ATOPO
Registros actuales: 1.625.396
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2012/01/23_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.19.672/1.2012-01-23_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2012/01/23_Ordinaria

  • Data(s) 2012-01-23 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as nove horas e trinta minutos do día vinte e tres de xaneiro do ano dous mil doce, baixo a Presidencia de D. José Manuel Figueroa Vila, Vicepresidente da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, D. José Crespo Iglesias, D. Jorge Domínguez Rosal, Dna. Begoña Estévez Bernárdez, D. Jose Carlos López Campos, Dna. María Pilar Ramallo Vázquez, D. José Nelson Cándido Santos Argibay, D. Alberto Valverde Pérez e D. Jesús Vázquez Almuíña, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Así mesmo asisten os señores deputados D. Pablo Baquero Álvarez, D. José María Bello Maneiro, D. Arturo Grandal Vaqueiro, Dna. Marta Iglesias Bueno, D. Jose Alberto Pazos Couñago, D. Severino Reguera Varela. e Dna. Ana Isabel Vázquez Reboredo. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D. Antonio Graña Gómez. Non asiste o Ilmo. Sr. Presidente D. Rafael Louzán Abal. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.19757.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da anterior sesión, ordinaria, do día 13 de xaneiro do ano 2012. 2.19758.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS 1.- Devolución de garantías definitivas á empresa Viajes Inter Rías Fisterra, S.L A empresa Viajes Inter Rías Fisterra, S.L. con CIF B- 36.050.656, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Caixanova, por importe de cinco mil oitocentos dezaoito euros con setenta e cinco céntimos (5.818,75 €), para responder do contrato relativo á: Xestión do programa “Camiña con Nós”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 9/03/2010, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201000020440, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 2.- Devolución de garantías definitivas á empresa Automoción La Junquera, S.L. A empresa Automoción La Junquera, S.L. con CIF B- 36.181.899, mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución da fianza constituída para responder dun contrato do que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto do contrato. Considerando que o artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, establece que, unha vez aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou cancelarase o aval ou o seguro de caución. En base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade co establecido no artigo 90.2, da Lei 30/2007, de 30 de outubro de Contratos do Sector Público, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de seis mil douscentos noventa e cinco euros (6.295,00 €), para responder do contrato relativo ó: Subministración dun camión con cuña quitaneves e esparcidor de sal para utilizar na zona norte da provincia de Pontevedra, que foi depositada na Tesourería Provincial o 20/01/2009, segundo mandamento de ingreso con número de operación 200900003391, sendo indispensable para retirala a presentación da carta de pagamento orixinal e o selo da empresa. 3.19759.- ADXUDICACIÓN DO PROCEDEMENTO ABERTO CONVOCADO PARA CONTRATAR A SUBMINISTRACIÓN DE GASÓLEO DE AUTOMOCIÓN CLASE “A” E DE CALEFACCIÓN CLASE “C” PARA OS DISTINTOS CENTROS E SERVIZOS DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión que tivo lugar o día 21 de outubro de 2011, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración de gasóleo de automoción clase “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra, ata un importe máximo, para un período de dous anos, de setecentos cincuenta e catro mil oitocentos euros (754.800,00 €), IVE e impostos incluídos. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación da subministración de gasóleo de automoción clase “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra, foi enviado para a súa publicación no Suplemento ó Diario Oficial da Unión Europea o día 26 de outubro de 2011, aparecendo publicado no devandito suplemento o día 29 de outubro de 2011 (anuncio de licitación 2011/S 209-340435), así mesmo publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 213 de data 7 de novembro de 2011 e no Boletín Oficial do Estado n.º 275 de data 15 de novembro de 2011. Resultando que a disposición transitoria primeira do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público, establece que os expedientes de contratación iniciados antes da entrada en vigor desta Lei se rexerán pola normativa anterior. Resultando que o Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público entrou en vigor o día 16 de novembro de 2011, motivo polo cal este expediente se rexe pola normativa anterior, é dicir, pola Lei 30/2007, do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público, en vigor na data en que foi publicada a convocatoria deste contrato. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 20 de decembro de 2011, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. e Cepsa Comercial Noroeste, S.L., sendo admitidas ambas as dúas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 23 de decembro de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo de automoción clase “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra, procedendo á apertura dos sobres “B” presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 20 de decembro de 2011, para cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. e Cepsa Comercial Noroeste, S.L., sendo admitidas ambas as dúas empresas. Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión que tivo lugar o día 23 de decembro de 2011, fixo pública a relación de empresas admitidas ó procedemento aberto convocado para contratar a subministración de gasóleo de automoción clase “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra, procedendo á apertura dos sobres "B" presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, para os efectos de dar cumprimento ó estipulado no artigo 27 do Real Decreto 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a Lei 30/2007, de 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que con data 26 de decembro de 2011, o Enxeñeiro Técnico Industrial Xefe de Mantemento da Cidade Infantil "Príncipe Felipe" emitiu informe sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas das ofertas presentadas ó procedemento aberto convocado para optar á adxudicación da subministración de gasóleo de automoción clase “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo de calefacción clase “C” para os distintos centros e servizos da Deputación de Pontevedra. Resultando que a Mesa de Contratación na reunión que tivo lugar o día 28 de decembro de 2011, procedeu á apertura dos sobres “C”, presentados polas empresas, obtendo a seguinte puntuación: LICITADORES Sobre “B” SOBRE “C” TOTAL Oferta económica Gasóleo “A” Oferta económica Gasóleo “C” Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. 17,00 Puntos 60,00 Puntos 20,00 Puntos 97,00 Puntos Cepsa Comercial Noroeste, S.L. 8,00 Puntos 35,633 Puntos 10,897 Puntos 54,53 Puntos Resultando que por Resolución Presidencial número 18.824 de data 28 de decembro de 2011, a Presidencia estableceu como oferta máis vantaxosa, a formulada pola empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., efectuando así mesmo o correspondente requirimento á devandita empresa para que presentase a documentación a que fai referencia o artigo 135.2 da Lei 30/2007 do 30 de outubro, de Contratos do Sector Público. Resultando que a empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., presentou a documentación requirida, entre a que se encontra unha garantía definitiva por importe de 31.983,05 euros depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201200002720, polo que unha vez cumpridos os trámites esixidos, procede efectuar a adxudicación deste contrato de conformidade co establecido no artigo 135.3 da citada Lei 30/2007. Resultando que a adxudicación deste contrato estaba condicionada á existencia de crédito axeitado e suficiente para financiar as obrigas derivadas deste durante o exercicio de 2012 e seguintes e que tras ser prorrogado o orzamento provincial do exercicio 2011 ó 2012, no expediente figuran os seguintes documentos: Centro Importe Documento “A” Aplicación. Parque de Maquinaria 292.800,00 € 201200003091 12/456.453.221.03 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 31.500,00 € 201200003092 12/232.232.221.03 Imprenta Provincial 5.400,00 € 201200003093 12/924.924.221.03 Finca Mouriscade 8.100,00 € 201200003094 12/411.412.221.03 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo 22.500,00 € 201200003095 12/920.920.221.03 Sede Deputación en Vigo 5.400,00 € 201200003096 12/925.920.221.03 Escola de Canteiros 4.500,00 € 201200000077 12/832.323.221.03 Estación Fitopatolóxica do Areeiro 7.200,00 € 201200003097 12/413.413.221.03 Considerando que a disposición adicional segunda da referenciada Lei 30/2007, no seu apartado 1, faculta o Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de subministración, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento prorrogado do 2011 ó 2012, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar á empresa Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A. (C.I.F.- A-80.298.839) o contrato correspondente á subministración de gasóleos tipo “A” para o abastecemento das máquinas e vehículos adscritos ó Centro Xestor do Parque de Maquinaria e gasóleo tipo “C” para a calefacción de diversos Centros da Deputación de Pontevedra, polo parámetro DELTA (Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario como capilar, gastos xerais, etc...) de 0,03776 euros/litro para o gasóleo “A” e de 0,03560 euros/litro para o gasóleo “C”, que será aplicable á formula CIxCDxD+DELTA+II.EE+I.V.M.H.+IVE, ata a cantidade máxima anual de trescentos setenta e sete mil catrocentos euros (377.400,00€), sendo: . CI: Cotización Internacional ALTA GORGOES CIF NWE, BASISARA, concretamente a media aritmética das cotizacións válidas a semana anterior (de luns a venres) en que se realiza a subministración. . período de vixencia de cada prezo semanal será por conseguinte de sábado ás 00:00 horas ó venres seguinte (PLATTS EUROPEAN MARKETSCAN). . CD: O valor de cambio de divisas (euros/US Dólar) sobre a base da media aritmética da semana anterior en que realiza a subministración. . D: Densidade do tipo de carburante correspondente. . DELTA: Prima fixa en euros, inclúe ademais do beneficio industrial, os custos de almacenamento, transporte tanto primario coma capilar, gastos xerais, etc. . I.I.E.E.: Impostos especiais. . I.V.M.H: Imposto sobre vendas minoristas de determinados hidrocarburos. . I.V.E: Valor en cada momento. O detalle do tipo de gasóleo a subministrar, da estimación de litros necesarios e do Centro ó que vai destinada a subministración é o seguinte: CENTRO TIPO GASÓLEO LITROS /AÑO Parque de Maquinaria Gasóleo “A” 240.000,00 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” Gasóleo “C” 35.000,00 Imprenta Provincial Gasóleo “C” 6.000,00 Finca Mouriscade Gasóleo “C” 9.000,00 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo Gasóleo “C” 25.000,00 Sede Deputación en Vigo Gasóleo “C” 6.000,00 Escola de Canteiros Gasóleo “C” 5.000,00 Estación Fitopatolóxica do Areeiro Gasóleo “C” 8.000,00 A duración será de dous anos con entrada en vigor prevista para o día 15 de febreiro de 2012, podendo prorrogarse a vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización desta, sen que a duración total do contrato -incluído as posibles prórrogas expresas- poida exceder de catro anos. 2. Publicar esta adxudicación no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra e comunicar á empresa adxudicataria, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., que a formalización do respectivo contrato se realizará unha vez cumpridas as formalidades e dentro dos prazos que se detallan na cláusula número 18 do prego de cláusulas administrativas particulares que rexen este procedemento aberto e que foron aprobadas pola Xunta de Goberno na sesión que tivo lugar o día 21 de outubro de 2011. 3. A empresa, Repsol Comercial de Productos Petrolíferos, S.A., como adxudicataria deste procedemento aberto, ingresará a cantidade de 1.052,83 euros na Tesourería da Deputación de Pontevedra, en concepto de gastos de publicación de anuncios, de acordo co seguinte detalle: -Gastos publicación anuncio Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP) 195,30 € -Gastos publicación anuncio Boletín Oficial do Estado (BOE) 857,53 € TOTAL 1.052,83 € 4. O pagamento do prezo deste contrato efectuarase contra a presentación das correspondentes facturas, con cargo ás aplicacións orzamentarias seguintes: As subministracións a realizar durante o ano 2012: Centro Importe Documento “A” Aplicación. Parque de Maquinaria 292.800,00 € 201200003091 12/456.453.221.03 Cidade Infantil “Príncipe Felipe” 31.500,00 € 201200003092 12/232.232.221.03 Imprenta Provincial 5.400,00 € 201200003093 12/924.924.221.03 Finca Mouriscade 8.100,00 € 201200003094 12/411.412.221.03 Pazo Provincial e edificio administrativo anexo. 22.500,00 € 201200003095 12/920.920.221.03 Sede Deputación en Vigo 5.400,00 € 201200003096 12/925.920.221.03 Escola de Canteiros 4.500,00 € 201200000077 12/832.323.221.03 Estación Fitopatolóxica do Areeiro 7.200,00 € 201200003097 12/413.413.221.03 As subministracións a realizar durante os anos 2013 e 2014 (ata o 14 de febreiro), con cargo ás correspondentes aplicacións dos orzamentos provinciais dos exercicios de 2013 e 2014. 4.19760.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA PARA A REALIZACIÓN DA OBRA Nº2012000022, DENOMINADA “ACONDICIONAMENTO INTERIOR DA CASA DA CULTURA E O SEU SALÓN DE ACTOS”, INCLUÍDA NO PLAN DE INVESTIMENTOS DA DEPUTACIÓN 2009-2011 Á vista da solicitude e toda a documentación necesaria para a válida concesión da subvención con cargo á cantidade que se reserva á Presidencia para a súa concesión directa e tramitación do correspondente procedemento de contratación do investimento núm. 2012000022, denominado “Acondicionamento interior da Casa da Cultura e o Salón de Actos” e dos informes favorables do Servizo de Infraestruturas e da Intervención, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder ó Concello de Vilagarcía de Arousa con CIF núm. P3606000B, a cantidade de douscentos oito mil catrocentos vinte e catro euros con oitenta e seis céntimos (208.424,86 €), para a realización do investimento núm. 2012000022, denominado “Acondicionamento interior da Casa da Cultura e o seu Salón de Actos”, cun orzamento polo mesmo importe e coa seguinte distribución por anualidades: Exercicio 2009: 208.424,86 euros Exercicio 2010: 0,00 euros Exercicio 2011: 0,00 euros Esta subvención, que corresponde á anualidade 2009, contabilizarase con cargo á aplicación correspondente, que será no seu caso a 12/942.942.652.45.2009 do orzamento provincial para o ano 2012, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. Iniciar o expediente de contratación do investimento anterior, de conformidade co artigo 109 do Real Decreto Lexislativo 3/2011, do 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e demais normativa de desenvolvemento. 5.19761.- RECOÑECEMENTO DA OBRIGA E DECLARACIÓN DE ABOO DUNHA ACHEGA Á MANCOMUNIDADE DO SALNÉS PARA FINANCIAR O PROXECTO “RECUPERACIÓN DO PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DOS MUNICIPIOS DO INTERIOR DO SALNÉS: ROTEIROS DA AUGA III (2010-2011) Á vista da documentación presentada pola Mancomunidade do Salnés (CIF: G-36061174) para xustificar a subvención concedida para executar o proxecto “Recuperación do patrimonio etnográfico dos municipios do interior do Salnés: os Roteiros da Auga III (2010-2011)”, á vista do informe emitido pola Intervención o 31 de decembro de 2011 e da demais documntación que obra no expediente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade recoñecer e declarar de aboamento a obriga por un importe de trescentos mil euros (300.000,00 €) correspondente ó 50% da axuda concedida á Mancomunidade do Salnés (CIF: G-36061174) para financiar ó proxecto “Recuperación do patrimonio etnográfico dos municipios do interior do Salnés: os Roteiros da Auga III (2010-2011)”, que se librarán con cargo á aplicación orzamentaria correspondente, que será no seu caso a 12/942.943.763.00.2009, dos vixentes orzamentos provinciais, quedando condicionada á incorporación dos remanentes de crédito ó presente exercicio. 6.19762.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DON RAMÓN PENA FRAGA EN REPRESENTACIÓN DE CARNES GARZA, S.L., POR DANOS EN VEHÍCULO COMO CONSECUENCIA DE ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDO NA E.P. 5003 A CAÑIZA-ARBO (CONCELLO DE ARBO) Dada conta que con data de rexistro 11/11/11 (Rex.núm.012637) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Don Ramón Pena Fraga en representación da mercantil Carnes Garza, S.L., con domicilio a efecto de notificacións na rúa Pontevedra, 6-2ºA do concello de Vigo, por danos en vehículo como consecuencia da existencia dunha mancha de aceite na E.P.5003 A Cañiza-Arbo, acaecido o día 12/11/10 e que individualiza economicamente en 6.000,00 €. Resultando.- Que con data 09/12/11 e co fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que emitiu o mesmo no día 19/11/12 co seguinte contido: “…Primeiro.- A estrada E.P. 5003 A Cañiza-Arbo pertence á rede provincial de estradas. Segundo.- Por parte desta Unidade Administrativa si se tivo constancia da presenza de substancias deslizantes na calzada xa que ás 10.09 horas da mañá do día 12 de novembro de 2010 (o accidente prodúcese ás 09:20 horas) recíbese na Deputación Provincial de Pontevedra unha chamada do 111- SOS Galicia solicitando a limpeza dunha mancha de aceite no viario provincial E.P. 5003 A Cañiza-Arbo. Terceiro.- Recibido o aviso do 112 a brigada da zona tarda en chegar ó lugar do sinistro un tempo aproximado de entre 35/40 minutos, procedendo nese momento a sinalar a vía e a limpar o gasoil presente na calzada. Aos efectos oportunos achégase copia do parte de incidencias dese día. Cuarto.- Segundo informa o capataz da brigada, D. Urbano Javier Costas Rodríguez, descoñécese a procedencia da mancha de gasoil presente na calzada; así mesmo sinala que a superficie da zona de circulación atopábase mollada e que o accidente tivo lugar nun tramo de estrada no que existe unha curva pronunciada. Quinto. Por outra banda, tal e como reflicte o atestado da garda civil de tráfico, a sinalización da estrada é boa (curva fuerte con señal y velocidad señalizada), existindo uns metros antes desa curva un sinal P-19 de Pavimento deslizante e de velocidade recomendada de 40 Km/hora, sinalando ademais o citado atestado que o accidente ten lugar ás 09:20 horas da mañá…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non e que precedentemente utilizou a calzada, o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de sustancias vertidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 35-40 minutos en chegar o lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04, 20/07, 140/08, 114/09, 123/11, 312/11 do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 212/04, 2/05, 183/06, 74/09, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, abundancia de precedentes que, de interpoñerse recurso contencioso, obrigaría á Deputación a solicitar a expresa imposición de costas pola temeridade e mala fe na interposición da acción. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 7.19763.- DESESTIMACIÓN DE RECLAMACIÓN DE RESPONSABILIDADE PATRIMONIAL FORMULADA POR DONA EVA ÁLVAREZ MOYA EN REPRESENTACIÓN DE GÉNESIS SEGUROS GENERALES E DON SERGIO CRESPO MOSQUERA, POR DANOS EN VEHÍCULO COMO CONSECUENCIA DE ACCIDENTE DE TRÁFICO PADECIDO NA E.P. 0002 MARCO-TOMEZA-FIGUEIRIDO (CONCELLO DE PONTEVEDRA) Dada conta que con data de rexistro 18/07/11 (Rex.núm.026123) tivo entrada nesta Deputación instancia subscrita por Dona Eva Álvarez Moya en representación de Génesis Seguros Generales, S.A. e de D. Sergio Crespo Mosquera, con domicilio a efecto de notificacións na rúa Zamora, 54-58, por danos en vehículo como consecuencia da existencia dunha mancha de gasoil na E.P.0002 Marco-Tomeza-Figueirido, acaecido o día 13/06/11 e que individualiza economicamente en 1.849,79 €. Resultando.- Que con data 15/06/11 personada a Garda Civil de Tráfico, Subsector de Pontevedra, no Lugar do sinistro, levantou atestado co seguinte contido: “(…) Por parte de los vecinos de la zona que se acercaron al lugar de los siniestros, se insiste en que en las proximidades se encuentra ubicado un contenedor de basura el cual desprende restos que con la lluvia se desplazan hacia la vía provincial, añadiendo que el camión de la basura durante el vaciado de los contenedores desprende grasas y sustancias que resultan deslizantes y que son las causantes de los accidentes en el punto (…). Resultando.- Que con data 25/08/11 e co fundamento no artigo 10.1, último parágrafo, do R.d. 429/93, en relación co 82 e 83 da Lei 30/92, e 172 do R.d. 2568/86, solicitouse informe ó Servizo de Infraestruturas, que emitiu o mesmo no día 31/08/11 co seguinte contido: “…Primeiro.- A estrada EP. 0002 Marco-Tomeza-Figueirido, está incluída na rede provincial de estradas. Aínda que a citada estrada discorre polos Concellos de Pontevedra e Vilaboa, o sinistro produciuse no termo municipal de Pontevedra. Segundo.- Por parte desta Unidade Administrativa si se tivo constancia do accidente de referencia xa que as 11:14 horas do día 13 de xuño de 2011 recíbese unha chamada do 112 SOS Galicia advertindo da presenza de sustancia deslizastes na estrada provincial E.P. 0002 Marco-Tomeza-Figueirido. Recibida dita comunicación a brigada da zona desprázase ó lugar do sinistro nuns 35-40 minutos e procede a limpar a calzada, instalando ademais sinais P-34 que advertían do perigo que representa un tramo de calzada con pavimento deslizante e R-301 de limitación de velocidade 40km/hora. Terceiro.- Aínda que a día de hoxe descoñécese a causa exacta da vertedura de aceite que provocou o sinistro, nun primeiro momento pensouse que a orixe desta anomalía estaba nos líquidos residuais procedentes duns colectores de lixo instalados polo Concello de Pontevedra na parte superior dunha plazoleta recentemente acondicionada e que deslizábanse dende alí ata o viario provincial. Á vista da situación de perigo existente, o 16 de xuño de 2011 remítese un escrito ó Concello de Pontevedra, do que se adxunta copia, solicitando a adopción das medidas necesarias para evitar o risco xerado para a seguridade vial e unha nova localización dos citados colectores de lixo. Esta primeira apreciación tamén é corroborada polos veciños da zona tal e como reflicte o informe remitido dende a garda civil de tráfico o día 17 de xuño de 2011 do que se adxunta ó presente informe. Cuarto.- O 5 de agosto de 2011 o Concello de Pontevedra remite un informe da Técnico de Medio Ambiente no que se sinala que si existía unha mancha de gasoil no pavimento, nas inmediacións dos contenedores, e que esta puido derramarse ata a estrada provincial; pero que a mesma non procedía dos contenedores de lixo xa que os mesmos están en perfecto estado de conservación nin tampouco do camión de lixo que no sufre perda algunha de aceite, gasoil u outro líquido similar o existente. Quinto. Para rematar sinalar que segundo pon de manifesto o ateigado da garda civil de tráfico o accidente prodúcese nun tramo de estrada no que existe unha curva suave, que a superficie da zona de circulación atopábase mollada e que a sinalización vertical era boa…” Considerando.- Que a instancia se presenta cumprimentando os requisitos de capacidade, lexitimación activa e pasiva e temporalidade (sen ter transcorrido o prazo de prescrición), descritos nos artigos 6.1 do R.d. 429/93 en relación co 70, 30, 31-1-a e 142.5 da Lei 30/92. Considerando.- Que non quedou acreditada a relación de causalidade (artigos 139.1 da Lei 30/92 e 13.2 do R.d. 429/93) co material probatorio achegado ó expediente, antes ó contrario, queda demostrada a non responsabilidade desta Deputación no evento lesivo, pois a forza causacional reside nun vertido de gas-oil na calzada provinte dun terceiro que, de xeito consciente ou non o derramou, polo que dificilmente se lle poden atribuír as consecuencias indemnizatorias á Deputación pola mera detentación material dunha infraestrutura, o que a convertería nunha especie de aseguradora universal de todos os riscos. Considerando.- Que os diferentes precedentes que foron sentando os tres xulgados do contencioso-administrativo de Pontevedra en supostos idénticos ou similares (outro tipo de sustancias verquidas) fan descansar o título de imputación da responsabilidade á Administración na inoperancia, inacción, renuencia ou retardo na limpeza da vía más aló dos 45-60 minutos a partir da chamada ou aviso para limpeza da vía, feito de modo real e probado, o que non se produce no presente suposto xa que os servizos de vixilancia e limpeza tardaron 35-40 minutos en chegar o lugar do sinistro una vez foron alertados (vexase o informe e parte de traballo do Servizo de Infraestruturas), podendo neste senso invocarse “ad exemplum” as seguintes sentenzas: Sentenza do TS, Sala 3ª de 11/02/87, sentenza do TS, Sala 3ª de 07/10/97, sentenza do TS Sala 6ª de 03/12/02, sentenza do TS Sala 3ª de 24/02/03 F.J.1º, sentenza do TS Sala 3ª de 11/12/07 F.J.2º, sentenza do TSXG do 24/12/03 F.J.5º, sentenza do TSXG do 27/12/07, sentenza do TSXG de 04/10/07, ditame do Consello de estado publicado o 26/04/07, sección 8ª da Sala do contencioso-administrativo da Audiencia Nacional de 23/06/98, do Xulgado do contencioso-administrativo nº1 de Pontevedra, sentenzas números 121/04, 20/07, 140/08, 114/09/123/11, do Xulgado do concencioso-administrativo nº2 de Pontevedra, sentenzas números 170/04, 212/04, 2/05, 183/06, 74/09, 124/10, do Xulgado do contencioso-administrativo nº3 de Pontevedra, sentenzas números 179/04 e 74/08, abundancia de precedentes que, de interpoñerse recurso contencioso, obrigaría á Deputación a solicitar a expresa imposición de costas pola temeridade e mala fe na interposición da acción. Considerando.- Que as Administracións Públicas réxense en materia de responsabilidade patrimonial polos artigos 106.2 da Constitución Española, 139 e seguintes da Lei 30/92, 54 da Lei 7/85, 223 do R.d. 2568/86 e R.d. 429/93. Considerando.- Que o presente acordo cumprimenta o establecido nos artigos 89.1 e 54.1-b da Lei 30/92 en relación co 13.2 do R.d. 429/93, referido á desestimación argumentada da reclamación. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade desestimar a reclamación. 8.19764.- INFORME EN RELACIÓN COA CONSULTA DE AVALIACIÓN DE IMPACTO AMBIENTAL DO PROXECTO “LIÑA DE ALTAS PRESTACIÓNS A GALICIA. TRAMO: OURENSE-VIGO”, COMO MODIFICACIÓN DO TRAZADO DO ESTUDO INFORMATIVO DO PROXECTO DA NOVA LIÑA DE ALTA VELOCIDADE DE OURENSE A VIGO, QUE REMITE A DIRECCIÓN XERAL DE CALIDADE E AVALIACIÓN AMBIENTAL DO MINISTERIO DE MEDIO AMBIENTE, Y MEDIO RURAL E MARIÑO Dada conta da comunicación da Subdirección Xeral de Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño, de data 7 de decembro de 2011, recibida nesta Deputación o día 15 de decembro de 2011 (Rex. de entrada núm. 42499), remitindo consulta de avaliación de impacto ambiental do Proxecto Liña de altas prestacións a Galicia. Tramo: Ourense-Vigo”, como modificación do trazado do Estudo informativo do proxecto da nova liña de alta velocidade de Ourense a Vigo, ós efectos de emisión de informe por parte desta Deputación, e Resultando que a Técnica de Medio Ambiente, emite informe con data 11 de xaneiro de 2012, no que manifesta: “O presente informe consta de: 1. Antecedentes. 2. Alternativas propostas 3. Análises ambiental. 4. Conclusión. 1.- Antecedentes: O tramo Ourense-Vigo está englobado dentro da rede ferroviaria de interese xeral que discorre por la comunidade autónoma de Galicia. Trátase dun novo corredor transversal que enlaza as cidades de Ourense e Vigo mediante a interconexión entre o corredor Norte-Noroeste de Alta Velocidade e do Eixe Atlántico, infraestruturas que na actualidades de encontran en avanzado estado de execución. Tras a adxudicación do contrato de servizo para a redacción dos distintos proxectos básicos, formulouse a necesidade de realizar algúns cambios e modificacións do trazado aprobado no Estudio Informativo. Estes cambios debéronse, principalmente a: ↠ Modificación da zona de conexión do tramo Ourense-Vigo có Eixe Atlántico de Alta Velocidade a altura do Concello de Barro, o norte de Pontevedra. ↠ Cumprimento da Orden FOM/3317/2010, do 17 de decembro, pola que se aproba a Instrución sobre as medidas específicas para a mellora da eficiencia na execución das obras públicas de infraestruturas ferroviarias, estradas e aeroportos do Ministerio de Fomento. ↠ Cumprimento de Decisión da Comisión Europea 2008/163/CE, de 20 de decembro de 2007, relativa as especificacións técnicas de interoperabilidade (ETI), sobre seguridade nos túneles nos sistemas ferroviarios transeuropeos convencionais e de alta velocidade. O obxectivo destas modificacións foi a de optimizar a solución a desenvolver, tanto dende o punto de vista técnico e económico, como o punto de vista ambiental. 2.- Alternativas propostas: O Proxecto da nova liña de Alta Velocidade Ourense-Vigo comprende a execución dunha nova liña ferroviaria que enlazará coa liña de Alta Velocidade Ourense-Santiago e có Eixo Atlántico de Alta Velocidade. O tramo completo ten unha lonxitude total de 53,5 quilómetros, divididos en tres subtramos. Estes subtramos son: ↠ Subtramo 1, O Carballiño-O Irixo (os primeiros 11 km). ↠ Subtramo 2, O Irixo-Cerdedo (os 18 km seguintes). ↠ Subtramo 3, Cerdedo-Barro (os 24,5 km finais). 3.- Análise Ambiental: O Documento analiza tódolos impactos susceptibles de orixinarse dende o punto de vista xeolóxico, geomorfolóxico, edafolóxico, atmosférico, hidrolóxico etc, desenvolvendo un plan de medidas de prevención e protección que deberán aplicarse para reducir o número e a intensidade dos impactos analizados. 4.- Conclusión:. Este Proxecto trátase dunha modificación dun proxecto anterior que conta coa preceptiva Declaración de Impacto Ambiental, polo que a modificación proposta vai encamiñada a conseguir unha mellora técnica ó posibilitar un trazado máis directo entre Ourense e Vigo, e dende o punto de vista medioambiental a solución proposta é moi similar a anterior. Pódese considerar que os impactos ambientais producidos pola modificación veranse minimizados ante as actuacións das medidas preventivas e de corrección propostas e seguindo o Plan de Vixilancia descrito no documento. Con todo, o proxecto deberá ser sometido a Avaliación de Impacto Ambiental si a Consellería de Medio Ambiente o considerase oportuno antes de ser tramitadas as autorizacións correspondentes.” A Xunta de Goberno acorda por unanimidade prestar conformidade ó citado informe, e a súa remisión á Dirección Xeral de Calidade e Avaliación Ambiental do Ministerio de Medio Ambiente, e Medio Rural e Mariño. 9.19765.- COMUNICACIÓNS Non houbo. FÓRA DA ORDE DO DÍA, e previa declaración de urxencia adoptáronse os seguintes acordos: 10.19766.- APROBACIÓN DO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA PARA A DEPUTACIÓN PROVINCIAL DE PONTEVEDRA A Deputación de Pontevedra, dentro do proceso de modernización da administración pública, pretende realizar un uso racional dos recursos públicos centralizando para iso todas as compras de material de oficina utilizado habitualmente para o traballo diario, o que permitirá unificar criterios na compra de material, un mellor servizo dos provedores e realizar unha mellor xestión. Isto permitirá ter un maior rigor e control do gasto público. O Servizo de Contratación, Facenda e Patrimonio, tal e como prevé o artigo 109 TRLCSP, xustifica no expediente a elección do procedemento e elabora un proxecto de prego de condicións económico-administrativas. Este contrato tipifícase como de subministración, segundo o art.9 TRLCSP, xa que o empresario se obriga a entregar unha pluralidade de bens de forma sucesiva e por prezo unitario sen que a contía total se defina con exactitude ó tempo de asinar o contrato, por estar subordinadas as entregas ás necesidades do adquirente. Polo secretario infórmase, con data 23 de xaneiro de 2012, o proxecto de prego, e trasládase o expediente de contratación ó servizo de intervención para que fiscalice este nos termos previstos na Lei 47/2003, do 26 de novembro. Na mesma data se emite informe de fiscalización. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011 TRLCSP, no seu apartado 1, faculta o Ilustrísimo Sr. Presidente para actuar como órgano de contratación con competencia respecto a este contrato de obra, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, do 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de obras que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Aprobar o expediente de contratación para adxudicar, mediante procedemento aberto, a subministración de material de oficina para a Deputación Provincial de Pontevedra, cun orzamento máximo estimado de sesenta e cinco mil cincocentos dezasete cincocentos dezasete euros con vinte e catro céntimos (65.517,24 €), máis unha cantidade estimada de IVE de once mil setecentos noventa e tres euros con dez céntimos (11.793,10€), e en función dos prezos unitarios ofertados polo adxudicatarios dos produtos referenciados no Prego de condicións. Se as necesidades da Deputación requirisen un maior importe anual incrementarase esta contía. Así mesmo a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Autorizar o gasto para o ano 2012 con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias e nas seguintes cantidades: ORGANISMO APLICACIÓNS IMPORTE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 12/922.920.220.00 43.310,34 € ORAL 12/893.932.220.00 18.000,00 € IPESPO 12/815.156.220.00 1.000,00 € CANTEIROS 12/832.323.220.00 2.000,00 € MUSEO 12/833.333.220.00 10.000,00 € CAIXA DE ANTICIPOS 12/894.942.220.00 500,00 € ENFERMERÍA 12/831.323.220.00 1.000,00 € TURISMO 12/843.432.220.00 1.500,00 € Para o resto de anualidades o expediente quedará condicionado á aprobación do correspondente orzamento. - Aprobar os pregos de cláusulas administrativas e técnicas que rexerán o Concurso como Lei fundamental. - Iniciar o prazo de presentación de proposicións para o devandito procedemento, coa publicación do anuncio no Boletín Oficial da Unión Europea e cunha antelación mínima de cincuenta e dous días, ademais da súa publicación nos Boletíns Oficiais da Provincia e Estado. Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICAS-ADMINISTRATIVAS, QUE REXERÁ O PROCEDEMENTO ABERTO PARA A CONTRATACIÓN DA SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA NOS DISTINTOS SERVIZOS XESTORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ORGANISMOS AUTONÓMOS 1.- OBXECTO.- A subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos , de conformidade coas características establecidas no anexo I, e prego de prescricións técnicas. Toda consulta sobre estes pregos ou o de prescricións técnicas deberán plantarse a través do e-mail contratacion@depo.es 2.- FINANCIAMENTO.- O contrato financiarase con cargo ás seguintes aplicacións orzamentarias correspondentes e nas seguintes cantidades: ORGANISMO PARTIDA IMPORTE DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA 922.920.220.00 43.310,34 € ORAL 893.932.220.00 18.000,00 € IPESPO 815.156.220.00 1.000,00 € CANTEIROS 832.323.220.00 2.000,00 € MUSEO 833.333.220.00 10.000,00 € CAIXA DE ANTICIPOS 894.942.220.00 500,00 € ENFERMERÍA 831.323.220.00 1.000,00 € TURISMO 843.432.220.00 1.500,00 € O contrato quedará condicionado á aprobación dos correspondentes orzamentos. 3.- ORZAMENTO DE LICITACIÓN.- Non se pode concretar a priori un orzamento global do contrato, xa que este virá determinado pola combinación de dous factores, o prezo ofertado polo contratista e as necesidades da Deputación. Con todo, estímase unha cantidade anual máxima de setenta e sete mil trescentos dez euros con trinta e catro céntimos (77.310,34 €). A licitación se efectúa sobre a suma total resultante de multiplicar os prezos unitarios polas unidades de consumo estimadas. Os licitadores terán que ofertar todos os produtos unitarios relacionados no anexo I, sen exceder o prezo máximo establecido. Esta institución non se compromete a comprar un número determinado de produtos, senón que solicitará aqueles que sexan necesarios para o funcionamento da Deputación. Poderase consumir un número superior de unidades previstas nos produtos. 4.- DURACIÓN DO CONTRATO.- O contrato terá unha duración inicial de DOUS ANOS a contar dende a data de formalización do contrato. Poderase prorrogar por dous anos máis por mutuo acordo das partes. 5.- LUGAR E PRAZO DE ENTREGA DAS SUBMINISTRACIÓNS.- O prazo de entrega do material efectuarase no prazo máximo de vinte e catro horas dende a petición do material, en horario de mañá, de 8 a 15 horas. O prazo valorarase coa fórmula establecida na cláusula 11.2 do prego administrativo. Deberase entregar nos servizos da Deputación que se indiquen. 6.- PROCEDEMENTO DE ADJUDICACIÓN.- A adxudicación realizarase utilizando o procedemento aberto, que é o ordinario, tal e como o estipula o artigo 138.2 do TRLCSP. 7.- CAPACIDADE PARA CONTRATAR.- Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas, españolas ou estranxeiras, que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente solvencia económica, financeira ou técnica nos termos que dispoñen os artigos 75 e 77 do Lei 3/2011, de 14 de novembro, do Texto Refundido de Lei Contratos do Sector Público, e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 de dita norma. A efectos da licitación, os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, así como que asumen o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal en caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios será coincidente coa do contrato ata o seu extinción. A Administración poderá contratar con unións temporais de empresas que se constitúan ó efecto (sen que sexa necesaria a formalización delas en escrituras públicas, ata que se teña formalizada a adxudicación); ditas empresas serán responsables solidarias ante a Administración debendo nomear ante ela un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir as obrigacións que do contrato se deriven ata a extinción do mesmo, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagos de contía significativa. Ditas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispoñer dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a debida execución do contrato. 8.- GARANTÍA DEFINITIVA.- O seu importe será do 5% do valor estimado do contrato, excluído o Imposto sobre o Valor Engadido, e poderá constituírse en calquera das formas previstas no art. 96 da TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos quince días hábiles seguintes contados dende o seguinte a que se publique a adxudicación provisional no perfil do contratante. En caso de incumpriu este requisito a Administración poderá efectuar unha nova convocatoria ou adxudicar provisionalmente ó licitador ou licitadores seguintes a aquel que incumpriu a obrigación, pola orde en que queden clasificadas as súas ofertas, sempre que iso fose posible e que o novo adxudicatario preste o seu conformidade, nese caso concederase a este un prazo de dez días hábiles para cumprimentar o sinalado no segundo parágrafo do apartado anterior. A garantía definitiva haberá de ser ingresada exclusivamente na Caixa da Deputación. 9.- PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E PRAZO DE PRESENTACIÓN; FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN.- 9.1º.-Lugar e Prazo de Presentación.- As proposicións presentaranse no Rexistro Xeral da Deputación Provincial de Pontevedra (Sede Pontevedra en horario de luns a venres de 8,30 a 14,30 horas e de 17,00 horas a 19,00 horas e os sábados de 9,00 a 13,00 horas ou sé de Vigo en horario de luns a venres de 9,00 a 13,00 horas), durante un prazo de cincuenta e dous días naturais (artigo 143 LCSP), a partir da data do envío do anuncio do contrato á Oficina de Publicacións Oficiais das Comunidades Europeas e que se especificará no anuncio que se publicará no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra e no Boletín Oficial do Estado. Se o último día de presentación de plicas coincidise en festivo, prorrogarase a presentación ó primeiro día hábil seguinte. Tamén se poderán presentar por calquera dos procedementos establecidos polos artigos 38.4º da Lei 30/92, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común e o artigo 80 do R.d. 1098/2001 de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas, excepto por Correo Electrónico. Cando a documentación se envíe por calquera dos procedementos antes indicados, o empresario deberá xustificar a data e hora da imposición do envío e anunciar ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante télex, fax (número 986804126), telegrama ou correo electrónico (contratacion@depo.es) no mesmo día. 9.2º.-Formalidades.- Os contratistas interesados na licitación deberán presentar CATRO sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte: Nome do Licitador. CIF. Dirección e teléfono de contacto. Número de inscrición no rexistro de contratistas (no seu caso). Dependendo de cada sobre incluirase a seguinte documentación: Sobre “A”: documentación xeral, coa seguinte inscrición: “Documentación xeral para o procedemento aberto para a contratación da SUBMINISTRACIÓN DE MATERIAL DE OFICINA NOS DISTINTOS SERVIZOS XESTORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ORGANISMOS AUTONÓMOS Neste sobre conterá os seguintes documentos: 1.-A capacidade de obrar dos empresarios que foren persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose exixible conforme á lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose, a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante a escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que constaren as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente Rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de Estados membros da Comunidade Europea, deberán acreditar a súa inscrición nos Rexistros ou a achega das certificacións descritas no artigo 9 do Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar con informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación pola empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan con habitualidade no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real Decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (Rxlcap). Se é persoa física, o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador, deberá acompañarse o documento que acredite a personalidade deste representante (Documento Nacional de Identidade, para españois; Pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastante en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no Rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas Administracións Públicas. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal, cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade, indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de ostentar a representación da unión temporal ante a Administración. 2.- Poder debidamente bastanteado. 3.- Unha declaración responsable de non estar incurso nas prohibicións de contratar establecidas no artigo 60 do Texto Refundido da Lei de contratos do sector público. Esta declaración incluirá a manifestación de atoparse ó corrente do cumprimento das obrigacións tributarias e coa Seguridade Social impostas polas disposicións vixentes, sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tal requisito deba presentarse, antes da adxudicación definitiva, polo empresario a cuxo favor se vaia a efectuar esta. 4.-Para as empresas estranxeiras, declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois, de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto puidesen xurdir do contrato, con renuncia, no seu caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponder ó licitante. 5.- Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: a) Declaración sobre o volume global de negocios no ámbito de actividades correspondente ó obxecto do contrato, referido como máximo ós tres últimos exercicios dispoñibles en función da data de creación ou de inicio das actividades do empresario, na medida en que se dispoña das referencias de dito volume de negocios. Deberase acreditar un importe neto da cifra de negocios tres veces o importe estimado anual do contrato durante os tres últimos exercicios, segundo contas anuais depositadas no Rexistro Mercantil. b) Unha relación das principais subministracións realizadas nos últimos tres anos que inclúa importe, datas e o destinatario, público ou privado, dos mesmos. As subministracións efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados polo órgano competente, cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, cando o destinatario sexa un suxeito privado, mediante un certificado expedido por este ou, a falta deste certificado, mediante unha declaración do empresario. O importe total destes contratos xustificados deberá ser igual ou superior ó orzamento anual deste contrato. Nota importante: A acreditación das circunstancias mencionadas nos artigos anteriores (do punto 1, 2 e 3) poderase realizar mediante a certificación (modelo estendido), orixinal ou compulsada, dun Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas ou mediante un certificado comunitario de clasificación, sempre que se acompañe dunha declaración responsable do licitador na que manifeste que as circunstancias reflectidas no correspondente certificado non experimentaron variación. Esta manifestación deberá reiterarse, en caso de resultar adxudicatario, no documento en que se formalice o contrato, sen prexuízo de que o órgano de contratación poida, se o estima conveniente, efectuar unha consulta ó Rexistro Oficial de Licitadores e Empresas Clasificadas. Sobre “B”: Documentación correspondente á valoración de criterios non avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Documentación Técnica para o procedemento aberto para a contratación da subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos. Presentarase pechado e contendo os seguintes documentos: 1.- Como primeiro documento presentarase unha relación numerada e foliada de todos os documentos que se presenten, debendo estar debidamente asinado e selado polo representante legal da empresa. 2.- Catálogo de produtos debéndose presentar de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas. 3.- Memoria descritiva do proceso de solicitudes, xestión e entrega dos pedidos debéndose presentar de acordo co establecido no prego de prescricións técnicas. Importante: As empresas que fagan referencia neste Sobre “B” o prezo serán excluídas do procedemento. O incumprimento da forma de presentación da documentación, tal e como se prevé no prego de prescricións técnicas, poderá levar á exclusión no procedemento. Anexo Sobre “B”: MOSTRAS DOS PRODUTOS OFERTADOS. A empresa deberá presentar as mostras esixidas no prego de prescricións técnicas, cunha folla que as relacione, co seu modelo e marca, sen indicar o prezo. Sobre “C”: Documento correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas, coa seguinte inscrición: “Proposición económica para o procedemento aberto para a contratación do subministración de material de oficina nos distintos servizos xestores da Deputación de Pontevedra e organismos autónomos. Nota importante: Só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre “B” daquelas empresas que obtivesen unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Presentarase pechado e contendo o seguinte documento: Modelo de proposición, seguindo o modelo determinado no anexo I deste prego de condicións, debendo estar asinado e selado. 1.-Este modelo de proposición debe elaborarse mediante o persoal “plantillasobreC.xls” que se pode descargar no perfil do contratante da páxina web da Deputación www.depontevedra.es. A empresa deberá cubrir tan só os datos de identificación e introducir os prezos unitarios ofertados de cada produto na columna “PREZO ud. OFERTA EMPRESA (SEN IVE)”. A folla calculará automaticamente os datos do resto das columnas. 2.-Modelo de proposición económica en formato informático. O documento excel “plantillasobreC.xls”, unha vez cumprimentado deberá ser almacenado nun soporte de almacenamento de datos (usb ou CD), e introducido tamén no sobre “C” acompañando o documento impreso sinalado no punto anterior. 10- MESA DE CONTRATACIÓN.- Estará composta por: PRESIDENTE: -O Presidente da Corporación Provincial, ou membro en quen delegue. VOGAIS: -O Secretario Xeral da Corporación. -O Interventor da Corporación. -O Responsable de mantemento SECRETARIO: -O Técnico Adxunto do Servizo de Contratación Facenda e Patrimonio da Corporación. 11.-CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL E APERTURA DE PLICAS.- Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións, constituirase a mesa de contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no Sobre “A”. No caso de que resulte preciso a subsanación de erros ou omisións na documentación establecida na cláusula 9.2, a mesa de contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a mesa ás 10 horas do quinto día hábil seguinte ó día en que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, en acto público, sinalará aquelas que sexan cualificadas como inadmitidas e admitidas, e procederá á apertura do sobre “B” e do anexo correspondente á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real Decreto 817/2009, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Dita documentación será traslada ós técnicos que se consideren oportunos, os cales a avaliarán e ponderarán seguindo criterios de valoración establecidos no prego. Unha vez avaliada esta documentación técnica, sinalarase no perfil do contratante da Deputación, a data e hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre d da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Neste acto, darase a coñecer a ponderación asignada á proposta técnica de cada empresa e procederase á apertura dos Sobres “C”. Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios directamente vinculados ó obxecto do contrato: 11.1.-Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre “B”). Os criterios avaliables mediante xuízos de valor valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.- Calidades e características dos produtos ofertados, ata un máximo de 30 puntos. 2.- Melloras, ata un máximo de 15 puntos A modo enunciativo, non limitativo, poderanse ofertar melloras sobre os seguintes conceptos: • Serigrafía do logo corporativo da Deputación noutros produtos da relación do anexo 1 diferentes dos establecidos como obrigatorios no apartado 2.b do presente prego. • Serigrafía a máis dunha tinta dos produtos establecidos como obrigatorios no apartado 2.b do presente prego. • Incremento do % de desconto mínimo esixido para produtos a subministrar fose do catálogo. A estes efectos enténdese por porcentaxe de desconto mínimo esixido: % medio de baixa de todos os produtos que resulte da oferta que realice a empresa no sobre “C”). • Subministración gratuíta de produtos pola compra dun determinado número de unidades de produto. • Agasallos promocionais. • Calquera outra mellora ós pregos de cláusulas administrativas e técnicas que establecen os requisitos mínimos do contrato que a empresa considere. 3.- Formas de xestión e medios de entrega da subministración, ata un máximo de 5 puntos. 11.2.-Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (Sobre “C”) Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 50 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: 1.-Menor prezo ofertado, ata un máximo de 40 puntos. Realizarase unha comparativa da cifra total resultante de multiplicar os prezos unitarios ofertados polas unidades estimadas, a través da fórmula prevista no anexo II. 2.-Prazo de entrega, ata un máximo de 10 puntos. A ponderación deste criterio efectuarase conforme á seguinte fórmula, establecéndose como límite mínimo de entrega as dúas horas. Todo prazo ofertado inferior a este valor non se lle dará un valor superior senón que se reconverterá ó límite establecido. P = (M*(C-O)/(C-B)) Onde: P: Puntuación. O: Oferta licitador. B: Mellor oferta. C: Peor oferta. M: Puntuación máxima establecida. 12.- REQUIRIMIENTO Ó LICITADOR COA OFERTA ECONÓMICA MÁIS VANTAXOSA.- O órgano de contratación clasificará, por orde decrecente, as proposicións presentadas. Para realizar dita clasificación, atenderá ós criterios de adxudicación sinalados neste prego, tras solicitar os informes técnicos que estime pertinentes. O órgano de contratación requirirá ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar dende o seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación xustificativa de atoparse ó corrente no cumprimento das súas obrigacións tributarias e coa Seguridade Social, de dispoñer dos medios comprometidos a dedicar ou adscribir á execución do contrato e de constituír a garantía definitiva fixada neste prego. No caso de non cumprimentarse adecuadamente o requirimento no prazo sinalado, entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose nese caso a solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte, pola orde en que queden clasificadas as ofertas. 13.- ADXUDICACIÓN.- O órgano de contratación adxudicará o contrato dentro dos cinco días hábiles seguintes á recepción da documentación solicitada polo órgano de contratación ó licitador que presente a oferta economicamente máis vantaxosa. A adxudicación será motivada, notificarase ós candidatos ou licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante. 14.- FORMALIZACIÓN DO CONTRATO.- A Administración e o contratista non poderán formalizar o contrato antes de que transcorran quince días hábiles dende que se remita a notificación da adxudicación ós licitadores, ó ser o contrato susceptible de recurso especial de contratación. Dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. Non obstante, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo do seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a resolución do mesmo. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa previa formalización. 15.- MODIFICACIÓNS DO CONTRATO.- Unha vez perfeccionado o contrato, o órgano de contratación poderá introducir modificacións no mesmo por razóns de interese público e para atender a causas imprevistas, xustificando debidamente a súa necesidade no expediente. Poderase introducir produtos novos no catalogo se así o require as necesidades de funcionamento da Deputación, ou incrementar a estimación anual do custo do contrato nun 10%. 16.- RESPONSABLE DO CONTRATO.- O órgano de contratación poderá designar un responsable do contrato, entre o persoal técnico, que lle corresponderá supervisar o seu execución e adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias co fin de asegurar a correcta realización da prestación pactada, dentro do ámbito das facultades que o órgano de contratación lle atribúa. A designación ou non do responsable, non eximirá ó contratista da correcta execución no obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan deber a orde directa do incluso, con expresa reserva escrita por parte do contratista, tanto ó propio responsable como ó órgano de contratación. Co fin de asegurar o cumprimento dos deberes derivados da execución do contrato, a Administración poderá exercer a facultade de dirección e inspección, logo da comunicación e identificación ante o contratista dos servizos técnicos facultados pola Administración ó efecto; a Administración ten a facultade de ser informada do proceso de fabricación ou elaboración do produto que teña que ser entregado como consecuencia do contrato, podendo ordenar ou realizar por si mesma análise, ensaios e probas dos materiais que vaian empregar, establecer criterios de control de calidade e ditar cantas disposicións estime oportunas para o estrito cumprimento do acordado. 17.- CUMPRIMENTO DO PRAZO E PENALIDADES POR MORA.- O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo total fixado para a realización de este, así como dos prazos parciais sinalados para o seu execución sucesiva. En todo caso, a constitución en mora do contratista non precisará intimación previa por parte da Administración. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a dedución destas na facturación que se produza, ou de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pago destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito polos danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. Se o atraso fora producido por motivos non imputables ó contratista, a Administración poderá, a petición de este ou de oficio, conceder a prórroga por un tempo igual ó tempo perdido, salvo que o contratista solicite outro menor, de acordo co disposto no artigo 213.2 do Trlcsp. 18.- GASTOS ESIXIBLES.- Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación do presente contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais como, no seu caso, en prensa serán por conta do adxudicatario do contrato, sen que poida imputarse á Administración contratante ningún pago por tal concepto, e sen que estes gastos superen os 2.000,00 €. 19.- PERFIL DO CONTRATANTE.- Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, e sen prexuízo da utilización doutros medios de publicidade nos casos esixidos polo TRLCSP ou polas normas autonómicas de desenvolvemento ou nos que así se decida voluntariamente, a Deputación difundirá, a través de Internet (www.depo.es), o seu perfil de contratante. 20.- DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN.- A documentación dos licitadores que non resulten adxudicatarios poderá ser retirada polos licitadores, previo aviso ó servizo de contratación, mediante escrito ordinario ou electrónico no e-mail contratacion@depo.es, transcorridos tres meses contados dende o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores, e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a administración considere oportuno retela no suposto que interpuxeran reclamacións ou recursos, ou exista algunha incidencia administrativa. Transcorrido os prazos anteriormente mencionados, esta administración dispoñerá da documentación quedando exenta de toda responsabilidade. 21.- PROTECCIÓN DE DATOS DE CARÁCTER PERSOAL.- Deberase respectar no seu integridade a Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de Carácter Persoal, e a súa normativa de desenvolvemento. Para o caso de que a contratación implique o acceso do contratista a datos de carácter persoal de cuxo tratamento sexa responsable a entidade contratante, aquel terá a consideración de encargado do tratamento. Neste suposto, o acceso a eses datos non se considerará comunicación de datos, cando se cumpra o previsto no artigo 12.2 e 3 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. En todo caso, bas previsións do artigo 12.2 de dita Lei deberán de constar por escrito. Cando finalice a prestación contractual os datos de carácter persoal deberán ser destruídos ou devoltos á entidade contratante responsable, ou ó encargado de tratamento que esta designase. O terceiro encargado do tratamento conservará debidamente bloqueados os datos en tanto puidesen derivarse responsabilidades da súa relación coa entidade responsable do tratamento. No caso de que un terceiro trate datos persoais por conta do contratista, encargado do tratamento, deberán de cumprirse os seguintes requisitos: a. Que dito tratamento especificouse no contrato asinado pola entidade contratante e o contratista. b. Que o tratamento de datos de carácter persoal axústese ás instrucións do responsable do tratamento. c. Que o contratista encargado do tratamento e o terceiro formalicen o contrato nos termos previstos no artigo 12.2 da Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro. Nestes casos, o terceiro terá tamén a consideración de encargado do tratamento. 22.- GARANTÍA.- O prazo de garantía deste contrato fíxase durante o seu prazo de execución. Si durante o prazo de garantía se acreditase a existencia de vicios ou defectos nos bens fornecidos terá dereito a Administración a reclamar do contratista a reposición dos que resulten inadecuados ou a reparación dos mesmos se fose suficiente. Durante este prazo de garantía terá dereito o contratista a coñecer e ser oído sobre os vicios ou defectos dos bens subministrados. Se o órgano de contratación estimase, durante o prazo de garantía, que os bens subministrados non son aptos para o fin pretendido, como consecuencia dos vicios ou defectos observados neles e imputables ó contratista e exista a presunción de que a reposición ou reparación de ditos bens non serán bastantes para lograr aquel fin, poderá, antes de expirar dito prazo, rexeitar os bens deixándoos de conta do contratista e quedando exento da obrigación de pago ou tendo dereito, no seu caso, á recuperación do prezo satisfeito. 22.- REVISIÓN DE PREZOS.- Poderase proceder á revisión de prezos sempre que transcorrese un ano dende a formalización do contrato, e se executase polo menos nun 20%. Para a revisión adoptarase o Índice de Prezos de Consumo elaborado polo Instituto Nacional de Estatística, non podendo superar o 85% da variación experimentada. 23.- RESOLUCIÓN DO CONTRATO.- O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos arts. 223 e 299 do Trlcsp. 23.- RÉXIME XURÍDICO.- O presente contrato de subministración de natureza administrativa, rexerase polo disposto neste prego, no que se inclúen os pactos e condicións definidoras dos dereitos e deberes que asumirán o órgano de contratación, os licitadores e, no seu momento, as empresas adxudicatarias. Así mesmo, rexerase polo prego de prescricións técnicas particulares, que regula as características da prestación que é obxecto da contratación, así como a súa execución. O presente prego de cláusulas administrativas particulares (en diante PCA), o prego de prescricións técnicas particulares (en diante PPT) e demais documentos anexos, revestirán carácter contractual. Os contratos axustaranse ó contido dos citados pregos que se consideran parte integrante do contrato. En todo o non previsto nos anteriores pregos, estarase ó disposto no Texto refundido 3/2011, de 14 de novembro, da Lei contratos do sector público (en diante TRLCSP), e a Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa para a adaptación á normativa comunitaria das dúas primeiras, no Real decreto 1098/2001, do 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento Xeral da Lei de Contratos das Administracións Públicas (en diante Rxlcap), en tanto continúe vixente e en todo o que non contradiga o Trlcsp, e demais disposicións de xeral aplicación. O contratista acepta de forma expresa a súa submisión á lexislación e pregos anteriormente citados e á xurisdición contencioso-administrativa respecto das cuestións litixiosas que puidesen derivarse deste contrato. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos, dos documentos anexos que forman parte del, ou das instrucións, pregos ou normas de toda índole promulgados pola Administración que poidan ter aplicación á execución do pactado, non eximirá ó contratista do deber do seu cumprimento. O adxudicatario obrigarase ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 24.- RECURSO ESPECIAL EN MATERIA DE CONTRATACIÓN.- Segundo o establecido no artigo 40 do TRLCSP serán susceptibles de recurso especial en materia de contratación previo á interposición do contencioso-administrativo, os seguintes actos: - Os anuncios de licitación, os pregos e os documentos contractuais que establezan as condicións que deban rexer a contratación. - Os actos de trámite adoptados no procedemento de adxudicación, sempre que estes decidan directa ou indirectamente sobre a adxudicación, determinen a imposibilidade de continuar o procedemento ou produzan indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos ou intereses lexítimos. Consideraranse actos de trámite que determinan a imposibilidade de continuar o procedemento os actos da Mesa de Contratación polos que se acorde a exclusión de licitadores. - Os acordos de adxudicación adoptados polos poderes adxudicadores. O recurso especial regulado no artigo 40 e seguintes Trlcsp terá carácter potestativo. As cuestións litixiosas xurdidas sobre a interpretación, modificación, efectos e resolución do contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxos acordos porán fin á vía administrativa. Ditos acordos poderán ser recorridos potestativamente en reposición, no prazo dun (1) mes, ante o mesmo órgano de contratación ou ser impugnados directamente ante a Sala do Contencioso -Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Non se poderá interpoñer recurso contencioso -administrativo ata que sexa resolto expresamente ou se produciu a desestimación presunta do recurso de reposición interposto.” Os anexos son os que seguen: ANEXO 1: MODELO DE PROPOSICIÓN ANEXO 2: FÓRMULA DE VALORACIÓN SOBRE “C” 11.19767.- PRÓRROGA NA EXECUCIÓN DA OBRA “ENSANCHE E MELLORA EP 8506 BAÑO, VALGA Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión do día 09/09/2009, adxudicou definitivamente a obra de “Ensanche e Mellora E.P. 8506 Baño (Valga)”, á empresa Construcións Obras e Viais, S.L. Resultando que pola adxudicataria da obra se solicita a concesión dunha prórroga, ata o 30/03/2012, para a finalización da obra como consecuencia de que no momento de realizar a ocupación dun dos terreos afectados xurdiron discrepancias co propietario estando a tratarse de chegar a un acordo entre as partes afectadas. Resultando que dita solicitude de prórroga foi informada favorablemente polo Director de obra D. Alfredo Montero Vaz, Enxeñeiro Xefe Zona Centro. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade acceder ó solicitado concedendo unha prórroga para a finalización da obra “Ensanche e Mellora E.P. 8506 Baño (Valga)” ata o 30 de marzo de 2012. 12.19768.- APROBACIÓN DA CERTIFICACIÓN Nº 17 DA OBRA:”ACCESO OESTE A MONTECELO TRAMO I PO-223 A AVDA. DE BOS AIRES, PONTEVEDRA” Vista a certificación núm. 17 relativa á obra “Acceso oeste a Montecelo tramo I PO-223 a Avda. de Bos Aires, Pontevedra”, adxudicada no seu día á empresa UTE Sercoysa Proy. y Obras S.A.-Traima S.L. e visto o informe favorable do Servizo de Intervención de data 30/12/2011 e así mesmo de acordo coa Base 17ª da execución do orzamento provincial 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o recoñecemento da obriga e o pago da mesma co detalle seguinte: Certificación núm. 17: EMPRESA Aplicación orzamentaria Importe UTE SERCOYSA PROY. Y OBRAS S.A.-TRAIMA S.L. (CIF. U – 36.587.616) 11/942-942-652.00.2009 11/942-942-652.00.2010 1.623.670,82 € SUBTOTAL 1.623.670,82 € Taxa Técnicos Directores (4%) Id. 52.146,53 € Control de calidade (2%) Id. 26.073,27€ Seguridade e saúde (0,72%) Id. 9.386,38€ Total descontos 87.606,18€ TOTAL LÍQUIDO A PERCIBIR 1.536.064,64€ Respecto á liquidación dos honorarios que se formulan pola dirección de obra, que comprende os do técnico superior e medio, considéranse procedentes en principio, por canto trátase da prestación dun Servizo ó contratista pola Administración a través dos seus técnicos, que debe soportar aquel segundo se desprende do ordenamento xurídico xeral e en concreto da cláusula 13 do “Prego de cláusulas administrativas xerais para a contratación das obras do Estado”. A liquidación practicada axústase ó regulado ó efecto na Ordenanza reguladora da taxa por traballos de inspección e dirección das obras. Os honorarios correspondentes os Técnicos ingresaranse provisionalmente no concepto non orzamentario correspondente. Os relativos a funcionarios desta Deputación formalizaranse ingresándoos no concepto orzamentario que proceda, e os dos Técnicos non funcionarios aboaranse cando se formalice o ingreso na conta non orzamentaria. 13.19769.- RECTIFICACIÓN DO PREGO DE CLAÚSULAS ADMINISTRATIVAS DO EXPEDIENTE DE CONTRATACIÓN MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA OBRA:”CAMPO DE FÚTBOL DE HERBA ARTIFICIAL EN MONTE CARRASCO, MARCÓN, PONTEVEDRA” Resultando que a Xunta de Goberno, en sesión do 23/12/2011, prestou aprobación ó gasto, ó prego de cláusulas administrativas e ó expediente de contratación, mediante procedemento aberto, da obra “Campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)”. Resultando que no referido prego de cláusulas administrativas se esixía para participar na licitación a clasificación empresarial: Grupo G, Subgrupo 4, categoría e. Resultando que pola Federación Galega da Construción formúlase recurso de reposición en canto á clasificación esixida para optar á licitación da obra, estimando que a adecuada sería a de Grupo G, subgrupo 6, categoría d. O Director de Infraestruturas emite informe no que propón a estimación parcial do recurso, no sentido de rectificar a categoría esixida, que pasaría da “e” á “d”, desestimando o resto do recurso en base ós seguintes fundamentos: a) O subgrupo 4 solicitado, Con firmes de mesturas bituminosas, está claramente relacionado co obxecto do contrato (construción dun campo de herba artificial) porque a partida destinada a firmes condiciona de xeito inequívoco a execución da obra, xa que está previsto asfaltar unha explanada de setenta metros (70) de ancho cunha pendente transversal do 1%. Considerando que a anchura estándar da regra dunha extendedora é de aproximadamente cinco metros, iso implica que, como mínimo, sexa necesario construír catorce (14) xuntas de asfaltado que teñen que dar continuidade a esa pendente uniforme a estrita do 1%. Esta circunstancia supón que o equipo de estendido, maquinaria e persoal deben ter un alto grao de especialización do que se deriva, de forma inequívoca, a obriga e necesidade de solicitar esta clasificación para a execución desta unidade de obra, o cal dende un punto de vista técnico supón unha excepcionalidade. Non cabería neste sentido a clasificación formulada dende a Confederación Galega da Construción no subgrupo 6, Obras viais sen cualificación especifica xa que a especialidade requirida, nos termos expostos anteriormente, é necesaria para que o contrato se execute correctamente. b) Sen prexuízo do sinalado no parágrafo anterior, ás partidas intrinsecamente unidas á de firmes como son a 01.001 Limpeza, compactación e desbroce de terreo (5.159,00 €), 02.002 Base de zahorra artificial, estendida e compactada (21.606,20 euros), 02.004 Rego de imprimación ECI (1.770,62 €) e 02.006 Pavimentacion mestura bituminosa en quente D-12 (43.889,42 €) suman 72.425,24 €, cantidade que excede do 20% do orzamento de execución material, de xeito que se cumpriría o 20% do orzamento de execución material, de xeito que se cumpriría a porcentaxe á que se refire o citado artigo 36 á hora de poder esixir dito subgrupo. En canto á categoría, o estar establecido o prazo de execución en tres meses e sendo o valor integro do contrato de 422.608,88 €, a categoría esixible sería a d. Á vista destes informes, e considerando o disposto no art. 105.2 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Estimar parcialmente o recurso formulado, rectificando o prego de cláusulas administrativas que rexen no expediente de contratación da obra “campo de fútbol de herba artificial en Monte Carrasco (Marcón-Pontevedra)” no que se refire á clasificación empresarial esixida para participar na licitación da obra, mantendo o subgrupo 4, e rectificando a categoría, que será a “d” en vez da “e”. Así mesmo, ampliase o prazo de presentación de ofertas en trece días naturais, contado dende o seguinte ó da publicación da referida rectificación no Boletín Oficial da Provincia. 14.19770.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 21 de outubro de 2005, acordou adxudicar a Darzal Consultoría y Prevención, S.L. o contrato de consultaría e asistencia técnica en materia de seguridade e saúde nas obras de Deputación, pola porcentaxe ofertada do 0,72 % do orzamento de execución material de cada proxecto, incluído o IVE, e cunha duración de 2 anos dende a súa formalización, que tivo lugar o 22 de novembro de 2005. O pago das facturas efectuaríase con cargo ás retencións practicadas nas correspondentes certificacións de obra. Asemade, nas súas sesións ordinarias dos día 14 de novembro de 2007 e 19 de novembro de 2008, acordou prorrogar a vixencia do contrato ata o 22 de novembro de 2008 e ata o 22 de novembro de 2009, respectivamente. Visto o informe de Intervención de data 18/01/2012 correspondente ás facturas que se relacionan posteriormente, tendo en conta que non se seguiu o procedemento de contratación oportuno ás aprobacións das facturas requiren seguir o procedemento de recoñecemento extraxudicial de crédito de acordo co establecido na base 17.1 das aprobadas para a execución do Orzamento Provincial de 2011, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Autorizar o compromiso de gasto e o recoñecemento extraxudicial das obrigas das facturas emitidas por Darzal Consultoría y Prevención, S.L. (B-82270190), que de seguido se relacionan, relativas a traballos de coordinación de seguridade e saúde de diversas obras: Núm. Factura Data Obra Importe 0483-02/2011 06/06/2011 “Ampliación do pavillón de deportes para a contracción dun ximnasio” (D09/0087) 35,72 0721-05/2011 23/08/2011 “Renovación da tubería de distribución xeral na rúa Arealonga, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002302) 370,05 0775-03/2011 07/09/2011 “Renovación da tubería de distribución xeral na rúa Arealonga, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002302) 113,03 0922-19/2011 10/11/2011 “Renovación da tubería de distribución xeral na rúa Arealonga, Vilagarcía de Arousa” (PID/09/00989/2009002302) 68,45 0968-01/2011 05/12/2011 “Dotación beirarrúas e servizos E.P. 0506 Curro-Portela (Barro)” (D07/0104) 51,86 0930-07/2011 28/11/2011 “Obras en Redonde e Castro de Orto (Campo Lameiro)” (PID/09/00973/2009002558) 163,34 0930-08/2011 28/11/2011 “Ensanches en Couso e Mullerboa (Campo Lameiro)” (PID/09/00973/2009002560) 110,47 0930-13/2011 28/11/2011 “Pavimentación de camiño de Fraguas, Trabazo, Facho e acondicionamento de varios camiños (Cotobade)” (PID/09/00727/2009002248) 535,92 0968-03/2011 05/12/2011 “Recollida de fecais do camiño de A Moreira en San Xián (Marín)” (PID/09/00795/2009002231) 706,92 0930-04/2011 28/11/2011 “Humanización E.P. 2908 Arcade-Amoedo, tramo Rosalía de Castro (Soutomaior)” (D09/0084) 426,49 0930-09/2011 28/11/2011 “Pavimentación de diversos viais públicos (Nigrán)” (PID/09/00983/2009002741) 397,09 0930-12/2011 28/11/2011 “Saneamento en Padróns, Morgadáns, Gondomar” (PID/09/00920/2009002762) 80,66 0930-14/2011 28/11/2011 “Mellora de trazado de pavimentación Cambases, Borralleiro PK 0+00 a PK 1+120 (A Lama)” (PID/09/01041/2009002282) 98,67 0930-05/2011 28/11/2011 “Construción de velorio en Valeixe, A Cañiza” (PID/09/00612/2009002690) 146,27 0930-10/2011 28/11/2011 “Saneamento nos lugares de Casiñas-Pontellas, Corrigatos, Batán e Trambosríos (Moraña)” (PID/09/00609/2009002295) 158,31 0930-06/2011 28/11/2011 “Saneamento nos lugares de Cosoirado e Teixugueiras (Moraña)” 66,69 0930-11/2011 28/11/2011 “Ampliación do centro cultural e veciñal en Belesar (Baiona)” (PID/09/00972/2009002407) 14,01 TOTAL 3.543,95 € O pago das facturas realizarase con cargo a conta non orzamentaria: 419.10(099.143). 15.19771.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN VOLTA E DÁLLE DO CONCELLO DE MONDARIZ Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA “ADQUISICIÓN DE INSTRUMENTOS” APROBADO Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 15/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 15/07/2011 unha subvención a favor da Asoc. Volta e Dálle, con CIF: G-94.036.175, do concello de Mondariz, por un importe de 318,00 €, para “Adquisición de instrumentos” con cargo á aplicación 11/330.334.789.00, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 13/01/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 16.19772.- DAR CONTA DA RENUNCIA DA ASOCIACIÓN GALEGA DE SOCIEDADES FILATÉLICAS DO CONCELLO DE VIGO PARA A MOSTRA FILATÉLICA “XXVII EXFIGALICIA 2011” APROBADO Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 22/07/11 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 22/07/11 unha subvención a favor da Federación Gallega de Sociedades Filatélicas con CIF: G.15.099.567, do concello de Vigo, por un importe de 1.218,00 €, para a mostra filatélica “XXVII Exfigalicia 2011” con cargo á aplicación 11/330.924.489.10, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 12/01/12, da citada Asociación renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 17.19773.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSO Mediante escrito de data 16 de xaneiro de 2012, o Xefe da Estación Fitopatolóxica de Areeiro, D. Pedro Mansilla Vázquez, expón que con motivo da celebración do Congreso da Sociedade Internacional da Camelia os días do 5 ó 9 de febreiro de 2012 en Chuxiong (Yunnan – Chinesa) no cal preséntanse os traballos realizados pola Estación Fitopatolóxica de Areeiro faise necesaria, para a presentación e exposición dos mesmos, a asistencia de D. Pedro Mansilla Vázquez e Dna. Carmen Salinero Corral. Para ese efecto, solicita permiso e axuda económica para que poidan asistir do 4 ó 10 de febreiro de 2012 D. Pedro Mansilla Vázquez e Dña. Carmen Salinero Corral, adxuntos á Estación Fitopatolóxica de Areeiro desta Deputación Provincial. Dada a relación existente entre o contido do Congreso e o traballo que veñen desenvolvendo ditos funcionarios na Estación Fitopatolóxica de Areeiro, infórmase favorablemente a súa petición; con todo, para o aboo das indemnizacións que puidesen corresponder e ó amparo da norma 14ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, adoptado pola Xunta de Goberno, os funcionarios deberán presentar unha memoria sobre o desenvolvemento do Congreso e as conclusións obtidas. De conformidade coa normativa 11ª do acordo nº 9.14880 de data 9 de marzo de 2007, e, modificada mediante acordo da Xunta de Goberno de data 9 de setembro de 2011 onde se regula que a axuda económica máxima que se lles poderá conceder ós solicitantes comprenderá: o 50% gastos de matrícula ou inscrición (cun tope máximo de 300,00 € por solicitante) así como os gastos de desprazamento e manutención do grupo ó que pertenza o funcionario, que terán a consideración de residencia eventual, pero terán igualmente unha limitación máxima por importe de 400,00 € por solicitante. En todos os casos, e aínda cando non se superen ditos límites, non se aboarán os gastos de desprazamento en taxi entre o lugar do aloxamento e o centro onde se imparte o curso, xornada, congreso ou seminario, debendo utilizarse as liñas de transporte regular (autobús, metro…). Polo exposto e de conformidade co establecido no art. 16.6 do V Acordo Regulador para persoal Funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra e Real Decreto 462/2002, de 24 de maio, de Indemnizacións por razón de servizo, e en virtude das competencias que lle confire o artigo 105 da Lei 5/1997 de Administración Local de Galicia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade conceder a D. Pedro Mansilla Vázquez e a Dna. Carmen Salinero Corral permiso para asistir os días do 4 ó 10 de febreiro de 2012 e dado que os gastos previsibles ocasionados polos funcionarios ascenden a un total de 2.022,16 €, só se aboará o tope máximo de 400,00 €/solicitante en concepto de Desprazamento e 300,00 €/solicitante en concepto de Inscrición. Ditas cantidades imputaranse ás aplicacións orzamentarias 413.413.231.20 de locomoción por un importe de 400,00 € e 921.221.162.00 de inscrición por un importe de 300,00 €. Así mesmo, de conformidade co establecido no apartado 14 do Acordo da Xunta de Goberno citado, unha vez finalizada a acción formativa, para que se abone a axuda económica proposta, o solicitante deberá presentar unha Memoria sobre o seu desenvolvemento e conclusións obtidas, debendo xustificar, igualmente, con suxeición á normativa establecida, a asistencia, co correspondente certificado ou diploma así como os gastos locomoción, nos termos e condicións establecidas no Real Decreto 462/2002 de 24 de maio. A xustificación de ditos gastos autorizados deberán presentarse no Servizo de Recursos Humanos e Formación no prazo de 10 días hábiles, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde de 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. 18.19774.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar polo Sr. Presidente, sendo as dez horas e vinte minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina o Ilmo. Sr. Presidente, comigo, o Secretario que dou fe. O Presidente, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición