Fondos
2012-06-29_Ordinaria. Acta de sesión 2012/06/29_Ordinaria
Acta de sesión 2012/06/29_Ordinaria
Área de identificación
Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.3.3.43.828/1.2012-06-29_Ordinaria
Título Acta de sesión 2012/06/29_Ordinaria
Data(s) 2012-06-29 (Creación)
Volume e soporte 1 acta de sesión. 114 follas
Área de contexto
Institución arquivística Arquivo Deputación de Pontevedra
Área de contido e estrutura
Alcance e contido A C T A Da sesión ordinaria en primeira convocatoria, celebrada polo Pleno desta Deputación o día, 29 de xuño de 2012 No Salón de sesións da Deputación Provincial de Pontevedra, sendo as once horas e cinco minutos do día vinte e nove de xuño do ano dous mil doce, baixo a Presidencia do Ilmo. Sr. Presidente Don Rafael Louzán Abal, reuníronse as/os Señoras/es Deputadas/os, Dona María Isaura Abelairas Rodríguez (PSdeG-PSOE), Don Pablo Baquero Álvarez (PP), Don José María Bello Maneiro (PP), Don Uxío Benítez Fernández (BNG), Don José Antonio Cacabelos Rico (PSdeG-PSOE), Don José Crespo Iglesias (PP), Don Jorge Domínguez Rosal (PP), Dona Begoña Estévez Bernárdez (PP), Dona Ornela Fernández Salgado (BNG), Don José Manuel Figueroa Vila (PP), Don Juan Antonio González Pérez (PSdeG-PSOE), Don Arturo Grandal Vaqueiro (PP), Dona Marta Iglesias Bueno (PP), Don José Carlos López Campos (PP), Don Xosé Mosquera Lorenzo Lorenzo (BNG), Don José Alberto Pazos Couñago (PP), Dona María Pilar Ramallo Vázquez (PP), Don Eduardo José Reguera Ocampo (PSdeG-PSOE), Don Severino Reguera Varela (PP), Don Santos Héctor Rodríguez Díaz (PSdeG-PSOE), Don José Nelson Cándido Santos Argibay (PP), Don Alberto Valverde Pérez (PP), Don Jesús Vázquez Almuíña (PP), Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo (PP), Don Francisco Andrés Veiga Soto (PSdeG-PSOE) e Dona Iolanda Veloso Ríos (BNG), co obxecto de celebrar sesión ordinaria do Pleno da Deputación, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto o Secretario, D. Carlos Cuadrado Romay, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: Sr. Presidente.- Señores, vamos a dar comezo o pleno da sesión ordinaria da Corporación Provincial a) Parte resolutiva: 1.6224.- ADHESIÓN DO CONCELLO DE VILANOVA DE AROUSA Ó CONVENIO DE COLABORACIÓN EN MATERIA DE XESTIÓN CATASTRAL SUBSCRITO ENTRE A SECRETARÍA DE ESTADO DE FACENDA (DIRECCIÓN XERAL DO CATASTRO) E A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA (ORAL) Sr. Presidente.- O primer punto é adhesión….. Interrómpese uns instantes o transcurso do Pleno por uns gritos do público asistente na sala. Sr. Presidente.- Como dicía, primer punto Adhesión do Concello de Vilanova de Arousa ao convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado e de Facenda da Dirección Xeral do Catastro e da Deputación Provincial de Pontevedra ORAL. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor? O Pleno do Concello de Vilanova de Arousa na sesión que tivo lugar o día 28 de maio de 2012, acordou solicitar a adhesión do Concello de Vilanova de Arousa ó convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. Resultando que o Concello de Vilanova de Arousa delegou na Deputación Provincial de Pontevedra as facultades de xestión do Imposto sobre Bens Inmobles, delegación aceptada polo Pleno desta Corporación Provincial e efectuada polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL). Considerando que a cláusula décimo quinta do mencionado convenio de colaboración en materia de xestión catastral determina que, unha vez levada a cabo a delegación da xestión do Imposto sobre Bens Inmobles na Deputación Provincial de Pontevedra, entenderase que o concello delegante atópase dentro do ámbito de aplicación do convenio. Visto o acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), adoptado na sesión do día 22 de xuño de 2012, polo que se acepta a petición do Concello de Vilanova de Arousa, de adhesión ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral subscrito entre a Secretaría de Estado de Facenda (Dirección Xeral do Catastro) e a Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) o 13 de xuño de 2001. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade, ratificar o referido acordo do Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), aceptando a adhesión do Concello de Vilanova de Arousa ó Convenio de colaboración en materia de xestión catastral. 2.6225.- DELEGACIÓN DE COMPETENCIAS DO CONCELLO DE CALDAS DE REIS A FAVOR DO ORAL PARA EXERCER AS FACULTADES DE XESTIÓN, INSPECCIÓN, LIQUIDACIÓN E RECADACIÓN DA TAXA POLA PRESTACIÓN DO SERVIZO DE DEPURACIÓN DE AUGAS RESIDUAIS Sr. Presidente.- Punto número 2 do orde do día, Delegación de competencias do Concello de Caldas de Reis a favor do ORAL, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación de servizo de depuración de augas residuais. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. O Pleno do Concello de Caldas de Reis na sesión ordinaria celebrada o día 27 de outubro de 2011 acordou a delegación na Deputación de Pontevedra-ORAL das facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais do Concello de Caldas de Reis. Resultando que o Consello Reitor do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL), na sesión que tivo lugar o 22 de xuño de 2012 acordou aceptar a delegación efectuada polo Pleno do Concello de Caldas de Reis para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais. Considerando o previsto no artigo 7 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido no artigo 106.3 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e tendo así mesmo en conta que a citada delegación figura dentro dos servizos que o artigo 4 dos Estatutos reguladores do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra (ORAL) enumera como obxecto a prestar polo ORAL. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por unanimidade: 1. Aceptar a delegación que en materia de recursos locais realizou o Concello de Caldas de Reis, por acordo da Pleno de data 27 de outubro de 2011, para que a Deputación Provincial de Pontevedra exerza as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais do Concello de Caldas de Reis. 2. Esta delegación do Concello de Caldas de Reis, será levada a cabo polo Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) e sométese as condicións establecidas nas bases para prestación do servizo aprobadas polo Pleno desta Deputación en sesión de data 20 de xullo de 1992, á Ordenanza Reguladora da taxa por prestación de servizos polo ORAL aprobada polo Pleno desta Deputación en sesión de data 22 de decembro de 2009 e publicada no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 81 de data 30 de abril de 2010 e ós Estatutos do Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL) publicados no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra en data 26 de agosto de 2004 3. Facultase ó Ilmo. Sr. Presidente para que formalice o correspondente convenio có Concello de Caldas de Reis ,así coma, os demais documentos que procedan. 4. A delegación efectuada polo Pleno do Concello de Caldas de Reis, para exercer as facultades de xestión, inspección, liquidación e recadación da taxa pola prestación do servizo de depuración de augas residuais, publicarase no Boletín Oficial da Provincia e no Diario Oficial de Galicia, tal como determina o artigo 7.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais. 3.6226.- APROBACIÓN INICIAL DO PROXECTO DE MELLORA DA SEGURIDADE VIARIA NA ESTRADA PROVINCIAL E.P. 2004 BEADE-CARNEIRAS (VIGO). EXPOSICIÓN PÚBLICA DO MESMO E DO EXPEDIENTE DE EXPROPIACIÓN. DECLARACIÓN DE UTILIDADE PÚBLICA DA OBRA. SOLICITUDE Á XUNTA DE GOBERNO DE GALICIA DA DECLARACIÓN DE URXENTE OCUPACIÓN. MOTIVACIÓN DA URXENCIA Sr. Presidente.- Punto número 3. Aprobación inicial do proxecto de mellora da seguridade viaria na estrada provincial E.P. 2004 Beade-Carneiras (Vigo). Exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación. Declaración de utilidade pública da obra. Solicitude á Xunta de Goberno de Galicia da declaración de urxente ocupación. Motivación da urxencia. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. O proxecto Mellora da seguridade vial na estrada provincial E.P.2004 Beade- Carneiras está dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 43.350,79 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 19.658,80 € e capítulo de expropiacións por importe de 23.691,99 €. O vial Beade-Carneiras (Rúa Ramiro Pascual) configurase como a saída natural do futuro Hospital Galicia Sur cara a Bembrive e cara á autovía Vigo- Porriño e ao mesmo tempo é unha das vías de acceso ao Polígono de Valladares, de xeito que nos últimos anos incrementouse notablemente a intensidade do tráfico de vehículos pesados que soporta. No tramo de estrada comprendido entre os números 111 e 127 da Rúa Ramiro Pascual prodúcese un estreitamento da calzada provocado pola presenza de dous galpóns situados no bordo exterior da zona de circulación e que apenas permite o paso simultáneo de dous vehículos á vez, situación que xera un grave risco para os peóns que transitan por unha zona que nese punto non ten beirarrúas. Á vista da situación de perigo existente a Deputación de Pontevedra elabora o presente proxecto que contempla o ensanche do vial seguindo as aliñacións previstas no planeamento na marxe na que se actúa, a construción dun tramo de beirarrúa de 35 metros lineais que de continuidade ao xa existente e a recollida das augas pluviais para garantir as correctas condicións de desaugadoiro do vial. Como queira que na execución deste proxecto ocúpase unha finca de titularidade privada é necesario tramitar un expediente de expropiación para executar unhas obras cuxa urxencia está xustificada polos motivos antes expostos. Visto o informe emitido polo Servizo de Infraestruturas, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e PSdeG-PSOE e a abstención do BNG: 1. A aprobación inicial do proxecto Mellora da seguridade vial na estrada provincial E.P.2004 Beade- Carneiras, Vigo, dotado dun orzamento para coñecemento da Administración de 43.350,79 €, desagregado en orzamento de execución por contrata por importe de 19.658,80 € e capítulo de expropiacións por importe de 23.691,99 €. 2. A exposición pública do mesmo e do expediente de expropiación que conleva polo prazo regulamentario, a efectos de posibles reclamacións, entendéndose aprobado definitivamente, de forma automática, en caso de non producirse as mesmas. 3. A declaración de utilidade pública da obra con base no informe emitido polo Servizo de Infraestruturas advertindo da premura que reviste a execución da obra. 4. A solicitude á Xunta de Galicia da declaración de urxente ocupación dos bens e terreos afectados pola referida obra. 5. A motivación da urxencia que se pretende dar ás expropiacións que xera dita obra que ven xustificada pola necesidade de mellorar a seguridade vial no tramo da estrada comprendido entre os números 111 e 127 da rúa Ramiro Pascual no que prodúcese o estreitamento da calzada provocado pola presenza de dous galpóns situados no bordo exterior da zona de circulación e que apenas permite o paso de dous vehículos á vez, situación que ademais xera un grave risco para os peóns que transitan por unha zona que nese punto non ten beirarrúas. Neste proxecto contémplase o ensanche do vial seguindo as aliñacions previstas no planeamento na marxe na que se actúa, a construción dun tramo de beirarrúa de 35 metros lineais que de continuidade ao xa existente e a recollida das augas pluviais para garantir as correctas condicións de desaugadoiro do vial. 4.6227.- APROBACIÓN DEFINITIVA DA CONTA XERAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA, QUE INCLÚE A DOS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS, CORRESPONDENTE Ó EXERCICIO 2011 Sr. Presidente.- Punto número 4. Aprobación definitiva da Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra, que inclúe a dos seus organismos autónomos, correspondente ao exercicio 2011. ¿Votos en contra?, ¿abstencións?, ¿a favor?. Ditaminada favorablemente pola Comisión Especial de Contas, en sesións celebradas os días 18 de maio e 22 de xuño de 2012, a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra e os seus Organismos Autónomos, correspondente ó exercicio de 2011, ó non producirse reclamacións, reparos ou observacións contra a mesma, durante o prazo regulamentario que estivo exposta ó público, e a teor do disposto nos artigos 116 da Lei 7/1985 de 2 de abril, en concordancia co artigo 212 - 3º do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, O Pleno acorda por maioría cos votos a favor do PP, a abstención do BNG e en contra do PSdeG-PSOE: - Aprobar a Conta Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra correspondente ó exercicio de 2011, e que a forman a da propia Deputación e a dos organismos autónomos seguintes: Escola de Canteiros, Museo Provincial, Escola Universitaria de Enfermería, Turismo “Rías Baixas”, Caixa de Anticipos de Cooperación, Instituto para a Promoción e o Equipamento do Solo Industrial da Provincia de Pontevedra (IPESPO) e Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL), integradas polo balance de situación final (Composición e situación do patrimonio), a conta de resultados económico-patrimonial, o estado de liquidación do orzamento, a memoria co resumen dos estados máis relevantes (Estado de situación e movementos de operación non orzamentarias de tesourería, estado demostrativo de orzamentos pechados e estado de remanente de tesourería), o estado de tesourería e o estado da débeda. Así mesmo incorpóranse certificacións de entidades financeiras cos saldos existentes nas mesmas a favor da Deputación e dos seus organismos autónomos referidos ó fin do exercicio, de conformidade co establecido nas regras 97 a 104 da Orde EHA/4041/2004, de 23 de novembro, pola que se aproba a instrución do modelo normal de contabilidade local. 5.6228.- PLAN ECONÓMICO FINANCEIRO QUE PERMITA O CUMPRIMENTO DO OBXECTIVO DA ESTABILIDADE ORZAMENTARIA NO PRAZO DUN ANO Sr. Presidente.- Plan económico financeiro que permita o cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria no prazo dun ano. Sr. Mosquera, ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias Sr. Presidente, moi bos días a todos e a todas, ben. Este plan económico, así dito, parece que é unha cuestión rutinaria e demais, pero ten unha transcendencia enorme no funcionamento que está, que se está implantando entre Administracións e nas Administracións cos administrados e explícome, e dicir, a Unión Europea ten intervido ao Estado, chega calquera funcionario da Unión Europea e ten mais poder que o Estado. O Estado ten intervidas Comunidades Autónomas, chega calquera funcionario do Estado e ten mais poder ca Comunidade Autónoma. Chega, neste caso, chega un funcionario da Xunta de Galicia, por certo, con bastante menor cualificación profesional cos funcionarios que temos aquí e pois, pasa por riba dos informes dos funcionarios de aquí de maior cualificación cos da xunta e no , polo aprobado ,nesta Corporación, aprobado nesta Corporación. Estes son , isto é o que está a suceder e resulta que pór que esta Deputación tivo remanentes , e dicir, tiña aforro e ese aforro nunha época de crises económica, úsalo para dinamizar, bueno para prestar servizos e dinamizar a economía pois, un funcionario ou funcionaria, pois resulta que, manda que estamos en inestabilidade non sei cantas desgrazas, cantas desgrazas mais. Polo tanto, quero dicir, nos queremos deixar de manifesto todo este tipo de funcionamento e, por desgraza, parece que tamén este Goberno da Deputación, pois está , pois esta utilizando o mesmo, o sea , como lle dan barrazos a ela desta maneira, e lle dan a todo o mundo, pois agora está , tamén esta usando dando o mesmo barrazos para abaixo, todos os que pode, que xa teremos ocasión de falar neste Pleno e desta forma, non, non facéndolle nin caso os sindicatos, non facendo nin caso a persoas que colaboraron con esta Administración, etc, etc, pero bueno, estamos no Plan Económico e Financieiro e repito e que votar isto, e así, moi complicado, haberá que votar a favor porque é obriga, pero que nos obrigue un funcionario en contra da opinión dun funcionario mais cualificado, dun funcionario alleo, en contra da opinión duns funcionarios mais cualificados, e desta Corporación, francamente, é un sapo, e un sapo intragable, é un sapo absolutamente intragable, para eso que collan e volvamos ás épocas do, boas do franquismo, en que un funcionario do Goberno Civil, pois anulaba os Plenos, anulaba os acordos dos Plenos das Deputacións o dos Concellos tan ricamente segundo lle gustara, segundo lle gustara, isto é un disparate, non sei don vamos a ir, funcionando así, tanto no fondo como na forma. Moitas gracias. Sr Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera, ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias Presidente, boas días. Pois, este Plan Económico e Financeiro, ven a reflexar que, tal e como está a situación económica desta Deputación de Pontevedra, dende logo, con este informe non parece que se garante a volta ao equilibrio, e quizá o mellor para garantir a obxectividade deste Plan Económico e Financeiro, sería bo, haber pedido que se realizara por un órgano externo, podía ser o mas axeitado, non?.Este Plan , tamén ven a certificar que o próximo ano non teremos remanentes, prevé pechar o 2012 con déficit,e a realidade e que hai que facer este Plan de axuste porque se incumpren os requisitos que prevé a lei o primeiro, superar o endeudamento, non se cumpre ca estabilidade presupuestaria e tampouco se cumpre cos prazos de pago a provedores, polo tanto, aquí o que temos e que se gastou por encima das posibilidades, que se está gobernando a golpe de Decreto, quero lembrarlles o Plan de axuste que se fixo e que despois se someteu a este Pleno, e dende logo, desde o Grupo Provincial Socialista, non nos cremos este Plan Económico Financieiro, carece de credibilidade e, dende logo, certifica unha pésima xestión económica. Polo tanto, nos non vamos a votar a favor este Plan Ecónonico e Financeiro. Moitas gracias Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Santos Héctor. Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, Bueno, bos días.Eu creo que esta unha cuestión puramente técnica, aquí se acaba de reflexar anteriormente, onde esta Casa, esta Deputación non tería, segundo o noso criterio, os criterios dos técnicos que levar a cabo este Plan Económico Financieiro, se non que, as necesidades de financiamento estarían perfectamente cubertas co aforro da propia Deputación., e dicir, con remanentes de Tesourería, sen ningunha débeda, pero bueno, hai unha entrada no rexistro do 7 de xuño, do 2012 da Administración Central que, nos obriga a facer este Plan Económico e financieiro pois a case todos os concellos.En calquera caso, dicirlle que bueno a solvencia de esta Casa, esta perfectamente reflexada que está, que non acudimos a préstamo no presuposto, e dicir, o cal significa que podemos ter o obxectivo fundamental que é déficit 0, e a maiores, pois, tamén dicirlles a todos que , aparte de eses 13 millóns de euros que vamos a amortizar en prestamos, xa o fixemos o ano pasado con 12, que significan 25 millóns en dous anos, sen acudir a ningún tipo de crédito nin de préstamo, se non financiando con recursos propios e cos ingresos ordinarios que temos , vai a facer que teñamos outro segundo obxectivo que é que en seis anos que esta Deputación teña débeda. Polo tanto, ese e o mellor Plan Económico Financeiro esa é a mellor solvencia que pode ter esta Casa e que se ve reflexada nos datos e nos documentos que acabamos de reflexar. E con respecto a outra suxerencia ou matización que se fixo, dicirlle que no primeiro trimestre do ano 2012, non como se di, nos non temos factura nos caixóns , como teñen outras Administracións que iso da proba e mostra da credibilidade que pode ter esta Casa e a solvencia que pode ter, que as facturas desde a entrada no Rexistro se están pagando a 25 días polo tanto quere dicir, que temos a suficiente Tesourería e liquidez para poder afrontar todas estas cuestións, en calquera caso,volvo a repetir, nos momentos que estamos a vivir de intentar máxima austeridade, máximo compromiso e máximo rigor do control do gasto e, por suposto, sacrificio á hora de buscar solucións e rigor presupuestario e o que estamos a facer e polo tanto que non se teña que acudir a préstamo para elaborar os presupostos do ano 2012, e que amorticemos nos próximos 2 anos 25 millóns de euros mais seis que se van amortizar con este Plan Financeiro a través desos remanentes que temos,que re dicir que vamos no bo camiño e que dende logo o obxectivo que perseguimos de que a débeda sexa cero dentro de 6 anos, estou totalmente convencido que o vamos a acadar. Polo tanto, evidentemente, estas son cuestións puramente técnicas, bastante liosas que ,a veces, son difíciles de explicar, pero ,en calquera caso, o mensaxe está claro da solvencia, da liquidez e do nivel de rigor presupuestario que estamos levando a cabo nesta Deputación. Sr. Presidente: Moitas gracias, Sr. Figueroa.Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si, muy brevemente, el Plan Económico e Financieiro préstase a falar de moitas cousas asociadas, pero centrándonos nel según e coñecido, resulta que a situación que se da nesta Casa, que se da noutros concellos tamén, si fora na Comunidade Autónoma ou no Estado non sería inestabilidade, porque hai unha partida de ingresos , que é a 380 creo é, si non me acordo mal, que o remanentes incorpóranse como ingreso dese ano, ese e todo o problema, e iso nos obriga, porque un funcionario, ou xefa de Servizo de Cooperación Local, Dirección Xeral de Política Financiera e Tesoro da Xunta de Galicia, nos manda ou manda a esta Casa, repito, repito, por que obviamente, se está na Xunta dificilmente conoce a financiación local e que tén un réxime distinto á xeral, por riba do criterio, dos, vamos da integración de esta Casa e, por riba das decisións que ten tomado este Pleno, nos manda que hai que facer este asunto, que hai que facer este Plan Económico e Financieiro, que é un funcionamento autenticamente disparatado, o problema é, que parece que se está extendendo, esto do ordeno e mando e en contra de quen te a sartén polo mango en contra de razóns eh de peso e obvias, como neste caso pois impón , e a tragar para nada porque realmente non ten ningún sentido, outra cousa e a xestión económica desta Casa que , podríamos falala noutro momento, repito, vamos a votar a favor. Sr. Presidente.- Gracias Sr. Mosquera, ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Gracias, isto é algo mais que unha cuestión técnica é dicir (ilexible), digo que isto algo mais que unha cuestión técnica, hai que ir á realización deste Plan Económico e Financieiro, pois por que se gastou mais do que se ingresa, as de claro, e por que hai unha débeda do 83,3 % cando o limite e do 75% e a lei é igual para todos, a Lei é exactamente igual para todos, que ven, porque se ten que facer pois que estamos…, se esta gastando a Deputación o que non se ten , e ademais hai dous informes contraditorios, un de 27 de febreiro 2012, onde se di que a Deputación non acadou o obxectivo de estabilidade orzamentaria, e outro de data de maio, de 24 de maio de 2012 onde di o contrario, que di que cumpre co obxectivo de estabilidade presupuestaria, dos informes contraditorios os que cando menos, cando menos, e se trouxo a aprobación inicial dos presupostos de 2012, había que ter tido en conta, e saber, reitero, saber, que a Xunta de Galicia ía a esixir isto porque realmente, reitero, hai que facer este plan porque se incumpren os tres requisitos que marca claramente a Lei, que se supera claramente o endebedamento, que non se cumpre coa estabilidade presupuestaria, porque, de feito, os propios presupostos 2012 contemplan uns gastos que non se vai cumprir o no capitulo de ingresos, por tanto que vai haber déficit e de tampouco dos gastos dos pagos a provedores. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Santos Héctor.Ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Para rematar. Primeiro, que me quedou anteriormente na primeira intervención, dicirlle que nos temos plena confianza na cualificación e no prestixo dos nosos funcionarios, non temos que acudir a informes externos, como fan outras Administracións que resultan que pagan as páxinas de informes externos a 500 e cada unha das páxinas, nós, dende logo, temos persoal cualificado nesta Casa, moi cualificado, diría eu, con alto grado de autonomía e independencia que nos da a todos, pois, a suficiente tranquilidade e confianza como para dicir que estamos en boas mans, e dicir, outros pois resulta que para facer un informe como este de 20 tantas paxinas pagaron 7.000 euros, me parece ben , que o fagan, ala eles, pero dende logo non creo que sexa nestes momentos un exemplo a seguir do que hai que facer e como hai que traballar. Mire, he claro que esta Casa cumpre con todos os criterios de estabilidade e ademais , por iso, fai este Plan Económico, que vou a dicir que é unha cuestión puramente técnica, porque hai un informe de Intervención, onde di claramente, que non consideraba axeitado ter, nin a necesidade de ter que facer este Plan Económico e Financeiro, se non que , este plan , todas a s necesidades de finanzamento estarían cubertas perfectamente co aforro propio desta Deputación, e decir, co remanente de tesourería que temos agora mesmo, polo tanto e unha cuestión que , despois hai unha entrada no rexistro de un acordo da Comisión Nacional de Administración Local que fai relación a esta cuestión e por iso todos os concellos de España e todas as Administración o están levando a cabo este Plan Económico e Financieiro, pero en calquera caso o importante , claro vostedes queren escaparse do debate, o importante é o obxectivo que perseguimos nesta Deputación e os datos que aparecen reflexados nos presupostos desta Casa, e dicir, que estamos amortizando 13 millóns de euros, que agora con esta Plan Económico e Financeiro vamos a amortizar 6 mais, polo tanto, ao finalizar o ano 2012 , vamos a amortizar 20 millóns de euros que sumados os 12 do ano pasado estamos falando de 32 millóns de euros e desos 71 % que teríamos ao final do ano 2012 si añadimos e incrementamos este 6 millóns de euros que se van a amortizar mais, pois estamos falando xa dun 68 ou 67 % de porcentaxe na débeda. Pero, a maiores, que hai poucas administracións que o poidan dicir e que non acudimos a prestamos este ano , co cal o déficit vai a ser cero , que é o obxectivo que perseguimos, pero non solo o déficit cero se non que a algúns lles molesta que as políticas que estamos levando a cabo e que estamos intentando implementar, e que despois falaremos de outras cuestións mais, nos levan a que teñamos un obxectivo que é o realmente importante o de fondo, o verdadeiramente o que ten relevancia e que, en 6 anos, esta Casa poida ter deusa 0. Ese e o obxectivo que se persigue con ingresos ordinarios e sin acudir a préstamo, e dicir, mantendo o déficit cero, polo tanto, eu creo que a situación económica e moi solvente e , a maiores, pois o futuro o estamos planificando que é unha cuestión moi importante debido os tempos que veñen e como esta a situación económica na maior parte das Administracións.E lles moleste ou non lle moleste, vou a reiterarlle o período medio de pago das facturas, porque claro, parece que non o queren aceptar, o período medio de pago das facturas, de facturas entradas no rexistro son 25 días, a min me gustaría saber se hai algunha administración que mellore este período de pago, que coñezamos, e dicir, creo que hai moi pouquiñas ou diría que en ningunha, en ningunha, estamos pagando a 25 días, a factura o período medio de pago, eu creo que é para felicitar non solo a clase política, que as directrices si que as marca o Presidente, pero eu creo que aquí a parte funcionarial, neste caso, ten unha man moi importante porque é un obxectivo que perseguimos porque hoxe, por desgracia, os provedores pois necesitan dos cartos e do traballo que fan ,canto antes, eu diría que moitas veces o mesmo tempo de facer o propio traballo que é como debería de ser, e dicir, nos temos un obxectivo, incluso, rebaixar este período de pago, porque consideramos que é un tema moi importante de solvencia para as empresas e para os pequenos empresarios, que unha factura de 4.000, 5000 ou 6000 euros pois vai resolvéndolle ,pois, o pago de 2, 3 traballadores e cada mes, e iso pois, o mellor, o que parece cantidades insignificantes para o volume que move unha Administración como a nosa ou ,calquera, das similares que podemos ter, para as empresas pequenas si que é unha cuestión ,a veces, de incluso de manter a porta e os postos de traballo en vixencia, polo tanto, eu creo que con todos estes datos queda perfectamente reflexado a solvencia desta Casa que se esta planificando e que se está traballando a corto e a medio prazo para que, dende logo, as cousas se fagan o mellor posible, e non improvisadamente senón con planificación, porque xa estamos falando a medio, a corto e a medio prazo de cal ten que ser o futuro das cuestións económicas e de o rigor presupuestario de cara as próximos anos. Sr. Presidente.- Moitas gracias , Sr. Figueroa. Vamos a proceder , polo tanto, a aprobación do punto numero cinco que é o Plan económico financeiro desta institución que vai a permitir cumprir cos obxectivos da estabilidade orzamentaria no prazo dun ano.¿Votos en contra?, ¿abstencións? ¿a favor?. O día 7 de xuño de 2012 ten entrada no rexistro da Deputación de Pontevedra o acordo da Comisión Nacional de Administración Local relativo á aprobación de plans económico-financeiros de reequilibrio con motivo da liquidación de 2011, no que se permite un déficit do 0,3 por cento do PIB nacional para a Administración Local, equivalente ó 4,39 por cento dos ingresos non financeiros, en termos de dereitos recoñecidos consolidados, de cada entidade local, sen ter en conta as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009, esta porcentaxe equivale a 6.727.567,70 €, superando o déficit da Deputación de Pontevedra esa cifra en 22.358.883,66 €, e en termos relativos supera esa cifra de déficit permitido nun 332,34 por cento. Con data de rexistro de entrada 13 de xuño de 2012 recíbese un informe sobre o cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria da xefa do Servizo de Corporacións Locais da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia. Nese informe determínase que a Deputación ten que aprobar un plan económico financeiro co fin de cumprir o obxectivo da estabilidade orzamentaria no prazo dun ano. O presidente da Deputación de Pontevedra, co obxecto de corrixir a falta de cumprimento do requisito de estabilidade orzamentaria, motivado polo incumprimento da porcentaxes fixada pola Subcomisión de Réxime Económico Financeiro e Fiscal da Comisión Nacional da Administración Local, ó superar o 4,39% de déficit non financeiro, na liquidación do Orzamento do exercicio 2011, e en cumprimento do disposto no artigo 21 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira, elabora con data 22 de xuño de 2012 un plan económico-financeiro co obxecto de acadar a estabilidade orzamentaria. A Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo na reunión ordinaria que tivo lugar o día 22 de xuño de 2012 ditaminou favorablemente o plan económico-financeiro elaborado polo presidente da Deputación de Pontevedra para acadar a estabilidade orzamentaria O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo, acorda por maioría cos votos a favor do PP e o BNG, e a abstención do PSdeG-PSOE: 1. Aprobar o plan económico-financeiro elaborado polo presidente da Deputación de Pontevedra con data 22 de xuño de 2012 para corrixir a falta de cumprimento do requisito de estabilidade orzamentaria, motivado polo incumprimento da porcentaxe fixada pola Subcomisión de Réxime Económico Financeiro e Fiscal da Comisión Nacional da Administración Local. 2. Remitir este plan económico-financeiro á Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro para a súa aprobación e seguimento, así como a Comisión Nacional de Administración Local para o seu coñecemento. 3. De conformidade co establecido no artigo 23.4 da Lei Orgánica 2/2012, de 27 de abril , de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira, dar a este plan económico-financeiro a mesma publicidade ca dos orzamentos da Deputación. O contido íntegro do plan económico-financeiro elaborado polo presidente da Deputación de Pontevedra con data 22 de xuño de 2012 para corrixir a falta de cumprimento do requisito de estabilidade orzamentaria e o seguinte: “PLAN ECONÓMICO-FINANCEIRO PARA ACADAR O OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA EXPOSICIÓN LEXISLACIÓN APLICABLE: • Artigos 191 a 193, do Real decreto lexislativo 2/2004 (R.d.l. 2/2004) • Artigos 21 e 23 la Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril de estabilidade orzamentaria e sostenibilidade financeira • Real decreto 1463/2007, de desenvolvemento da la Lei 18/2001 de Estabilidade orzamentaria, na súa aplicación ás Entidades Locais • Instrución do Modelo Normal de Contabilidade de 23 de novembro de 2004 • Bases de execución do Orzamento ANÁLISE: DETERMINACIÓN DAS ENTIDADES DEPENDENTES De acordo co artigo 2º da Lei Orgánica 2/2012, as entidades que forman parte da “Unidade Institucional” Deputación Provincial de Pontevedra: • A propia Deputación Provincial • Os Organismos Autónomos que non se financian con ingresos comerciais: “Escola de Canteiros”; “Museo Provincial”; “Turismo Rías Baixas”; Caixa de Anticipos de Cooperación”; “ORAL (Organismo Autónomo Provincial de Xestión e Recadación de Recursos)” e a Fundación Escola de Enfermería. O IPESPO (Instituto para a promoción e equipamento do solo industrial da provincia de Pontevedra): De acordo co articulo 4 do R.d.1463/2007, é un Ente Público que se financia maiormente con ingresos de mercado que recade pola venda de parcelas (ingresos comerciais), excluíndose da Unida Institucional Deputación de Pontevedra, para efectos da evacuación do obxectivo de Estabilidade Orzamentaria. No IPESPO “o principio de estabilidade Orzamentaria”na aprobación, execución e liquidación dos respectivos orzamentos compútase como situación de “equilibrio financeiro”, en termos de contabilidade Nacional coa metodoloxía SEC-95. Vén determinado pola “Conta de resultado económico-patrimonial” obténdose no exercicio un “aforro positivo” ou “resultado do exercicio” de 1.319.983,76 €. En consecuencia, podemos concluír que na liquidación do IPESPO, para o exercicio 2011, se axusta ó principio de estabilidade orzamentaria, entendido como a situación de equilibrio ou de superávit en termos de capacidade de financiamento (Art. 19.3 R.d.l. 2/2007). PRIMEIRO: Causas do incumprimento do obxectivo de Estabilidade Orzamentaria Para analizara o incumprimento partimos dos datos orzamentarios que recolle os orzamentos iniciais, as modificacións orzamentarias, obrigas e dereitos recoñecidos, cobros e pagos mais os axustes contables de acordo cos criterios de Contabilidade Nacional recollidos no manual de cálculo do déficit adaptado as Corporacións locais, correspondentes o orzamento do exercicio 2011, reflectindo os seguintes datos para cada unha das entidades que configuran a “Unidade institucional Deputación de Pontevedra”, mais os datos consolidados: No informe desta intervención sobre o cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria na liquidación do orzamento de 2011 manifestábase que a Deputación de Pontevedra, na execución do orzamento consolidado de 2011, non acadaba o obxectivo da estabilidade orzamentaria, se ben entendía que non era preciso elaborar ningún plan económico financeiro, xa que as necesidades de financiamento se cubrían con aforro da propia Deputación (remanente de tesourería). Nese informe cuantificábanse as necesidades de financiamento en 29.086.451,36 euros, é dicir, os gastos non financeiros (cap. 1a 7 do estado de gastos, feitas as correccións) sumaban ese importe a maiores cos ingresos non financeiros (cap. 1 a 7 de ingresos, feitas as correccións), producíndose un déficit (necesidade de financiamento), que non se cubriu con recursos alleos (endebedamento) senón con recursos propios, aforro de exercicios anteriores (remanente de tesourería), motivo polo cal entendemos, no seu momento, que non era necesario elaborar ningún plan económico financeiro. O 7 de xuño de 2012 ten entrada na Deputación o acordo da Comisión Nacional de Administración Local relativo á aprobación de plans económico-financeiros de reequilibrio con motivo da liquidación de 2011, no que se permite un déficit (necesidade de financiamento) do 0,3 por cento do PIB nacional para a Administración Local, equivalente ó 4,39 por cento dos ingresos non financeiros, en termos de dereitos recoñecidos consolidados, de cada entidade local, sen ter en conta as liquidacións negativas dos anos 2008 e 2009, esta porcentaxe equivale a 6.727.567,70 euros, superando o déficit da Deputación esa cifra en 22.358.883,66 euros, e en termos relativos supera esa cifra de déficit permitido nun 332,34 por cento. Con data de rexistro de entrada 13 de xuño de 2012 recíbese un informe sobre o cumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria da xefa do Servizo de Corporacións Locais da Dirección Xeral de Política Financeira e Tesouro da Xunta de Galicia. Nese informe determínase que a Deputación ten que aprobar un plan económico financeiro co fin de cumprir o obxectivo da estabilidade orzamentaria no prazo dun ano. Tal como reflicten as táboas anteriores, aplicando a metodoloxía SEC-95, concretamente o “Manual de cálculo de Déficit en Contabilidade Nacional” adaptado as Corporacións Locais, de forma individual a Deputación e o O.A.L. Turismo Rías Baixas incumpren o obxectivo de estabilidade orzamentaria, en termos de metodoloxía SEC-95]. Esta situación ven motivada polas modificacións de créditos financiadas con remanentes líquidos de tesourería de exercicios anteriores, (Incorporacións de Remanentes, Créditos Extraordinarios e Suplementos de Créditos). .-Explicación na Deputación Provincial: O déficit resulta da aplicación de Remanente de Tesourería do exercicio 2011 (concepto 870 do estado de ingresos), como fonte de financiamento de modificacións de créditos do estado de gastos no exercicio 2011, (incorporación de Remanentes: 114.048.607,87€; créditos extraordinarios: 1.777.444.90€ e suplementos de créditos: 10.099.412,36€), sumando un importe total de 125.925.465,13€. A incorporación de remanentes ven motivada pola execución de proxectos de investimentos destacando polo seu importe e duración (plurianual) os seguintes: Novo Pasarón; Estrada Dorron-Bordóns-Sanxenxo; Beirarruas E.P. Figueirido-Marín; Plans do Proxecto Avanza; Inversións en carretaras provinciais; O Plan de Investimentos para Concello, 70.000.000€ entre as anualidades 2009 a 2011 (PID_09-11); Os Plans Provinciais de Cooperación de obras e servizos municipais, 2009 y 2010]. Todos estes créditos foron incorporados ó orzamento do exercicio 2011 como remanentes de créditos, financiados con aforro de exercicios anteriores “Remanente Líquido de Tesourería”. O importe total de gastos financiados con R. L. Tesourería ascende a 113.923.529,42€; considerando que os ingresos por prestamos dispostos no exercicio 2010, por importe de 43.220.000€ (estes préstamos tiñan un período de carencia de dous anos, dispuxéronse no 2010, porque a diferenza entre o custe financeiro por pago de intereses e a rendibilidade que se obtivo colocados en depósitos a prazo foi economicamente vantaxosa para a Deputación), como ingresos afectados ó “PID_09-11”, a cantidade neta de gastos financiados con R.L.T.G. Xerais e de 70.703.529,42€, superando amplamente o déficit resultante pola diferenza entre ingresos e gastos non financeiros (capítulos 1 a 7), da Deputación que é de 50.719.751,94 €. Estes plans de investimentos polas súas características teñen en moitos casos un desfase entre a dotación orzamentaria en cada un dos exercicios orzamentarios, e a súa execución material, motivada tanto pola duración dos procedementos de contratación, por estar suxeitos a autorizacións e procedementos de expropiacións que dan lugar a que a execución se desenvolva en moitos casos no período “N + 2 anos”, implicando a súa incorporación como remanentes os exercicios en que se desenvolve gran parte do recoñecemento das obrigas. Para a súa comprensión achegamos a táboa dos gastos plurianuais orzamentados nos exercicios 2008 a 2011. .- No O.A.L. TURISMO RÍAS BAIXAS sucede o mesmo, o déficit de 185.752,17€ tamén se debe á modificación de créditos financiados con “Remanentes de Tesourería” (aforro de exercicios anteriores), por importe de 1.634.067,41€, chegando a recoñecerse obrigas sobre estas modificacións orzamentarias, en gastos correntes, en bens e servizos no exercicio 2011, nunha cantidade de 986.814,52€. Estrutura económica da Deputación. Da liquidación do orzamento consolidado da Deputación pódense destacar: - Rdo. orzamentario axustado 47.077.791,31 euros - Aforro neto 47.482.683,06 euros - Débeda viva 112.327.999,00 euros - % Débeda sobre recursos 83,% - Existencias de tesourería a fin de ano 118.365.507,38 euros Rateos de solvencia económica: - Aforro neto/ingresos correntes 35,25% - Remanente de tesourería/ing. Correntes 61,21% - Fondos liq. + debedores/acredores cp 0,45% - Fondos liq. /acredores a cp 0,25% Estes datos reflicten que a situación económica da Deputación non é precisamente mala, e o déficit que se incorre no exercicio 2011 débese unicamente ás obrigas recoñecidas que foron financiadas con Remanentes de Tesourería (aforro propio de exercicios anteriores). SEGUNDO: Previsións tendenciais de ingresos e gastos, baixo o suposto de que non se producen cambios nas políticas fiscais e de gastos. Dado que estamos practicamente á metade do exercicio orzamentario vamos analizar a situación do cumprimento do principio da estabilidade orzamentaria tomando os datos de dereitos, obrigas, cobros e pagamentos a 20 de xuño de 2012, utilizando a mesma metodoloxía SEC-95 concretamente o “Manual de cálculo de Déficit en Contabilidade Nacional” adaptado ás Corporacións Locais, resultando os datos seguintes: A) AVALIACIÓN DO OBXECTIVO DE ESTABILIDADE ORZAMENTARIA "DEPUTACIÓN PROVINCIAL": ORZAMENTO 2012, DATOS A 20/06/2012 Neste exercicio 2012 incorporáronse remanentes baixo os mesmos criterios dos anos anteriores, (sendo inferior os investimentos plurianuais pendentes de execución), tal como reflicten as táboas anteriores á data 20/06/2012, sen ter en conta os ingresos da liquidación positiva do exercicio 2010, (polo momento non recoñecemos o dereito por importe de 15.536.407,47€), teriamos unha situación de superávit orzamentario en termos de SEC-95 de 5.747.231,71€. Así mesmo, hai que ter en conta que para o exercicio de 2012 se admite un déficit do 0,30 por cento sobre o PIB, o que se estima que será similar ó do ano 2011, é dicir, situarase arredor dos 7.473.004,36 €, dando unha capacidade de financiamento estimada total de 13.220.236,07€. TERCEIRO: Descrición, cuantificación e o calendario de aplicación das medidas engadidas no plan, sinalando as aplicacións orzamentarias e rexistros extraorzamentarios nos que se contabilizan. Tendo en conta a Disposición final sétima da LOEPSF este plan económico financeiro, como se elaborará e aprobará despois da entrada en vigor desta lei orgánica, suxeitarase en canto á súa elaboración, aprobación, seguimento e aplicación ó disposto na mesma. A elaboración e contido do plan será o previsto no artigo 21 da LOEPSF, e a súa tramitación e seguimento será o disposto no apartado 4 do artigo 23 da mesma norma. Elaboración e contido do plan. As medidas que se van adoptar neste plan non poden consistir en incrementar os ingresos e reducir os gastos, xa que iso só faría agravar o problema, pois estaríamos aumentando o remanente de tesourería, que, como xa se expuxo anteriormente, é o causante do incumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria. Entón o plan só pode consistir en reducir a utilización do remanente de tesourería para financiar expedientes de modificación de créditos. Primeira medida: o remanente débese utilizar en todo caso para financiar a incorporación de remanentes de crédito comprometidos en exercicios anteriores, ou créditos que, aínda que non estean comprometidos, conten con financiamento afectado. O remanente restante utilizarase ou non para o financiamento de gastos ou investimentos en función das previsións que existan sobre a posibilidade de incumprimento do obxectivo da estabilidade orzamentaria. Se ó facer a avaliación do cumprimento da estabilidade orzamentaria na liquidación houbese superávit, deberase utilizar un remanente polo dito importe para amortizar a débeda, conforme esixe o artigo 32 da LOEPSF. Cos datos contables a día 20 de xuño a Deputación cumpre co obxectivo da estabilidade orzamentaria a nivel consolidado, presentando unha capacidade de financiamento de 5.747.231,71€. Así mesmo, hai que ter en conta que para o exercicio de 2012 se admite un déficit do 0,30 por cento sobre o PIB, o que se estima que será similar ó do ano 2011, é dicir, situarase arredor dos 7.473.004,36€, dando unha capacidade de financiamento estimada total de 13.220.236,07€. Segunda medida: a utilización do remanente de tesourería dispoñible actual, 12.142.405,47€, corresponde os distintos organismos dependentes da Deputación, deste remanente só se poderá utilizar o 50 por cento, (se se ten que utilizar máis será necesario anular incorporacións de remanentes de crédito non comprometidos ou que non conten con financiamento afectado). O outro 50 por cento destinarase a amortizar débeda por importe de 6.071.202,73€, para levalo a cabo tramitaranse neste exercicio 2012 os correspondentes expedientes de modificacións de crédito. Terceira medida: para os exercicios futuros irase eliminando remanente, para iso unha parte ten que destinarse obrigatoriamente a reducir débeda polo importe do superávit de cada exercicio (art. 32 LOEOSF), e outra parte debería destinarse á amortización voluntaria de débeda. Cuarta medida: proponse minorar os gastos plurianuais, limitándoos a convenios ou proxectos que conten con financiamento certo doutras entidades públicas ou privadas. Outra medida anexa consistirá en axilizar os procedementos de contratación de tal maneira que permitan minorar no tempo a execución orzamentaria dos distintos contratos, diminuíndo as diferenzas entre a dotación orzamentaria e o recoñecemento de obrigas do exercicio que nos leve a unha menor incorporación de remanentes o exercicio seguinte, para iso estanse a desenvolver procedementos de xestión e contratación “vía electrónica” a través dos proxectos E-Depo, e Depo_TIC. CUARTO: Previsión das variables económicas e orzamentarias de que parte o plan. O artigo 29 da Lei orgánica 2/2012, de 27 de abril, de estabilidade orzamentaria e sostibilidade financeira obriga as administracións públicas a elaborar un marco orzamentario a medio prazo no que se enmarcará a elaboración dos seus presupostos anuais e a través do cal se garantirá unha programación orzamentaria coherente cos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública. Estes marcos orzamentarios a medio prazo abarcarán un período mínimo de tres anos e conterán entre outros parámetros: - Os obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública de cada Administración pública - As proxeccións das principais partidas de ingresos e gastos tendo en conta a súa previsible evolución tendencial, ou sexa, baseadas en políticas non suxeitas a modificacións, coma o impacto das medidas previstas para o período considerado - Os principais supostos nos que se basean estas proxeccións de ingresos e gastos Os marcos orzamentarios servirán de base para elaborar o programa de estabilidade. Programa de estabilidade actualizado para o período de 2012 a 2015 Conceptos 2011 2012 2013 2014 2015 Variación real del PIB 0,70 -1,70 0,20 1,40 1,80 Variación dos prezos 1,40 1,00 1,60 1,60 1,70 Déficit EELL -0,40 -0,30 0,00 0,00 0,00 Impostos indirectos % sobre PIB 9,80 9,80 10,60 10,50 10,40 Impostos directos % sobre PIB 9,50 10,30 10,30 10,10 10,50 Estimación da evolución da recadación de impostos estatais Concepto 2011 2012 2013 2014 2015 PIB nominal miles de millóns 1.073,40 1.055,15 1.057,26 1.072,06 1.091,36 % Variación PIB 0,70 -1,70 0,20 1,40 1,80 Impostos indirectos % sobre PIB 9,80 9,80 10,60 10,50 10,40 Impostos directos % sobre PIB 9,50 10,30 10,30 10,10 10,50 Impostos indirectos en miles de millóns 105,19 103,40 112,07 112,57 113,50 Impostos directos en miles de millóns 101,97 108,68 108,90 108,28 114,59 % variación impostos indirectos -1,70 8,38 0,44 0,83 % variación impostos directos 6,58 0,20 -0,57 5,83 Estimación da evolución da recadación 2,44 4,29 -0,06 3,33 Estrutura do marco orzamentario a medio prazo da Deputación para os exercicios de 2012 a 2015 Conceptos consolidados 2012 2013 2014 2015 Ingresos correntes 138.745.067 120.780.166 119.572.364 120.768.088 Gasto correntes sen xuros 79.372.837 80.166.565 80.968.231 81.777.913 Xuros 2.057.043 1.664.492 1.354.108 1.043.724 Total gastos correntes 81.429.880 81.944.369 83.060.946 84.169.392 Aforro bruto 57.315.187 42.966.246 41.849.669 43.239.435 Amortización débeda 13.584.197 15.519.197 15.519.197 15.519.197 Aforro neto 43.730.990 27.530.770 25.090.085 25.024.584 Evolución da débeda consolidada 2012 2013 2014 2015 Débeda inicial consolidada 112.327.999 98.743.802 83.224.605 67.705.408 Incremento débeda 0 0 0 0 Amortización débeda 13.584.197 15.519.197 15.519.197 15.519.197 Débeda final 98.743.802 83.224.605 67.705.408 52.186.211 % débeda sobre recursos correntes 71 66 54 42 Marxe de endebedamento: 2012 2013 2014 2015 Límite 110 % recursos correntes 154.007.024 134.065.984 132.725.324 134.052.577 Importe débeda ata 110% recursos 41.679.026 35.322.182 49.500.719 66.347.170 Límite 75% recursos correntes 104.058.800 90.585.124 89.679.273 90.576.066 Importe débeda ata 75% -8.269.198 -8.158.677 6.454.668 22.870.658 Carga financeira: Carga financeira absoluta: 15.641.240 17.183.689 16.873.305 16.562.921 Xuros 2.057.043 1.664.492 1.354.108 1.043.724 Amortización débeda 13.584.197 15.519.197 15.519.197 15.519.197 Carga financeira relativa 11,27 13,67 13,56 13,18 Hipóteses do cadro: Os dereitos aumentan un 7,35% en 2012 pola liquidación de 2010 (15,5 millóns de euros). Os dereitos en 2013 descontada a liquidación de 2010 caen un 2 por cento. Os dereitos en 2014 caen un 1 por cento e en 2015 soben outro 1 por cento. Os dereitos nos exercicios sucesivos increméntanse un dous por cento. As obrigas correntes estímase que experimentarán un crecemento do 1 por cento anual. O endebedamento reducirase segundo se sinala no cadro, déficit 0 a partir de 2012. Os tipos de xuro estímanse no 2 por cento, e calcúlase sobre a débeda viva final de cada exercicio. QUINTO: Análises de sensibilidade considerando escenarios económicos alternativos O obxectivo do plan, a parte de recuperar a estabilidade orzamentaria neste exercicio 2012, tendo en conta a grave crise económica que estamos a sufrir que se caracteriza pola caída do consumo e do investimento, é fomentar a actividade económica e axudar a facer fronte ás moitas necesidades que teñen os concellos da provincia. A análise de sensibilidade procede facela á liquidación do exercicio 2012, vendo se a recadación prevista nos capítulos 1 a 7 segue a traxectoria prevista, se se producise unha caída na recadación as medidas orientaríanse sempre a manter unha situación de estabilidade orzamentaria, adoptando medidas de axuste, tanto de xestión relacionadas con Recursos Humanos (axustes do cadro de persoal, redución de horas extraordinarias, limitación e minoración das contratacións temporais); medidas de carácter orzamentario, racionalizado e minorando no posible o gastos correntes do capítulo II, redución no capítulo IV, o nivel de subvencións, etc. SEXTO: Aprobación, comunicación e seguimento do plan económico financeiro A tramitación e seguimento deste plan vén regulado no artigo 23-4 da Lei orgánica de estabilidade e sostibilidade financeira. O procedemento de aprobación será o seguinte: - Ditame da Comisión de Economía, Facenda e Turismo - Aprobación polo Pleno por maioría simple - Remisión á Dirección Xeral de Política Financeira de Tesouro para a súa aprobación definitiva e seguimento - Remisión á Comisión Nacional de Administración Local - Publicidade, a mesma ca dos orzamentos da Deputación O control e seguimento do plan correspóndelle “Comunidade Autónoma de Galicia”, por exercer a tutela financeira, que elaborará un informe semestral sobre o seu cumprimento. A nivel interno correspóndelle á intervención provincial, con ocasión da liquidación do orzamento do vixente exercicio e coa aprobación e liquidación dos próximos orzamentos dentro do marco orzamentario vixente en cada momento. CONCLUSIÓN Con estas medidas consideramos que se pode acadar o obxectivo da estabilidade orzamentaria.” 6.6229.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “ESCOLA DE CANTEIROS DE PONTEVEDRA” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Sr. Presidente.- Punto número 6, acordo inicial de disolución do organismo autónomo local Escola de Canteiros de Pontevedra e derogación dos seus estatutos.Sr. Mosquera Sr. Mosquera Lorenzo .- Gracias Sr. Presidente, eu non sei si estes é o punto 6,7,8,9, 10 e 11, pois e, van a, vamos a tratalo por separado ou vamos a discutilos todos xuntos Sr. Presidente.- Si, eu propóngolle, que…porque podemos ter o tempo que necesiten , que os debatamos todos xuntos do 6 o 12, creo q é , o doce tamén…..¿estamos de acordo?, Sr. Mosquera Lorenzo.- Moi ben. Sr Presidente.- Por parte do Partido Socialista, ¿estamos de acordo?, bueno, pois , serán debatido conxuntamente, ten a palabra o Sr. Mosquera Lorenzo. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr, Presidente. Ben, estamos nunha época en que se, a neura e do….. do déficit 0, mais cousas similares, levan a adoptar mediadas pouco reflexivas, non coñecedoras da situación e imposición forzada ,polo tanto, de modelos que non corresponden coa realidade, non?, e tamén, obviamente, aproveitando para outros fins que son puramente expureos, e demais. En este caso, tratase da disolución de todos os organismos autónomos, quitando a Escola de Enfermería, porque quitando a Escola de Enfermería e a UNED, porque a Escola de Enfermería se vai a transferir e a UNED deixaría de funcionar si é que se disolvera o patronato, e como o que queda pois, en principio, practicamente ningún ten demasiado sentido a súa desaparición, pois vanse dando pasos, unha vez para diante outra vez para atrás, sin meditalos suficiente e montando uns líos cuns obxectivos que no se ven nada claros, non?, estou seguro que hoxe nos van a contar que, a supresión destes organismos van a aforrar mais do que custan, seguro, seguro que nos van a contar que, suprimir os organismos estes van a…bueno, vai a ser un aforro destes absolutamente brutal, o sea que se a Deputación, se todos os organismos manexan, poñamos unha cifra de 7 millóns , vamos a aforrar 24, o algo parecido, non se sabe onde salen esas contas pero…..algunhas inventarán , no?. A realidade é, que esta Casa, cando menos en canto á Corporación, cando menos en canto á Corporación, nunca se tivo o que se llamas “chiringos" administrativos, o que se deu agora por chamar “chiringos administrativos”, e en aspectos destes organismos foi extraordinariamente comedida, ustedes argumentan que si, que si os funcionarios que poden ter un sobrecoste ou non sei que, buenos será problema, será problema seu e pódese arreglar por outra vías.Pero plantexar, que a Escola de Canteiros , por exemplo, desapareza como organismo supón na práctica que este centro de ensino, creo que vai ser o único do mundo que non teña ningún órgano colexiado de dirección, nin consello escolar, nin patronato, nin organismo autónomo, nin nada de eso. Calquera escola de infantil, calquera escola na que hai algúns profesores, hai un organo…..se o cambian por un consello escolar, si lle parece ben cambialo ou, o que sea, pois sería unha alternativa pero, coller e suprimilo a pau seco e que quede sen ningún órgano colexiado, sen que haxa representación de profesores, dirección alumnos…bueno, quen financia, neste caso que é a Deputación pois debe ser case a única…que o IPESPO, que crearon a bombo e pratillo, agora o IPESPO practicamente non ten actividade, co cual, tampouco sería o grave.., o grave problema, non? pero tampouco esta costando nada, que supoña ningunha carga especial para Deputación nin para o IPESPO. O do ORAL é sorprendente porque o señor, o seu presidente galego, presidente da Xunta, Núñez Feijoo pois, vai crear unha Axencia Tributaria por que dí que vai funcionar moito mellor e incluso da unha cifras que creando unha Axencia Tributaria van subir os ingresos non sei canto e, aquí, que temos unha Axencia Tributaria, disolvémola. Malo de entender, Malo de entender, Malo de entender, bueno a Caixa de Anticipo de Cooperación, é algo irrelevante tamén, que tampouco sería…sería…o grave non?, o Patronato Rías Baixas, pois tamén é malo de entender que desapareza asía cando casi todos, algo desta magnitude casi todos son patronatos e demais, e o CPAM, como xa non funciona pois, tampouco pasa nada, como xa non funciona, pois non pasa nada, pódese disolver ou non e demais. Pero, porque en novembro do ano pasado, nos convenceron , con razóns de peso de que o Museo, o Patronato Rías Baixas e o ORAL, sobre todo o Museo que eran os únicos que mantiñan e deron unhas razóns na Comisión e no Pleno absolutamente válidas e fantásticas e que o Museo e dos máis importantes, non es importante Museo do Estado de carácter provincial e ten un ha traxectoria, polo tanto ten que manterse como un organismo autónomo e faltaría máis que ten que manterse ademais, e todos estuvemos de acordo, todos estivemos de acordo e, agora, de repente, así a presa hai un mes ou así, pois acordaron aínda non soubemos as razóns, porque daquela si que explicarán , agora, non as explican ten que desaparecer como organismo autónomo e pasar a ser unha dependencia da Deputación como pode ser o Servizo de Vías e Obras, Intervención ou Conserxería.Debe haber moi pouquiños ou, case ningún Museo desta categoría, desta categoría, evidentemente, home o CITA en Pontevedra non ten un patronato, faltaría mais non?, ou o Museo do Xoguete, que hai en varios concellos ou o Museo Antropolóxico que hai en máis concellos eh? E incluso de Deputación, hai algúns que non o teñen , obviamente, pero non teñen nin esta categoría, nin este tamaño, nin esta importancia do cual todos nos alegramos e vostedes son os primeiros en presumir deste, desta realidade.Ben, si un colle, a memoria, a proposta do presidente, si un colle a proposta do presidente, que se chama…que é a única que temos aí, porque o resto, algunha noticia de prensa, todas bastante sesgadas e demas dí: “Proceso de extinción de la descentralización funcional de la Deputación de Pontevedra, esa é a proposta, obviamente, ven en castelán, ven en español pon cousas que é obvio, que é obvio que non foi escrito por alguén, o polo menos a parte conceptual, por alguén que coñeza como funciona esta Casa , pode ser desta Casa ou no…non o sei, pero que coñeza como funciona, non, obviamente non foi escrito, non foi escrito por eso. Di algunhas lindezas do tipo de “ ….a existencia de organismos con personalidade xurídica diferenciada da entidad matriz xeneraba, en ultimo termino, unha menor transparencia en la rendición de contas debido, en boa parte, a súa autonomía funcional”, ben, que eu sepa, que eu sepa, nos organismos autónomos, chegábase ao detalle de vamos a comprar isto, vamos a pagar esta factura, rendían contas relixiosamente, Á conta xeral e todas as contas, e rendía ao patronato, estas contas que a Deputación non o facía, se alguén coñece o funcionamento desta Casa isto é unha barbaridade que obviamente, publicamente que non a coñeza con detalle pode tragala, pero que non ten nada que ver coa a realidade completa concreta, ca realidade concreta, aquí os membros da Escola de Canteiros sabe que se fala hasta de…”mire, vamos a facer tal traballo, vamos agora a ver si facemos un Skatepark de pedra e costa tanto…e vamos a facer tal obra e costa tanto…”, cousa que non fai coa Deputación en xeral.E no Museo falábase,”….vamos a comprar esta colección, costa tanto, que vos parece, compramos a outra…e demais”.O sea, si algo en esta Casa rendía contas, de maneira detallada eran, precisamente, os organismos autónomos.IPESPO, non sei que, Caixa de Anticipos, todas, obviamente, isto escribiuno alguén que non coñece, para nada, o funcionamento de Deputación, non sei se externo ou non pero logo… tal. A parte de ser posterior á decisión, isto é posterior á decisión, e posterior á proposta á decisión recollida nos orzamentos, ben. E, aparte de poñer, xa digo, outra serie de lindezas, administración difusa, de si alguén non se perde cando hai un organismo autónomo que vai, que vai a, que sabe, exactamente a onde vai. Unha duplicidade de recursos económicos para a prestación de idénticos servizos, que iso é o que se quere eliminar, o sexa, o Museo de Pontevedra, hai unha duplicidade, hai haber unha copia, unha réplica del, non se sabe onde, entonces hai que eliminar a duplicidade , porque senón, árdelle o eixo para mirar isto, o que hai que leer!. Unha duplicidade de servizos, e debe haber dúas Caixas de Anticipos, ou debe haber 3 IPESPOS, ou debe haber cousas de ese tipo, para a prestación de servizos idénticos, dígame si a Escola de Canteiros ten un servizo idéntico, dígame se o Museo ten un servizo idéntico ou parecido, que de verdade que o Museo é un Museo!!, entonces mire, no que os ciudadanos non percibe unha especialización técnica que xustifique dito gasto, o sex, o Museo de Pontevedra, que eu sepa, non ten ningunha duplicación igual que o resto, igual que o resto, pero entonces…esta é a proposta que asina o presidente o 22 de xuño, cando xa estaba aprobada, cando estaba aprobada nos orzamentos ,xa, a disolución, estaba aprobada nos orzamentos en xenérico e, esta toda é a motivación, obviamente, obviamente, recordemos, recordemos o Pleno de decembro, no que a proposta deste grupo se decidiu manter todos os organismos e, ca condición de non cobralos, co cal a disculpa de que, de que ese aforro que, en todo caso, e ben pequena, é moi ridícula, a parte de certo ribete de falta de respecto, pois, desaparecía, e volve, despois volve, contradicíndose absoluta, absolutamente. Ben, entonces, vamos, nos estamos absolutamente convencidos, de que a maioría dos organismos autónomos nos lle preocupan que sigan ou non, o problema mais serio onde teñen centrado vostedes a batalla e no Museo de Pontevedra. Ben, cal é a razón, que esto no o poñen en negrita no informa, que argullen, a integración de medios humanos y , materiais na entidade matriz permitiranos unha maior planificación xeral de utilización de recursos desta institución obtendo unha maior flexibilidade para a redistribución de efectivos e, unha utilización de recursos mediante mecanismos como a mobilidade funcional, ben, isto xa, vamos así enterándonos algo de que é o que pretenden, osea, de que é o que pretenden, obviamente, pois eh…alí ,por exemplo, en este momento teñen un director de xestión que a súa gran especialidade é tramitar cursiños e actividades para a integración socio-laboral, obviamente para o Museo eso é transcendente, e fundamental e básico, e tamén teñen, desprazada adscrita desde aquí, pois unha especialista en…. Administrativa de intervención ou da secretaría da presidencia, obvio, fundamental. A mobilidade funcional, o sexa, traducido na práctica, facer un “chiringo” a súa medida, a súa medida, exactamente a súa medida e un ente que naceu no ano 27, ca traxectoria que ten con todos os patróns que ten, con todas as doazóns que ten, con toda esa raigame e un órgano de autonomía, que ten certa autonomía desde o ano 2004 menos, pero ten certa autonomía e certa participación social, obviamente, elles un estorbo, elles un estorbo para o seu, para facer a política que vostedes queren facer alí e , polo tanto, adoptan unha decisión rompendo con unha historia de 85 anos, tan drástica, tan violenta e tan pouco respectuosa con todos os que participaron, moitas veces desinteresadamente, na evolución, construción, dotación de medios e demais do museo. Mire, se queremos eliminar “chiringos” temos ben por onde empezar, temosche ben por onde empezar, por exemplo, por exemplo, en Vigo agora hai un área metropolitana e resulta, o haberá, e resulta que ninguén en Vigo, quitando a Sra. Porro e agora o Sr. Figueroa quere unha delegación que costa case medio millón de euros a esta Casa, case millón de euros para nada, para as actividades, ademais, eso foi un invento de ultima hora que, bueno, o venderon coma unha descentralización e agora queren recentralizar, aquí o dín claramente que hai que recentralizar, recentralicen, 400 mil euros de golpe que nos aforramos, que non o costan todos os patronatos xuntos durante 4 anos, e a proposta nosa, que se acertou no Pleno, moitisimo menos, nin durante 10 anos, mira que teñen por onde empezar eh!, mire que teñen, o que pasa, o Sr. Louzan ou o Sr. Figueroa ten alí a súa oficina o Sr. Louzán, cando vai a Vigo, ten que ter alí o seu “chiringo” para funcionar alí, hombre!, como exactamente moi necesario non se ve, aparte nos están vendendo que fan a administración telemática, bueno, o mais avanzado do mundo mundial, pois xa me dirá, xa me dirá. Podemos seguir por outras, podemos seguir por outras …por outras, por outras vías, pero volvendo a centranos en esto que se poña, que se poña aquí nese mesmo papel , as asistencias aos órganos colexiados que, supoñen un gasto, xa falamos do gasto que supoñían, xa o falamos. Ben, a mín, a nos, danos a sensación, danos a sensación de que polo que se sexa colleron, tomaron unha decisión absolutamente ideolóxica, partidaria , en conta de todas as traxectorias, incluso a súa mesma, que hai 6 meses eran partidarios decididos de manter o Museo e o ORAL e mais o Patronato de Turismo Rías Baixas, colleron unha decisión na que están absolutamente cerrados en banda e agardamos que a corrixan, de feito, desde os orzamentos ata aquí, xa correxiron algunha, xa correxiron algunha, que esa aplicación mecánica os 65 anos parece que en algún organismo lles resultaba moito mis costoso e paraece que o volveron atrás, nuns casos si e noutros non, osea, xa parece que van corrixindo, ou sexa que tamén, tamén, nos sabemos que vostedes podennse poñer moi bravos aquí, e poñeranse, e parece que se estan poñendo, agardo que non, pero que tamén despois a realidade é que van a volvelo, a volvelo atrás. Ben, reflexionen, reflexionen, non ten presa, non ten presa, retírenno da orde do día, retírenno da orde do día, teñen enriba da mesa unha oferta deste grupo, reiterada, de que sabemos que hai que reestructurar cousas na Deputación, pero eso non necesita para nada, e máis, van en contra da disolución deste organismo como xa , como xa, reiteradas veces o dixemos, osea, hoxe aquí non quixeron, o presidente non quixo recibir os patronos e é evidente, non se convocou o Consello Asesor, onde están os patróns so Museo esta claro que se queren desfacer deles a patadas, a patadas e sen gardar as formas coas consecuencias que eso vai ter para esta, para esta institución, reflexionen, retiren os puntos da orde do día, analicemos un por un, analicemos un por un, e hai moito que analizar, non focalicemos so isto, porque disolvemos todos os patronatos, non é certo, non é certo, o da UNED non se disolve, verdade.E que recentralizamos, non é certo, a unha sede en Vigo que costa 400 mil euros que é, vamos,a vamos, a oficiniña para quen é o cabeza do PP en Vigo , non?, ou para o deputado de turno, non é certo, hai bastante, bastante que plantexar e reordenar. Fagámolo, reiteramos a nosa colaboración pero, por favor, non supriman o patronato do organismo autónomo do Museo, cando menos, ese non o fagan, reestudenos todas, toda a situación e contan coa nosa colaboración, se nón van contar coa nosa oposición frontal, por todo o que significa, a falta de respecto a unha institución senlleira na provincia, en Pontevedra e en Galiza. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Ten a palabra o Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.-Sr. presidente, gracias. Estes 7 puntos, que tratamos ahora en conxunto da disolución dos organismo autónomos, o pouco que coñecemos, o que se fai principalmente e cambiarlle a denominación de organismo autónomo e cambialo para un…a denominación de servizo de..O que desde o Grupo Provincial Socialista, vemos que, a pesares de por parte do goberno desta Deputación se fai unha xustificación en canto que hai un aforro económico coa disolución destes organismo nos non estamos de acordo, non hai aforro, e dicir, se analizamos realmente o que significa a disolución, vemos, que non hai aforro. E outra cuestión tamén importante, non se mellora a eficencia do servizo público, que é o que se pide é o que se esixe, de que ter un servizo público eficaz. Vemos, tamén, que non hai acordo coa xunta de persoal, e dicir, non hai un acordo, teñen escaso coñecemento, ou pouco coñecemento do que se vai a facer e ,o pouco que se conoce, e de que que vai haber cambios de persoal en canto a perda de algúns postos de traballo para beneficiar a algúns traballadores de alto rango con maiores complementos, polo tanto, con razón os traballadores e traballadores destes organismos autónomos, están en contra, e, tamén, preocupados polo seu futuro. Mirén, creo que merecería a pena retirar estes puntos e analizar por separado cada un dos organismos. Lles vamos a poñer como exemplo dous o ORAL e o Museo, que son dous organismos autónomos que, pola súa especialización, deben manter a raxatabla a súa autonomía, polo seu grado de especialización deben manter a a raxatabla a súa autonomía. Pois ben, cremos de que debe haber un análise sosegado, un por un de cada un destes organismos, cal esta sendo a súa función, cal esta sendo a súa eficacia e cal esta sendo o seu coste , e non meter a todos por igual, como dicía anteriormente, organismos autónomos que están funcionando ben, que dan ese servizo público eficaz e algúns outros ,pois,que poidan non ter, agora mesmo, a actividade que se lles requirirían. Polo tanto, creemos de que se trae de novo de forma apresurada e, dende logo, sen o suficiente analisis destes servizos e ademais se mete, tamén, nos presupostos do 2012, co cual, queda tamén a vista a improvisación, desta, desta medida. Reitero, desde o Grupo Provincial Socialista que se retiren estes puntos do orden do día, todos e cada da disolución, de cada dos…., desde o 6 o 12, e que se poidan analizar un por un, por separado, con maior rigor e que o poidamos traer aquí. Moitas gracias. Sr. Presidente.-Moitas gracias, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Bueno. Bos días de novos. Eu creo que estamos nun tema importante, nun tema de debate político que creo que é importante de cara ao futuro porque se está planificando, se está intentando marcar obxectivos, e, loxicamente, se está intentando que o discurso que cada un ten sea capaz de ser riguroso e responsable con el, o que teñen vostedes, a nos, nos debería de preocupar e nos preocupa, porque, loxicamente, son dúas forzas políticas, dentro do arco político de Galicia, neste caso, da provincia de Pontevedra, importantes, importantes e home, que dous grupos como o BNG e o Partido Socialista non conten nas súas intervencións un eixo fundamental do que temos que aplicar nas Administracións, que é a austeridade, non falaron ningún deles, ninguno de vostedes dous de austeridade, non falaron. Eso non é un compromiso que está nos seus, nos seus vocabularios, claro!, ten a súa explicación, eu tiña aquí, agora, algunha das cuestión e da forma de xestionar de vostedes en algúns sitios que, loxicamente, si que nos ten que preocupar, nos ten que preocupar que, por exemplo, un organismo autónomo de un concello da provincia de Pontevedra, pois ten un buraco de 8 millóns de euros, porque non se sabe xestionar, cando hai 3 anos había transferencia de capital de 2 millóns, pois agora pasa a 6 mais, 8 millóns de euros, pumba , en un “periquete” que mais da!, non o paga nadie, o paga a Administración. Nos fixemos un discurso claro nos presupuestos, os presupostos son a filosofía que marca a política de cada un dos gobernos, e nos, hai 15 días o 20 días, na aprobación inicial dos presupostos e ,hoxe vamos a repetir, dixemos claramente que tiñamos como eixo fundamental a austeridade que tiñamos que ter un compromiso claro de crecemento da economía de control do gasto, de sacrificio, de buscar solucións e intentar buscar a máxima eficacia e a máxima eficiencia en todo o que fagamos, e en todo digo en todo, se plantexou, se mirou a estrutura administrativa que tiña esta Deputación e fixemos un estudio, un estudio riguroso, interno, loxicamente primeiro político e en segundo que ese argumento político estaba basado tamén en cuestións puramente técnicas e puramente técnicas están aí, e mire, lles guste o non lles guste, dígano o non o digan, nos da igual porque é real e se vai a demostrar, hai un aforro económico importante na integración destes organismos nos servizos de Deputación, importantísimo, a todos os niveis, claro, vostedes, eu entendo, que a vostedes a xestión lles preocupan relativamente, ingresos , contabilizan os ingresos, fan o presuposto de gasto e se acabo, nos non, nos medimos os ingresos e os gastos, os ingresos son importantes, porque, loxicamente, veñen de transferencias e veñen de xestión que se poidan facer, pero os gastos tamén son fundamentais e, si somos capaces de recortar os gastos, somos capaces de, pois, intentar que ese obxectivo de déficit poida ser cero, como levamos neste ultimo ano, neste presuposto do ano 2012, que non acudimos a préstamo e si non acudimos a préstamo e porque levamos unha xestión económica planificada, a corto e a medio prazo, e tamén buscar o obxectivo fundamental de que a débeda sexa 0. Claro, vostedes estes parámetros non lles preocupan, como lles vai a preocupar, nin os queren tratar, porque non o fan nas Administracións onde gobernan, no se, intentamos, bueno pois, intentar equilibrar ingresos y gastos, pero intentar reducir os gastos, porque si temos ingresos teríamos beneficios e teríamos mais posibilidades de facer outras cuestións, invertir nos temas prioritarios que queremos levar a cabo, é ese foi o obxectivo fundamental do criterio de centralizar e, de unha maneira funcional, a Deputación no seu conxunto, e que Sr. Mosquera, e que o que dice vostede non é certo, non desaparece nin o Museo, non desaparece o Turismos Rías Bajas, non desaparece o ORAL, nin desaparece a Caixa de anticipos, no, se xestiona de outra maneira, única e exclusivamente, única e exclusivamente, se xestiona de outra maneira, se fai unha reestruturación administrativa, que o que nos piden todos os cidadáns, no lo están pedindo cando saímos a rúa, cando temos unha reunión, cando temos contacto con eles, no lo están pedindo todos, que queren, nenos burocracia mais xestión, mais eficacia e mais eficiencia, iso é o que queremos, queremos mellorar a xestión deses organismos, mellorar a xestión desta Casa no seu conxunto, ese é o obxectivo que perseguimos e, por suposto, que non existan duplicidades e, como usted comprenderá, mire, eu creo que nunha economía, loxicamente, de abaratamento de costes, está claro que non e igual ter un servizo de vixilancia no Museo, ter outro distinto en Turismo, ter outro distinto no ORAL, ter outro distinto nesta Casa, si se fai un contrato conxunto en número de volume, se aforra, pero iso é ABC, non é moito mais, é ABC, é ABC, e vostede o sabe e se vamos a outra, a outra xestión doutro tema puntal, seguros…xerais da Casa, pois non é o mesmo, e vostede o sabe, entón, se fixeramos iso, sabe o que nos diría vostede, están adelgazando, están desvirtuando o concepto dos organismos autónomos, nos queremos ser valientes, te determinación, dicir as cousas á cara, non facer cousas por detrás, facelo con máxima transparencia, iso é o que perseguimos, que perseguimos, adelgazar á Administración, que sexa mais rápida, que sexa mais eficaz, que teña menos costes, que non exista duplicidade, pero ese é o discurso que temos nos, o de vostede non sei cal é, por un lado quere, que se reduza a débeda, por outro lado que non exista déficit, e por outro lado quere que sigamos creando mais organismos, pois mira para nos é todo o revés, o revés, queremos, cos organismos se integren nos servizos desta Casa, que son servizos que están realizando un magnifico traballo, polo tanto, hombre, e pon vostede exemplos, o Museo de Lugo, pregúntelle a o seus colegas de Lugo, que me parece que xestiona Cultura o Bloque Nacionalista Galego, quen o xestiona, quen o xestiona?, o servizo de Cultura. Pero si ese non é o problema, o que problema e que o servizo de Cultura o xestione ben, e nos entendemos que o vasmos a xestionar mellor, e por iso, bueno, pois ese obxectivo loxicamente de intentar aunar esforzos, de centralizar o potencial no recursos, tantos humanos como económicos, claro que se pode rentabilizar mellor os recursos humanos, sen lugar a ningunha dúbida, sen lugar a ningunha dúbida, sen lugar a ningunha dúbida.O que non é normal é que, organismos teñan duplicidade de funcións, e dicir, ustede vai as páxinas web, pois cada un tiña o seu servizo independente, pois non pode ser, poño exemplos concretos, pero que podo por moitos, o lóxico é que halla un servizo centralizado que todas as novas tecnoloxías e todo o relacionado con internet se centralice na Casa , é o normal, pero iso é lóxico, iso pasa en calquera xestión de calquera tipo, tanto privada como pública, , tanto privada como pública, pois nos parece ue é o correcto e que se aunen esforzos, que se aunen os recursos, que teñamos humanos e económicos e que, loxicamente, se poida levar a mellor xestión posible a cada un desos servizos, e as marcas, nos, vamos a seguir manténdoas, cal que é a diferenza Sr. Mosquera, a ver?, que exista un patronato o que non exista, nos dixemos que estamos dispostos a sentarnos con vostedes, cos voceiros de todos os grupos e buscar formas onde se poidan asesorar, onde se poida ter, pois persoas, que loxicamente como se fai xa, na política ordinaria, nos, dende logo escoitamos aos colectivos, escoitamos as persoas representativas de cada un dos sectores, ou, como facemos nos a nosa política, escoitando, escoitando, non de espaldas os colectivos implicados, non de espaldas os colectivos implicados, polo tanto, non ten porque haber ningún tipo de problema, nos, o outro día, nos felicitaron o sector do Turismo, tivemos unha xustanza con todos eles y eles non lles preocupa que estean en un organismo, o que non estean , o que queren é que os escoitemos, que collamos as súas inquedanzas e que as plasmemos en…e as executemos, iso é o que queren eles, vostede falaba aquí que era moito mellor non?, bueno, pois tomar decisións do que hai que comprar, de que colecciones hai que….hombre, os técnicos do Museo, son persoas cualificadas e sabes perfectamente o que teñen que facer, o responsable do Museo, escoitarán a todos os colectivos e, habrá varias fórmulas, formais ou individuais de formas de traballar, ou non van a escoitar a partir de agora os directores do Museo, os responsables do Museo non van a escoitar as persoas relacionadas co Museo ou persoas que están implicadas na cidade, ou na provincia ou en Galicia co Museo, que quere dicir eso vostede?, quere dicir iso vostede?, lle digo rotundamente non, por estar formalizados nunha mesa, sentados nunha mesa e que teñan que vir aquí todos os meses, cree vostede que pode ser mais eficiente é eficaz, se pode escoitar mais o menos a un colectivo de unha maneira o de outra, eu lle digo rotundamente que no, que todo o contrario, mire o que lle digo, todo o contrario, por que a forma de participación democrática como é?, hai unha representación se elixe e esa representación, busca os canles de información e os canles de participación , e lle digo que haberá mais participación , estou totalmente convencido ademais mais participación,sen lugar a dúbidas, por que vostede di: “nos cargamos todos os organismos e os patronatos”, e rotundamente falso, eu lle digo potenciamos e consolidamos que esos servizos se presten mellor e se presten con maior calidade, porque, sabe o que lle digo?, si non tomamos medidas a corto prazo, as Administración terán mais problemas, non haberá o mellor nin para comprar colección nin para facer promocións , nin para xestionar os recursos dos organismos, porque non haberá ingresos e, se non se toman as medidas económicas necesarias e suficientes, teremos problema como teñen moitas Administracións, e nos, non queremos ter ese problema, queremos facelo o revés,tocou a campana, e a campana dixo:”alerta a todos”, e nos estamos en alerta, e por iso estamos planificando, para que esta institución se consolide e que todos os servizos desta institución e o persoal desta Deputación poida ter a posibilidade de que aquí, non vai a haber nin un so recorte a nivel humano nin persoal desta Casa, iso e o que estamos perseguindo con estas decisións que estamos tomando, porque sería moi fácil para nos alegremente dicir, bueno, que vaia a situación económica por onde queira, que os ingresos sexan menores que os gastos, que os gastos se incrementen, e que despois teñamos que pechar servizos , ou redistribuír, ou ter problemas co persoal, nos non queremos iso, queremos todo o contrario, queremos que o persoal deses servizos e o persoal da Casa teñan asegurada a súa posición humana e persoal a hora do seu traballo, iso é o que queremos, iso é o que queremos, ou no mira vostede o que están facendo algunhas Administracións, cuestionado, nos non cuestionamos iso, queremos todo o contrario, dicirlle ao persoal e trasladarlle un mensaxe de tranquilidade, de seguridade e de garantía, que isto que estamos facendo é unha garantía para o mantenemento dos seus postos de traballo e de que eses servizos se sigan prestando, ese é o que pretendemos nos con esta decisión que estamos tomando e, iso, se recolle no presuposto, porque non acudimos a préstamo este ano, podíamos acudir a prestamos este ano, e intentar facer mais inversións, no, porque nos parece riguroso que, o capitulo 1 e o capitulo 2 os teñamos equilibrados, e que poidamos aguantalos e que teñamos unha planificación que, a medio ou a largo prazo, poidan so ir cubrindo as necesidades e as demandas que plantexa o persoal, que se axusten a un traballo ben realizado, iso é o que pretendemos, e vostede ven aquí a falar de “menganito” de “fulanito”, de “administrativa” e do “administrativo”, home é un discurso moi pobre, intelectualmente para vostede, que eu a considero con formación e preparada, me parece un discurso intelectual moi pobre, moi pobre que, ademais de 1000 persoas ou 1500 persoas que están en esta Casa, me fale dun administrativo e de unha administrativa, dende logo que pobre, pobre ou vostede ou pobre o que lle pasa a información, que tamén pode ser, as dúas cousas, fale vostede de outras cuestións, do conxunto, do organigrama, de que quere vostede, como quere que vaia esta Deputación e hacia onde quere que vaia, claro, o que pasa e que vostede non lles gusta o discurso de que se amortizaron 13 millóns este euro, mais 6 do plan económico se van a amortizar, 20 millóns de euros este ano e dicir 3.200 millón das antigas pesetas, mais 13 millóns que se amortizaron o ano pasado, estamos 5.000 millóns que amortizamos en dous anos, iso non lles gusta a vostedes, e que non acudamos a préstamo, podíamos acudir a préstamo e non o fixemos, porque, que queremos, que esta Casa teña débeda 0 no menor tempo posible marcamos un horizonte de 6 anos e o vamos a cumprir, e o vamos a cumprir e para iso hai que tomar medidas e, esta é unha mais das que hai que tomar, unha mais das que hai que tomar, mantendo, volvo a repetirllo para que quede moi clariño, para que ninguén teña ni unha dúbida, aquí están os traballadores desta Casa, a garantía e a seguridade dos postos de traballo de todos os organismos e de toda a Casa, en primeiro lugar, e en segundo lugar buscar a eficacia e a eficiencia e hai si que lle pedimos tamén un esforzo os traballadores. Lle pedimos un esforzo, un esforzo de implicación, de compromiso, porque o estamos pasando mal, todas as Administracións e todas as familias, que ese é o gran problema que temos agora mesmo que che chama emprego, que alguén destruíu 5 millón de postos de traballo, polas políticas que nos se aplicaron adecuadas, nos no queremos ter esa rémora, queremos ter todo o contrario, e por iso estamos tomando estas medidas agora mesmo e , eu creo, que isto esta perfectamente reflexado no noso presuposto que é o ideario do que queremos facer e, esperemos ter o apoio e o compromiso de todos, porque estamos convencidos de que esta é a mellor solución a corto e medio prazo, e cando as costa estean ben , pois os que están aquí, os responsables, que tomen as decisións que teñan que tomar, para ben, para mal, que fagan, que construían, que destruían, o que queiran, nos temos unha responsabilidade de gobernar esta Casa, o vamos a facer, esta Casa, volvo a repetir, ten a solvencia suficiente e ten a liquidez suficiente como para ese dato de pagar a 25 días que é moi importante e para ningún traballador teñen nin un solo problema dos seus, do seus ingresos e dos seus pagos mensuais que é o que estamos facendo e, por iso, se están tomando medidas, algunhas non gustan, home!, a todos nos gustaría vivir na opulencia que viviamos ata agora, pero temos que recortar, temos que recortar e se é 1 millón de euros, pois benvidos que sexan 1 millón de euros, si son 800 mil, pois son 800 mil, e vostede me fala, que tamén lle quero contestar de o tema de Vigo, mire, o tema de Vigo, Vigo ten 300 mil habitantes, solo un tema muy puntual, solo 300.000 habitantes, hai mais de mil colectivos na cidade de Vigo que, sabe cal é a cuestión, que non teñen que vir a Pontevedra a facer a súa xestión , cada vigués que ten que vir a Pontevedra a facer a súa xestión, son aproximadamente, entre gasolina, coche, peaxes, ida e volta, e a parte do tempo que perden, aproximadamente uns 30 e pico, e pico de euros. E dicir,e iso, vostede claro, como viven en Pontevedra non o valoran e, a maiores, ese diñeiros que hai aí é de funcionarios, funcionarios desta Casa que se redistribuíron, outra maneira de buscar eficacia, outra maneira de buscar a eficacia, non son novos funcionarios, son persoas que se redistribuíron desta Casa que, o mesmo exemplo de cada un dos organismos, claro que os organismos autónomos teñen que intentar que con esa, con ese persoal humano que teñen, rentabilizar mellor, mellor o seu traballo, por suposto, pero non é culpa dos funcionarios ,na maior parte dos casos, e culpa dos que diriximos, e polo menos me sinto responsable, como dirixente político que os servizos presten a mellor eficacia e eficiencia na súa prestación, e a veces, e culpa dos responsables políticos, de que non tomamos medidas, pois nos non vai a ser a culpa nosa, nos pedimos os grupos políticos apoio, pedimos ao persoal desta Casa, implicación porque non lles vamos a fallar, todo o contrario, todo o contrario, eles o saben, o saben, esta decisi´ón que estamos tomando lles beneficia claramente a medio e a largo prazo, o saben, o saben, dirano ou non o dirán , pero o saben, e nos , dende logo temos a conciencia tranquila de que facemos o traballo que temos que facer, porque a situación económica é a que é, e que hai que reformular moitas cousas e esta, é unha delas, dende logo, non a única e , non a única, isto , evidentemente, non é a solución a todos os problemas que se poidan plantexar, é unha mais de moitas que hai que tomar e que hai que seguir tomando, con tranquilidade con prudencia pero con algo moi claro, con determinación, o que non podemos é non facer o que consideramos que temos que facer, porque despois, normalmente, sabes iso como se chama, remordimento, se chama falta de planificación e falta de rigor a hora de facer as cousas e nos non queremos que se nos critique por falta de determinación ou por falta de implicación ou de compromiso o de facer o que queremos o que creemos que temos que facer para o ben de todos q, que é no que estamos traballando, porque como vostede comprenderá, vostede o acaba de decir, o acaba de decir, canto mais organismos, en teoría, parece que o mellor para a clase política, pois no, nos estamos facendo o que creemos que temos que facer responsablemente o que temos que facer porque a situación económica é complicada e, dende logo, o noso traballo ten que ser este, Sr. Mosquera e Sr. Santos Héctor, polo tanto, eu lle pido que reflexionen estamos dispostos a sentarnos con vostedes, por suposto, non podía ser de outra maneira, si aportasen algunha cuestión que puidese mellorar, por suposto que temos as portas abertas pero, en calquera caso, que saiban que estamos adoitando a mellor decisión para, para todos e que vamos a seguir traballando nesta dirección. Moitas gracias. Sr.Presidente.- Moitas gracias, por esa claridade Sr. Figueroa. Ten a palabra o Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Grazas, Sr. Presidente. Home, exactamente, polo concreto falou pouco e o que é as contradicións son sublimes, empezando por escoitar, home, que os patronos e a xente que está colaborando co Museo o presidente non queira recibilos, nin se convoque o Consello Asesor, pois é un dialogo construtivo e de alta instancia e respectouso, que collen e fagan segundo lle pareza en persoal, a voz de ordeno e mando, e os sindicatos como se non existirán, pois é un dialogo respectuosísimo e convincente. Que se diga, por exemplo, que o alcalde de Pontevedra, que se meta nos seus asuntos cando ten, é un patrono, o Concello e ten depositada alí obra, pois é respectuoso, educado e moi, moi, moi dialogante.Obviamente, acaban de reafirmar co seu discurso, que está decisión, esta decisión, eu creo que non a tomou que coñece ben esta Deputación.O escrito do presidente, que non a tomou quen coñece ben esta Deputación, de ningunha maneira. A min explíquenme, onte nunha comisión pregunteille a deputada de Pontevedra, no? E repito aquí, e quero que mo expliquen, como é posible que desde xuño, desde xullo ata decembro do ano pasado, e hasta xaneiro, febreiro , marzo e case maio deste ano, estén convencidos de que había que manter o Museo, o ORAL e Turismo e, de repente, pegan un chimpo e resulta que se ven este abaixo se non se mantén, a mín expliqueme que pasou aí, mais que problemas estritamente ideolóxicos e de cargarse o Museo, de cargarseno na súa forma actual. Miren, o enunciado do orden do día, se quere, leo, e ademais di a ver, por exemplo, collamos o do Museo, “Acordo inicial de disolución do organismo autónomo”, eso é o que estamos votando, iso é o que estamos votando, disolución, osea, desfacer, desaparecer o organismo autónomo, como queira, chámelle como queira, eso é o que estamos votando e, obviamente, que pode aforrar, pode aforrar, pode aforrar, mire, claro que se pode aforrar, faltaría mais,faltaría mais, xa lle digo onde porque da vostede unha argumentación que agora están coa Administración Telemática, o sexa, a argumentación para o ORAL, para o ORAL, é que depende informaticamente da Deputación, menuda argumentación, xa lle dixen antes o de Núñez Feijoó, póñanse de acordo, porque Núñez Feijoó vai por outra liña, vale, e para a Sede de Vigo, no, entonces aí non funcionan as novas tecnoloxías e a comunicación e demais, que eu sepa pódense facer todas esas xestións sen eses desprazamentos, moitos mais fácil que fai 10 anos que non había a Sede de Vigo. Tenlle gustillo ter alí a súa oficina e facer un contra poder alí, actuar, en vez de oposición en Vigo, actuar de contrapoder, bueno, pero é a única razón que hai, a única, ninguén a quere solo a quere usted, nestes momentos, gústalle facer de contrapoder alí e repartir as obras do PAC e as subvencións por alí e, xa, e vendelas ben, non vaia a ser, a distancia igual non se sabe a quen se lle venden os favores e claro, pode haber, pode haber problemas, non?, entonces, porque debe ser a única, a única razón, dese tipo e, (ilexible), non me dou, non dou aquí nin un solo argumento, porque xa me dirá, por exemplo, que os seguros non pode sacalos todos xuntos eh, no concurso, porque hai que sacalos por separado?, cóntenmo a vixilancia ou outras cousas, pero, xa que quere falar de política xeral, ustedes son extrañamente partidarios de que a Administración se aproxime e colla os métodos de traballo da empresa privada, verdad?, ben, aceptando esa premisa, vostede sabe que, casi todas as empresas privadas se están dividindo porque funcionar sin cadeas burocráticas extraordinariamente longas onde se diluien as responsabilidades e se crea unha burocracia absurda, o están aplicando todas, todas, están dividindo sección con responsabilidade do que sexa, pois, imaxínese,por exemplo, augas de Barcelona, proposta que ten, a sección de obras, a xestión de xestión financeira, a xestión de prestación de servizos, dividíndoas, dividíndoas, os bancos igual todos están facendo iso, todos, e, por qué?, porque pequenas, pequenas, claro, dentro de un volume, entidades, que teñen un control directo e non teñen esas cadeas de mando, esas burocracias tal, funcionan moito mellor, eh, ustedes son tan partidarios desa empresa, pois tamén lles poño ese dato que pode léelo, sabe perfectamente, que crean, que cren, segregan e demais, aquí vamos na dirección contraria, non hai nin un so argumento, o único argumento é entrar a saco no Museo, e o único argumento que teñen, esa decisión, entrar a saco, disolver o organismo e convertilo, xa están entrando , pero entrar definitivamente, sacarse do medio a toda as persoas que fixeron un esforzo tremendo para deixar hai os seus fondos e para axudar o Museo, violentar absolutamente, absolutamente a historia do Museo e o, vamos, o sentido e a transcendencia que ten, non me saque si en Lugo, en Lugo, gobernou alguén ,creo que era coñecido, Cacharro, durante moitos anos , e demais, o Museo de Pontevedra creo que é un pouquiño mais grande co de Lugo, aparte goberno Cacharro moitos anos, non?, se cadra xa o quería facer daquela e ,agora, quedou, quedou, nesa situación e non me fala do significado do Museo de outras cidades, senón, estamos falando do Museo Provincial, do Museo Provincial de Pontevedra. Eu, repito, eso de que van a dialogar, están demostrando todos os días, acordaron, acordaron,nos reunimos os portavoces, é certo, entonces, resulta que íamos, non se lle entendeu moi ben, agora, visto, se cadra non captamos ben a idea, non?, ou se expresou moi mal, ou cambiaron de idea, como con respecto a disolución dos organismos, de que íamos, como ía a ser para o ano que ven, íamos a ir negociando durante o ano a ver como quedaba isto,si pero que o que quedou isto, foi coller e nos orzamentos mételo. E volver a falar, e temos que falar, temos que falar e agora méteno nas Comisións e no Pleno, eso é o dialogo que ustedes, ustedes teñen, e que digo porque, é obvio que cos sindicatos non teñen dialogo, cos patronos do Museo non teñen dialogo, os arqueólogos enganannos vilmente, mándalles, dicíndolles o que é radicalmente falso, etc, e se cadra alguén entende, por que o din ustedes e coa boca chea, que con nos, falan , negocian, dialogan e hasta teñen en conta o noso punto de vista e o algo similar, pode asegurar, publicamente, que o trato é igual eh exactamente igual, o que están, o que están facendo. Eu, este documento, que non sei se circula por ai, esta proposta do presidente ou non, ou votou unha firma, unha firma tal e, francamente, francamente interesante, repito, pon unha manada de barbaridades, non? e, insiste na centralización funcional, acaba que o fundamental é a centralización funcional, aplíquena, aplíquena, pero a centralización funcional, non é só para os organismos autónomos eh, se cadra é eso, desaparecer outras cousas que ustedes, entenden que é descentralizar, porque claro centralización é o contrario de descentralizar, o contrario de achegar a Administración os cidadanos, segundo fisicamente, claro, suprímalo, aplíqueno estritamente e non sei se o Sr. Figueroa, leu isto, obviamente non é da súa autoría, está claro que no é da súa autoría, e porque non se pode decir…incluso ten erros de tal, inventan un concepto que se chama Administración difusa, iso debe ser unha cousa super especializada que non chegamos aínda, algo que se aprende, o que se aprende e isto o que dixen antes da transparencia de xestión e rendición de contas,o sexa, exactamente, acusar do punto dos organismos autónomos, é exactamente acusalos, acusalos do contrario, onde non hai transparencia na xestión e na, e rendición de contas e exactamente nesta Casa, na Deputación, e exactamente nos organismos autónomos todo o contrario. Miren, eh, eu creo que esto, cremos que isto, hai que reconducilo, hai que reconducilo, non ten ningún sentido que con estas decisións se vaian a enfrentar a todos, todos os que colaboraron no Museo, todos os que teñen hai a súa obra, todos os que fixeron esforzos, as familias, por que a parte, morreron durante anos, para que o Museo chegara…é certo que a Deputación e quen mais cartos puxo ai, é certo, hai que recoñecelo e todo o mundo o recoñece, por iso se acepta, por iso aceptamos incluso a modificación do 2004, de converter o patronato en organismo autónomo, que, en fin, contaron sempre coa nosa colaboración, contaron sempre coa nosa colaboración, incluso, para unha decisión que, agora, están aproveitando, está do 2004, pasar o rodillo, por favor reconsideren, reconsideren, deixen fora do orden do día e, xa que falan tanto de dialogo, pois que o….fagamos unha ronda de dialogo, que non vai a supoñer ningún sobre gasto para esta Deputación , ningún, ningún, teñen ai todas as ofertas encima da mesa, ese pequeno, pequiñisimo gasto que supón, a convocatoria do organismos autónomos, todo o mundo está disposto a renunciar a ela, os funcionarios vai ser igual, que mais da que faga o traballo por un lado ou por outro , en todo caso, pois será cuestión de modificar complementos específicos. Creo que nin ten, nin esa urxencia, nin e un paso deste calibre, que se está fusilando a historia de 85 anos, con persoas de todo corte e condición que colaboraron aí, non debían tómalo así alegremente, non o debían facer, non queremos digamos, que isto vaia os últimos extremos, sentémonos, déixeno sobre a mesa e sentémonos, sentémonos, saben que ten, van a ter toda a colaboración, tuverona hasta agora, tuveronna sempre, vana ter, enfriemos a cabeza, enfrien a cabeza eh, sentémonos, sentémonos, porque non vai a rematar ben e, non hai ningunha xustificación, non hai, ustedes teñen os seus talibáns ideolóxicos, eu sei que sería feliz enchendo o Museo de mantillas ou de…ou de…ou de…. vamos ou de motivos taurinos, ou cousas dese tipo, ben, ou facendo un centro social, verdade?, para xogar as cartas, ustedes tenlle iso, seino perfectamente, home , pero teñen a responsabilidade de gobernar aquí, eh, o Museo non naceu para iso pódese cambiar a xestión para no convertelo, non convertelo, nunha chirigota, e non tratando como un “chiringo” administrativo, que é como están facendo, por favor, en fin , a oferta está aí, reiterado de mais, teñen maioría, poden levantar a man, creo que non debían facelo, a oferta esta aí. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. A verda é que… A sesión vese interrompida por gritos. Sr. Presidente.- A verdade é que, despois do que levamos escoitado, Sr. Mosquera é para sonrojarse un poco, o que pasa e que vexo e que non…está impasivo, co que acaba de dicir, pero bueno, vamos a seguir polo que , de algunha maneira, está marcada no día de hoxe, que non é outro que a aprobación do inicio destes expedientes, non sei se o Sr. Santos Héctor ten algunha cuestión que añadir. Sr. Rodríguez Díaz.- Eu, porque o apaguei parece que facía algunha interferencia, pero tiña solicitada a palabra… Sr. Presidente.-Non, foi coas palabras do Sr. Mosquera houbo algunha interferencia, no é de extrañar que houbera algunha interferencia. Sr. Rodríguez Díaz.- Bueno eh, moi breve. Primeiro, dicir que estes organismos autómonos os crearon vostedes, o Partido Popular que leva gobernando, aquí nesta Deputación, púes, toda a vida, polo tanto, son organismo que vostedes crearon e que xestionaron durante todos estes anos e dúas cuestións, primeira e que o discurso que se está a facer, non se corresponde ca , ca realidade, para nada ca realidade, sobre todo na parte que non toca a estes puntos, o primeiro é cando se fala de austeridade, mire, cando se presten servizos públicos, como é o caso desta Administración, o que ten que facer é prestalos con eficacia e con eficiencia e ai ben a boa utilización dos recursos humanos e tamén económicos, e Sr. Figueroa, vostedes non acuden a préstamo porque non poden, e que non poden acudir a préstamo, teñen ca débeda que teñen non poden, teñen que amortizar, non poden acudir a préstamo. E non aportan nada que xustifique esta disolución , para nada, e que poida cambiar a nosa, a nosa postura, porque mire no informe do interventor do 21 de xuño 2012, na conclusión di, di, cando usted fala de austeridade, de presupuesto, de boa xestión, tal. Tal…dice e leo textual:”creo que se debería controlar o cumprimento dos orzamentos, evitar inflar os ingresos e a realización de gastos fora do orzamento, iso quere dicir, que se estaba a facer ou se está a facer, polo tanto, creo que incido de que non se corresponde o discurso coa realidade da xestión, dito isto, dito isto, desde o Grupo Provincial Socialista estamos dispostos a sentarnos, como vostede ofreceu hoxe e, reiterando un ofrecemento que xa fixera anterior para estudar como xestionar estes organismos e, dende logo, tamén que se teña en conta os repres…os traballadores e os seus representantes tamén , para que teñan suficiente información e que poidan , tamén, dar a súa opinión porque estes, tamén, estou seguro de que son moi vos profesionais, igual que os que usted manifestaba anteriormente que facía informes, nos estamos convencidos de que si, polo tanto, seguimos, reiteramos que se retiren estes puntos do días, que estamos dispostos, o Grupo Provincial Socialista a sentarnos dende logo para estudar, como facer con estes organismos. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Santos Héctor, ten a palabra o Sr, Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Mo breve para rematar, porque creo que se esta reincidindo no mesmo mensaxe inicial. Mire Sr. Mosquera, claro que as empresas privadas están intentando facer áreas funcionais pero, tamén vostede non di a segunda parte que están intentando centralizar toda a parte administrativa iso, o sabe, e intentar buscar a mellor xestión co menor custe posible, e iso vostede o sabe, e iso é o que estamos pretendendo aquí precisamente e intentar centralizar, única e exclusivamente a funcionalidade administrativa, e dicir, que é o que queremos, para que?, para intentar rentabilizar ao máximo os recursos humanos e económicos que temos, e lle volvo a repetir, lle volvo a repetir, que vamos a aforrar moito diñeiro, vamos a aforrar e vamos a prestar o servizo, o servizo coa maior eficacia e eficiencia non teño ningunha dúbida e o persoal desta Casa é un persoal moi cualificado e, a veces, aquí se falou de que estes organismos os constituímos nos , o noso grupo político, si, é certo, pero, hai que evolucionar, que queremos, seguir vivindo nos tempos pasados que eran outros, no, e que cambiou os tempos para todos, para todos, e a clase política ten que dar resposta a unha demanda que hai cidadana, por que para iso somos os representantes de todos os cidadáns e, por iso, nos están demandando continuamente que, a unha seria de problemas que hai, hai que darlles solución, non hai que quedar de brazos cruzados, e o tempo, dará ou quitará a razón, eu estou convencido que nos vai a dar a razón sen lugar a ningunha dúbida, que é un esforzo, que é un cambio de mentalidade, evidentemente, claro que é un cambio de mentalidade, claro que é un cambio de mentalidade, chegar e dicir, hoxe vou a facer, a traer a colección de non sei qué, bueno, pois vale, pois, 500 mil, 600 mil, 700 mil, 800 mil euros, bueno, pois vale, como se fixo ata agora, pois agora no, agora, haberá que, o mellor todos os museos da provincia de Pontevedra, pois haberá que buscar unha rede museistica, haberá que traballar cos concellos, teremos que sentarnos, teremos que facer mais con menos, teremos que buscar fórmulas imaxinativas, etc, etc, etc, porque , o mellor, non hai a posibilidade de facer unha, de traer unha colección para cada un dos Museos e non hai a posibilidade de que cada un dos museos este especializado porque non hai ingresos nin hai medios económicos para facelo, porque as empresas non están esponsorizando, e porque nas empresas vana facer recortes e nos que facemos, os políticos de brazos cruzados, isto funciona normal, seguimos así, e cando chegue final de mes ou dentro de un ano ou de dous anos a teñamos que facer unha reestruturación da plantilla, e digamos capitulo 1, está disparado, a culpa dos políticos que non tomaron decisións, capitulo 2, gasto corrente inflado, nada, despilfarran, pois no, polo menos temos que inténtalo, temos a obriga moral e a responsabilidade política de intentalo, de intentalo e nos consideramos que non é intentalo estudamos ben, o analizamos ben, non é unha medida improvisada, non é fruto da casualidade e fruto de reflexións políticas, de reflexións técnicas e de datos que nos pasan.E como isto non xenera inseguridade, non vai a xenerar debilidade nos recursos humanos nin problemáticas sociais nin laborais, porque non, todo o contrario, os traballadores o saben, o saben, o saben, que non é igual pertencer a un organismo autónomo que pertencer a unha institución como a Deputación, laboralmente, o saben, o saben. Saben que teñen mais seguridade e mais tranquilidade, o saben, polo tanto, implicación primeiro de toma de decisións e de determinacións, que era moi fácil cruzarse de brazos, en segundo lugar, consideramos que está decisión non prexudica en nada a xestión , nin a imaxe, nin o que queiramos facer, todo o contrario, temos que buscar fórmulas de colaboración entre todos, e vostede fala do Museo, pero lle podemos falar de Turismo, do ORAL, de buscar explicacións entre todos os concellos, temos que aunar esforzos, esforzos entre todos e, vostede fala do Museo e, eu lle digo, o Museo de Pontevedra, quen tivo maior determinación e decisión á hora de facer as inversións que son criticadas por algúns de vostedes si falan aquí ou falan en Vigo, que é unha hipocresía a que teñen vostedes, home, si se trasladan a Vigo, falan de outra maneira distinta, falan como un mal endémico do Museo de Pontevedra en detrimento de Vigo, que debía de caerlles a cara de vergonza, hombre, eu defendo ao Museo de Pontevedra en Vigo e o defendo aquí, pero no pleno de Vigo , tamén, e algún non, algúns o critican como fórmula de exemplo do que no hai que inverter, lle pomos cara, e nomes e apelidos?, dalgúns dos que están aquí, que din aquí unha cousa e, alí, outra, iso se chama caradura política. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Figueroa. A verda e que esa é a realidade, por moito que nos pese, verdade, Sr. Mosquera?. Esa é a realidade. E como agora me pasaba unha nota os compañeiros dos medios de comunicación, vou a aproveitar este momento para distendir, para distendir sobre o importante, e lles vou a confirmar , evidentemente, que hoxe estamos diante dunha extraordinaria noticia, que afecta, primeiro hai que pensar na situación deste pais, na situación económica e de emprego e, despois, hai outros acontecementos que generan actividade económica para este pais e generan ,evidentemente, expectativas boas para este pais, que é precisamente ese acordo que estamos para firmar, por que xa esta o borrador en esta Casa desde fai dúas semanas, o acordo e esa extraordinaria noticia para a provincia de Pontevedra e que levamos meses, ademais esperando, que é a capacidade negociadora, unha vez mais, que ten esta Casa, para que o vindeiro día 7 de setembro, a Selección Española de fútbol pois este inaugurando o Estadio de Pasarón…. (Interrompese o Pleno con gritos e asubíos) Sr. Presidente.- ….lle quero dicir Sr. Mosquera, que me gustaría que este, que esta escombrera, que vostedes teñen aquí, esta escombrera que vostedes teñen aquí, e que me atrevo a enseñala aquí, me gustaría que desto e do que teñen que preocuparse, desta escombrera, que teño aquí, que é única responsabilidade súa, esta é a escombrera da que teñen que preocuparse que levan seis anos cun campo terminado por esta Casa coa financiación do Concello e seis anos eh, veñen aquí a preocuparse de demagogia e non se preocupan, precisamente, de resolver isto que teñen aquí, levan, exactamente 6 anos con todo esto, pero non nunha parte sola eh, son evidentemente, todos os alrededores de Pasarón, fíjense como están, todos, grada de tribuna, grada de preferencia e, despois, veñen aquí a traernos demagogia, demagogia, de si Museo si o Museo no, esta é a realidade, esta é, precisamente, a realidade, esta é toda a realidade do que vostedes fan, e si quere traio mais, traio mais, porque hai bastante mais, xa que están aquí os de arqueoloxía, miren os 3 millóns de euros que levan gastados de arqueoloxía que están aquí, miren os 3 millóns de euros como están, isto é como están en Pontevedra, gastaron 3 millóns de euros e, agora mesmos, so é todo unha escombrera, miren como está a Casa do Concello de Pontevedra, esta é a Casa do Concello de todos os ciudadanos de Pontevedra, miren como están, que o contemplen eh, miren como está a Casa de todos os Pontevedreses, este é como está o Concello de Pontevedra, isto, e isto é como esta o Concello de Pontevedra, contemplen mais….e isto é como está, tamén, evidentemente, A Parda, A Parda, cuestión que se firmou un convenio, igual que o firmamos coa Deputación e o Concello para facer Pasarón, Pasarón, cinco veces maior de custe, isto cinco veces menor e, en seis anos, foron incapaces de resolvelo e , agora, ten as herbas mais altas que a propia obra, fixese como está, e se iso non fóra pouco, evidentemente, se isto non fóra pouco, a maior verguenza de esta cidade, está precisamente en que, agora mesmo, hai tres oficinas de turismo en Pontevedra, unha, evidentemente en Pontevedra, como vostedes teñen un acordo de goberno bipartito, non son capaces de…dalgunha maneira de xestionar ben, aínda que custe o dobre, non importa porque quen o pagan son os cidadanos, teñen unha oficina de turismo vostedes, outra tamén, que hai que criticar e que hai que criticalo tamén, aunque sea a Xunta de Galicia, outra a Xunta de Galicia en Pontevedra e outra a Deputación, cuestión que eu lle puxen encima da mesa para que , entre todos, fixeramos unha sola, pero como viven da herencia e do apoio da muleta do Partido Socialista, non pode levala a cabo e non poden pechar algo que debían pechar, isto é o que teñen que facer vostedes Sr. Mosquera, isto, isto é o que, de algunha maneira, vostede di: “no e que queren entrar a saco”, a saco e onde queren entrar os ciudadanos en poñer orden Sr. Mosquera, poñer orden. Ve como está todo iso, ve como está o exterior do Estadio de Pasarón que de algunha maneira foron vostedes, ademais, quen dixeron que había que construílo aí, e pasaron 6 anos e é unha auténtica escombrera, ve como está iso, ante unha noticia , por exemplo, que é a que acabamos de acordar agora, para que a Selección Española de Futbol esté en Pasarón o próximo día 7 de setembro e que estea tamén en Vigo e reformar o campo de Coia de Vigo, todo iso, e a capacidade de xestión que ten esta Casa e non o cuento barato, que a xente agora, esta cansada de cuento barato, Sr, Mosquera, esa é a diferenza como xestionan uns e como xestionan outros, e para os de arqueoloxía lles paso isto, isto é de algunha maneira o que teñen que ver, isto (gritos e asubios na Sala ), tres millón de euros,mira como están,tres millón de euros ¿vedes como está isto, verdade, xestores?,o Partido Socialista, Partido Socialista e mailo Bloque Nacionalista Galego en Pontevedra, este é o arqueoloxía, vale?, ese é para que teñan constancia de cómo se xestionan as cousas por uns e mais por outros, e ustedes que aplauden, ustedes que aplauden os nacionalistas, pois aplaudan tamén, creo que están pola labor de que aplauden isto, verdade?, aplauden como está isto, aplauden como está isto, aplaudan, aplaudan, aplaudan, como está isto!, (aplausos en la sala), isto é como está, eh, en estado de abandono e gastaron 500 millóns de pesetas, 500, 500 millóns de pesetas, gastáronse aquí, ve como está isto, e despois veñen aquí con demagogia barata, si imos a suprimir o Museo o imos….pero vamos a ver, home, pero por favor!, ai que ter un pouco de coherencia, Sr. Mosquera, un pouquiño de coherencia, eh, polo tanto, cando, de algunha maneira, fale de que imos a entrar, evidentemente, a saco, a saco entraron vostedes en algún goberno municipal o non se sabe como entraron en Allariz dando unha patada na porta, non se acorda deso, por favor! (gritos e asubios), o sexa que polo tanto, vamos, vamos a poñer un pouco de orden e ademais, e a respectar, por certo, respectar a persoa que vostede mencionou antes, Sr. Mosquera, e lle informo que…. Sr. Presidente.- (Dirixíndose a sala):Se queren estar dentro deste Pleno, vano a facer con orden, piden a palabra e, problamente, lles escoitemos cando queiran, sen ningún problema, pero van a respectar o turno de palabra, de acordo, porque se non, evidentemente faremos outra cosa, porque eu estou disposto aquí, nos temo lo día por nos, escoitamos o tempo que queiran sen ningún problema, vale?, e falan , aplauden, ou que sexa pero, respectándonos todos, que iso é moi importante. Sr. Presidente: Lle quería pedir Sr. Mosquera, que en relación que dicía usted que daba cursos, o curriculun desa persona é licenciada do en Dereito e Ecónomicas, e tamén e Máster en Xestión Pública o que temos de director de xestión do Museo, por si usted non ten boa memoria, llo recordo, para que teña os datos ben puntualizaditos, e non se olvide do que lle acabo de dicir que é moi importante. Sr. Mosquera ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Si home, empezando polo final, Sr. Presidente e ten un mérito elevadísimo que é de Ribadumia, pero non quero entrar aí que entrou usted e xa queda aí. Mire, levo aquí uns cuantos anos e , francamente, estou abochornado, Sr. Presidente que se dedique a provocar ao público, que se dedique a facer está telderetada a ver, con que autoridade, si mañá o noso grupo, o público ou grupo de enfrente ven facer unha telderetada aínda mais gorda, vaille dicir que non a pode facer. E usted quere comparar, quere desviar a tención, nótoo moi fora de si, moi irritado, moi descentrado, ben, metéronlle na cabeza non sei que, porque estou convencido que non é nin decisión súa, estou plenamente convencido, e falo , xa, persoalmente, non politicamente, non é condición súa, e como se chama iso, iso é unha chuta en vena, entroulle aí o nervo e se pon así, pero mire comparar……montar esta teldereteda é unha vergonza, pero permite, estamos falando, estamos falando, creo que onte se entregaron as medallas Castelao, verdade?, co que significa, foi instaurado por ustedes, e estamos falando de cargarse o legado, eh, de Castelao, de Casto Sampedro de Filgueira, etc. Estamos falando de cousas moi serias como para facer este espectáculo absolutamente bochornos, Sr Presidente. Sr. Presidente.- Pero conteste. Sr. Mosquera Lorenzo.- Tranquilícese. Sr. Presidente.- Pero contésteme, contésteme a esto. Sr. Mosquera Lorenzo.- :Tranquilícese, cálmese, mire, contéstolle cando queira, está contestado. Sr. Presidente.- ¿En onde? Sr. Mosquera Lorenzo.- Xa lle dixen mil veces. Mire, usted ten unha vocación enorme de ser oposición en Pontevedra, porque non se presentou?, inviteino a presentalo nas pasadas eleccións caramba!, presentarase, preséntese en Pontevedra, que eu comprendo que é un posto,…a oposición en Pontevedra é un posto dignísimo, non dignísimo, fundamente, eu creo que debía presentarse, debía presentarse eh?, enténdame, e vir aquí a facer, a facer esta telderetada, francamente, e denigrante, Sr. Louzán, está claro que está fora de si… Sr. Presidente.- Claro. Sr. Mosquera Lorenzo.- E reconsidere… Sr. Presidente.- Fora de si está (ilexible) Sr. Mosquera Lorenzo.- Reconsidere, enfriese a cabeza, enfriese a cabeza, tranquilícese, creo que, sempre, si cando usted tivo a ben, cando usted tivo a ben non, non, ter esta vena ideolóxica pasada de punto, eh?, senón sentarse a falar razonablemente, sempre se poden resolver os asuntos, esta claro que, este non quere resolvelo, porque ten tomada a decisión de entrar ao asalto coas súas huestedes políticas, non? de….no Museo de Pontevedra e cargarse a traxectoria desta institución, pense, pense, Sr. eh. Sr.Louzán, pénseo de verdad e esta telderetada, francamente, eu creo que non debía constar en acta, Sr. Secretario, creo que non debía constar en acta, publicamente, obviamente, vai saír, pero non debería constar., porque francamente, creo que é, que o Sr, Presidente da Deputación, porque haberá que poñerlle:”perdeu os papeis, púxose a vociferar, e dixo, e aparte…metéuse, provocou ao público e demais, creo que, francamente, para unha presidencia é, a usted e a calquera é ,francamente, indigno. Sr. Presidente.- Moitas Sr. Mosquera, pero, parece ser que non ten ningún argumento para poder contestar, que pobre, que pobre, telderetada xa a ten vostede aí que lle aplaudiron, parécelle pouca telderetada iso é a telderetada que vostede ten, polo tanto non ten ningún problema, quen trae o telderete .Vostede ou eu?, eu traigo realidades, eu traigo realidades, usted me di e me confirma que se gastaron 3 millóns de euros e que agora están tirados aí, si o non?, sabeno todos os pontevedreses?, si, vostede sabe que gastaron no Estadio de Pasaron 20 millóns de euros e que vostedes non contorno do Estadio de Pasaron, que está todo feito un espectáculo mais que bochornoso que non foron capaces de gestionar en 6 anos vostede ratifica iso ou non?, e realidade ou non o é?, e realidade?, e realidade? Pois si é realidade, usted me xustifica, tamén, que a zona da Parda, que foi firmado o convenio, o mesmo tempo que este, que esta absolutamente en ruínas, e agora mesmo e mais alta a herba do que son as obras que se habían iniciado alí, e verdade ou non é verdade?, e verdade que o Concello de Pontevedra ten a súa Casa, que é a Casa principal de todos os pontevedreses, a cair, que lle caen as ventanas, e verdade ou non é verdade, pero que oposición?!, e vostedes me veñen a dar leccións a min aquí e a este grupo de goberno, pero leccións de qué de qué?, ustedes cumpriron, evidentemente, con algo desto, ustedes cumpriron coa a lealtad que puxo en marcha a Deputación para firmar un convenio e facer unha actuación e terlle un campo rematado como pedían a inmensa maioría dos ciudadanos de Pontevedra, ustedes cumpliron con eso?, ustedes, creen normal, creen que é normal que despois dos anos que pasaron que teñan todo eso aí, en estado de abandono, pero que me está dicindo telderetada, esta é a realida, nos, os políticos non vivimos ajenos á realida, hai algúns que si, nos vivimos ajenos…temos que vivir pegados ao suelo do que demandan os ciudadanos, e os ciudadanos demandan que eso é un auténtico espectáculo bochorno do Concello de Pontevedra e que nos veñan a dar vostedes leccións aquí?!, home ojalé, os mismos que viñeron aquí, evidentemente, hoxe acompañados do alcalde, espero que tamén demanden esto, que demanden o mesmo, porque é unha circunstancia de necesidad, de justificación necesaria para a cidade de Pontevedra, como van a ter eso en estado de abandono como teñen case todo, pero por favor, home.Ustedes queren vir aquí a darnos leccións a nos, pero hombre, era o que nos faltaba, era o que nos faltaba!, sabendo, ademais, que a Deputación foi quen, de poñer en marcha a maior inversión da historia nunca feita antes en Pontevedra, coa construción dese Estadio de Pasarón, coa adquisición do Palacete das Mendoza, coa construción do novo espacio do Museo, coa construción da Ponte de Monteporreiro, coa construción da piscina olímpica de Pontevedra, pero ustedes que?, que se creen vostdes?, pero que se creen home?, por favor!, o que teñen e que estar , evidentemente, moi caladiños, e marchar, marchar, moi caladiños, que xa bastante herencia nos deixan con todo esto que deixan aí, pues, prácticamente, arruinado, arruinado. E despois, aínda teñen a desfachatez, a desfachatez, de dicir :”no e que os gastos do Museo de Pontevedra, para non desmontar o patronato”, quero recordarlle , por certo, que o patronato xa non existe dende o ano 2005, desde o ano 2005, no os gastos correría o Concello de Pontevedra, pero si vostedes non lle pagan nin a SOGAMA, que teñen unha sentencia firma para pagarlle a SOGAMA, non lle pagan ni a SOGAMA, e dicen vostedes que van a correr cos gastos do Museo de Pontevedra, pero vamos a ver home?!, sean minimamente coherentes, e serios o andan de cachondeo permanente, están de cachondeo permanente no?, porque eso, claro, como ultimanente hasta o alcalde, cousa nunca vista, aproveitándose dun cargo público se fai auto homenaxes. Era o último que podíamos acabar de ver en esta ciudad, pero claro, eso solo pasa en partidos que como vostede di, partidos que fan, que queren facer un asalto, partidos que queren facer un asalto, pois, solo fan auto homenaxes, apoiándose, ademais, na propia responsabilidade que ten institucional, e decir, non teño que facerme un auto homenaxe de vinte e cinco anos, primero a mitad na oposición e despois outra mitad no goberno e despois , bueno pois alá, nos poñemos todas as medallas, algo insólito, cando a cidadanía, esta preocupada polo que está preocupada, e vostedes facéndose auto homenaxes, pero claro eso é a realida, eso son os problemas de verdad da Cidade de Pontevedra, e despois di vostedes que me poño ner…..nos no necesitamos ningún tipo de telderetada, nos necesitamos realismo e vostedes , tamén, e necesitan unha cura de humildad moi grande, unha cura de humildad bastante grande, pero tranquilo que todo chegará, todo a su tiempo. Vamos a proceder polo tanto a aprobación dos puntos….. Sr. Secretario.- Han pedido retirar el asunto.. Sr. Presidente.- Bueno votamos primeiro a proposta do Partido Socialista, ¿no?. Sr. Secretario.- si, si. Sr. Presidente.- Que propoñía o retirar estes asuntos do orden do día, votos en contra?, abstencións?, a favor?. Sr. Secretario.- Ahora ya la votación final de los siete puntos… Sr. Presidente.- Ahora votamos os sete puntos, tal e como estaba na orde do día do Pleno, votos en contra?, abstenciós?, a favor?. Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1.- Disolver o O.A.L. Escola de Canteiros de Pontevedra creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2.- Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 28 de setembro de 2005 e publicados no BOP nº 191 de 4 de outubro de 2005. 3.- Integrar no Servizo da Escola de Canteiros todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4.- A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5.- A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6.- Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 324, promoción educativa. 7.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.- Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 7.6230.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO)” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1.- Disolver o O.A.L. “Instituto para a promoción e equipamento do solo da provincia de Pontevedra (IPESPO)” creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2.- Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 29 de decembro de 2004 e publicados no BOP nº 38 de 24 de febreiro de 2005. 3.- Integrar no Servizo de Infraestruturas todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4.- A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5.- A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6.- Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 156, promoción de chan industrial. 7.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.- Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 8.6231.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1.- Disolver o “Organismo Autónomo Provincial de Xestión de Recursos Locais (ORAL)” creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2.- Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 30 de xuño de 2004 e publicados no BOP nº 165 de 26 de agosto de 2004. 3.- Integrar na Tesourería todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4.- A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5.- A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6.- Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 932, xestión do sistema tributario. 7.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.- Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 9.6232.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “CAIXA DE ANTICIPOS DE COOPERACIÓN” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1.- Disolver o O.A.L. “Caixa de Anticipos de Cooperación” creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2.- Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 26 de setembro de 2008 e publicados no BOP nº 195 de 8 de outubro de 2008. 3.- Integrar no Servizo de Cooperación todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4.- A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5.- A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6.- Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 942, transferencias a entidades locais territoriais. 7.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.- Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 10.6233.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “MUSEO PROVINCIAL DE PONTEVEDRA” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1. Disolver o O.A.L. “Museo Provincial de Pontevedra” creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2. Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 28 de setembro de 2005 (publicados no BOP nº 191 de 4 de outubro de 2005) e modificados en sesión plenaria de 29 de novembro de 2006 (publicados no BOP nº 32 de 14 de febreiro de 2007). 3. Integrar no Servizo do Museo Provincial todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4. A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5. A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6. Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 333, artes plásticas. 7. A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8. O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9. Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.-Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 11.6234.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO ORGANISMO AUTÓNOMO LOCAL “TURISMO RÍAS BAIXAS” E DERROGACIÓN DOS SEUS ESTATUTOS Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1. Disolver o O.A.L. “Turismo Rías Baixas” creado e tutelado pola Deputación Provincial, tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2. Derrogar os seus Estatutos aprobados definitivamente en sesión plenaria de 28 de setembro de 2005 e publicados no BOP nº 191 de 4 de outubro de 2005. 3. Integrar no Servizo de Turismo todos os servizos, actividades e persoal que se viñan realizando polo O.A.L. 4. A Deputación asumirá o persoal funcionario, laboral e de confianza que, a data de disolución, preste servizos nos distintos organismos que se disolven e cuxos contratos estendan a súa vixencia mais ala de dita data. O persoal adscribirase os servizos da Deputación que asuman as funcións dos organismos que se disolven. 5.- A Deputación subrogarase nos contratos que celebrados polo OAL excedan a súa vixencia máis ala do 1 de xaneiro de 2013. 6.- Integrar o O.A.L. no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 432, ordenación e promoción turística. 7.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 8.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación dos estatutos polo Consello Reitor do organismo. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación dos estatutos polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación dos estatutos de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de estatutos no BOP. 9.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 10.-Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 12.6235.- ACORDO INICIAL DE DISOLUCIÓN DO CONSELLO REITOR DO “CENTRO PROVINCIAL DE ASESORAMENTO MUNICIPAL (CPAM)” E DERROGACIÓN DO SEU REGULAMENTO Dada conta da proposta da Presidencia, o Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, acorda por maioría cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e BNG: 1.- Disolver o “Centro Provincial de Asesoramento Municipal (CPAM)”, organización especializada para a xestión directa do servizo tendo iso efectos a partir do 31 de decembro de 2012. 2.- Derrogar o seu Regulamento aprobado definitivamente en sesión plenaria de 4 de novembro de 1988 e publicado no BOP nº 258 de 8 de novembro de 1988. 3.- Os seus servizos e actividades serán prestados polo Servizo de Asistencia Intermunicipal. 4.- Integrar o Centro no orzamento e contabilidade da Deputación co código de grupo de programa que tiña actualmente, en concreto 923, servizo de asistencia intermunicipal. 5.- A consolidación contable dos seus bens, dereitos e obrigas que pasara a reflectirse na contabilidade da Deputación producirase con efectos de 1 de xaneiro de 2013. 6.- O procedemento a seguir para a disolución será o seguinte: - Acordo de disolución e derrogación do seu Regulamento polo Consello de Administración do CPAM. - Ditame da comisión informativa correspondente. - Acordo inicial de disolución e derrogación do seu Regulamento polo Pleno da Deputación. - Exposición pública por un período de 30 días, mediante anuncios no BOP. - Acordo definitivo de disolución e derrogación do seu Regulamento de forma expresa (se se presentan reclamacións), ou automático (se non se presentan). - Publicación do acordo definitivo de disolución e derrogación de regulamento no BOP. 7.- Dar coñecemento ós seguintes organismos: Administración Estatal (Base de Datos Xeral de Entidades Locais do Ministerio de Economía e Facenda, Axencia Tributaria), a Comunidade Autónoma (Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza e Consellería de Economía e Facenda), Instituto Nacional de Estatística e a Seguridade Social. 8.- Facultar ó Sr. Presidente para a execución deste acordo. 13.6236.- MOCIÓN DA PRESIDENCIA SOBRE O NOMEAMENTO DE REPRESENTANTES DA DEPUTACIÓN EN ÓRGANOS COLEXIADOS Sr. Presidente.- :Moción da presidencia sobre o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados.Ten a palabra o Sr. Secretario. Sr. Secretario.- La moción de la presidencia es sobre el nombramiento de representantes en la Comisión de Investigación de Sistemas de Información Geográfica y Cartográfica de la Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestructuras y se propone como titular a Dª. Begoña Estévez Bernárdez y suplente a Dª. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Sr. Presidente.- Votamos, votos en contra?, do punto número 13 da Moción da presidencia sobre o nomeamento de representantes da Deputación en órganos colexiados.Abstenciós?, a favor? Dada conta da comunicación da Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas da Xunta de Galicia, pola que se solicita a designación dun representante e un suplente na Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica que establece o Anteproxecto de decreto para a creación da citada Comisión. Considerando que o art. 58 c) do Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais determina que corresponde ó Pleno a designación de representantes da Corporación en órganos colexiados. Polo anteriormente exposto, e á vista do ditame da Comisión Informativa de Réxime Interior e Persoal, o Pleno acorda por maioría, cos votos a favor do PP e as abstencións do PSdeG-PSOE e do BNG, o seguinte acordo: Designar representantes da Deputación Provincial de Pontevedra na Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica, ás seguintes Sras. Deputadas: .- Comisión de Coordinación de Sistemas de Información Xeográfica e Cartográfica: Titular: Dona Begoña Estévez Bernárdez Suplente: Dona Ana Isabel Vázquez Reboredo 14.6237.- MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PPDEG PARA MOSTRAR O APOIO DA SOLICITUDE Á UNESCO DA DECLARACIÓN COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE DOS LUGARES COLOMBINOS DE ESPAÑA: SANTA FÉ; PALOS DE LA FRONTERA E BAIONA A REAL Sr. Presidente.-Punto numero 14. Moción, moción do Grupo Provincial do PPdeG para mostrar o apoio da solicitude á Unesco da declaración como patrimonio da humanidade dos lugares colombinos de España: Santa Fé; Palos de la Frontera e Baiona a Real. Ten a palabra o Sr. Alcalde de Baiona, D. Jesús Vázquez Almuíña. Sr. Vázquez Almuíña.- Moitas gracias, Presidente. Gracias compañeiros diputados. A moción que presentamos aquí, é para tratar de que a Deputación sea un dos organismos públicos pero tamén privados, que van a colaborar en la solicitud que os concellos de Palos da Frontera en Huelva, de Santa Fé de Granada en Granada y Baiona la Real, queren facer que sean considerados patrimonio da humanidade, como pobos colombinos, como saben vostedes maís alá dos 5 siglos en Granada se firmaron as capitulacións que é o contrato entre os Reyes Católicos e o grupo que capitaneaba Cristóbal Colón con a idea de buscar novos rutas comerciais, xa que, debido a caída de Constantinopla había un problema moi importante no comercio entre Europa e Asia e o que propuxo Cristóbal Colón era buscar una salida polo oeste para o comercio, como decía antes con Asia. Fruto desa expedición que salíu de Palos da Fronteira en 1492 é o descubrimento de un novo continente e á volta des viaxe o primer pobo que tuvo conocimiento na vella Europa foi o concello de Baiona, a través de Martín Alonso Pinzón, que capitaneaba a carabela Pinta e unos días despois, catro días despois, foi Cristóbal Colón que ca carabela que quedou, que sobreviviu a una importante tormenta, chegou a Lisboa coa Niña e de alí pois , tanto una como outra se dirixiron ao porto orixinal de Palos de la Frontera.Baiona, esta hermanada, desde 1975, hai un erro aí na moción, Sr. Secretario se pode correxir, que fala de 1965 e é 1975, esta hermanda con Palos de la Frontera e un pouquiño despois tamén se hermanou con Santa Fé de Granada entre os tres, desde entonces, teñen unha relación importante a nivel cultural a nivel de deportivo e tratando de promocionar este lazo de un feito que creemos que foi importantísimo e fundamental. Con data 9 de decembro de 2009 o concello de Palos da Frontera en Pleno adoptou un acordo de adhesión á proposta presentada pola xunta directiva da asociación de Estudios Iberoaméricanos e Colombinos da Rábida, na que solicitaban, naquel momento, que tanto a Rábida o Monásterio da Rábida como os lugares da provincia de Huelva vencellados ao descubrimento de América fosen declarados patrimonio da humanidade pola UNESCO, tamén, que sexan considerados, de feito, lugares de encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións. Posteriormente, en reunión entre os tres ayuntamentos, entre os tres concellos, subscribimos un manifesto común onde propoñíamos a UNESCO, que foran os tres lugares colombinos de España declarados patrimonio da UNESCO., pola importancia que supoxo este feito cultural e histórico. No 2 de marzo de 2012, os alcaldes dos pobos irmanados de Baiona, Palos e Santa Fé, firmamos unha declaración institucional pola que soicitan que se declaran patrimonio da humanidades aos lugares colombinos de España, por todas estas anteditas razóns o Grupo Provincial do Partido Popular somete a consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra, está moción para que se adopte o seguinte acordo: apoiar a solicitude de Baiona la Real, Palos de la Frontera e Santa de Granada, para que as tres localidades hermanadas e unidas pola história colombina sexan declaradas pola UNESCO, patrimonio da humanidad en lugar de encontrodas Comunidades Iberoamericanas de Nacións.e instar a Xunta de Goberno de Galicia ante o Consello de Patrimonio Histórico a citada proposta e que se inclúa na lista de patrimonio mundial como lugares colombinos e por tanto que Baiona a Real, Palos de la Frontera e Santa Fé de Granada opte a ser declaradas pola UNESCO, patrimonio da humanidade, como digo, o procedimiento habitual é que sea aprobado polos concellos respectivos e despois que se transmita a través da Xunta de Goberno de Galicia e da Junta de Andalucía, pois unha proposta a o Goberno de España para que poda entrar, digamos que, dentro das solicitudes nacionales que presenta anualmente cada un dos paises, por eso, sin mis, pediría a todos os diputados desta Cámara que puideran apoiar esta petición. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Vázquez Almuíña. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.- Moitas gracias.Simplemente para anunciar que apoiamos a proposta. Sr. Presidente.- Moitas gracias. Polo tanto procedemos á votación do punto número 14 da moción do Grupo Provincial do Partido Popular para mostrar o apoio, tamén do Bloque Nacionalista Galego, da solicitude da UNESCO da declaración de patrimonio da humanidade os lugares colombinos de España Santa Fé, Palos de la Frontera, Baiona la Real .Votos en contra?, abstencións?, a favor?.Tamén o Partido Socialista.Asunto fora da orde do día. O Pleno, de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Cultura, acorda por unanimidade aprobar a Moción do Grupo Provincial do PPdeG para mostrar o apoio da solicitude á Unesco da declaración como Patrimonio da Humanidade dos lugares Colombinos de España: Santa Fé, Palos de la Frontera e Baiona a Real. Dita moción é como segue: "MOCIÓN DO GRUPO PROVINCIAL DO PARTIDO POPULAR PARA MOSTRAR O APOIO Á SOLICITUDE Á UNESCO DA DECLARACIÓN COMO PATRIMONIO DA HUMANIDADE DOS LUGARES COLOMBINOS DE ESPAÑA: SANTA FÉ, PALOS DE LA FRONTERA E BAIONA A REAL O Grupo Provincial do Partido Popular (PP) na Deputación de Pontevedra, solicita o apoio a Candidatura de Baiona a Real, Palos de la Frontera e Santa Fé de Granada, para que as tres localidades irmanadas e unidas pola Historia Colombina sexan Declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e lugar de Encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións. EXPOSICIÓN DE MOTIVOS Dende 1975, Baiona está irmanada coa cidade de Palos de la Frontera, Cuna do Descubrimento de América e de Martín Alonso Pinzón, capitán da “Pinta”, sendo este feito histórico a base sobre que se fundamentou o irmanamento, por ser Baiona, a primeira vila do vello mundo que tivo noticia da xesta colombina coa Arribada da Carabela Pinta, o primeiro de marzo de 1493. No ano 1982 prodúcese o irmanamento de Palos de la Frontera e Santa Fé de la Vega por ser este o municipio onde se concibiu a xesta do ata entón, o máis grande acontecemento mediante a firma das Capitulacións entre os Reis Católicos e Cristóbal Colón, o 17 de abril de 1492, o cal permitiu, a expedición Colombina. O irmanamento entre os pobos culminou no ano 1994 coa formalización do irmanamento de Baiona e Santa Fé. Baiona A Real, Palos de la Frontera, e Santa Fe de la Vega constitúen os tres lugares colombinos españois estreitamente unidos ao Descubrimento de América. Estes tres concellos mantivéronse sempre unidos á hora de elaborar propostas ligadas a este transcendental feito da historia de España. Con data 9 de decembro de 2009 o Concello de Palos de la Frontera en Pleno adoptou un acordo de adhesión á proposta presentada pola Xunta Directiva da Asociación de Estudos Iberoamericanos e Colombinos Rábida, na que solicitan que tanto A Rábida, como os lugares da provincia de Huelva vencellados ao Descubrimento de América, fosen declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Tamén para que sexan considerados, de xeito efectivo, lugares de Encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións. En abril de 2010, os Concellos de Baiona e Santa Fé en pleno apoian a proposta realizada pola sociedade onubense e o Concello de Santa Fé toma a iniciativa de propoñer que os LUGARES COLOMBINOS DE ESPAÑA: Santa Fe, Palos de la Frontera e Baiona A Real sexan declarados Patrimonio da Humanidade pola UNESCO. Dita proposta é ratificada polos Concellos de Baiona e Palos de la Frontera respectivamente e unha vez remitido os expedientes, a Comisión Nacional Española de Cooperación emite con data 29 de outubro de 2010 un informe favorable en apoio da declaración como Patrimonio da Humanidade das localidades de Santa Fé en Granada, Palos de la Frontera e Baiona A Real. Con data 2 de marzo de 2012, os Alcaldes dos pobos irmanados de Baiona a Real,Palos de la Frontera e Santá Fé de la Vega de Granada firman unha declaración institucional pola que solicitan que se declare Patrimonio da Humanidade os LUGARES COLOMBINOS de Baiona A Real, Palos de la Frontera e Santá Fé de la Vega de Granada. Polas anteditas razóns, o Grupo Provincial do Partido Popular (PP) somete á consideración do Pleno da Deputación de Pontevedra esta moción para que se adopteo seguinte ACORDO: • Apoiar a solicitude de Baiona a Real, Palos de la Frontera e Santa Fé de Granada, para que as tres localidades irmanadas e unidas pola Historia Colombina sexan Declaradas pola UNESCO Patrimonio da Humanidade e Lugar de Encontro da Comunidade Iberoamericana de Nacións. • Instar a Xunta de Galicia que presente ante o Consello de Patrimonio Histórico a citada proposta e que se inclúa na Lista de Patrimonio Mundial, como lugares colombinos e, polo tanto, que Baiona A Real, Palos de la Frontera e Santá Fé de la Vega de Granada opten a ser declarados pala UNESCO Patrimonio da Humanidade.” 15.6238.- ASUNTOS FÓRA DA ORDE DO DÍA A) RESOLUCIÓN DE RECLAMACIÓN E APROBACIÓN DEFINITIVA DO ORZAMENTO PROVINCIAL DA DEPUTACIÓN PROVINCIAL E OS SEUS ORGANISMOS AUTÓNOMOS PARA O EXERCICIO DE 2012 Sr. Presidente.- Asuntos fora da orde do día. Sr. Alcalde de Baiona. Sr. Vázquez Almuíña.-:Que non tuve opción a agradecer a todos os diputados, de parte de os concellos de Santa Fé de Granda e Palos da Fronteira o apoio que nos dan desde este momento. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Alcalde.Sr. Secretario. Sr. Secretario.- Si, la resolución de la reclamación contra el presupuesto y la aprobación, ya , definitiva del presupuesto, pero como está fuera del orden del día hay que votar la urgencia. Sr. Presidente.- Votamos a urgencia para a aprobación definitiva, inicial que se fixo, xa, fai dúas semanas e definitiva do presuposto, votamos a urgencia, Votos en contra?, abstencións?, a favor? Y agora votamos…? Sr. Secreatario.- La resolución de la reclamación y la reclamación, ya definitiva del presupuesto. Sr. Presidente.-:O acordo é desestimar, polo tanto ás reclamaciós, que xa están ,ademais,feito o informe e aprobar, de maneira definitiva, o presuposto polo tanto procedemos á votación deste punto tal e como está precisamente na proposta, na prosta que acaba de….que ten o secretario, votos en contra?...a bueno, Sr. Mosquera , ten a palabra. Sr. Mosquera Lorenzo.- Está ben que traían os orzamentos como trouxeron, sen dar documentación, está ben que traían fora da orden do día, aprobalo definitivamente, home pero que non se poida falar xa…. Sr. Presidente.- Ah, no, no, no. Sr. Mosquera Lorenzo.-:Ah, bueno. Sr. Presidente.- Usted sabe que falar…. Sr. Mosquera Lorenzo.-:Non digo eu, como vexo tan cruzado, se cadra hasta eso…. Sr. Presidente.- O que queira Sr. Mosquera Lorenzo.-:Ata eso se quería saltar. Vamos a ver, aquí hai unas alegaciones presentadas de vario tipo, con contido moi, moi longo e moi variado, que obviamente algunhas van ao fondo do orzamento, non presentadas polo sindicato, por Comisións Obreiras , creo., que urban o fondo do orzamento, co cual, hai motivos tasados pero que , que no había que aceptar, pero outras que son absolutamente razonabeis e, demostran, que esa documentación que nos meteron en de rondon no orzamento de novo organigrama, non sei que, pois non estaba negociado, segundo dixeron, ni estaba coñecido, tan siquera, e aparte que cambiaron a última hora, o sexa, o entregar a documentación, ou non sei que, tarde, cando foi o orzamento non era por motivos técnicos, senón era porque andaban cambiando dun día para outro a documentación, hombre, se o tiñan tan claro como nos puntos anteriores, pois sorprende un pouco que anden cambiando de un día para outro, non?, porque tempo tuveron eh?, tempo tuveron para aprobar os orzamentos, xa unha vez que decidiron aprobalos, xa estamos a finais de xuño e aprobamos a principios de…a principios de xuño, non?.Ben. Antes, aquí, o Sr. Figueroa jababase, loubabase, de que era moi dialogante, se eran non sei cantas cousas mais, e o que vemos, con estas, polo contido das alegacións e que deso nada e que fan o que se lle ocurre, a parte con ocurrencias de ultima hora, polo que se ve con ocurrencias, absolutas de..de ultima hora cando tiveron tempo de sobra para plantexalo, non? E en fin , nos somos, procuramos ser exquisitos, aproballes a urxencias, non vamos a montar ningún lío por traer estes puntos así, verda? E sin demasiado tempo para miralos pero , que quede constancia do que significa, o sea, ustedes con esto, cas medidas que están tomando, están dando un auténtico golpe de timón dentro de esta Casa e o que se empezaba, a primeira intervención, este grupo dicindo que , un funcionario da Xunta de Goberno ou do Estado manda mais que todo a Corporación que os funcionarios de aquí, ahora lo que me parece que esta pasando aquí, e que algún funcionario de aquí , manda mais que todo os sindicatos, o que o organismo autónomo ou o que lle peta, que vamos , vostedes o avalan, vía ordeno e mando e demais. Creo, creo que tamén neste asunto deberían recapacitar, deberían levar as cousas de outra maneira, non atenderon a versión , non atender a que un sexa ideoloxicamente, o sea, mais próximo ou non, ou cousa por el estilo, a Administración necesita, decisión, pero tamén necesita obxectividade, negociación e dialogo. Pódese conseguir as cousas así ,e ustedes non están por este camiño e este , esta decisión que van tomar agora, así o demostra, obviamente vamos a votar en contra do orzamento, en contra da proposta que di o presidente. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias, Sr. Mosquera. Sr. Santos Héctor. Sr. Rodríguez Díaz.- Si, nos nos ratificamos ca nosa intervención que fixemos na aprobación inicial e nos ratificamos, mais si cabe, despois de ver o plan económico e financiero que se viu obligado a estas Deputación a facer, polo tanto, insistimos que son, non son unos presupostos realistas e insistimos que os ingresos están inflados, polo tanto, o remate 2012 vai Haber un déficit, pero ademais, son unos presupostos que non crean emprego, que nos apoian os sectores produtivos e o que veñen a dicir e que a débeda da Deputación e unha das maiores das Administracións, polo tanto, sen entrar xa mais en…en detalle, pero dende logo, o que si decimos e que se perdeu un oportunidade de facer unos presupostos para una xestión mais eficaz e unos presupostos para unha xestión mais eficiente, polo tanto, ratificar como digo a nosa intervención na aprobación inicial e dende logo que vamos a votar en contra destes presupostos. Sr. Presidente.- Moitas gracias, ten a palabra o Sr. Figueroa. Sr. Figueroa Vila.- Si, bueno, eu creo que xa falamos hoxe de temas económicos e profundidade, desde diversos aspectos e bueno decir, reiterar o noso pronunciamento xa na aprobación inicial, que estos son unos presupuestos, claramente marcados pola austeridade, comprometidos co crecemento que intentaremos facer es plan de infraestruturas que, tamén, están marcados claramente polo control do gasto e un sacrificio importante a hora de tomar decisións, presupostos con grandes problemáticas en moitas administracións que nos estamos intentando aplicar o rigor presupuestario, marcando claramente como data o eixo fundamental a creación de emprego e, por suposto, matizado e con unha clave importante, que é a inversión, por suposto que hai que facer axustes. Como se están facendo en todas as Administracións e iso é a reestruturación administrativa que pretendemos levar a cabo., que os axustes son necesarios, que nos vamos a intentar que eses axustes sexan os mais prudentes posibles pero si con determinación e firmeza porque, é necesario facelo e aquí eu, xa o fixen anteriormente e volvo a facer un chamamento, primeiro aos grupos políticos de que reflexionemos sobre a situación económica que estamos a vivir nas Administracións pero, de unha maneira fundamental, que estamos a vivir nas familias e, creo que, un dos grandes problemas que temos é o paro e a xeración de emprego ten que ser un dos obxectivos fundamentais, por iso, creo que, a este, a estas persoas que teñen estas dificultades temos que axudarlle e traballar para que dunha, vez por todas, pois, poidan encontrar un posto de traballo que un dos obxectivos que temos que perseguir, prioritario, porque eu creo que non ter un posto de traballo e a maior frustración que pode ter un ser humano, polo tanto, ese ten que ten que ser uns dos obxectivos, temos que traballar nesa dirección, temos que dar exemplo, mais que nunca, de austeridade e de que queremos facer as cousas ben ou intentar, polo menos, reformular as Administracións e as políticas que levemos a cabo e, eu, creo que aquí xoga un papel importante pois tamén , que están aquí, representados, os traballadores desta Casa, traballadores que, nos, temos unha sensibilidade especial, que sabemos que son persoas cualificadas, persoas capacitadas para que, entre todos, e coa axuda deles de unha maneira especial, tamén, poidamos aplicar estas políticas, que seguramente, seguramente as reivindicación s que eles teñen enriba da mesa poden ser, na maioría dos casos, respectadas e, seguramente, hasta teñan razón, pero que, en calquera caso, eu quero tamén trasladarlles , pois, unha idea, de que temos que entre todos procurar que esos axustes, pois se poidan trasladar e poidan resultar en políticas de eficacia e eficiencia e que , nos, dende logo, estamos dispostos a, nas próximas semanas, nos próximos meses, a sentarnos a falar de todo , pero que, en calquera caso, que, tamén, fagan unha reflexión en voz alta, ou fagamos unha reflexión en voz alta, falemos en primeira persoa do plural todos de que a situación que temos, evidentemente, nos leva a preocupación, nos leva a que a situación económica que se está a vivir é difícil e , en momentos de dificultade, eu creo que todos debemos de arrimar o hombro, na medida das posibilidades que nos toque a cada un, na medida das posibilidades que nos toque a cada un, eu creo que, si entre todos, somos capaces de aunar esforzos, de sumar e non de restar, eu estou convencido que saldremos adiante, como mais ou menos dificultades, pero saldremos todos adiante, polo tanto, estas suxerencias ou alegacións que nos presentan ao presupostos, dicirlle que, nos , nos próximos meses dentro de esas comisións e de acuerdos e de reunións que temos cos propios traballadores, vamos a seguir incidindo nelas e vamos ,desde logo, a escoitalas e a ver as que poidan ser asumidas ben as que non poidan ser evidentemente se dirá con toda claridade pero eu creo que estamos enun momento de xenerosidad todos, de comprensión e, si traballamos todos nesa mesma dirección eu, estou convencido, de que non solo saldrá a diante esta Administración , saldrán todas s Administracións, pero saldrá de unha maneira especial a ciudadanía e aqueles colectivos que teñen maiores problemas polo tanto, nos gustaría trasladar, este mensaxe de xenerosidade, de comprensión, de solidaridade, de cooperación e, todos poñamos o noso graniño de area, que eu sei que e, aveces, é díficil, porque as posturas, moitas veces, son encontradas, as posturas cando son encontradas hai distanciamento pero eu creo que e un momento de dar, seguramente, o mellor para impulsar un paso para diante, e millor dar dous para atrás e poder impulsarnos un hacia diante que, creo que ten que ser o obxectivo de todos. Somos o espello onde se miran moitas persoas que están na rúa e, creo, que bueno ,tanto a clase política como a clase funcionarial, eu creo que entre todos apretarnos os machos ,un pouco mais, e buscar es sacrificio e ese punto de encontro que, estou convencido que o vamos a acadar, por que o fixemos ata agora, os traballadores e os sindicatos o saben, ata agora, sempre hubo por parte deste equipo de goberno, pois unha postura de generosidade de certos plantexamentos que se foron cumprindo, se foron cumplindo os obxectivos de todos, pero eu creo que con todas estas premisas, dende logo, temos que traballar na dirección e no escenario que nos movemos agora mismo, polo tanto, eu pídolles, tamén, ese pequeno xesto de comprensión e de xenerosidade a hora de que entre todos poidamos salir adiante que ,o final, é o obxectivo, tamén, que temos que acadar. Moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias , Sr Figueroa. Sr. Mosquera. Sr. Mosquera Lorenzo.-:Si, a ver, dúas, dúas precisións, porque o discurso, Sr. Figueroa tuvo dúas partes absolutamente diferentes, unha parece que é unha especie de recoñecemento de non houbo negociación hasta agora, se aprobaron os orzamentos sin esa negociación, incluso cambiando e se os reconducen, pois bueno, millor, pero despois eu hai cousas que me, que me irritan, me irritan un pouco, e non tanto como ao Sr. Louzán, como ao presidente, eso no, a esos extremos non chego nunca, non?, de perder así ao papeis, pero unha, a mín eso de escoita eso de clase política, clase funcionarial e que non aparece en ningún manual, mire e que, de verdad, si home si hai que se encarga de mételo, clase funcionarial e clase xudicial e clase… de verdad, é así, efectivamente, efectivamente, pero bueno os que están nos sindicatos aínda saben distinguir entre clase traballadora e outras clases e tal, porque , xa está ben de estar, dalle co matraco e está na calle como entende usted e o trae aquí, verdad?, como si fóra, como si fóra así e tamén se encargan de ir largando non? Unha oleada, verdad?, en contra de funcionarios e traballadores públicos e demais. E segunda, mire unha cousiña, a min ese discurso xeral, que a parte sirve para un roto e para un descosido, e se usa demais e tampouco nos gusta eh..tampouco nos gusta. Mire, aquí parece, temos que arrimar todos o hombro, si no os contribuíntes estamos arrimando o hombro para salvar a banca, para salvar as autoestradas privadas, verdad?, claro, entonces, en fin estas cousas de laio,..pero que.. con eses fondos igual se creaban 2 millones de postos de taballo, vaia usted a saber , entonces non, recortes, recortes…esa relación de causa efecto, ese discurso así, absolutamente extraño, que sirve para un roto e para un descosido, no nos..como que no nos…en fin…no nos “mola” moito non?, creo que é un error que ustedes ca súa, vamos, ca súa trécola están continuamente insistindo nel e que aquí de economía, de economía pouco política, pero a política que está aplicando é empobrecer masivamente as clases traballadoras en beneficio do gran capital financieiro desde o centro de Europa, política, eso de economía, o xustiño, ese é un adorno que sube a prima de risco, que baixa, que hai austeridad, ese discursos para ter entretido o persoal, xa está salindo as costuras por todos lados e se ve todos os días que lle saltan as costuras por todos lados, nos masacraron a cabeza que a débeda era pública, agora, solo lles falta decir, non que era privada, que é catro veces mais ou cinco mais grande, nooo, pero mentras tanto, raca raca raca raca…metendoó na cabeza, está é unha política que, evidentemente, non é está Casa que digamos, a que a impulsa porque non ten competencias, pero é unha política, unha política, clara, de a quen se beneficia e a quen se prexudica, en política cando se adopta….unha liña política e unhas decisións, beneficia a uns e prexudica a outros, vale?, vale?, entonces ,eso, é o que está a suceder , vamos xa e que non me creo nada da crise económica, este é un invento para empobrecernos, directamente, directamente, oiga ten moitos peores parametros Japón ou Reino Unido ou Estados Unidos que Europa, e non hai esa crise foribunda e nin hai un 25% no paro eh, nin un empobrecemento de salarios masivos. Vaia, é que obvio, é obvio, e obvio o que está pasando nos están masacrando a cabeza con crise económica, recorte, austeridad , no sé que, non sei canto, o que están é empobrecéndonos as clases traballadoras masivamente, a favor do gran capital e do centro de Europa, de Alemania e demais, eso é o que está pasando é unha política planificada, premeditada sistemática que está chegando abaixo, claro tanto que chega, salarios mais baixos, precariedade, rebaixa de condicións, etc, etc, eso é o que está aplicando de unha maneira sistemática e demais. Bueno moitas gracias. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sr. Mosquera.Pensei que nos iba a dar unha lección agora de economía, o cual non ven nada mal , porque os modelos, non sei cal é o modelo de vostede pero…supoño que será Cuba, Venezuela ou un pais de esos non?, en todo caso, este modelo é certo que non está moi axustado ultimamente, está…ten bastantes grietas, pero en todo caso será millor este que ese de Cuba ou de Venezuela que vostede propón ,en todo caso,pero bueno, vamos a proceder, en todo caso… Sr Secretario.- Votación final del presupuesto. Sr. Presidente.-: …a votación, final, non? Sr. Secretario.- Si, del orzamento. Sr. Presidente.-:….do orzamento para a Deputación , para este exercicio no que estamos 2012. Votos en contra?, abstencións?,abstencións? e a favor?. O Pleno na sesión ordinaria que tivo lugar o día 8 de xuño de 2012, acordou a aprobación inicial do orzamento xeral da Deputación de Pontevedra para o exercicio 2012, que inclúe o orzamento da Deputación e os dos seus organismos autónomos. Ditos orzamentos, de conformidade co establecido no artigo 112 da Lei 7/85, de 2 de abril, e o artigo 169 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, quedaron expostos ó público, para efectos de reclamacións, por un período de quince días, no Servizo de Contratación da Deputación de Pontevedra. Resultando que no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 111 de data 11 de xuño de 2012, inseriuse edicto relativo a exposición pública dos citados orzamentos, e que o prazo para efectuar reclamacións rematou o día 28 de xuño de 2012. Resultando que mediante escrito presentado no Rexistro Xeral desta Deputación Provincial o 25 de xuño de 2012 con número de entrada 16.971, a Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra formula, en tempo e forma, as seguintes alegacións ó Orzamento Provincial do ano 2012: “Primeira.- Plan de emprego para familias necesitadas: Ante a situación de crise e de necesidade pola que atravesan familias sen recursos da provincia de Pontevedra, solicita que se destinen 2,5 millóns de euros a un plan de emprego, que teña por obxecto contratar persoal para limpeza, roza e repoboación forestal. Segunda.- Cambio de denominación e organizativo Príncipe Felipe: Consideran que o cambio de denominación da Cidade Infantil Príncipe Felipe polo de Centro Social Príncipe Felipe é unha decisión que desprestixia a institución e aos traballadores e, tecnicamente, un gran desacerto, debido a que un Centro Social é unha institución de información social e de entretemento. Por iso propón chamarlle Centro de Servizos Sociais, Centro de Recursos Sociais ou simplemente Centro Príncipe Felipe. Terceira.- Necesidade de cambio na política de persoal do Parque Central de Maquinaria: Manifestan que as decisións tomadas ata agora van na liña de ir privatizando os servizos do Parque Central de Maquinaria, sen que se acompañe dun estudo técnico, nin económico, que o xustifique. Estas decisións, como a redución de persoal, pon en perigo a permanencia desta Unidade e, ao mesmo tempo, o futuro dos seus funcionarios e persoal interino e laboral. Por iso solicitan un cambio na política de persoal deste servizo, modernizar e dotar ao taller do Parque Central de Maquinaría do persoal suficiente para poder atender as reparacións e mantemento dos seus vehículos e maquinaria, e destinar no orzamento do ano 2012 diñeiro suficiente para a compra e reposición de vehículos e maquinaria, así como para a conservación e reparación da estrutura arquitectónica. Cuarta.- Amortización de débeda: Requiren ao equipo de goberno que se destinen 17 millóns de euros a amortizar débeda, xa que a situación económica do organismo provincial, en canto a achega do estado é boa tendo en conta que a cantidade sumada á contribución europea é do 11,4% de incremento global, que son 17 millóns de euros máis que en 2011. Quinta.- Constituír a Imprenta en servizo independente ou órgano xestor: Entenden que a unificación do Servizo de Imprenta con Protocolo e Imaxe Institucional formando o Servizo de Comunicación Institucional condiciona o desenvolvemento das verdadeiras funcións para as que foi creado e que pode seguir facendo. Por iso solicitan que non se menospre aos traballadores da Imprenta e que se modernice o servizo, manténdoo como independente. Ademais, solicitan un estudo económico do custo de maquinaria e persoal necesario para poder realizar os traballos de publicacións. Sexta.- Modificacións da estrutura organizativa por servizos.- A) Supresión dunha praza de Asistente social, vinculada a un posto de traballo de Xefe de Negociado de Servizos especiais e Infancia. Na documentación comprobada en Contratación, puntualízase que é por xubilación da titular (praza en proceso de recurso por persoal do Hospital). B) No punto 3) de 456- Infraestruturas, na documentación aportada di que se transforma o posto de Xefe de Sección de Acción Municipal e Inspección en Xefe de Servizos Técnicos de Infraestruturas con nivel 26 de C.D e asumindo ademais as devanditas funcións, Isto último non figura na memoria aprobada. C) Engádese un punto que nesta documentación figura como 8 e que non se corresponde ca nosa, no que se fai referencia á transformación dun posto de traballo de oficial albanel de Infraestruturas en oficial de mantemento do Parque de Maquinaria, como se negociou por parte de CC.OO. D) No punto 4) de 926- Novas Tecnoloxías, non figura na documentación aprobada coordinador de sistemas e comunicacións do 20 ao 21, na nosa documentación si. E) En 929- Prevención de Riscos Laborais, na nosa documentación di 1) Transfórmase o posto de traballo de técnico medio en Prevención de riscos laborais en técnico auxiliar de tradución para os servizos lingüísticos, cando na documentación aprobada di transfórmase o posto de traballo de técnico auxiliar de prevención en técnico auxiliar de tradución para os servizos lingüísticos. F) No 920- Secretaría Xeral, asígnase o factor dedicación ao posto administrativo de rexistro, derivado da supresión ao posto de xefe de negociado. Entenden o aumento de funcións deste posto, agora mesmo tramitan o portelo único da Xunta, Rexistro doutras administracións, e o rexistro específico do Consorcio de bombeiros, que o anterior xefe de negociado non facía. G) En 931- Intervención, na documentación aportada dinos que non hai variación, comprobamos na documentación aprobada consta que desaparece o factor dedicación no posto de traballo adxunto ao interventor C1/20, na RPT non a suprimen. H) En 324- Servizos Lingüísticos, na documentación aportada din que se estrutura en dúas seccións, na aprobada din que se estrutura como un servizo transversal especializado. (Non sabemos se isto pode ter algunha incidencia na súa organización). I) En 433- Turismo Rías Baixas, comprobamos que se dá de baixa un técnico informático que pasa a NNTT. Faise referencia ao posto de dedicación sinalando o nome, procedente de Presidencia, cremos que esta dedicación está de máis. Mantéñense os postos de Director Xerente e técnico de xestión medio A2, que non se entende, creándose unha xefatura de servizo A1-29 con dedicación. J) En OOAA- Xestión de Recursos Locais (ORAL), observan que no cadro de adscrición dos postos do ORAL por centralización de competencias, ao servizo de NNTT, atopan que no apartado de auxiliar informático, na documentación aportada aparece 1 posto de traballo, na documentación aprobada 2 postos. Sétima.- Advertencias no Plan de ordenación de RRHH, aprobación do persoal e relación de postos de traballo do ano 2012. A) No cadro de persoal de Servizos Técnicos de Infraestruturas faltan as prazas de delineantes. B) No punto a.13 de reestruturación e unificación de servizos, di que se constitúe Comunicación Institucional como centro xestor independente, no que se integra a Imprenta Provincial, na documentación aprobada, engádese e persoal protocolo, RRPP e Imaxe Institucional. C) No punto de transformación de prazas e /ou postos, cambio de denominación e contido, no punto 1 non modifican o solicitado xa que especifican o tipo de discapacidade (intelectual), debe suprimirse. D) No punto 1.- transformación de tres prazas de oficial xefe cociñeiro, na documentación aportada non se advirte a frase modificándose as funcións e contido para asumir as tarefas inherentes ao oficio de cociñeiro, isto si figura na documentación aprobada. CC.OO. está en total desacordo con este cambio por tratarse dunha modificación de funcións e condicións de traballo que foron aprobadas e negociadas nos procesos de promoción interna, no que os oficiais xefes de cociña -cociñeiros cociñan e os oficiais cociñeiros non. O que está mal, por un erro, son as nomenclaturas, como o demostran as funcións, téñense que cambiar por Oficial Cociñeiro con C. de D. 18 porque cociñan e Oficial de Cociña tarefas de limpeza e colaboración no emplatado con C. de D. 17. E) No punto g) por revisión de niveis de C.D., na documentación aportada non figura o seguinte: Xefe de Servizo de Infraestruturas do 25 ao 26 por constituírse Xefe de Sección en Xefatura de Servizo do grupo A2 que consta na documentación aprobada. F) No apartado h.2.- revisión do complemento específico, suprímese o factor dedicación ao administrativo adxunto a Interventor, nivel 22, que na RPT, non a suprimen e pona como C1/20 coa dedicación. Neste mesmo apartado, suprimen a dedicación no Xefe de Sección de NNTT, como se entende se aínda non se convocou a praza de Xefe de Servizo de NNTT, un proceso que ten que convocarse publicamente, A1 nivel 29. Oitava.- Bases de Aplicación de Retribucións: No cadro de postos de xefe de brigada, condutor de brigada e oficial de infraestruturas e servizos, hai unha variación con respecto ao factor dedicación, que asignan dentro do CD, para a atención de urxencias. Ademais, non están de acordo con que se abonen as devanditas cantidades en concepto de dedicación e solicitan que se recoñezan en concepto de dispoñibilidade. Oitava bis.- Instrucións de nóminas: No punto 11 a) non se rectificou o horario das gardas das brigadas. Na documentación aprobada di que as gardas de fin de semana comprenden das 15,00 ás 8.45, e debe dicir desde as 15.15 a 7.45. No réxime durante a semana di de 18.15 a 8.15, de luns a xoves, debe dicir de 18.15 a 7.45. Novena.- Observacións na RPT con respecto ao aprobado .- Non figura o cambio de nome do servizo de Medio Natural a Medio Ambiente. .- En Infraestruturas, na praza correspondente a Adxunto Xefe Parque, na nosa documentación figura o C. específico, 6.720,76 na RPT aprobada figura 7.700,45 euros. .- Non se modificou o nivel nos Xefes de Brigadas, acordouse nivel 20 pero consta o 19. .- Amortizouse a praza de Axudante Vixiante de Infraestruturas porque o funcionario que desempeñaba ese posto promocionouse a oficial de infraestruturas, pero as funcións asignadas seguen sendo de vixiante de infraestruturas agora grupo C2. .- En NNTT, cámbiase o nivel ao Xefe de Sección de 26 a 25, e suprímese a dedicación a favor da dedicación do Xefe de Servizo A1-29. .- En Intervención, no informe organizativo suprímese a dedicación ao administrativo C1-22, que na RPT mantense, como administrativo C1-20. Observamos ademais, que a praza de administrativo, xefe de negociado de gastos, C1-22, corresponde a unha persoa destinada no Museo, como non sabemos se na RPT do museo figura, advertilo porque isto pode repercutir nalgún risco en caso de accidente laboral. Décima.- Axudas a diminuídos físicos, psíquicos ou sensoriais: O Presidente comprometeuse na Mesa Xeral de Negociación a incrementar este tipo de axudas en 50 euros/mes sobre a recoñecida no Acordo Regulador e Convenio Colectivo, promesa que non vemos que apareza recollida en ningún escrito entregado por Recursos Humanos. Décimo primeira.- OAL Museo Provincial de Pontevedra: A equiparación a efectos económicos do posto de director de xestión, do grupo A2 a un posto de xefe de servizo do grupo A1, nivel 29 con dedicación, quedaría pendente para os orzamentos do ano 2013 e non se faría efectivo neste exercicio, tendo en conta, ademais de que o posto de Xefe de Servizo, con nivel 29 e dedicación, que é de nova creación por transformación de praza, ten que ser ocupada por un funcionario de carreira. Para poder realizar unha reestruturación de funcións do posto de Director de Xestión, débense modificar os estatutos actualmente vixentes no Museo. Décimo segunda: Bolsa de contratación: Finalizada a vixencia da bolsa de contratación solicitan a creación dunha nova en base a criterios de obxectividade e igualdade, e que as descricións de postos se adecúen ás prazas ofertadas.” Resultando que na documentación que forma parte do expediente do orzamento do año 2012 unha vez revisados os cambios que se introduciron na estrutura organizativa do Centro Príncipe Felipe, a proposta da Dirección previuse rectificar a denominación e funcións do posto de traballo de Director de Xestión, e transformalo en Xefe de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, para a coordinación destas dúas áreas e mellorar a operatividade e funcionamento interno do Centro, todo iso ao amparo do disposto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común. Considerando que a reclamación formulada pola Sección Sindical do Sindicato Comisións Obreiras na Deputación de Pontevedra, non se fundamenta en ningunha das causas contempladas no artigo 170.2 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais, e no artigo 22.2 do Real decreto 500/90, do 20 de abril, polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. Considerando o previsto no artigo 105.2 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, polo que as Administracións Públicas poden rectificar en calquera momento, de oficio ou a instancia dos interesados, os erros materiais, de feito o aritméticos existentes nos seus actos. Vistos os informes sobre ditas reclamacións emitidos pola Sra. Xefa do Servizo de Recursos Humanos e Formación e polo Sr. Interventor, ambos de data 26 de xuño de 2012. O Pleno en virtude das atribucións que lle confire a artigo 33.2 c) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local e de conformidade co ditame da Comisión Informativa de Economía, Facenda e Turismo acorda por maioría, cos votos a favor do PP e en contra do PSdeG-PSOE e o BNG: -Desestimar a reclamación efectuada pola Sección Sindical de Comisións Obreiras (CC.OO.) da Deputación de Pontevedra, de data 20 xuño de 2012, contra o acordo de aprobación inicial do orzamento da Deputación da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio 2012, que tivo entrada no Rexistro Xeral o día 25 de xuño de 2012 co número 16.971 de entrada, por non concorrer ningún dos motivos de impugnación que contemplan os artigos 170.2 do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Reguladora das Facendas Locais, e 22.2 do Real Decreto 500/90, do 20 de abril polo que se desenvolve o capítulo primeiro do título VI da Lei 39/88. -Efectuar unha modificación na estrutura organizativa do Centro Príncipe Felipe e na relación de postos de traballo de persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra aprobada inicialmente, co obxecto de rectificar a denominación e funcións do posto de traballo de Director de Xestión, e transformalo en Xefe de Servizos Sociais e Promoción de Emprego, para a coordinación destas dúas áreas e mellorar a operatividade e funcionamento interno do Centro. -Aprobar definitivamente o Orzamento Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra para o exercicio de 2012, que comprende: -O Orzamento da Deputación, por importe de 143.813.052,00 € -O Orzamento dos Organismos Autónomos polos importes que se sinalan: Escola de Canteiros 638.727,00 € Museo Provincial 4.055.984,00 € IPESPO 2.216.664,00 € Turismo “Rías Baixas” 2.896.374,00 € Caixa de Anticipos de Cooperación 1.592.000,00 € ORAL. 8.155.800,00 € - O orzamento da Fundación Escola Universitaria de Enfermería por importe de 469.007,00 €. - O Orzamento Xeral consolidado, por importe de: En Ingresos 152.782.475,00 € En Gastos 152.782.475,00 € -Apróbanse as Bases de Execución do Orzamento Xeral da Deputación, as específicas dos Organismos Autónomos e as da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o organigrama da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbanse os cadros do persoal funcionario, as relacións de postos de traballo e os cadros do persoal laboral da Deputación, o dos seus Organismos Autónomos, e o da Fundación Escola Universitaria de Enfermería. -Apróbase o Anexo de investimentos para o exercicio 2012. -Apróbase o marco orzamentario a medio prazo 2012-2015. -Apróbase os resumes por capítulos dos Estados de Gastos e Ingresos dos orzamentos indicados, que son o seguintes: ORZAMENTO DA DEPUTACIÓN ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL.......................................................... 31.020.661,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS............ 19.543.314,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS....................................................... 1.915.831,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES..................................... 21.591.652,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS .................................................... 51.298.995,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL..................................... 5.513.002,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................... 240.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ..................................................... 12.689.197,00 € TOTAL 143.813.052,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS.......................................................... 11.241.360,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS..................................................... 11.958.890,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS.......................................... 2.532.600,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES..................................... 103.392.978,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ............................................... 2.175.051,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL..................................... 12.272.123,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................... 240.050,00 € TOTAL 143.813.052,00 € ORZAMENTOS DOS ORGANISMOS AUTÓNOMOS: FUNDACIÓN ESCOLA UNIVERSITARIA DE ENFERMERÍA ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL......................................................... 420.507,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS…..... 45.400,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS...................................................... 100,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS… ............................................... 3.000,00 € TOTAL 469.007,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS.......................................... 105.407,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 357.600,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS .............................................. 3.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................... 3.000,00 € TOTAL 469.007,00 € INSTITUTO PARA A PROMOCIÓN E EQUIPAMENTO DO SOLO INDUSTRIAL DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (IPESPO) ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL......................................................... 20.671,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS.......... 184.800,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS...................................................... 84.191,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................... 1.032.002,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS .................................................... 895.000,00 € TOTAL 2.216.664,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS......................................... 25.110,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES.................................... 225.677,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS .............................................. 250.000,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS ............ 350.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................... 1.365.877,00 € TOTAL 2.216.664,00 € ESCOLA DE CANTEIROS ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.-GASTOS DE PERSOAL.......................................................... 280.005,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS….... 265.700,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS...................................................... 20,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRIENTES.................................. 81.000,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................... 6.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................... 2,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................... 6.000,00 € TOTAL 638.727,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS......................................... 54.600,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................... 567.125,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ............................................. 5.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................... 6.002,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................. 6.000,00 € TOTAL 638.727,00 € MUSEO PROVINCIAL ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL........................................................ 2.317.580,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS…... 1.577.899,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS..................................................... 1,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................... 21.000,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS .................................................. 127.504,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................. 12.000,00 € TOTAL 4.055.984,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS......................................... 5.601,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................... 3.890.879,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ............................................. 20.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................... 137.704,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS .................................................. 1.800,00 € TOTAL 4.055.984,00 € TURISMO “RÍAS BAIXAS” ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL...................................................... 743.646,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS….. 526.938,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS................................................... 100,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 1.420.000,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................ 117.690,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................. 80.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 8.000,00 € TOTAL 2.896.374,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 2.687.684,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ........................................... 3.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................. 205.690,00 € TOTAL 2.896.374,00 € CAIXA DE ANTICIPOS ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL...................................................... 27.000,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS…... 23.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 1.542.000,00 € TOTAL 1.592.000,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 32.000,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ........................................... 25.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................. 500.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 1.035.000,00 € TOTAL 1.592.000,00 € ORGANISMO AUTÓNOMO PROVINCIAL DE XESTIÓN DE RECURSOS LOCAIS (ORAL) ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL...................................................... 5.037.540,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS….. 2.641.050,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS................................................... 56.800,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 122.410,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................ 258.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 40.000,00 € TOTAL 8.155.800,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS....................................... 6.769.000,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 888.800,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ........................................... 200.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................. 258.000,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 40.000,00 € TOTAL 8.155.800,00 € O ORZAMENTO CONSOLIDADO ESTADO DE GASTOS Capítulo 1º.- GASTOS DE PERSOAL...................................................... 39.867.610,00 € Capítulo 2º.- GASTOS DE BENS CORRENTES E SERVIZOS...... 24.808.101,00 € Capítulo 3º.- GASTOS FINANCEIROS................................................... 2.057.043,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 14.657.201,00 € Capítulo 6º.- INVESTIMENTOS REAIS ................................................ 52.843.191,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL.................................. 3.116.732,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 1.848.400,00 € Capítulo 9º.- PASIVOS FINANCEIROS ................................................. 13.584.197,00 € TOTAL 152.782.475,00 € ESTADO DE INGRESOS Capítulo 1º.- IMPOSTOS DIRECTOS...................................................... 11.241.360,00 € Capítulo 2º.- IMPOSTOS INDIRECTOS................................................. 11.958.890,00 € Capítulo 3º.- TAXAS E OUTROS INGRESOS....................................... 9.492.318,00 € Capítulo 4º.- TRANSFERENCIAS CORRENTES................................. 103.463.882,00 € Capítulo 5º.- INGRESOS PATRIMONIAIS ........................................... 2.681.051,00 € Capítulo 6º.- ALIENACIÓN DE INVESTIMENTOS REAIS…….. 350.000,00 € Capítulo 7º.- TRANSFERENCIAS DE CAPITAL................................. 12.272.124,00 € Capítulo 8º.- ACTIVOS FINANCEIROS ................................................ 1.322.850,00 € TOTAL 152.782.475,00 € b) Parte de información e control: 16.6239.- DAR CONTA DAS RESOLUCIÓNS PRESIDENCIAIS Dar conta das resoluciones da Presidencia e rogos e preguntas. Sr. Secretario.- Los extractos de resoluciones presidenciales dictadas entre o día 5 e 25 de xuño y resolución presidencial delegando atribuciones de la Presidencia durante su ausencia durante los días del 11 a 14 de xuño. Queda enterado o Pleno das seguintes: A).- De extractos de Resolucións Presidenciais ditadas pola Presidencia entre os días 5 e 25 de xuño do ano 2012 e que foron trasladados ós Voceiros dos distintos grupos políticos. B).- De Resolución Presidencial de data 8 de xuño de 2012, delegando as atribucións da Presidencia durante os días 11 ó 14 e xuño, ambos inclusive, no Sr. Vicepresidente D. José Manuel Figueroa Vila. 17.6240.- ROGOS E PREGUNTAS Sr. Presidente.- Rogos e preguntas?. Sr. Veiga Soto. Sr. Veiga Soto- Moitas gracias Sr. Presidente. Bos días.Bueno, neste Pleno falarónnse moitos de compromisos e eu quería ,tamén, falar de dous compromisos que ten o Sr. Presidente adquiridos, neste caso, no concello de Sanxenxo e quería que me respostara sobre eles, por un lado, un ten que ver co parque lúdico Rocafor, dende o ano 2009 o Sr. Presidente visita Sanxenxo facendo anuncios e vendendo fume continuamente de inversións que , o final, quedan en nada, casualmente, sempre cando se van celebrar comicios electorais entonces, seguramente, despois deste verán, pasará de novo por Sanxenxo para facer outro anuncio , neste caso, o ultimo anuncio foi de data marzo de 2011 e, casualmente, un pouco antes de celebrarse os comicios municipais e o titular da prensa deses días era: “Louzán aposta por abrir o aparcamento Luis Rocafort no primeiro semestre do ano 2012”. Gostaríame facer estas seguintes preguntas con respecto a este compromiso do Sr. Presidente:Pode decirnos cal é a situación administrativa?, se celebrou o concurso público de licitación do parking?, cantas empresas se presentaron para adxudicación da obra?, cal foi a adxudicataria?, cal foi o importe da adxudicación?, cal é a partida orzamentaria consignada na que se atopa actualmente a construcción do parking Luis Rocafort?. Sr. Presidente.- ¿Mais? Sr. Veiga Soto.- En segundo lugar, está claro que ,xa, rematou este segundo semestre, período que tiña vostede previsto para abrir o aparcamento, para abrir digo, non para iniciar a obra, para abrilo e, a data de hoxe, non existe nada de nada, pode decirnos cando ten previsto empezar e rematar a construción do mencionado aparcamento?. Sr. Presidente.- Ten mais preguntas? Sr. Veiga Soto.- Si Sr. Presidente.- Non, non, siga, siga. Sr. Veiga Soto.- Sigo coas preguntas? Sr. Presidente.- Si, si. Sr. Veiga Soto.- O outro dos compromisos tamén relacionado con este concello con Sanxenxo, ten que ver co Pazo de Quintáns. A finais do mes de xaneiro, xa fai 6 meses xusto agora, na celebración de un pleno ordinario no concello de Sanxenxo, aprobouse un convenio de colaboración entre o concello e a Deputación de Pontevedra para a recuperación patrimonial do Pazo de Quintáns, tanto que falabamos tamén da recuperación de elementos patrimoniais importantes para a nosa provincia o concello de Sanxenxo cederá a Deputación Provincial de Pontevedra o uso do Pazo de Quintáns durante 20 anos a o obxecto de destinalo ao desenrolo de actividades culturais, exposicións, recepcións e de formación e de interese público, a Deputación correspóndelle, asimesmo,a adxudicación, financiación, execución, dirección e coordinación, de todos os traballos derivados do proyecto de posta en valor do Pazo de Quintáns, recuperando e habilitando o seu interior para actividades culturais, exposicións, recepcións e de formación. A pregunta é a seguinte, transcorridos 6 meses desde a aprobación do convenio de colaboración co concello de Sanxenxo, pode decirme en que situación o desenrolo do mencionado….está o desenrolo do mencionado convenio?, redacción do proyecto, licitación do mesmo, licitación das obras?, pode explicarnos, con exactitude cales son as actividades que se van a desenvolver, que vai a desenvolver a Deputación de Pontevedra, dentro do mencionado Pazo?, van a ser actividades gratuítas ou van a a ser con ánimo de lucro?e, en ultimo lugar, en xuño do ano 2010, anunciaba en Sanxenxo, a bombo e platillo, que o Pazo de Quintáns albergará a Escola de Hostalería, pode decirnos se o Pazo de Quintáns albergará, definitivamente, esa Escola de Hostelería?.Gracias. Sr. Presidente.- Bueno, moitas gracias e ,de maneira moi breve, porque a contestación é moi fácil, na primeira a calle Luis Rocafort de Sanxenxo como ea preceptivo, a Deputación saca a licitación a concurso público para que, de algunha maneira, algunha empresa se fixera cargo da construcción deste parking e da humanización da parte superior, como é habitual nesta Casa facendo boa xestión, pero despois de que o Partido Socilista no Goberno de España, fundira os plomos da economía deste pais, pois non se presentou nadia e, entonces, claro, nin os bancos financian, nadie financia nada e, entonces, foi a concurso público e nadie financiou no?, polo tanto , probablemente volveremos a sacar, de novo a concurso público, para que as arcas públicas teñan de gasto cero e, se pode ser con iniciativa privada, mellor que mellor, e neso e no que estamos traballando e, de nomento, eu non fixen ningún anuncio de nada, porque o anuncio é directamente do Boletín Oficial da Provincia onde sale a concurso esta actuación importante en Sanxenxo. Polo tanto, responsabilida de quén?, do Partido Socialista que nos levou a quiebra de este pais, en segundo lugar, no Pazo de Quintáns, no hai , todavía firmado, ningún convenio con está Casa, si hai aprobado, por parte do concello, hai un acuerdo para que este concello ou está institución se faga cargo do tema, en principio, nesa cuestión estamos e vamos a intentar unha vez que os servizos xurídicos o avalíen e intervención tamén, que pon algun que outro reparo, porque, bueno, entendemos que é un patrimonio que está a piques de esmorrecer si alguén non lle bota a man e que, polo tanto, é unha propiedade municipal , cando as condiciós, evidentemente, do acuerdo sexan claras e convincentes, para todas as partes, o pondremos en marcha, non?. E bueno, en relación a ese tema da Escuela de Hostelería, etc, eu lle digo que, pídolle un ouco de responsabilidad o Partido Socialista, que sean serios en ese tema, ojalá houbera mais escuelas de hostelería en este momento, na zona no hai ningunha, mais que unha en Pontevedra e outra en Santiago e outra en Vigo e, polo tanto, hai que actuar cunha certa responsabilidade e non actuar con localismos absurdos, co final, non conducen a nada o importante é que as persoas que vaian a traballar neste sector tan importante para nos, teñen a formación adecuada, dónde?, pois no mellor sitio posible e eso é a contestación ,xa, as dúas preguntas súas. O Sr. Cacabelos Rico? Sr. Cacabelos Rico.- Si, gracias. Bos días a todos e a todas. vou formular dúas preguntas aínda que non teña previsto facer ningún rogo, si que vou a trasladar un rogo, vou a iniciar facendo un rogo como digo que non tiña previsto que é que, a ver si no próximo pleno, pois o Partido Popular e o presidente da Deputación nos poden explicar mellor estas leccións de austeridade que un no acaba de entender, e dicir, o Partido Socialista e o culpable de fundir a economía española e, agora resulta que hai unha concesión cun montante económico importante para xenerar actividade e ningunha empresa se presenta, pois son , de verdade, clases de economía que non acabamos de entender. Sr. Presidente.- Pero eso ,a vostede,levame un minuto darlla eh. Sr. Cacabelos Rico.- Si, seguro. Sr. Presidente.- Ou menos tempo incluso. Sr. Cacabelos Rico.- Seguro que si. Sr. Presidente.- Menos tempo. Sr. Cacabelos Rico.- Seguro que si Sr. Louzán.Vou a trasladar as dúas preguntas. A primeira ten que ver co Concello de Vilagarcía, en febreiro do ano 2011, a Deputación de Pontevedra, remitiu unha notificación o Concello de Vilagarcía, relativo o programa operativo rexional de Galicia axudas FEDER, concretamente, para proxectos de desenvolvemento local e urban , eixo número 5. Se lle require unha serie de requisitos ao concello os cuales, en marzo, cumplindo o prazo previsto, o concello de Vilagarcía remite o acordo de adhesión adoptado polo órgano competente e o compromiso da alcaldía de consignar no orzamento os créditos necesarios, neste caso entre o 5 e o 10% e, ademais, indican o proxecto que queren levar a diante que é a canalización do regueiro no entorno de Santa Marilla, na rúa Matosiños, un proxecto valorado 1.633.710 €, ive engadido. Presentación do proxecto, xustificase na necesidade perentoria de arranxar o mal estado da devandita canalización, sendo unha zona que afecta a moitos veciños e usuarios da vila, xa que ubicase nun área comercial e educativa, atopándose colexios e ata unha gardería municipal, teño solicitado información o respecto, no servizo de cooperación e nos di, nos confirma que non foi tramitado este proxecto presentado polo Concello de Vilagarcía, polo tanto, lle traslado as seguintes preguntas: Que tipo de documentación se ten solicitado por parte da Deputación de Pontevedra ao Concello de Vilagarcía para cumplir coa solicitude da subvención?, se o anterior se produxo?, cal foi a resposta do Concello de Vilagarcía? Y no caso de non ter solicitado información, mais información ao Concello de Vilagarcía entendemos que, a documentación enviada polo Concello a Deputación era correcta e completa, de tal xeito, preguntamos, por qué razón a Deputación de Pontevedra non tramitou o devandito proxecto e, si me permite tamén voulle formulara seguinte pregunta, no pasado mes de outubro, este deputado ten solicitado unha serie de información por rexistro, está información correspondía, concretamente, a á Cidade Principe Felipe, onde se solicitaba o listado de persoal, a relación de postos de traballo do centro, o número de rapaces e alumnos atendidos neste centro, tamén se solicitaba, aquí, relativo, os proxectos FEDER, as pousadas se solicitaba información sobre o proxecto técnico , expediente de contratación , expediente de modificación de proxecto e financiación e proceso de financiación de persoal para as pousadas, ata o día de hoxe ningunha da información solicitada se me foi entregada , para poder exercer estas funcións de control, contactei cos diferentes técnicos responsables, técnicos e administrativos, solicitando está información e a respostas, sorprendente, que me ofrecen é que están pendentes da autorización do Presidente da Deputación para poder acceder a está información. Está falta de transparencia e impedimento ao acceso de información conculca un dos dereitos fundamentais como é acceder á información pública e entendo que o presidente é consciente de que está cometendo unha infracción, ademais, parece ser,bueno, parece ser no, é certo , que o goberno está a tramitar unha lei de transparencia que , desde logo, con estes perspectivas, vostede vai ter moi difícil de cumplir, así pois trasládolle dúas preguntas Sr. Presidente, por qué razóns nega a este deputado, presidente, a información solicitada?, cando ten pensado autorizar aos responsables dos diferentes servizos o presidente para que se poda acceder a esta información?, moitas gracias. Sr. Presidente.-: Bueno, moitas gracias, en relación ao primeiro, bueno dicir que o Concello de Vilagarcía, na convocatoria da Unión Europea de fondos FEDER podían solicitalo, propiamente, o Concello de Vilagarcía ou acudir a Deputación para facelo, sendo unha entidade de mais de 20.000 habitantes el mesmo podía facer e, así o fixo, solicitud a Unión Europea de Fondos para algunha serie de proxectos, no que se refiere a ese en concreto, que os vin algúns días destos nos medios de comunicación, por parte do Concello de Vilagarcía o único que hai aquí é un ha solicitud para participar en ese proxecto igual que nos presentamos 27 dos 27 nos deron 3 e, polo tanto, eses 3 son os que neste momento estamos, nos que estamos actuando, non somo nos os quen concederon os proxectos si non que foron entre o Ministerio e os técnicos da Unión Europea e, polo tanto, eso é o que lle podo dicir en este momento, se quere algunha información mais pois se lle dará, nos somos os primeiros interesados en que Vilagarcía tivera mais proxectos, incluído ese e outros, non?, o que pasa e que, bueno, aí a xestión foi a que foi , polo eso non fixeron esa obra, que por certo, é moi necesaria. En realción ao listado de Principe Felipe, sopoño que algún tema habrá usted pode consultar o que queira, sin ningún problema, a hora de dar información, en relación á protección de datos, me refiero de menores, etc, supoño que non llo poderán dar pero, pode consultaloe, en relación ao persoal de pousadas, de momento, que eu sepa, nas pousadas non está traballando nadie, nin vai a traballar nadie, porque a pretensión desta institución non é dedicarse a xestionar unhas pousadas, eso en todo caso, corresponderá á iniciativa privada, unha vez que salga a concurso, unha vez que salga a concurso a xestión das mesmas non?, polo tanto, vamos, revisarei este dato que vostede me acaba de decir, que lle dixera, vamos supoño que será un engadido seu que faltaba a miña autorización, eu, que sepa, non teño nada de petición deso pero, en todo caso, a si o revisarei para, para poder contestarlle con incluso maior precisión da que agora lle estou dando que é suficiente, porque vamos , eu creo. Sra. Iolanda Veloso. Gracias. Sra. Veloso Ríos.- :Moitas grazas. No Pleno do mes de abril xa presentei unha pregunta sobre o cumprimento do convenio de arqueoloxía de Galicia de 2009 e sobre a presentación das ofertas do traballo no INEM para a contratación de persoal de arqueoloxía para os traballos desenvolvidos nesta Deputación, aínda non recibín resposta ningunha ao respecto, pero si teño nova información referida a os procesos de contratación do persoal para as excavacións arqueolóxicas realizadas por esta Deputación e por iso traio, de novo, o tema a este Pleno, espero que non lle pareza demasiado malo o Sr. Presidente. Sr. Presidente.- Non home, doulle unha copia se quere, esta aquí, a contestación. Sra. Veloso Ríos.- Á contestación? Sr. Presidente.- Si. Sra. Veloso Ríos.- Encantaríame recibir un orixinal. Sr. Presidente.- Porque creo que tamén lla deron a, vamos, a alguén ca reclamou, por eso, está de fecha 6 de xuño. Sra. Veloso Ríos.- Si, efectivamente. Sr. Presidente.- Hoxe é, pois xa pasaron uns cuantos días, pero bueno, ahora lle damos unha copia. Sra. Veloso Ríos.- Si, efectivamente, antes de que eu presentase a pregunta no Pleno, tamén o sindicato CIGA, presentara unha pregunta por rexistro e nesta Deputación que non recibira resposta aínda, no momento da celebración do Pleno, por iso tamén trasladei esa pregunta aquí e recibiron unha contestación , efectivamente, un escrito asinado pola deputada Begoña Estévez, en resposta as mesmas preguntas que eu fixera neste Pleno, escrito, por certo, que está en castelán, incumprindo a normativa vixente a materia lingüística, toda, a ordenanza da Deputación, a Lei de normalización lingüística, etc.Neste escrito comunica que, na contratación do persoal temporal, aplicase o I convenio Colectivo para persoal laboral da Deputación e que a preselección dos aspirantes realizase realízase polo servizo público de emprego, isto supón, por unha banda,n o relativo ao cumprimento do convenio o recoñecemento explícito de que non se está cumprindo o convenio colectivo de arqueoloxía, mentres que, tal e como recolle o propios convenio, é de obrigada aplicación en todo o territorio da Comunidade Autónomo de Galiza, e nos entendemos que a Deputación de Pontevedra, está en territorio da Comunidade Autónoma de Galiza. E no que atinxe á presentación das ofertas de traballo no INEM, eu teño na man un escrito da oficina de emprego de Pontevedra, e dicir, do Servizo Público de Emprego de Galiza ao que se refire a deputada no seu escrito, que afirma que nin en 2011 nin en 2012 se xestionou ningunha oferta de emprego para categoría de peón de escavacións arqueolóxicas e similares, así que, dous meses despois de ter presentado a pregunta, volvo a preguntar, as actuacións arqueolóxicas levadas a cabo pola Deputación de Pontevedra, están a cumprir o acordado no convenio de arqueoloxía respecto dos grupos profesionais estipulados no artigo 13?, a deputación de Pontevedra contrata traballos de documentación de intervencións en xacementos arqueolóxicos a empresas de fora do ámbito da arqueoloxía?e, finalmente, refírome e un proxecto concreto, como xa fixera tamén hai dous meses, neste caso a un proxecto que está en proceso de contratación, por qué para o proxecto DEPODEZA, sendo un dos seus obxectos principais á arqueoloxía, non se solicita como equipo de traballo ningún profesional arqueólogo, nin está contemplada a súa presenza , se quera, como mellora na ampliación do equipo de traballo, tal e como podemos comprobar no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra. Prego obter respostas esto non é ningún capricho, é cumprir a legalidade por parte das Administracións para garantir os dereitos dos traballadores e das traballadoras e os seus postos de traballo, a persoal especializado do noso pais, en tempos de crise e desemprego, isto é o que debería ser, o que vostedes chaman, creación e promoción do emprego, entón querería respostas e, ademais,bueno tamén, insisteremos en esta cuestión porque nos parece especialmente relevante que haxa un sector da poboación cunha especialización en traballos concretos que están quedando completamente fora e sen posibilidades de optar a postos de traballos na Administración porque non se cumpre a legalidade. Así que, agardamos a resposta e seguiremos insistindo sobre este tema. Sr. Presidente.- Moitas gracias Sra. Iolanda. Vamos a ver,do que eu conozco, en relación a…nos non vamos a, non vamos a facer ningún traballo de arqueoloxía, propiamente en terreo no que se refiere a ese proxecto, que eu conozca, agora mesmo, eu sei que está facendo, pois con un sistema pois facer unha catalogación de todos os castros de esas comarca, porque así figura dentro de ese proxecto europeo, que foi, que tivo, pois, que ten uns fondos que lle foron concedidos fai poucos meses, pero que son traballos propios de arqueoloxía para eso en concreto, que eu sepa non hai ningunha actuación prevista, eh?, que está no perfil do contratante?, pero non son traballos de arqueoloxía que eu sepa. Sr. Presidente.- Revisarei, revisarei, bueno, eu, traballos de arqueoloxía en campo creo que non hai, porque castros, alí, hai bastantes, pero bueno, bueno, pois chamaremos aquí ao, ao profesor Crespo, tu sabes algo deso?.Ven do baño, dixo. Sr. Presidente.- Bueno pero eu creo que traballos de arqueolxía non había ningún , por iso.Para catalogar, pero traballos de campo?, que eu sepa non. Sr. Presidente.- Bien , pero me refiero de excavación. Sr. Presidente.- Bien, vamos a analizalo, non hai ningún problema, a ver. Non hai ningún problema, ademais, eu, quedei ahora de que vou a reunir con eles a escoitar a súa demanda, non?, por tanto, nos non temos ningún problema, e o que se fixo foi, precisamente de maneira transparente se está no perfil do contratante e poñelo en marcha. Eu a constancia que teño, xa che digo, que era un traballo de catalogación e pouco mais. En principio non hai, mais preguntas, polo tanto se levanta a sesión . Moitas gracias e moi bos días. E non habendo máis asuntos que tratar, polo Sr. Presidente, sendo as trece horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente Acta, que asinará o Ilmo. Sr. Presidente comigo, o Secretario, que dou fe. O Presidente, O Secretario, Asdo. Rafael Louzán Abal Asdo. Carlos Cuadrado Romay
Área de documentación
Existencia e localización de copias Enlace para escoitar o audio da sesión do Pleno
Ãrea de notas
Nota
Puntos de acceso
Puntos de acceso de topónimos
Nome dos puntos de acceso Deputación de Pontevedra. Pleno (Tema)