedra renuncia expresamente a reter da achega do propio concello calquera tipo de tributo con motivo das obras. c. Asumir, unha vez recibida a obra, e previa comunicación da Deputación Provincial de Pontevedra a súa explotación, mantemento e conservación. Cuarta: PUBLICIDADE DAS OBRAS No exterior das obras, fixarase un cartel informativo da natureza destas, coa indicación expresa de que a actuación é cofinanciada pola Deputación de Pontevedra, a Secretaría Xeral para o Deporte e o Concello de Pontevedra. Quinta: XESTIÓN, MANTEMENTO E CONSERVACIÓN DAS INSTALACIÓNS A xestión, mantemento e conservación das instalacións deportivas,será responsabilidade exclusiva do Concello, e serán de conta deste a totalidade dos gastos que xere, sen que a Xunta de Galicia e a Deputación Provincial de Pontevedra como partes asinantes do presente convenio posúan responsabilidade ningunha respecto delas. O Concello de Pontevedra acreditará a asunción desta responsabilidade mediante testemuño do acordo adoptado ao respecto polo órgano competente do concello, expedido polo Secretario. A asunción de tal responsabilidade producirase desde o día seguinte ó de realización da acta de recepción da instalación asinada pola Administración contratante das obras e o Concello de Pontevedra, logo da oportuna comprobación do estado das obras polos Técnicos municipais. Esta circunstancia non obviará a responsabilidade que á sociedade adxudicataria lle corresponda na policía e conservación das obras ata a recepción definitiva pola administración contratante. O concello garante o uso gratuíto da instalación cando se precise para posibilitar a celebración de competicións deportivas oficiais organizadas ou promovidas pola Secretaría Xeral para o Deporte. Así mesmo, comprométese a favorecer e facilitar a celebración de competicións deportivas de carácter oficial promovidas polas distintas federacións deportivas de Galicia. No caso de conflito ou discrepancia, a Administración responsable da xestión da instalación, por solicitude dalgunha das partes, poderá actuar como árbitro. Sexta.- INSPECCIÓN DA OBRA As partes resérvanse o dereito a inspeccionar as obras da instalación deportiva consecuencia do presente convenio, durante a execución das mesmas, sen prexuízo de que corresponda, en exclusiva, ó órgano de contratación a emisión de ordes que incidan no curso das mesmas. A Deputación Provincial de Pontevedra comunicará á Secretaría Xeral para o Deporte, e ao Concello de Pontevedra, a data sinalada para a realización dos actos de recepción da obra de construción dun novo campo de fútbol en Pasarón, por se fose do seu interese asistir ós mesmos, aos únicos efectos de contar coa suficiente información en relación co grado de cumprimento do Convenio e sen que de tal asistencia se poidan derivar consecuencias de orde contractual. Sétima.- COMISIÓN DE SEGUIMENTO. Para o seguimento do grao de execución do presente convenio, a solución de controversias que a súa interpretación poida motivar, créase unha Comisión integrada por dous representantes de cada unha das administracións sinatarias. Oitava.- VIXENCIA. Dado que o presente convenio ten como antecedente outro anterior xa finalizado sen concluír as obras convidas nel, a vixencia deste convenio enténdese que comprende as inversións efectuadas dende o 1 de xaneiro de 2010, estendendo a súa vixencia ata o 31 de decembro de 2013, salvo denuncia do seu incumprimento por calquera das partes, ou da súa prórroga expresa de ser esta necesaria como consecuencia de incidencias xurdidas no curso da execución das obras. A denuncia que, requirirá o acordo previo do órgano competente da administración que a pretenda, surtirá efectos ós noventa días da súa presentación diante da Comisión a que se refire a base anterior. O incumprimento de calquera das cláusulas deste Convenio será causa bastante para a súa denuncia. Novena.- LEXISLACIÓN DE APLICACIÓN, NATUREZA DO CONVENIO E XURISDICIÓN COMPETENTE. Para a confección e tramitación deste convenio observáronse as prescricións sinaladas na Resolución do 8 de abril de 1991 pola que se fai público o acordo do Consello da Xunta de Galicia do 27 de marzo de 1991 sobre convenios de cooperación con outros entes públicos e de colaboración con particulares e no Decreto 246/1992, do 30 de xullo, da Consellería de Economía e Facenda da Xunta de Galicia, polo que se regulan determinadas condicións de execución de obras públicas en réxime de cooperación coas corporacións locais e outros entes de dereito público. Este convenio é de natureza administrativa e, consecuentemente, as cuestións litixiosas que xurdan na súa aplicación, interpretación e cumprimento serán competencia da xurisdición contencioso-administrativa. En proba de conformidade, asínase este convenio de cooperación en triplicado exemplar no lugar e data indicados. O Presidente da Deputación de Pontevedra, O Secretario Xeral para o Deporte, O Alcalde do concello de Pontevedra, Rafael Louzán Abal José Ramón Lete Lasa Manuel Anxo Fernández Lores” 20.20507.- APROBACIÓN DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA O: ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA E.P. 8501 VALGA MARTORES Os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a cooperación en cuestións de interese común, tal e como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. Con tal motivo preténdese firmar un convenio de colaboración entre a Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga para a execución da obra “Ensanche e mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga-Martores”. O custe total do convenio ascende á cantidade de trescentos setenta e cinco mil euros (375.000,00 €). Polo Secretario emítese informe favorable do proxecto do convenio de colaboración. Por Intervención emítese informe no que se participa que existe crédito suficiente para levar a cabo esta actuación na aplicación 13/456.453.612.02, condicionada á aprobación definitiva do orzamento do exercicio 2013. Por todo o exposto, e visto o informe de intervención, de data 21 de decembro de 2012, en aplicación da base 16.2 das aprobadas para a execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Valga para a execución da obra “Ensanche e mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga – Martores”. Así mesmo facúltase ó Presidente da Deputación para a formalización do mencionado convenio mediante a súa sinatura. Dito convenio é como segue: “CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE VALGA PARA O “ENSANCHE E MELLORA DA SEGURIDADE VIAL NA E.P. 8501 VALGA – MARTORES”. No Pazo Provincial, a …. de decembro de 2012 REUNIDOS O Sr. D. Rafael Louzán Abal, na súa condición de Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, actuando en virtude da competencia que lle atribúe o artigo 34.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. O Sr. D. José María Bello Maneiro, Alcalde-Presidente do Concello de Valga, actuando en virtude das facultades representativas que lle atribúe o artigo 21.1.b) da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local. Ambas partes recoñécense con capacidade para formalizar o presente convenio, en base ós principios de colaboración, cooperación, coordinación e eficacia que deben presidir as actuacións das Administracións Públicas. MANIFESTAN I.- Que os convenios entre as Administracións Públicas constitúen o instrumento adecuado para desenvolver a súa cooperación en cuestións de interese común, tal como establecen os art. 6 e seguintes da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, 57 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local e 198 e seguintes da Lei 5/97, de 22 de xullo, de Administración Local de Galicia. II.- Que segundo dispoñen os artigos 25 e 26.1 da Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local e os artigos 80 e 81 da Lei 5/1997, de 22 de xullo, de Administación Local de Galicia, os municipios deberán prestar ós seus cidadáns os servizos públicos. III.-Que a lexislación vixente en materia de Réxime Local encomenda ás Deputacións a que dirixan a súa actividade a asegurar a prestación integral e adecuada dos servizos de competencia municipal, a tal efecto, e co fin de posibilitar a consecución real e efectiva dos mesmos, é polo que instrumenta dito convenio dirixido ó cumprimento das obrigacións impostas pola normativa vixente. IV.- Que a Deputación de Pontevedra é titular da E.P. 8501, situada na comarca de Caldas, municipio de Valga, que ten o comezo en Valga e o remate en Martores. O tramo inicial desta estrada presenta un estado moi lamentable, supoñendo un risco non só para os condutores, senón tamén para os viandantes, polo que necesita unha reparación inmediata e urxente. V.- Con fundamento en canto queda exposto, e sendo patente a vontade de colaboración das Entidades comparecentes, ámbalas dúas partes acordan a subscrición do presente convenio, consonte ás seguintes: CLÁUSULAS Primeira.- Obxecto. O obxecto do presente convenio, no marco da cooperación entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Valga é levar a cabo as obras comprendidas no proxecto de “Ensanche e mellora da seguridade vial na E.P. 8501 Valga – Martores”. Segunda.- Importe. O importe a que se refire o presente convenio ascende á cantidade total de trescentos setenta e cinco mil euros (375.000,00 €), e comprenderá todos os gastos que derivan da obra a realizar, incluídos os gastos de dirección de obra e de seguridade e saúde. Terceira.- Financiamento. Os investimentos necesarios para a realización das mencionadas obras serán financiados coa colaboración da Deputación de Pontevedra e o Concello de Valga, mediante a achega das cantidades relacionadas de seguido: 2012 2013 TOTAL Deputación Provincial de Pontevedra - 300.000,00 € 300.000,00 € Concello de Valga 75.000,00 € - 75.000,00 € Investimento total 375.000,00 € A cantidade a achegar polo concello, que é un ingreso de dereito público, xerará crédito na aplicación 456.453.612.02 debendo ingresar a cantidade correspondente a anualidade 2012 á sinatura do convenio e, en todo caso, antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de falta de ingreso desta cantidade ou incumprimento de aportar a documentación requerida, a Deputación poderá reter ou compensar con calquera saldo a favor do Concello que houbese na entidade provincial. Cuarta.- Modificacións do proxecto. Calquera incidencia que poida xurdir no desenvolvemento das obras, por causas imprevistas, e que obriguen a unha modificación do proxecto, ou se produza un incremento ou diminución do seu custo ou das expropiacións, será financiado por ambas Institucións na mesma proporción. Quinta.-Obrigas da Deputación. 1.- A Deputación Provincial de Pontevedra financiará a realización das obras achegando 300.000,00 €, con cargo á aplicación 456.453.612.02 do orzamento do ano 2013, quedando condicionada á aprobación definitiva do mesmo. 2.- Levará a cabo a licitación, dirección, execución e recepción das obras contempladas no proxecto técnico. Sexta.- Obrigas do Concello de Valga. 1. O Concello de Valga obrígase a poñer a disposición da Deputación Provincial de Pontevedra, os terreos necesarios para poder levar a cabo a execución das obras relacionadas na cláusula primeira. 2. Así mesmo, deberá obter a correspondente licenza municipal e tramitar ante outros organismos as autorizacións pertinentes que foran precisas. 3. O Concello comprométese ó mantemento das beirarrúas e dos distintos servizos obxecto deste convenio, tendo a asunción de dita responsabilidade dende o día seguinte ó da formalización da acta de recepción de obras. 4. A Entidade deberá dar ó convenio a conveniente publicidade. Sétima.- Comisión de seguimento e control. Para o seguimento e control do cumprimento do presente convenio, así como para aclarar as dúbidas que suscite a súa interpretación, constitúese unha Comisión de Coordinación da que forman parte os Presidentes, ou persoas en quen deleguen, e un Técnico de cada entidade. As súas funcións, entre outras, serán as seguintes: - Impulsar e avaliar o cumprimento do presente convenio, propoñendo as actuacións que se consideren precisas. - Propoñer a interpretación, en caso de dúbida, do contido do mesmo. - En caso de que xurdiran controversias na aplicación do convenio, propoñer ás partes a resolución das mesmas. Esta comisión reunirase dentro do prazo de tres días, a contar dende a petición expresa realizada por calquera delas. Oitava.- Entrada en vigor. O presente convenio entrará en vigor na data do seu asinamento e terá vixencia ata o 31 de decembro de 2013. A vixencia do presente convenio poderá prorrogarse coa conformidade expresa das partes intervenientes, no caso de que non se rematasen as obras obxecto do mesmo. Novena.- Causas de resolución. Serán causas de resolución o incumprimento das obrigas derivadas deste convenio. Décima.- Natureza do contrato. O presente convenio ten natureza administrativa, rexéndose polas cláusulas establecidas nel, pola Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións, o R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei Xeral de Subvencións, e polas restantes normas de dereito administrativo. E en proba de canto antecede, as partes que interveñen asinan o presente convenio por duplicado e a un só efecto no lugar e data reseñada no seu encabezamento. Pola Deputación Provincial de Pontevedra, Polo Concello de Valga, Rafael Louzán Abal D. José María Bello Maneiro” 21.20508.- PRÓRROGA DA VIXENCIA DO CONVENIO DE COLABORACIÓN ENTRE A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA E O CONCELLO DE REDONDELA PARA A ADECUACIÓN E REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO DE CHAPELA A Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 16 de decembro de 2011, prestou aprobación ó convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela para a adecuación e reforma do pavillón polideportivo de Chapela, cun prazo de vixencia establecido ata o 31 de decembro de 2012. O mesmo órgano, en sesión de data 16 de xuño de 2012, adxudicou a referida obra a ORECO, S.A. na cantidade de 334.604,20 €, máis a cantidade de 60.228,76 € correspondente ó IVA, cun prazo de execución de tres meses, prazo prorrogado por acordo da Xunta de Goberno de data 9 de novembro de 2012, establecendo a vixencia ata o 31 de decembro de 2012. Designar como director da execución da obra a Rodrigo J. Portanet Fontana. En outubro do ano 2012, infórmase polo director de obra que existen elementos deteriorados que non abarca o proxecto principal, como son as portas do andar baixo, o material traslucido da fachada norte, a impermeabilización sobreposta entre panel sándwich contra a carpintería de aluminio. Tamén se solicita polos representantes do concello o revestimento do bloque nas paredes que delimitan a pista principal. Por todo iso, solicita autorización para a redacción dun proxecto modificado, cuxa variación non superará ou 10% do importe do mesmo. Por acordo da Xunta de goberno, de data 14 de decembro de 2012, apróbase o proxecto modificado da obra por importe de 368.037,90 €, máis a cantidade de 77.287,96 € correspondente ó IVE, que supón un incremento sobre ou contrato primitivo de 33.433,70 €, máis 17.059,20 € correspondentes ó IVE. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, faculta ao Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial do exercicio de 2012, concretamente na Base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Prorrogar a vixencia do convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra e o Concello de Redondela para a adecuación e reforma do pavillón polideportivo de Chapela, ata o 31 de decembro de 2013. 22.20509.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA LA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA ACTUACIÓN DE POSTA EN MARCHA DOS CENTROS PROVINCIAIS DE ASESORAMENTO (CPAE 2.0) E O DESENVOLVEMENTO E POTENCIACIÓN DO COMERCIO ELECTRÓNICO NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA DENTRO DOS PROXECTOS DEPOTIC E DEPODEZA (FONDOS FEDER) Na data 18 de febreiro de 2011, o Ministerio de Facenda e Administracións Públicas (antigamente Ministerio de Política Territorial e Administración Pública) aprobou a Resolución da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, na que se aprobou a convocatoria de 2011 para a concesión de axudas do Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) para cofinanciar proxectos de desenvolvemento local e urbano no período de intervención 2007-2013, na cal a Deputación de Pontevedra presentou, entre outros, o proxecto depoTIC: a tecnoloxía nas túas mans. Posteriormente, a Secretaría de Estado de Cooperación Territorial, do Ministerio de Facenda e Administracións Públicas, a través da resolución do 22 de xuño de 2011, resolveu conceder financiamento ao proxecto, achegando a Deputación de Pontevedra un 30% e o FEDER un 70% (cunha reformulación que diminuía nun 8% o importe financiable do proxecto). O proxecto depoTIC: a tecnoloxía nas túas mans, tal e como o seu nome indica, persegue potenciar o desenvolvemento económico da provincia mediante o fomento das Tecnoloxías da Información e as Comunicacións (TIC), impulsar estas nos concellos e as empresas, mellorar os servizos públicos prestados aos cidadáns a través das TIC aumentando a accesibilidade a estes, fomentar a participación cidadá nos asuntos públicos, así como poñer a disposición do cidadán de forma online o patrimonio documental, gráfico e audiovisual (axudando ao mesmo tempo a protexer os elementos histórico-culturais). O proxecto depoTIC considera a realización das seguintes actuacións: • Creación dun centro Provincial de Asesoramiento Municipal en novas tecnoloxías - CPAM 2.0. • Definición dun modelo de comercio electrónico para pymes. • Creación de oficinas de tramitación, dinamización e accesibilidade electrónica. • Ampliación do centro de coñecemento avanzado para a explotación do patrimonio documental e bibliográfico. • Creación do Centro Provincial de Asesoramento Empresarial en novas tecnoloxías - CPAE 2.0. • Potenciación dos servizos sociais. • Posta en marcha dun plan de promoción e difusión do proxecto. Entre as actuacións incluídas no proxecto depoTIC, tal e como acabamos de mencionar, inclúese a posta en funcionamento dunha rede de centros provinciais de asesoramento empresarial en novas tecnoloxías de ámbito comarcal (CPAE 2.0), que se orientan fundamentalmente a autónomos, pequenos empresarios e emprendedores. O CPAE 2.0 materialízase nun modelo de servizos destinado ao acompañamento para a incorporación das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) ao sector empresarial. Ademais, tamén dentro do proxecto depoTIC, se inclúe o desenvolvemento dun modelo de comercio electrónico paramicropymes, encamiñado a modernizar a rede empresarial da provincia de Pontevedra, facendo especial fincapé nos autónomos e pequenos empresarios, e co obxectivo de impulsar a venda dos seus produtos a través dunha plataforma de comercio electrónico e permitirlles deste modo acceder ao mercado dixital. Esta actuación vese complementada cunha actividade prevista no proxecto depoDeza: Dinamización Económica da bisbarra do Deza, coa finalidade de desenvolver un modelo de comercialización on line para produtos típicos desta bisbarra, favorecendo deste modo as micropymes desta área xeográfica, formada polos municipios de Agolada, Dozón, Lalín, Rodeiro, Silleda e Vila de Cruces; a través de accións encamiñadas ao apoio en todo o proceso comercializador mediante o uso de novas canles de comercialización. Desta forma, facilítase a venda a través de canles telemáticas, de modo sinxelo, para as empresas e compradores, mostrando unha imaxe integral e diferencial dos produtos da bisbarra aos consumidores. Polo tanto, e tendo en conta estas carencias, a actuación de "Posta en marcha dos centros provinciais de asesoramento empresarial (CPAE 2.0) " nace co obxectivo de potenciar o desenvolvemento económico da provincia de Pontevedra mediante o fomento das TIC no ámbito empresarial. No mesmo sentido, a actuación “Desenvolvemento e potenciación do comercio electrónico na provincia de Pontevedra” persegue o obxectivo de mellorar e incrementar a comercialización de produtos por parte dos autónomos e micropymes da provincia de Pontevedra, e especificamente da bisbarra do DEZA, a través de novas canles de comercialización on line ó mesmo tempo que axudar a que os autónomos e micropymes sexan competitivos e evitar que se queden atrasados tecnoloxicamente respecto ás grandes empresas multinacionais. Dentro da mencionada actuación "Posta en marcha dos centros provinciais de asesoramento empresarial (CPAE 2.0) " contémplase o desenvolvemento e implantación dunha rede de oficinas comarcais, dotadas con recursos humanos e tecnolóxicos abondo, dende onde se prestarán os servizos de asesoramento aos autónomos e micropymes da provincia de Pontevedra no ámbito das TIC; o desenvolvemento e implantación dunha ferramenta de xestión que permita á Deputación de Pontevedra o seguimento e verificación dos procedementos de asesoramento; un portal web que permita a difusión dos contidos do proxecto, así como a realización dunha campaña de sensibilización e difusión. Polo que respecta á actuación “Desenvolvemento e potenciación do comercio electrónico na provincia de Pontevedra" considérase a definición, deseño, desenvolvemento, implantación, posta en funcionamento e mantemento do centro comercial virtual da provincia de Pontevedra, mediante o cal se realizará a comercialización de produtos por parte dos autónomos emicropymes da provincia de Pontevedra, ademais dos específicos da bisbarra do Deza. Por non ter o servizo de novas tecnoloxías os recursos humanos e técnicos abondo para executar por se mesmos esta actuación, solicita ao servizo de contratación a tramitación do expediente de contratación para a “posta en marcha dos centros provinciais de asesoramento (cpae 2.0) e o desenvolvemento e potenciación do comercio electronico na provincia de pontevedra dentro dos proxectos depotic e depodeza”, cuxo presuposto estimado é de 1.932.388,23 €. Polo Servizo de Intervención emitiuse os documentos RC certificando a existencia de crédito para facer fronte ao gasto con cargo ás aplicacións orzamentarias correspondentes do vixente orzamento provincial. Visto o informe do Técnico Adxunto do Servizo de Contratación e o Informe emitido polo Sr. Secretario sobre o prego de cláusulas económico-administrativas particulares que ha de rexer na contratación, e visto así mesmo, o informe de fiscalización do expediente emitido por Intervención. Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada RDLey 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para os contratos, que sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da actuación de posta en marcha dos Centros Provinciais de Asesoramento (CPAE 2.0) e o Desenvolvemento e Potenciación do Comercio Electrónico na Provincia de Pontevedra dentro dos proxectos Depotic e Depodeza (Fondos Feder) (EXP. 2012000700). O orzamento de licitación para a execución deste contrato ascende á cantidade dun millón cincocentos noventa e sete mil quince euros con cero sete céntimos, sen IVE (1.597.015,07€), mais a cantidade correspondente ó IVE por importe de trescentos trinta e cinco mil trescentos setenta e tres euros con dezaseis céntimos (335.373,16 €), o que fai un importe total de 1.932.388,23 €. Así mesmo, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar o gasto por importe total 1.932.388,23 € que se analiza nas seguintes aplicacións orzamentarias: Actuación Aplicación IMPORTE Posta en marcha CPAE 2.0 12/926.492.627.01 811.607,29 € Desenvolvemento e potenciación do comercio 12/926.492.627.01 659.430,92 € 12/433.439.640.00.2011 461.350,02 € - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como Lei fundamental. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais de su publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: ANEXO III Fórmula a aplicar na valoración da oferta económica: 23.20510.- ADXUDICACIÓN DA OBRA COMPRENDIDA NO PROXECTO MODIFICADO DE: ADECUACIÓN E REFORMA DO PAVILLÓN POLIDEPORTIVO MUNICIPAL DE CHAPELA A Xunta de Goberno desta Deputación Provincial, en sesión de 15/06/2012, adxudicou a Oreco, S.A. a obra de “adecuación e reforma do Pavillón Polideportivo Municipal de Chapela (Redondela)” na suma de 334.604,20 €, máis a cantidade de 60.228,76 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de tres meses. Polo mesmo Órgano, en sesión de 14/12/2012, aprobouse o proxecto modificado de “adecuación e reforma do Pavillón Polideportivo Municipal de Chapela (Redondela)” por importe de 368.037,90 €, máis a cantidade de 77.287,96 € correspondente ó IVE, que supón un incremento sobre o contrato primitivo de 33.433,70 €, máis 17.059,20 € correspondentes ó IVE, con cargo á aplicación 12/922.342-653.00. Pola empresa adxudicataria da obra inicial préstase conformidade ás unidades de obra, así como a valoración económica reflectidas no orzamento cos seus correspondentes presos unitarios. Polo exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, de acordo co establecido no art. 234 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público: 1.- Aprobar o gasto con cargo á aplicación 12/922.342-653.00 do vixente orzamento provincial. 2.- Adxudicar a Oreco, S.A. a obra comprendida no proxecto modificado de “Adecuación e reforma do Pavillón Polideportivo Municipal de Chapela (Redondela)” na cantidade de 33.433,70 €, máis 17.059,20 € correspondentes ó IVE, toda vez que se prestou conformidade pola empresa adxudicataria da obra inicial e que non se sobrepasa o 10 % do contrato primitivo excepto no que se refire ó IVE, como consecuencia do cambio do tipo impositivo ó 21 %. 3.- De acordo co disposto no art. 151 del R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, o adxudicatario debe presentar, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o seguinte a aquel en que tivera recibido o presente acordo, a documentación xustificativa de estar ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituída a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído ó IVE. Así mesmo, concédese unha prórroga para a finalización da obra ata o 28 de febreiro de 2013. 24.20511.- APROBACIÓN DO PROXECTO MODIFICADO DE: POUSADA DO SALNÉS NO CONCELLO DE MEAÑO O proxecto “POUSADAS” presentouse dentro das axudas FEDER do Eixe 5 de Desenvolvemento Local e Urbano aprobadas por Resolución de 07/11/2007, da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que aprobou a convocatoria para a presentación e aprobación de proxectos de desenvolvemento local e urbano a cofinanciar mediante axudas FEDER segundo o previsto no Marco Estratéxico Nacional de Referencia, Eixe 5 Desenvolvemento Local e Urbano para as actuacións destinadas ós municipios de tamaño pequeno e mediano (menores de 50.000 habitantes e que non sexan capitais de provincia). Resultando que no marco do referido proxecto a Xunta de Goberno, en sesión de 30/03/2011, prestou aprobación ó expediente de contratación para a adxudicación da obra “Pousada do Salnés no Concello de Meaño”, con orzamento de 2.330.508,47 €, máis a cantidade de 419.491,53 € correspondente ó IVE. Resultando que, polo mesmo órgano, en sesión de 16/09/2011, adxudicou a referida obra a Oreco, S.A. na suma 1.747.881,36 €, máis a cantidade de 314.618,64 € correspondente ó IVE. Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 05/10/2012, concedeu unha prórroga para a finalización da obra ata o 27/12/2012. Resultando que pola Dirección de Obra se redacta un proxecto modificado, sen variación sobre o orzamento inicial da obra, como consecuencia de: 1.- Aumento de escavacións debido a diferenzas co plano topográfico facilitado polo Concello de Meaño, o que obrigou a incrementar as escavacións en terreo duro e os movementos de terra para a correcta situación da edificación na súa posición exacta. 2.- Aparición dun manancial de auga en cota de cimentación da caixa de escaleiras, que obrigou á execución dunha serie de obras para a evacuación destas augas na devandita cota. 3.- Requirimentos formulados por COGAMI (Confederación Galega de Persoas con Discapacidade) que implica cambios, axustes e novas solucións nos percorridos e cuartos. Melloras no equipamento das instalacións dos cuartos derivados destas mesmas solicitudes e da interpretación da normativa por parte da casa de control. Do mesmo modo produciuse a integración da carpintaría do vestíbulo dos cuartos, dos cabeceiros de madeira e das duchas in situ para favorecer a accesibilidade. 4.- Redeseñar das solucións de varandas, elementos protectores e quitamedos integrando requirimentos de accesibilidade e integración ambiental. 5.- Tratamento de muros dos corredores de cuartos, incluíndo previsión de canle de instalacións, tratamento de aleiros e peto de cuberta. Resultando que, se remite polo Servizo de Turismo Rías Baixas o proxecto modificado para a súa aprobación, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o proxecto modificado de “Pousada do Salnés no Concello de Meaño”, por importe de 2.330.508,47 €, máis a cantidade de 419.491,53 € correspondente ó IVE, toda vez que non se varía o orzamento inicial da obra, manténdose o importe da adxudicación efectuada no seu día a favor de Oreco, S.A. 25.20512.- APROBACIÓN DO PROXECTO DA OBRA DE “REFORMA DA CONFRARÍA DE PESCADORES DO GROVE” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 09/11/2012, prestou aprobación a un convenio de colaboración entre a Deputación Provincial de Pontevedra, o Concello do Grove e a Confraría de Pescadores San Martiño do Grove, para levar a cabo a execución da obra de “Reforma da Confraría de Pescadores do Grove”, con orzamento de 300.000,00 €, incluídos os honorarios de redacción de proxecto estimados en 20.991,19 €. Resultando que por Arkipolo, S.L.P. redáctase o referido proxecto con orzamento de 279.008,79 €, IVE incluído, que foi supervisado polo Servizo de Arquitectura. Resultando que por Intervención se emite informe relativo ó financiamento da obra. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o proxecto da obra de “Reforma da Confraría de Pescadores do Grove”, así como o inicio do expediente de contratación da obra, conforme ó seguinte detalle: Importe de execución sen IVE 230.585,78 € IVE (21%) 48.423,01 € Total 279.008,79 € Prazo de execución seis meses Na aplicación 12/410.415-658.07 existe crédito axeitado e suficiente para facer fronte á achega da Deputación Provincial por importe de 189.008,79 €. A achega da Confraría de Pescadores San Martiño, por importe de 90.000,00 €, que é un ingreso de dereito, xerará crédito na referida aplicación. 26.20513.- AMPLIACIÓN DO PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS DO MUSEO PROVINCIAL A Xunta de Goberno da Deputación provincial, en sesión do día 18 de xaneiro de 2011, prestou aprobación ó proxecto modificado nº 4 de ampliación e rehabilitación do Edificio Sarmiento (Museo de Pontevedra), adxudicando a realización do mesmo á empresa Dragados, S.A. O prazo para levar a cabo as obras ampliouse ata o 30 de marzo de 2011. A empresa constituíu garantía complementaria por un importe de 103.111,03 €, formalizando o correspondente contrato administrativo con data 1 de febreiro de 2011. Por acordo da Xunta de Goberno, de data 26 de outubro de 2012, debido a dificultades xurdidas no desenvolvemento das obras, ampliouse o prazo de realización das mesmas ata o 31 de decembro de 2012. Mediante escrito da empresa de data 18 de decembro de 2012, ratificado polos Arquitectos directores da obra, ponse de manifesto que, debido a que as obras están suspendidas á espera dos informes da Dirección Xeral do Patrimonio Cultural e do Concello de Pontevedra, non se poden finalizar os traballos ata que a cuestión quede resolta. Visto o informe do Servizo de Contratación e o escrito da empresa Dragados, S.A, ratificado polos Arquitectos directores da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a ampliación do prazo de realización das obras ata o 31 de marzo de 2013. 27.20514.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA: CAMPO DE FÚTBOL E EDIFICACIÓN ANEXA EN CUNTIS Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión celebrada o día 10/08/2012, adxudicou a Construcións, Obras e Viais, S.A. (CIF:A-36008886) o contrato para a execución da obra “campo de fútbol e edificación anexa en Cuntis”, por importe de 728.212,99 €, máis a cantidade de 131.078,33 € correspondente ó IVE, cun prazo de execución de tres meses. Resultando que o contrato foi subscrito o día 03/09/2012, tendo lugar a comprobación de reformulación o día 03/10/2012, polo que a obra debería de estar finalizada o día 03/01/2013. Resultando que pola adxudicataria, en escrito conformado polo Director de Infraestruturas en funcións, se solicita a ampliación do prazo de execución da obra ata o día 09/03/2012, como consecuencia de: 1.- As adversas condicións meteorolóxicas que afectaron á capacidade de soporte da explanación do terreo de xogo, imposibilitando rematar os traballos de firmes, toda vez que a explanada, nesas condicións de saturación, non soporta as cargas estáticas e dinámicas que é preciso levar a cabo para alcanzar a compactación requirida. 2.- Que as devanditas circunstancias afectan á planificación prevista para a obra xa que as bases granulares dispoñen dunha vinculación inicio-fin con outras tales como o aglomerado e a dotación do céspede artificial, que é preciso acometer en condicións apropiadas para garantir a calidade final da obra. 3.- Que os devanditos condicionantes, aínda que en menor medida, están a afectar a actividades que se están a levar a cabo no exterior, tales como formigonado, colocación de peches, etc. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a Construcións, Obras e Viais, S.A. prórroga na execución da obra “Campo de fútbol e edificación anexa en Cuntis” ata o día 9 de marzo de 2013. 28.20515.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A. (SEBAGASA) A empresa Señalizaciones y Balizamientos de Galicia, S.A.- SEBAGASA (CIF A- 36.617.942), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Asefa, por importe de dos mil cincocentos corenta e cinco euros (2.545,00 €), para responder do contrato relativo a obra: Balizamento nas EE.PP. Pontecaldelas¬, A Lama e Fornelos de Montes, que foi depositada na Tesourería Provincial o 17/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900010461, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Congresos Sant Yago, S.L. A empresa Congresos Sant Yago, S.L. (CIF B- 15.841.489), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil novecentos noventa euros (2.990,00 €), para responder do contrato relativo a obra: Organización e asistencia a feiras e eventos promocionais para a internacionalización da Feira do Cocido de Lalín dentro do Proxecto Depodeza., que foi depositada na Tesourería Provincial o 29/02/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200016055, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF A- 36.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de tres mil cento dous euros con cincuenta e dous céntimos (3.102,52 €), para responder do contrato relativo a obra: Pavimentación do camiño de Allariz en Santo Tomé (Marín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111222, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.- Devolución de garantías definitivas ó empresario Iñaki Amatria Zudaire O empresario Iñaki Amatria Zudaire (CIF 29.140.306-L), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de mil setecentos corenta e nove euros con sesenta e seis céntimos (1.749,66 €), para responder do contrato relativo a obra: Renovación do Parque Infantil da Lagoa (Campo Lameiro), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000060694, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á Fundación de Estudios e Análises- FESAN A Fundación de Estudios e Análises- FESAN (CIF G- 15.597.669), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de setecentos sesenta e seis euros con corenta e dous céntimos (766,42€), para responder do contrato relativo a obra: Organización e impartición dos cursos de formación do proxecto Aquelando II (Lote 5)- Cursos de auxiliar de Mediación Intercultural, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900010972, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ekipo, S.C.L. A empresa Ekipo, S.C.L. (CIF F- 36.620.474), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan nos expedientes e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de dous mil oitocentos tres euros con setenta e tres céntimos (2.803,73 €), para responder do contrato relativo a obra: Equipamento da Casa Consistorial de Campo Lameiro, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000068808, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 29.20516.- ADXUDICACIÓN DE CATRO BOLSAS DE LICENCIADO EN HISTORIA OU GRADUADO EN INFORMACIÓN-DOCUMENTACIÓN CON DESTINO Ó SERVIZO DE PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO De conformidade coa proposta da Comisión Seleccionadora de catro Bolsas de Licenciado en Historia ou Graduado en Información/Documentación con destino ó Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación de Pontevedra, para realizar traballos de arquivística, inventariado e catalogación , especialmente de arquivos gráficos, fotografía, gravado-estampaxe e cartón postal, considerando o disposto na Convocatoria e Bases aprobadas pola Xunta de Goberno (B.O.P. número 204 de data 23 de outubro de 2012), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas Bolsas a Dª. Carla Muñóz López, Dª Paula Boullosa Rodríguez, D. Diego González Gómez e Dª Judith Chao Andrade, con efectos 01 de xaneiro de 2013 e por un período de seis meses, contando dende a data en que os/as adxudicatarios/as comecen o seu desempeño, podendo ser prorrogadas por un único período de seis meses, á vista do informe favorable da Xefa de Servizo e por Acordo da Xunta de Goberno. A dotación económica ascende a un total de 1.000,00 €/mes por beneficiario/a, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 332.330.481.01 e 332.330.160.03 respecto ó custo de Seguridade Social. En caso de renuncia, desígnanse como suplentes e na seguinte orde a Dª. Beatriz Natalia Acebo Durán, D. Marcos Mareque Domato, Dª Patricia Valle Abad e Dª Alba González Abuín. A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral nin funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos/as Bolseiro/as ó citado Organismo. 30.20517.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DO “PLAN DE PRÁCTICA LABORAL PARA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL E CONCELLOS DA PROVINCIA-BOLSAS” Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da referida Lei, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 269 bolsas de práctica laboral, nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial e nos Concellos da provincia, que se rexerá polas bases que seguen a continuación. 1.- “CONVOCATORIA DE 74 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS EN CENTROS E SERVIZOS DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 21 de decembro do ano 2012, acordou aprobar a convocatoria de 74 bolsas de práctica laboral nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros dependentes deste organismo Provincial, que se rexerá polas seguintes: BASES PRIMEIRA. OBXECTO Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 74 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos TITULADOS UNIVERSITARIOS, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada unha das bolsas convocadas na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público. 6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non haber estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización. 7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. 8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará ás aplicacións orzamentarias 13/921.920.481.01, e 13/921.920.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial anexo II, no Rexistro Xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente. Á mesma achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado de empadroamento. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, para a súa valoración na fase de concurso. e) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV. f) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. g) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. h) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social. i) Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público. j) Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. EMENDAS 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: o da Deputación de Pontevedra ou o persoa en quen delegue. - Vogais: un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa do Servizo de Recursos Humanos ou a persoa en quen delegue e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: baremo de méritos: Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos. b) Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster cunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,50 puntos. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,30 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,20 puntos. g) Por estar empadroado nun municipio da provincia de Pontevedra con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2012: 3,00 puntos. h) Por estar empadroado nun municipio doutra provincia da Comunidade Autónoma de Galicia: 1,00 punto. i) Por estar empadroado fóra da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,50 puntos. As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web, con ó menos cinco días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista persoal: A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que alcancen a maior puntuación total na fase de concurso nunha porcentaxe que represente o 15% dos aspirantes admitidos (se son inferiores a 100), o 10% (de seren superiores a 100 e inferiores a 200), o 8% (de seren superiores a 201 e inferior a 300) ou o 5% (de seren superior a 301), podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo e permitirá comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola residencia no centro de traballo e, en segundo lugar, pola maior puntuación alcanzada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente, e poderán ser prorrogados por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas. NOVENA. XUSTIFICACIÓN DA BOLSA Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poderen valorar se procede ou non a prórroga. DÉCIMA. RENOVACIÓN DA BOLSA 1. A solicitude da prórroga da bolsa deberá dirixirse ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra cun mes de antelación a súa finalización, xunto coa memoria e informe indicados na base anterior. 2. O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. DÉCIMO PRIMEIRA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. DÉCIMO SEGUNDA. SUSPENSIÓN 1. No caso de enfermidade, debidamente xustificada que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderá acordarse unha suspensión temporal desta, por un período máximo dun mes. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria, resolverase a bolsa e procederase a súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, debendose restablecer o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de goce. 2. No caso de maternidade, adopción ou acollemento, tanto permanente coma preadoptivo, poderá autorizarse a suspensión da bolsa polo período previsto legalmente na normativa laboral. Unha vez transcorrido, a bolsa prorrogarase por un período igual ó da suspensión, restablecéndose o aboamento da cantidade correspondente. DÉCIMO TERCEIRA. RENUNCIA No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral a correspondente solicitude dirixida ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra, quen poderá adxudicar a bolsa que quede vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. DÉCIMO CUARTA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. DÉCIMO QUINTA. DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.” ANEXO I CONVOCATORIA DE BOLSAS EN CENTROS E SERVIZOS DEPENDENTES DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA CENTROS nº nº BOLSEIROS POR TITULACIÓN AREEIRO 8 4 Licenciados e graduados en bioloxía, química, farmacia e ciencias ambientais 3 Enxeñeiros técnicos e superiores forestais e agrónomos 1 Enxeñeiro superior e enxeñeiro técnico en informática MOURISCADE 8 8 Licenciados e graduados en química, tecnoloxía de alimentos, bioloxía, farmacia e enxeñería química DEPUTACIÓN 15 4 Licenciados e graduados en dereito e ciencias políticas 3 Licenciados e graduados en económicas e empresariais 3 Graduados e diplomados en dirección e xestión pública 1 Licenciado, graduado e diplomado en biblioteconomía e documentación 3 Licenciados e graduados en filoloxía galega 1 Licenciado e graduado en periodismo PRÍNCIPE FELIPE 10 6 Licenciados e graduados en pedagoxía, psicoloxía e graduados e diplomados en educación social, graduados en educación infantil, graduados en educación primaria, mestre especialidade educación infantil, mestre especialidade educación primaria e mestre especialidade educación especial 2 Graduados e diplomados en traballo social 2 Licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte NNTT 3 3 Enxeñeiros en informática, telecomunicacións e enxeñeiros técnicos PATRIMONIO DOCUMENTAL E BIBLIOGRÁFICO 12 6 Licenciados e graduados en historia 6 Licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación INFRAESTRUTURAS 12 1 Licenciado e graduado en historia da arte, especialidade arqueoloxía 1 Enxeñeiro de camiños 1 Enxeñeiro técnico de obras públicas e graduado en enxeñería civil 6 Licenciados e graduados en historia, especialidade en arqueoloxía 3 Graduados e diplomados en restauración, especialidade arqueoloxía MUSEO 6 1 Graduado e diplomado en conservación e restauración de bens culturais, especialidade escultura 1 Graduado e diplomado en conservación e restauración de bens culturais, especialidade arqueoloxía 4 Licenciados e graduados en historia da arte TOTAL 74 2.- “CONVOCATORIA DE 195 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA TITULADOS UNIVERSITARIOS NOS CONCELLOS DA PROVINCIA. Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra, en sesión celebrada o 21 de decembro do ano 2012, acordou aprobar a convocatoria de 195 bolsas de práctica laboral nos Concellos da provincia que se relacionan no ANEXO I en temas relacionados coa prestación de servizos municipais, que se rexerá polas seguintes: BASES PRIMEIRA. OBXECTO Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 195 bolsas de práctica laboral destinadas a mozos TITULADOS UNIVERSITARIOS, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa incorporación ó mercado laboral. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título de licenciado, graduado ou diplomado nas áreas de coñecementos relacionadas no Anexo I para cada concello da provincia na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 31 anos na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público. 6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 1 ou 2 de cotización. 7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. 8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará ás aplicacións orzamentarias 13/921.920.481.01, e 13/921.920.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES 1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse no modelo oficial anexo II, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 20 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada, por centro e titulación, e o número de expediente. Á mesma achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado de empadroamento. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, para a súa valoración na fase de concurso. e) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV. f) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. g) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. h) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social. i) Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público. j) Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. EMENDAS 1. Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de dez días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: o da Deputación de Pontevedra ou o persoa en quen delegue. - Vogais: un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa do Servizo de Recursos Humanos ou a persoa en quen delegue e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. Primeira fase: baremo de méritos: Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 2,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1497/87, modificado polo R.d. 1267/94 ou o R.d. 1125/03, valorarase con 0,00 puntos. b) Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster dunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,50 puntos. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,40 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,30 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos universitarios: 0,20 puntos. g) Por estar empadroado no municipio do centro de traballo con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2012: 3,00 puntos. h) Por estar empadroado noutro municipio da provincia de Pontevedra: 1,00 punto. i) Por estar empadroado nun municipio doutra provincia da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,50 puntos. As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web con ó menos cinco días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. Segunda fase: entrevista persoal: A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que alcancen a maior puntuación total na fase de concurso nunha porcentaxe que represente o 15% dos aspirantes admitidos (se son inferiores a 100), o 10% (de seren superiores a 100 e inferiores a 200), o 8% (de seren superiores a 201 e inferior a 300) ou o 5% (de seren superior a 301), podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente. Por Resolución da Presidencia convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo e permitirá comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola residencia no centro de traballo e, en segundo lugar, pola maior puntuación alcanzada na nota media global do expediente académico. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS. Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas terán unha duración de 6 meses, contados desde a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente, e poderán ser prorrogados por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria. 2. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 3. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 4. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. 5. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas. NOVENA. XUSTIFICACIÓN DA BOLSA Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. O titor, á vista da memoria presentada, emitirá un informe de avaliación para poder valorar se procede ou non a prórroga. DÉCIMA. RENOVACIÓN DA BOLSA 1. A solicitude da prórroga da bolsa deberá dirixirse ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra cun mes de antelación a súa finalización, xunto coa memoria e informe indicados na base anterior. 2. O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra por acordo da Xunta de Goberno, previo informe da xefa do Servizo de Recursos Humanos da Deputación de Pontevedra, resolverá esta solicitude, tendo en conta as dispoñibilidades orzamentarias e o aproveitamento demostrado polo bolseiro. DÉCIMO PRIMEIRA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa a persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando o beneficiario incumpre total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. DÉCIMO SEGUNDA. SUSPENSIÓN 1. No caso de enfermidade, debidamente xustificada que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderáse acordar unha suspensión temporal desta, por un período máximo dun mes. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria, resolverase a bolsa e procederase a súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, debendo restablecerse o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de goce. 2. No caso de maternidade, adopción ou acollemento, tanto permanente coma preadoptivo, poderá autorizarse a suspensión da bolsa polo período previsto legalmente na normativa laboral. Unha vez transcorrido, a bolsa prorrogarase por un período igual ó da suspensión, restablecéndose o aboamento da cantidade correspondente. DÉCIMO TERCEIRA. RENUNCIA No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral a correspondente solicitude dirixida ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra, quen poderá adxudicar a bolsa que quede vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. DÉCIMO CUARTA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN Transcorridos seis meses desde o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. DÉCIMO QUINTA. DEREITOS SUPLETORIOS A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común.” ANEXO I BOLSAS CONVOCADAS CONCELLO BOLSA AGOLADA (2.926) Unha bolsa para graduados e diplomados en traballo social e relacións laborais ARBO (3.741) Unha bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas e diplomados en relacións laborais BAIONA (12.258) Unha bolsa para licenciados, enxeñeiros, graduados e diplomados en informática Unha bolsa para licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación Unha bolsa para graduados en enxeñería de obras públicas e enxeñeiros técnicos de obras públicas Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para graduados e diplomados en xestión e administración pública BARRO (3.668) Unha bolsa para licenciados e graduados en filoloxía inglesa BUEU (12.348) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas, empresariais e para graduados e diplomados en xestión pública Unha bolsa para licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación Unha bolsa para licenciados, enxeñeiros, graduados e diplomados en informática Unha bolsa para licenciados en arquitectura CALDAS DE REIS (10.060) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito e ciencias políticas Unha bolsa para enxeñeiros industriais Unha bolsa para enxeñeiros agrónomos Unha bolsa para licenciados e graduados en pedagoxía e graduados e diplomados en educación social Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte CAMBADOS (13.946) Tres bolsas para graduados e diplomados en turismo Dúas bolsas para graduados e diplomados en xestión e administración pública CAMPO LAMEIRO (2.036) Unha bolsa para enxeñeiros técnicos forestais CANGAS DE MORRAZO (26.121) Unha bolsa para enxeñeiros industriais Unha bolsa para arquitectos técnicos Unha bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais Unha bolsa para graduados en enxeñería informática e enxeñeiros técnicos informáticos Unha bolsa para licenciados e graduados en periodismo Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas Unha bolsa para licenciados e graduados en filoloxía galega Unha bolsa para licenciados en arquitectura CAÑIZA, A (6.461) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito Unha bolsa para graduados e diplomados en traballo social Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo CATOIRA (3.489) Unha bolsa para graduados e diplomados en traballo social Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito, ciencias do traballo, relacións laborais, económicas e empresariais CERDEDO (2.297) Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias ambientais e ciencias do mar COTOBADE (4.432) Unha bolsa para graduados e diplomados en educación social Unha bolsa para enxeñeiros de camiños, canais e portos COVELO, O (3.235) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito Unha bolsa para licenciados e graduados e en dereito económico CUNTIS (5.066) Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas e empresariais Unha bolsa para arquitectos técnicos Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo ESTRADA, A (21.759) Dúas bolsas para graduados e diplomados en relacións laborais Unha bolsa para enxeñeiros químicos (especialidade en enxeñería ambiental e recursos químicos e bioquímicos) Unha bolsa para enxeñeiros técnicos industriais (especialidade mecánica) Unha bolsa enxeñeiro técnico agrícola Tres bolsas licenciados e graduados en economía FORCAREI (4.044) Unha bolsa arquitectos Unha bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas FORNELOS DE MONTES (2.002) Unha bolsa para graduados en enxeñería informática e licenciados en informática GONDOMAR (13.973) Dúas bolsas para licenciados en arquitectura e arquitectos técnicos Unha bolsa para graduados en enxeñería informática e licenciados en informática Unha bolsa para licenciados e graduados en empresariais Unha bolsa para licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación GROVE, O (11.241) Dúas bolsas para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas Unha bolsa para licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación Unha bolsa para licenciados e graduados en pedagoxía GUARDA, A (10.484) Unha bolsa para graduados/enxeñeiros técnicos informáticos Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte Unha bolsa para licenciados e graduados en periodismo Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo LALÍN (21.127) Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas e empresariais Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias políticas Unha bolsa para graduados e diplomados en maxisterio Unha bolsa para licenciados e graduados en química Unha bolsa para licenciados e graduados en psicoloxía clínica Dúas bolsas para graduados e diplomados en enfermería LAMA, A (2.976) Unha bolsa para licenciados en arquitectura MARÍN (25.864) Dúas bolsas para graduados e diplomados en dirección e xestión pública Unha bolsa para enxeñeiros de camiños, canais e portos Unha bolsa para enxeñeiros informáticos Unha bolsa para licenciados, graduados e diplomados en administración e dirección de empresas Unha bolsa para licenciados en arquitectura Dúas bolsas para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte MEAÑO (5.444) Unha bolsa para enxeñeiros forestais e enxeñeiros técnicos forestais Unha bolsa para enxeñeiros técnicos e superiores de camiños Unha bolsa para arquitectos técnicos MOAÑA (19.336) Unha bolsa para graduados e diplomados en dirección e xestión pública Unha bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais MONDARIZ (5.081) Unha bolsa para enxeñeiros forestais Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo MONDARIZ-BALNEARIO (730) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito, económicas e empresariais MORAÑA (4.398) Unha bolsa para arquitectos técnicos e enxeñeiros técnicos Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte MOS (14.942) Unha bolsa para enxeñeiros técnicos industriais Unha bolsa para licenciados e graduados en psicopedagoxía Unha bolsa para graduados e diplomados en ciencias empresariais Unha bolsa para graduados e diplomados en educación social Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo NEVES, AS (4.400) Unha bolsa para licenciados e graduados en historia Unha bolsa para graduados e diplomados en administración e dirección de empresas NIGRÁN (17.879) Unha bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais Dúas bolsas para licenciados e graduados en dereito Dúas bolsas para licenciados e graduados en empresariais e económicas OIA (3.179) Dúas bolsas para graduados e diplomados en turismo PAZOS DE BORBÉN (3.192) Unha bolsa para licenciados e graduados en belas artes Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte POIO (16.501) Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas, dereito económico e empresariais Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito Unha bolsa graduados e enxeñeiros forestais Unha bolsa graduados e diplomados en turismo PONTE CALDELAS (6.319) Unha bolsa para licenciados e graduados universitarios en ciencias ou humanidades Unha bolsa para graduados e diplomados en xestión e administración pública Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito PONTEAREAS (23.561) Unha bolsa para licenciados e graduados en historia da arte Dúas bolsas para licenciados e graduados en historia e licenciados, graduados e diplomados en biblioteconomía e documentación Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito, económicas e empresariais Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para enxeñeiros técnicos obras públicas Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte Unha bolsa para enxeñeiros técnicos informáticos PONTECESURES (3.136) Unha bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas Unha bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais e licenciados e graduados en dereito PORRIÑO, O (18.075) Catro bolsas para licenciados e graduados en dereito, económicas, empresariais e graduados e diplomados en relacións laborais Unha bolsa para enxeñeiros técnicos en informática, graduados en informática Unha bolsa para enxeñeiros técnicos ou superiores en camiños, minas, obras públicas e civil PORTAS (3.070) Unha bolsa para graduados en enxeñería de obras públicas e enxeñeiros técnicos de obras públicas Unha bolsa para arquitectos REDONDELA (30.006) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito, económicas e empresariais Unha bolsa para enxeñeiros agrónomos e enxeñeiros técnicos agrícolas (graduados en enxeñería e ciencia agronómica, graduados en enxeñería alimentaria; graduados en enxeñería agroambiental) Tres bolsas para enxeñeiros de camiños, enxeñeiros técnicos obras públicas, enxeñeiros industriais Dúas bolsas para graduados, licenciados e enxeñeiros, técnicos ou superiores, en informática e telecomunicacións Unha bolsa para licenciados e graduados en psicoloxía, pedagoxía, psicopedagoxía, socioloxía, graduados e diplomados en educación social, traballo social e relacións laborais RIBADUMIA (5.107) Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito e ciencias políticas Dúas bolsas para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte RODEIRO (3.034) Unha bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas e licenciados e graduados en economía Unha bolsa para licenciados e graduados en historia da arte ROSAL, O (6.613) Unha bolsa para graduados e licenciados en ciencias ambientais, bioloxía, especialidade medioambiental Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito económico ou empresariais Unha bolsa para arquitectos ou arquitectos técnicos SALCEDA DE CASELAS (8.665) Unha bolsa para diplomados en administración e dirección de empresas e licenciados e graduados en economía Unha bolsa para enxeñeiros técnicos agrícolas, forestal, enxeñeiros forestais e agrónomos, licenciados en bioloxía, licenciados en ciencias ambientais Unha bolsa para enxeñeiros técnicos en obras públicas, enxeñeiros de camiños, arquitectos técnicos, arquitectos superiores SALVATERRA DE MIÑO (9.546) Unha bolsa para enxeñeiros forestais Unha bolsa para arquitectos técnicos Unha bolsa para licenciados e graduados en bioloxía SANXENXO (17.586) Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte Unha bolsa para graduados e diplomados en traballo social e educación social Unha bolsa para diplomados en maxisterio, especialidade en educación infantil ou equivalente ou licenciados en pedagoxía ou psicopedagoxía Unha bolsa para licenciados en ciencias ambientais, en bioloxía, en ciencias do mar e enxeñeiros técnicos en recursos forestais Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para graduados e diplomados en dirección e xestión pública SOUTOMAIOR (7.223) Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte Unha bolsa para enxeñeiros técnicos de obras públicas Unha bolsa para graduados e diplomados en educación social, traballo social e relacións laborais TOMIÑO (13.604) Unha bolsa para licenciados, enxeñeiros, arquitectos e graduados universitarios destinada a docencia de adultos Unha bolsa para diplomados e graduados en educación social Unha bolsa para enxeñeiros industriais (especialidade electricidade) TUI (17.236) Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo Unha bolsa para licenciados e graduados en periodismo Unha bolsa para arquitectos técnicos VALGA (6.103) Unha bolsa para licenciados e graduados en empresariais e dereito e diplomados en administración e dirección de empresas Unha bolsa para licenciados e graduados en pedagoxía, psicoloxía Unha bolsa para diplomados en enfermería, educación social VILA DE CRUCES (6.325) Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo VILABOA (6.024) Unha bolsa para arquitectos técnicos e superiores Unha bolsa para licenciados e graduados en dereito, económicas empresariais Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo VILAGARCÍA DE AROUSA (37.903) Unha bolsa para licenciados e graduados en económicas e empresariais Unha bolsa para graduados e diplomados en traballo social e educación social Unha bolsa para licenciados e graduados en ciencias políticas Unha bolsa para graduados e diplomados en relacións laborais Unha bolsa para licenciados e graduados en historia Unha bolsa para graduados e diplomados en maxisterio Unha bolsa para licenciados e graduados en psicoloxía Unha bolsa para enxeñeiros técnicos en informática VILANOVA DE AROUSA (10.614) Dúas bolsas para licenciados e graduados en ciencias da actividade física e do deporte Unha bolsa para licenciados e graduados en historia Unha bolsa para graduados e diplomados en maxisterio Unha bolsa para graduados e diplomados en turismo 31.20518.- DEIXAR SEN EFECTO A PROPOSTA DE NOMEAMENTO DA COMISARIA-DIRECTORA DA BIENAL DE ARTE DO ANO 2013 Tendo en conta que o proceso para a montaxe da Bienal 2013 se alargaría no tempo, polas dificultades burocráticas e os inconvenientes que no propio Museo existen actualmente por estarse levando a cabo a posta en funcionamento das distintas salas e non sería posible ter preparada a Bienal para o mes de xuño, e resultando que a Xunta de Goberno na súa sesión do 14 de decembro de 2012 acordou nomear a Dona Concepción Fontenla San Juan como Comisaria-Directora Xeral da Bienal de Arte para o ano 2013. En base a todo o exposto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade deixar sen efecto o acordo de nomeamento adoptado na referida Xunta de Goberno. 32.20519.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e quince minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición