ATOPO
Registros actuales: 1.618.965
Objetos digitales disponibles: 504.660

Acta de sesión 2009/07/31_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.826/4.2009-07-31_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2009/07/31_Ordinaria

  • Data(s) 2009-07-31 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 70 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 31 de xullo de 2009 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e vinte e cinco minutos do día trinta e un de xullo do ano dous mil nove, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona Isaura Abelairas Rodríguez, D. Julio Alén Montes, D. Francisco Xabier Alonso Pérez, D. Silvestre José Balseiros Guinarte, Dona Francisca Canal Gómez, D. Pauliño Damián Del Río Iglesias, D. José Juan Durán Hermida, D. José Amador Eiras Paz, D. Jesús María Fernández Portela, D. José Manuel Figueroa Vila, D. Emilio González Iglesias, D. Juan A. González Pérez, D. Rafael Lores Rosal, D. Gabriel Martínez Giráldez, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo, D. Constante Juan Muradas Ramos, D. José Antonio Olmedo Granja, D. Juan Luciano Otero Besada, Dona Mª Teresa Pedrosa Silva, D. Agustín Reguera Ocampo, D. Severino Reguera Varela, D. Daniel Rodas Chapela, D. Xosé Carlos Silva Mariño, D. José Enrique Sotelo Villar e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Non asiste o Sr. Deputado D. Xosé Crespo Iglesias. Da fé do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Vamos a dar comezo ó Pleno da Corporación Provincial, sempre e cando, evidentemente, se vostedes se comportan como tal, pois celebraremos un Pleno con absoluta normalidade. Aquí hai respecto democrático, polo tanto, se vostedes se comportan dalgunha maneira, vamos a celebrar o Pleno con normalidade, e senón, pois nos veremos obrigados a tomar outro tipo de actitudes, que eu, evidentemente, non quixera tomar, porque a min, ademais gústame que veñan aquí, non só agora, senón que veñan sempre a escoitar un Pleno da Corporación Provincial, onde, pois se respectamos a democracia, evidentemente, poderemos celebralo sen ningún tipo de problema, igual que pasou en calquera outro sitio, en calquera celebración como esta. 1.5838.- ACTA ANTERIOR Sr. Presidente.- Polo tanto, damos comezo co primeiro punto que é a aprobación do borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xuño de 2009. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Sr. González Iglesias. Sr. González Iglesias.- Si, o Grupo Socialista vota a favor da acta, pero quere plantexar unha cuestión de orden. Sr. Presidente.- Adiante. Sr. González Iglesias.- Cuestión de orden, que é a seguinte: Se entendemos que os Plenos son públicos, polo tanto para o desenvolvemento normal deste Pleno, o primeiro que hai que facer é abrir as portas da Deputación, é dicir, é un sen sentido que a xente que queira asistir ó Pleno, ou os Deputados esteamos na porta de diante ou de atrás, sen saber por que, nin por que razón, polo tanto, esixímoslle, primeiro, para empezar o Pleno, que abra as portas da Deputación. Sr. Presidente.- As portas están abertas para todas aquelas persoas que teñan… Sr. González Iglesias.- Non é certo, Sr. Presidente, Presidente, non é certo que… Sr. Presidente.- Sr. González, se vai a usar a demagoxia. Se vai a utilizar a demagoxia, é mellor que a deixe para outro momento, se quere utilizar a demagoxia, para outro momento. Polo tanto, aquí comigo, demagoxia a xusta, as portas están abertas para todas as persoas que queren entrar nesta casa, polo tanto, se hai orden haberá orden, senón, celebraremos o Pleno, bueno, vostede está sentado alí, tardou 15 minutos, pois vostede está sentado na Corporación, déixese de demagoxia, home, demagoxia a suficiente, home, demagoxia non, a min gustaríame que vostedes asistiran á totalidade da celebración do Pleno, e despois, e máis, algunhas das persoas que están sentadas alí, estou disposto, a escoitalas as veces que sexa necesario, porque a min gústame falar, e gústame que entablemos un diálogo, sen ningún problema, que iso é o que a min me gusta, pero sen ningún problema, despois rematado o Pleno, explicamos a Moción, que eu teño todo o tempo, temos toda a mañá para nós, e toda a tarde, sen límite, polo tanto, vamos a dar comezo, e non hai ningunha cuestión de orden máis que a que acabo de dicir, aquí as portas están abertas para todo o mundo. ¿Votos en contra?. De acordo, vale, pois agora estarán abertas. Acórdase por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 26 de xuño de 2009. 2.5839.- BASES REGULADORAS DO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2009-2011 Sr. Presidente.- Segundo punto da orde do día. Bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente, bos días a todos e a todas. Quizás non sexa a mellor situación para celebrar un Pleno, e agardemos que poida discorrer polos cauces normais, independentemente das discrepancias , e dos problemas que poidamos ter, como é lóxico. Veñen aquí na orde do día as Bases dun Plan, as Bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación provincial de Pontevedra 2009-2011, que naceu, aparentemente, a finais do mes de outubro como proposta deste grupo político, e que chegou no mes de novembro a ser explicado, a ser presentado polos tres portavoces, na suposición de que teoricamente había un acordo sobre unhas bases, e que despois quedou como 9 meses enterrado sen que se supera máis del, e agora aparece isto. Obviamente o que aparece non ten nada, nada, pero nada que ver co principio do acordo que houbera no mes de novembro, para nada, absolutamente para nada, nin nos prazos que se pretenden, nin nos obxectivos, nin nas cantidades. Acórdanse que citaban: “bueno, isto vai pasar de 100 de 200 millóns ou o que sexa.”, ó final quedouse en 70, e a parte disto, tiveron este tempo, e visto o que sucedeu, digamos, pois parece que o aproveitaron a fondo. O outro día na Comisión, víamos as Bases á presa, e parecía que contía erros, do tipo de falar de subvencións, etc. Agora temos a conclusión e a convición de que non hai ningún erro, simplemente para poder distribuír o 20 % ou sexa 14 millóns, por resolución presidencial sen ningún criterio, pois tiña que chamarse subvención para acollerse ás bases de execución, etc., etc. Foron manipulando as bases, estudándoas, reestruturándoas, para chegar ó resultado que temos agora, e cal é o resultado, vostedes pasáronse moitísimo tempo estudando, chegou ás miñas mans este documento seu, do Partido Popular, no que estudaron unha serie de horizontes, o que preocupaba non eran os cidadáns, os veciños e veciñas desta provincia, senón o que preocupara era de que cor era o alcalde ou alcaldesa de cada concello, e fixeron contas e recontas, horizontes, 50 horizontes, a ver como lograban, que os concellos nos que o alcalde ou alcaldesa saían tremendamente beneficiados, e así pois déronlle todas as voltas do mundo, para sacar unhas bases, nas que resultan unhas lindezas do seguinte calibre: Para os concellos de menos de 1.000 habitantes saen 160€ por habitante, para os concellos de entre 1.000 e 20.000 saen 84€, a metade, para os concellos entre 20.000 e 50.000 saen 46€, a cuarta parte, e para os concellos de máis de 50.000 saen 0€ por habitante. E que isto é primar, non primar non, isto é primar exactamente ós concellos nos que o alcalde ou alcaldesa é do Partido Popular. Vostedes nestes momentos, despois desas brillantísimas mocións de censura de Mos, e agora de Gondomar, pois gobernan sobre o 24% da poboación da provincia, bueno, ¿saben, deses concellos que teñen o 24% da poboación, canto se van a levar neste plan?. Máis do 60%, e o sorprendente de todo é que co procedemento que utilizan, pois, resulta que as obras as vai a adxudicar a Deputación, entón non sei porque mira a cor política de quen leva, onde van facer as obras, se as van a facer vostedes, o que están penalizando é ós cidadáns, parece que están penalizando, “se vostedes non votan ó alcalde do Partido Popular, van saír castigados sen ter as obras deste plan da Deputación”. Dende logo, mire, eu levo bastantes anos na Deputación como sabe, e podo dicir sen temor, de que non vin, nos 18 anos que levo aquí, nada parecido, e mire que as teño vistas, téñoas visto e gordas, pero non vin nada parecido, nin no procedemento, nin máis nin menos, nin tan sequera poñen prazo para contestar, se ós 6 meses non se lles contesta, resulta que se dá por desistido. Xa se entende que cada concello vai a levar o trato segundo se porte ou non se porte en relación a isto, nunca tal cousa se veu, nin nunca se veu tal cousa nun reparto deste calibre, nunca, mellores, peores, directos, indirectos ou de circunstancias, ou sexa, concellos entre 20 e 50.000 habitantes, como vostedes só gobernan un, entón só lle pagamos unha penalización tremenda e despois xa compensaremos cos fondos do Presidente, pero así, sen cortarse, que unha entidade local menor, pode levar se cadra máis cartos que os 30.000 habitantes de Cangas ou de Vilagarcía, tan ricamente, se quedan así de anchos, digo, nunca vin tal cousa, pero supoño que isto responde a unha nova política, que non só se ve por esta actuación, pero esta é moi gorda, porque son moitos fondos que vostedes van a repartir, fondos dos cidadáns e que fixeron un esforzo tremendo para prexudicar moi seriamente ós cidadáns que non teñen, en xeral, a alcaldía do Partido Popular, cousa que é francamente impresentable, Sr. Presidente, isto naceu, despois derivárono nunha auténtica perversión, como unha proposta deste grupo político, Sr. Presidente, se ten a máis mínima intención de que o resto do mandato vaia segundo, en fin, con certa, con toda a normalidade como veu ata agora, pedímoslle encarecidamente que retire este punto da orde do día e que o modifique, sabe perfectamente que hai, aplique os criterios do PAM, aplique calquera outros criterios dos que estaban utilizando ata agora, non esta auténtica falcatruada que está a facer e que vai ter moi serias consecuencias na Deputación, un cambio drástico, repito, é dunha gravidade extrema que a Deputación faga nestes momentos algo deste calibre, e xa me adianto algúns argumentos que hai que escoitar por alí, Vigo e Pontevedra quedan excluídos porque teñen convenios, non, como se Ponteareas non os tivera, ou Ribadumia non os tivera, verdade, ou cousas dese estilo, mire, o certo é que vostedes fixeron as contas, repito, se quere repítollas, para acadar que, e pasaron traballo, porque mira a cantidade de simulacións, horizonte, todo o problema era ver se vostedes que gobernan sobre a cuarta parte da poboación da provincia, máis ou menos, pois lograban pasar do 60 % dos fondos, etc. Fixeron contas, todos estes papeis son contas que fixeron vostedes para xustificar o inxustificable, ou para propoñer algo xustificable. Repito, Sr. Presidente, isto é gravísimo e dende logo, non corresponde nada como naceu, e nin corresponde a traxectoria desta Deputación con todos os fallos que houbo ata agora, que non denunciamos no seu momento, a traxectoria desta Deputación nos últimos anos nin moito menos, un salto tremendo a peor, que dende logo vamos a opoñernos se vostedes o manteñen na orde do día, dende logo vai ter moitisimas consecuencias. Nada máis por agora. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Bos días, a verdade un pensaba que xa mirara case todo nesta casa, e bueno, a realidade é que non, a realidade é que isto supera todas as barbaridades que fixo o Partido Popular nesta casa, o supera con moito, e bueno, resulta que nos plantexan un plan, que segundo vostedes é de 205 millóns de euros, no que van a dedicar ós concellos o 30% do plan, a terceira parte, 70 millóns de euros, pero iso en teoría, claro, porque na práctica deses 70 millóns de euros, o Sr. Presidente, que debe ser de verdade quen sufre a crise, normal, real, nesta provincia, vai a repartir 14 millóns de euros, vai a repartir máis cartos o Presidente, dos que lle tocan ós concellos de entre 20 e 50 mil habitantes, é dicir, a eses concellos tócanlle 8.918.000,00 € e o Sr. Presidente, como dicía antes, vai a repartir 14 millóns, é dicir, a 180 mil habitantes que viven neses concellos tócanlle 8 millóns, 9 millóns de euros para facer cifra redonda, e o Presidente vai a repartir 14, unha tontería, claro, cando un empeza a ler o preámbulo das bases e di que a Deputación de Pontevedra, en aras das competencias que lle atribúe a lexislación vixente, e na liña de impulsar todas aquelas medidas posibles encamiñadas a afrontar a crise económica que se padece na actualidade, decide poñer en marcha este plan extraordinario. Ben, resulta que o sabemos todos, as crises non as sofren os territorios, as crises sófrenas as persoas, e con este plantexamento, que é un plantexamento lóxico, pois resulta que de 945.000 habitantes que ten esta provincia, hai agora mesmo 376.000 que son Vigo e Pontevedra, que segundo o Partido Popular non sofren a crise, porque se levan 0 euros, 0 dos 80 millóns, 0 euros, ben, curioso plantexamento e a forma de entender a crise que ten o Partido Popular. Pero se seguimos profundizando un pouquiño máis no tema, resulta que naqueles concellos de menos de 10.000 habitantes, que curiosamente suman en poboación 180.000 habitantes, lles vai a corresponder 29 millóns de euros, máis de 29 millóns de euros, e nos concellos entre 20 e 50 mil habitantes cos mesmos 180.000 habitantes, curiosamente, lles van a corresponder 8.900.000,00 euros. Bueno, pois iso é a forma de entender a crise que ten o Partido Popular e as medidas anticrise que ten o Partido Popular, que ten esta provincia, depende de onde viva vostede pois ten máis crise ou menos crise, e curiosamente a min me vén á memoria, que o Partido Popular, cando se discutiu o Plan Zapatero, o Plan E, plantexaba cousas como dicir: oiga ¿e por que non se corrixe por número de parados en cada provincia?. E claro, un vai ó mesmo argumento, e lle di, oiga, miren, ¿e por que non fan estas achegas tendo en conta os números de parados en cada territorio?. Na Deputación, na provincia sería bastante máis fácil, pero non, decidiron que 376.000 habitantes non teñen crise, non lle corresponde nada para a crise, que a 180.000 lles corresponde unha cantidade determinada, que é bastante menos que, máis de 3 veces menos á que lles corresponde a outros 180.000 que viven noutra zona. É un plantexamento do Partido Popular, e a forma de entender as inversións anticrise que ten o Partido Popular. Pero claro, ademais disto hai unha cuestión tan grave ou máis que esta, e é que por primeira vez aténtase dende a Deputación contra a autonomía Municipal, pero dun xeito brutal, por primeira vez nun plan desta Deputación, resulta que os concellos non son maiores de idade, e ata agora os plans da Deputación adxudicábanos ós concellos, falamos do plan anterior, que tamén foi para 4 anos, para 3 anos, que foi o plan de Acción Municipal, e facíase un reparto que podía ser discutible ou non, pero adxudicaban os concellos as obras, e agora mesmo deciden vostedes que as vai a adxudicar a Deputación, ben, mire , iso significa en teoría, só en teoría, sen ler o papel que vostedes acompañan ás bases, significaría atentar contra a Autonomía Municipal, pero claro cando un le o papel, significa algo máis, porque o papel di textualmente: “A Deputación de Pontevedra, debido a estas circunstancias conxunturais de crise económica xeral, así como a situación económica dos concellos, que fai que estean a padecer unha grave crise de liquidez, e para facilitarlle o cobro ós empresarios que resulten adxudicatarios dos contratos. Para a execución dos investimentos considéranse máis axeitados que os investimentos sexan contratados directamente pola Deputación”. É dicir, ademais de considerar ós concellos menores de idade, a partir deste plantexamento consideran que os concellos íanse a quedar os cartos para outra cousa, e non lle ían a pagar as obras, así de claro. Home, mire Sr. Presidente, isto non sei nin como se atreven a poñelo nun papel, a verdade é que non o sei, non mo explico, como se pode ter o descaro, de facer figurar nun papel que os concellos, a partir de agora, vostedes consideran que son menores de idade e por encima un pouco raterillos. Entón os cartos non poden adxudicalos os concellos porque ó mellor non pagan as obras, home, por Deus, a realidade é que tamén é certo, non é nada estraño, tiña que xustificar os 14 millóns, e fala da política de subvencións e de tal, cando non hai subvencións, por certo, os concellos segundo estas bases van a poñer, van a facer os proxectos e van elixir as obras, e claro, corrixan algo, porque aquí din, que nos carteis ten que figurar ven clariño que a Deputación, etc., home, iso faise na adxudicación xa, díganlle vostedes ós contratistas que fagan o cartel e que o poñan, sería un pouco de risa que os concellos poñan os proxectos e por encima lle paguen o cartel, supoño que tamén figurarán no cartel os concellos coa súa achega nos proxectos, supoño, supoño que si. Pero bueno, tal como plantexan este tema, Sr. Presidente, tendo en conta que un terzo do plan para os concellos, tendo en conta que o 40% da poboación da provincia leva 0 euros neste tema, tendo en conta que se considera ós concellos menores de idade, á parte doutras cousas, que mellor non dicir, comprenderá que nós temos que votar en contra, que non podemos asumir un plan deste tipo baixo ningún concepto, e de verdade, gustaríanos que en todo caso, o Sr. Presidente aclarara por que razón se reservan 14 millóns de euros en algo que non van a ser subvencións, porque a base do presuposto non figura para iso, non figura para un plan propio da Deputación. Polo tanto, teño as miñas dúbidas de que ese informe que acompaña a este expediente falando dos 14 millóns de euros, do 20% que se reserva o Presidente, sexa axustado á Lei, teño as miñas grandes dúbidas, e por suposto nos deixa alí un camiño, para tratar de arranxar este tema, camiño que vamos a utilizar, dígollo agora coa maior claridade do mundo, se este é un plan propio da Deputación vostede non pode reservarse ese 20%. Ben, nada máis, estamos en contra loxicamente, e fagan vostedes como ata agora, o que crean conveniente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Emilio González. Ten a palabra D. Julio Alén. Sr. Alén Montes.- Gracias Sr. Presidente. Bueno, estamos ante o Plan da Deputación, pero que sería bo explicalo moi brevemente. Este Plan vai, como se dixo aquí, para todos os concellos, os de máis de 50.000 habitantes terán como sempre un plan especial, e falo de Vigo e Pontevedra, e é o plan que a Deputación asume ó 100%, é dicir, que os concellos non van a poñer nada, non teñen que poñer ningún tipo de achega económica, salvo o proxecto que eles elixan para facer a obra. As obras son practicamente de todo tipo, iluminación pública, cemiterio, recollida de lixo, limpeza viaria, abastecemento, sumidoiros acceso a núcleos de poboación, pavimentación, parque público, biblioteca pública, mercado, tratamento de residuos, protección civil, prestación de servizos sociais, prevención de incendios e instalacións deportivas de uso público, transporte colectivo urbano de viaxeiros, a protección de medio ambiente, seguridade en lugares públicos, achega das entidades locais a outras obras executadas pola Deputación mediante convenio, e outras obras e investimentos que respondan á prestación de servizos de competencia municipal e nomeados anteriormente. Son 70 millóns de euros, como dixemos no 2009 vanse executar, bueno, para este ano hai 35.800.000,00€; 2010, 18.200.000,00€; e, 2011, 16.000.000,00€ millóns de euros. As porcentaxes, e aquí creo que está o “kit da cuestión”, son da seguinte maneira, de 1.000 a 10.000 habitantes o 45% dos cartos xa van para eses concellos; de 10.000 a 20.000 o 35%; e de 20.000 a 50.000 o 20%, iso si, as grandes cifras, é o máis importante. Entrando xa na contestación ós compañeiros da oposición, eu quixera dicir o que xa dixen o outro día na Comisión Informativa, eu creo que é un plan solidario, eu creo que por primeira vez esta Deputación, e máis que nunca, vai a apoiar ós concellos máis necesitados que hai nesta provincia. Eu son Deputado Provincial, son dun concello pequeno, de menos de 10.000 habitantes, e eu creo que as institucións están precisamente para equilibrar o reparto dos recursos, eu alégrome moitísimo de que as dúas grandes vilas que temos, cidades que temos na provincia, teñan todo tipo de servizos, estou encantadisimo, pero tedes que entender ós demais, que no resto da provincia tamén necesitamos uns servizos mínimos, é unha cuestión, repito, de solidariedade, é unha cuestión de que, a lei di que todos somos iguais, ¿verdade?, pero para que todos sexamos iguais, temos que ter todos os mesmos servizos, está claro que non os temos, o argumento do Sr. Mosquera baseado exclusivamente na poboación, eu creo que é bastante sectario, porque vós dicides, que a maioría da poboación vai recibir menos cartos, pero resulta que os concellos de 10.000 habitantes abarcamos o 64% do territorio da provincia de Pontevedra, ese dato non o puxestes encima da mesa, é dicir, o 64% de Pontevedra está dentro deses concellos que teñen menos de 10.000 habitantes, equilibramos, ou seguimos co desequilibro, o lóxico, o normal, e dende un punto de vista elemental, é que haxa eses equilibrios, porque senón se seguimos co reparto tipo “Plan E” de Madrid, alí a quen se beneficiou, soamente, aquelas grandes poboacións, onde hai moita xente, os grandes beneficiarios, Andalucía e Cataluña, o Bloque é un partido que normalmente fala do tema da dispersión xeográfica que temos en Galicia, pois precisamente con este plan, ese tema, si se ten en conta, ¿que pasa?, como é o Partido Popular agora non sacamos ese tema, pois repito, este plan a maioría, o 45% dos recursos van para máis do 60% do territorio, porque o territorio, aínda que haxa en núcleos pequenos, eu penso que vos estades de acordo comigo, que a xente viva onde viva, en calquera punto da provincia, debe ter acceso a eses mínimos servizos, de alumeado, de boas estradas de acceso, de saneamento, de abastecemento, e non sei se vos afecta un pouco ó ser de vilas grandes, e iso vos fai esquecer ós que somos de pobos pequenos, non, pero xa é hora de que teñamos en conta os tremendos problemas que temos e existen nos concellos pequenos, un concello como o meu ten 92, ollo ó dato, 92 núcleos de poboación, deixámolos en plan parque natural, non lle temos bos accesos, non lle temos bo alumeado, non teñen dereito ó saneamento, non teñen dereito a un abastecemento seguro, me chama a atención que non teñades esa mínima sensibilidade para ter en conta estes factores, este é un bo plan, sobre todo para os concellos máis necesitados, curiosamente hai outros datos moi importantes, dos tributos do estado, do que vén de Madrid, non sei se o sabedes, os concellos pequenos se nos están reducindo esa parte dos tributos, e vos podo dicir, que hai concellos que están xa por encima do 30%, de menos recursos de fai un ano, con respecto ó 2008, e curiosamente son os concellos pequenos, os concellos de menos de 10.000 habitantes, aquí podíase dicir aquel refrán moi galego: “A can fraco, todas son pulgas”. Entón, se este plan beneficia ós concellos pequenos de menos de 10.000 habitantes, por favor, por alí non ataquedes, porque iso chámase solidariedade, axudarlle ós máis necesitados, a min encantaríame que toda a provincia de Pontevedra tivera os servizos que teñen Vigo e Pontevedra, estou encantado que Vigo e Pontevedra os teña, pero sabedes a parte de Vigo e Pontevedra existen máis concellos, existen 60 concellos máis, cun montón de xente que todos os días está reclamando uns mínimos, con miles de vías de accesos a eses núcleos que hai que pavimentar, que hai que tapar os baches, que hai que desbrozar, porque son miles de quilómetros, e como son tamén miles de quilómetros de colectores de saneamento na provincia, e como son tamén miles de quilómetros de tendido eléctrico, e como son tamén miles de quilómetros de tubería de abastecemento, entón eu non entendo o voso discurso, para nada, é dicir, que nos levemos o 45% dos recursos deste plan, pero si representamos, repito, o 64% do territorio, ¿que pasa?, que esta vez non importa o territorio, eu penso que si, xa sabemos o encanto que ten Galicia, é un sitio precioso, encantador, case bucólico, pero levar a cabo eses servizos é tremendamente carísimo, os pobos de Castela 5.000 habitantes, un só núcleo, e alí fas todo, por catro euros fas todo, aquí un exemplo 5.000 habitantes, 92 núcleos, se poño unha distancia entre os dous máis distantes estaríamos falando de case 30 km. entre núcleos máis separados, entón eu repito, non entendo a actitude dos dous grupos, o tema do 20% nesta Deputación sempre foi así, non é novo, non é algo que acabamos de sacar da manga, sempre foi así, polo tanto creo que iso non é nada novo. ¿Que nos pasa ós concellos de menos de 10.000 habitantes?. É onde hai menos postos de traballo, é onde a renda per cápita é máis baixa, e somos os que temos menos servizos, é dicir, son datos eu creo que moi fortes, menos traballos, menos renda per cápita, e menos servizos, e pola contra temos máis paro, obviamente, máis necesidades, como dixen antes, de todo tipo, e un dato escalofriante, somos os que temos máis emigración, somo os que temos máis xente polo mundo, entón eu creo que sería bo, que os dous grupos reflexionedes un pouquiño e, por favor, deixedes de atacarlle ós concellos que non temos recursos porque é moi duro escoitar o que estou escoitando, non sei se é por falta de documentación, ou por falta de datos, ou porque sinxelamente, porque non ides por alí. Pero eu penso que é un plan xusto, é un plan xusto, e é un plan solidario, e é o plan que todo político debería ter en conta cada vez que se fai un plan, porque eu vos recordo que o Plan E, se colledes a porcentaxe, o 80% dos cartos do Plan E, foron curiosamente, para aquelas partes de todo o territorio nacional, onde xa había máis servizos, imaxinemos o que lle tocou a Madrid ou Barcelona, a Valencia ou a Sevilla, e vindo a esta provincia o que lle tocou ás dúas cidades que temos, non foi un plan solidario, foi un plan reparto por persoa, non se tivo en conta nin unha das características que fai que Galicia sexa un lugar diferente e distinto, porque o dato, de que Galicia ten o 50% dos núcleos te poboación de España, fóra de aquí non se respecta, eu espero que nesta provincia e na nosa Galicia, polo menos que o respectemos. Entón este plan, repito, é un plan bo, ese 64% do territorio necesita ser atendido, non convertamos as parroquias de Galicia, as aldeas neses lugares tristes e lamentables, sen servizos, que parece que hai que facer da lei unha especie de expedición, nós, os que vivimos en parroquias, en aldeas, primeiro, estamos tremendamente orgullosos de vivir alí, defendemos ese tipo de vida, pero tamén temos dereitos, e os señores que estamos aquí debemos ter en conta os dereitos tamén desa xente, e creo que si facemos iso Galicia será cada día máis xusta, e será menos cruel, no sentido do reparto dos fondos que fan dende as administracións. Soamente, se algún día nos toman en serio cun tema tan importante como a dispersión poboacional, entón aquí empezaremos a estar servidos como merecemos, e por outra parte dicir, que este plan, non é un plan agora de que os concellos poidan entregar os proxectos, vai haber practicamente 100 días, e vai coincidir coas obras, van a empezar máis ou menos cando acaben as do Plan E, as do Plan E están previstas que se acaben ó longo dos próximos meses, setembro, novembro, pois, nós empezaremos despois en xaneiro, porque non é normal que todo estea patas arriba en todas. Nada máis, gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Julio Alén. Propóñolle ós distintos grupos políticos e ás persoas que queiran, que nos acompañen, a gardar 5 minutos de silencio polo pasamento de dous gardas civís, onte en Palma de Mallorca, o faremos diante, na fachada principal da Deputación, se estamos de acordo os grupos aquí representados na Corporación máis as persoas que queiran acompañarnos. Gracias. Neste momento interrómpese o Pleno para que todos os asistentes poidan baixar á concentración que está prevista para as doce horas do medio día na entrada principal do Pazo provincial, en sinal de repulsa polo atentado perpetuado en Mallorca pola banda terrorista ETA contra dous gardas civís e que causou a súa morte. Reanúdase a sesión ás doce horas e vinte e catro minutos. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a reanudar a sesión plenaria onde nos pide a palabra D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente, despois desta interrupción, vamos a intentar retomar o fío, e como sempre o Sr. Portavoz do PP pois dispara para todos os lados sen contestar o de fondo eu … Nestes intres prodúcese un pequeno corte na gravación da sesión plenaria. Sr. Mosquera Lorenzo.- … non estamos facendo ningunha suposición de que o reparto estea absolutamente manipulado, os criterios e máis a libre designación do Presidente, máis ese 20%, senón que temos as probas. Primeira cuestión, home, mire, en Galicia hai un problema grave de dispersión, efectivamente nós así o reclamamos, vostede fixo referencia a iso, pero reclamámola antes, despois, agora e no futuro, e incluso sabe que vamos a votar en contra deste financiamento, precisamente entre outras cousas por iso. Tamén cuestións moi características como pode ser certo caciquismo, reservamos o 20 % para dalo a dedo, tamén é moi tradicional neste país, é facer reparticións deste tipo, como o que se está a facer, ¿verdade?. Obviamente non contesta ningunha das argumentacións que se lle deron antes, e se nos vai por unhas cifras que non se sosteñen por ningún lado nin teñen nada que ver coa realidade, é falso que os concellos de menos de 10.000 habitantes se leven o 35% que di vostede, non o 45, lévanse bastante máis do 50, a menos que xa saiba, no que se reparte, a menos que xa saiba onde van ir os 14 millóns do Presidente, eses dados a dedo, bueno todo é dedo, eses especialmente, dedocráticos, faga as contas, faga as contas, e verá como se leva bastante máis do 50%. Obviamente non contestou para nada de prazos, nin como se vai a conceder, nin que vamos a facer, e nos soltou un discurso dos pobriños concellos pequenos, e sobre o rural, mire vostede, podo poñer un exemplo que coñezo ben, vostede dixo que sufría moito no seu concello porque tiña 92 núcleos de poboación, en Pontevedra hai 300, vostede sufría moito porque tiña que poñer alcantarillado, en Pontevedra falta moito rural sen alcantarillado; vostede sufría moito porque tiña non sei cantas pistas, en Pontevedra hai 400 km de pistas no rural. Ben, se é que a súa preocupación son os servizos dos veciños que viven no rural, compartímola, cambien e digan, repártese entre todos quitando a poboación urbana, que xa foi un criterio que xurdiu nesta casa, mire que fácil. Obviamente, non se trata diso para nada, trátase doutra cousa que vostede sabe perfectamente, non sei se vostede, pero si está claro, é que hai outros nesta Corporación que si ó saben, verdade, entón, vamos a falar claro, vostede márchase hoxe da Corporación, verdade, agardo que por esta casa como ex compañeiro siga un trato algo mellor que se lle dou a Clara Millán ou a Antonio Araúxo, que foron compañeiros aquí, e cando foron alcaldes, aquí se lles pechou a porta nos fociños, sen darlle un duro, a ver se lles estrangulaban. Agardo, e agardo de todo corazón, agardo, porque creo que aínda que sexamos rivais políticos, creo que se estamos na mesma corporación polo menos un respecto que non o houbo, para empezar, e en segundo lugar, este plan vén a consolidar ó que estiveron facendo ultimamente, unha deriva tremenda utilizando esta casa, esta Deputación, o goberno desta Deputación, para andar anulando vontades populares e andar anulando os funcionamentos, sabotando a tal, o outro día, creo que o anunciou, que non estaba presente, o Sr. Figueroa di que vai a haber máis indignas mocións de censura, como a de Mos e a de Gondomar, verdade, isto, está concibido como está concibido, pero aínda por riba, os prazos déixanos abertos intencionadamente. ¿Que van a facer?, o mesmo que fixeron por exemplo coas infraestruturas deportivas, os campos de herba sintética, ó final sumado os catro anos ou tres anos, máis ou menos, o reparto vai a ser terrible, pero lle darán algo a todos, quitando ós cidadáns de Pontevedra e de Vigo, e moi pouquiño a outros e máis a outros, ¡ah!, pero segundo sexa o color van a executalo antes ou despois, como fixeron cos campos de fútbol, isto é o que está aquí detrás deste plan. Mire, vólvolle a ofrecer un último ofrecemento, se o problema é que se centren nos servizos no rural, cambien as bases, e retire á poboación urbana, bueno, axustando nalgún caso, de concellos que estaban mal, e volvamos a ese criterio, pero non é iso, non é ese o fondo, o fondo é o que lle estou dicindo, e senón, Sr. Figueroa que me rebata se é certo, se é certo que xa anunciou que ían a facer máis andanza dese tipo ou non. Eu simplemente seino polos medios de comunicación, se cadra engánanme, señores, tómeno en serio, eu de pequeno, había un xogo que normalmente remataba en pelexas incruentas, que dicía vale todo menos pisar a raia, e cando se pisaba a raia, armábase, vostedes estaban pisando a raia de verdade, con isto, son moitos cartos repartidos dunha maneira, repito, como dixen antes, non teño recordo nin presencial nin histórico, que se teña feito nesta Deputación unha de tal calibre, e senón dígame algunha que se teña feito deste calibre, ningunha, absolutamente ningunha, retómeno, esta Deputación non presumiu, cando o Presidente tomou posesión que ía ser a casa de todos, e a casa de todos os concellos etc., pois parece que non é de todos os concellos, e non saíron os portavoces anunciando que este plan ía ter certas características que agora non ten por ningún lado, senón todas as contrarias, retómeo, ratificar é de sabios, paréceme que a súa voracidade por castigar ós cidadáns que non teñen un goberno da súa corda pasouse de límite. Ratificar é de sabios, fágano que creo que nos irá bastante mellor a todos os cidadáns, veciños e veciñas, e creo que ás forzas políticas. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Ten a palabra D. Emilio González. Sr. González Iglesias.- Un esperaba que na resposta do Voceiro do Partido Popular, nos aclarara cousas, nos aclarara por que razón non van a ser os concellos, os que por primeira vez na historia desta Deputación non adxudiquen as obras, non dixo absolutamente nada do tema, non sei se o sabe, non o sabe ou non pode xustificalo, teño a sensación de que non pode xustificalo. Mire, di vostede que Vigo e Pontevedra non están aquí porque teñen un convenio á parte, pois díganos cal é o importe do convenio e díganos onde vai a estar, importe e onde, é algo que necesitaríamos saber tamén, o que si está claro, é que destes 70 millóns, 0, destes 70 millóns que falamos para concellos, 0, no resto se nolo conta, pois, podemos saber, o que pasa. É que claro, alí engadido, é certo que tería que dicirnos cantos e cales outros concellos van a ter convenios, e que cantidades van a ter, porque algúns hai, e parece que outros vai a haber tamén, entón xa que estamos discutindo do plan no seu conxunto debería dicírnolo, e polo de agora non nos din absolutamente nada do tema, home, é verdade o que di vostede, é verdade que teñen o 64% do territorio, e probablemente eu lle aceptara esta discusión se estiveramos nun plan de acción municipal da Deputación, probablemente lle podía aceptar a discusión, pero claro, cando estamos falando dun plan anticrise, a discusión non é aceptable, a crise, Sr. Alén, non a teñen os territorios, a crise téñena os cidadáns, e vostedes dun plumazo se deixan fóra o 40% dos cidadáns da provincia, e a vostedes non só lles chega con iso, senón que se vives nun concello pequeno tes bastantes máis dereitos, multiplicados por 3, ós dun concello un pouquiño máis grande, non dos grandes, un pouquiño máis grande nada máis. Pero repito, no paro non están os quilómetros cadrados de cada municipio, no paro están os cidadáns, e isto non se solventa así, e repito outra vez, dicíallo antes, se de verdade vostedes queren utilizar outros criterios, criterios que noutros casos utilizaron ou fixeron públicos vostedes, home, pois váianse ó número de parados, e fagan achegas en función do número de parados que ten cada zona. Se de verdade é un plan anticrise, senón tonterías, por certo, xa llo digo agora, porque nos vende coma unha gran historia, é dicir, é que estivemos retrasando porque así agora cando rematen as obras do Plan E entramos con estas. Pois mire, non sei se vostede se entera, senón se entera, ou que lle pasa, é dicir, hai un segundo Plan E, que vai a empezar xusto as obras cando segundo vostedes empezan estas, é dicir, eu dígollo polos carteis que dicía, é que hai moitos carteis pola provincia, pero vai haber máis, e afortunadamente, ese é un plan anticrise para os cidadáns, que repito, son os que sofren a crise, este non , este é para manter no tempo situacións que historicamente lle veñen ben a vostedes. É certo que nos di, nos di que necesitan, os cidadáns que viven no rural necesitan servizos, claro, pero pola configuración de todos os concellos de Galicia, todos os concellos de Galicia temos rural, se sacamos a Mondariz-Balneario seguro que todos os concellos desta provincia temos rural, todos, e algúns bastante, ademais o seu rural está por riba dos 10.000 habitantes, e curiosamente van a recibir moitísimo menos, é dicir, que o seu argumento ponse enriba da mesa, que depende de onde viva un, non que estea no rural ou non, senón no concello que vivan, danlle máis, os que estean no rural para vostedes non contan, repito, montón de concellos nesta provincia teñen máis rural e teñen no rural máis de 10.000 habitantes, sen embargo van a recibir bastante menos, co mesmo custe de servizos, e nalgún caso con maior custe de servizos. Claro, esquécense vostedes sempre de dar o argumento real, e o argumento real é que hai que medir o esforzo fiscal dos concellos, claro, é moi bonito falar aquí da Galicia bucólica, de non sei que, de non sei canto, e ó lado non dicir que o esforzo fiscal en determinados concellos é practicamente cero, que hai cidadáns que viven en determinados concellos que viven nunha especie de paraíso fiscal, mentres no concello do lado teñen que pagar catro veces e cinco veces máis polo mesmo servizo, porque están pagando custes que se acercan á realidade, noutros concellos non os pagan, claro así despois aparecen os datos que aparecen, cando se fan auditorías, cando aparecen os consellos de contas, aparecen os datos que aparecen, e aparecen determinados concellos practicamente en quebra, home, é moi bonito dar servizos e non cobralos, ou cobrar minimamente eses servizos, e se por riba vén papá Deputación, papá Estado e papá Autonomía, e pon os cartos, mellor que mellor aínda, así nos seguimos mantendo eternamente no poder. Bueno, pois, é unha forma de facer as cousas que supoño, supoño non, é dicir, que cada día que pasa os cidadáns ven máis claramente. Creo que isto non dá para máis, vostedes nin explican, nin din o por que, os concellos agora mesmo, a partir deste plan, non van a poder contratar as obras, non o din por ningún sitio, e curiosamente tampouco nos explican o por que o Presidente se reserva o 20% do Plan, é dicir, 14 millóns de euros, cantidade moi por encima da que reciben os concellos, o que lle dicía antes, de entre 20.000 e 50.000 habitantes. Todos sabemos no fondo para que son estes 14 millóns de euros, porque se utilizaran noutras ocasións tamén, e teñen o mesmo resultado final sempre, son os pagos do Partido Popular, non hai máis historias, non hai máis voltas, son os pagos que fai o Partido Popular. Sr. Presidente, señores do Partido Popular, nós vamos a votar en contra, isto é absolutamente inaceptable, e o único que de verdade sentimos é perder o tempo como perdemos antes de que nós abandonaramos aquela mesa de negociación, e a abandonamos por unha cousa que tamén teñen que pagar nestas historias, que é unha moción de censura en Mos, despois veu Gondomar e virán máis, efectivamente, pero bueno, alá vostedes, esa é a súa conciencia política, é a súa forma de actuar en política, e nós nesa non xogamos, daquela levantámonos da mesa de negociación e nunca máis nos volveremos a sentar, e está claro que con vostedes non podemos sentarnos para falar de achegas a concellos, nin para falar dun plan anticrise, está clarísimo, e isto é o resultado final, vamos a votar en contra. Nada máis. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Ten a palabra D. Julio Alén. Sr. Alén Montes.- Gracias Presidente. Vamos a ver, eu creo que antes me expliquei ben, pero se tal, repito algunhas cousas. Sr. Mosquera, vostede pregunta o tema dos papeis aqueles que había alí, dicirlle que obviamente neste grupo houbo debate, e houbo que decidir o que ó final se puxo nestas bases, por suposto que houbo debate, e ó final a conclusión foi esa, pero si debatemos entre nós, somos 14, e cada un ten a súa idea, pero chegamos a un acordo. Se lle preocupa tanto o dos papeis, non ten nada que preocuparlle, repito, houbo debate, e houbo moitísimo debate, e ó final chegouse a un consenso e acordamos estas porcentaxes segundo os concellos ata 10, 20 e máis de 20 ata 50, entón si houbo debate, é dicir, a min eses papeis non me preocupan, os criterios son obxectivos, todos os concellos que teñan menos de 10.000 habitantes van a recibir o 45% independentemente da súa cor política, non sei que problema hai aí, e de 10 a 20 pasa exactamente o mesmo. O que pasa é que aquí, o criterio fundamental, que parece que non queren recoñecer, é o solidario, Sr. Mosquera por favor, non me diga que Pontevedra ten tanto rural, é certo que ten rural, pero conte toda a película, vostede sabe que a peor das mentiras é unha verdade a medias, di que ten non sei cantos, 300 núcleos de poboación no rural, pero conte tamén que o seu presuposto son máis ou menos 72 millóns de euros, eu teño case 100 e o meu presuposto non chega ós 3 millóns de euros, e iso tamén é aplicable a D. Emilio. Por favor, vamos a comparar todo, como se vos ocorre comparar os vosos casos, bueno iso é moi atrevido, iso é moi atrevido, comparade todo, a min se me dades o voso presuposto non teño ningún problema, home, sexamos xustos, a min non me importaría ter 500 núcleos de poboación, se teño 200 millóns de euros de presuposto, non me importaría telos, falemos claro, non contemos mentiras a medias, por favor, ou verdades a medias quero dicir. Entón o de Pontevedra vai, porque o sacou vostede, vai relativo a ese presuposto que teñen, e teñen moitos núcleos, pero sen recursos económicos, sen cartos nunha palabra, pero non Mondariz, senón todos os concellos menos de 10.000 habitantes. Entón, por favor, esas comparacións creo que son, como se sole dicir, odiosas, non teñen ningún sentido facelas. Despois D. Emilio, o tema da adxudicación, eu creo que iso, para min é un tema menos, a min o que me importa como político, é que se fagan obras, e que esas obras á súa vez leven consigo postos de traballo, eu creo que o goberno central fai obras, a Xunta de Galicia fai obras, a Deputación fai obras, e non pasa nada, non hai absolutamente ningún problema de quen adxudique as obras, eu creo que é un tema para min secundario, é máis, eu como alcalde delegaría esa función, porque ademais é traballosa, o importante é que as cousas existan, e que se fagan e que haxa postos de traballo, iso é o máis importante de todo. Pero xa para rematar, eu creo que si, polo menos entenderon parte do discurso, teñen que recoñecer, que este é un plan solidario, queiran ou non, porque eu antes díxenllo, pero o plan E, xa beneficiou aquelas entidades que teñen poboación, vamos a repetir o Plan E, eu penso que non, ademais a función fundamental da Deputación, segundo a lei, é axudar ós concellos máis necesitados, entón o Plan E xa premiou a aqueles que teñen moita poboación, moita xente, moitos veciños, bueno pois este o normal é que non fora un calco do Plan E, e creo que en iso acertamos, plenamente, en ter en conta esa situación, de concellos que agora, vou a repetilo para que quede moi claro, teñen moitisimos núcleos, moitisima dispersión xeográfica, pero que non teñen presuposto, por favor, esa diferenza, e non fagamos comparacións, entón aí, eu penso, que é aí onde hai, como dixen antes, menos postos de traballo, menos renda per cápita, e menos servizos, xa o dixen, en todos os concellos pequenos pasa isto, e o paro é unha constante, non falemos do tema da emigración, que parece que non lles interesou nada, pero é que é unha realidade, cando queiran miramos no mapa de Galicia, e miramos como a maioría da xente que emigrou, dende fai cento e pico de anos, é das zonas precisamente rurais, o obxectivo noso, é que ninguén emigre, salvo aqueles que van de vacacións a pasalo ben, é moi bonito que unha persoa que nace nun lugar poida disfrutar dese lugar, e estea na súa terra, coa súa familia, co seu ambiente, que é onde realmente ós galegos nos apetece estar. Pero bueno, penso que o tema está debatido Sr. Presidente, e podemos proceder á votación. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Julio Alén, vamos a proceder polo tanto a votación do punto número 2, das Bases reguladoras do plan de investimentos da Deputación Provincial de Pontevedra 2009-2011. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Habendo un empate a 13 votos decide o voto de calidade do Presidente. Polo tanto, ¿votos a favor?. Apróbase. Dada conta polo servizo de Cooperación das Bases reguladoras do Plan de Investimentos da Deputación para o período 2009-2011; vistos os informes emitidos polo Secretario e a Intervención desta Deputación e de conformidade co ditame favorable da Comisión Informativa de Cooperación, de data 22 de xullo de 2009, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e cos votos en contra do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar as BASES REGULADORAS DO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA 2009-2011, cuxo texto é o desenvolvido deseguido: A Deputación de Pontevedra, en aras das competencias que lle atribúe a lexislación vixente e na liña de impulsar todas aquelas medidas posibles encamiñadas a afrontar a crise económica que estamos a padecer na actualidade, decide pór en marcha este plan extraordinario de investimentos a tres anos, co obxecto de paliar os efectos de desemprego e reactivar a economía. Con este plan de investimentos a Deputación pretende facer fronte á elevada taxa de destrución de emprego que se soporta na provincia, basicamente como consecuencia da caída da demanda interior do sector privado, sendo neste caso conveniente que o sector público incremente os seus investimentos. Este plan súmase ó resto dos investimentos da institución provincial e dos seus organismos autónomos para paliar a crise económica no ámbito da provincia de Pontevedra, e que se estiman na cantidade de 205.609.828,00 euros, que, xunto cos investimentos deste plan extraordinario se acadará unha cifra total de 275.609.828 euros, para executar en tres anos, cifra que, se os ingresos do Estado non experimentan unha caída superior ó 20 por cento, se podería ver sensiblemente incrementada no horizonte temporal á que se estende este plan extraordinario. A Deputación de Pontevedra, debido a estas circunstancias coxunturais de crise económica xeral, así como a situación económica dos concellos, que fai que estean a padecer unha grave falta de liquidez, e para facilitarlles o cobro ós empresarios que resulten adxudicatarios dos contratos para a execución destes investimentos, considera máis axeitado que os investimentos sexan contratados directamente pola Deputación, rexéndose polas seguintes BASES PRIMEIRA.- INVESTIMENTO O presente plan de investimentos cos concellos é un plan plurianual da Deputación de Pontevedra que ascende a 70.000.000,00 euros, financiados pola institución provincial en tres anualidades 2009-2011. Non obstante, as entidades locais poden facer as achegas que consideren axeitadas para os seus investimentos. Anualidades Achega provincial 2009-2011 70.000.000,00 euros SEGUNDA.- OBXECTO O obxectivo dos investimentos (obras e demais investimentos) que se acollan ás subvencións deste plan é impulsar medidas encamiñadas a afrontar a crise económica que afecta á provincia de Pontevedra, movilizando os recursos económicos e técnicos que poidan xerar un aumento na creación de emprego, realizando investimentos nos distintos concellos da provincia cunha poboación entre 1.000 e 50.000 habitantes. Por iso, o obxecto do plan concrétase na realización de investimentos municipais e no resto de entidades locais das seguintes tipoloxías: 1.- Obras e investimentos que respondan á prestación dos servizos definidos no artigo 26 da Lei 7/1985, de 2 de abril, seguintes: -Iluminación pública, cemiterios, recollida de lixo, limpeza viaria, abastecemento domiciliario de auga potable, sumidoiros, accesos a núcleos de poboación, pavimentación de vías públicas. -Parque público, biblioteca pública, mercado e tratamento de residuos. -Protección civil, prestación de servizos sociais, prevención e extinción de incendios e instalacións deportivas de uso público. -Transporte colectivo urbano de viaxeiros e protección do medio ambiente. 2.- Obras e investimentos que respondan á prestación dos servizos definidos no artigo 25 da Lei 7/1985, de 2 de abril, seguintes: -Seguridade en lugares públicos. -Ordenación do tráfico de vehículos e persoas nas vías urbanas. -Protección civil, prevención e extinción de incendios. -Ordenación, xestión, execución e disciplina urbanística, promoción e xestión de vivendas, parques e xardíns, pavimentación de vías públicas urbanas e conservación de camiños e vías rurais. -Patrimonio histórico-artístico. -Protección do medio ambiente. -Abastos, matadoiros, feiras, mercados e defensa de usuarios e consumidores. -Protección da salubridade pública. -Participación na xestión da atención primaria da saúde. -Cemiterios e servizos funerarios. -Prestación dos servizos sociais e de promoción e reinserción social. -Subministro de auga e iluminación pública, servizos de limpieza viaria, de recollida e tratamento de residuos, rede de sumidoiros e tratamento de augas residuais. -Transporte público de viaxeiros. -Actividades ou instalacións culturais e deportivas; ocupación do tempo libre e turismo. -Ensino e creación, construción e sostemento dos centros docentes públicos. 3.- Achega das entidades locais a outras obras executadas pola Deputación mediante convenio. 4.- Outras obras e investimentos que respondan á prestación de servizos de competencia municipal e non relacionados anteriormente. As obras deben ser completas, no senso de ser susceptibles de utilización ou aproveitamento separado e constitúan unha unidade funcional, de acordo co establecido no artigo 74 da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de contratos do sector público, non admitíndose o fraccionamento do contrato co obxecto de eludir o procedemento de contratación, e así se fará constar na memoria do proxecto. No caso de que na súa denominación se indique que se trata dunha fase, tramo, parte, etc. debe achegarse ademais un informe técnico xustificando esta circunstancia. Así mesmo, serán obxecto de subvención a realización doutros investimentos en servizos de competencia da entidade local, agás a compra de terreos. TERCEIRA.- BENEFICIARIOS Poderán solicitar estas axudas todos os concellos da provincia que teñan unha poboación de entre 1.000 a 50.000 habitantes que desexen acollerse a esta convocatoria. Tamén poderán solicitar axudas por concesión directa os concellos cunha poboación inferior a 1.000 habitantes e ás demais entidades locais da provincia, axudas que se concederán con cargo ó 20 por cento de libre disposición da Presidencia. Os beneficiarios da subvención estarán obrigados ó seguinte: a) Difundir convenientemente as obras da Deputación, mediante carteis ou outros medios, e facer constar en toda información que o investimento está subvencionado pola Deputación de Pontevedra. b) Comunicarlle ó Servizo de Cooperación calquera eventualidade no investimento ou programa subvencionado, cando afecte a tal subvención e no momento en que aquela se produza. c) Proporcionar toda a información que lle sexa requerida polo Servizo de Cooperación encargado do seguimento e evolución das subvencións. d) Ingresar nas arcas provinciais as achegas que se realicen ó Plan, ben sexa porque o investimento se faga con achega municipal, por modificados de proxectos, ou calquera outro ingreso que deba facer para a execución do devandito investimento. Se o concello por calquera circunstancia incumpre algunha obriga que impida que poida realizarse o investimento, tal como non presentar o proxecto no prazo estipulado, ou non ingresar algunha cantidade que deba achegar para a realización do investimento, a Deputación poderá acordar non só paralizar a execución da actuación senón detraer das subvencións concedidas para outros investimentos, ben sexan deste plan ou doutros plans da entidade provincial, a cantidade necesaria para afrontar a débeda. CUARTA.- FINANCIAMENTO O presente plan plurianual poderase financiar entre a Deputación e os concellos, coa posibilidade de incluír outras entidades locais no caso de concesión directa, segundo se indica a continuación. A achega da Deputación farase con cargo á consignación orzamentaria das partidas do programa do plan extraordinario de investimento para os concellos, especialmente con cargo á partida 911.911.662.45 dos exercicios 2009, 2010 e 2011, polos seguintes importes: Exercicio Importe 2009 35.800.000,00 euros 2010 18.200.000,00 euros 2011 16.000.000,00 euros TOTAL 70.000.000,00 euros Estes créditos poden ser ampliados de producirse modificacións nas aprobacións dos orzamentos dos correspondentes exercicios, ou ben nos distintos expedientes de modificación de créditos. As subvencións concedidas para financiar investimentos e obras dos concellos poderán ser de ata o 100% do seu orzamento total. No caso de que o investimento sexa cofinanciado coa entidade local beneficiaria, esta deberá achegar o acordo do órgano competente do concello aprobando a achega municipal ó investimento e un certificado do secretario do concello sobre se o dito órgano (no caso de non ser o Pleno) é o competente para aprobación de dita achega. Nos investimentos que cofinancien os concellos e non se tramiten como gastos plurianuais, a achega destes deberá estar ingresada ou garantida antes da aprobación do expediente de contratación. No caso de investimentos que se tramiten como gastos plurianuais e que cofinancien os concellos, as achegas dos concellos para a primeira anualidade terá que ser dun importe mínimo do 50 por cento da achega municipal total para cada investimento. No caso de que non se cumpra coa porcentaxe anterior as achegas dos exercicios 2010 e 2011 terán que garantilas. Así mesmo, a achega correspondente ó exercicio de 2009 terá que ingresarse con anterioridade á aprobación do expediente de contratación; as anualidades restantes ingresaranse no primeiro trimestre de cada exercicio, nos prazos que se sinalen na notificación das liquidacións. QUINTA.- CRITERIOS DE CONCESIÓN Do crédito total do Programa resérvase á Presidencia ata un 20% para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial, reservándose para este fin 14.000.000 euros. Esta cantidade, correspondente á concesión directa, destinarase a todas as entidades locais da provincia de Pontevedra con menos de 50.000 habitantes. O 80% do crédito restante repartirase do seguinte modo: - Existirá un importe fixo de 28.000.000 euros para repartir entre os concellos da provincia cunha poboación entre 1.000 e 50.000 habitantes, correspondéndolle a cada un deles para os tres anos 474.576,27 de euros. - A cantidade restante, que supón 28.000.000 de euros, repartirase entre os 59 concellos da provincia, excluíndo os de poboación inferior a 1.000 habitantes, da forma seguinte: Habitantes Grupo 1 1.000-10.000 Grupo 2 10.001-20.000 Grupo 3 20.001-50.000 Número concellos 37 15 7 Porcentaxes 45% 35% 20% Cantidade por grupo 12.600.000 9.800.000 5.600.000 Estas cantidades repartiranse entre o número de concellos que forman o grupo, en proporción ó 50 % da poboación vixente e o 50% da superficie vixente. Non poderá concederse subvención para un investimento que teña un orzamento inferior a trinta mil (30.000,00) euros. En consecuencia, cada concello coñecerá as cantidades que lle corresponden e a súa distribución en anualidades, dentro dos dez primeiros días hábiles seguintes ó da publicación destas bases no Boletín Oficial da Provincia. Para estes efectos a poboación da entidade local a considerar será a vixente publicada polo INE no ano 2009. SEXTA.- COMPENSACIÓN DE DÉBEDAS Da cantidade que se asigne a cada concello no ano 2009 detraeráselle ata a totalidade da débeda contraída coa Deputación e os seus organismos autónomos ata o día da aprobación das bases, e para facer fronte ós reintegros que o respectivo concello ou entidade local teña pendente de pago a 31.12.2008 á Caixa de Anticipos de Cooperación. Así mesmo, tamén se detraerán as achegas municipais pendentes de ingresar ás obras dos programas de cooperación económica local contratadas pola Deputación, e outras débedas tanto a favor da Deputación coma dos seus organismos autónomos. No caso de procedemento de concesión directa, cando se trate de mancomunidades, a detracción faráselle a cada concello proporcionalmente á súa achega ó seu orzamento. SÉTIMA.- SOLICITUDES E DOCUMENTACIÓN As solicitudes formalizaranse nos modelos normalizados, que se facilitarán no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a vernes, no Servizo de Cooperación ou na páxina web da Deputación: www.depontevedra.es, achegando ademais a seguinte documentación: a) Proxecto técnico da actuación que se pretende levar a cabo, que debe redactarse segundo o establecido no artigo 107 da citada Lei de contratos do sector público. Na redacción dos proxectos débese ter en conta que a porcentaxe de gastos xerais será do 13%, e o 6% o beneficio industrial. Se a obra non require proxecto achegarase un documento técnico que conteña como mínimo: - Memoria detallada que describa claramente a actuación. - Plano de situación e plano detallado da actuación. - Medicións e orzamento da actuación. b) Replanteo do proxecto e certificación da dispoñibilidade dos terreos precisos para a normal execución do proxecto. c) Resolución ou certificación do acordo do órgano competente da entidade local no que se determine o investimento ou obra a realizar e se solicite a subvención para a súa realización. d) Declaración responsable, ou no seu caso compromiso da achega, na que conste se a entidade local obtivo ou solicitou calquera outra axuda, subvención, ingresos ou recursos que financien o investimento a subvencionar, e compromiso de comunicarlle á Deputación as que se obteñan nun futuro. (Anexo I). e) Declaración de non estar incurso en causas de prohibición para a percepción de axudas ou subvencións públicas e de aceptación das bases da convocatoria, asumindo o compromiso de dar cumprimento ás condicións da subvención. (Anexo I). As entidades locais deberán presentar unha solicitude por cada investimento ou obra concreta a realizar, especificando os investimentos ou obras concretas a realizar. Calquera falsidade dos datos presentados dará lugar á pérda da subvención concedida, ademais doutras medidas que para o caso poida arbitrar a Deputación de Pontevedra. Se o escrito de solicitude non reunise os datos de identificación ou calquera dos previstos no art. 70 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, requirirase ó interesado para que, nun prazo de 10 días hábiles, emende as faltas ou presente os documentos preceptivos, indicando que, en caso de non facelo, se terá por desistido, arquivándose sen máis trámites. As solicitudes presentadas con anterioridade a esta convocatoria quedarán sen efecto, no caso de pretender a súa inclusión neste plan deberán formular nova petición acompañada da documentación correspondente. OITAVA.- LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN As solicitudes presentaranse no rexistro xeral da Deputación, de luns a sábado, no rexistro da sede de Vigo, de luns a venres, ou nos lugares establecidos no art. 38.4 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O prazo de presentación de solicitudes de subvencións, que se acollan a este programa, comezará a contar ó décimo primeiro día hábil seguinte ó da publicación da presente convocatoria no boletín oficial da provincia, sendo de 60 días naturais. NOVENA.- COMPATIBILIDADE As axudas serán compatibles con outras axudas ou subvencións que teñan a mesma finalidade, tendo en conta que o importe da subvención en ningún caso poderá ser de tal contía que, illadamente ou en concorrencia con outras subvencións, axudas, ingresos ou recursos, supere o custo da actividade subvencionada, de acordo co previsto no artigo 19.3 da Lei xeral de subvencións. Para estes efectos, e de conformidade co disposto no artigo 14.1 d) da Lei xeral de subvencións e o artigo 33 do seu regulamento, unha das obrigas do beneficio é comunicarlle á Deputación a obtención doutras subvencións, axudas, ingresos ou recursos que financien os investimentos subvencionados. En todo caso, deberá terse en conta que o conxunto total das axudas non deberá sobrepasar, en ningún caso, o 100% do custo do investimento. DÉCIMA.- INSTRUCIÓN E PROCEDEMENTO A instrución do procedemento de concesión de subvencións correspóndelle á xefa de Servizo de Cooperación Municipal, quen realizará de oficio cantas actuacións estime necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Así mesmo, o instrutor poderá solicitar cantos informes considere axeitados. O procedemento ordinario de concesión das axudas é o de concorrencia competitiva. Non obstante, o órgano competente poderá resolver, ó longo dos exercicios ós que se estende o plan aquelas solicitudes que, por circunstancias novas ou causas imprevisibles e excepcionais, non puideran presentarse no prazo sinalado, reservándose para estes efectos a Presidencia ata un 20 % do crédito total deste programa para a súa concesión directa, tal como se prevé na base 25.2ª das de execución do vixente orzamento provincial. As propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe de fiscalización de Intervención. Transcorridos seis meses, a partir do día seguinte en que remate o prazo de presentación da solicitude, sen que os interesados obteñan unha resposta expresa, entenderase desestimada a petición. DÉCIMO PRIMEIRA.- PROXECTOS Ó financiarse o plan en tres anualidades é necesario que os concellos sinalicen as obras a realizar con cargo a cada unha delas, tendo en conta as seguintes orientacións: 1.- Os proxectos de obras que se poidan tramitar mediante un contrato menor (inferiores a 50.000,00 euros, sen IVE, artigo 122.3 da Lei de contratos do sector público) financiaranse integramente con cargo a unha anualidade. 2.- Os proxectos de obras que se poidan licitar por un procedemento negociado sen publicidade (ata 200.000,00 euros sen IVE, artigo 161.2 da LCSP), por procedemento negociado con publicidade ou aberto cando a contía sexa superior, poderán financiarse en varias anualidades. Os concellos e demais entidades locais encargarán e asumirán o custo da redacción dos proxectos, identificándose cada obra cun proxecto, que deberá axustarse en canto ó seu contido ó establecido no artigo 107 da LCSP. Cada investimento debe identificarse cun proxecto técnico, do que presentarán o orixinal e dúas copias, que debe redactarse conforme o establecido no artigo 107 da citada Lei de contratos do sector público. No caso de tratarse dun contrato menor de obras deberá acompañarse o seu orzamento, sen prexuízo de que deba elaborarse un proxecto cando normas específicas así o requiran, e de modo especial se afecta á estabilidade, seguridade ou estanqueidade da obra (artigo 95 da LCSP). A Deputación procederá, en todo caso, á supervisión e control dos proxectos, tendo especialmente en conta os prezos das distintas unidades, previamente á súa aprobación por parte do órgano de contratación. DÉCIMO SEGUNDA.- APROBACIÓN DOS PROXECTOS E OUTORGAMENTO DE LICENZAS Os proxectos deben ser aprobados polo órgano competente do concello ou entidade local ó tratarse dunha obra municipal coa aprobación do proxecto enténdese implícita a concesión da oportuna licenza (artigo 198.5 da Lei 9/2002 de 30 de decembro de ordenación urbanística e protección do medio rural de Galicia, modificada pola Lei 15/2004, de 29 de decembro “as obras públicas municipais entenderanse autorizadas polo acordo de aprobación do proxecto, logo da acreditación no expediente do cumprimento da lexislación urbanística e de protección do medio rural, así como do planeamento en vigor”. Se a obra necesitase, pola súa situación ou característica, permisos ou autorizacións doutros organismos será o concello ou entidade local quen as solicite. Así mesmo, os concellos e demais entidades locais autorizarán a plena e libre disposición dos terreos a favor da Deputación de Pontevedra, para que esta poida acometer a execución das obras, e no caso de que sexa necesario realizar expropiacións para a realización do investimento serán por conta do concello solicitante. O órgano de contratación da Deputación aprobará os proxectos conxuntamente cos expedientes de contratación. DÉCIMO TERCEIRA.- LICITACIÓN Á Deputación correspóndelle a licitación e execución das obras contempladas no proxecto técnico, así como o nomeamento da dirección de cada unha delas. Se se trata doutro investimento, tamén lle corresponde á Deputación todo o procedemento de contratación destes. Facúltase ó presidente para resolver aqueles casos problemáticos ou situacións excepcionais non previstos, en relación coa licitación, que poidan xurdir no desenvolvemento do Plan. Os concellos e demais entidades locais como titulares destas poderán designar a un técnico para o seguimento e recepción das obras. DÉCIMO CUARTA.- MODIFICACIÓNS DOS CONTRATOS O órgano contratante da Deputación non autorizará a realización de modificados nin complementarios dos proxectos, nin liquidación ningunha por excesos de medida. Así mesmo, tampouco autorizará a aplicación das baixas de adxudicación nin para este, nin para outros proxectos. Se excepcionalmente fose necesario o incremento do custo será con cargo ó crédito do concello, que terá que renunciar á execución dalgunha outra obra se fose preciso. Neste caso deberá realizarse o ingreso con carácter previo ó expediente de modificación. DÉCIMO QUINTA.- PUBLICIDADE Deberá dárselle a adecuada publicidade do carácter público ó financiamento do investimento obxecto desta, mediante as medidas de difusión que consideren adecuadas dado o seu carácter, na que se inclúa a imaxe institucional da Deputación de Pontevedra. No caso de obras deberá poñer un cartel anunciador, tal e como figura nos anexos destas bases, situado nun lugar visible, dende o comezo ata, polo menos, a finalización da obra, con cargo ós fondos de cada investimento. O deseño do cartel tamén se publicará polo menos na páxina web da Deputación. O incumprimento desta obriga será causa de reintegro dos recursos recibidos con cargo a este programa. DÉCIMO SEXTA.- EXECUCIÓN E ENTREGA DOS INVESTIMENTOS ÁS ENTIDADES LOCAIS Os investimentos deberán estar executados, na súa totalidade, antes do día 31 de decembro de 2012. A execución do investimento, así como a súa recepción correspóndelle á Deputación, debendo remitirlle o Servizo de Contratación a comunicación desta circunstancia ó Servizo de Cooperación. Unha vez finalizadas as obras ou investimentos e recibidas pola administración contratante, levarase a cabo a súa entrega ó concello ou entidade local titular levantando a correspondente acta. Con carácter previo á entrega (acta de entrega/recepción) dos investimentos ós concellos farase unha resolución presidencial ordenándoa, xa que supón a saída do inmobilizado da esfera xurídico patrimonial da Deputación (pago da subvención), dándolles traslado á Intervención para contabilizar a baixa no inmobilizado da Deputación, e ós concellos para que poidan contabilizar a entrada do seu inmobilizado; na resolución presidencial deberanse facer constar os datos cuantitativos para a correcta contabilización da baixa na contabilidade da Deputación e a alta na contabilidade dos concellos (custo, dimensións e características, etc.). DÉCIMO SÉPTIMA.- APROBACIÓN DAS BASES De acordo co establecido na Base 16.3 das de execución do orzamento para o 2009, e dando cumprimento ó establecido no artigo 18 da Lei xeral de subvencións, o órgano competente para a aprobación destas bases é o Pleno da Deputación. DÉCIMO OITAVA.- DEREITO SUPLETORIO Para o non disposto nas presentes bases contemplarase o establecido nas bases de execución do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2009, na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (BOE número 276, de 18/11/2003), Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (DOG nº. 121 de 25/06/2007) e demais lexislación aplicable. DÉCIMO NOVENA.- RECLAMACIÓNS Contra o acordo da aprobación destas bases que pon fin á vía administrativa poderase interpoñer recurso potestativo de reposición, perante o mesmo órgano que o ditou, no prazo dun mes a partir do día seguinte ó desta publicación (artigos 107 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, modificada pola Lei 4/1999, de 13 de xaneiro), ou ben, directamente recurso contencioso-administrativo perante o Xulgado do Contencioso-Administrativo de Pontevedra segundo o disposto nos artigos 8 da Lei 29/1988, de 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, e todo iso no prazo establecido no artigo 46 da citada lei. Todo iso sen prexuízo de que poida utilizar calquera outro recurso que estimen conveniente. ANEXOS DA CONVOCATORIA E MODELOS DE PRESENTACIÓN DE DOCUMENTACIÓN Todos os anexos referidos nas presentes bases ou modelos normalizados para a solicitude destas subvencións, serán facilitados polo Rexistro desta Deputación e polo Servizo de Cooperación, ou ben a través da súa páxina web (www.depontevedra.es). 3.5840.- CORRECCIÓN DE ERRO NO MODELO 3A, CERTIFICADO DE ADXUDICACIÓN, E APROBACIÓN DA NOVA DISTRIBUCIÓN DO FINANCIAMENTO DA OBRA Nº 48, DO CONCELLO DE SALVATERRA DE MIÑO, DENOMINADA “DEPURADORA /ABASTECEMENTO A CABREIRA, ALXÉN, ARENTEI, PORTO, SALVATERRA, LOURIDO, FORNELOS, OLEIROS, FIOLLEDO, CORZÁNS, MEDER, SOUTOLOBRE E LEIRADA” E INCLUÍDA NO PLAN PROVINCIAL DE COOPERACIÓN-2008 (PPC/08) Sr. Presidente.- Punto número 3. Corrección de erro no modelo 3A certificado de adxudicación e aprobación da nova distribución do financiamento da obra nº 48, do concello de Salvaterra de Miño, denominada “Deputación abastecemento a Cabreira, Alxén, Arentei, Porto, Salvaterra, Lourido, Fornelos, Oleiros, Fiolledo, Meder, Soutolobre e Leirada” e incluída no Plan Provincial de Cooperación 2008 (PPC/08). ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta da petición formulada polo concello de Salvaterra de Miño pola que solicita a corrección do erro advertido no modelo 3A, certificado de adxudicación, actuación núm. 48, incluída no PPC/08, denominada “Depuradora/Abastecemento a Cabreira, Alxén, Arentei, Porto, Salvaterra, Lourido, Fornelos, Oleiros, Fiolledo, Corzáns, Meder, Soutolobre e Leirada”, como consecuencia de que o proxecto da citada obra e o orzamento de licitación, incluído no prego de cláusulas administrativas particulares, ascenden á cantidade de 78.260,07 euros, en lugar dos 78.279,10 euros que figuraban inicialmente. Visto o ditame favorable, por unanimidade, da Comisión Informativa de Cooperación, de data 22 de xullo de 2009, e de acordo co disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de Réxime Xurídico das Administraións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, o Pleno acorda por unanimidade, corrixir o erro advertido no modelo 3 A e aprobar a nova distribución do financiamento, de xeito que: ONDE DI: DISTRIBUCIÓN DO FINANCIAMENTO Partícipes Orzamento do Proxecto Adxudicación do contrato Importe da Baixa MAP 31.311,64 29.012,56 2.299,07 Deputación 23.483,73 21.759,43 1.724,30 Concello 23.483,73 21.759,43 1.724,31 78.279,10 72.531,42 5.747,68 DEBE DICIR: DISTRIBUCIÓN DO FINANCIAMENTO Partícipes Orzamento do Proxecto Adxudicación do contrato Importe da Baixa MAP 31.304,03 29.012,56 2.291,47 Deputación 23.478,02 21.759,43 1.718,59 Concello 23.478,02 21.759,43 1.718,59 78.260,07 72.531,42 5.728,65 4.5841.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DO ROSAL A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DO IMPOSTO SOBRE O INCREMENTO DO VALOR DOS TERREOS DE NATUREZA URBANA Sr. Presidente.- Punto número 4. Delegación de competencias do concello do Rosal a favor do Oral para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello do Rosal na sesión celebrada o día 28 de marzo de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello do Rosal, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o concello do Rosal, por acordo do Pleno de data 28 de marzo de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana. 2. Esta delegación do concello do Rosal será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facúltase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co concello do Rosal, así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do concello do Rosal, para exercer as facultades de xestión, liquidación e recadación do imposto sobre o incremento do valor dos terreos de natureza urbana, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 5.5842.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CANGAS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE RECADACIÓN EN VÍA EXECUTIVA DOS TRIBUTOS, PREZOS PÚBLICOS, SANCIÓNS ADMINISTRATIVAS E DEMAIS RECURSOS DE DEREITO PÚBLICO, QUE NON SE ATOPEN XA DELEGADOS Sr. Presidente.- Punto número 5. Delegación de competencias do concello de Cangas a favor do ORAL para exercer as facultades de recadación en vía executiva dos tributos, prezos públicos, sancións administrativas e demais recursos de dereito público, que non se atopen xa delegados. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno do concello de Cangas na sesión celebrada o día 29 de abril de 2009 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de recadación, en vía executiva, dos tributos, prezos públicos, sancións administrativas e demais recursos de dereito público sempre que non se atopen xa delegados. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 26 de xuño de 2009 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do concello de Cangas, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos tributos, prezos públicos, sancións administrativas e demais recursos de dereito público que non se atopen xa delegados. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello do Cangas, por acordo do Pleno de data 29 de abril de 2009, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de recadación en vía executiva dos tributos, prezos públicos, sancións administrativas e demais recursos de dereito público que non se atopen xa delegados. 2. Esta delegación do Concello do Cangas será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sometese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 26 de outubro de 2005 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004. 3. Facultase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio co Concello de Cangas así coma os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do Concello do Cangas, para exercer as facultades de recadación, en vía executiva, dos tributos, prezos públicos, sancións administrativas e demais recursos de dereito público que non se atopen xa delegados, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 6.5843.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, QUE INCLÚE A DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2008 Sr. Presidente.- Punto número 6. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, que inclúe a dos seus organismo autónomos, correspondente ó exercicio 2008. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 29 de maio e 22 de xullo de 2009, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2008, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2008, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polo balance de situación final (Composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económico-patrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria, o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 103 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, polo que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. 7.5844.- RECTIFICACIÓN DAS BASES DE APLICACIÓN DE RETRIBUCIÓNS DO ORZAMENTO PROVINCIAL DO ANO 2009 CON RESPECTO ÁS AXUDAS SANITARIAS Sr. Presidente.- Punto número 7. Rectificación das bases de aplicación de retribucións do Orzamento Provincial do ano 2009 con respecto ás axudas sanitarias. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O artigo 69 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 82 do I Convenio Colectivo para persoal laboral, contemplan, dentro dos beneficios sociais, a concesión de axudas sanitarias a funcionarios e persoal laboral fixo destinadas a compensar gastos de natureza médica ou sanitaria. O importe total da axuda determínase polo grupo de clasificación do funcionario laboral ou fixo, aboándose un 60% ós grupos A e B, e o 80% ós grupos, C, D e E. Ó terse producido un incremento considerable do gasto nos últimos anos, dentro das Bases de aplicación de retribucións do Orzamento Provincial para o ano 2009, establécese un límite na concesión de axudas deste tipo de 4.000,00 €/funcionario e de 3.000,00 €/beneficiario ó ano. Mediante escrito presentado no Rexistro Xeral da Deputación o 29 de xuño, o Sindicato CCOO solicita que se aprace a aplicación desta medida, ó existir unha serie de casos de funcionarios que, con anterioridade á aprobación do Orzamento, se tiñan sometido a tratamentos médicos por importes superiores ós límites expresados e sobre todo tendo en conta que é a primeira vez que se introduce esta restrición con total descoñecemento dos interesados. O artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, permite ás Administracións rectificar en calquera momento os erros materiais, de feito e aritméticos existentes nos seus actos. Por todo o exposto anteriormente, ó amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría de votos a favor do PP e coas abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, aprobar a modificación introducida nas Bases de Aplicación de Retribucións do Orzamento Provincial para o ano 2009, con respecto á limitación do importe total das axudas sanitarias prevista no artigo 69 do V Acordo Regulador para persoal funcionario e artigo 82 do I Convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación, fágase efectiva a partir do 1 de agosto de 2009. Deste xeito, a tramitación de todas as solicitudes de axudas sanitarias de carácter voluntario presentadas a partir do 1 de agosto de 2009 axustaranse a ditos límites. 8.5845.- CONCESIÓN DA MEDALLA DE OURO DA PROVINCIA Á ESCOLA NAVAL DE MARÍN Sr. Presidente.- Punto número 8. Concesión da Medalla de Ouro da Provincia á Escola Naval de Marín. D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Un ano máis estamos ante esta concesión de medallas, máis outras distincións que nin sequera pasan polo Pleno, que naceron como naceron, eu creo que non está mal recordalo, o primeiro ano a desculpa era que foran á presa, bueno, aceptámolo, a pesar de que era unha contra programación e demais, a partir de alí dixemos, ou elaboraba unhas bases, nas que participara todo o mundo e se puidese facer por consenso, ou nós non íamos a participar. Entón se vostedes queren darlle a medalla de ouro, a de prata, a de chapa de latón, ou o que lle dea a gana a algunha entidade da provincia, fágano, pero que quede claro que será a súa proposta e a súa distinción, non a desta Corporación, porque vostedes non o queren, non o queren, como en todas as corporacións locais. Outros anos tivemos que escoitar que se as medallas Castelao, iso réxese por outro réxime, o da Xunta. ou do que sexa. As distincións nas Corporacións Locais teñen unha maneira de facer, míranse os exemplos que hai aquí cerca, que dende logo nada teñen que ver con isto, vostedes seguen “r que r”, de verdade, non hai nin propostas nin período de propostas, nin un período de negociación ou de acordo para concedela, polo tanto, “Juan Palomo, yo me lo guiso, yo me lo como.”. Alá vostedes, nós dende logo nin lle vamos a facer, obríganos a facer o feo todos os anos de non votar a favor, tampouco vamos a votar en contra, simplemente non entramos a valorar, e non vir a facer os actos, como sabe cando empezamos eramos os únicos que viñamos ó acto, ben, vostedes quéreno facer así, alá vostedes, nós non podemos facer outra cousa, tampouco vamos a montar ningún lío, ou como se queira chamar, para enturbar isto, simplemente non contan con nós, nin con toda a Corporación dunha maneira normal, por un trámite normal, para dar estas distincións, se nos exclúen, ou, bueno, pois nos damos por excluídos e problema resolto, ou agardo que estea resolto, dándonos pena, porque non creo que independentemente do valor ou dos méritos que cada un opine que teña, que se lle dea unha distinción, pois teñan que sufrir esta exclusión deste grupo, iso é cousa súa, vostedes non nos dan participación nin a nós nin ós veciños ou veciñas, en facer propostas, en elaborar a proposta, en chegar a un consenso, non dan participación niso. Pois bueno, alá vostedes. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias, D. Cesáreo Mosquera. Ten a palabra Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Muy buenos días a todos. Sr. Mosquera, creo que no tiene usted ninguna razón, es que me parece una escusa de mal pagador, si ustedes no quieren participar en los premios de la provincia de Pontevedra, no lo hagan, estamos en una absoluta democracia, que puede hacer exactamente lo que quiera su grupo, nadie le obliga a votar, pero no diga que no, porque esto en primer lugar se basa en un reglamento que nos antecede a todos nosotros, con lo cual está establecido de ese modo la Medalla de Oro de la Provincia. En segundo lugar, antes de hacerlo público, se habló con los portavoces, por problemas que había habido en años anteriores, para comunicarlo. En tercer lugar, hubo una Comisión Informativa donde se puso de manifiesto que se iba a conceder la medalla de oro de la provincia a esta Institución, y lo demás se dabatió ese día en la Comisión Informativa. Y en tercer lugar empezó en el 2005, es decir, que usted tiene conocimiento, nunca en la vida hizo ninguna moción, ninguna propuesta para ninguna alternativa, ya está bien de quejarse pero no proponer nada, además, oigan, ustedes que son el ejemplo de sectarismo más absoluto en ese tema, no venga ahora aquí, porque mire, quiero recordar que pertenecemos al mismo concello, donde los 10 años anteriores he ido, porque yo soy menos sectaria que usted, he ido al pregón de las fiestas de la Peregrina donde altos líderes y militantes del BNG como la señora Táboas, el Sr. Filgueira, etc., hasta 10, fueron los pregoneros de esta ciudad, fueron los pregoneros de las fiestas sin preguntarle a nadie, yo me enteré por el periódico, y fui, porque soy demócrata, y lo escuché, bastante más de lo que usted se crea, y estoy ahí, y a veces aguanté algunas cosas que me costó, y mantuve el tipo, y lo decidió unánimemente usted, como decide todos los que van, que no preguntan jamás nada, y ahora viene aquí, mire, es que como a mi no me tienen en cuenta, hombre, por favor, Sr. Mosquera, yo creo que si usted no está de acuerdo con conceder a una institución que lleva en esta provincia desde 1943 participando activísimamente, no sólo en su función de escuela Naval Militar, como es en este caso, propia y centro de formación, si no en la vida social y en la vida cultural de Pontevedra y participando en todas las actividades de la provincia, siempre, tanto culturales como deportivas, siempre a disposición de todos los pontevedreses, es su problema, pero no meta a otros en el carro, porque en este caso creo que más exquisito no pudo ser el tratamiento, y nosotros los méritos si quiere se los leo, los conoce usted, pero como digo lleva desde 1943 participando, y ahora más que nunca, porque además ahora, está adscrita a la Universidad de Vigo como centro universitario de defensa, que impartirá el grado de ingeniería industrial con la especialidad de mecánica y va a establecer títulos de postgrado y de doctorado para participar toda la sociedad, yo entiendo que debe reflexionar su decisión y aprender también, porque de verdad que en este caso de protocolo, en otros puedo discutir lo que quiera, pero en estos casos jamás en los 10 años que llevan ustedes gobernando, preguntaron absolutamente nada, y no sólo eso, y digo militantes activos, conselleiros, son los pregoneros de la fiesta de esta ciudad, gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Pedrosa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas Sr. Presidente. Está simpática a Sra. Pedrosa hoxe, moi simpática, moi simpática, porque ós portavoces se nos comunicou á vez que ós medios de comunicación, quere dicir, que unha proposta xa suporía enturbar ou poñer a pelexar dúas para iso. Con respecto ás alternativas, si as dixemos, isto está na corporación, a primeira dixemos, pasámola, e a segunda tamén, a partir de alí dixemos, a proposta era que se fixera polo procedemento que fai en todas. Agora, Sra. Pedrosa, a locuacidade ten os seus problemas, a Sra. Táboas cando foi pregoeira nin era militante do BNG, foi por presidenta do colexio de arquitectos, pero de todas as maneiras, non temos ningún interese en entrar nesa discusión. Pero fíxese o que acaba de dicir, fíxese que esa é a súa concepción, resulta que a medalla de ouro da provincia, nin máis nin menos, distinción formal de ouro e demais, o equipara a un pregoeiro, só lle faltou equiparalo a quen abra a porta, ou a quen pon os maceiros. Mire ese é o problema, ¿entende?, nunhas festas hai un pregoeiro ou hai unhas orquestras que actúan, vale, iso escólleo quen ten a responsabilidade, estamos falando da medalla da corporación, que é un problema totalmente distinto, acaba de meter o zapato ata a empuñadura, non sei como a declararon de Relacións Institucionais, e a acaba de equiparar, e ó ritmo que levan evidentemente vai rematar con bastante máis desprestixio a Medalla de Ouro que vostedes conceden, vostedes non, a Corporación, bastante máis desprestixio que o de pregoeiros, acaba meter … dese calibre, que realmente é o que pensa, vamos darlle aquí un premiño e tal, que nos queda moi mono facer aquí unha tenderetada cada ano. Iso é o grave, iso é o que está detrás disto, iso é o que está, e non lle dea máis voltas, vostede sabe que os premios cidade de Pontevedra, que é unha distinción da corporación fanse por unanimidade con propostas, en Vigo tamén, e noutros lados tamén, compare vostede cunha distinción da Corporación, non co pregoeiro. Tamén o pode comparar con outras cousas moi dignas todas, pero que son de distinto rango, exactamente esa é a concepción que teñen desas medallas, vostedes mesmos as desvaloraron ata extremos de que son ridículos, en todo caso, non queremos entrar a valorar os méritos, vostedes nos exclúen como Corporación, creo que formamos parte, cando gobernan, que nos exclúan, nos concellos nos que temos o goberno, que nos exclúan do reparto, que nos fagan a zancadilla e demais, son como goberno, pero agora estamos como Corporación, estamos aquí, non lles gusta pero estamos, estamos, e nos están excluíndo, alá vostedes, alá vostedes que non sei se foi afortunada ou non a idea de crear Medallas de Ouro, pero de todas as maneiras encargaranse de devalualas ata extremos difíciles de superar. O ridículo é espantoso e vostede acaba agora de darlle o certificado, é o mesmo a medalla de ouro que o pregoeiro, acaba de dicilo moi clariño, grazas pola claridade, moitas grazas. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, ten a palabra Dona Teresa Pedrosa. Sra. Pedrosa Silva.- Lo veo alterado, Sr. Mosquera, estamos a punto de iniciar el mes de agosto, relájese, que creo que no hay tanto problema, aunque tenga público que le sigue, quiere usted quedar bien, y entonces se quiere alterar. Pero mire, con alterar no va a conseguir nada, aquí estamos en el Pleno de la corporación, y el único que se autoexcluye es usted, bueno, los ciudadanos lo están excluyendo poco a poco, ya se van dando cuenta que van bajando, al final os excluirán de todo. Pero mire, además de excluirlos los ciudadanos, ahora se quieren autoexcluir ustedes, tuvieron xaneiro, febrero, marzo, abril, mayo, junio y julio para presentar una moción, de esas que no presentan, una iniciativa una propuesta. Cuando lo hicieron, nosotros, que insisto, somos bastante más demócratas, cuando lo hablaron, le hicimos caso a un insigne que ustedes siempre, yo lo respeto muchísimo como institución y como persona, pero cuando hicieron la propuesta de hacer hijo adoptivo a Bóveda, lo hicimos, sin ningún problema, ustedes no son capaces de hacer un acto a propuesta de la oposición en su concello, no son capaces, pero nosotros sí, no tenemos ningún problema, hicimos hijo predilecto a Bóveda, a Tafall, y todos los que propongan, y a lo mejor a más, no tenemos ningún problema, adoptivo, perdón, adoptivo, entonces cuando ustedes propongan, trabaje, yo ya se lo dije el otro día en el concello, lea, lea, trabaje, trabaje, haga propuestas, las valoramos, las discutimos, el Presidente ya dijo que le encanta dialogar, hablar, creo que la señora Casal lo debe tener bloqueado y está fuera de juego un poco, pero yo insisto se autoexcluye usted porque quiere, como están autoexcluyéndose de la sociedad, muchas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, vamos a proceder á votación da concesión desta Medalla de Ouro que concede a Deputación de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. A Escola Naval Militar ten a súa orixe na creación en 1717, por parte de Patiño, baixo o reinado de Felipe V, da Real Compañía de Gardas Mariñas. Inicialmente, foi instalada en Cádiz e o feito supuxo a creación da Mariña de Guerra Española como corporación militar e mariñeira de carácter permanente. Co auxe da Armada Real, en tempos de Carlos III, organízanse outras Compañías de Gardas Mariñas en Ferrol e Cartaxena. En 1824 vólvense a reducir nunha soa Real Compañía as tres departamentais antes citadas de Cádiz, Ferrol e Cartaxena e ó novo Corpo dáselle forma de Colexio Real e Militar ubicado no Arsenal da Carraca baixo a autoridade do Capitán Xeral da Armada. Anos despois, en 1842, novos plans de ensino para a xuventude aconsellan a creación do Colexio Naval en San Carlos, que se inaugura en San Fernando (Cádiz) en 1845. Sendo Ministro de Mariña Juan Bautista Topete, créase a Escola Naval Flotante do Ferrol de Aspirantes de Mariña, a bordo da fragata Asturias, que ten como primeiro Comandante a Victorino Sánchez Barcaiztegui. A nova escola inaugúrase en 1871 e clausúrase en 1909. Catro anos despois do seu peche, ábrese de novo coa denominación actual de Escola Naval Militar en San Fernando (Cádiz) onde funciona de 1913 a 1943. Este ano, a Escola Naval Militar trasladouse de San Fernando ata o seu actual emprazamento, en Marín (Pontevedra). A decisión baseouse en que o Almirante Augusto Miranda y Godoy, nas varias etapas en que desempregou a carteira de Mariña, aproveitou a Ría de Marín para fins marítimo-militares. A Base Naval, ideada por Miranda, o Polígono de Tiro Naval, fundado por Janer, e a Escola de Artillería e Tiro Naval, que funcionara en Marín dende o ano 1931, pasaron a ser, por iniciativa do Ministro de Mariña, o Almirante Moreno Fernández, os cimentos da actual Escola Naval Militar de Marín, que foi inaugurada o 15 de agosto de 1943 como primeiro centro escolar da Armada Española. Dende entón, o centro marinense imparte formación militar, naval e técnica ós alumnos para capacitalos no desempeño das funcións que lles correspondan ó acadar o seu primeiro emprego como Oficiais da Armada. A Escola Naval Militar de Marín é o centro onde se forman a totalidade dos Oficiais da Armada Española e conta cun denso programa de actividades que inclúe clases teóricas e exercicios de educación militar, mariñeira e deportiva. Na actualidade, está adscrita á Universidade de Vigo. A través do Centro Universitario de Defensa impartirá o Grado de Enxeñaría Industrial, con especialidade en Mecánica. No recente convenio subscrito coa Universidade de Vigo, prevese que no centro se poidan cursar estudos de Postgrado e de Doutorado, o que permitirá que a Escola Naval Militar de Marín amplíe as súas actividades a diversos campos de investigación e aumente o seu número de alumnos de xeito significativo. A Escola Naval Militar de Marín conta con longa tradición e raigame na provincia, da que se converte nun activo embaixador, xera numerosas sinerxias en distintos eidos e a súa traxectoria está profundamente implicada na vida social, económica e cultural non só de Marín senón de Pontevedra e de toda a provincia. A Escola Naval Militar de Marín ten un destacado papel na profesionalización do Exército e no concepto dunhas Forzas Armadas modernas e socialmente integradas. Polas anteditas razóns e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e do PSdeG-PSOE e coas abstencións do BNG, a concesión da Medalla de Ouro da Provincia de Pontevedra á Escola Naval Militar de Marín. 9.5846.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE NOMEAMENTO DO SR. DEPUTADO PROVINCIAL D. FRANCISCO XABIER ALONSO PÉREZ, COMO VOGAL DO CONSELLO REITOR DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “ESCOLA DE CANTEIROS” EN SUBSTITUCIÓN, POR RENUNCIA, DE DONA Mª XOSÉ MÉNDEZ PIÑEIRO Sr. Presidente.- Punto número 9. Moción da Presidencia sobre o nomeamento do Sr. Deputado Provincial D. Francisco Xabier Alonso Pérez, como vogal do Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros” en substitución, por renuncia, de Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Dada conta de que o Pleno, en sesión celebrada o 12 de xullo de 2007 aprobou Moción desta Presidencia sobre nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados e no que, entre outros, nomeábase á Sra. Deputada Provincial Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro como vogal do Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros”. Resultando que o Pleno en sesión de 29 de maio de 2009 tomou coñecemento da renuncia de Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro ó cargo de Deputada Provincial, sendo substituída por Don Francisco Xabier Alonso Pérez, quen tomou posesión do seu cargo en sesión de 26 de xuño de 2009. Resultando que con data 2 de xullo de 2009 o portavoz do Grupo Provincial do BNG comunica que se designe ó citado Deputado como vogal, entre outros, no Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros”. Considerando que o art. 58, c) do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por unanimidade, aprobar a Moción da Presidencia sobre nomeamento do Sr. Deputado Provincial D. Francisco Xabier Alonso Pérez, como vogal do Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros” en substitución, por renuncia, de Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro, e por tanto modificar o acordo adoptado na sesión plenaria de 12 de xullo de 2007, no sentido de designar a Don Francisco Xabier Alonso Pérez, vogal no Consello Reitor do Organismo Autónomo Local “Escola de Canteiros” en substitución, por renuncia, de Dona Mª Xosé Méndez Piñeiro”. 10.5847.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) RELATIVA Ó ESTABLECEMENTO DUN CONVENIO CO CONCELLO DE MOAÑA PARA A MELLORA DO VIAL PROVINCIAL EP-1101 DA MOCA Á CAPELA DOS MIRAGRES (O PIÑEIRO) Sr. Presidente.- Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobre a posta en marcha dun servizo de recollida de automóbiles na provincia. Perdón, o punto número 10, Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) relativa ó establecemento dun convenio co concello de Moaña para a mellora do vial provincial EP-1101 da Moca á Capela dos Miragres (O Piñeiro). Ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Moitas gracias, Sr. Presidente. Hoxe traemos a moción aquí, pois aproveitando un pouco a oportunidade que nos deu o Deputado Autonómico José Fervenza, e para recordarlle un pouco o compromiso do Presidente con esta estrada no concello de Moaña. A Deputación Provincial de Pontevedra, tiña comprometido 350.000,00 € con cargo ó PPC 2008, para a mellora do vial provincial 1101, as Barxas en Berducedo, dita consignación foi anulada no Pleno do 28 novembro de 2008 e a incorporación do seu financiamento no remanente producido por baixas de adxudicación. Este remanente aplicouse nas obras do programa de actuacións complementarias, “Capa de rodadura na EP 6010, a Lama-Muimenta-Ventos”, en Lalín, Agolada e a “Obra mellora do trazado de pavimentación da EP Ponte do Val-Barcia de Mera”, no concello de Mondariz, o Presidente comprometeuse nese mesmo Pleno, a que no orzamento do ano 2009 habería unha partida con nome e apelidos deste vial, e recoñecía xa daquela, a insuficiencia dos 350.000 € para acometer a mellora do vial, pola contra, o concello de Moaña, que estivo esperando durante dous anos a que a Deputación Provincial presentara un convenio de cooperación para mellora e ensanche do vial, acometeu a mellora deste ata Moca, para que non se compliquen os prazos e non se perderan os cartos, ou modificalos coma no caso da institución provincial. Polo tanto, en canto, con respecto ó concello, si que cumpriu a súa parte no presunto convenio, polo tanto existía un marco de acordo onde o concello de Moaña xa marcou o camiño a seguir, un camiño de colaboración, e para iso levou a cabo a urbanización dunha estrada provincial, construción de beirarrúas e mellora dos diferentes servizos, alumeado, pluviais, etc., onde queda pendente unha vez máis o compromiso do Presidente da Deputación, que permite que se traslade ós medios de comunicación as súas competencias e responsabilidades, o que aproveito para preguntarlle, Sr. Presidente, ¿que relación ten o deputado autonómico do Partido Popular D. José Fervenza coa Deputación Provincial de Pontevedra?. Sr. Presidente, ¿qué relación ten o portavoz da asociación de veciños das Pagonas, D. Antonio Pastoriza con esta Deputación Provincial?. Sr. Presidente, ¿estas dúas persoas actúan como portavoces do Presidente da Deputación ante os medios de comunicación?. Sr. Presidente, ¿que pinta un técnico da Deputación Provincial dándolle explicacións enriba do capó dun coche ó deputado autonómico D. José Fervenza e a D. Antonio Pastoriza, acompañados de ilustres personaxes do Partido Popular e dándolle ultimatums ó concello de Moaña?. Dende o BNG cremos que a política é algo máis que facerse unha foto no capó dun coche cuns planos, é dicir, que estivemos cun técnico, avogamos por reducir estas aptitudes, estes espectáculos, e que contribúamos entre todos a non confundir as institucións cos partidos políticos e os seus lexítimos representantes, por todo isto o Grupo Provincial do BNG presenta esta moción e solicita o voto favorable do Pleno desta corporación para a adopción dos seguintes acordos: -Primeiro: que se inclúa a cantidade de 2 millóns de euros para completar a urbanización do vial provincial 1101 da Moca á Capela dos Miragres-O Piñeiro con cargo ós fondos reservados no orzamento da Deputación Provincial para o acondicionamento dos seus viais. -Segundo: que se remita de forma inmediata unha proposta de convenio ó concello de Moaña que recolla a actuación na totalidade do vial coa súa programación anual de execución. Como vostede sabe leva un longo percorrido xa dende o ano 2006 comprometéndose coa mellora deste vial, e esperamos entón que apoie este acordo e que sexamos capaces por fin, de chegar a un convenio que nos permita darlle unha solución a un dos viais máis demandados do concello de Moaña. E recórdolle tamén que no seu estudo que se fixo das necesidades viarias da comarca do Morrazo, o concello de Moaña era o que en peor situación estaba. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois moitas gracias D. Daniel. A verdade é que voulle dar a palabra ó deputado D. José Enrique Sotelo, pero a min me houbera gustado non contestarlle a isto, pero a verdade é que vostedes teñen moi pouca memoria, porque que o BNG fale desas cuestións, de que conselleiros recentemente visitaron concellos sen avisar previamente ó alcalde, para anunciar obras, co Bloque Nacionalista Galego nos concellos, iso era unha práctica habitual, o que pasa é que vostede ten pouca memoria, non fai moitos meses que pasou isto, durante catro anos, así sucesivamente, pero parece que esquecémonos moi rápido desa falta de respecto institucional que tivo o Bloque Nacionalista Galego cando estivo na Xunta de Galicia, parece que vostede non se acorda diso, ou ten pouca memoria, a min ata me pasou aquí en Pontevedra, unha conselleira do Bloque Nacionalista Galego de Cultura, nada menos, veu a visitar unha instalación da Deputación de Pontevedra e veu ademais sen avisar previamente á Deputación de Pontevedra, que era o propietario desa instalación. Polo tanto, eu creo que ás veces hai que refrescarlle un pouquiño a memoria, e hai que ser minimamente coherente, cando se denuncia algo hai que ser coherente, e entendo ademais, que calquera funcionario desta casa se pode reunir con calquera Deputado Autonómico sexa do partido político ó que corresponda. Polo tanto, non me houbera gustado contestarlle isto, pero é que, xa digo, está tan recente, está tan quente iso, que non me queda máis remedio que dicirllo, e polo tanto, que vostedes falen desas prácticas, cando había que ir onda o delegado de medio rural, os concelleiros socialistas ou concelleiros nacionalistas onde non gobernaban, para que entre os dous decidir as obras que se ían a facer nos municipios onde gobernaba o Partido Popular. ¿Non se acorda diso vostede?. ¿Vostede non se recorda diso?. Ten pouca memoria, ¡eh!. Hai poucos meses, alí era a sede onde dicía o Sr. Mosquera con acerto, dende alí con dedo dirixíanse todas as obras que se facía no ámbito rural, tiña que ir, evidentemente, non o alcalde porque se era do PP xa non llo daban, senón que tiña que ir un concelleiro do Bloque Nacionalista Galego e dicirlle que a obra que hai que facer é esta, esta e esta, e se che piden outras non se fai. Home, esas son prácticas habituais, recentes, moi quentes, ese é o problema que pasa cando dalgunha maneira se goberna, e cando se goberna mal, pois acaba pasando o que lles pasou a vostedes que están na oposición, pero bueno, sobre os datos concretos desta actuación quen os ten é o deputado D. José Enrique Sotelo que lle dou a palabra. Moitas gracias. Sr. Sotelo Villar.- Moi bos días. Sr. Rodas, bueno, vostede aquí, en primeiro lugar, fai un remix dunhas preguntas mezcladas cunhas propostas de acordo, pregunta que fan determinadas persoas. Eu creo que teñen o mesmo dereito que vostede, porque entendo que son veciños de Moaña, e como veciños, a marxe xa do cargo de Deputado Autonómico que é esa persoa á cal vostede fai referencia, pero xa como veciños teñen o dereito, bueno, pois demandar desta institución a mellora dese vial, e home, creo que sempre será mellor ensinar uns planos no capó dun coche, por certo, un funcionario desta Deputación estaba nunha estrada da Deputación, sempre será mellor ensinar os plans no capó dun coche, porque estaba nunha estrada competencia desta Deputación, que na cuberta dalgún barco, dito isto, home, eu creo, e vostede sábeo coma min, sabe perfectamente a tramitación que levou todo isto, e a contestación da Deputación, vostede di que se desviou, que foi anulada a partida do orzamento 2008, sabe que iso non é certo, sabe que non é certo, non se desviou, xa é imposible de executar esa partida, era imposible, estabamos a falar creo, dunha modificación do mes de outubro, o lóxico é que xa di, que deses cartos a outras actuacións, eu creo que todos coincidimos nesa proposta, nesa modificación, mesmo vostedes me parece que xa estiveron, nin votaron en contra, porque é lóxico, estábamos a falar do mes de outubro, e había un compromiso, segue habendo un compromiso de que cando os terreos estean a disposición esta Deputación vai a actuar, pero tamén me permita que lle diga que tal como se comprometeu naquel momento, a Deputación fixo un proxecto, o remitiu ó concello, se os datos son correctos, que creo que si, o 18 de setembro do ano 2008, eu lle pregunto, se tan preocupados están vostedes por este tema, ¿que fixeron dende setembro ata o ano 2008?, ¿cantas propiedades poñen a disposición da Deputación?. Seguramente ningunha, non critico as fotos, porque diso saben vostedes bastante máis, é dicir, que dende o 18 de setembro que se remitiu o proxecto ata a data de hoxe, non fixeron absolutamente nada. Ben, despois podíamos falar doutras cuestións, do presunto convenio que vostedes executaron á parte, un convenio é convenio ou non é convenio, que eu saiba dende a Deputación sempre se lle trasladou, e eu persoalmente a vostedes en distintas ocasións temos falado dese tema, é unha obra prioritaria dentro do concello de Moaña, é unha obra prioritaria, o que hai que poñer é os terreos a disposición e ese é o problema, e logo que non pase como pasou co tema do campo de fútbol, de que non se firmou o convenio porque vostedes non poñían os campos en condicións, cando parecía que se ía solucionar o problema, pois desvían a actuación, bueno, pretenden que a Deputación actúe onde non pode actuar ou onde previamente hai que facer unha gran actuación para que despois se instalara un campo. Polo tanto, son mestres en desviar a atención, Sr. Rodas, eu dígolle con toda a sinceridade, o compromiso, e aí están nas actas, e segue estando, o compromiso que a Deputación ten cos veciños desa zona de Moaña, que por certo, supoño que da carretera que está falando, aínda que lle poña nomes máis enxebres, supoño que a Estrada Provincial 1101 Moaña-Berducedo, creo que debe ser esa, insisto, o compromiso da Deputación segue existindo e permanece aí, tan pronto como estean os terreos, polo menos unha gran parte dos terreos, coma noutros concellos, nin máis nin menos. Sr. Presidente.- Bueno, ten a palabra D. Daniel Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Moitas gracias. Vou a empezar polo final, o compromiso, efectivamente levamos un longo percorrido co compromiso do Sr. Presidente da Deputación, un compromiso que finalizou co anterior Presidente, alá no ano 2001, cando realmente se executou a segunda fase da mellora do vial de Meira a Fraga. Dende entón seguimos predicando co mesmo compromiso, e hai casos palpables como ese vial que se intentou rematar, e que se puxeron a disposición desta casa, os terreos da comunidade de montes seguen alí, co compromiso que efectivamente se vai a executar, e aquí volvemos outra vez a darlle outra volta de torca e volvemos outra vez a dicir que por parte da Deputación existe compromiso, pero os compromisos saen na prensa e os compromisos lévaos o vento, por iso hai que avanzar e trasladar esa palabrería en algo real, tanxible, e por iso lle mandamos un convenio, un convenio da mesma maneira que sendo alcalde o Sr. Enrique no concello de Cangas, se fixo para mellorar os viales de Coiro, ou un convenio como con calquera outro concello que fai esta institución, con calquera outro concello. Entón aí conseguimos avanzar, e se nese tipo de convenios se especifica que o concello de Moaña debe poñer en disposición os terreos, non hai ningún problema, como vostede sabe, neste último período de promesas o concello de Moaña si que cumpriu a súa parte, acabamos de executar a parte que nos correspondía 250.000,00 € e urbanizamos o primeiro tramo desa estrada, unha estrada que é de competencia da Deputación Provincial. Polo tanto, o concello de Moaña si cumpre, pero non é que cumpra, fai un contrato e execútallo no propio vial que é desta casa, polo tanto, pasemos das promesas ós feitos, e se realmente o compromiso é real o que teñen que facer é aprobar esta moción, porque ademais saben que os 2 millóns que aparecen alí, é algo real, é algo real, unha vez valorado o que falta do vial, o cacho que aínda non fixo o concello, realmente esa é a cantidade que é necesaria para executar dunha vez ese vial. Entón o que teñen que facer é comprometerse, e para comprometerse hai que mollarse e hai que dar a cara e dicir que si, que están de acordo con esta moción. E a segunda cuestión é en canto á relación institucional, efectivamente, é moi libre todo o mundo de reclamar pero alí sábeo moi ben vostede que non se estivo reclamando, estívose dicindo que realmente o convenio xa estaba no concello de Moaña, e estívoselle esixindo ó concello que puxera realmente os terreos a disposición, e que era culpa do propio concello que esa obra non se executara, e estaban falando, polo tanto, en nome desta institución, e digo, que unha cousa é reclamar e outra é falar en nome desta institución. Pero se o Sr. Presidente considera que isto é correcto, eu sinto disentir, e opino que realmente, o Sr. Presidente non está á altura realmente do que debe ser a presidencia desta casa. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Daniel Rodas. D. José Enrique Sotelo. Sr. Sotelo Villar.- Moi brevemente, porque creo que este tema é coñecido de todos, é a segunda vez que vén aquí. Mire Sr. Rodas, con todos os meus respectos, sen ánimo de quentar máis este debate, fala vostede de palabrería, é o que está facendo vostede, aquí ninguén falou de que vostedes teñen o convenio, aquí se lle dixo que para firmar un convenio teñen que poñer vostedes os terreos a disposición, e iso se lle dixo, se lle está dicindo hoxe e se lle manifestou fai máis dun ano. O que si teñen vostedes dende setembro do ano pasado, é o proxecto de execución desta obra que reclamaban vostedes con razón, e que nós nos comprometemos a facelo, tardou uns meses máis do previsto, pero se fixo, e dende o 18 de setembro o teñen vostedes, e dende o 18 de setembro non fixeron absolutamente nada para poder firmar un convenio con esta Deputación, porque de momento as obras se fan, e non en papeis, senón sobre a terra, e para facelo sobre a terra hai que ter a titularidade ou a cesión deses terreos, e volvo a insistir, pode divagar, que noutros sitios, e non é certo, porque os sitios que vostedes se refire, en uns houbo acordos e noutro houbo expedientes de expropiación, e iso é a realidade, polo tanto non divague, non cree diferenzas entre brancos e negros, que aquí todos somos iguais, e o temos demostrado en distintas ocasións. Vostede fala de que é unha estrada de competencia da Deputación, pois si, claro que si, pero os servizos non ten competencias a Deputación, chámese auga, luz, e demais servizos, as competencias son municipais, e para iso é para o que temos que firmar ese convenio, e teña por seguro, e xa se lle dixo noutra ocasión, e deixémonos de palabrerías, como di vostede realidades, o demais o leva o vento. Vostedes poñan os terreos a disposición e non se preocupen, que esta Deputación vai a executar esa obra tal e como se comprometeu o Sr. Presidente, e pode falar do ano 2001 ou da prehistoria pero a realidade é a que é, hai un proxecto de setembro do ano 2008, ata ese momento o que había era boa intención por parte de todos, non só desta corporación, e seguro que anteriores ó ano 2001, xa había intención, pero a realidade é a que é, neste momento non hai os terreos, insisto, no momento que se teñan os terreos esta Deputación asinará ese convenio. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Sotelo. ¿Algunha cousa?. Sr. Rodas Chapela.- Nós unicamente pedimos que se trate con igualdade a todo o mundo, teño aquí o convenio que firmou vostede co Sr. Louzán, este é o mesmo convenio e aquí pon claramente cales son as condicións dun concello con respecto á Deputación, se fala da asignación e as anualidades, e se pon tamén claramente as obrigas que ten o concello de Cangas neste caso. Nós o que pedimos é que se nos traslade un convenio das mesmas condicións que no seu momento se lle trasladou ó concello de Cangas e deixémonos de demagoxia, Sr. Sotelo, por favor, non pedimos nada máis que isto, o mesmo que vostede no seu momento firmou, e non se preocupe que se hai que poñer os terreos nós tamén poñeremos os terreos a disposición desta casa. Sr. Sotelo Villar.- Que fácil é dicir a veces medias verdades, é moi fácil, ¿vostede sabe dos documentos que había antes dese?. Para poder asinar ese convenio a que non sabía que había un proxecto, que se aprobou aquí, e por certo, vostedes non votaron a favor, por certo vostedes non votaron a favor, acórdome perfectamente, non votaron a favor, aprobouse ese proxecto, e houbo unha tramitación de máis de 2 anos para conseguir os terreos, ¿a que non sabía iso?. E cando se tiveron os terreos, excepto 2 que houbo problemas e logo houbo que facer unha modificación do proxecto, excepto 2, cando eu firmei o convenio co Sr. Louzán estaban os terreos a disposición, esa é a diferenza, Sr. Rodas, insisto, cando estean os terreos á disposición, non teña medo, que esta Deputación asinará con vostedes ese convenio. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Sr. Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Pero, ¡que nos vai contar!, se nós conseguimos os terreos e ampliamos o vial do trozo no primeiro tramo sen contar co apoio da Deputación, fixémoslle beirarrúas e dotamos de servizos, ¡que nos vai contar se xa o fixemos no vial desta casa!. O único que pedimos, o único que se pide dende o concello de Moaña, é que a Deputación estea á altura, á altura é que teña a valentía de trasladarlle ó concello de Moaña un convenio das mesmas condicións que o que lle foi remitido cando vostede era alcalde. Nada máis. Sr. Sotelo Villar.- Creo que sobran as palabras, cando un non quere entender pois non entende, insístolle, terán un convenio exactamente igual cando teñan os terreos. E volvo a insistir, as estradas poden ser de competencia provincial, pero os servizos, os que vostedes fixeron, a auga, a luz, e todo iso que vostede di, iso é competencia dos concellos, e neses convenios a maioría do asfaltado é onde se mete ese servizo, se non hai convenio asinado, dificilmente se pode actuar, e non se preocupe que nos próximos días recibirán un requirimento para poñer ese, urxentemente, eses terreos a disposición, xa veremos se os poñen ou non, porque vostedes son mestres de desviar a atención, insisto, fixérono co campo de fútbol, culpabilizando ós que menos culpa tiñan, intentando culpar, por suposto, culpabilizar ós que menos culpa tiñan, e o mostraron, a disposición de colaborar, e con este tema estanno facendo exactamente igual, están desviando a atención. Poñan os terreos e se firmará o convenio. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Sotelo. Creo que o tema está perfectamente debatido, eu só me dá a impresión de que por parte do Sr. Rodas o que ten é ganas de enredar, porque se realmente teñen ganas de firmar o convenio, manden para aquí a relación dos propietarios, e, cando manden a relación de que ceden, de que lle firmaron, nós firmamos o convenio, que hai disposición, hai colaboración, non hai ningún problema, non, pero, ¿que queren?, levarlle un papel ós veciños para dicir, asinamos un convenio coa Deputación, é a Deputación que non quere actuar, non, vostede traia aquí a relación de propietarios que firman que ceden, en base de como está o proxecto, e ó día seguinte vamos alí e firmamos o convenio, senón hai ningún problema, agora, vostedes non fagan o que dicía o deputado, non é que a Deputación non quere construír o campo de fútbol, ou historias desas como vostedes están habituados a facer, ¿comprende?. A ver ten algo máis que dicir, parece, ¿non?. Sr. Rodas Chapela.- Pois evidentemente que no campo de fútbol se houbera un convenio, efectivamente, teríamos un contrato e da nosa parte pois o respectaríamos. Ata agora non hai nada, igual que aquí, aquí hai dúas cuestións que son claras, por un lado, que realmente se acepte a inclusión dunha partida presupostaria para poder darlle solución a ese vial, e a segunda cuestión, volvo a repetir, que se nos traslade un convenio tipo desta casa, nas mesmas condicións que ó concello de Cangas ou con calquera outro concello, que vostede ten asinado moitos, o mesmo convenio, e o que figure alí no convenio que é este que teño aquí, ou que figure aquí, non se preocupe, que o concello de Moaña vai a cumprir escrupulosamente, é máis, porque se o Sr. Enrique, que pasea bastante por Cangas, pode ver a realidade, e a realidade é, que aí o primeiro tramo está feito, única e exclusivamente polo concello, e ten un ancho que non é normal en todo o vial, moito máis ancho, e está dotado de beirarrúas e todos os servizos, polo tanto esa é a dinámica, o concello de Moaña o primeiro paso xa o deu, cómpre agora que realmente apoien a moción e que intentemos entre todos dar o segundo paso. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, non hai máis nada que, si D. José Enrique. Sr. Sotelo Villar.- … duns metros, e porque unha urbanización precisamente o tivo que facer, non veña aquí vendendo o que non é, pero bueno, en todo caso, é imposible dar un paso senón se cumpre esa premisa, e a premisa é ter os terreos, e non se preocupe que eu me preocuparei, valga a redundancia de que se lle remita un escrito ó concello, dándolle un prazo para poder firmar ese convenio, de ter eses terreos á disposición. Sr. Presidente.- A ver Sr. Rodas. Sr. Rodas Chapela.- Sr. Presidente, a moción a presenta este grupo, polo tanto cerremos o tema, ¿non?. En todo caso non pedimos nada doutro mundo, pedimos o que é normal, un convenio tipo desta casa coas cláusulas que se poden ver no seu, que firmou vostede, debía coñecelas, estamos dispostos a asinalo, e o concello vaise comprometer a realmente, se aí figura que hai que poñer os terreos a disposición, non se preocupe que os terreos van a estar, pero aquí a moción é ben clara, o que lle pedimos ó Grupo Popular é que nos apoie. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Sr. Rodas. Sr. Sotelo Villar.- É que hai que dicilo, pon 2 millóns coma puido poñer 240, ou ¿onde está o proxecto que avale e iso?, ningún, porque o proxecto que avale a Deputación, se mal non recordo, creo que eran 900 e pico mil euros, e dígolle máis, cando se firmou ese documento había dado outros pasos e esta Deputación tiña a súa disposición os terreos. Sr. Presidente.- Bueno, si, si, pode, non hai ningún problema, que aquí temos o día para nós, páganos por estar aquí, adiante D. Daniel. Sr. Rodas Chapela.- Nada, unicamente que a cantidade vai a 1.800.000,00€ que é o que figura no proxecto, e bueno, consideramos que os 2 millóns que era para axustar un pouco a cantidade, pero bueno se hai que reaxustala neses termos tampouco ese sería o problema. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Bueno, pois, o que vostede dicía de que non nos preocupemos, como xa coñecemos a canción, de iso de non preocuparnos, creo que o mellor son papeis, onde hai papeis calan barbas, e cando veñan os papeis firmados, pois, entón aí é cando asinaremos o convenio, con todo, en canto por parte desta casa, porque é necesaria esa mellora, e polo tanto nesa boa disposición estamos. Vamos a proceder entón a votar a moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego relativa ó establecemento dun convenio co concello do Moaña para a mellora do vial provincial EP 1101, que como digo, que ata que nós teñamos eses documentos asinados non poderemos, o que é o grupo de goberno, non poderá avaliar este tema. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por maioría de votos en contra do PP e cos votos a favor do PSdeG-PSOE e do BNG, rexeitar a Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) relativa ó establecemento dun convenio co concello de Moaña para a mellora do vial provincial EP-1101 da Moca á Capela dos Miragres (O Piñeiro). 11.5848.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO BLOQUE NACIONALISTA GALEGO (BNG) SOBRE A POSTA EN MARCHA DUN SERVIZO DE RECOLLIDA DE AUTOMÓBILES NA PROVINCIA Sr. Presidente.- Punto número 11. Moción do Grupo Nacionalista Galego sobre a posta en marcha dun servizo de recollida de automóbiles na provincia. D. Cesáreo Mosquera. Falta un compañeiro. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, estamos coa moción ou non estamos. Sr. Presidente.- Non, é que vostede quere despistar a atención. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non. Sr. Presidente.- É tremendo este home, non home, non, que estamos na moción, home, estamos na moción, o do anterior … Sr. Mosquera Lorenzo.- Estamos na moción. Sr. Presidente.- No anterior non houbo empate, para que vostede estea tranquilo, home. Sr. Mosquera Lorenzo.- Eu estou tranquilisimo, se eu por cuestións de forma, non tal, bueno eu antes de nada, para non falar de cuestións de forma, quería felicitar ó deputado Daniel Rodas porque se defendeu creo que moi ben, tiveron que emplearse o Presidente e o Vicepresidente, ou sexa, hai dous portavoces para contestarlle, moi ben, así me gusta home. E vamos a ver, con respecto ó fondo da cuestión, hai que tomalo de coña, aquí os plenos, pois son o que son, non hai maneira de que vaian con orde e demais, bueno a iso nos teremos que afacer. Ben, a moción é moi sinxela, polo menos no seu espírito e demais, mire as necesidades sociais van cambiando, e como esta casa, se cadra, pois hai 30 anos, era lóxico que dera axudas ós veciños, por exemplo, ou ós concellos para arreglar, poñamos, os lavadoiros que hoxe pois practicamente non se usan, pois hai unhas necesidades que desaparecen e outras que van aparecendo. E unha das necesidades que hai nestes momentos, un feito que pode todo mundo observar, é que dentro da provincia de Pontevedra, como en todas as demais pois cada vez hai máis coches abandonados, que independentemente da consideración que nos mereza os que os abandonan, pois é un problema serio, francamente serio, e que os concellos, eses pequenos, que facía antes referencia o deputado Alén, pois resulta que tamén teñen ese fenómeno. Parece ser que os concellos pequenos, os pobres de pedir, que non sei cantas desgrazas, tamén teñen esa, a de que se abandonan coches aí, non é masivo, porque os masivos quedan nas cidades, pero, si está aí, e polo tanto se pide que esta Deputación, nas condicións que sexan, pois dado que os concellos si teñen carencia de infraestrutura de persoal e demais, e falta a dotación, pois que esta Deputación, organice un servizo a través do Oral, ou como sexa, para prestar esa axuda ós concellos, que ó final non son ós concellos, son ós veciños e veciñas desta provincia. Entón eu creo que en coherencia con ese brillantísimo discurso dos concellos pequenos, pobriños e non sei que, pois supoño que votarán a favor. O outro día na comisión votaron en contra pero escoitado o que tivemos que escoitar supoño que votarán a favor. Dende logo, non custa tanto como as obras esas que van repartidas como lle peta, é unha cousa relativamente barata, incluso cun mecanismo executivo como o Oral é posible que poderán repercutilo en quen abandonaron os coches que están creando problemas, á parte de afeando os viais da nosa provincia. Moitas grazas. Sr. Presidente.- Vamos a ver, en principio habería que concretar un pouco máis esta proposta. Que todo aquilo que sexa razoable, que a Deputación pois dentro das súas funcións poida facelo, pois creo que debe facerse, agora eu creo que está moi inconcreta, porque terase que asentar de que maneira, en que termos, e polo tanto o partido Popular o que propón é, que se queren a traian en setembro e a debatamos para chegar a un acordo que nos permita poñela en marcha, porque para acordar aquí que si, e despois que non se vaia poñer efectiva pois, ó mellor creo que non vamos a avanzar, por iso eu lle quería propoñer, que se quere trasladara para setembro, senón teremos que votar en contra ata que poidamos coñecer máis polo miúdo os termos concretos da actuación. Adiante. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, é que eu creo que hai que variar, é o mecanismo de funcionamento desta Deputación, no pleno fíxose a proposta, agardabamos que vostedes o puxeran en marcha, non o fixeron, dixeron que si, que lles parecía ben, como é lóxico, despois como non se fixo, presentamos a moción, e o mecanismo ten que cambiar, ou sexa, terá que pasar pola súa man antes de incluíla e tal, porque senón entre o tic defensivo do PP, é dicir, o propón alguén distinto ó PP, pois encontra, que foi o que fixeron o outro día na comisión, claro que si, que quede para setembro e estúdena, se é que hai vontade realmente de facelo. Sr. Presidente.- É que senón podiámoslle dicir, mire vamos a votar en contra, pero creo que non. Sr. Mosquera Lorenzo.- O outro día foi o que dixeron. Sr. Presidente.- Si é unha cuestión de sentido común, pero o problema é como artellalo, porque non é fácil, haberá que ver tamén a dispoñibilidade dos concellos, entón propoñemos a súa retirada e trasladámola a setembro e a debatemos previamente. Sr. Mosquera Lorenzo.- Veña. Sr. Presidente.- Eu si sei que falei con algúns alcaldes, pero hai que ver como se artella todo iso, eu si, dende aquí hai vontade de buscar. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, mire, non me gusta nada que se entorne a palabra, pero mire, o outro día nos deron unha disertación, sobre o fácil que é iso e se arreglaba de tacón e polo tanto estamos poñendo algo estratosférico, máis ou menos, máis ou menos o que propuxeron o outro día. Ben, eu ata podo entender que igual polos números, que non vamos a entrar niso, non queremos que se vote, nin que se trate a moción, bueno retírase ata setembro, veña. Sr. Presidente.- Non, pero está ben, está ben, se traslada para setembro, total é un acordo entre todos, non hai problema, polo tanto se traslada sen problema. Ben se retira entón. Retírase Moción do Grupo Provincial do Bloque Nacionalista Galego (BNG) sobre a posta en marcha dun servizo de recollida de automóbiles na provincia. 12.5849.- RENUNCIA ÓS CARGOS DE DEPUTADOS PROVINCIAIS PRESENTADAS POR D. JULIO ALÉN MONTES E D. AGUSTÍN REGUERA OCAMPO, DO PARTIDO POPULAR Sr. Presidente.- Punto número 12. Renuncia ós cargos de Deputado Provincial presentadas por D. Julio Alén Montes e D. Agustín Reguera Ocampo, do Partido Popular, do cal se dá traslado e que conste en acta o noso agradecemento, silencio por favor, que conste en acta o agradecemento neste caso deste Presidente e da Corporación Provincial, quero entender a D. Julio Alén Montes e D. Agustín Reguera Ocampo, polo seu traballo e dedicación para con esta casa. Polo tanto, hoxe que vos despedimos como membros desta Corporación, esperando que volten pronto e que lle agradecemos sinxelamente, os servizos prestados para con esta institución. Dada conta dos escritos presentados por Don Julio Alén Montes e Don Agustín Reguera Ocampo (núms. rexistro de entrada 28768 e 27851 de 28/07/09 e 17/07/09 respectivamente), Deputados Provinciais polo Partido Popular, elixidos en representación dos Partidos Xudiciais de Ponteareas e Pontevedra nas eleccións celebradas no ano 2007, mediante os que presentan renuncia ós seus cargos de Deputados Provinciais. Resultando que as Xuntas Electorais de Ponteareas e Pontevedra proclamaron no seu momento Deputados Provinciais suplentes en representación do Partido Popular a D. Salvador González Solla e a D. Perfecto Rodríguez Muíños, respectivamente. Considerando o disposto nos artigos 9.4 do RD 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais, 73.1 da Lei 7/85, de 2 de abril, Reguladora das Bases de Réxime Local, e 208 da Lei Orgánica 5/1985, de 19 de xuño, de Réxime Electoral Xeral, así como a Instrución da Xunta Electoral Central de 10 de xullo de 2003. O Pleno toma coñecemento das renuncias ós cargos de Deputados Provinciais presentadas por Don Julio Alén Montes e Don Agustín Reguera Ocampo, remitindo certificación acreditativa do presente acordo á Xunta Electoral Central coa indicación de que a xuízo da Corporación Provincial e á vista das actas das Xuntas Electorais de zona de Ponteareas e Pontevedra corresponde cubrir as vacantes a Don Salvador González Solla e a D. Perfecto Rodríguez Muíños, respectivamente. Sr. Presidente.- ¿Comunicacións?. 13.5850.- COMUNICACIÓNS Sr. Secretario.- Dar cuenta de los extractos de las Resoluciones Presidenciales dictadas entre el 25 junio y el 27 de julio del 2009 y también una resolución de la presidencia adscribiendo al diputado provincial Sr. Alonso Pérez a las distintas Comisiones Informativas en sustitución de la Sra. Méndez Piñeiro. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Me pide a palabra D. Agustín Reguera, que antes non lle dimos a palabra, antes de pasar á comunicacións. Sr. Reguera Ocampo.- Nada, eu, Presidente, simplemente quero agradecer ó Partido Popular a oportunidade que me deu para poder estar aquí no equipo de Goberno da Deputación Provincial, e o cal foi para min un honor e un orgullo. Agradecer tamén ó persoal desta Deputación Provincial e a todos os deputados provinciais de todos os grupos, pois o trato exquisito co que fun tratado, tamén agradecer, pois, por suposto, ó Presidente a súa confianza, que depositou en min, e espero que cumprira, senón foi así pois o sinto de verdade. Finalmente quero de verdade desexarlles a todos os maiores éxitos, porque os éxitos de todos e de cada un de vos será o éxito desta Provincia, moitas gracias a todos e moita sorte. Sr. Presidente.- Moitas gracias a D. Agustín Reguera, D. Julio Alén, ten a palabra. Sr. Alén Montes.- Gracias Presidente. Bueno eu recoller as palabras do meu compañeiro Agustín, e agradecerlle a todo mundo o trato e ós compañeiros deputados, ó Presidente, ó persoal desta casa, e dicirvos que para min foi unha experiencia tremendamente positiva, porque creo que é moi importante coñecer as distintas administracións que temos en Galicia. Desexarvos a todos tamén moita paz, moito amor, é moi importante que eses principios nos acompañen sempre, ¿non?, nestes momentos duros que estamos padecendo, eu creo que a mellor receita, sen dúbida, é esa, paz e amor, gracias por todo. Sr. Presidente.- D. Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Sr. Presidente, se antes lle digo que sempre, que aquí hai que centrarse en levar os plenos antes, en fin parece que foi profético, home, da a sensación de que os dous deputados, compañeiros que se marchan, lle quixo facer así unha xogada como lle fixeron no Barça a Etoo, unha cousa así, váiaseme por aí e non me veña a explicar, non, ou sexa, desaparece sen dicir nada, de verdade, teña coidado con estes detalles, que quedan francamente feos. En todo caso, eu quería facer propio as palabras deste grupo, as palabras de despedida e só lle quería facer, hai dúas cousas que non me quedaron suficientemente claras, supoño que despois fóra de aquí, e con tempo para saber, primeiro, non me quedou claro se en Arcade segue habendo ostras ou se traen de fóra, é unha cousa que non me quedou clara; e outra que non me quedou clara, é se a auga de Mondariz ten propiedades psicotrópicas ou non, a ver se co tempo nolo aclaran, en todo caso xa nos veremos, e poderemos aclarar. Moitas gracias. Ata logo. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, pero quizais en compenetración é difícil que alguén lle gane ó Partido Popular, polo tanto, mire, vexan no seu grupo a ver como o ten, porque o noso está compacto e perfecto, e se algo hai de importante, Sr. Mosquera, se algo hai realmente de importante, vostede felicitaba dalgunha maneira ó Sr. Rodas, que eu entendo que tivo que debater co deputado, vamos responsable de deportes, D. José Enrique Sotelo e tamén comigo, pero o pobo foi o que dixo que por cada representante que había na corporación provincial do Bloque nacionalista Galego tiña que haber 3 do Partido Popular, iso o dixo o pobo, non o dixo ninguén máis, polo tanto iso é para que dalgunha maneira algúns o que teñen que saber é respectar, evidentemente a democracia, e por certo en Gondomar a democracia son 12, esa é a democracia de Gondomar, 12 contra 5, ese é Gondomar, 12. Queda enterado o Pleno das seguintes: A) De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 25 de xuño e 27 de xullo do ano 2009 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B) De Resolución Presidencial de data 15 de xullo de 2009, resolvendo que Don Francisco Xabier Alonso Pérez substitúa a dona María Xosé Méndez Piñeiro como vogal nas Comisións Informativas de Benestar Social e Muller, Cooperación Municipal, Cultura, Desenvolvemento Industrial, Urbanismo e Vivenda, Economía, Facenda e Turismo, Pesca e Asuntos Mariños, Réxime Interior e Persoal e Especial de Contas. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa unánime declaración de urxencia adoptouse o seguinte acordo: 14.5851.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR SOBRE A PRESERVACIÓN DA VARIEDADE ALBARIÑO NO DESENVOLVEMENTO REGULAMENTARIO DA OCM Sr. Presidente.- Fóra da orde do día, vamos a propoñerlle á Corporación Provincial unha moción de urxencia que di o seguinte, que creo que pode ser admitida por todos os grupos, xa que hoxe termina, e se nos fixeron saber estes datos, e por iso queremos propoñer, que diría na exposición de motivos que a nova OCM ten previsto no seu artigo 50.2 b do capítulo 4º, a posibilidade de a preservación de certas variedades de uva na elaboración do viño e esa norma outorgará a cada estado membro a posibilidade de impedir, que no etiquetado dos viños se menciona a variedade, que en función dunha serie de criterios obxectivos será excluída, e polo tanto, preservada en relación propiamente da variedade albariño que entra en vigor o día un de agosto, que será mañá, e polo tanto, pois é en defensa diso, non sei se teñen copia os grupos. Bueno, se queren debatemos a urxencia da mesma, bueno, como mañá entra o prazo, aquí non se trata de, eu creo que é un tema da defensa dun interese que é que se a marca, vamos denominación de orixe propiamente, sobre todo o tema albariño propiamente, a denominación como tal, pois se identifique claramente con esta zona, é a defensa dun interese dos viticultores, que é realmente o importante, non, por iso vos quixemos trasladar, e se queredes votamos a urxencia da mesma. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. Agora lle dou a palabra a D. José Juan Durán, para que faga a exposición de motivos e despois xa a intervención dos grupos. Ten a palabra o Sr. Durán. Sr. Durán Hermida.- Gracias Sr. Presidente. Se queren os grupos lemos a moción integramente ou senón facemos unha explicación resumida sobre o contido da mesma e lemos a parte dispositiva, creo que vai a ser mellor, en definitiva mañá un de agosto entra en vigor un regulamento comunitario que desenvolve a organización común do mercado vitivinícola, e que no mesmo como comentaba o Presidente, no artigo 50, aparece a posibilidade de que os estados membros poidan a través doutro regulamento, poidan, digamos, preservar que variedades de uva, neste caso a albariña, non poida ser utilizada nos ámbitos xeográficos das denominacións de orixe respectivas. Mañá, insisto, entra en vigor ese regulamento da comisión europea e o que pretendemos con esta moción é dirixíndose ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural, e Medio Mariño, me parece que é, que efectivamente no desenvolvemento regulamentario aquí en España, preserve esa circunstancia para a uva albariña, en consecuencia leo a parte dispositiva, e despois, procedemos ó debate, di así: Instar ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, que no desenvolvemento regulamentario da OCM Vitivinícola preserve a variedade Albariño, para uso exclusivo, por aqueles viños amparados na denominación de calidade que ten esta variedade contemplada nos seus regulamentos, como é o caso da denominación de orixe Rías Baixas, que no artigo 2 do seu regulamento, di textualmente, que a protección outorgada ampare exclusivamente o nome da variedade albariño, que unicamente poderá utilizarse en viños obtidos a partir de uva desta variedade que cumpran, os requisitos establecidos no presente regulamento. No punto segundo instar ó Ministerio de Medio Ambiente, Medio Rural e Mariño, así mesmo, para que nesa preservación faga especial finca pé na negativa do uso da variedade Albariño no resto de viños que non estean amparados baixo mocións de calidade. Terceiro, tamén ó Ministerio de Medio Ambiente, Rural e Mariño, a que entre as variedades de uva preservadas en España, se contemple a uva Albariña, porque a non preservación da variedade Albariño, implicaría un elevado custe de control, un escasísimo beneficio para os operadores supostamente beneficiados, e unha grande confusión no consumidor que identifica esta variedade coa denominación de orixe Rías Baixas, non só a nivel nacional, senón tamén a nivel internacional. E o cuarto punto, e o acordo de dar traslado a dito Ministerio co fin de que esa preservación desa variedade de uva se faga efectiva no desenvolvemento regulamentario da OCM aquí en España, e iso é o que di a moción, Sr. Presidente, creo que está polo demais suficientemente explicado, poderíamos estendernos na exposición de motivos, pero en síntese dada a premura de tempo pola entrada en vigor da regulamentación, mañá, insisto, un de agosto, por iso a traemos polo trámite de urxencia aquí, porque tivemos coñecemento onte mesmo. Gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Durán, ten a palabra Don Cesáreo Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- A ver, gracias Sr. Presidente. En primeiro lugar ou entendemos mal ou o motivo da urxencia é moi dubidoso, porque se entra en vigor a partir de aí pódese facer o regulamento, que se fará ou non. Sr. Presidente.- Non, o regulamento xa o fixo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Non, pero digo que o Estado pode adaptalo, pero pode facer a adaptación este mes, o que vén, dentro dun ano ou cando lle pete, ou sexa hai directivas europeas que pasaron seis anos sen traspoñer. Sr. Presidente.- Xa, pero canto antes empecemos. Sr. Mosquera Lorenzo.- A primeira cuestión. En segundo lugar, obviamente unha moción presentada así, pois votar a favor aplaudindo o correcto, non, non, que a nosa idea sería votar a favor sen ningunha dúbida, agora ben, ¿que complexidade ten ou pode ter?, que non o sabemos, non o sabemos, quero dicir, en fin, así presentada así de bote pronto, entón de intención si, bueno, pois votamos a favor e a deixamos aí coa reserva de que igual estamos votando un disparate. Sr. Presidente.- Non, non. Sr. Mosquera Lorenzo.- Iso é responsabilidade súa que son os que a presentan, porque non sei exactamente, incluso mesmo dentro de Galicia que consecuencias pode ter, incluso dentro de Galicia que consecuencias pode ter, non o sei, xa non digo falando doutras cousas. Sr. Presidente.- Está falado co propio Consello Regulador, e todos temos que traballar nesta mesma defensa e creo que é interese de todos, e polo tanto non vai a haber nese sentido ningún problema. D. José Antonio Olmedo ten a palabra. Sr. Olmedo Granja.- Si, Sr. Presidente, bos días moitas gracias. É difícil valorar o alcance dunha iniciativa cando realmente nin sequera durante o discurso do Pleno tivemos ocasión de botarlle unha ollada ó documento e ós acordos que se pretendían tomar. En todo caso eu si creo que aproveitando esta iniciativa e o momento coxuntural no que vivimos sería importante, e máis nesta provincia de Pontevedra, que incluído ademais o Consello Regulador, a Consellería de Medio Rural, etc., nos puxéramos de acordo, sobre todo partindo do apoio, intuíndo o apoio desta casa, en que a todos nos interesa unha reformulación territorial do que é a produción do viño, porque vostede sabe igual que min, que si queremos facerlle unha aposta, facer un favor ó colectivo de viticultores e vinicultores da provincia de Pontevedra deberíamos empezar por facer unha aposta e moi evidente pola calidade, e creo que hai algo no que todos estamos de acordo e é que a calidade do viño, do viño, o resultado final non soamente depende de que haxa un bo ou un mal etnólogo, senón depende fundamentalmente da procedencia da uva que se utiliza e da calidade da uva que se utiliza para facer o viño, e eu simplemente lle vou a poñer un exemplo, na provincia de Pontevedra hai concellos que están dentro do Consello Regulador, A Guarda, por exemplo, Ponteareas, que non producen viño, que nunca produciron, sen embargo hai concellos na propia provincia de Pontevedra que son produtores tradicionais de viño como é o concello de Oia, zona alta, limítrofe ademais co concello de O Rosal, que non poden vender as bodegas porque non están dentro do Consello Regulador, aquí poño máis exemplos fóra da provincia de Pontevedra o concello de Vedra en Santiago está dentro do Consello Regulador, polo tanto eu creo que esta iniciativa ten moito maior alcance do que pensamos e deberíamos retomar tanto a redistribución territorial do Albariño na provincia de Pontevedra como aquela famosa moción onde se pretendía que a Universidade de Vigo impartise ou se aprobase un curso de etnoloxía. Nós cremos que unha vez madurado está cuestión estamos máis polo labor dun curso postgrao vinculado ó sistema universitario de carreiras vinculadas a este sector, pero máis que unha titulación pediríamos un curso postgrao nesta cuestión. Nada máis Sr. Presidente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moi ben. Ten a palabra D. José Juan Durán. Sr. Durán Hermida.- Si, bueno de xeito moi breve, creo que son tres as cuestións, unha delas efectivamente falábamos que lle corresponde dende mañá mesmo que entre en vigor ese regulamento da Unión Europea, lle corresponde ó Goberno de España, ó Ministerio correspondente que dicíamos antes, desenvolvelo, desenvolvelo e adaptalo ás circunstancias de aquí, porque o regulamento comunitario deixa marxe, como dicíamos antes, a esa posibilidade, entón, o que se pide é que se recolla esa circunstancia. En segundo lugar, creo que tamén se apuntou hai uns intres, é un tema que falamos, concretamente os que estamos aquí falamos co Consello Regulador da denominación de orixe, ou sexa, que está fóra de calquera tipo de dúbida o encaixe da cuestión ou a petición. E en terceiro lugar, respecto á intervención do deputado Sr. Olmedo, bueno, que apunta cuestións certamente importantes, pero quizais non sería este o momento, este Pleno, o momento de valoralas, pero si en calquera outro momento se poden retomar e plantexar esas cuestións dende logo, esas e algunhas outras que están pendentes. Máis nada. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Bueno, pois procedamos, polo tanto ó apoio desta moción por unanimidade dos tres grupos políticos pola defensa dun sector estratéxico na provincia de Pontevedra. ¿Votos en contra?. ¿Abstencións?. ¿A favor?. O Pleno acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do Partido Popular sobre a preservación da variedade albariño no desenvolvemento regulamentario da OCM. Dita moción é como segue: “O Grupo Provincial do Partido Popular de Pontevedra, en base á lexislación vixente, presenta diante do Pleno da Corporación esta moción relativa á necesidade de que o Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino preserve, no desenvolvemento regulamentario da OCM vitivinícola, a variedade albariño para determinados usos. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS 1.- A nova OCM ten previsto, no seu artigo 50.2.b do Capítulo IV, a posibilidade da preservación de certas variedades de uva na elaboración do viño. Esta norma outorgará a cada Estado membro a posibilidade de impedir que no etiquetado dos viños se mencione certa variedade que, en función dunha serie de criterios obxectivos, será excluída e, polo tanto, preservada. 2.- O criterio esencial esixido pola normativa comunitaria para a preservación das variedades é que . - No caso da DO Rías Baixas, a variedade Albariño é a súa variedade principal. Dende os seus inicios, a DO foi da man da súa variedade máis emblemática non só a nivel de produción senón tamén a nivel de prestixio e identificación do consumidor. - Dos 18.736.895 quilos producidos no ano 2007 polas variedades da DO Rías Baixas nos 34.967.392 metros cadrados (3.496,73 hectáreas) das súas subzonas de O Condado, O Rosal, Ribeira do Ulla, Soutomaior e O Salnés, 17.709.572 quilos corresponden á variedade Albariño, 366.544 á de Treixadura e só 314.522 quilos á variedade de Loureira. - Respecto da plantación, as hectáreas rexistradas nas subzonas son: 3.175 da variedade Albariño, 217 da Loureira e 104 da Treixadura. 3.- A base social e económica do Albariño afecta a máis de 7.000 familias que viven, directa ou indirectamente, dun sector estratéxico en moitas das anteditas comarcas. Polas anteditas razóns, sometemos á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopten os seguintes acordos: 1.- Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino que, no desenvolvemento regulamentario da OCM vitivinícola, preserve a variedade Albariño para uso exclusivo por aqueles viños amparados a Denominacións de Calidade que teñan esta variedade contemplada nos seus regulamentos, como é o caso da DO Rías Baixas que no artigo 2 do seu regulamento di textualmente que . 2.- Instar ó Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino, así mesmo, para que nesa preservación faga especial fincapé na negativa do uso da variedade Albariño no resto de viños que non estean amparados baixo mencións de calidade. 3.- E instar, finalmente, ó Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino a que, entre as variedades de uva preservadas polo Estado Español se contemple a uva Albariño. Porque a non preservación da variedade Albariño implicaría un elevado custe de control, un escasísimo beneficio para os operadores supostamente beneficiados e unha grande confusión no consumidor que identifica esta variedade coa DO Rías Baixas non só a nivel nacional senón tamén a nivel internacional. 4.- Dar traslado ó Ministerio de Medio Ambiente e Medio Rural e Marino co fin de que a preservación da variedade de Albariño no desenvolvemento da OCM se faga efectiva. 15.5852.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e Preguntas. D. Gabriel Martínez. Sr. Martínez Giráldez.- Bo día. Sr. Presidente con respecto a unhas preguntas que lle fixen en relación ó pavillón de Leirado, vostede me contestou que o contratista estaba procedendo a rematar a adaptación das instalacións eléctricas á normativa vixente, estando previsto que as obras rematen na primeira semana do mes de xullo, procedéndose inmediatamente á entrega ó concello das instalacións, quixera saber se realmente xa foron rematadas estas obras, se xa foron entregadas as instalacións ó concello de Salvaterra. Sr. Presidente.- Preguntaremos e dirémoslle algo. Sr. Martínez Giráldez.- Preguntaremos. Sr. Presidente.- Eu son automático, non sei se teño alguén no servizo, senón xa llo dicía agora mesmo. Sr. Martínez Giráldez.- Home tería que sabelo xa, ¿non?, se vostede di que se tería rematado, oiga despois do ano 2001 que se iniciaron as obras, despois de haber gastado 707.000 euros nunhas obras que non están sendo utilizadas eu creo que debería sabelo. Ben, con respecto ó programa de cooperación a Deputación recibiu un total de 38 traballadores dos cales vostedes destinaron dous ó concello de Tui, a min me gustaría saber que criterios seguiron vostedes para destinar eses dous traballadores ó concello de Tui e despois dentro deses criterios que criterios utilizaron vostedes para contratar esa xente, porque segundo a información que eu teño, se contratou a esa xente simplemente cunha entrevista, iso demostra a transparencia que vostedes fan alarde nas outras intervencións ¿non?, cunha simple entrevista meten vostedes e resulta que meten vostedes a un fillo dunha exconcelleira do Partido Popular e a outra persoa que se dedica durante a campaña electoral a repartir as cartas do Partido Popular en Tui, esa é a transparencia e claridade que vostedes levan, e despois veñen vostedes aquí a darnos a nós clases de ética, pois por favor, me gustaría que me contestase un pouco a esa pregunta. Sr. Presidente.- ¿Algo máis?. Sr. Martínez Giráldez.- Si, quería saber cando teñen previsto darme a documentación que teño solicitada, recórdolle que teño solicitada a documentación hai máis dun ano, Sr. Presidente, unha documentación de vela, e segundo parece que todos os traballadores de aquí da casa teñen orde despois de que fixen pública unha denuncia dunha falcatruada que estaban facendo cunha obra en Salvaterra, a partir dese momento non se me está dando esa documentación, non se me deixa ver nin os expedientes, e lle recordo, e non soamente llo teño que recordar a vostede senón a alguén máis, que temos dereito unha vez pasados os cinco días de solicitar a documentación, que ten que poñerse esa documentación á miña disposición, iso o di a lei Sr. Presidente, e levo máis dun ano pedindo esa documentación e non se me deixa nin acceder ó expediente, máis dun ano. Sr. Presidente.- ¿Algo máis?. Sr. Martínez Giráldez. Nada, nada máis. Sr. Presidente.- Bueno, como xa podemos contestar practicamente a todo, en relación ós traballadores, home supoño que o criterio será o que ía na solicitude que se pediu, porque se pediu unha solicitude á Xunta de Galicia, e polo tanto o criterio será ese e o reparto tamén. Bueno, revisaremos a ver cal foi o reparto, pero claro, nós xa non facemos gala de nada, vostedes si fan gala de transparencia no Consorcio de Servizos Sociais onde empregaron a dedo a diestro e siniestro, a concelleiros do Bloque, pero iso non pasou nada, a ver se nos entendemos, non pasou de nada, pero non, xa non facemos gala de nada, vostedes si, vostedes ían a chegar á Xunta de Galicia e ían a ser o goberno transparente, transparente, cristalino, pero cristalino só dunha beira porque era para meter os concelleiros do Bloque no Consorcio de Servizos Sociais entre outras cousas, polo tanto revisaremos ben ese tema para polo menos non ser igual que vostedes, a min non me gustaría copiar os malos modos que vostedes fixeron, pero home, non imos a ser mancos tampouco, imos a intentar non copiar os malos modos que vostedes tiveron, polo tanto nós xa non presumimos de nada, tranquilo nese sentido. E da documentación revisarei ese tema. D. Pauliño del Río. Sr. Del Río Iglesias.- Ben, Sr. Presidente, en principio gustaríame facerlle unha serie de preguntas pero unha que creo que é bastante básica e fundamental, e é se vostede deu orde para que a Policía Nacional identifique ó público asistente nesta sala. En segundo lugar, se a lista que o servizo de seguridade desta casa, coa identificación de nove persoas e se lle deu traslado á Policía Nacional, contésteme moi claramente a estas dúas preguntas. En segundo lugar, quería darlle un rogo e é que por lei os Plenos das corporacións locais e provinciais, para non irnos máis alá, son públicos, e esta Casa tivo as portas pechadas para entrar a este Pleno. En segundo lugar, vostede falou aquí de exemplaridade antes e falou de consecuencias de gobernar, e falaba referido ó noso compañeiro de grupo D. Daniel, de que había cousas que aínda estaban quentes. Mire, nós en Gondomar tamén temos cousas que aínda están quentes, e temos consecuencias de gobernar, e o último goberno do Partido Popular, a consecuencia de gobernar o Partido Popular toda a Xunta de Goberno foi condenada por prevaricación, e dous membros, dous tenentes de alcalde foron collidos cun sobre nas mans, independentemente da cualificación xurídica que iso poida ter, polo tanto vostede tamén terá que recoñecer comigo que ás veces as consecuencias de gobernar son complicadas, e cada un ten que aguantar a súa vela e as súas palabras e a exemplaridade é moi clariña, vostede leva ou levou dous anos dicindo que non o recibía o Presidente da Xunta, vostede en dous anos non recibiu ó Sr. D. Antonio Arauxo, Alcalde de Gondomar. Sr. Presidente.- Me quedan dous aínda. Sr. Del Río Iglesias.- Ó mellor debería de predicar co exemplo Sr. Louzán, debería de predicar co exemplo e actuar en consecuencia coas cousas que di. Ben, vostede o 24 do mes pasado anunciou unha moción de censura en Gondomar, anunciouno na prensa, saíu en distintos medios de comunicación e incluso dixo que non lle viñeran con gaitas, ¿verdade?, que non lle viñeran con trapalladas, con pactos antitransfuguismo, que nós (por vostedes), tiñas o número suficiente para facer unha moción de censura en Gondomar, e a pregunta deste Deputado é ¿apoiou vostede esta moción de censura?, ou o que é o mesmo, ¿condea esta moción de censura, feita parece ser por tránsfugas e prevaricadores?. Sr. Louzán, porque espero que non me veña vostede con isto do número, porque seis membros do Partido Popular manifestaron que xa non eran membros do Partido Popular, seis de sete, e o único que queda é un señor condenado por prevaricación, reiterada pendente de recurso, polo tanto os números son os que son, e neste momento ó mellor os veciños e veciñas de Gondomar necesitan saber se vostede apoiou esa moción de censura de Gondomar, ou se vostede a condena, porque hai que predicar co exemplo Sr. Louzán, porque o falar non ten cancelas pero despois os seus actos demostran exactamente o contrario, polo tanto gustaríame que contestara a estas preguntas fora evidentemente do 12-5, porque vostede empezou en Gondomar con 7 e agora lle queda 1 ou iso é o que di alí. Gracias Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Moitas gracias D. Pauliño. Isto imos a ver, é que o problema seu é, que lle pasa de vez en cando evidentemente ó Partido do Bloque Nacionalista Galego, é que se olvida moi rápido, se olvida moi rápido, o problema é que hai que dar exemplo, claro vostede fala de exemplo, vostedes, se acorda como aprobou o Plan Xeral de Vigo o alcalde Caballero co seu Partido, ¿se acorda?, entrando pola porta de atrás, así e máis con tarxeta. D. Pauliño, hoxe ademais que ten coro, ten un coro excepcional, vostedes o Bloque Nacionalista Galego foron os que non permitiron ós cidadáns de Vigo entrar no Pleno de Vigo, vostedes tamén, o Partido Socialista e máis vostedes, no que din que é unha corporación democrática, ¿se acorda do que é unha corporación democrática?, polo tanto eu lle contesto co seu exemplo, vostedes non permitiron que entrara nadie no concello de Vigo para aprobar o Plan Xeral, que aprobaron coa porta pechada, a porta pechada, vostedes. En relación á moción de censura, e llo digo ós que están aí, teñen que preguntarlle, non escoiten o que lles vou a dicir, de verdade que é interesante, teñen que preguntarlle, non sei se ó Partido Popular pero ó Partido Socialista si lle terán que preguntar ós catro que asinaron a moción de censura e que levantaron a man, foron catro do Partido Socialista, pregúntelle a eles, pregúntelle a eles que seguro que lle darán a contestación, e de paso pregúntelle tamén, tamén pregúntelle a ese concelleiro independente, eu só sei unha cousa que é o que lle vou a trasladar, que a democracia dixo que en Gondomar hai doce na oposición e cinco no goberno, agora parece ser que é ó revés, é ó revés, o que pasa é que algúns a democracia enténdena para eles, esa é a realidade, esa é a realidade, polo tanto esas son as contestacións. ¿Algunha pregunta máis?. D. Xabier. Sr. Alonso Pérez.- Bos días, parece mentira, parece mentira que o Presidente desta Deputación non sexa capaz de afrontar unha pregunta directa dun Deputado como acaba de facer agora o compañeiro Pauliño e teña que dar un dato que vostede descoñece, vostede acaba de mentir aquí, vostede acaba de dar un dato falso, mal documentado, para eludir a responsabilidade que vostede ten na moción de censura de Gondomar, vostede non contesta porque non pode, porque é vergonzoso o que vostedes fixeron en Gondomar e vostede acaba de dar un dato falso, o Bloque Nacionalista Galego nunca impediu, nunca impediu que accedera ningún veciño. Sr. Presidente.- ¿Entón quen os botou?. ¿Quen foi o que os botou?. ¡Que cara!. ¡Que cara!. ¡Que cara Xabier!. Termine, termine. Sr. Alonso Pérez.- Vostede de democracia sabe pouco, vostede é novo nesto da democracia. Sr. Presidente.- Si home, vou a aprender de vostede agora. Sr. Alonso Pérez.- Mire, o regulamento de participación democrática que se elaborou en Vigo para que os veciños poidan acudir e intervir nos Plenos foi iniciativa deste grupo político, e nunca lle impediu o BNG o acceso a ningún veciño ó Pleno da Corporación, polo tanto se vostede está mal informado rectifique e se non infórmese. Sr. Presidente.- D. Xabier, vostede ten pouquiña memoria, porque o que me están pedindo a min, escoiten que está interesante, de cara ó público, quero dicirlle que hai que ter moita cara para dicir o que estás dicindo, porque se de algunha maneira dis iso o mínimo que houberas feito é que cando esa xente non puido entrar ó Pleno, é dicir, aquí non se celebra o Pleno por parte do Bloque Nacionalista Galego, mentres os que están pedindo entrar e que teñen dereito a entrar, non entren, pero iso non o fixeches, o que fixeches foi levantar a man e votar, e polo tanto aquí o único que minte é vostede porque eu sei perfectamente como foi, e vostede tamén, se estaba alí, vostede tamén, esa é a diferenza, esa é a diferenza, porque a min non me van a pedir evidentemente, porque aquí entraron perfectamente todos, non fixeron como en Vigo, aquí entraron, aí os están, están aí, eses son. Sr. Alonso Pérez.- Mire, en Vigo, en Vigo nunca houbo ningún veciño que non tivera acceso ó Pleno da Corporación, nunca, e dígolle máis, siga vostede enredando para non contestar o importante da pregunta que lle facía o compañeiro, siga enredando e non admitindo a súa responsabilidade na moción de censura de Gondomar, siga enredando. Sr. Presidente.- Eu aprendo dos seus exemplos. Bueno, se levanta a sesión moitas gracias e moi bos días a todos. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as catorce horas e dezasete minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe.

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

  • Puntos de acceso de topónimos

  • Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)

Área de control da descrición