ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2013/04/05_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.674/1.2013-04-05_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2013/04/05_Ordinaria

  • Data(s) 2013-04-05 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as dez horas e dez minutos do día cinco de abril do ano dous mil trece, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. D. Rafael Louzán Abal, Presidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Jose Carlos López Campos, D. José Luis Pérez Estévez, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Severino Reguera Varela, Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo e D. Fernando Guitián Guitián. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o señor deputado D. José Nelson Cándido Santos Argibay. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.20717.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrado da acta da sesión ordinaria do día 22 de marzo do ano 2013. 2.20718.- CONCESIÓN DE PRÓRROGA PARA A XUSTIFICACIÓN DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Á ASOCIACIÓN CULTURAL RECREATIVA E DEPORTIVA SAN MARTÍN DE MOREIRA DO CONCELLO DE PONTEAREAS PARA AS “OBRAS DE ACONDICIONAMENTO DO LOCAL SOCIAL”, NA XUNTA DE GOBERNO DE DATA 5/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 05/12/12 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Recreativa e Deportiva San Martín de Moreira con CIF: G-36.288.157, do concello de Ponteareas, por un importe de 4.069,00 € para “Obras de acondicionamento do local social”, con cargo á aplicación 12/330.334.789.04, e recibido escrito da citada Asociación, presentado no Rexistro Xeral con data 22/03/13, no que solicitan unha prórroga para a súa xustificación ante a imposibilidade de rematar as obras no prazo previsto, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder unha prórroga ata o 30 de xuño de 2013, para a xustificación da citada subvención. 3.20719.- RENUNCIA QUE FORMULA A COMUNIDADE DE USUARIOS DE COUSELO (O ROSAL), Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA NO EXERCICIO 2012, DENTRO DO PROGRAMA DE ACCIÓN COMUNITARIA, PARA A OBRA NÚM. 1471 “INSTALACIÓN TUBERÍA DE MANANCIAL Á TRAÍDA XERAL” Dada conta da renuncia presentada pola Comunidade de Usuarios de Couselo (CIF: G-36.211.290) (O Rosal), á subvención de 2.000,00 € concedida pola Xunta de Goberno, acordo núm. 19.20538 de 28 de decembro de 2012, para o investimento núm. 1471, denominado “Instalación tubaria de manancial a traída xeral”, incluída no Programa de Acción Comunitaria 2012, partida 12/942.459.789.07, motivada pola escaseza de recursos económicos para facer fronte ós gastos, xa que os usuarios acordan non facer unha achega extra para a realización da obra, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia presentada pola Comunidade de Usuarios de Couselo, (CIF: G-36.211.290) (O Rosal,), á subvención de 2.000,00 € concedida no ano 2012 dentro do Programa de Acción Comunitaria para ó investimento núm. 1471, “Instalación tubaria de manancial a traída xeral”. 4.20720.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS A) Mediante escrito de data 13 de marzo de 2013 con número de rexistro de entrada 019793, Dna. Ruth González Reyes, en calidade de Xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas expón que a Deputación de Pontevedra levou a cabo o pasado 21 de setembro de 2012, a aprobación dun convenio entre a EOI (Escola de Organización Industrial - organismo dependente do Ministerio de Industria) e este Ente Provincial, para a posta en marcha do Proxecto “Smart Destination Pontevedra Modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”. Este proxecto, cofinanciado con fondos FEDER, ten por obxecto a prestación de diversos servizos ás Pymes da provincia, entre elas, actividades para favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas e transformación tecnolóxica nas empresas co fin de mellorar a súa competitividade, así como impulsar o sector turístico, xerador de riqueza na provincia. Para o cumprimento das accións a que se refire o proxecto, segundo se reflicte no convenio anteriormente mencionado, constituirase unha reunión de seguimento formada por dous representantes de cada parte, fixando como representantes da Deputación de Pontevedra Dña. Ruth González Reyes (Xefa do Servizo de Turismo) e D. Amancio Varela García (Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías). Por este motivo acordouse levar a cabo unha xornada de traballo os días 13 e 14 de marzo de 2013 en Madrid, especificadas a continuación: • Día 13/03/2013: Reunión coa Entidade Segittur ás 19:00 h. • Día 14/03/2013: Diversas reunións de traballo na Escola de Organización Industrial, empezando a primeira ás 9:00 h. Por todo iso solicita autorización e axuda económica para poder desprazarse a Madrid os días 13 e 14 de marzo de 2013, en comisión de servizos. Examinada a documentación que obra no expediente, consta que non se tramitou a solicitude con antelación suficiente polo que procede a súa validación. A solicitude foi conformada polo Presidente da Deputación, D.Rafael Louzán Abal. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a Dna. Ruth González Reyes licenza para asistir, así como unha axuda económica en concepto de gastos de desprazamentos e dietas por importe de 490,36 €, estando desagregados do seguinte xeito: Desprazamento: (Saída día 13/03/2013 ás 16:15 h. e regreso o 14/03/2013 ás 18:15 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Avión (Vigo – Madrid - Vigo) 301,05 € 13/433.432.231.20 Traslado en destino 60,00 € 13/433.432.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN 361,05 € 13/433.432.231.20 Dietas: (Saída día 13/03/2013 ás 16:15 h. e regreso o 14/03/2013 ás 18:15 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA ½ Manutención (Grupo I) día 13/03/2013 26,67 € 13/433.432.230.20 ½ Manutención (Grupo I) día 14/03/2013 26,67 € 13/433.432.230.20 Aloxamento (*) 75,97 € 13/433.432.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS 129,31 € 13/433.432.230.20 (*) A interesada localizou praza hoteleira por importe inferior ó establecido no R.d. 462/2002 de 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo (102,56 €). Unha vez finalizada a viaxe, os interesados deberán presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. A interesada deberá achegar tamén a tarxeta de embarque, billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o Centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Así mesmo, respecto de os gastos de desprazamento, faise constar que cando o mesmo se realice por varios traballadores do mesmo ou distinto servizo, na mesma data, idéntico destino e no mesmo medio de transporte, só se aboarán os gastos a un traballador. Cando se trate de reunións de traballo ou xornadas técnicas, haberá que achegar a convocatoria e detallar claramente a hora de inicio e finalización. B) Mediante escrito de data 13 de marzo de 2013 con número de rexistro de entrada 019792, D. Amancio Varela García, en calidade do Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías expón que a Deputación De Pontevedra levou a cabo o pasado 21 de setembro de 2012, a aprobación dun convenio entre a EOI (Escola de Organización Industrial - organismo dependente do Ministerio de Industria) e este Ente Provincial, para a posta en marcha do Proxecto “Smart Destination Pontevedra Modelo de vertebración e activación do tecido socioeconómico do territorio”. Este proxecto, cofinanciado con fondos FEDER, ten por obxecto a prestación de diversos servizos ás Pymes da provincia, entre elas, actividades para favorecer a implantación e desenvolvemento de iniciativas e transformación tecnolóxica nas empresas co fin de mellorar a súa competitividade, así como impulsar o sector turístico, xerador de riqueza na provincia. Para o cumprimento das accións a que se refire o proxecto, segundo se reflicte no convenio anteriormente mencionado, constituirase unha reunión de seguimento formada por dous representantes de cada parte, fixando como representantes da Deputación de Pontevedra Dna. Ruth González Reyes (Xefa do Servizo de Turismo) e D. Amancio Varela García (Xefe do Servizo de Novas Tecnoloxías). Por este motivo acordouse levar a cabo unha xornada de traballo os días 13 e 14 de marzo de 2013 en Madrid, especificadas a continuación: • Día 13/03/2013: Reunión coa Entidade Segittur ás 19:00 h. • Día 14/03/2013: Diversas reunións de traballo na Escola de Organización Industrial, empezando a primeira ás 9:00 h. Por todo iso solicita autorización e axuda económica para poder desprazarse a Madrid os días 13 e 14 de marzo de 2013, en comisión de servizos. Examinada a documentación que obra no expediente, consta que non se tramitou a solicitude con antelación suficiente polo que procede a súa validación. A solicitude foi conformada polo Presidente da Deputación de Pontevedra, D. Rafael Louzán Abal. Polo exposto e de conformidade co establecido no V Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e o Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o acto e conceder a D. Amancio Varela García licenza para asistir, así como unha axuda económica en concepto de gastos de desprazamentos e dietas por importe de 490,36 €, estando desagregados do seguinte xeito: Desprazamento: (Saída día 13/03/2013 ás 16:15 h. e regreso o 14/03/2013 ás 18:15 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA Avión (Vigo – Madrid - Vigo) 301,05 € 13/926.926.231.20 Traslado en destino 60,00 € 13/926.926.231.20 TOTAL GASTOS LOCOMOCIÓN… 361,05 € 13/926.926.231.20 Dietas: (Saída día 13/03/2013 ás 16:15 h. e regreso o 14/03/2013 ás 18:15 h.) CONCEPTO TOTAL PARTIDA ½ Manutención (Grupo I) día 13/03/2013 26,67 € 13/926.926.230.20 ½ Manutención (Grupo I) día 14/03/2013 26,67 € 13/926.926.230.20 Aloxamento (*) 75,97 € 13/926.926.230.20 TOTAL GASTOS DIETAS… 129,31 € 13/926.926.230.20 (*) O interesado localizou praza hoteleira por importe inferior ao establecido no R.D. 462/2002 de 24 de maio sobre Indemnizacións por Razón do Servizo (102,56 €). Unha vez finalizada a viaxe, os interesados deberán presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle aboen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. O interesado deberá achegar tamén a tarxeta de embarque, billete ou algún documento acreditativo onde se especifique os horarios da viaxe. Así mesmo, e, de conformidade coa normativa 11ª do Acordo nº 9.14880 de data 9 de setembro de 2011, especifícase que non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar de aloxamento e o Centro onde se imparte o curso, xornada, congreso, reunión ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Así mesmo, respecto de os gastos de desprazamento, faise constar que cando o mesmo se realice por varios traballadores do mesmo ou distinto servizo, na mesma data, idéntico destino e no mesmo medio de transporte, só se aboarán os gastos a un traballador. Cando se trate de reunións de traballo ou xornadas técnicas, haberá que achegar a convocatoria e detallar claramente a hora de inicio e finalización. C) Mediante escrito de data 13 de marzo de 2013, número de rexistro de entrada 019705, Dna. María del Carmen Crespo Blanco, Xefa do Servizo de Prevención de Riscos da Deputación Provincial de Pontevedra, expón que o 15 de marzo de 2013 terá lugar a Xornada Técnica “Responsabilidades en prevención de riscos laborais: administrativas, civís e penais”, que se celebrará no ISSGA en Rande (Redondela), polo que solicita autorización para poder asistir, así como o aboo dos gastos de autopista e quilometraxe. A solicitude foi informada favorablemente pola Deputada Dna. Begoña Estévez Bernárdez que supervisa e controla a asistencia ós cursos de formación. O contido da Xornada Técnica garda relación directa coas funcións desenvolvidas pola interesada no seu Servizo. De acordo con todo o exposto, ao amparo do establecido nos Acordos da Xunta de Goberno número 14.15813 de data 23 de xaneiro de 2008, 9.14880 de 09 de marzo de 2007 e 12.19459 de 9 de setembro de 2011, e R.d. 462/2002, de 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo, e artigo 67 da Lei 30/1992 de 26 de novembro, en virtude das atribucións conferidas polo artigo 105 da Lei 5/1997 de 22 de xullo de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade validar o expediente e conceder o permiso solicitado por Dna. María del Carmen Crespo Blanco, para asistir a dita Xornada técnica, así como unha axuda económica que ascende a un total de 19,26 € desagregados en: - Gastos de desprazamento en vehículo particular: 0,19 *64 km 12,16 €. - Gastos de Peaxe Autoestrada: 7,10 €. Ditas cantidades imputaranse á aplicación orzamentaria 13/929.920.231.20 de locomoción do Orzamento provincial. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, a solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 5.20721.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA CONTRATACIÓN DO DESEÑO, CREACIÓN E PROMOCIÓN DA REDE GASTRONÓMICA DO DEZA DENTRO DO PROXECTO DEPODEZA COFINANCIADO NUN 70% POLO F.E.D.E.R. Mediante acordo da Xunta de Goberno, de data 18 de xaneiro de 2013, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación, mediante procedemento aberto, dos traballos de deseño, creación e promoción da rede gastronómica da comarca do Deza, dentro do proxecto Depodeza cofinanciado nun 70% polo FEDER. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 22 de data 31 de xaneiro de 2013. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 21 de febreiro de 2013, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2013, fai pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o Trlcsp. Resultando que polo Director de Planificación e Desenvolvemento do Proxecto Depodeza, co visto bo da Xefa do Servizo de Turismo, emítese con data 8 de marzo de 2013, informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 13 de marzo de 2013, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes ós criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados: Empresas licitadoras Cualificación Sobre A Puntuación Proposta técnica (Sobre B) Prezo ofertado (sen IVE) Puntuación Sobre C Puntuación total Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios SL Admitida 47 140.000 50,000 97,000 UTE Valora y G&C Admitida 32 145.000 45,901 77,901 PROSEM SL Admitida 45 161.370 32,262 77,262 Tea Cegos SL Admitida 32 157.368 35,675 67,675 A.D.A.P.T.A. Admitida 33 169.900 24,988 57,988 Ideara SL Admitida 28 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos UTE Regio Plus-Barcelona Media Admitida 27 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Novotec SAU Admitida 23 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Estratexia Plus SL Admitida 19 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Técnicas & Gramaxe SL No admitida Trevisani SL No admitida UTE COTESA-Instituto de Desarrollo Comunitario No admitida Resultando que mediante Resolución Presidencial 3374/2013, de data 14 de marzo de 2013, requiriuse á empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios S.L., que formulou a proposición economicamente máis vantaxosa, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de haber constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, por importe de 7.000,00 €, de acordo co disposto no art. 151 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp). Resultando que a empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios SL (CIF B-78.016.375) presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 7.000,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300034956, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Trlcsp, procede adxudicar o contrato dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar á empresa Pricewaterhouse Coopers Asesores de Negocios SL (CIF B-78.016.375) o contrato para o deseño, creación e promoción da rede gastronómica da comarca do Deza dentro do Proxecto Depodeza cofinanciado nun 70 % polo FEDER, polo prezo ofertado de: Prezo sen IVE 140.000,00 € IVE (21%) ..29.400,00 € Prezo total 169.400,00 € O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13/433.439.640.00.2011 do vixente orzamento provincial. 6.20722.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Electricidad Lesta, S.L. A empresa Electricidad Lesta, S.L. (CIF B- 36.203.743), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de tres mil seiscentos oitenta e seis euros con noventa céntimos (3.686,90 €), para responder do contrato relativo á obra: Ampliación e melloras de alumeados en Forcarei, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000084348, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.-Devolución de garantías definitivas á empresa Lodeiro y Rodríguez, S.L. A empresa Lodeiro y Rodríguez, S.L. (CIF B- 36.263.796), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil seiscentos corenta e seis euros con cincuenta e tres céntimos (2.646,53 €), para responder do contrato relativo á obra: Ampliación e melloras en camiños de Sulago (Merza) e Frieira (Camanzo)- Vila de Cruces, que foi depositada na Tesourería Provincial o 28/06/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000052503, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de dous mil seiscentos noventa euros con sesenta céntimos (2.690,60 €), para responder do contrato relativo á obra: Acondicionamento dos locais sociais de Salgueiros de Carbia (Vila de Cruces), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000079405, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.- Devolución de garantías definitivas á empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. A empresa Xestión Ambiental de Contratas, S.L. (CIF B- 36.746.584), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de sete mil cincocentos oito euros con setenta e sete céntimos (7.508,77 €), para responder do contrato relativo á obra: Bancadas campo A Lagoa, pista barro, acondicionamento escola Aboal e reforma Teleclube Riofrío (Mondariz), que foi depositada na Tesourería Provincial o 3/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000108158, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 4.-Devolución de garantías definitivas á empresa Barreras de Seguridad, S.L. A empresa Barreras de Seguridad, S.L. (CIF B- 32.204.620), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco de Galicia, por importe de catro mil cincocentos oitenta e cinco euros con cincuenta e dous céntimos (4.585,52 €), para responder do contrato relativo á obra: Mellora da seguridade viaria E.P. 7201 Cachafeiro Silleda, que foi depositada na Tesourería Provincial o 4/10/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000086445, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 5.- Devolución de garantías definitivas á empresa Fomento de Obras Galiza, S.L. A empresa Fomento de Obras Galiza, S.L. (CIF B- 36.198.513), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de tres mil oitocentos noventa e tres euros con dezaoito céntimos (3.893,18 €), para responder do contrato relativo á obra: Humanización da Rúa Fomento de Cangas do Morrazo, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/03/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100023567, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 6.- Devolución de garantías definitivas ó empresario José Manuel Castro Bouzón O empresario José Manuel Castro Bouzón (CIF 53.185.029-J), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicatario. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil seiscentos corenta e dous euros con tres céntimos (5.642,03 €), para responder do contrato relativo á obra: Rehabilitación da antiga escola unitaria en Cuartos de Borbén (Pazos de Borbén), que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/08/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000068805, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.- Devolución de garantías definitivas á empresa Proyecta, actividades profesionales de la construcción, S.L. A empresa Proyecta, actividades profesionales de la construcción, S.L. (CIF B- 70.146.923), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dez mil trescentos cincuenta e sete euros con oitenta e dous céntimos (10.357,82 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación e acceso ós núcleos de Loimil e outros (A Estrada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 21/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000080977, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 8.- Devolución de garantías definitivas á empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L.U. (FARO) A empresa Fomento de Áridos y Obras, S.L.U.- FARO (CIF B- 36.285.765), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil cento un euros con vinte e nove céntimos (8.101,29 €), para responder do contrato relativo á obra: Recollida de pluviais e pavimentación das rúas de Puente Zapal e Cuesta (Marín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/09/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000076973, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 9.- Devolución de garantías definitivas á empresa Transportes y Maquinaria C.P., S.L. A empresa Transportes y Maquinaria CP, S.L. (CIF B- 36.193.605), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Millennium Insurance, por importe de sete mil setecentos dezasete euros con setenta e seis céntimos (7.717,76 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación e acceso ós núcleos de Creixo e outros (A Estrada), que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/04/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100026961, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 10.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones, Transportes y Aglomerados de Galicia, S.L. (COTRARGA) A empresa Construcciones, Transportes y Aglomerados de Galicia, S.L.- COTRARGA (CIF B- 36.571.784), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil seiscentos euros (5.600,00 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación vías locais Abalo-Cores-Igrexa e outras dez (Catoira), que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000103186, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 11.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Crespo, S.A. A empresa Construcciones Crespo, S.A. (CIF B- 32.001.063), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de oito mil seiscentos nove euros con cincuenta e dous céntimos (8.609,52 €), para responder do contrato relativo a obra: Ensanche e mellora E.P. 1009 acceso á Praia Menduiña (Cangas), que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/05/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900040932, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaCaixaGalicia, por importe de dous mil setecentos vinte e catro euros con noventa e sete céntimos (2.724,97 €), para responder do contrato relativo á obra: Pavimentación da Rúa do Forte (Marín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 16/12/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000111224, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 12.- Devolución de garantías definitivas á empresa Nortemar, S.L. A empresa Nortemar, S.L. (CIF B- 36.459.758), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaGaliciaBanco, por importe de catro mil novecentos corenta e seis euros con cincuenta e oito céntimos (4.946,58 €), para responder do contrato relativo á obra: Reposición de cuneta e regadío E.P. 3003 Malvas Pexegueiro (Tui), que foi depositada na Tesourería Provincial o 25/11/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100101124, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 13.- Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y Construcciones Manuel Pérez Portela, S.L. (CIF B- 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de catro mil cento noventa e catro euros con noventa e dous céntimos (4.194,92 €), para responder do contrato relativo á obra: Ensanche e mellora E.P. 2702 Amoedo Os Valos (Pazos de Borbén), que foi depositada na Tesourería Provincial o 27/10/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100090299, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 14.- Devolución de garantías definitivas á empresa Construcciones Hermanos Prol, S.L. A empresa Construcciones Hermanos Prol, S.L. (CIF B- 36.008.605), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de mil cincocentos doce euros con cincuenta e oito céntimos (1.512,58 €), para responder do contrato relativo á obra: Construción de parques infantís de preescolar en Cercio, Vilatuxe e Prado (Lalín), que foi depositada na Tesourería Provincial o 8/11/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000099216. 15.- Devolución de garantías definitivas á empresa Radio Popular, S.A. (Cadena de Ondas Populares) A empresa Radio Popular, S.A.- Cadena de Ondas Populares (CIF A- 28.281.368), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil cincocentos corenta e dous euros (2.542,00 €), para responder do contrato relativo a: Prestación de servizos de publicidade na emisora de radio Cadena Cope, que foi depositada na Tesourería Provincial o 22/08/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200064674. 16.- Devolución de garantías definitivas á empresa Biomèrieux España, S.A. A empresa Biomèrieux España, S.A. (CIF A- 28.664.589), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Crédito y Caución, por importe de catro mil cincocentos sesenta e oito euros con noventa e sete céntimos (4.568,97 €), para responder do contrato relativo a: Subministro de diversos tipos de reactivos para la Finca Mouriscade (Lotes 2, 3 e 4), que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/02/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900010137, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Credito y Caución, por importe de dous mil cincocentos euros (2.500,00 €), para responder do contrato relativo a: Subministro de diversos tipos de reactivos para o laboratorio da Finca Mouriscade (Lotes 2 e 3), que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/04/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000034567, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 17.- Devolución de garantías definitivas á empresa Gráficas Salnés, S.L. A empresa Gráficas Salnés, S.L. (CIF B- 36.040.707), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de NovaGaliciaBanco, por importe de dous mil cincocentos corenta e dous euros con trinta e sete céntimos (2.542,37 €), para responder do contrato relativo a: Servizo de apoio a produción de materiais de imprenta para a divulgación os programas da Deputación de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 1/10/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200078103, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 18.- Devolución de garantías definitivas á empresa DIN- Impresións Dixitais, S.L. A empresa DIN- Impresións Dixitais, S.L. (CIF B- 36.297.091), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil douscentos setenta e sete euros con vinte e oito céntimos (2.277,28 €), para responder do contrato relativo a: Sinalización e información na nova Casa Consistorial de Lalín, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/02/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100008570, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 19.- Devolución de garantías definitivas á empresa Ekipo, S.C.G. A empresa Ekipo, S.C.G. (CIF F- 36.620.474), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de dous mil oitocentos vinte e un euros (2.821,00 €), para responder do contrato relativo a: Dotación de mobiliario para servizos administrativos municipais para o Concello de Nigrán, que foi depositada na Tesourería Provincial o 13/12/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100105639, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 20.- Devolución de garantías definitivas á empresaria Dª Isabel Taboada Vázquez A empresaria Dª Isabel Taboada Vázquez (CIF 33.230.624-V), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de dous mil catrocentos setenta e tres euros con noventa céntimos (2.473,90 €), para responder do contrato relativo a: Aluguer dun tractor forestal de 135 CV., por un importe de 1.100 h., para facer fronte a unha serie de traballos a realizar polo Parque de Maquinaria, que foi depositada na Tesourería Provincial o 15/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200034491. 21.- Devolución de garantías definitivas á empresa Digipress Sketch System, S.L. A empresa Digipress Sketch System, S.L. (CIF B- 15.535.271), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figuran informes emitidos polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de La Caixa, por importe de dous mil catrocentos quince euros (2.415,00 €), para responder do contrato relativo a: Subministro hardware y software para renovar o entorno de deseño, gráfico da Imprenta Provincial e do Servizo de Patrimonio Documental e Bibliográfico da Deputación, que foi depositada na Tesourería Provincial o 7/07/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000056255, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 22.- Devolución de garantías definitivas á empresa Estratexia Plus, S.L. A empresa Estratexia Plus, S.L. (CIF B- 36.395.317), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en metálico, por importe de sete mil seiscentos sesenta e oito euros (7.668,00 €), para responder do contrato relativo a: Organización e impartición das actividades do programa social “Pensa en Ti 2012”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200040313. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Santander, por importe de seis mil catrocentos oitenta euros (6.480,00 €), para responder do contrato relativo a: Organización e impartición das actividades do programa social “Ti Tamén Contas 2012”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/05/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200040312, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 7.20723.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 8.20724.- MODIFICACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A ADMISIÓN NOS CAMPAMENTOS DE VERÁN DO CENTRO DE VACACIÓNS A LANZADA E CAMPAMENTOS POLIDEPORTIVOS 2013 Nas bases que regulan a admisión nos campamentos de verán do Centro de Vacacións A Lanzada e Campamentos Polideportivos 2013, expostas na páxina web da Deputación, en relación co parágrafo das SOLICITUDES referente ós participantes, redactouse o seguinte texto: “…Quedarán excluídos os menores sen capacidade para desenvolver as necesidades básicas diarias así como os nenos con doenzas ou minusvalías que teñan contraindicadas a súa asistencia ó campamento e o desenvolvemento normal das actividades”. Vista a proposta do Coordinador Xeral do Centro Príncipe Felipe e da Deputada Delegada, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade modificar o parágrafo anteriormente citado, quedando redactado da seguinte maneira: “… No caso de que o solicitante precise apoio específico derivado da súa diversidade funcional, deberá facelo constar na folla de inscrición, especificando o máis posible as necesidades especiais que presente. Neste caso, recoméndase ás familias poñerse en contacto coa Deputación Provincial no teléfono 986 804 100 para a valoración das necesidades de apoio en relación ós medios específicos dispostos para este fin e dirimir as súas suficiencias para unha adecuada estancia de todos os rapaces no campamento”. Así mesmo, acórdase ampliar o prazo de presentación de solicitudes en 15 días hábiles, contados a partir da publicación do anuncio de rectificación no Boletín Oficial da Provincia. En consecuencia, o sorteo e publicación da lista de admitidos para ambos campamentos efectuarase do 6 ó 10 de maio. 9.20725.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA RAQUEL BIBIANA CASTRO OUTÓN EN REPRESENTACIÓN DE DONA GLORIA CRESPO DEL RÍO, POR DANOS EN VEHÍCULO NA E.P. 0019 FIGUEIRIDO-MARÍN NO CONCELLO DE PONTEVEDRA Dada conta que con data de rexistro 30/07/12 tivo entrada nesta Deputación reclamación de responsabilidade patrimonial formulada por Dona Raquel Bibiana Castro Outón, en representación de Dona Gloria Crespo del Río, con enderezo de notificacións na rúa Alfredo García Alén, 6 baixo esquerda de Pontevedra, por danos en vehículo a consecuencia da irrupción dun xabaril na E.P. 0019 Figueirido-Marín, no Concello de Pontevedra o día 24/11/11, e que individualiza economicamente en 6.123,85 euros. Resultando.- Que con data 06/11/12 e con fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas que o emitiu en data 23/11/12 co seguinte contido: “…1. La E.P. 0019 Figueirido-Marín está incluida dentro de la red provincial de carreteras. 2. Por parte del Servicio de Infraestructuras no se tuvo constancia directa del accidente de referencia ni de otros ocurridos por la misma causa, “irrupción de un jabalí en la zona de circulación”, en fechas anteriores o posteriores al que es objeto del presente informe. 3. El punto señalado, donde se produce el accidente, se corresponde con el p.k. 3,700 de la E.P. 0019, se encuentra en una recta de la carretera en buen estado y que discurre entre terrenos de montes. No se encuentra señalización en ese tramo concreto por considerar la inexistencia de peligro o circunstancias que lo requiera, ya que cabe resaltar que de acuerdo con lo dispuesto en el anexo 9.9.2 de la Orden de 28 de diciembre de 1999, por la que se aprueba la norma 8.1-IC “Señalización vertical” de la Instrucción de Carreteras, en el tramo en cuestión no es necesaria la presencia de la señal P-24 “animales sueltos” ya que según dicho anexo “La posible presencia de animales sueltos, al atravesar la carretera cotos, reservas, parques nacionales etc.., se advertirá mediante la señal P-24, complementada en su caso por un panel indicativo de la longitud afectada”, circunstancia que no ocurre en este supuesto ya que el tramo de carretera en el que se produjo el accidente no atraviesa ninguno de esos lugares, ya que los terrenos donde se señala en el atestado policial que procede el jabalí, tras averiguaciones efectuadas por el vigilante de zona, son de propiedad privada y no consta que se destinase a aprovechamiento cinegético. 4. Por lo demás, el reclamante menciona la titularidad de la carretera por parte de la Diputación como título de imputación, pero es cierto que no alega ninguna omisión de cuidado que las normas de carretera le impongan, sino que se limita a invocar apodícticamente la titularidad de la carretera sin llegar a desarrollar el motivo impugnatorio, sin llegar a justificar la razón por la que haya de concluirse que la producción del daño era imputable a la administración titular de la carretera, ya que menciona el “…no mantener un adecuado servicio de mantenimiento…” lo cual no aparece fundamentado al estar la carretera en perfectas condiciones. Tampoco se funda la responsabilidad mediante una argumentación sustentada en hechos acreditados acerca de frecuencia de paso de tales animales por el lugar de los hechos, que impusiera un especial deber de precaución al titular de la carretera en la señalización, cosa que ni siquiera se menciona y que queda acreditada en el punto segundo al dejar manifestado que no se tiene conocimiento de ningún accidente provocado por el paso de animales sueltos…” Resultando.- Que con data 12/02/13 e con fundamento no artigo 4.1 apartado 2 da Lei 30/92, solicitouse aclaración do atestado á Garda Civil de Tráfico, pois o instruído no momento do sinistro non aclaraba a marxe da calzada da que irrompeu xabaril, remitindo o escrito na data 21/02/13 co seguinte contigo: “…El vehículo accidentado circulaba sentido Figueirido, y la irrupción del animal se produce según su sentido de circulación, desde el margen derecho de la vía…” Resultando.- Que con data 22/02/13 e con fundamento no artigo 4.1.c) da Lei 30/92 solicitouse información á Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, sobre os réximes cinexéticos situados á marxe da E.P. 0019 Figueirido-Marín, no punto quilométrico 3+700 en sentido Figueirido, xa que o aportado pola interesada coa reclamación contiña un erro que imposibilitaba deducir do mesmo o réxime cinexético á marxe dereita e a esquerda da estrada, remitindo o escrito na data 06/03/13 co seguinte contido: “…En contestación ó seu escrito, sobre os danos producidos, por colisión con xabaril, nun vehículo, na estrada E.P. 0019 Figueirido-Marín, no punto quilométrico 3.7, no termo municipal de Pontevedra, se lle aclara que este punto, según a cartografía do Servizo, ten pola marxe dereita un terreo suxeito a réxime cinexético común (Zona Libre); e pola marxe esquerda un terreo suxeito a réxime cinexético especial (Tecor) neste caso, o tecor Marín…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do Rd 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do Rd 429/93) co material probatorio aportado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo pois a simple lectura do artigo 149.5 do Rd. 1.428/03 de 21 de novembro que aprobou o regulamento xeral de circulación, revela ben ás claras que é necesario acreditar a FRECUENCIA na irrupción de fauna salvaxe, máis cando non se produciron máis accidentes pola mesma causa, véxase: “…Los tipos de señales de advertencia de peligro, con su nomenclatura y significado respectivos, son los siguientes: (…) P-24. Paso de animales en libertad. Peligro por la proximidad de un lugar donde FRECUENTEMENTE la vía puede ser atravesada por animales en libertad…” Considerando.- Que a sentenza 228/08, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 204/08 baseándose neste precepto, eximiu á Deputación da obriga de instalación do sinal P-24 (paso de animais en liberdade) por non terse acreditado a FRECUENCIA e a HABITUALIDADE no paso, deixando dito que: “… No hay dato alguno en el expediente administrativo ni informe al respecto que indique que el tramo en el que ocurrió el accidente constituye un lugar de paso habitual, y no esporádico, de animales salvajes que hiciera necesaria la señalización adecuada al respecto, en concreto con la señal P-24. Es más, tampoco hay constancia de que en dicho tramo de la carretera y en un lapso de tiempo próximo al accidente registrado, se hubiesen originado otros por similares causas.” Na mesma liña as seguintes sentenzas: - Sentenza 27/2010 ditada polo Xulgado do Contencioso-Administrativo nº. 3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 432/08, con identidade de razón á que nos ocupa, eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Al no existir una obligación legal de señalizar ese tramo, y al no haberse demostrado por la parte actora que el mismo debería de ser señalizado (…), no es posible imputar la responsabilidad en la producción de los daños a la Administración aquí demandada (Diputación)…” - Sentenza 119/10, do Xulgado do Contencioso Administrativo nº 2 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 63/10 eximiu á Deputación de responsabilidade algunha deixando dito que: “…Tampoco ha quedado acreditado de la prueba practicada que el lugar en que se produjo el accidente sea un lugar de paso frecuente de animales de caza, que hiciera necesario advertir a los usuarios de la vía por medio de la señalización pertinente al respecto (P-24), no constando según la información obrante en el expediente, la existencia de ningún otro siniestro de similares características en dicho tramo de la vía.” - Sentenza 43/2011 do Xulgado Contencioso- Administrativo nº 3 de Pontevedra, nos autos do Procedemento Abreviado 306/2010 deixou dito que: “…quien reclama debe demostrar un determinado nivel de siniestralidad y la ausencia o insuficiencia de medidas visibles o aparentes de conservación o de señalización…” - Sentenza 268/2011 do Xulgado do Contencioso-Adminstrativo nº 1 de Pontevedra deixou dito que: “…No existen pruebas suficientes para entender que en la referida carretera provincial se da la frecuencia en el paso de animales en libertad que obligaría a la Administración a colocar en ella la señal fija de advertencia de peligro. No ha incurrido, por tanto, la Diputación Provincial de Pontevedra, en omisión del deber de señalización.” Considerando.- Que a Garda Civil recolle no atestado instruído neste sinistro que “… a estrada estaba seca e limpa, (…), que o accidente se produciu con bo tempo e circulación fluída, (…), sendo innecesaria a sinalización de perigo nese punto…”, atopándonos ante un suposto de forza maior (caracterizado pola súa externalidade e irresistibilidade, que motiva a súa imprevisibilidade e consecuente inevitabilidade), ó que é allea a esta Deputación, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de tódolos riscos, pois é sabido que existe un estándar medio de risco predicable de calquera actividade humana ó que non é allea a condución de vehículos a motor. Considerando.- Que polo recollido na aclaración do atestado instruído pola Garda Civil e o informe da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia de data 06/03/13, queda demostrado que o xabaril irrompeu da marxe dereita da calzada, que se corresponde cunha propiedade privada suxeita a un réxime cinexético común (Zona libre). Considerando.- A maior abundamento, o informe do Servizo de Infraestruturas da Deputación recolle que o accidente produciuse nunha zona boscosa, polo que de terse adecuado a velocidade do vehículo ás circunstancias esixidas pola vía, o accidente non se tería producido, o que fai descansar certo título de responsabilidade o condutor do vehículo. Así, segundo recolle o artigo 45 do R.d. 1428/03, de 21 de novembro, que aprobou o Regulamento Xeral de Circulación, “todo conductor está obligado a respetar los límites de velocidad establecidos y a tener en cuenta sus propias condiciones físicas y psíquicas, las características y el estado de la vía, del vehículo y de su carga, las condiciones meteorológicas, ambientales y de circulación y, en general, cuantas circunstancias concurran en cada momento, a fin de adecuar la velocidad de su vehículo a las mismas, de manera que siempre pueda detenerlo dentro de los límites de su campo de visión y ante cualquier obstáculo que pueda presentarse”. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 10.20726.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CORAL POLIFÓNICA DO CONCELLO DE LALÍN Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE VESTIARIO”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 05/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 05/12/2012 unha subvención a favor da Coral Polifónica de Lalín con CIF: V-36.062.818, do concello de Lalín, por un importe de 992,00 €, para “Adquisición de vestiario”, con cargo á aplicación 12/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 04/04/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 11.20727.- DAR CONTA DA RENUNCIA DO CENTRO CULTURAL A FEIRA DO CONCELLO DE SALCEDA DE CASELAS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE GAITAS”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 05/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 05/12/2012 unha subvención a favor do Centro Cultural A Feira con CIF: G-36.016.658, do concello de Salceda de Caselas, por un importe de 620,00 €, para “Adquisición de gaitas”, con cargo á aplicación 12/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 01/04/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 12.20728.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN CULTURAL FOLCLÓRICA TARAMBAINAS DO CONCELLO DE VIGO Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “XORNADAS DE MÚSICA E BAILE TRADICIONAL”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 21/12/12 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 21/12/2012 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Folclórica Tarambainas con CIF:G-27.750.819, do concello de Vigo, por un importe de 616,00 €, para “Xornadas de música e baile tradicional”, con cargo á aplicación 12/330.334.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 03/04/13, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 13.20729.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE CRÉDITOS A UN EMPREGADO Vista a xustificación de desprazamentos por razón do servizo que presenta o Xefe de Gabinete de Comunicación, D. Martín Fernández Vizoso, correspondentes ós meses de novembro e decembro de 2012 para a súa tramitación fóra de prazo e de exercicio orzamentario, e o seu posterior aboo na nómina de febreiro de 2013, considerando o informe de Intervención e en aplicación do art. 176 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e art. 60 do R.d. 500/90, de 20 de abril, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer crédito por importe de 561,45 € a favor de D. Martín Fernández Vizoso, en concepto de desprazamentos e con cargo á aplicación orzamentaria 912.912.231.20. 14.20730.- ADXUDICACIÓN DE QUINCE BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL CON DESTINO A CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN, ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DE AREEIRO E FINCA MOURISCADE No Boletín Oficial da Provincia, número 1 de data 02 de xaneiro de 2013, publicáronse as Bases da Convocatoria de 74 Bolsas de Práctica Laboral nas diferentes liñas de actuación que se desenvolven en Centros e Servizos dependentes deste organismo Provincial, entre as que figuran as seguintes: - Expediente D1 Areeiro Licenciados e graduados en bioloxía, química, farmacia e ciencias ambientais. - Expediente D2 Areeiro: Enxeñeiros técnicos e superiores forestais e agrónomos. - Expediente D4 Mouriscade: Licenciados e graduados en química, tecnoloxía de alimentos, bioloxía, farmacia e enxeñería química. Por Resolución Presidencial de data 20 de marzo de 2013 aprobouse a lista definitiva de aspirantes admitidos, a composición do tribunal e as datas da entrevista, que tiveron lugar o día 4 de abril de 2013. Finalizado o correspondente proceso selectivo e considerando a proposta do tribunal cualificador, de conformidade co previsto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas Bolsas ós seguintes aspirantes, con efectos 8 de abril e por un período de seis meses, podendo prorrogarse por outros 6 meses por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula novena destas bases e sempre que exista dotación orzamentaria: APELIDOS E NOME CENTRO/SERVIZO NºEXP. 1 SÁNCHEZ OTERO, NURIA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 2 VILARIÑO NOVO, SILVIA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 3 CABALLERO BARREIRO, PAZ MARÍA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 4 GARCÍA GONZÁLEZ , AROA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 5 BENAVIDES OTERO, CRISTINA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 6 MARTÍNEZ LEMOS, NELSON ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 7 VENCES LÓPEZ, CRISTINA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 8 TABOADA LAMAS, BEATRÍZ ASCENSIÓN FINCA MOURISCADE D4 9 BATÁN PUMEDA, SANTIAGO FINCA MOURISCADE D4 10 TABOADA SOTO, VANESA FINCA MOURISCADE D4 11 VÁZQUEZ GARCÍA, NOEMÍ FINCA MOURISCADE D4 12 CASTRO MARTÍNEZ, Mª DEL CARMEN FINCA MOURISCADE D4 13 RODRÍGUEZ COMA, RAUL FINCA MOURISCADE D4 14 RIBADAVIA ZAMAR, NANCY FINCA MOURISCADE D4 15 BAZ LÓPEZ, MARTA FINCA MOURISCADE D4 A dotación económica ascende a un total de 800,00 €/mes por beneficiario sendo o custe da seguridade social de 34,72 €/mes por beneficiario, cantidades que se imputarán ás aplicacións orzamentarias 13/921.920.481.01 e 13/921.920.160.03, conforme ó seguinte desagregación: Convocatoria Importe bolsas Seg. Social Nº bolsas Total 74 Bolsas del Plan Práctica Laboral titulados universitarios en Servizos de Deputación 800 €/mes 34,72 € /mes 15 75.124,80 € De conformidade coa proposta do tribunal cualificador, no caso de renuncia ou ampliación do número de bolsas, propóñense como suplentes os seguintes aspirantes, no orden que se indica: APELIDOS E NOME CENTRO/SERVIZO NºEXP. 1 COSTA BESADA, MARÍA ALICIA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 2 BERMÚDEZ PAZO, LARA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 3 COSTAS GIL, AITANA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 4 GÓMEZ PEREIRA, EDUARDO ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D1 1 OTERO BLANCO, BORJA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 2 FERNÁNDEZ-SANGUINO GÓMEZ, MªCARMEN ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 3 FERNÁNDEZ PICHEL, LAURA ESTACIÓN FITOPATOLÓXICA DO AREEIRO D2 1 CAAMAÑO CASTRO, JOSÉ MIGUEL FINCA MOURISCADE D4 2 ABAL DURÁN, MARÍA FINCA MOURISCADE D4 3 BERMÚDEZ PAZO, LARA FINCA MOURISCADE D4 4 ACEVEDO PIÑEIRO, TAMARA FINCA MOURISCADE D4 5 COSTA BESADA, MARÍA ALICIA FINCA MOURISCADE D4 6 MEJUTO VÁZQUEZ, ANA ISABEL FINCA MOURISCADE D4 7 MACÍAS LÓPEZ, YASMINA FINCA MOURISCADE D4 8 DEL SOLAR MARTÍNEZ, PAULA FINCA MOURISCADE D4 A aceptación e disfrute destas Bolsas non establece relación laboral ni funcionarial coa Deputación Provincial de Pontevedra, non implicando en consecuencia ningún compromiso para unha posterior incorporación ou vinculación dos Bolseiro ó citado Organismo. 15.20731.- APROBACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁCTER LÚDICO, ANO 2013 Que ante a necesidade proporcionarlles ás persoas residentes na provincia de Pontevedra una serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e o envellecemento activo; así como a fomentar as súas relacións sociais, todo iso nunha franxa horaria compatible con outras obrigas. Ante a necesidade de impulsar a creación e o mantemento de emprego nos establecementos hoteleiros da nosa provincia. Visto o informe xurídico favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra de data 19 de marzo de 2013. Visto o informe económico do Servizo de intervención de data 26 de marzo de 2013 Visto o orzamento correspondente ó dito programa é de193.500,00€. Visto o informe-proposta de 4 de abril de 2013 do Xefe de Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego relativo á aprobación dunhas bases reguladoras que garante a concorrencia competitiva do referido programa, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Aprobar as bases reguladoras do “Programa Diúrno de Balnearios-2013”. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DO PROGRAMA DIÚRNO DE BALNEARIOS DE CARÁCTER LÚDICO, ANO 2013 Segundo a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no artigo 2 defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. Así mesmo, os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten ós requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei. Un dos niveis de atención nos que se estrutura o sistema de servizos sociais é o da atención especializada, referida a un sector da poboación ou a unha necesidade determinada que demanda unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal. Tendo en conta o anteriormente exposto, ó amparo da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; e do Decreto 291/1995, do 3 de novembro, relativo ó rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, convoca unha nova edición do Programa Diúrno de Balnearios, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública, por parte da Deputación, relativa ó programa de balnearios COIDARTE. O número de prazas ofertadas establécese nun máximo de 5.528. Ofertarase un mínimo de catro establecementos, tipo balneario, talaso ou spa, que teñan as súas instalacións na provincia de Pontevedra. Os beneficiarios do programa poderán elixir, indistintamente, o establecemento que máis lles satisfaga entre os ofertados. SEGUNDA. Descrición do programa: O programa de balnearios COIDARTE ten por obxecto proporcionarlles ás persoas nacidas antes de 1963, pensionistas ou con necesidade dun respiro familiar, que residan na provincia de Pontevedra, una serie de actividades encamiñadas a mellorar a súa calidade de vida e o envellecemento activo, así como a fomentar as relacións sociais, todo iso nunha franxa horaria compatible con outras obrigas; tamén busca impulsar a creación e o mantemento de emprego nos establecementos hoteleiros da nosa provincia. TERCEIRA. Características do programa: O programa caracterízase por ofertar a posibilidade de gozar dos beneficios dun balneario, talaso ou spa, de forma compatible coas tarefas e obrigas do día a día, con ida e volta no mesmo día. A metodoloxía do programa consiste en pasar cinco tardes, de luns a venres, nun dos establecementos escollidos que se establezan na oferta da empresa adxudicataria do programa, facilitando o transporte desde os concellos ata o establecemento e viceversa. Para a execución, coordinación e seguimento do programa a Deputación contratará unha empresa especializada na materia. As saídas realizaranse ó longo de todo o ano, exceptuando Semana Santa e o mes de agosto. A empresa adxudicataria comunicaralle a cada concello a semana outorgada, e será o organismo municipal o que determine as paradas (como máximo dúas), que deberán dispoñer de espazos amplos onde os autobuses poidan entrar e manobrar. Os autocares responsables dos traslados estarán perfectamente identificados e sairán do punto acordado previamente, onde se recollerán os beneficiarios e se trasladarán ata o establecemento elixido. Os desprazamentos que os usuarios fagan ata o lugar de saída do autocar correrán ó seu cargo, así como os desprazamentos que realicen pola súa conta ata o establecemento elixido. O uso das instalacións do balneario, spa ou talaso será dunha media de dúas horas; facilitaranse unhas chancletas e un gorro de auga para cada persoa. En cada autocar irá un guía oficial, que será o responsable de entregarlle a cada persoa o bono viaxe, coa data e a hora de recollida para toda a semana; será o responsable de dar as indicacións da cota que se vai pagar e de informar da cobertura do seguro (da viaxe e do establecemento) que a empresa responsable teña contratado. CUARTA. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios do programa: a) Persoas nacidas antes de 1963; deberán acreditalo co documento nacional de identidade. b) Pensionistas da Seguridade Social que acheguen unha fotocopia do certificado de pensionista. c) Persoas que precisen dun respiro familiar, mediante un informe do traballador social do Concello. É requisito indispensable non padecer enfermidade ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía. QUINTA. Adhesión dos concellos: Todos os concellos da provincia de Pontevedra poderán sumarse ó programa mediante un acordo de adhesión adoptado polo órgano competente, remitindo unha certificación, expedida polo secretario, do mencionado acordo dentro dos 15 días naturais seguintes á publicación destas bases no BOP; na certificación deberá figurar que existe crédito suficiente nas respectivas aplicacións dos orzamentos municipais para facer fronte ás obrigas do contrato. Se o último día coincidise en festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte. Unha vez que pasen os 15 días, de non enviar a adhesión, entenderase que o concello non participa no programa, sen que o teña que facer constar por escrito. Os concellos que se adhiran ó programa financiarán os beneficiarios do seu concello, atendendo á cláusula terceira. Actuarán como entidades colaboradoras na xestión do programa e deberán cumprir coas obrigas que se establezan nas bases reguladoras segundo o disposto na LXS. SEXTA. Selección de solicitudes dos concellos adheridos: Nos concellos adheridos, cando as prazas subvencionadas fosen inferiores á demanda realizarase a selección desde os servizos sociais municipais; daráselles preferencia ás persoas que non participaron o ano anterior e seguidamente ás de maior idade ou con necesidade dun respiro familiar. No caso de solicitudes do cónxuxe ou parella os expedientes avaliaranse establecendo a media aritmética das súas idades. SÉTIMA. Concellos non adheridos: No caso de que os concellos non se adhiran ó programa as persoas deses concellos que desexen participar deberán entregar a solicitude no rexistro da Deputación Provincial; a selección das solicitudes rexerase polos mesmos criterios sinalados na cláusula anterior. OITAVA. Presentación de solicitudes: O prazo de inscrición, tanto para os concellos adheridos coma para as persoas que o soliciten fóra da subvención do concello, será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación destas bases no BOP. No caso dos concellos que no se adhiran, as instancias, acompañadas do documento nacional de identidade, presentaranse no rexistro xeral da Deputación ou na súa sede de Vigo. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 80 do R. d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas. No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición. NOVENA. Documentación dos concellos adheridos Os concellos adheridos deberán remitir ó rexistro da Deputación a seguinte documentación: 1. Relación nominal dos participantes seleccionados e da correspondente lista de espera (remitiranlle, ademais, unha copia destas listas á empresa adxudicataria). 2. Impresos de solicitude debidamente cubertos, acompañados da fotocopia do DNI ou certificación de posuír a dita documentación. DÉCIMA. Procedemento de concesión: A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do Programa Diúrno de Balnearios, no marco de actividades para as persoas maiores, ofertando inicialmente un máximo de 5.528 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula cuarta e presenten a documentación debidamente cuberta. As baixas dos usuarios deberán estar xustificadas e só nese caso a empresa adxudicataria da asistencia técnica xestionará a devolución que corresponda. DÉCIMO PRIMEIRA. Orzamento e financiamento: A contía consignada para este programa ascende a 193.500,00 €, con cargo á aplicación 13/232.230.227.07. O programa será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra, os concellos e os usuarios. Partindo dun prezo máximo de licitación de 140 euros/persoa (IVE incluído): • A Deputación achegará 35 euros/praza. • O Concello achegará 10 euros/praza. • O usuario aboará a cantidade restante, resultado do prezo final de adxudicación e a achega das dúas administracións (a Deputación de Pontevedra e o Concello). No caso de que o Concello non se adhira ó programa o solicitante deberá custear a parte proporcional da subvención do Concello (10 euros). Os prezos de cada establecemento (spa, talaso ou balneario) expoñeranse ó público na páxina web e daranse a coñecer a través dos medios de comunicación. DÉCIMO SEGUNDA. Publicidade En toda a publicidade que se elabore débense facer constar a organización e a colaboración da Deputación de Pontevedra mediante a inclusión da súa imaxe institucional, de conformidade co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado coa dita publicidade a empresa adxudicataria dirixirase ó seguinte enderezo de correo electrónico: imaxe@depo.es. DÉCIMO TERCEIRA. Xustificación e pagamento: Segundo o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pagamento da subvención, a empresa adxudicataria presentará, xunto coas facturas, as relacións das persoas participantes no programa. O pagamento realizarase directamente no número de conta bancaria da empresa adxudicataria. Os usuarios pagarán a cota que corresponda segundo o estableza a empresa adxudicataria. DÉCIMO CUARTA. Prazo de vixencia: Estas bases terán vixencia ata o 31 de marzo de 2014. DÉCIMO QUINTA. Lexislación aplicable: • Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. • Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da lei xeral de subvencións. • Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. • Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. • Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora de facendas locais. • Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. • Bases de execución do vixente orzamento provincial.” 16.20732.- APROBACIÓN DAS BASES DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR, ANO 2013 Que ante a necesidade de fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relacións sociais e favorecendo a participación en actividades que elevan o seu estado anímico e tamén a necesidade de impulsar a dinamización económica e a creación e o mantemento de emprego nos establecementos hoteleiros da nosa provincia. Visto o informe xurídico favorable da Secretaría Xeral da Deputación de Pontevedra de data 19 de marzo de 2013. Visto o informe económico do Servizo de intervención de data 26 de marzo de 2013. Visto o orzamento correspondente ó dito programa é de 100.000,00 €. Visto o informe-proposta do 4 de abril de 2013 do Xefe de Servizo de Servizos Sociais e Promoción de Emprego relativo á aprobación dunhas bases reguladoras que garante a concorrencia competitiva do programa de “Saúde e Balnearios”, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: • Aprobar as bases reguladoras do “Programa Saúde e Benestar-2013”. Ditas bases son do seguinte teor: “BASES DO PROGRAMA SAÚDE E BENESTAR, ANO 2013 Segundo a Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia, no artigo 2 defínense os servizos sociais como un conxunto coordinado de prestacións, programas e equipamentos destinados a garantir a igualdade de oportunidades no acceso á calidade de vida e á participación social de toda a poboación galega, mediante intervencións que permitan o logro dos obxectivos marcados nesta lei. Así mesmo, os poderes públicos fomentarán, no ámbito dos servizos sociais, o desenvolvemento de actuacións solidarias por parte de entidades de iniciativa social, sempre que se axusten ós requisitos de autorización, calidade e complementariedade establecidos na citada lei. Un dos niveis de atención nos que se estrutura o sistema de servizos sociais é o da atención especializada, referida a un sector da poboación ou a unha necesidade determinada que demanda unha maior especialización técnica, unha especial intensidade na intervención ou unha base territorial de intervención de carácter supramunicipal. Tendo en conta o anteriormente exposto, ó amparo da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións; da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común; da Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local; e do Decreto 291/1995, do 3 de novembro, relativo ó rexistro de entidades prestadoras de servizos sociais, a Deputación de Pontevedra, a través do Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, convoca unha nova edición do programa Saúde e Benestar, atendendo ó alto nivel de satisfacción que amosan as enquisas dos participantes no programa en edicións pasadas, o cal cualifican de altamente positivo. CLÁUSULAS PRIMEIRA. Obxecto: Constitúe o obxecto destas bases a regulación da convocatoria pública, por parte da Deputación, relativa ó programa de balnearios, que ten por finalidade fomentar o envellecemento activo e mellorar a calidade de vida das persoas, establecendo novas relación sociais e favorecendo a participación en actividades que elevan o seu estado anímico; tamén busca impulsar a creación e o mantemento de emprego nos establecementos hoteleiros da nosa provincia. SEGUNDA. Descrición do programa: O programa caracterízase por ofrecer unha estancia de seis días e cinco noites nun hotel con spa, balneario ou outro tipo de instalacións similares da provincia de Pontevedra, en réxime de pensión completa, coas bebidas incluídas. Para a execución, coordinación e seguimento do programa a Deputación contratará unha empresa especializada na materia. O paquete inclúe, ademais da estancia e a pensión completa, a utilización do spa, balneario ou outras instalacións de características similares, así como os traslados en autocar desde os concellos de orixe ata o establecemento escollido e viceversa. Os autocares responsables dos traslados estarán perfectamente identificados e sairán do punto acordado previamente, onde se recollerán os beneficiarios e se trasladarán ata o establecemento elixido. Os desprazamentos que os usuarios fagan ata o lugar de saída do autocar correrán ó seu cargo, así como os desprazamentos que realicen pola súa conta ata o establecemento elixido. De non se formar grupo nun concello (mínimo de 10 persoas) o punto de saída será o concello máis próximo que forme grupo, o cal será comunicado previamente pola empresa adxudicataria. En cada autocar irá un guía, que será o responsable de informar da cobertura do seguro (da viaxe e do establecemento) que a empresa responsable teña contratado. O check-in no hotel será os domingos a primeira hora da tarde e o check-out será os venres pola mañá ou despois do xantar; en calquera caso as habitacións terán que quedar baleiras antes das 12:00 horas. TERCEIRA. Beneficiarios: Poderán ser beneficiarios do programa as persoas da nosa provincia que cumpran algún dos seguintes requisitos: a) Persoas nacidas antes de 1963; deberán acreditalo co documento nacional de identidade. b) Pensionistas da Seguridade Social que acheguen unha fotocopia do certificado de pensionista. c) Persoas que precisen dun respiro familiar, mediante un informe do traballador social do Concello. É indispensable non padecer enfermidade ningunha ou patoloxía incompatible coa actividade do programa, así como estar en condicións de total autonomía. No caso de parellas é preciso que ambas as dúas persoas cumpran os requisitos esixidos nestas bases. CUARTA. Presentación de solicitudes: O prazo de inscrición será de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación destas bases no BOP. As solicitudes deberán ir acompañadas do documento nacional de identidade, certificado de pensionista ou informe do traballador social, segundo o caso, e presentaranse no rexistro xeral da Deputación ou na súa sede de Vigo. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común e no artigo 80 do R. d. 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da lei de contratos das administracións públicas. No suposto de que as prazas ofertadas non queden cubertas esta institución reservarase o dereito a abrir un novo prazo de inscrición. QUINTA. Procedemento de concesión: A concesión destas subvencións realizarase polo réxime de concorrencia competitiva; correspóndelle a instrución ó Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego e a adxudicación á Xunta de Goberno. A Deputación de Pontevedra establece a convocatoria de prazas do programa Saúde e Benestar, no marco de actividades para as persoas, ofertando inicialmente un máximo de 3.333 prazas, que lles serán outorgadas ás persoas que reúnan os requisitos sinalados na cláusula segunda e presenten a documentación debidamente cuberta. Se fose preciso priorizaranse as solicitudes segundo a orde de entrada no rexistro, sempre que reúnan os requisitos e se envíe toda a documentación debidamente cuberta. Así mesmo, terán prioridade as persoas que non participasen no programa en edicións pasadas. As baixas dos usuarios deberán estar xustificadas e só nese caso a empresa adxudicataria da asistencia técnica xestionará a devolución que corresponda. SEXTA. Orzamento e financiamento: A contía consignada para este programa ascende, no ano 2013, a 100.000,00 €, con cargo á aplicación 13/232.230.227.07 do orzamento ordinario da Deputación. O programa será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes. A Deputación, partindo dun prezo máximo de licitación de 306,80 euros/persoa (IVE incluído), fará unha achega de 30 euros/praza, e o usuario aboará a cantidade restante, resultado do prezo final de adxudicación e da achega da Deputación. O prezo do programa exporase ó público na páxina web e darase a coñecer a través dos medios de comunicación. SÉTIMA. Publicidade: En toda a publicidade que se elabore débense facer constar a organización e a colaboración da Deputación de Pontevedra mediante a inclusión da súa imaxe institucional, de conformidade co artigo 31 do RLXS. Para todo o relacionado coa dita publicidade a empresa adxudicataria dirixirase ó seguinte enderezo de correo electrónico: imaxe@depo.es. OITAVA. Xustificación e pagamento: Segundo o artigo 17.3.i) da LXS, para proceder ó pagamento da subvención, a empresa adxudicataria presentará, xunto coas facturas, as relacións das persoas participantes no programa, por quendas e hospedaxes, no prazo máximo dun mes a partir da última saída. O pagamento realizarase directamente no número de conta bancaria da empresa adxudicataria. Os usuarios pagarán a cota que corresponda, no número de conta que lles facilite a empresa adxudicataria, unha vez que se lles confirme a admisión no programa. NOVENA. Prazo de vixencia: Estas bases terán vixencia ata o 31 de marzo de 2014. DÉCIMA. Lexislación aplicable: . Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións. . Real decreto 887/2006, do 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da lei xeral de subvencións. . Lei 13/2008, do 3 de decembro, de servizos sociais de Galicia. . Lei 7/1985, do 2 de abril, reguladora das bases de réxime local. . Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora de facendas locais. . Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. . Bases de execución do vixente orzamento provincial.” 17.20733.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, POR PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA: CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN PRÍNCIPE FELIPE Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión de 15/03/2013, aprobou o proxecto de “Campo de fútbol de herba artificial en Príncipe Felipe” por importe de 461.343,87 € máis a cantidade de 96.882,21 € correspondente ó IVE, así como o inicio do correspondente expediente de contratación da obra. Resultando que polo Sr. Secretario Xeral emítese informe relativo ó prego de cláusulas administrativas que rexerá na contratación da obra, considerándoo correcto xuridicamente para os fins propostos. E, á vista do informe de fiscalización do expediente, emitido por Intervención, Considerando o disposto nos artigos 34.1, f) e i) da Lei 7/85, de 2 de abril, 185 do Trlrfl, de 5 de marzo de 2004, 117 e concordantes do R.d. 2568/86, de 18 de novembro, e a base 16.2 de execución do orzamento, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da obra de “Campo de fútbol de herba artificial en Príncipe Felipe” (Expte.2013000390). O orzamento deste contrato estímase nun importe de 461.343,87 € máis a cantidade de 96.882,21€ € correspondente ó IVE, o que fai un importe total de 558.226,08 €. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda: - Autorizar o gasto por importe de 558.226,08 €, que se financiará con cargo á aplicación 13/232.232-621.01 do vixente orzamento provincial. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e de prescricións técnicas que rexerán como lei fundamental do contrato. - Iniciar o procedemento de adxudicación para dita contratación, concedendo un prazo de vinte e seis días naturais para a presentación de proposicións, contados a partir do día seguinte á publicación do anuncio desta contratación no Boletín Oficial da Provincia. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA EXECUCIÓN DA OBRA “CAMPO DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN PRÍNCIPE FELIPE”. CPV 45230000. 1. OBXECTO.- Execución da obra de “Campo de fútbol de herba artificial en Príncipe Felipe”, cuxo proxecto foi aprobado pola Xunta de Goberno de 15 de marzo de 2013. A súa execución deberá realizarse suxeitándose ós proxectos técnicos que aprobou o órgano de contratación e que integran os documentos enumerados no artigo 123 do Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público, en adiante Trlcsp, incluído o correspondente estudo de seguridade e saúde. O conxunto de documentos que compoñen os proxectos, considerados como parte integrante deste prego, teñen carácter contractual. 2. ORZAMENTO.- Segundo o anexo I deste prego. O orzamento de execución por contrata comprende os seguintes conceptos: 1. Gastos xerais da empresa, correspondéndolle a porcentaxe do 13% sobre o orzamento de execución material; comprenderá os seguintes aspectos: • A dirección técnica das obras, sendo o 4% do orzamento de execución material, de acordo coa taxa por servizos facultativos que se prestan en obras provinciais e que aprobou o Pleno da Deputación Provincial na sesión do 27 de febreiro de 1998. • Gastos referentes á coordinación da seguridade e saúde, 0,50 % do orzamento de execución material. • Porcentaxe ofertada relativa ó control de calidade. Se non se oferta ningún porcentaxe ou o ofertado é inferior ó 1%, reterase o 1% do orzamento de execución material. 2. Beneficio industrial; aplicarase o 6% sobre o orzamento de execución material. 3. IVE, que se aplicará sobre a suma do orzamento de execución material, beneficio industrial e os gastos xerais da empresa. Dentro do citado importe inclúense, ademais, toda clase de impostos e licenzas, tanto municipais, provinciais, autonómicas coma estatais. Importante: as retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material da adxudicación. Nos casos nos que se oferten porcentaxes de retención sobre o orzamento global de adxudicación ou sobre calquera outro parámetro traducirase a porcentaxe que corresponda sobre o orzamento de execución material. 3. FINANCIAMENTO.- A obra financiarase de acordo co estipulado no anexo I. 4. PRAZO DE EXECUCIÓN.- O prazo máximo estimado para a execución das obras, a contar desde o día seguinte ó da sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida o seu comezo, estímase no anexo I. Os licitadores deberán presentar na proposta económica un programa de traballo que contemple o desenvolvemento das unidades de obras que se van realizar en cada prazo. O contratista está obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como nos prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. O dito prazo só se prorrogará cando o órgano de contratación así o aprobe, sempre que concorran os requirimentos esixidos pola lexislación vixente e previa petición do contratista co informe favorable do director de obra. No caso de prorroga, proposta pola dirección da obra, o órgano de contratación terá que aprobar o expediente pertinente que implica a modificación. 5. INCUMPRIMENTO DO PRAZO.- Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, podendo a Administración optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que as penalidades alcancen o 5 por cento do prezo do contrato. As penalidades diarias serán cuantificadas na proporción de 0,20 euros por cada 1.000 euros do prezo de adxudicación. Poderase facer efectivo por algún dos seguintes procedementos: retención ou dedución nas certificacións de obra, con cargo á garantía definitiva, ou pola vía executiva, unha vez finalizado o prazo de ingreso voluntario. Coa imposición de penalidades ampliarase o prazo de execución da obra, á proposta do enxeñeiro director da obra, para a súa correcta finalización. A dita imposición non exclúe e é compatible coa indemnización de danos e perdas causados á Deputación pola demora na execución imputable ó contratista. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica nos termos que dispón o artigo 76 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e máis as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de se constituír formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se formalice a adxudicación); as ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigas que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. As ditas empresas deberán ter por obxecto realizar actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 7. GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do prezo de adxudicación, excluído o imposto sobre o valor engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no arts. 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprir este requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, nese caso, a recabar a mesma documentación ó licitador seguinte, polo orde en que quedaran clasificadas as ofertas. A garantía definitiva ingresarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 8. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 8.1. Lugar e prazo de presentación: As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación, cun horario de 9.00 a 13.00 horas, de luns a sábado, ou na sede da Deputación en Vigo, de luns a venres, dentro dun prazo de vinte e seis días naturais, a contar dende o día seguinte ó da publicación do seu anuncio no BOP. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92 de 26 de novembro de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es), ou tamén mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre no mesmo día. 8.2º. Formalidades. Os contratistas interesados na licitación deberán presentar TRES sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do licitador. CIF. Enderezo e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: SOBRE A: documentación xeral, coa seguinte inscrición: Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar o nome da obra). Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Os que acrediten a personalidade xurídica do empresario e, se é o caso, a súa representación. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ocupar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Certificado acreditativo de posuír a clasificación empresarial que se establece no anexo I, no seu caso. Se a empresa se encontrase pendente de clasificación deberá achegarse o documento acreditativo de ter presentado a correspondente solicitude para iso debendo xustificar estar en posesión da clasificación esixida no prazo previsto nas normas de desenvolvemento desta Lei para emendar os defectos ou omisións na documentación. 4.- Declaración conforme o modelo do anexo II. Esta declaración inclúe a manifestación de non estar incurso na prohibición de contratar, estar ó corrente do cumprimento das obrigas tributarias e coa Seguridade Social que impoñen as disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requirimento deba presentala, antes da adxudicación definitiva, o empresario a cuxo favor se vaia efectuar esta. 5.- Acreditación da solvencia económica, técnica e financeira: a) Declaración sobre o volume global de negocios no ámbito de actividades correspondente ao obxecto do contrato, referido como máximo aos tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida que se dispoña das referencias de o devandito volume de negocios. Deberase acreditar un importe neto da cifra de negocios do importe considerado anual do contrato durante cada un dos tres últimos exercicios, segundo contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil. Documentación a presentar: • No caso de Entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantis): - Contas Anuais (Conta de Perdas e Ganancias) dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no Rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. • No caso de Titulares de actividades económicas no ámbito do imposto sobre a renda das persoas físicas (IRPF): 1. Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de ventas e ingresos dos tres últimos anos. (Debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan dita obriga). - Modelo 390 (Declaración resumen anual I.V.E.) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. 2. Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de ventas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (Documento de ingreso o devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable firmada polo representante legal que acredite que o libro rexistro de ventas e ingresos reflexa a imaxen fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispoñer do libro rexistro de ventas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflexa a imaxen fiel da actividade económica da empresa. b) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. c) Relación das obras executadas no curso dos cinco últimos anos, avalada por certificados de boa execución para as obras máis importantes; estes certificados indicarán o importe, as datas e o lugar de execución das obras e precisarase se se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo; se é o caso, os devanditos certificados serán comunicados directamente ao órgano de contratación pola autoridade competente. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ao presuposto anual deste contrato d) Declaración indicando a maquinaria, material e equipo técnico do que se dispoñerá para a execución das obras, á que se achegará a documentación acreditativa pertinente. 6.- Dirección de correo electrónico ó que efectuar as comunicacións ou notificacións. Nota importante: o acreditamento das circunstancias que mencionan nos artigos anteriores poderase realizar mediante a certificación dun rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, deberá acompañarse á mesma unha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó rexistro oficial de licitadores e empresas clasificadas. SOBRE B: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante formulas, coa seguinte inscrición: Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase cerrado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos, asinada e selado polo representante legal da empresa. 2.- Memoria construtiva e programa de traballo. 3.- Melloras ofertadas. 4.- Memoria de seguridade e saúde. 5.- Programa de actuacións medioambientais. Toda a documentación relativa a este sobre deberá presentarse en formato A4, e cun límite máximo de 100 follas. SOBRE C: documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: proposición económica para o procedemento aberto para a contratación da obra (especificar nome da obra). Presentarase cerrado e contendo o seguinte documento: 1.- Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado na última cláusula deste prego de condicións, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice e o porcentaxe de control de calidade ofertado. En relación ó control de calidade, a porcentaxe que se lle aplicará deberá expresarse con dous decimais aplicado sobre o orzamento de execución material da obra, e determinado no apartado destinado para iso no modelo de proposición. A Deputación reservarase o dereito de aprobar a empresa que vaia realizar.o control de calidade. Así mesmo, esa empresa deberá acreditar a disposición dun certificado de calidade. 9. MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará integrada da seguinte maneira: PRESIDENTE: -O titular da corporación ou membro en quen delegue. VOGAIS: - O secretario xeral. - O interventor. - O director de infraestruturas. SECRETARIO: - O técnico adxunto ó Servizo de Contratación. 10. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PROPOSICIÓNS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que se precise o arranxo de erros ou omisións na documentación que establece a cláusula 8.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará as que cualificasen como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre b correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a Lei de contratos do sector público. Esta documentación trasladaráselles ós técnicos, que a avaliarán e a ponderarán segundo os criterios de valoración que estableza o prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre c da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos sobres c daquelas empresas que obtivesen unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. 11. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante formulas (SOBRE B). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoráranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios:  Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos.  Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/a redución do prazo de execución da obra, ata un máximo de 15 puntos.  Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos.  Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos. Estes criterios ponderaranse da seguinte forma: 11.1.1) Memoria construtiva e programa de traballo, ata un máximo de 25 puntos Valorarase o coñecemento do proxecto e do terreo onde será executada a obra, debéndose explicar a metodoloxía a empregar na súa execución, así como das provisións a empregar, e dos medios materiais e humanos que se compromete a adscribir. Os licitadores presentarán un programa de execución da obra que contemple os prazos parciais, debendo existir unha coherencia entre a planificación e os medios adscritos. NOTA MOI IMPORTANTE: Na documentación que se presente no sobre B, e en especial neste apartado, non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia económica en relación co programa de traballo, e su execución por anualidades, no seu caso, presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto carreará a exclusión da oferta no proceso de licitación. 11.1.2.) Melloras na calidade e/ou cantidade global das obras proxectadas ou dalgunha das súas unidades, que redunden nunha maior calidade construtiva, e/o redución do prazo de execución ata un máximo de 15 puntos. Deberase detallar e presentar unha memoria valorada, na que non se terán en conta os gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21 %), e na que se indiquen as razóns que xustifiquen esta oferta. O responsable do contrato ou a dirección de obra decidirán sobre a execución das melloras, reservándose o dereito de poder variar as mesmas en beneficio do interese público, e sempre sen que poida superar o valor económico das ofertadas. Poderase ofertar como melloras unha redución no prazo de execución da obra, debéndose xustificar adecuadamente as circunstancias o solucións técnicas que permitan a mesma. Os técnicos, en base a documentación aportada, decidirán sobre a viabilidade ou non desta redución, reservándose o dereito de non valorala cando o consideren de imposible cumprimento. 11.1.3) Memoria de seguridade e saúde, ata un máximo de 5 puntos. 1. Definición da problemática principal en relación coa seguridade e saúde dos traballos. Describiranse as actividades de maior problemática na súa execución en relación coa seguridade e saúde, e definiranse as actuacións preventivas a desenvolver a través de procedementos construtivos que integren a prevención de riscos laborais en cada un dos pasos a seguir na execución da correspondente unidade de obra. 2. Análise da organización preventiva e o sistema de xestión da prevención a desenvolver na obra. Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, cal vai ser o sistema de xestión da prevención de riscos laborais a aplicar na obra, debendo especificar os medios de coordinación preventiva necesarios, de acordo co Real Decreto 171/2004, en materia de Coordinación de Actividades Empresariais, así como a forma en que se vai realizar a información de riscos e medidas preventivas ós traballadores na obra, a supervisión das avaliacións de riscos e medidas preventivas específicas para a obra a presentar por cada un dos subcontratistas intervenientes, etc. Así mesmo, presentarase o sistema de selección de empresas subcontratistas en relación con aspectos a considerar en materia de prevención de riscos laborais. 3. Análise das actividades de especial perigosidade a desenvolver na obra (anexo I. R.D. 1627/97). Neste apartado desenvolverase, entre outros aspectos, a descrición das actividades de especial perigosidade a executar na obra, así como a designación dos recursos preventivos para realizar a supervisión e control permanente en obra de ditos traballos. Verificarase que as persoas asignadas reúnan os coñecementos, cualificación e experiencia necesarias, así como que conten coa formación mínima de nivel básico en prevención de riscos laborais, todo iso de acordo co establecido pola Lei 54/2003 de reforma do marco normativo da prevención de riscos laborais. 4. Análise da proposta de información e estudo dos índices de sinistralidade da obra. Neste apartado analizarase a proposta de presentación dos distintos índices de sinistralidade, así como a súa análise en comparación cos do sector da construción. Así mesmo presentaranse as propostas de estudo dos accidentes acaecidos na obra. 5. Relación de maquinaria, ferramentas e medios auxiliares a utilizar na obra. Neste apartado solicitarase a documentación acreditativa de que toda a maquinaria e ferramentas auxiliares cumpren a normativa vixente en materia de seguridade e saúde, e máis e das revisións e mantementos de cada unha das máquinas xunto co protocolo de seguimento destas revisións e mantementos. Tamén se incluirán os documentos de autorización de uso de cada máquina ou equipo de traballo, cos nomes dos traballadores autorizados para o seu uso. 6. Documentación acreditativa da formación, información e entrega de EPI´s. Presentarase a proposta de cómo realizar a formación dos traballadores en obra, así como de información dos riscos a que están sometidos nas mesma. Reflectirase o sistema de revisión e seguimento dos mencionados aspectos de formación e información. Presentarase o protocolo de entrega dos equipos de protección individual, da súa correcta utilización, mantemento, e sobre os riscos dos que o protexen, así como se haberá de definir como se verificará a utilización dos mesmos por parte dos traballadores. 7. Relación de proteccións colectivas a empregar na obra. Presentaranse as proteccións colectivas necesarias a utilizar na obra, determinando como se definirá a súa necesidade e como se verificará a súa correcta utilización, estado e reposición. 11.1.4) Programa de actuacións medioambientais, ata un máximo de 5 puntos Para este Programa valoraranse as propostas de medidas de xestión medioambiental e dos produtos a utilizar na obra, con inclusión dos certificados e demais documentos acreditativos destes requirimentos. Especialmente cualificarase a precisión na identificación de unidades de obra que poidan xerar impactos, a dispoñibilidade de instrucións de traballo, a organización física da obra, a localización de vertedoiros, a identificación de requirimentos legais e os sistemas de boa xestión medio ambiental propostos. As medidas medioambientais valoraranse de acordo cos seguintes criterios: a) Se a execución da obra se realizada nun marco de xestión medioambiental de acordo ó regulamento comunitario CEE1836/93, ou ben ás normas internacionais ISO (serie 1S014000) europeas EN ou españolas UNE(77/801-94 e 77/802-94). b) Se os materiais que utilizará o licitador proveñen dun proceso de reciclado ou reutilización en máis dun 50%, conforme a certificación emitida por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. c) Se os materiais que utilizará o licitador son reutilizables ou teñen un grao de reciclabilidade superior a un 50%, conforme a certificación emitido por un laboratorio ou organización que non forme parte do mesmo grupo de empresas ó que pertenza o ofertante. Estes materiais deberán cumprir as especificacións técnicas do proxecto, así como o prego de prescricións técnicas e calquera outra norma técnica de obrigado cumprimento. d) Se na execución da obra se contempla algunha das seguintes medidas: xestión ambiental de terras e materiais de obra, restauración paisaxística; redución na xeración de residuos; diminución da contaminación por vertidos, acústica, atmosférica ou do chan; redución do impacto visual, cultural ou sociolóxico; limitación de impacto sobre fauna e flora local; diminución do uso de combustibles fósiles ou utilización de enerxías renovables. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas(Sobre C). Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos de conformidade cos seguintes criterios: -Valoración oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. - Plan de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.1) Valoración oferta económica, ata un máximo de 45 puntos. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedaran excluídas unha vez realizados o exame da documentación administrativa contida no sobre A, e a análise técnica da documentación contida no sobre B. Para a valoración das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente consideraranse dous posibles casos: CASO 1. A oferta máis baixa OMB das admitidas administrativa e tecnicamente é inferior estritamente ó 85% do Presuposto Base de Licitación (PBL), e dicir, . 1.1. Si o presuposto ofertado pola empresa (Pro) é maior ou igual á Oferta Máis Baixa (OMB) das admitidas administrativa e técnicamente, e menor ou igual ao 85% do Presuposto Base de Licitación (PBL), é dicir, Si : a fórmula a empregar é a seguinte: 1.2. Si o presuposto ofertado pola empresa (Pro) é maior estritamente ó 85% do Presuposto Base de Licitación PBL e menor ou igual ao Presuposto Base de Licitación (PBL), é dicir, : a fórmula a empregar é a seguinte: CASO 2. A Oferta Máis Baixa (OMB) das admitidas administrativa e tecnicamente é maior ou igual ao 85% do Presuposto Base de Licitación (PBL), é dicir, a fórmula a empregar é a seguinte: PRESUNCION DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA): Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación (baixa temeraria) as proposicións cuxa porcentaxe de baixa supere nun 5% a porcentaxe de baixa media de todas as ofertas admitidas administrativamente e tecnicamente. Para calcular a Baixa Media (BM) e a Baixa Media Permitida (sen incorrer en temeridade) (BMP) utilízanse as seguintes ecuacións: a. Cálculo da Baixa Media (BM): A baixa da oferta económica da empresa i calcularase como: A porcentaxe de baixa da oferta económica da empresa i calcularase como: A baixa media de todas as porcentaxes das baixas das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente é: sendo: Oferta económica da empresa i. n: Número de ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. Presuposto base de licitación. Porcentaxe de baixa de cada unha das ofertas admitidas administrativa e tecnicamente. Baixa media. b. Cálculo da Baixa Máxima Permitida, sen incorrer en temeridade (BMP): sendo: Baixa Máxima Permitida, sen incorrer en temeridade. Baixa Media. Polo que se considerará temeraria unha oferta que incorra en: 11.2.2) Proxecto de control de calidade da obra, ata un máximo de 5 puntos. Especificarase a porcentaxe sobre o Presuposto de Execución Material (PEM) que a empresa asigne para tal efecto, así como a acreditación por parte da mesma da disposición dun certificado de calidade reservándose para si a Deputación a aprobación do laboratorio homologado. Esta porcentaxe será obrigatoriamente maior ou igual ó 1% e menor ou igual ao 5%. No caso de que sexa inferior ao 1% ou non se defina, a Deputación establecerá un valor do 1%, e no caso de que sexa superior ao 5%, a Deputación establecerá un valor do 5%. Para a valoración das ofertas admitidas consideraranse dous posibles tramos, separados polo Punto de Corte Porcentual de control de calidade , neste caso o valor do devandito punto é de 3%. Tramo 1. A porcentaxe do control de calidade sobre o PEM ofertado é maior ou igual ó 1% e menor o igual ó PC%. Todos estes valores estudaranse en porcentaxe, e a puntuación do control de calidade ( ) será o resultado da seguinte fórmula: Tramo1: sendo: Puntuación do control de calidade ofertada. Tramo 2. A porcentaxe do control de calidade sobre o PEM ofertado é maior estritamente co PC% e menor o igual ó 5%. Todos estes valores estudaranse en porcentaxe, e a puntuación do control de calidade ( ) será o resultado da seguinte fórmula: Tramo 2: 12. OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS.- Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación (baixa temeraria) as proposicións cuxa porcentaxe de baixa supere nun 5% a porcentaxe de baixa media de todas as ofertas admitidas administrativamente e tecnicamente Cando a mesa de contratación considere que a proposición non se poderá cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, darase audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións da mesma, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación unha vez considerada a xustificación do licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde na que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO.- O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas clasificaraas por orde decrecente, para cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, e requirirá á empresa que presentara a oferta máis vantaxosa para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o día que recibise a comunicación, presente a documentación xustificativa de estar ao corrente no cumprimento das súas obrigas tributarias e coa Seguridade Social, e calquera outro documento acreditativo da súa aptitude para contratar ou da efectiva disposición dos medios que se comprometeran a dedicar ou adscribir á execución do contrato que lle reclame esta institución, así como constituír a garantía definitiva. 14. ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación referida no artigo anterior, fixando os termos definitivos do contrato. De forma simultánea publicarase a adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. 15. FORMALIZACIÓN CONTRATO.- A administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de quince días hábiles, a contar dende o día seguinte á notificación da adxudicación, constituíndo o devandito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado a administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 16. PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos pola TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es),o seu perfil de contratante. 17. GASTOS A CARGO DO ADXUDICATARIO.- Serán a cargo do adxudicatario os gastos que xere o expediente, así como os de carteis de obra que lle serán facilitados pola Deputación e que serán colocados no lugar que lles indique a Dirección de Obra. Ademais os adxudicatarios estarán obrigados a colocar toda a sinalización necesaria que garanta a plena seguridade da obra, e a designar un xefe de obra coa cualificación técnica, capacidade e experiencia suficiente para representar ó contratista durante toda a execución da obra obxecto do contrato e que ademais será responsable da súa seguridade sen cuxos requirimentos non se confeccionará a acta de comprobación do replanteo. Así mesmo, os gastos do cartel da obra serán por conta do adxudicatario. 18. RESPONSABLE DO CONTRATO.- A Deputación designará a un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada. Estas facultades do responsable do contrato entenderanse sen prexuízo das que corresponden ó director facultativo das obras. 19. ACTUACIONS PREVIAS O INICIO DAS OBRAS.- - Plan de seguridade e saúde no traballo. O Plan de Seguridade e Saúde no traballo, cando fora esixible, redactado por técnico coa titulación esixida legalmente e axustado en contido o requirido na normativa de aplicación vixente, deberá ser presentado polo contratista a empresa que teña asignada a Deputación para a levar a seguridade e saúde nas súas obras, no prazo máximo de 20 días naturais dende a data de notificación da adxudicación. O incumprimento do prazo non impedirá a comprobación da reformulación nin a autorización do inicio da obra, se ben non comezarán efectivamente as obras sen a aprobación do referido Plan. Polo tanto, atrásase o inicio efectivo das obras por causa imputable ao contratista, pero non así o inicio do cómputo do prazo de execución. O prazo contractual empezará a contar coa firma da Acta de comprobación da reformulación, na que se deixará constancia dos extremos mencionados. Con independencia do anterior, o incumprimento do mencionado prazo de presentación supoñerá unha penalización diaria de 1 por cada 5.000 € do prezo do contrato, que será descontada, se é o caso, na primeira certificación. O contratista virá obrigado a recoller no Plan de Seguridade e Saúde, e, polo tanto a realizar e implantar na obra todas as medidas e elementos necesarios para cumprir o estipulado ao respecto pola lexislación vixente sobre a materia e polas normas de boa construción, e polas especificacións e prescricións recollidas no Estudo/ Estudo básico de Seguridade e Saúde, sen que teña dereito a recibir máis importe que o fixado no Estudo/ Estudo básico de Seguridade e Saúde afectado da baixa de adxudicación, se é o caso. Os locais e servizos para hixiene e benestar dos traballadores que vingan obrigados polo Estudo de Seguridade e Saúde ou polas disposicións vixentes sobre a materia haberán de ser situados nos lugares indicados no citado estudo e no seu defecto, sempre que sexa posible, na propia obra, salvo autorización expresa da Administración noutro sentido. En todo caso serán para uso exclusivo do persoal adscrito á obra. Calquera variación que se formule das características e localización dos devanditos locais e servizos, unha vez aprobado o Plan, requirirá a previa modificación deste, así como o seu posterior informe e aprobación nos termos establecidos polas disposicións vixentes. Os referidos locais e servizos deberán estar dispostos dende o inicio da obra, debendo contar coa autorización da Administración antes da súa retirada. - Licenzas, autorizacións e impostos. O contratista, de por se ou como substituto da Administración, está obrigado a xestionar o outorgamento de cantas licenzas, impostos, autorizacións e requirimentos establecidos nas normas e ordenanzas municipais e de calquera outro organismo público ou privado sexan necesarios para o inicio, execución e entrega ao uso ou servizo das obras, solicitando da Administración os documentos que para iso sexan necesarios, sen prexuízo da actuación que a esta última lle corresponda. Así mesmo, o contratista estará obrigado a aboar nos prazos voluntarios establecidos o importe dos gastos e exaccións derivados dos impostos, licenzas, autorizacións e requirimentos referidos anteriormente e calquera que graven a execución e posterior ocupación da obra, gastos que serán de conta do contratista dando coñecemento inmediatamente á Administración de ter cumprido os devanditos trámites. Se entendese que as liquidacións practicadas non se axustan a Dereito, o contratista quedará lexitimado para interpoñer contra estas os recursos pertinentes, comunicando este extremo á Administración contratante. O importe destas cargas derivadas da obra forma parte dos gastos asumidos pola oferta económica e conforme a esta estipulación contractual trasládase a obriga de pagamento ao adxudicatario do contrato asinado. Será requisito necesario para que a Deputación aboe ao contratista a primeira certificación, que este acredite mediante achega dos oportunos xustificantes, ter aboado os tributos correspondentes. No caso de que á data de expedición da primeira certificación non se tivese xustificado documentalmente o mencionado requisito, o inicio do cómputo do prazo mencionado no art. 216. 4 TRLCSP suspenderase ata que se entreguen á Administración os mencionados xustificantes. 20.- EXECUCIÓN DAS OBRAS E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA.- As obras executaranse con estrita suxeición ás estipulacións contidas neste prego, ó proxecto que serve de base ó contrato e conforme ás instrucións que en interpretación técnica deste desen ó contratista o director facultativo, e se é o caso, o responsable do contrato, nos ámbitos da súa respectiva competencia. (art. 230 do TRLCSP). As instrucións de carácter verbal deberán ser ratificadas por escrito no máis breve espazo posible para que sexan vinculantes para as empresas. No suposto de incumprimento dos compromisos ou das condicións especiais de execución do contrato ofertados polo contratista, referente ós materiais ou medios persoais (por exemplo, dedicación dun número determinado de medios humanos ou unhas características especiais dos traballadores ou técnicos ofertados), a administración poderá penalizar ó contratista ata un importe que non supere o 10% do orzamento do contrato (art, 212.1 do TRLCSP). Ó contratista indemnizará todos os danos e perdas que se causen a terceiros como consecuencia da realización das obras contratadas. (art, 214 do TRLCSP). 21. CERTIFICACIÓNS.- A dirección de obra realizará mensualmente a medición das unidades de obra executadas, redactando unha relación valorada, na que tomará como referencia os prezos contratados, e sobre a que expedirá a correspondente certificación de obra. As certificacións de obra axustaranse ós modelos de certificación ordinaria e anticipada para obras da Deputación que foron aprobadas pola Resolución presidencial, de 13 de xullo de 2007, e que se encontran inseridos na páxina web www.depontevedra.es. O técnico director deberá practicar nas certificacións de obra as retencións correspondentes ás porcentaxes ofertadas polo adxudicatario en concepto de control de calidade, seguridade e saúde, taxa por dirección de obra, etc. Estas retencións aplicaranse sobre o orzamento de execución material do orzamento de adxudicación. As certificacións de obra que recollan unha execución en mora, teñen que ir acompañadas da xustificación da mora polo contratista e o correspondente informe de conformidade da dirección da obra; en caso contrario, será necesario que a certificación recolla a retención correspondente ás penalidades. 22. RECEPCIÓN E CERTIFICACIÓN FINAL DE OBRAS.- O contratista comunicará á dirección da obra a data prevista para a terminación ou execución do contrato, ós efectos de que se poida realizar a recepción. Á recepción concorrerán o responsable do contrato ou un facultativo designado pola Administración representante desta, o facultativo encargado da dirección das obras e o contratista asistido, se o estima oportuno, do seu facultativo. Do resultado da recepción levantarase unha acta que subscribirán todos os asistentes, retirando un exemplar orixinal cada un deles. Recibidas as obras procederase seguidamente á súa medición xeral polo director de obra con asistencia do contratista, formulándose sobre o resultado a correspondente relación valorada e tramitándose, antes do transcurso de tres meses desde a recepción, a correspondente certificación final. Os excesos de obras que non superen o 10% do contrato, excluído o IVE, deberán ser certificados ó final acompañados dun informe do director de obra xustificándoos. A dirección da obra achegaralle á acta de recepción un estado de dimensións e características da obra executada que defina con detalle as obras realizadas tal e como se encontran no momento da recepción, a efectos de inventario. 23. XUSTIFICACIÓN DAS MELLORAS.- O técnico director acompañará á certificación final, tras a recepción da obra, a xustificación da aplicación das melloras ofertadas polo adxudicatario, mediante informe ó que se acompañará unha relación valorada das distintas unidades de obra con indicación para cada unha delas dos prezos unitarios e totais. Na valoración das melloras non se terán en conta as porcentaxes de gastos xerais (13%), o beneficio industrial (6%) nin o IVE (21%). 24. LIQUIDACIÓN DA OBRA.- Transcorrido o prazo de garantía, se o informe do director da obra sobre o seu estado fose favorable, formularase no prazo dun mes a proposta de liquidación das realmente executadas, tomando como basee para a súa valoración as condicións económicas establecidas no contrato. O órgano de contratación aprobará a liquidación da obra, podendo existir unha variación no saldo do contratista en contra ou a favor, en cuxo último caso, aboarase a cantidade endebedada ó contratista. 25. GARANTÍA DA OBRA.- A obra terá un período de garantía dun ano dende o día seguinte á data de formalización da acta de recepción, neste tempo o contratista estará obrigado á súa conservación e policía, e á reparación dos estragos producidos pola defectuosa execución das mesmas. Se se producise un incumprimento das obrigas accesorias propias da garantía, non podendo resolverse o contrato, poderase incautar a garantía, e se non fose suficiente, poderase reclamar danos e perdas pola vía de prema. Dentro do prazo de quince días anteriores ó cumprimento do prazo de garantía, o director facultativo da obra, de oficio ou a instancia do contratista, redactará un informe sobre o estado das obras. Se este fóra favorable, o contratista quedará relevado de toda responsabilidade. No caso de que o informe non fose favorable e os defectos observados se debesen a deficiencias na execución da obra e non ó uso do construído, durante o prazo de garantía, o director da obra procederá a ditar as oportunas instrucións ó contratista para a debida reparación do construído, concedéndolle un prazo para iso durante o cal continuará encargado da conservación das obras, sen dereito a percibir cantidade algunha por ampliación do prazo de garantía. 26. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN E DA GARANTÍA PROVISIONAL.- A documentación incluída no Sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que teñan interposto reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados, esta administración disporá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 27. RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts, 223 e 237 do TRLCSP. 28. RÉXIME XURÍDICO.- En todo o non previsto expresamente no presente prego de condicións, se estará ó disposto, en canto á súa preparación, adxudicación, efectos e extinción, polo RDL 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP) e as súas disposicións de desenvolvemento; supletoriamente aplicaranse as restantes normas de dereito administrativo e, no seu defecto, as normas de dereito privado. 29. XURISDICIÓN COMPETENTE.- As cuestións litixiosas que xurdan sobre interpretación, modificación, resolución e efectos do presente contrato, serán resolvidas polo órgano de contratación cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa deixando expedita a vía xurisdicional, contenciosa administrativa, a tenor do disposto na Lei Reguladora de dita Xurisdición. 30. MODELO DE PROPOSICIÓN.- Don............................................, maior de idade, veciño de....................., con domicilio en ............................titular do DNI.................., expedido en data.............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................................. (CIF- núm. .......................) e con domicilio en .................................., teléfono.................... segundo acredito mediante poder debidamente bastanteado. Enterado do anuncio, para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente á obra (especificar denominación da obra). Comprométese a executala polo prezo de _________________ (en letra e número) euros, máis __________ euros (en letra e número) correspondente ó IVE, con estrita suxeición ó proxecto aprobado e pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que acepta en todas as súas partes. • % do control de calidade ofertado: ANEXO I “PREGO DE CONDICIÓNS PARTICULARES QUE REXERA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA “CAMPO DE FUTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN PRINCIPE FELIPE” (EXPTE. 2013000390). A) PROCEDEMENTO DE CONTRATACIÓN: Aberto. Trámite ordinario. B) ORZAMENTO DE EXECUCIÓN DO CONTRATO: Importe de execución sen IVE 461.343,87 € IVE 96.882,21 € Total 558.226,08 € C) FINANCIAMENTO: ANUALIDADE APLICACION IMPORTE 2013 13/232.232-621.01 558.226,08 € D) PRAZO DE EXECUCIÓN DAS OBRAS: O prazo máximo para a execución da obra de referencia establécese en seis meses, e comezará a contar dende o día seguinte á sinatura da acta de comprobación do replanteo, salvo que exista razón fundada que impida ó seu comezo. E) GARANTÍAS: Provisional: non se esixe. Definitiva: 5% do prezo de adxudicación, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido. F) CLASIFICACIÓN: Grupo G, subgrupo 4, categoría d.” ANEXO II Nota: autocompletable na páxina web (declaración responsable) 18.20734.- ADXUDICACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA IMPARTICIÓN DOS CURSOS DE FORMACIÓN INCLUÍDOS NO PROXECTO AQUELANDO 3, COFINANCIADO NUN 80% POLO FSE Mediante acordo da Xunta de Goberno de data 25 de xaneiro de 2013, aprobouse o expediente de contratación, para a adxudicación mediante procedemento aberto da impartición dos cursos de formación incluídos no proxecto Aquelando 3 cofinanciados nun 80% polo FSE, que a continuación se detallan: Lote Curso Prezo de licitación 1 Atención sociosanitaria a persoas no domicilio 35.900,00 € 2 Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-Pontevedra 27.500,00 € Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais-Ponteareas 29.500,00 € 3 Actividades de venda 35.500,00 € Implantación e animación espazos comerciais 24.400,00 € 4 Docencia da formación profesional para o emprego 26.400,00 € TOTAL 179.200,00 € Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra nº24, de data 4 de febreiro de 2013. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 22 de febreiro de 2013, a cuxo efecto reunir a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. Posteriormente na reunión que tivo lugar o día 27 de febreiro de 2013, a Mesa de Contratación fai pública a relación de empresas admitidas e non admitidas ó procedemento aberto, sendo as seguintes: Empresas admitidas: LOTE 1: - Atendo calidade SL - Confederación galega de persoas con discapacidade (COGAMI) - Edith Pita Hermida - Fesan - Sociser Galicia SL - UTE Formagal, Formación y Servicios SL –Idades SL - Mayores atención a la dependencia SL LOTE 2: - Atendo calidade SL - Centro de formación ICA SL - Confederación Galega de persoas con discapacidade (COGAMI) - Fesan - Sociser Galicia - UTE Formagal, Formación y Servicios SL –Idades SL - Mayores atención a la dependencia SL LOTE 3: - Fesan LOTE 4: - Forga (Fundación de orientación profesional de empleo y formación en Galicia ) - Centro de orientación de estudios comerciales SL (COESCO) - Formagal Formacion y Servicios SL - Versa asesores SL - Idae consultoría de recursos humanos SL - Actexga SL Empresas non admitidas: - Forsel Consulting SL, por non cumprir as formalidades para a presentación de proposicións establecidas no prego económico (cláusula 10.2ª). - Felipe Fernández Méndez, por non acreditar a solvencia económica e técnica requirida. Así mesmo, no mesmo acto procedeuse á apertura dos Sobres “B” presentados polas empresas admitidas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que polo Servizo de Servizos Sociais e Promoción do Emprego, emítese informe de valoración da documentación técnica correspondente ós criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B). Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 21 de marzo de 2013, tras facer pública a puntuación asignada á proposta técnica efectuada polas empresas con puntuación superior a 30 puntos, procedeu á apertura dos Sobres “C”, presentados polas mesmas, correspondentes aos criterios avaliables mediante fórmulas, obténdose os seguintes resultados, para cada un dos lotes incluídos no contrato: Lote nº1: Empresas licitadoras Puntuación Proposta técnica (Sobre B) Puntuación Sobre C Puntuación Total UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL 40,50 40,780 81,280 Confederación Galega de Persoas con discapacidade (COGAMI) 43,50 34,736 78,236 Mayores atención a la dependencia SL 37,50 38,785 76,825 Fundación de estudio y análisis 32,00 29,969 61,969 Sociser Galicia SL 32,50 15,980 48,480 Edith Pita Hermida 27,50 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Atendo Calidade SL 17,50 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Lote nº2: Empresas licitadoras Puntuación Proposta técnica (Sobre B) Puntuación Sobre C Puntuación Total UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL 44,50 38,248 82,748 Confederación Galega de Persoas con discapacidade (COGAMI) 40,00 38,332 78,332 Mayores atención a la dependencia SL 37,00 28,931 65,931 Fundación de estudio e análise (FESAN) 32,00 26,066 58,066 Sociser Galicia SL 33,50 12,796 46,296 Centro de Formación ICA SL 22,00 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Atendo calidade SL 17,50 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Lote nº3: Empresas licitadoras Puntuación Proposta técnica (Sobre B) Puntuación Sobre C Puntuación Total Fundación de estudio e análise (FESAN) 30,50 40,465 70,965 Lote nº4: Empresas licitadoras Puntuación Proposta técnica (Sobre B) Puntuación Sobre C Puntuación Total Actexga SL 30,25 50,000 80,250 Formagal, Formación y Servicios SL 43,75 23,185 66,935 Versa Asesores SL 30,25 23,416 53,666 Centro de Orientación de estudios Comerciales SL (COESCO) 25 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Idae Consultores RRHH SL 18,5 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Fundación de Orientación profesional de empleo y formación en Galicia 14,25 Puntuación proposta técnica inferior a 30 puntos Resultando que mediante Resolución Presidencial 20130004321 de data 25 de marzo de 2013, e á vista das puntuacións totais obtidas, requiriuse ás empresas que a continuación se detallan, que formularon a proposición economicamente máis vantaxosa, para cada un dos lotes, para que dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise este requirimento, presenten a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer efectivamente dos medios que se comprometeu a dedicar ou adscribir á execución do contrato, e de ter constituído a garantía definitiva equivalente ó 5% do prezo do contrato excluído o IVE, polos importes que se indican, de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp): - Lote nº1.- UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL, por importe de 1.525,75 €. - Lote nº2.- UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL, por importe de 2.422,50 €. - Lote nº3.- Fundación de estudio y análisis (FESAN), por importe de 2.548,30 € - Lote nº4.- Actexga SL, por importe de 997,50 €. Resultando que as empresas presentaron a documentación requirida de acordo co disposto no art. 151 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público.(Trlcsp): - A empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 1.525,75 €, correspondente ó lote nº1, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300037795. - A empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL-Idades SL presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 2.422,50 €, correspondente ó lote nº 2, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300037796. - A empresa Fundación de Estudios y Análisis (FESAN), presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 2.548,30 €, correspondente ó lote nº 3, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300037637. - A empresa Actexga SL, presentou a documentación requirida, entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva por importe de 997,50 €, correspondente ó lote nº 4, que figura depositada na Tesourería desta Deputación con número de operación 201300037797. Por todo iso, unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do TRLCSP, procede adxudicar a impartición dos cursos de formación incluídos no proxecto Aquelando 3, dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do Trlcsp, no seu apartado 1, faculta á Presidencia desta Deputación para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do vixente orzamento provincial, concretamente na Base 16ª.2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a fase correspondente á disposición dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos negociados sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Adxudicar o contrato para a impartición dos cursos de formación incluídos no Proxecto Aquelando 3, cofinanciado nun 80% polo FSE, ás seguintes empresas: - Lote Nº1.- Curso de atención sociosanitaria a persoas dependentes no domicilio, á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL (CIF B-36.477.677)-Idades SL (CIF B-36.577.542) polo prezo ofertado de 30.515,00 €. - Lote Nº2.- Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra) e Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Ponteareas), á empresa UTE Formagal, Formación y Servicios SL (CIF B-36.477.677)-Idades SL (CIF B-36.577.542), polo importe total de 48.450,00 € de acordo co seguinte desagregación por cursos: o Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Pontevedra): 23.375,00 €. o Curso de Atención sociosanitaria a persoas dependentes en institucións sociais (Ponteareas): 25.075,00 €. - Lote Nº3.- Curso de Actividades de venda e Curso de Implantación e animación de espazos comerciais, á empresa Fundación de estudios y análisis - FESAN (CIF G-15.597.699), polo prezo ofertado total de 50.966,00 €, de acordo coa seguinte desagregación por cursos: o Curso de Actividades de venda: 30.104,00 € o Curso de Implantación e animación espazos comerciais: 20.862,00 € - Lote Nº4 .- Curso de Docencia da formación profesional para o emprego, á empresa Actexga SL (CIF B36.939.874), polo prezo ofertado de 19.950,00 €. Todas estas cantidades atópanse exentas de IVE de conformidade co artigo 20.1.9 da Lei 37/1992 reguladora do IVE. O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 13/232.242.227.06 do vixente orzamento provincial. 19.20735.- INCLUSIÓN DO ANEXO V E RECTIFICACIÓN DO ERRO RELATIVO ÓS PREGOS QUE REXEN A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA OS CONCELLOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTE A Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión de data 22 de marzo de 2013, aprobou o expediente e os pregos que rexen a contratación do “servizo de teleasistencia domiciliaria da provincia de Pontevedra para concellos de menos de 20.000 habitantes”. A publicación da licitación realizouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 62, de data 1 de abril de 2013. Tendo en conta a Resolución do 25 de abril de 2012, da Dirección Xeral de Emprego, pola que se rexistra e publica o VI Convenio colectivo marco estatal de servizos de atención ás persoas dependentes e desenvolvemento da promoción da autonomía persoal, publicada no Boletín Oficial do Estado, número 119, de data 18 de maio de 2012. Considerando o establecido no artigo 70 “Adscrición do persoal nas empresas, centros e servizos afectados polo ámbito funcional do presente convenio” que co fin de manter a estabilidade do persoal no emprego, conseguir a profesionalización do sector e evitar na medida do posible a proliferación de contenciosos, regúlase a adscrición e subrogación ó termo da concesión dunha contrata do persoal adscrito de empresa saliente. Tendo en conta o manifestado no artigo precedente e dado o carácter específico do sector da teleasistencia, considérase o establecido no artigo 71 “Adscrición do persoal nas empresas dedicadas ó servizo de teleasistencia” onde establece que en caso de finalización, perda, rescisión, cesión ou rescate dunha contrata mercantil ou dun conxunto de contratas (sempre que se extingan simultaneamente), o procedemento a seguir será o de subrogar o persoal pertencente ás categorías dos grupos B, C, e D. Considerando as chamadas recibidas por parte dos licitadores interesados no procedemento de referencia, detéctase a falta de inclusión do anexo V relativo ás características do persoal a subrogar nas empresas que viñan prestando o servizo de teleasistencia, de conformidade co VI Convenio Marco Estatal de Servizos de Atención ás Persoas Dependentes e Desenvolvemento da Promoción da Autonomía Persoal. Así mesmo, detéctase un erro sufrido na cláusula 12, parágrafo terceiro, do Anexo I do Prego de cláusulas económico-administrativas: Onde di: “A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 80 páxinas, excluídos os anexos”. Debe dicir: “A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder das 150 páxinas, excluídos os anexos”. Considerando que o artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, permite ás administracións públicas rectificar os erros materiais, de feito ou aritméticos existentes nolos seus actos. Considerando que a disposición adicional segunda do sinalado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta ó Ilmo. Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato de servizos, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Aprobar a inclusión do Anexo V relativo ás características do persoal a subrogar nas empresas que viñan prestando o servizo de teleasistencia, de conformidade co VI Convenio Marco Estatal de Servizos de Atención ás Persoas Dependentes e Desenvolvemento da Promoción da Autonomía Persoal. 2.- Aprobar a rectificación do erro relativo á cláusula 12, parágrafo terceiro, do Anexo I do Prego de cláusulas económico-administrativas. 3.- Aumentar o prazo de presentación de proposicións para dito procedemento, coa publicación do anuncio rectificativo no Boletín Oficial da Provincia. Dito anexo é do seguinte teor: “ANEXO V RELACIÓN DE PERSONAL ADSCRITO AL SERVICIO DE TELEASISTENCIA QUE DEBERÁ SER SUBROGADO AL SERVICIO DE TELEASISTENCIA DOMICILIARIA DE LA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA LOS AYUNTAMIENTOS DE MENOS DE 20.000 HABITANTES (Exp. 2013000131). Considerando la Resolución del 25 de abril de 2012, de la Dirección General de Empleo, por la que se registra y publica el VI Convenio colectivo marco estatal de servicios de atención a las personas dependientes y desarrollo de la promoción de la autonomía personal, publicada en el Boletín Oficial del Estado, número 119, de fecha 18 de mayo de 2012. Se relaciona el personal que deberá ser adscrito y subrogado al servicio de teleasistencia con la adjudicación de este contrato: CATEGORÍA PROFESIONAL ANTIGÜEDAD CONTRATO PLUS Coordinador/a 06/09/2010 401-J.C. ----- Teleoperador 26/04/1999 139-J.C. ----- Teleoperador 01/12/2006 401-J.C. ----- Teleoperador 26/04/1999 130-J.C. ----- Teleoperador 01/12/2006 401-J.C. ----- Teleoperador 01/04/2005 139-J.C. ----- Teleoperador 15/11/2004 139-J.C. ----- Teleoperador 03/11/2005 130-J.C. ----- Técnico instalador 30/03/2000 100-J.C. -----” 20.20736.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS Visto o informe emitido por Intervención, correspondente á certificación que se relaciona tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno a aprobación da certificación require seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2013, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a autorización, o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial da seguinte obriga: -Certificación nº 1-Final, da empresa CONSTRUCTORA NORTEMAR S.L. (CIF B-36.459.758) por importe de seis mil cento noventa e nove euros con corenta e catro céntimos (6.199,44 €), correspondente á obra “Reforma da Confraría de Pescadores da Illa de Arousa, mellora no teito”(expte. 2013000090), con arranxo ó seguinte detalle: CONSTRUCTORA NORTEMAR S.L. (B-36.459.758) Importe bruto da certificación 6.199,44 € Taxa dirección de obra (4%) 172,22 € Control de Calidade (0%) 0,00 € Seguridade e Saúde (0,5%) 21,53 € Total descontos 193,75 € Importe líquido a percibir pola empresa 6.005,69€ O pago da certificación realizarase con cargo á aplicación orzamentaria 13/410.415.65807. -Facturas emitidas por GALAICONTROL S.L. (NIF: B-36.651.487), en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra “Pousada de Ribadumia” (D10/0042)). Nª de factura Data Importe € núm.00039849 30/07/2012 885,00 € núm. 00039995 29/08/2012 265,50,00 € Total 1.150,50 € O pago das facturas realizarase con cargo á conta non orzamentaria: 419.09 (099.129) do vixente orzamento provincial. 21.20737.- APROBACIÓN DAS BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2013 Conforme o disposto no artigo 36 da Lei 7/1985 Reguladora das Bases de Réxime Local, así como o artigo 109 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Deputación Provincial de Pontevedra, para a xestión dos seus intereses e, no ámbito das súas competencias, ten atribuídas entre as súas funcións as de asegurar a prestación integral e axeitada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, colaborando nas labores de acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, conservación e mantemento das infraestruturas, así como reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral, entre outras. Nestes momentos, a maior parte dos concellos da provincia teñen dificultades para prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade, debido á complicada situación económica e orzamentaria e as medidas de redución e recorte do gasto público en materia de persoal. Para poderen afrontar esta situación a Deputación ten previsto conceder ós concellos axudas ou subvencións dirixidas á contratación laboral de diverso persoal con cargo ó crédito existente para o Plan Provincial de Emprego 2013. As mencionadas axudas ou subvencións destinaranse a financiar o custo salarial total, incluída a cotización á seguridade social, de doce traballadores por concello clasificados no grupo E, de operario, peón ou axudante, salvo que este solicite un número inferior, calculado segundo o importe do SMI para un contrato laboral, a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de seis meses. Con esta finalidade implementase a presente convocatoria de subvencións como medida de asistencia e cooperación da Deputación Provincial cos Concellos da Provincia, a través da cal se ofrece, ademais, ás persoas desempregadas “non perceptoras de prestacións”, unha oportunidade para adquirir experiencia laboral que redunde na mellora da súa empleabilidade e que facilite a súa futura inserción no mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego. En consecuencia, tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de axudas e subvencións para a execución do plan provincial de emprego 2013, que se rexerá por las bases que se achegan a este informe. Ditas bases son como seguen: “BASES REGULADORAS DA CONCESIÓN DE AXUDAS E SUBVENCIÓNS PARA A EXECUCIÓN DO PLAN PROVINCIAL DE EMPREGO 2013 Segundo o disposto non artigo 36 da Lei 7/1985, reguladora das bases de réxime local, así como o artigo 109 da Lei 5/1997, da Administración local de Galicia, a Deputación de Pontevedra, para a xestión dos seus intereses e, non ámbito das súas competencias, ten atribuídas entre as súas funcións as de asegurar a prestación integral e adecuada na totalidade do territorio provincial dos servizos de titularidade municipal, colaborando nos labores de acondicionamento, limpeza e mellora das zonas medioambientais, conservación e mantemento das infraestruturas, e tamén a reposición, recuperación e adecuación das praias e areais do litoral. Nestes momentos, a maior parte dos concellos da provincia teñen dificultades para prestar determinados servizos ou executar obras esenciais para a comunidade, debido á complicada situación económica e orzamentaria e as medidas de redución e recorte do gasto público en materia de persoal. Para poderen afrontar esta situación a Deputación ten previsto conceder ós concellos axudas ou subvencións dirixidas á contratación laboral de diverso persoal con cargo ó crédito existente para o Plan Provincial de Emprego 2013. As mencionadas axudas ou subvencións destinaranse a financiar o custo salarial total, incluída a cotización á seguridade social, de doce traballadores por concello clasificados no grupo E, de operario, peón ou axudante, salvo que este solicite un número inferior, calculado segundo o importe do SMI para un contrato laboral, a tempo parcial de 25 horas semanais e por un período de seis meses. Con esta finalidade impleméntase a presente convocatoria de subvencións como medida de asistencia e cooperación da Deputación cos concellos da provincia, a través da cal se lles ofrece, ademais, ás persoas desempregadas non perceptoras de prestacións unha oportunidade para adquirir experiencia laboral que redunde na mellora da súa empregabilidade e que facilite a súa futura inserción non mercado de traballo, canalizando a práctica laboral adquirida cara a ocupacións que faciliten unha maior estabilidade no emprego. En consecuencia, e tendo en conta as regras establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia e o seu regulamento, aprobado polo Decreto 11/2009, de 8 de xaneiro, no que resulte de aplicación, e na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, acórdase aprobar a convocatoria de axudas e subvencións para a execución do Plan Provincial de Emprego 2013, que se rexerá polas seguintes BASES Artigo 1. Obxecto e finalidade: Estas bases teñen por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública en réxime de concorrencia competitiva, das axudas e subvencións destinadas a financiar accións de fomento do emprego en colaboración cos municipios da provincia para a realización de servizos de interese xeral e social co obxecto de proporcionarlles a experiencia e práctica profesional necesarias para facilitar a súa inserción laboral. Artigo 2. Financiamento: O financiamento destes programas efectuarase con cargo ás aplicacións orzamentarias 942.942.462.03 polo importe global de 3.315.104,00 €. Artigo 3. Entidades beneficiarias. Requisitos: Estas axudas e subvencións diríxense ós concellos da provincia de menos de 50.000 habitantes que non estean incursos nalgunha das circunstancias establecidas no artigo 10.2.º da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 4. Requisitos dos servizos para prestar: Os servizos a desenvolver serán de interese xeral e social e deberán cumprir os seguintes requisitos: a) Que sexan prestados polas entidades beneficiarias en réxime de administración directa. b) Que na súa execución ou prestación se favoreza a formación e práctica profesionais das persoas desempregadas a contratar. c) Que se presten ou executen no ámbito municipal. d) Que respondan a necesidades de persoal urxentes e inaprazables, é dicir, necesidades mínimas para o exercicio das súas funcións ou o desempeño das súas competencias en termos razoables de eficacia e tendo en conta a crise económica. e) Que esas necesidades afecten a sectores, funcións e/ou categorías profesionais prioritarios: - Indispensables para poder satisfacer as necesidades básicas da vida persoal ou social dos particulares de acordo coas circunstancias de cada momento ou lugar. - Necesarios para o benestar dos veciños e os que permitan asegurar o funcionamento regular da propia entidade e dos seus órganos de goberno. Artigo 5. Subvención: contía: 1. A subvención que percibirán as entidades beneficiarias para estas contratacións consistirá nunha contía equivalente ó importe do SMI para unha xornada laboral a tempo parcial de 25 horas semanais/traballador e por un máximo de doce traballadores. 2. A contía da subvención que percibirán as entidades beneficiarias será igual ó resultado de multiplicar o número de persoas a contratar polo número de meses de duración do contrato e polo importe equivalente de 25 horas semanais do SMI, segundo o seguinte detalle: Categoría Retribucións Cota patronal Custo salarial total subvencionable Peón/operario/axudante 502,15 € 264,23 € 766,38 € Artigo 6. Presentación de solicitudes: 1. Para poder ser entidade beneficiaria das axudas reguladas nesta orde deberá presentarse o modelo de solicitude que figura como anexo I xunto coa documentación á que se fai referencia no artigo 7. 2. O prazo de presentación de solicitudes finaliza o día 16 de abril. 3. O feito de non axustarse ós termos da convocatoria, así como a ocultación de datos, a súa alteración ou calquera outra manipulación da información, será causa de desestimación da solicitude, sen prexuízo do disposto nos artigos 54 a 56 da Lei 9/2007, do 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 7. Documentación: 1. Xunto co formulario de solicitude deberá anexarse a seguinte documentación: a) Copia compulsada ou cotexada do cartón de identificación fiscal da entidade solicitante en vigor. b) Copia compulsada ou cotexada do NIF da persoa que, en nome e representación da entidade, solicita a concesión da subvención. c) Acreditación da persoa que, en nome e representación da entidade, asina a solicitude, mediante a correspondente documentación de apoderamento, resolución, mandato, certificado expedido polo secretario ou secretaria, ou acta, onde se determine dita representación. d) Memoria global dos servizos que se van desenvolver indicando o perfil das persoas desempregadas a contratar, que necesariamente deberán ser non perceptores de prestacións. e) Declaración responsable na que se fagan constar os seguintes extremos: - O cumprimento dos requisitos establecidos para obter a condición de entidade beneficiaria, segundo o disposto no artigo 10 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. - O cumprimento dos requisitos previstos para obter a condición de beneficiario da subvención referida no artigo 3 da convocatoria, relativos á súa capacidade técnica e de xestión. 2. Se do exame do expediente se comprobase que a documentación non reúne os requisitos necesarios é insuficiente ou non se presenta na súa totalidade, faráselle un único requirimento á entidade solicitante para que, nun prazo de dez días, emende a falta ou presente os documentos preceptivos, con indicación de que, se así non o fixese, de acordo co disposto no artigo 71.1.º da Lei 30/1992, de 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro, terase por desistida a súa petición, previa a correspondente resolución, que deberá ditarse nos termos previstos no artigo 42 da citada lei. Artigo 8. Procedemento: 1. O procedemento de concesión de axudas será o de concorrencia competitiva. 2. O Servizo de Cooperación será o encargado da tramitación dos expedientes. 3. Revisados os expedientes e completada a documentación, no seu caso, remitiránselle á comisión de valoración para que esta, nun acto único, proceda á súa avaliación e informe. A dita comisión estará composta pola xefa do Servizo de Cooperación, o xefe do Servizo de Asistencia Intermunicipal e a xefa do Servizo de Recursos Humanos. Artigo 9. Resolución: 1. O órgano instrutor elevará o informe da comisión de valoración ó presidente da Deputación, para que se decida sobre a concesión ou denegación da axuda mediante resolución motivada e individualizada. 2. A resolución pola que se conceda a subvención determinará, como mínimo, a data de inicio, o tempo de realización da obra ou servizo, a contía da subvención que se vai outorgar e demais requisitos esixibles para a súa percepción e seguimento. 3. As resolucións dos expedientes instruídos, ó amparo do disposto nesta orde, esgotan a vía administrativa, polo que, de conformidade co disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, contra elas poderá interpoñerse recurso potestativo de reposición ante o presidente da Deputación Provincial, no prazo dun mes, computado desde o día seguinte á súa notificación, ou presentar, directamente, recurso contencioso-administrativo ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ó da súa notificación. 4. As subvencións concedidas ó amparo desta orde publicaranse, con expresión da entidade beneficiaria, a contía e a finalidade, no Boletín Oficial da Provincia. Artigo 10. Réxime da aceptación e renuncia da subvención: Notificada a resolución definitiva polo órgano competente, os interesados propostos como beneficiarios disporán dun prazo de dez días para a súa aceptación, nos termos establecidos no artigo 21.5 da Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia. Artigo 11. Requisitos e criterios para a selección dos traballadores e traballadoras: 1. Os traballadores que sexan contratados para a realización das obras ou prestación de servizos polos que se outorgue a subvención deberán ser, en todo caso, persoas desempregadas non perceptoras de prestación inscritas no Servizo Público de Emprego de Galicia como demandantes non ocupados e que estean dispoñibles para o emprego. Estes requisitos deberán cumprirse tanto no momento da selección coma no da formalización do contrato de interese social. 2. As entidades beneficiarias da subvención solicitarán os traballadores que se necesiten mediante a presentación da correspondente oferta de emprego na oficina pública de emprego, nos modelos normalizados para o efecto, facendo referencia ós requisitos e características que deben reunir os traballadores que se contratarán para o adecuado desempeño das funcións inherentes ós postos de traballo ofertados, debendo presentarse unha por cada categoría profesional dentro de cada ocupación. 3. As persoas candidatas serán remitidas á entidade beneficiaria co fin de que esta realice a selección definitiva. Artigo 12. Contratación dos traballadores e traballadoras: 1. Efectuada a selección dos traballadores na forma prevista no artigo anterior, a entidade beneficiaria procederá á súa contratación tendo en conta que, en todo caso, os contratos deberán formalizarse no prazo e nos termos establecidos na resolución na que se concede a subvención. 2. As entidades darán de alta na Seguridade Social as persoas contratadas no código de conta de cotización que corresponda. 3. No caso de que algún dos traballadores contratados renuncie ó contrato antes da súa finalización o concello poderá formalizar un novo contrato para substituír o anterior polo tempo restante, sen que en ningún caso a duración total do contrato inicial e o de substituto poida exceder de seis meses. 4. Todos os contratos deben estar formalizados antes do 1 de xuño de 2013, salvo os casos excepcionais de substitución por renuncia, cuxo período de vixencia non poderá exceder do 30 de novembro de 2013. Artigo 13. Xustificación e pagamento: O pagamento da subvención para a contratación de traballadores desempregados farase efectivo da seguinte forma: - O 50% ó inicio da obra ou servizo, que se acreditará coa certificación do secretario do concello e se aboará segundo o número de contratos formalizados ata esa data. - O 50% restante ó inicio do cuarto mes de contrato, previa certificación do secretario do concello sobre a continuidade da actividade e na que se faga constar a identificación dos traballadores e as datas de inicio e fin do contrato. Artigo 14. Obrigacións das entidades beneficiarias As entidades beneficiarias, ademais das establecidas na Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia, deberán cumprir as seguintes obrigacións: a) Comunicar a aceptación ou rexeitamento da subvención concedida nos termos establecidos no artigo. b) Realizar a actividade ou adoptar o comportamento que fundamenta a concesión da subvención. c) Aboarlles ás persoas contratadas os salarios que legal ou convencionalmente lles correspondan e asumir a diferenza entre a cantidade subvencionada e os custos salariais e de Seguridade Social totais, de aplicarse convenio colectivo propio do concello. d) Comunicarlle á Deputación aquelas modificacións substantivas que afecten á realización da actividade que vaian desenvolver os traballadores contratados, así como as renuncias de contrato e novos contratos polo tempo restante, co obxecto de que poida valorar se o seu carácter produce unha alteración substancial das condicións tidas en conta para a concesión da subvención. e) Comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións ou axudas para a mesma finalidade, procedentes de calquera outra administración ou ente público estatal ou internacional. f) Difundir que a actividade a desenvolver foi financiada pola Deputación de Pontevedra. Artigo 15. Xustificación e seguimento: Co fin de efectuar un seguimento adecuado da execución dos proxectos subvencionados a entidade beneficiaria deberá someterse ó cumprimento das seguintes obrigas: • Presentar a través do rexistro xeral da Deputación a seguinte documentación, no prazo de dous meses, contados a partir do seguinte á finalización da obra ou servizo: - Memoria final sobre as actividades realizadas e práctica profesional adquirida polos traballadores contratados. - Certificado de fin de servizo. - Certificación do secretario ou do interventor acreditativa de que os gastos son reais e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame cos xustificantes correspondentes. Neste certificado deberán concretar as cantidades aboadas en concepto de salario e cotización empresarial á Seguridade Social, así como as cantidades deducidas na liquidación de cotas a Seguridade Social (modelo TC1) en concepto de incapacidade temporal dos traballadores contratados con cargo a esta subvención, cuxa contía lle deberán reintegrar á Deputación. Artigo 16. Revogación e reintegro: Procederá a revogación das subvencións, así como o reintegro total ou parcial das cantidades percibidas, nos casos e nos termos previstos nos artigos 32 e 33 da citada Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia.” 22.20738.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e cincuenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición