ATOPO
Registros actuales: 1.625.388
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2013/02/15_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.673/2.2013-02-15_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/02/15_Ordinaria

  • Data(s) 2013-02-15 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e cinco minutos do día quince de febreiro do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asisten o señor deputado, D. Severino Reguera Varela. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20621.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 8 de febreiro do ano 2013. 2.20622.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN DE PRODUTOS ALIMENTICIOS CORRESPONDENTES A PRODUTOS DE ALMACÉN E DESPENSA, LÁCTEOS E CONXELADOS PARA O CENTRO “PRÍNCIPE FELIPE” A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o 16 de novembro de 2012, adoptou o acordo de aprobar o expediente para a contratación, mediante procedemento aberto, da subministración de produtos alimenticios correspondentes a produtos de almacén e despensa, lácteos e conxelados para o Centro “Príncipe Felipe”, por un período de dous anos, por un orzamento máximo estimado de 295.180,66 € (sen IVE). Resultando que a Mesa de contratación, na reunión que tivo lugar o 15 de xaneiro de 2013 efectuou a cualificación da documentación xeral presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 17 de xaneiro de 2013, fixo pública a relación de empresas admitidas a este procedemento de contratación, e procedeu á apertura dos Sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 21 de xaneiro de 2013, emitiuse informe polo Responsable de Servizos Administrativos do Centro “Príncipe Felipe” sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas polas empresas admitidas a este procedemento de contratación. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 24 de xaneiro de 2013 procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas empresas admitidas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obtendo as seguintes puntuacións: Licitadores Puntuación Sobre B Puntuación Sobre C Puntuación Total Distribuciones Froiz SA 46 16,92 62,92 Á vista das puntuacións totais alcanzadas a Mesa de Contratación propón que se lle adxudique o contrato á empresa Distribucións Froiz SA (CIF A-36.036.739). Resultando que, á vista das puntuacións totais obtidas e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación e mediante Resolución Presidencial de data 4 de febreiro de 2013, con numero de rexistro 1403/2013 requiriuse á empresa Distribucións Froiz SA, para que no prazo de dez días hábiles a contar dende o seguinte a aquel en que reciban este requirimento, presenten a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de constituír a garantía definitiva por importe de 14.759,03 € equivalente ó 5% do prezo do adxudicación excluído o IVE, de acordo co disposto no artigo 151 do Trlcsp: Resultando que a empresa Distribucións Froiz SA (CIF A-36.036.739) presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 14.759,03 €. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar a subministración de produtos alimenticios correspondentes a produtos de almacén e despensa, lácteos e conxelados para o Centro “Príncipe Felipe” dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar a subministración de produtos alimenticios correspondentes a produtos de almacén e despensa, lácteos e conxelados para o Centro “Príncipe Felipe”, á empresa Distribucións Froiz SA (CIF A-36.036.739) ata un importe total máximo de 319.873,64 €, IVE incluído, a razón de 159.936,82 € por ano (IVE incluído) en base ós seguintes prezos unitarios ofertados para cada un dos produtos: GRUPO DE PRODUCTOS 1: ALMACÉN E DESPENSA PRODUCTOS Unid Prezo unitario ofertado (sen IVE) Aceite xirasol Froizsol 5 Lt Un 6,45 € Aceite xirasol Froizsol 1 Lt Un 1,29 € Aceite oliva 1º Toledo 1 Lt Un 2,75 € Aceite oliva 1º Toledo 5 Lt Un 11,80 € Olivas Carbonell S/h galon, 5 kg Un 7,05 € Olivas Froiz 600 gr s/h Un 1,65 € Auga Froiz plástico 1,5 Lt Un 0,25 € Auga Froiz plástico 1/2 Lt Un 0,15 € Aquarius lt. Un 1,05 € Albahaca lata Un 3,25 € Alubia Foncaba riñón extra kg Un 1,55 € Arroz Dacsa redondo extra, 1 kg Un 0,75 € Arroz Froiz vaporizado, 1 kg Un 0,82 € Atún Froiz lata 1 kg Un 5,29 € Azucre vahimé 65 gr 1,39 € Azucre Froiz kg Un 0,93 € Azucarillo Comasucar sobre, 8 gr Kg 1,45 € Bebida Pascual Vive Soy soia 1 lt 1,49 € Cacao Caoflor po kg Un 2,99 € Café Nescafe descafeinado sobre Un 0,09 € Café Froiz moído mestura 250 gr Un 1,12 € Canela El Pozo en lata 1 kg Un 5,95 € Caramelo Royal líquido , 400 g 1,29 € Caldo Froiz carne, pescado 12 pastillas Un 0,45 € Caldo Froiz polo 12 pastillas Un 0,45 € Caramelos sugus, kg Un 5,05 € Cereais 8, Hero 600 gr Un 2,25 € Cereais Hero c/mel, 600 gr Un 2,25 € Cereais Kellogg's choco 375 gr Un 2,09 € Cereais Kellogg`s choco 500 gr Un 2,59 € Cereais Kellogg`s corn fl 375 gr Un 1,39 € Cereais Kellogg`s corn fl 500 gr Un 1,59 € Champiñón Emperatriz laminado 3 kg Un 3,29 € Chocolate Viso á cunca 500 gr Un 2,10 € Chocolate Froiz fundir 250 gr 1,35 € Coca cola 2 lt e sen cafeína Un 1,05 € Coca cola lata Un 0,40 € Cocktail froitas Diamir 3 kg Un 3,49 € Cola Cao 800 gr Un 3,89 € Cola Cao 3 Kg Un 11,89 € Colorante Pote est.100 sobres Est 3,95 € Confitura Hero 25 gr porc. meloc Un 0,13 € Confitura Hero 25 gr porc. fresa Un 0,13 € Confitura Hero 25 gr porc. ciruela Un 0,13 € Espagueti Froiz 1 kg Un 0,89 € Espagueti Faisan 5 kg Un 4,39 € Espárrago Carcar 17/24 1 kg Un 1,79 € Espárrago Diamir tallo 3 kg Un 2,98 € Fanta 2 lt limón Un 0,80 € Fanta 2 lt laranxa Un 0,80 € Fanta lata limón Un 0,30 € Fanta lata laranxa Un 0,30 € Flanín El Niño sobre Un 0,89 € Galleta Lu Príncipe 177 gr Un 2,39 € Galleta Cuétara sortido 700 gr Un 2,49 € Galleta Gullon integral, s/gluten Un 1,89 € Garavanzo Froiz nacional 1ª kg Un 1,85 € Fariña, Froiz 1 kg Un 0,49 € Fariña Gallo repostería 1 kg Un 0,65 € Fariña saco 50 kg Kg 0,55 € Leite La Lechera condensada 740 gr Un 2,05 € Leite Nidina continuac, Nidina 1. 800 gr Un 12,45 € Leite Nidina continuac, Nidina 2. 800 gr Un 9,75 € Leite crecemento Puleva, Lt Un 1,35 € Leite Alteza de soia, Lt Un 1,45 € Leite Froiz desnatada brik litro Un 0,52 € Leite Froiz enteira brik litro Un 0,59 € Leite Froiz semidesnatada brik litro Un 0,53 € Leite Kaiku sen lactosa, Lt Un 1,35 € Lentella Froiz castellana 1 kg Un 1,29 € Lévedo Royal --4 sobres Un 1,02 € Macarrón Faisan 5 kg Un 4,39 € Macarrón Froiz 1 Kg Un 0,89 € Millo Diamir 3 kg Un 2,75 € Maizena 700 gr Un 2,25 € Manzanilla Hornimans 100 s Un 3,15 € Maonesa Heinz 3, 7 kg Un 7,65 € Margarina Holland barra 500 gr Un 1,18 € Margarina Clesa porción 12 gr Un 0,10 € Maonesa Prima 10 un porción, 12 gr Un 0,85 € Pexego Alcurnia almibar 3 kg Un 2,69 € Marmelo El Quijote 5,9 kg Un 11,69 € Marmelo El Quijote tarrina 400 gr 0,75 € Menta poleo Hornimans 100 un. Un 3,09 € Nata líquida Asturiana 500 ml 1,79 € Nata líquida Asturiana Lt 2,79 € Nocilla 475 gr Un 2,07 € Noz moscada El Pozo 1 kg Kg 19,39 € Ourego El Pozo lata Un 2,99 € Pan s/gluten, bolo 0,99 € Pasta Gallo 1/2 fideo arroz 500 g 1,89 € Pasta Gallo macarrón arroz 500 g 1,89 € Pasta Gallo Paxariños 500 lata Un 0,85 € Pasta Gallo Lasaña 1/2 Un 2,49 € Pasta Faisán sopa 5 kg Un 4,39 € Pera almíbar Diamir 3 kg Un 2,89 € Pimentón La Odalisca doce 500 gr Un 5,35 € Pimentón La Odalisca doce 1 kg Un 10,65 € Pimentón La Odalisca picante 250 gr Un 2,85 € Pemento Emperatriz 3 Kg lata Un 3,59 € Piña almíbar Diamir 3 kg Un 3,49 € Popitas borges, 100 gr o similares Un 0,69 € Potito Hero compota manzana 250 gr Un 0,79 € Potito Hero frutas 260 gr, pack -2 Un 0,85 € Puré de pataca Nomen 500 gr Un 1,89 € Queixo caserío 8 porc Un 0,85 € Queixo La Fuente mozzarella rallado, 200 gr Un 1,69 € Queixo Caserio rallado 90 gr Un 0,89 € Queixo Philadelphia 200 gr 1,35 € Sacarina po Froiz porción, estoxo Un 0,75 € Sal fina Brisa kg Un 0,20 € Sal gorda Brisa kg Un 0,20 € Té, Hornimans 100 un Un 3,14 € Tila, Hornimans 100 un. Un 3,14 € Tomate Vegesol enteiro pelado 5 kg Un 2,99 € Tomate Solís frito 3 kg Un 3,05 € Tomate Solis frito, 400 gr Un 0,59 € Tomate Orlando triturado, 3 kg, lata Un 2,19 € Tomate Ian triturado, 5 kg Un 2,35 € Vinagre Froiz 1 litro Un 0,40 € Vino albariño V. Blanca Salnés botella Un 3,69 € Vino El Conquistador brik branco/tinto Un 0,61 € Vino rioxa Froiz S. Mend. Temp.botella Un 1,59 € Cenoria Emperatriz relada 3 kg Un 1,84 € Zume Don Simón brik mazá, litro Un 0,69 € Zume Don Simón brik melocotón, litro Un 0,69 € Zume Don Simón brik laranxa, litro Un 0,69 € Zume Don Simón brik piña, litro Un 0,69 € Zume Froiz minibrik 200ml Un 0,25 € Sidra El Gaitero Un 1,15 € Turrón 1880 Alacante (duro), 300 gr Un 6,99 € Turrón Suchard chocolate, pastilla Un 2,49 € Turrón El Lobo froitas, 300 gr Un 2,99 € Turrón 1880 Jijona (brando), 300 gr Un 6,99 € Torta Delaviuda imperIal, 200 gr Un 2,95 € Polvoróns El Mondeño almendrados, 300 gr Un 1,55 € Mazapán Delaviuda figuritas, 200 gr Un 1,75 € Peladillas Delaviuda bolsa 150 gr Un 1,39 € Galletas danesas, lata Un 1,79 € GRUPO DE PRODUCTOS 2: LÁCTEOS, EMBUTIDOS, CONXELADOS E BOLERIA Artigos Unid Prezo unitario ofertado (sen IVE) LÁCTEOS Cacaolat Un 0,69 € Flan Clesa ovo Un 0,25 € Flan Clesa vainilla Un 0,21 € Mantequilla Clesa porcións Un 0,19 € Nata Clesa líquida 1 lt Un 2,29 € Natillas, Clesa tarrina Un 0,40 € Petit suisse Clesa natural Un 0,16 € Petit suisse Clesa sabores Un 0,16 € Queixo barra Clesa Un 6,69 € Todo froitas Clesa - sabores Un 0,35 € Iogur Clesa desnatado natural Un 0,21 € Iogur Clesa desnatado sabores Un 0,21 € Iogur Clesa natural Un 0,19 € Iogur Clesa natural azucrado Un 0,19 € Iogur Clesa sabores Un 0,19 € Iogur Clesa bio-líquido soia-laranxa Un 0,49 € Iogur Clesa bio líquido natural Un 0,49 € EMBUTIDOS Chourizo Argal vela 1ª Kg 6,55 € Friame Argal paleta cocida 11*11 Kg 3,50 € Lombo adobado Argal Kg 6,25 € Xamón cocido Argal Kg 6,35 € Xamón cocido Argal sen sal Kg 5,29 € Xamón serrán Argal centro desosado Kg 11,45 € Mortadela italiana Argal Kg 3,10 € Paleta cocida Argal 1ª Kg 5,25 € Peituga pavo Argal cocida Kg 5,55 € Salchicha Argal frankfurt 7 unid Kg 0,45 € Salchicha Argal "top-dog" Viena 5 u. Un 0,60 € Salchichón Argal barra 1ª Kg 5,95 € Salchichón Argal extra Kg 7,25 € CONXELADOS PESCADO CONXELADO Anel lura Elmar, granel Kg 5,35 € Bacallau enteiro Elmar Kg 4,75 € Bacallau lombos Elmar Kg 5,49 € Lura á romana Elmar Kg 4,25 € Lura C Elmar Kg 2,92 € Chipirón Elmar Kg 3,69 € Choco Elmar grande limpio Kg 5,95 € Fletán Elmar negro, s/c Kg 7,25 € Gamba pelada Elmar 100/200 Kg 6,35 € Pescada, lombos Elmar Kg 6,98 € Pescada medallón Elmar Kg 4,45 € Pescada rosada, Elmar rodalla Kg 7,30 € Pescada 3 Austral Elmar Kg 5,35 € Pescada 4 Sudáfrica Elmar Kg 4,10 € Pescada, Filete Elmar c/p Sudáfrica Kg 4,15 € Pescada tronquiño Elmar Kg 2,98 € Paus mar Elmar Kg 2,39 € Solla 3 Elmar conxelada Kg 3,99 € Pota vaina Elmar Kg 5,25 € Polbo Elmar c/cabeza 2-3 kg Kg 7,85 € Rape Elmar s/p Kg 14,30 € Salmón enteiro Elmar Kg 4,50 € PRECOCIÑADOS Albóndegas carne Elmar Kg 2,60 € Arroz 3 delicias Elmar Kg 2,35 € Chulas Elmar cong. Kg 2,85 € Canelóns Elmar Un 1,10 € Churros Elmar cong. Kg 1,10 € Croquetas Elmar sabor bacallau Kg 1,20 € Croquetas Elmar sabor xamón Kg 1,20 € Croquetas Elmar sabor polo Kg 1,20 € Croquetón Elmar sabor Kg 2,45 € Empanadillas Elmar granel Kg 2,10 € Gamba rebozada Elmar Kg 8,30 € Hamburguesas Elmar Un 5,49 € Xeado Cometa Elmar 4 u. Un 0,59 € Xeado vasito Elmar Un 0,25 € Masa de follado Elmar 10-500 Un 2,95 € Salteado axete Elmar Kg 2,10 € San Xacobo Elmar 2 un. Kg 1,98 € Varitas pescada Elmar Kg 3,95 € VERDURA CONXELADA Acelga Elmar cong. Kg Kg 1,40 € Coliflor Elmar cong. Kg Kg 1,45 € Ensaladilla, Elmar kg Kg 0,90 € Espinaca Elmar cong., kg Kg 1,35 € Chícharo Elmar común, kg Kg 1,30 € Xudía Elmar verde plana torada Kg 1,20 € Xudía Elmar verde redonda torada Kg 1,20 € Minestra Elmar sen alcachofa Kg 1,25 € Pataca prefritida, Elmar granel Kg 2,05 € Preparado paella, Elmar granel Kg 2,95 € cenoria baby Elmar Kg 1,55 € cenoria dado Elmar Kg 0,99 € CARNE CONXELADA Albóndega vacún Elmar Kg 2,60 € Hamburguesa tenreira Elmar Kg 2,60 € Paletilla cordeiro Elmar Kg 7,10 € Redondo pavo Elmar Kg 3,15 € BOLERIA, FROITOS SECOS E OUTROS Améndoa Eagle salgada 100 gr Un. 1,55 € Aperitivos Danielitos Un 0,60 € Biscottes c/s s/s 2 un. Un. 0,10 € Bolería sortido Bimbo granel envasada Kg 3,65 € Cacahuetes Eagle salgados 100 gr Un. 0,89 € Chocolatina Vermella 20 gr Un 0,29 € Galleta María 5 un. Un. 0,10 € Goody (bollycao) 8 un. Un 1,85 € Gusanitos Froiz manchitos 100 gr Un 0,40 € Pan molde, Bimbo hostalaría Un 1,75 € Patacas fritas Froiz 170 gr Un 0,65 € Pistacho Eagle 100 gr Un 1,45 € Rufinos millo Froiz manchitos 28- 34 gr Un. 0,20 € O contrato terá unha duración de dous anos, con entrada en vigor dende a data da súa formalización, podendo prorrogarse a vixencia por dous anos máis, por mutuo acordo das partes. 2.- Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar ás empresas adxudicatarias que a formalización do contrato realizarase de conformidade co establecido no artigo 156.3 do TRLCSP. 3.- O pago das obrigacións derivadas deste contrato efectuarase durante o exercicio 2013 con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.232.221.05 do vixente orzamento provincial e no resto da súa vixencia con cargo a exercicios futuros. Os pagos efectuarase mensualmente polos produtos e cantidades subministradas indicando na factura os produtos unitarios, cantidades e prezos unitarios. 3.20623.- INADMISIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR D. JUAN FERNÁNDEZ DOMÍNGUEZ POR DANOS EN PRAZA DE GARAXE DA SÚA PROPIEDADE SITA NO Nº 9 DA RÚA SANXENXO (CONCELLO DE SANXENXO) Dada conta que con data de rexistro de entrada 10/11/10 (Rex. núm. 038653) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por D. Juan Fernández Domínguez, con enderezo a efecto de notificacións na rúa Sanxenxo, 9- 2º A, no Concello de Sanxenxo, por danos na praza de garaxe nº 20, sita na planta -1 do edificio nº 9 da rúa Sanxenxo, no Concello de Sanxenxo, a consecuencia das obras de remodelación da vía que finalizaron a mediados do ano 2010 e que cuantifica economicamente en 7.296,30 €. Resultando.- Que con data 01/06/11 foi desestimada a reclamación por acordo da Xunta de Goberno desta Deputación Provincial por non quedar acreditada a relación de causalidade co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, aquel acto daba por demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causal non residía nas obras senón, como moi ben apuntou a mercantil Sercoysa, S.A., na falla de impermeabilidade da propiedade lindante do inmoble onde se atopa o garaxe, expresando dito acordo as vías de recurso que contra o mesmo se poderían interpoñer, constando acuse de recibo da notificación ó interesado na data 14/06/11. Resultando.- Que con data 19/12/12 e número de rexistro de entrada 037248 recibiuse novamente nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial polos mesmos feitos e mesma causa de pedir que a formulada na data 10/11/10, tendo transcorrido de longo os prazos establecidos para interpoñer os recursos de reposición e recurso contencioso-administrativo contra o citado acordo desestimatorio da reclamación, en virtude dos artigos 117.1 da Lei 30/92, de 26 de novembro, e 46.1 da Lei 29/98, de 13 de xullo, renunciando o reclamante deste xeito, mediante acto propio omisivo, ós cauces xurídicos pertinentes nas vías de recurso que se lle deron ó interesado. Considerando.- Que sería de aplicación analóxica no presente suposto o artigo 28 da Lei 29/98, que establece o que sigue: “No es admisible el recurso contencioso-administrativo respecto de los actos que sean reproducción de otros anteriores definitivos y firmes y los confirmatorios de actos consentidos por no haber sido recurridos en tiempo y forma”, en relación co 119.1 da Lei 30/92, recollendo este último na súa literalidade o seguinte; “… El órgano competente para la resolución del recurso podrá acordar motivadamente la inadmisión a trámite, (…), en el supuesto de que se hubiesen desestimado en cuanto al fondo otros recursos sustancialmente iguales.” Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á inadmisión argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade inadmitir a trámite dita reclamación. 4.20624.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 12 de febreiro de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polos Centros Xestores e Dependencias, desta Deputación e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17-1, parágrafo cuarto das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia 201300000085 e que contén dezaseis facturas, sendo a primeira de Arkipolo Arquitectura, S.A., por importe de 2.292,95 € e a derradeira de Esmerarte Servicios Artítisticos, S.L., por importe 11.616,00 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 40.517,13 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do Honorarios técnicos externos 0,00 € Total líquido 40.517,13 € B) Visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 4 de febreiro de 2013, para o recoñecemento extraxudicial das obrigas, de gastos efectuados polo Centro Xestor Museo de Provincial de Pontevedra, e que se especifican na relación que se achega, e en virtude das facultades que lle confire a base 17, das aprobadas para a execución do orzamento de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar e declarar de aboamento: A relación de facturas, que figuran ca referencia RE-2013-002 e que contén dúas (2) facturas, sendo a primeira de La Voz de Galicia, S.A., por importe de 8.167,50 € e a segunda de Editorial Compostela, S.A., por importe 6.882,48 €, obedecendo ó seguinte detalle: Importe total 15.049,98 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Total líquido 15.049,98 € 5.20625.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 6.20626.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOC. PES DE BARRO DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “I XORNADAS DE ANTROPOLOXÍA DA EXPRESIÓN”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 21/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación Provincial de data 21/12/2012 unha subvención a favor da Asoc. Pes de Barro con CIF: G-94.048.204, do concello de Vilagarcía de Arousa, por un importe de 504,00 €, para “I Xornadas de antropoloxía da expresión” con cargo á aplicación 12/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 01/02/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 7.20627.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA FUNDACIÓN IGUAL ARTE DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDDA PARA “INTERCAMBIO CULTURAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 21/12/2012 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 21/12/2012 unha subvención a favor da Fundación Igual Arte con CIF: G-36.427.524, do concello de Vigo, por un importe de 709,00 €, para “Intercambio cultural” con cargo á aplicación 12/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 13/02/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 8.20628.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE FACTURA EMITIDA POLA FEDERACIÓN GALEGA DE PATINAXE Vistos os escritos do Presidente do Coruxo, F.C. renunciando á solicitude de pago do 2º anticipo por deixar de coordinar e impartir a modalidade de fútbol sala das escolas deportivas da Deputación de Pontevedra, o da Federación Galega de Patinaxe do 03/09/12 solicitando un aumento da cantidade económica debido ó incremento do número de escolas e de nenos, e o informe do encargado das Escolas Deportivas indicando que se atopa deficitaria polo aumento de nenos que practican este deporte; vistas, así mesmo a R.P. 12249 de 03/10/12 pola que se deixa sen efecto, o 2º anticipo do Coruxo, F.C. aprobado por R.P. 12003 do 27/09/12 por importe de 5.625,00 €, e a R.P. 12486 de 08/10/12 pola que se transfire á Federación Galega de Patinaxe o citado importe, e visto o Informe de Intervención do 11/02/13 no que sinala que o órgano competente para aprobar esta xustificación por importe de cinco mil seiscentos vinte e cinco euros (5.625,00€), con cargo á aplicación orzamentaria 12/340.341.489.02 é a Xunta de Goberno, porque a aprobación da xustificación (obriga) require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial do crédito, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a aprobación da referida xustificación, ratificando as Resolucións Presidenciais antes citadas. 9.20629.- APROBACIÓN DA CONVOCATORIA E BASES DE 34 BOLSAS DE TURISMO CON DESTINO ÁS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAL Con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se proba o regulamento da referida Lei, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 34 bolsas de turismo para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se detallan a continuación, nos segundos termos: - 18 BOLSAS DE TRES MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova. - 16 BOLSAS DE SEIS MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía. Ditas bases son como seguen: “BASES DE 34 BOLSAS DE TURISMO CON DESTINO ÁS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAL PRIMEIRA. OBXECTO: Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 34 bolsas de práctica laboral destinadas a Técnicos Superiores de Turismo, sen experiencia laboral previa, coa finalidade de promover e completar a súa formación nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: - 18 BOLSAS DE TRES MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova. - 16 BOLSAS DE SEIS MESES DE DURACIÓN para os Concellos de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía. SEGUNDA. CONDICIÓNS DOS ASPIRANTES: Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, tendo plena capacidade de obrar e non estando inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: 1. Ter a nacionalidade española ou ser nacional dun dos países membros da Unión Europea. 2. Posuír o título de Técnico Superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas ou o de Técnico Superior en Información e Comercialización Turísticas, na data en que remate o prazo de presentación de instancias. 3. Non ter cumpridos os 31 anos de idade na data en que remate o prazo de presentación de solicitudes. 4. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. 5. Non ter sido beneficiario dunha bolsa remunerada de duración igual ou superior a seis meses na Deputación de Pontevedra nin en calquera dos entes, organismos ou entidades do sector público. 6. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non ter estado contratado polo grupo 3 de cotización. 7. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV. 8. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 9. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. TERCEIRA. DOTACIÓN ECONÓMICA: Estas bolsas teñen unha dotación económica de 800,00 €/mes por beneficiario, cantidade que se imputará ás aplicacións orzamentarias 433.432.481.01 e 433.432.160.03. O pagamento das bolsas realizarase a partir da data de incorporación da persoa beneficiaria, por mensualidades completas ou parte proporcional. Esta cantidade será incompatible con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. CUARTA. PRESENTACIÓN DE SOLICITUDES: 1. As instancias dirixiranse ó Ilmo. Sr. Presidente da Deputación de Pontevedra e presentaranse en modelo oficial ANEXO I, no rexistro xeral da institución provincial no prazo de 10 días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Na instancia farase constar a bolsa solicitada. Á mesma achegarase a seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade ou calquera outro que o substitúa. b) Certificado de empadroamento no que figure a data de inscrición no mesmo. c) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data que remate o prazo para presentar as solicitudes. d) Certificado acreditativo do coñecemento da lingua galega correspondente ó nivel Celga IV. e) Declaración xurada na que a persoa interesada se compromete a renunciar, se fose seleccionado, a calquera tipo de actividade remunerada durante a vixencia da bolsa. f) Certificado que acredite non estar incapacitado fisicamente nin padecer enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade que constitúa o obxecto da bolsa, ou declaración xurada da persoa solicitante conforme cumpre este requisito. g) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado dende a data de publicación destas bases. h) Declaración xurada de non ter sido beneficiario con anterioridade de ningunha outra bolsa remunerada na Deputación de Pontevedra, nin en calquera dos entes, organismos ou entidades integrantes do sector público, de duración igual ou superior a seis meses. i) Declaración xurada conforme se está disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. 2. Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. QUINTA. EMENDAS: 1.- Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias, a Deputación ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web e no taboleiro de anuncios da Deputación de Pontevedra. 2.- Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web e no taboleiro de anuncios da Deputación. SEXTA. COMISIÓN DE SELECCIÓN: Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: - Presidente: o da Deputación de Pontevedra ou o persoa en quen delegue. - Vogais: un deputado provincial ou persoa en quen delegue, a xefa do Servizo de Recursos Humanos ou a persoa en quen delegue e un/ha funcionario/a técnico superior pertencente á Deputación de Pontevedra. - Secretario: o da Deputación de Pontevedra ou funcionario/a de carreira con titulación superior en quen delegue. SÉTIMA. SELECCIÓN DOS BOLSEIROS: 1. O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos, e a segunda, de entrevista persoal cos candidatos que superen o corte establecido na primeira fase. 2. PRIMEIRA FASE: BAREMO DE MÉRITOS: Os méritos acreditados polos interesados serán valorados conforme ós seguintes criterios: a) Por ter cursado estudios universitarios de licenciado, graduado ou diplomado en Turismo 1 punto/título. b) Por ter cursado outros estudios universitarios de licenciado, graduado ou diplomado non contemplados no apartado anterior 0,50 puntos/título. c) Por ter realizado cursos universitarios de posgrao, doutorado ou máster dunha duración superior a 150 horas, relacionados co contido da bolsa, 0,50 puntos/máster, posgrao ou doutorado, ata un máximo de 1,5 puntos. d) Por ter realizado cursos de idioma estranxeiro de nivel B1 ou superior, 0,50 puntos/nivel superior acadado, ata un máximo de 2,00 puntos. e) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos de formación profesional: 0,50 puntos. f) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos de formación profesional: 0,40puntos. g) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos de formación profesional: 0,30 puntos. h) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos de formación profesional: 0,20 puntos. i) Por estar empadroado nun dos municipios do centro de traballo con anterioridade ó 1 de xaneiro do ano 2012: 3,00 puntos. j) Por estar empadroado noutro municipio da provincia de Pontevedra: 1,00 punto. k) Por estar empadroado nun municipio doutra provincia da Comunidade Autónoma de Galicia: 0,50 puntos. As puntuacións outorgadas serán publicadas no taboleiro de anuncios da Deputación e na páxina web con ó menos tres días hábiles de antelación á data en que se celebrará a entrevista. 3. SEGUNDA FASE: ENTREVISTA PERSOAL: A entrevista terá lugar unha vez concluída a valoración de méritos e realizarase unicamente cos candidatos que alcancen a maior puntuación total na fase de concurso nunha porcentaxe que represente o 25% dos aspirantes admitidos (se son inferiores a 100), o 20% (de seren superiores a 100 e inferiores a 200), o 15% (de seren superiores a 201 e inferior a 300) ou o 10% (de seren superior a 301), podendo ampliarse esta porcentaxe de estimarse conveniente ata poder garantir un mínimo de 3 candidatos por bolsa. Por Resolución da Presidencial convocarase ós candidatos para a entrevista persoal, nun único chamamento, quedando decaídos no seu dereito aqueles que non comparezan no lugar e día sinalado. A entrevista versará sobre o seu currículo e nivel de idiomas, a fin de poder comprobar a preparación dos candidatos nas materias relacionadas coas actividades que se van desenvolver no centro de destino. A entrevista será valorada de cero a tres puntos. 4. En caso de empate nas puntuacións dos aspirantes, a orde de prelación determinarase pola residencia no centro de traballo e, en segundo lugar, pola maior puntuación alcanzada en cursos de idiomas, seguido de titulacións de turismo, outras titulacións e por último o ano de terminación dos estudos. 5. Despois de rematar as entrevistas e no prazo máximo dun mes, a comisión publicará no taboleiro de anuncios e na páxina web da Deputación as puntuacións outorgadas e a proposta de adxudicación xunto coa relación de candidatos seleccionados por orde decrecente, indicando os candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. OITAVA. CONDICIÓNS XERAIS Establécense as seguintes condicións xerais: 1. As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais de Covelo, Cuntis, A Illa de Arousa, A Estrada, Marín, Meaño, Moaña, Mos, As Neves, Oia, Ponte Caldelas, Ponteareas, Porriño, O Rosal, Silleda, Soutomaior, Valga e Vilanova, terán unha duración de tres meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente. 2. As bolsas destinadas as oficinas de turismo municipais de Baiona, Bueu, Caldas, Cambados, Cangas, O Grove, A Guarda, Lalín, Nigrán, Poio, Pontevedra, Sanxenxo, Redondela, Ribadumia, Tui e Vilagarcía, terán unha duración de seis meses, contados dende a data na que a persoa adxudicataria comece o seu labor na entidade correspondente. 3. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza. 4. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina do centro ou entidade onde se desenvolva a súa práctica laboral co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 5. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. 6. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas. NOVENA. XUSTIFICACIÓN DA BOLSA: Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa, o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudios practicados. DÉCIMA. REVOGACIÓN E REINTEGRO DA BOLSA: O Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogar a bolsa da persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases, ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, e suspendendo o aboamento da bolsa. De concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, corresponderá o reintegro total cando o beneficiario incumpre total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. DÉCIMO PRIMEIRA. SUSPENSIÓN: 1. No caso de enfermidade, debidamente xustificada que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderase acordar unha suspensión temporal desta, por un período máximo de dez días. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria, resolverase a bolsa e procederase a súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, debendo restablecerse o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de goce. DÉCIMO SEGUNDA. RENUNCIA: No caso de renuncia á bolsa, a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro Xeral a correspondente solicitude dirixida ó Ilmo. Presidente da Deputación de Pontevedra, quen poderá adxudicar a bolsa que quede vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. DÉCIMO TERCEIRA. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN: Transcorridos tres meses dende o final do proceso selectivo, a documentación presentada, excepto a instancia, será destruída, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. DÉCIMO CUARTA. DEREITOS SUPLETORIOS: A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas suxeitaranse ó previsto nestas bases, á Lei xeral de subvencións e á Lei de réxime xurídico das administración públicas e do procedemento administrativo común. De no cubrirse o número total de bolsas convocadas por insuficiencia de candidatos poderanse adxudicar as bolsas que resulten vacantes ós aspirantes sobrantes da convocatoria de Diplomados en turismo, por orde de puntuación.” 10.20630.- CORRECCIÓN DE ERRO NO ACORDO Nº12.20572 ADOPTADO POLA XUNTA DE GOBERNO NA SESIÓN DE DATA 18/01/2013 Visto o acordo adoptado pola Xunta de Goberno na súa sesión de 18 de xaneiro de 2013 referente á aprobación do expediente de contratación nº 2013000071 para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de enerxía eléctrica nos centros da Deputación de Pontevedra, obsérvase un erro na base 13.1 dos pregos de condicións que regula os criterios de adxudicación. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nolos seus actos. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Rectificar o acordo 12.20572 adoptado pola Xunta de Goberno, en sesión 18 de xaneiro de 2013, no seguinte sentido: No apartado 13.1 do prego de condicións, onde di: “Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 40 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.-Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, os tipos de tarifas e potencias a contratar, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes, ata un máximo de 10 puntos. 2.-Implantación de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións dos edificios, incluso auditoría modelo IDAE, ata un máximo de 10 puntos. 3.-Dispoñer de local de oficina con xestor propio na cidade de Pontevedra para atención 24 horas das demandas xurdidas dos Centros de Deputación, ata un máximo de 5 puntos. 4.-Realización de inspeccións obrigatorias das instalacións B/T e C/T de forma gratuíta, ata un máximo de 10 puntos. 5.-Outras melloras non contempladas neste prego, ata un máximo de 5 puntos.” Debe dicir: “Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 40 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.-Proposta de mellora na xestión de demanda e aforro de enerxía eléctrica, incluíndo un estudo con propostas de control e eficiencia, e medidas encamiñadas a optimizar o consumo, os tipos de tarifas e potencias a contratar, así como o asesoramento para a obtención de subvencións que outorguen os organismos competentes, ata un máximo de 10 puntos. 2.-Implantación de medidas correctoras para mellor eficiencia enerxética das instalacións dos edificios, incluso auditoría modelo IDAE, ata un máximo de 10 puntos. 3.-Dispoñer de local de oficina con xestor propio na cidade de Pontevedra para atención 24 horas das demandas xurdidas dos Centros de Deputación, ata un máximo de 10 puntos. 4.-Outras melloras non contempladas neste Prego, ata un máximo de 10 puntos.” 11.20631.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición