ATOPO
Registros actuales: 1.625.360
Objetos digitales disponibles: 504.762

Acta de sesión 2016/04/29_Ordinaria

Área de identificación

  • Código(s) de referencia ES.GA.36038.ADPO.1.1.4.9.43.838/1.2016-04-29_Ordinaria

  • Título Acta de sesión 2016/04/29_Ordinaria

  • Data(s) 2016 (Creación)

  • Volume e soporte 1 acta de sesión. 142 follas

Área de contexto

Área de contido e estrutura

  • Alcance e contido En Pontevedra, na Sala de Xuntas do Pazo Provincial, sendo as once horas do día vinte e nove de abril do ano dous mil dezaseis, baixo a Presidencia da Ilma. Sra. Dna. Mª del Carmen Silva Rego, Presidenta da Deputación Provincial de Pontevedra, reuníronse as/os señoras/es deputadas/os, Dna. Consuelo Besada Lores, D. Juan Antonio González Pérez, D. Carlos López Font, Dna. Mª Montserrat Magallanes Álvarez, D. David Regades Fernández, D. Santos Héctor Rodríguez Díaz, D. Uxío Benítez Fernández, D. Xosé Cesáreo Mosquera Lorenzo e Dna. Eva María Villaverde Pego, co obxecto de celebrar sesión ordinaria da Xunta de Goberno, con carácter executivo, en primeira convocatoria, consonte á correspondente orde do día. Da fe do acto D. Carlos Cuadrado Romay, Secretario Xeral, e está presente o Sr. Interventor, D.Antonio Graña Gómez. Declarada aberta a sesión e de orde da Presidencia éntrase seguidamente no exame da orde do día, adoptándose en relación coa mesma os seguintes acordos: 1.24312.- ACTA ANTERIOR A Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar o borrador da acta da sesión ordinaria do día 15 de abril de 2016 2.24313.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN, DESENVOLVEMENTO E EXECUCIÓN DO PROGRAMA “CONECTADAS 2016” (Expte. nº2015043317) A Deputación de Pontevedra considera necesario favorecer o asociacionismo entre as mulleres xa que, precisamente son asociacións e federacións entre mulleres e as fundacións que teñen por obxecto a súa promoción, as que coas súas actividades poden incidir de forma directa na participación e promoción das mulleres na sociedade Pontevedresa. Co gallo de facilitar as ferramentas necesarias para mellorar a formación básica na comunidade e conseguir favorecer as relacións interpersonais e intercambio de experiencias, a Xefa do servizo de Igualdade, solicita que se inicien os trámites para a contratación dunha empresa que se encargue da xestión, desenvolvemento e execución do programa “Conectadas”, organizado pola Deputación de Pontevedra para o ano 2016. O custo para a Institución provincial estímase na cantidade máxima de 321.433,00€ (IVE incluído). A través do programa ofertaranse a todas as asociacións e federacións sen ánimo de lucro e fundacións que teñan como obxectivo e ámbito de actuación a promoción das mulleres, que apoien o desenvolvemento das mesmas e da súa actuación, o empoderamento das mulleres e do seu tecido asociativo, e a paulatina consecución do obxectivo da igualdade de mulleres e homes, un catálogo de 46 accións formativas recollidas nos seguintes oito bloques: 1. Muller emprende: Iniciativas sostibles para o emprego 2. Muller e cultura: artes visuais 3. Actualízate 4. Coas túas mans 5. Porque ti o fas 6. Súmate ao cambio 7. Ponte en forma 8. Coidados persoais A Xunta de Goberno na sesión ordinaria do día 15 de xaneiro de 2016 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da Xestión, desenvolvemento e execución do programa “Conectadas 2016”. Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, publicouse no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 17 de data 27 de xaneiro de 2016 e no Perfil do contratante da Deputación de Pontevedra integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público na mesma data. Resultando que o día 17 de febreiro, a Mesa de Contratación, en acto público, indicou as ofertas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, e polo Sr. Secretario informouse os asistentes ó acto do resultado da cualificación da documentación xeral presentada polas empresas que optaron á adxudicación do devandito procedemento aberto, e procedeuse a apertura dos sobres B onde se recollen os documentos que se van a valorar mediante criterios non cuantificables mediante fórmulas , cuxo detalle é o seguinte: Empresas admitidas -Formagal, Formación y Servicios SL (CIF B-36.477.677). -Xestión Cultural Aurea SL (CIF B-36.394.203). -Forox Innovación SL (CIF B-27.742.014). -Proyectos y sinergias empresariales SL (CIF B-94.011.665). Empresas non admitidas Ningunha Resultando que a Mesa de Contratación, na reunión celebrada o día 11 de marzo de 2016, fai públicas as puntuacións obtidas polas empresa correspondente os criterios non avaliables mediante fórmulas (Sobre B) e procede a apertura dos sobres C presentados polas empresas que obtivesen unha puntuación superior a 30 puntos, sendo os resultados os seguintes: Empresas licitadoras Puntuación sobre B Prezo ofertado Forox Innovación SL 41,00 639,00 € Formagal, Formación y Servicios SL 38,00 735,00 € Xestión Cultural Aurea SL 36,00 873,00 € Proyectos y Sinergias Empresariales SL 26,00 Puntuación Sobre B non supera os 30 puntos Tras o exame das ofertas presentada polas empresas Forox Innovación, S.L. e Formagal, Formación y Servicios, S.L. obsérvase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, estas presentan un valor anormal ou desproporcionado no referente ao prezo ofertado, polo que se lles require para que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifiquen a súa oferta e precisen as condicións das mesmas, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. As citadas empresas presentaron no Rexistro xeral da Deputación a documentación xustificativa das súas ofertas dentro do prazo establecido, sendo trasladadas as mesmas á xefa do Servizo de Igualdade para a súa valoración. A xefa do Servizo de Igualdade, a vista da documentación xustificativa achegada polas empresas Formagal, Formación e Servicios, S.L. e Forox Innovación, S.L., emite con data 22 de marzo de 2016 informe no que pon de manifesto o seguinte: -A empresa Forox Innovación, S.L., xustifica e detalla o importe da súa oferta mediante unha desagregación dos prezos unitarios e inclúe xustificacións dos mesmos. Non obstante na xustificación con respecto ó persoal proposto atópanse unha serie de incongruencias con respecto á proposta técnica valorada inicialmente no sobre B, en canto á responsabilidade que se lle outorga ó persoal adscrito para a execución do programa e a categoría profesional pola que se lles fai o contrato, dado que tanto o Responsable do programa como a Coordinadora de acción formativas serán contratadas coa categoría de auxiliar administrativo. Así mesmo, na xustificación detallada dos custos salariais dos recursos humanos non se recolle o gasto de todo o persoal proposto xa que non se recolle o custo salarial da Commnunity manager nin da técnica de selección. -A empresa Formagal Formación y Servicios, S.L. xustifica a súa experiencia e capacidade técnica para levar a cabo o desenvolvemento do programa pero non achega información cuantitativa relativa a execución do programa que nos permita valorar se a súa proposta económica é viable ou non para levala a cabo. A vista do citado informe da xefa do Servizo de Igualdade a Mesa de Contratación reunida con data 31 de marzo de 2016 acordou: 1º.- Solicitar a empresa Forox Innovación, S.L. as seguintes aclaracións: -Confirmación de que os prezos contidos na súa oferta son correctos, tendo en conta en especial que se cumpren coas condicións de traballo e a protección do emprego en canto a categoría profesional e as funcións a realizar pola Responsable do programa e a Coordinadora de accións formativas e aclaración dos custos salariais dos recursos humanos da Commnunity manager e a técnica de selección. 2º.- Solicitar a empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. as seguintes aclaracións: -Xustificación detallada do importe da súa oferta mediante unha desagregación de todos os prezos unitarios, no que se inclúa especialmente o custo dos Recursos Humanos, adscritos a execución do programa. Deberá indicarse expresamente a categoría profesional e as funcións a realizar polo persoal proposto, xa que dita información é fundamental para a cuantificación dos citados custos e así mesmo en aras a xustificar que a empresa cumpre as disposicións relativas a protección do emprego e as condicións de traballo. Con data 8 de abril de 2016 a xefa do Servizo de Igualdade emite informe sobre as xustificacións aportadas polas empresas Formagal, Formación y Servicios, S.L. e Forox Innovación, S.L. no que se pon de manifesto o seguinte: En relación a xustificación presentada pola empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. a xefa do Servizo de Igualdade informa que a empresa xustifica a súa experiencia e capacidade técnica e económica para levar a cabo o desenvolvemento do programa así como xustificación detallada do importe ofertado para a correcta execución do programa. En relación a xustificación efectuada pola empresa Forox Innovación, S.L., a xefa do Servizo de Igualdade informa que a proposta amosa unha incoherencia entre as responsabilidades que a oferta atribúe a coordinadora do programa como control financeiro de custos dos recursos materiais, xestión eficiente e de calidade de todos os recursos empregados no desenvolvemento do programa, facer seguimento das accións formativas, valorar as necesidades engadidas as mesmas, etc e a categoría profesional coa que se contrata, indicando así mesmo que, se ben é certo que non se especifica a categoría profesional da Responsable do programa nin da Coordinadora de accións formativas considera que a categoría profesional de Auxiliar Administrativo non corresponde coas responsabilidades e función atribuídas tales como xestión, desenrolo e avaliación do programa. Así mesmo, o xefe do Servizo de Contratación, emite con data 11 de abril de 2016 informe sobre a xustificación efectuada pola empresa Forox Innovación, S.L. no que pon de manifesto que no caso de que se observen prezos ofertados anormais ou desproporcionados é obrigación da Mesa de Contratación comprobar o respecto as disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar no que se vaia a realizar a prestación, tendo en conta entre outras a Directiva 2004/18/CE que pon de manifesto no considerando(34) que “As leis, regulamentacións e convenios colectivos tanto nacionais como comunitarios vixentes en materia de condicións de traballo e seguridade aplicaranse durante a execución dun contrato público…” . Tamén a nova Directiva 2014/24/UE do Parlamento Europeo e do Consello de 26 de febreiro de 2014 insiste tamén sobre o mesmo indicando no considerando (37) “que os estados membros e os poderes adxudicadores deben tomar as medidas pertinentes para velar polo cumprimento das súas obrigas nos ámbitos do dereito ambiental, social e laboral, aplicables no lugar en que se realicen as obras ou se presten os servizos e derivadas de leis, regulamentos, decretos e decisións tanto nacionais como da Unión, así como Convenios Colectivos , sempre que ditas disposicións cumpran o Dereito da Unión…”. Conclúe polo tanto o informe indicando que, tralo estudio da xustificación efectuada por Forox Innovación, S.L. obsérvase que a categoría de auxiliar da Coordinadora e do Responsable do programa non é acorde coas función esixidas no prego de condicións económico administrativas e técnicas, coas funcións a desenvolver indicadas na propia oferta e coa descrición das categorías funcionais do convenio colectivo de formación non regrada da provincia de Pontevedra, polo que a oferta non debería terse en consideración. Á vista de todo o exposto a Mesa de Contratación, acorda en reunión celebrada o día 14 de abril de 2016: 1º.- Non admitir a oferta presentada pola empresa Forox Innovación, S.L. ó considerar que a súa proposta non permitiría garantir o cumprimento do contrato nas condicións ofertadas e respectando as disposicións relativas a protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no momento da súa execución. 2º.-Admitir a oferta presentada pola empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L., á vista do informe emitido pola xefa do Servizo de Cohesión Social e Xuventude que pon de manifesto “que a empresa xustifica a súa experiencia e capacidade técnica e económica para levar a cabo o desenvolvento do programa así como xustificación detallada do importe ofertado para a correcta execución do programa.” Efectuada a valoración das ofertas admitidas de conformidade co establecido nos pregos obtéñense as seguintes puntuacións: Empresas licitadoras Puntuación sobre B Prezo ofertado por curso (sen IVE) Puntuación Sobre C Puntuación Total Formagal, Formación y Servicios SL 38,00 735,00 € 51,00 89,00 Xestión Cultural Aurea SL 36,00 873,00 € 23,90 59,90 Proyectos y Sinergias Empresariales SL Puntuación Sobre B non supera os 30 puntos. Forox Innovación SL 41,00 639,00 € Excluída Á vista das puntuacións obtidas a Mesa de Contratación acorda elevar a Xunta de Goberno a adxudicación do contrato a empresa Formagal, Formación y Servicios SL. Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016006972, de data de 14 de abril de 2016, requiriuse á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF: B36.477.677) para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibise o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que a citada empresa presentou a documentación requirida entre a que atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 13.282,35 € que figura depositada na Tesourería desta Deputación segundo se acredita mediante Carta de Pago con número de operación 201600057474, polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do Real decreto lexislativo 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta a Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do Real decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar á empresa Formagal, Formación y Servicios, S.L. (CIF B-36.477.677) o contrato para a “Xestión, desenvolvemento e execución do programa Conectadas 2016”, de acordo co seguinte detalle: Prezo unitario por acción formativa: Prezo sen IVE: 735,00 € /curso IVE (21%): 154,35 €/curso Prezo total IVE incluído: 889,35 €/curso O número de accións formativas que se levarán a cabo é de 332. Importe total do programa (para 332 accións formativas): Prezo sen IVE 244.020,00 € IVE (21%) 51.244,20 € Total 295.264,20 € O número de accións formativas que se levarán a cabo correspóndese co número de solicitudes presentadas e aceptadas, de conformidade co informe da Xefa do Servizo de Igualdade de 22 de abril de 2016. O importe do contrato será cofinanciado pola Deputación de Pontevedra e os usuarios participantes de acordo coa seguinte distribución:  Cada persoa beneficiaria do programa abonará unha cantidade fixa de 6,00€ por cada unha das accións formativas nas que participen.  A Deputación de Pontevedra achegará a cantidade resultante de descontar o importe pagado polos beneficiarios (6,00€) do prezo total. Os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas mensuais das accións formativas rematadas, expedidas segundo a normativa vixente, e tras a conformidade do responsable do contrato. As facturas deberán ir acompañadas da seguinte documentación: - Listaxe nominal das persoas participantes nas accións formativas. - Orixinais do xustificante de cobro, recibos, etc, aquel documento escollido pola empresa para facer constar o pagamento de cada persoa participante dos 6,00€ correspondentes, no que se recolla nome e apelidos, DNI e sinatura de cada persoa participante. - Memoria individual de cada unha das accións formativas. Nota importante: Unha vez presentada a factura dunha acción formativa, no prazo máximo de 2 meses, a empresa adxudicataria deberá presentar un xustificante de pago ó docente para achegar ó expediente de cada acción e ter constancia así do correcto funcionamento do programa. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (https://sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ó que corresponda proceda á súa tramitación. Os códigos DIR 3 que identifican ó presente procedemento e que se poderán especificar nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: -Código administración: L02000036 Deputación Provincial de Pontevedra. -Órgano Xestor: LA0007803. -Unidade Tramitadora: LA0006135. -Oficina Contable: LA0006135. Si xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos dos traballos realizados, farao achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. O contrato financiarase con cargo a aplicación orzamentaria 16/250.2315.227.07 do vixente Orzamento provincial (RC nº operación 201600007562). 3.24314.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE SUBMINISTRACIÓN, TRANSPORTE E INSTALACIÓN DOS CENTROS DE COMPOSTAXE COMUNITARIOS NA PROVINCIA DE PONTEVEDRA (Expte. nº201600454) A Deputación Provincial de Pontevedra está traballando para acadar nos primeiros meses do ano 2016 o obxectivo de ter instalados unha serie de centros de compostaxe comunais en distintos concellos da provincia de Pontevedra. Para poder cumprir dito obxectivo a Deputación farase cargo da compra e instalación dun lote de composteiros comunais para distribuír nos distintos concellos da provincia e que sirvan como inicio e mais marquen unha guía técnica e práctica a seguir, sendo a intención a de acadar a instalación duns 800 centros comunais que cubrirían as necesidades duns 240.000 pontevedreses (un cuarto da poboación da provincia). Por todo isto, a Deputación Provincial a través do Servizo de Asistencia Municipal, solicita que se inicien os trámites para a contratación da subministración, transporte e instalación en diferentes concellos da provincia de Pontevedra, dun lote de 400 unidades modulares de compostaxe (UMC) para a fabricación de compost cos residuos orgánicos xerados nos fogares, xa que a Deputación de Pontevedra non dispón dos medios persoais e materiais necesarios para levar a cabo eses traballos. A Xunta de Goberno da Deputación Provincial de Pontevedra na sesión ordinaria do día 26 de xaneiro de 2016 adoptou o acordo de aprobar o expediente de contratación para a adxudicación, mediante procedemento aberto, da subministración, transporte e instalación dos centros de compostaxe comunitarios na provincia de Pontevedra, de acordo co seguinte detalle: O prezo de licitación do contrato estímase na seguinte cantidade: Valor estimado do contrato (sen IVE): 190.082,64€ IVE (21%): 39.917,36€ Prezo total do contrato (IVE incluído): 230.000,00€ Resultando que o anuncio do procedemento aberto para a contratación, se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 27, mércores 10 de febreiro de 2016. Resultando que a cualificación da documentación xeral se efectuou o día 2 de marzo de 2016 a cuxo efecto reuniuse a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas: Vermican Soluciones de Compostaje S.L.; Ancaria S.L Ingesyma 2006,S.L.U. O día 3 de marzo de 2016, este mesmo órgano, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B destas últimas, correspondentes á documentación técnica avaliable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas Reunida a Mesa de Contratación, dáse a coñecer a valoración da oferta técnica relativa á documentación presentada no sobre B, polas empresas que participan no procedemento de referencia, indicándose o seguinte:  A empresa Ingesyma non achega xunto á documentación do sobre B unha mostra da UMC embalada, tal e como esixe o prego de cláusulas administrativas particulares no anexo I punto 6, e o prego de prescricións técnicas no apartado de especificacións técnicas (18) dos materiais a contratar: “o incumprimento dalgunha das especificacións técnicas definidas anteriormente dará lugar a exclusión da oferta presentada”, polo que queda excluía.  Unha vez valorada a oferta presentada pola empresa Ancaria S.L., e de acordo co disposto no último parágrafo do apartado relativo ás especificacións técnicas do prego de prescricións técnicas, debe ser excluída da licitación, polo incumprimento de especificacións técnicas descritas no informe de valoración.  Valorada a oferta presentada por Vermican Soluciones de Compostaje S.L., cumpre con todos os requisitos especificados no prego de prescricións técnicas obtendo unha valoración nos criterios non avaliables mediante fórmulas de 36,5 puntos sobre un total de 48 puntos. O detalle da puntuación descríbese no informe técnico de valoración das ofertas, emitida pola Técnica de Medio ambiente, de data 31 de marzo de 2016. A continuación procédese á apertura do sobre C da empresa Vermican ó obter unha puntuación de 36,5 puntos nesta fase e superar o umbral de 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas e que por tanto continúan optando ó contrato. Resultando que unha vez efectuada a valoración total se obtivo o seguinte resultado: Vermican Soluciones de Compostaje S.L. Sobre B Criterios subxectivos Máx. 48 puntos Sobre C Criterios obxectivos Máx. 52 puntos Total Prezo licitación Máx. 40 Prazo de garantía Máx. 7 Prazo entrega e colocación Máx. 5 36,5 0,087 7 0,00 43,59 Á vista da puntuación total obtida e de conformidade coa proposta da Mesa de Contratación, proponse ó órgano contratación a adxudicación do contrato da subministración, transporte e instalacións das unidades modulares de compostaxe comunitarios na provincia de Pontevedra á empresa Vermican Soluciones de CompostajeS.L.(CIF: B71066153). Por Resolución Presidencial de data 14 de abril de 2016, requiriuse á empresa Vermican Soluciones de Compostaje S.L.(CIF: B71066153) para que dentro do prazo de 10 días hábiles a contar desde o día seguinte a aquel no que recibise o requirimento, presentase a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio o emprendedor). Resultando que Vermican presentou a documentación requirida entre a que se atopa a constitución da garantía definitiva por importe de 9.500,00 €, que figura depositada na Tesourería desta Deputación co número de operación 201600057074. Considerando que a disposición adicional segunda do R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato de subministracións, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do Orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para contratación de subministracións que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Adxudicar o contrato de subministración, transporte e instalación dos centros de compostaxe comunitarios da provincia de Pontevedra, á empresa Vermican Soluciones de Compostaje S.L. (CIF B71066153), polo seguinte:  Prezo de licitación: Importe sen IVE: 190.000,00 € 21% de IVE: 39.900,00 € Importe IVE incluído: 229.900,00 €  Prezo unitario da UMC (sen IVE): 475,00 €.  Prazo de garantía: 36 meses.  Prazo de entrega: 30 días. 2. O contrato financiarase con cargo á aplicación orzamentaria 2016/410.1623.629.03.2015 do vixente Orzamento provincial. 3. O prazo de subministración e instalación será de 30 días naturais desde que se efectúe o pedido. A Deputación de Pontevedra poderá realizar o primeiro pedido unha vez formalizado o contrato. 4. Lugar e modo de entrega: A subministración, transporte e instalación das 400 UMC efectuarase baixo demanda da Deputación de Pontevedra que se distribuirá en 6 pedidos, que en todo caso se realizarán antes do 31 de decembro de 2016; en cada un dos 5 primeiros pedidos se subministrarán e instalarán ata un máximo de 80 unidades, dependendo da localización dos CCC e do número de unidades que a compoñen. No último pedido, de ser necesario, se subministrarán e instalarán as unidades que queden pendentes ata acadar o total de 400 UMC. En cada un dos pedidos indicarase a localización exacta e o número de unidades que compoñen os Centros de Compostaxe Comunitarios (CCC).Unha vez instalados, asínase a correspondente acta de recepción. 4.24315.- ADXUDICACIÓN DO CONTRATO, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DE SUBMINISTRACIÓN, TRASPORTE E INSTALACIÓN DE EQUIPOS PARA O NOVO LABORATORIO DA FINCA MOURISCADE (Expte. nº2015043201) A Deputación Provincial de Pontevedra, a través da súa aposta pola Finca Mouriscade, traballa na procura de dar respostas a moitas das necesidades do sector agrícola e gandeiro. Este centro ten como actividade principal a liña destinada a análise de pensos, materias primas e forraxes para alimentación animal: así como as análises de augas e a identificación de xerme e antibiograma en mostras de leite. A súa vez potencia a calidade dos animais das explotacións gandeiras na provincia a través do servizo de transferencia embrionaria e tamén mediante o desenvolvemento de programas con entidades públicas e privadas. Esta multitude de servizos que o centro oferta, experimentou unha demanda extraordinaria polo que as instalacións existentes estaban sobrepasadas para cubrir todos os servizos ofertados. Para solucionar esta serie de inconvenientes a Deputación de Pontevedra apostou pola construción dun novo laboratorio que permitiría mellorar a súa capacidade e apostar por novas liñas de traballo. Con motivo do remate das obras do novo laboratorio da Finca Mouriscade, e a pesar de que se aproveitan equipos antigos, é necesaria a compra de novos equipos para varios dos seus laboratorios e salas. Esta compra motívase na necesidade dunha renovación dos equipos existentes debido ás seguintes causas: - Moitos deles teñen unha antigüidade superior ós 10 anos. - Están deteriorados polo seu uso debido á gran carga de traballo que soportan e polo paso do tempo. - Nalgúns casos están avariados ou obsoletos. Por todo isto, a Xefa do servizo da Finca Mouriscade, mediante informe emitido con data 26 de novembro de 2015, co visto e prace da deputada delegada, solicitou que iniciaran os trámites para a contratación da subministración transporte e instalación de equipos do novo Laboratorio da Finca Mouriscade e a Xunta de Goberno, na sesión do día 28 de decembro de 2015, adoptou o acordo de aprobación do expediente de contratación. Polas características dos equipos, o servizo xestor, propón dividir o contrato en 5 lotes que agrupan cada un deles bens relacionados. A división se leva a cabo co obxectivo de fomentar a libre concorrencia e non ser limitativos. O non dividir en lotes o contrato podería levar consigo a que só un sector moi pequeno puidese subministrar a totalidade dos bens, posto que, a pesar de destinarse todos a un mesmo sector, os equipos son moi diferentes entre si. O custe estimado para esta subministración estímase na cantidade total de 98.500,00 €, máis a cantidade de 20.685,00 €, correspondente ó IVE, o que fai un total de 119.185,00 €. O custe máximo estimado para cada lote distribúese de acordo ó seguinte detalle: LOTE ORZAMENTO SEN IVE IVE (21 %) TOTAL Lote 1 32.000,00 € 6.720,00 € 38.720,00 € Lote 2 15.000,00 € 3.150,00 € 18.150,00 € Lote 3 6.500,00 € 1.365,00 € 7.865,00 € Lote 4 13.000,00 € 2.730,00 € 15.730,00 € Lote 5 32.000,00 € 6.720,00 € 38.720,00 € Total 98.500,00 € 20.685,00 € 119.185,00 € Resultando que o anuncio de licitación se publicou no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra número 9 de 15 de xaneiro de 2016. Resultando que a cualificación da documentación xeral efectuouse o día 4 de febreiro de 2016, a cuxo efecto se reuniu a Mesa de Contratación para examinar a documentación presentada polas empresas. O día 5 de febreiro de 2016, a Mesa de Contratación, en acto público, indicou as plicas que foron cualificadas como non admitidas e admitidas, procedendo á apertura dos sobres B presentados polas mesmas, correspondentes á documentación técnica valorable mediante criterios non avaliables mediante fórmulas, a efectos de dar cumprimento ao establecido no artigo 27 do R.d. 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente o TRLCSP. Resultando que, con data 9 de marzo de 2016, a Xefa do Servizo da Finca Mouriscade emite informe de valoración. O día 23 de marzo de 2016, reunida a mesa de contratación, dáse a coñecer a valoración da oferta técnica relativa á documentación presentada no sobre B polas empresas que participan no procedemento de referencia, indicándose as seguintes puntuacións para cada empresas segundo o lote ao que se presenta: Lote 1: Empresa licitadora Características técnicas superiores (máximo 25 puntos) Observacións Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) 25,00 ------ Comercial Hospitalaria Grupo - 3,S.L. (CIF: B36.769.479) ------ Proponse exclusión, non cumpre os requisitos mínimos establecidos nos pregos Fisher Scientific, S.L. (CIF:B84.498.955) ------ Proponse exclusión, non cumpre os requisitos mínimos establecidos nos pregos Proquinorte, S.A. (CIF:A48.202.451) ------ Proponse exclusión, non cumpre os requisitos mínimos establecidos nos pregos Galmedic Suministros Médicos,S.L.(CIF:B15.126.170) ------ Proponse exclusión, non cumpre os requisitos mínimos establecidos nos pregos Lote 3: Empresa licitadora Características técnicas superiores (máximo 30 puntos) Observacións Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF:B36.769.479) 20,00 ------- Merck Chemicals& Life Science, S.A. (CIF:A28.289.247) 20,00 ------- Galmedic Suministros Médicos,S.L. (CIF:B15.126.170) ------ Proponse exclusión, non cumpre os requisitos mínimos establecidos nos pregos Lote 4: Empresa licitadora Características técnicas superiores (máximo 30 puntos) Observacións Comercial Hospitalaria Grupo -3,S.L. (CIF: B36.769.479) 25,00 ------- Biometa Tecnología y Sistemas, S.A. (CIF:A33.553.645) 25,00 ------- Izasa Scientific, S.L.U. (CIF:B66.350.281) 10,00 ------- Lote 5: Empresa licitadora Características técnicas superiores (máximo 25 puntos) Observacións Instrumentación y Componentes, S.A. (CIF:A50.086.412) 25,00 ------- Acto seguido, a Mesa de Contratación indicou que non se procedería a apertura dos sobres C que se indicarán en cada un dos lotes polas causas especificadas no informe de valoración emitido pola Xefa do Servizo da Finca Mouriscade, e procedeu á apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron a puntuación mínima esixida nos pregos, sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas e que non foron propostas para a exclusión do procedemento, e que por tanto continúan optando ó contrato. Os datos relativos ós sobres C das empresas que continuaron optando ó procedemento foron os seguintes: LOTE 1: Procedeuse a apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron unha puntuación superior a 15 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Non se procedeu a apertura dos sobres C, por non cumprir coas características mínimas establecidas nos pregos, das empresas: - Fisher Scientific, S.L. (CIF: B84.498.955). - Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479). - Galmedic Suministros Médicos, S.L. (CIF: B15.126.170). - Proquinorte, S.A. (CIF: A48.202.451). Datos achegados no sobre C da empresa licitadora que continúa optando ó procedemento: Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: …… 29.500,00 € IVE (21%): …….. 6.195,00 € Importe IVE incluído: …… 35.695,00 € A efectos informativos o licitador indicará o importe unitario de cada equipo a subministrar. - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para o Espectrofotómetro e o Polarímetro (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): EQUIPOS 1 ano 2 anos 3 anos 4 anos Espectrofotómetro e Polarímetro X Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de como máximo 48 horas X LOTE 2: Procédese a apertura dos sobres C daquelas empresas que foron admitidas ó procedemento aberto (O lote 2 non se avaliou mediante criterios de valoración non automáticos): Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: …...11.550,00 € IVE (21%): …… 2.425,00 € Importe IVE incluído: ….. 13.975,50 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: Consumible Nº de consumibles Por cada 10 crisoles 0 Por cada 25 cartuchos de celulosa 125 - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para os equipos (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): Non oferta. Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de cómo máximo 48 horas X Proquinorte, S.A. (CIF: A48.202.451) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………14.977,92 € IVE (21%): ……… 3.145,36 € Importe IVE incluído: ………18.123,28 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: Consumible Nº de consumibles Por cada 10 crisoles 50 Por cada 25 cartuchos de celulosa 125 - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para os equipos (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): EQUIPOS 1 ano 2 anos 3 anos 4 anos Equipos X Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de como máximo 48 horas X Drogallega, S.L. (CIF: B15.544.398) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………15.000,00 € IVE (21%): ……… 3.150,00 € Importe IVE incluído: ………18.150,00 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: Consumible Nº de consumibles Por cada 10 crisoles 24 Por cada 25 cartuchos de celulosa 50 - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para os equipos (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): Non oferta. Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de como máximo 48 horas X Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………13.113,84 € IVE (21%): ……… 2.753,91 € Importe IVE incluído: ………15.867,75 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: Consumible Nº de consumibles Por cada 10 crisoles 20 Por cada 25 cartuchos de celulosa 75 - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para os equipos (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): EQUIPOS 1 ano 2 anos 3 anos 4 anos Equipos X Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de como máximo 48 horas X LOTE 3: Procédese a apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron unha puntuación superior a 15 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Non se procede á apertura dos sobres C, por non cumprir coas características mínimas establecidas nos pregos, da empresa: - Galmedic Suministros Médicos, S.L. (CIF: B15.126.170) Datos achegados no sobre C das empresas licitadoras que continúan optando ó procedemento: Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………6.495,00 € IVE (21%): ………1.363,95 € Importe IVE incluído: ………7.858,95 € Merck Chemicals& Life Science, S.A. (CIF: A28.289.247) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………6.499,00 € IVE (21%): ………1.364,79 € Importe IVE incluído: ………7.863,79 € LOTE 4: Procédese a apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron unha puntuación superior a 20 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Non se procede á apertura dos sobres C, por non acadar a puntuación mínima esixida nos criterios non avaliables mediante fórmulas, da empresa: - Izasa Scientific, S.L.U. (CIF: B66.350.281) Datos achegados no sobre C das empresas licitadoras que continúan optando ó procedemento: Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………12.994,96 € IVE (21%): ……… 2.782,94 € Importe IVE incluído: ……… 15.723,90 € Biometa Tecnología y Sistemas, S.A. (CIF: A33.553.645) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ……… 12.200,00 € IVE (21%): ……… 2.562,00 € Importe IVE incluído: ……… 14.762,00 € LOTE 5: Procédese a apertura dos sobres C daquelas empresas que obtiveron unha puntuación superior a 15 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas: Instrumentación y Componentes, S.A. (CIF: A50.086.412) - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………30.500,00 € IVE (21%): ……… 6.405,00 € Importe IVE incluído: ……… 36.905,00 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra, ata un máximo de 3 puntos: Consumible Nº de mostras Mostras (En grupos de 1.000 ata un máximo de 5.000) 5.000 - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para o Equipo (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas: EQUIPOS 1 ano 2 anos 3 anos 4 anos Equipo X - Resposta do servizo técnico: Resposta do servizo técnico Si non Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de cómo máximo 48 horas X Realizadas as valoracións relativas ós datos ofertados no sobre C e tras o exame da oferta presentada pola empresa Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) no Lote 2 obsérvase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-administrativas que rexe o procedemento, estas presentan un valor anormal ou desproporcionado no referente ó prezo ofertado, polo que se lles require para que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifiquen a súa oferta e precisen as condicións das mesmas, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. A citada empresa presentou no Rexistro Xeral da Deputación a documentación xustificativa da súa oferta dentro do prazo establecido, sendo trasladada a mesma á Xefa do Servizo da Finca Mouriscade para a súa valoración. A Xefa do Servizo da Finca Mouriscade emite, con data 1 de abril de 2016, informe no que pon de manifesto que se considera xustificado o prezo ofertado polo licitador debido que na xustificación explica que a súa baixa se debe a que non oferta ningún tipo de mantemento nin revisión dos equipos. O resto das empresas que ofertaron ó lote ofertaron anos de mantemento sen custe para a Deputación, implicando que os custes que soportarían nos próximos anos os repercuten agora na oferta que presenta a esta contratación. As puntuacións totais obtidas son as seguintes: LOTE 1 Empresa licitadora Puntuación sobre B Criterios de valoración automática (máximo 75 puntos) Total puntuación (sobre B + C) Prezo Revisión e mantemento preventivo Resposta do servizo técnico (máximo 50 puntos) (máximo 20 puntos) (máximo 5 puntos) Cienytech 25 19,531 20 5 69,531 LOTE 2 Empresa licitadora Criterios de valoración automática (máximo 100 puntos) Total puntuación Prezo Subministración de consumibles Revisión e mantemento preventivo Resposta do servizo técnico (máximo 50 puntos) (máximo 25 puntos) (máximo 20 puntos) (máximo 5 puntos) Cienytech 50 25 0 5 80 Comercial Hospitalaria 30,844 25 10 5 70,84 Proquinorte 0,398 25 20 5 50,04 Drogallega 0 20 0 5 25 LOTE 3 Empresa licitadora Puntuación sobre B Criterios de valoración automática (máximo 100 puntos) Total puntuación (sobre B + C) Prezo Comercial Hospitalaria 20 0,312 20,312 Merck Chemicals 20 0,065 20,065 LOTE 4 Empresa licitadora Puntuación sobre B Criterios de valoración automática (máximo 100 puntos) Total puntuación (sobre B + C) Prezo Biometa 25 24,502 49,502 Comercial Hospitalaria 25 0,17 25,17 LOTE 5 Empresa licitadora Puntuación sobre B Criterios de valoración automática (máximo puntos) Total puntuación (sobre B + C) Prezo Subministación de consumibles Revisión e mantemento preventivo Resposta do servizo técnico (máximo 50 puntos) (máximo 5 puntos) (máximo 15 puntos) (máximo 5 puntos) Instrumentación y componentes 25 11,719 5 3,75 5 50,47 Reunida a Mesa de Contratación, con data 6 de abril de 2016, á vista do informe emitido pola Xefa do Servizo de Mouriscade e en base as puntuacións totais acadadas, propón adxudicar cada un dos lotes as empresas que se relacionan a continuación e elevar a súa proposta ó órgano de contratación: Lote 1: Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) Lote 2: Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) Lote 3: Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) Lote 4: Biometa Tecnología y Sistemas, S.A. (CIF: A33.553.645 Lote 5: Instrumentación y Componentes, S.A. (CIF: A50.086.412) Resultando que mediante Resolución Presidencial número 2016006688 de data 11 de abril de 2016, e á vista da puntuación total obtida, requiriuse ás ditas empresas, para que, dentro do prazo de dez días hábiles, a contar desde o día seguinte a aquel en que recibisen o requirimento, presente a documentación de conformidade co disposto no Texto refundido da Lei de Contratos do Sector Público (modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ó emprendedor). Resultando que as citadas empresas presentaron a documentación requirida de acordo co disposto no art. 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), entre a que se atopa a constitución dunha garantía definitiva de acordo co seguinte detalle: Lote Empresa Importe da garantía Nº de operación Lote 1 Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) 1.475,00 € 201600056393 Lote 2 Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) 577,50 € 201600056488 Lote 3 Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) 324,75 € 201600057483 Lote 4 Biometa Tecnología y Sistemas,S.A. (CIF:A33.553.645) 610,00 € 201600053628 Lote 5 Instrumentación y Componentes, S.A. (CIF:A50.086.412) 1.525,00 € 201600055821 Polo que unha vez cumprimentados os trámites esixidos no artigo 151 do R.d.l. 3/2014, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP), procede adxudicar o contrato polo mesmo órgano dentro do prazo de cinco días hábiles. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Ilma. Sra. Presidenta para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Adxudicar o expediente para a contratación da subministración, transporte e instalación de equipos do novo Laboratorio da Finca Mouriscade de acordo ó seguinte detalle: LOTE 1: Adxudicar o contrato á empresa Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) de acordo ó seguinte: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: …… 29.500,00 € IVE (21%): …….. 6.195,00 € Importe IVE incluído: …… 35.695,00 € - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para o Espectrofotómetro e o Polarímetro (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas): 4 anos. - Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de cómo máximo 48 horas. LOTE 2: Adxudicar o contrato á empresa Cienytech (Cientisol, S.L.) (CIF: B15.869.605) de acordo ó seguinte: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ….... 11.550,00 € IVE (21%): ….…. 2.425,00 € Importe IVE incluído: ….... 13.975,50 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: 125 cartuchos de celulosa. - Capacidade de resposta do servizo técnico oficial de cómo máximo 48 horas. LOTE 3: Adxudicar o contrato á empresa Comercial Hospitalaria Grupo -3, S.L. (CIF: B36.769.479) de acordo ó seguinte: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………6.495,00 € IVE (21%): ………1.363,95 € Importe IVE incluído: ………7.858,95 € LOTE 4: Adxudicar o contrato á empresa Biometa Tecnología y Sistemas, S.A. (CIF: A33.553.645) de acordo ó seguinte: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ……… 12.200,00 € IVE (21%): ……… 2.562,00 € Importe IVE incluído: ……… 14.762,00 € LOTE 5: Adxudicar o contrato á empresa Instrumentación y Componentes, S.A. (CIF: A50.086.412) de acordo ó seguinte: - Prezo ofertado: Importe sen IVE: ………30.500,00 € IVE (21%): ……… 6.405,00 € Importe IVE incluído: ……… 36.905,00 € - Subministracións de consumibles sen custe para a Deputación de Pontevedra: 5.000 mostras. - Revisións e mantemento preventivo segundo especificacións do fabricante para o Equipo (incluirá visita de mantemento preventivo anual con Kit de pezas: 2 anos EQUIPOS 1 ano 2 anos 3 anos 4 anos Equipo X - Capacidade de respostas do servizo técnico oficial de cómo máximo 48 horas. 2.- O prazo de duración do contrato será de 60 días naturais a contar desde a data de formalización do mesmo. 3.- As obrigas derivas deste contrato realizaranse con cargo á aplicación orzamentaria 15/411.4120.623.01 do vixente Orzamento provincial. 5.24316.- DESESTIMACIÓN DO RECURSO POTESTATIVO DE REPOSICIÓN INTERPOSTO POLA FEDERACIÓN DE SERVIZOS DE PREVENCIÓN ALLEOS -ASPA- CONTRA O PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS QUE REXEN A CONTRATACIÓN DO SERVIZO DE VIXILANCIA DA SAÚDE DOS TRABALLADORES DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA E ASESORAMENTO EN MEDICAMENTO DO TRABALLO Resultando.- Que a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, en sesión celebrada o día 4 de marzo de 2016, aprobou o expediente de contratación para a adxudicación mediante procedemento aberto do Servizo de vixilancia da saúde dos traballadores da Deputación de Pontevedra e asesoramento en medicina do traballo, así como os pregos de cláusulas económico-administrativas e de cláusulas técnicas que rexerán a contratación. Resultando.- Que o anuncio da licitación se publicou no Boletín Oficial da Provincia numero 52 de 16 de marzo, e así mesmo no Perfil de Contratante da Deputación de Pontevedra integrado na Plataforma de contratación do Sector Público coa mesma data. Resultando.- Que con data 1 de abril de 2016 tivo entrada no Rexistro Xeral da Deputación de Pontevedra, recurso potestativo de reposición interposto por D. Oliver Martín Gonzalo, en nome e representación da Federación de Servizos de Prevención Alleos -ASPA-, contra a licitación e pregos do citado concurso baseado nos seguintes feitos: Nos pregos de cláusulas recóllese como requisito para presentar oferta á presente licitación un compromiso do licitador de dispor dun xinecólogo para a realización da revisión xinecolóxica nos recoñecementos anuais. O recorrente alega que as probas xinecolóxicas non son actividades comprendidas na vixilancia da saúde dos traballadores e que os servizos de prevención alleos debidamente acreditados non teñen a obrigación de dispor de especialistas para a realización das devanditas probas, indicando de conformidade co artigo 3 apartado 3 do R.d. 843/2011 que “non se incluirán entre as actividades sanitarias desenvolvidas polos servizos sanitarios dos servizos de prevención a realización de exploracións e probas non relacionadas cos riscos laborais específicos das tares asignadas ós traballadores”. Así mesmo sinálase que a esixencia de dispor dun xinecólogo para a súa realización podería vulnerar os principios recollidos no artigo 1 do TRLCSP de liberdade de acceso ás licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e igualdade de trato e non discriminación entre os candidatos. Considerando.- Que o artigo 40.1 do TRLCSP establece que serán obxecto de recurso especial en materia de contratación os contratos de servizos suxeitos a regulación harmonizada e os contratos de servizos comprendidos nas categorías 17 a 27 do anexo II con importe superior a 209.000,00 €, establecendo o artigo 40.5 que os contratos que non reúnan os requisitos anteriores poderán ser obxecto de recurso de conformidade co disposto na Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRJAP e PAC) e na Lei 29/1998 de 13 de xullo reguladora da Xurisdición Contencioso-Administrativa. Considerando.- Que procede a interposición do recurso potestativo de reposición de conformidade co artigo 107.1 da LRJAP e PAC que establece que “Contra as resolucións e os actos de trámite, se estes últimos deciden directa ou indirectamente o fondo do asunto, determinan a imposibilidade de continuar o procedemento, producen indefensión ou prexuízo irreparable a dereitos e intereses lexítimos, poderán interpoñerse polos interesados os recursos de alzada e potestativo de reposición, que caberá fundar en calquera dos motivos de nulidade ou anulabilidade previstos nos artigos 62 e 63 desta Lei”e 116.1 “Os actos administrativos que poñan fin á vía administrativa poderán ser recorridos potestativamente en reposición ante o mesmo órgano que os ditou ou ser impugnados directamente ante a orde xurisdicional contencioso-administrativa”. Considerando.- Que a Federación ASPA é unha organización empresarial de ámbito nacional que ten como un dos seus principais obxectivos defender os dereitos dos seus asociados, os Servizos de prevención de riscos laborais alleos, polo que ostenta a condición de interesado no procedemento de conformidade co artigo 31.2 da LRJAP e PAC que indica que “As asociacións e organizacións representativas de intereses económicos e sociais serán titulares de intereses lexítimos colectivos nos termos que a lei recoñeza”. Considerando.- Que o recurso de reposición interponse en prazo de conformidade co artigo 117.1 da LRXAP e PAC. Resultando que analizadas as cuestións expostas no recurso presentado indícase o seguinte: 1º.- A Xefa do Servizo de Prevención de Riscos Laborais da Deputación de Pontevedra informa que a Deputación de Pontevedra conta con centros dependentes que dispoñen de laboratorios nos que se utilizan produtos químicos (fenolftaleína, formaldehido, acedo sulfúrico..) e que o emprego dos devanditos produtos podería causar efectos tóxicos na reprodución humana, mutaxenicidade e carcinoxenilidade, aumento de abortos polo que as exploracións e probas xinecolóxicas están relacionadas cos riscos laborais específicos das tares asignadas ós traballadores da Deputación de Pontevedra, é dicir enténdense como un risco inherente ó traballo. Consecuentemente poden incluírse dentro do obxecto do presente contrato, de conformidade co artigo 22 da Lei 31/95 de Prevención de Riscos Laborais que establece que “O empresario deberá garantir ós traballadores ó seu servizo a vixilancia periódica do seu estado de saúde en función dos riscos inherentes ó traballo”. Con respecto á esixencia dun xinecólogo para a realización das devanditas probas, tendo en conta o disposto no artigo 22.6 da Lei 31/1995 que establece que “As medidas de vixilancia e control da saúde dos traballadores levarán a cabo por persoal sanitario con competencia técnica, formación e capacidade acreditada”, informa que a competencia técnica para a realización de probas xinecolóxicas corresponde en exclusiva ós xinecólogos. 2º.- A esixencia establecida no prego de disposición dun xinecólogo para a realización da revisión xinecolóxica non supón a vulneración dos principios recollidos no artigo 1 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei de Contratos do Sector Público (TRLCSP) de liberdade de acceso as licitacións, publicidade e transparencia dos procedementos e igualdade de trato e non discriminación entre os candidatos, tendo en conta o disposto no artigo 227 do TRLCSP “O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial da prestación, salvo que o contrato ou os pregos dispoñan o contrario ou que pola súa natureza e condicións se deduza que aquel ha de ser executado directamente polo adxudicatario”, e o sinalado na cláusula 16 do prego de cláusulas económico-administrativas “O contratista poderá concertar con terceiros a realización parcial da prestación que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP”. Así mesmo é importante indicar que, finalizado o prazo de presentación de ofertas para concorrer ó presente procedemento aberto, presentaron oferta catro empresas cuxas propostas resultaron admitidas ó cumprir os requisitos sinalados nos pregos, incluído o “Compromiso de dispor dun xinecólogo para a realización da revisión xinecolóxica nos recoñecementos anuais”, motivo do presente recurso. Considerando.- Que a disposición adicional segunda do referenciado R.d.l. 3/2011, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación, e tendo en conta do disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento provincial, concretamente na Base 16ª. 2 a), a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Desestimar o recurso potestativo de reposición interposto pola Federación de Servizos de prevención alleos -ASPA-, contra a licitación e pregos do procedemento aberto para a contratación do “Servizo de vixilancia da saúde dos traballadores da Deputación de Pontevedra e asesoramento en medicina do traballo”. 6.24317.- DECLARAR DESERTO O EXPEDIENTE Nº 2016044187, APROBADO POLA XUNTA DE GOBERNO NA SESIÓN DE DATA 26 DE FEBREIRO DE 2016, E APROBACIÓN DUN NOVO EXPEDIENTE PARA A CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO DA XESTIÓN INTEGRAL DO CENTRO CASTRODEZA (GASTRODEZA): LENDAS, CASTROS E GASTRONOMÍA A Deputación de Pontevedra creou o centro CastroDeza (gastrodeza): lendas, castros e gastronomía que está localizado en Lalín, no marco do proxecto depoDeza cofinanciado con fondos FEDER segundo a resolución de 22 de xuño de 2011 da Secretaría de Estado de Cooperación Territorial que resolveu concederlle financiamento ó proxecto. A dinamización económica constitúe o obxectivo que perseguiu a Deputación de Pontevedra mediante o desenvolvemento do proxecto depoDeza. Está orientado á posta en valor dos recursos endóxenos da comarca mediante o desenvolvemento de actuación que interveñen, de forma conxunta, sobre aspectos ambientais, sociais e económicos. A finalidade do proxecto depoDeza: “Dinamización Económica da Comarca de Deza” é cohesionar o territorio da comarca a través do aproveitamento dos seus recursos endóxenos, promovendo o desenvolvemento socioeconómico equilibrado e sostible. As accións que se levaron a cabo son: 1.- Invendario e estudo da cultura castrexa: recollida de información de campo, xestión de información e desenvolvemento dun módulo de visualización virtual en 3D. 2.- Posta en valor da cultura castrexa: creación dun centro de xestión do coñecemento arqueolóxico e un centro virtual da cultura castrexa (Salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra e Castrodeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía), revitalización dos camiños castrexos e campañas e obradoiros de sensibilización cultural. 3.- Dinamización do sector gastronómico: potenciación da imaxe dos produtos gastronómicos da Comarca, internacionalización da “Feira do Cocido de Lalín” e establecer unha rede gastronómica do Deza. 4.- Mellora da calidade dos produtos: dotación de equipamento e contido, desenvolvemento dunha experiencia piloto e creación dun modelo de transferencia de coñecementos. 5.- Creación dun GIS turístico-cultural e gastronómico: georreferenciación da maior parte dos datos da cultura castrexa e das actividades económicas ligadas a mesma. 6.- Creación dun modelo de comercialización: análise e deseño do modelo, desenvolvemento do modelo de comercialización e posta en marcha. CastroDeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía é a materialización dunha das actuacións do proxecto depoDeza que realizada conxuntamente coa actuación desenvolvida nas salas de arqueoloxía do Museo de Pontevedra, conforman o denominado Centro Virtual da Cultura Castrexa. Mediante informe emitido xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, de data 20 de novembro de 2015, co conforme do Deputado delegado, expón que para levar a cabo o obxectivo marcado, se precisa que se inicien os trámites para a contratación da xestión integral do centro Castrodeza (Gastrodeza): Lendas, Castros e Gastronómia. Realizados os trámites oportunos polo Servizo de contratación, a Xunta de Goberno, na sesión de data 26 de febreiro de 2016, aprobou o mencionado expediente Ó que lle corresponde o número 2015044187. O Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) nº 48 de data 10 de marzo de 2016 publicou o anuncio de licitación deste servizo, establecendo un prazo de recepción de ofertas de 20 días naturais a partir do día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. Este prazo finalizou o 30 de marzo de 2016. Resultando que finalizado o dito prazo, a Mesa de Contratación acordou admitir as seguintes empresas ó procedemento: - Proyectos y Sinergias Empresariales, S.L. (CIF: B94.011.665). - Estela, Loxística e Proxectos, S.L. (CIF: B36.969.756). - Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF: B94.054.954). Na reunión que tivo lugar o día 6 de abril de 2016, o mesmo órgano indicou as plicas que foron cualificadas como admitidas en non admitidas, procedéndose á apertura dos sobres B correspondentes á documentación técnica avaliable mediante xuízos de valor. O día 14 de abril de 2016, reunida a Mesa de Contratación, dáse a coñecer a valoración da oferta técnica, outorgada polo Servizo de Turismo Rías Baixas, relativa da documentación presentada no sobe B, polas empresas que participan no procedemento de referencia, indicándose as seguintes puntuacións: Criterios non avaliables mediante fórmulas (máximo 49 puntos) Empresas licitadoras Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF:B94.054.954) Proyectos y Sinergias Empresariales,S.L (CIF:B94.011.665) Estela, Loxística e Proxectos, S.L. (CIF:B36.969.756) Programa de xestión (máximo 14 puntos) 12,9 7,5 6,7 Estrutura organizativa (máximo 12 puntos) 11,5 8,0 7,0 Plan de marketing e promoción (máximo 10 puntos) 9,0 5,5 4,5 Plan de mantemento e conservación (máximo 7 puntos) 5,0 4,5 2,5 Plan de calidade (máximo 3 puntos) 3,0 1,0 0,5 Avaliación de riscos e plan de emerxencias (máximo de 3 puntos) 3,0 1,0 1,0 TOTAL PUNTUACIÓN 44,4 27,5 22,2 No acto público indícase que non se procederá a apertura dos sobres C das empresas Proyectos y Sinergias Empresariales, S.L. (CIF: B94.011.665) e Estala, Loxística e Proxectos, S.L. (CIF: B36.969.756) segundo o establecido no informe emitido pola xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas, de data 12 de abril de 2016. No citado informe indícase que as empresa licitadoras, ademais de que ningunha das dúas alcanza a puntuación mínima esixida nos pregos (máis de 30 puntos), nas súas propostas obsérvanse os seguintes motivos de exclusión: - Estela, loxística e proxectos, S.L., indica na súa oferta o horario de apertura do centro polo que con este dato indica información que se avaliará no sobre C, relacionada coa mellora nas horas de apertura anual do Centro. O incumprimento deste requisito implica a exclusión da oferta presentada, segundo figura no punto 3 Anexo I do prego de prescrición técnicas. - Proyectos y sinergias empresariales, S.L., oferta, no relativo ó persoal mínimo que se adscribirá á execución do contrato, unha coordinadora que non cumpre cos requisitos mínimos establecidos nos pregos. Na documentación que se achega por parte da empresa, esta persoa está contratada polo Concello de Lalín como auxiliar administrativo laboral dende o 16 de outubro de 1991, segundo copia da acta de toma de posesión, a dita categoría laboral non acredita debidamente que as funcións que desenvolve como auxiliar administrativo se correspondan coas requiridas para un posto de responsabilidade tal e como se esixe nos pregos. Acto seguido, nese mesmo acto, procedeuse a apertura do sobre C da empresa que obtivo unha valoración superior a 30 puntos sobre os criterios non avaliables mediante fórmulas. Os datos aportados única empresa que continúa optando ó contrato son os seguintes: Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF: B94.054.954): Prezo total ofertado sen IVE 41.277,50€ IVE (21%): 10.972,50€ Prezo total: 52.250,00€ - Número de idiomas, a maiores do mínimo esixido, a utilizar nos elementos de difusión e promoción: 1. Nº de idiomas por medios escritos: 3 (Idiomas: Castelán, inglés e francés). 2. Nº de idiomas a través da utilización de novas tecnoloxías:2 (Idiomas: Castelán e inglés). - Nº de horas anuais de apertura do centro: 1.864 horas. - Nº de días de redución do prazo de apertura do centro: 8 días. - Nº de días de peche por mantemento ofertado pola empresa: 3 días. Procédese a realizar as valoracións totais e tras o exame da oferta presentada por Espiral Xestión Cultural, S.L. (CIF: B94.054.954) obsérvase que, de conformidade co establecido no prego de condicións económico-adminsitrativas que rexe o procedemento, esta presenta un valor anormal ou desproporcionado no referente ó prezo ofertado, polo que se lle require para que no prazo improrrogable de cinco días hábiles xustifique a súa oferta e prece as condicións das mesmas, en particular no que se refire ó aforro económico, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación. A empresa Espiral Xestión Cultural, S.L., en resposta do requirimento, contesta mediante correo electrónico de data 14 de abril de 2016, que o valor anormal ou desproporcionado débese a que presentaron a oferta económica par un ano de contrato e non para os dous anos correspondentes á execución do mesmo. Reunida a Mesa de Contratación, con data 20 de abril de 2016, á vista do exposto anteriormente e indicando que non se considera xustificado o valor anormal ou desproporcionado debido a que o prezo indicado na proposta da empresa é ofertado para a execución total do contrato e que por tanto, a empresa non poderá cumprir co obxecto da Administración e asumir a execución do mesmo nos termos establecidos nos pregos, ademais de non presentar de forma correcta o Anexo II.- Modelo de proposición. Neste mesmo acto, a Mesa de Contratación propón declarar deserto o dito procedemento e iniciar un novo. Visto o informe, de data 21 de abril de 2016, emitido polo xefe do Servizo de Contratación no que indica que, en base ó anteriormente exposto, se inician os trámites oportunos dun novo procedemento aberto que terá por obxecto a contratación da xestión integral do Centro Castrodeza (Gastrodeza): Lendas, Castros e Gastronomía; e que se conservan todos os actos de trámite realizados no procedemento que se declara deserto, incorporándose os mesmos ó novo expediente e que, xunto coa proposta da Mesa de Contratación, re remiten ó Órgano de Contratación para a súa aprobación. Considerando que a disposición adicional segunda do TRLCSP, no seu apartado 1, faculta á Presidencia para actuar como órgano de contratación con competencia respecto deste contrato, e tendo en conta o disposto no artigo 185 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das facendas locais e o establecido nas bases de execución do orzamento, concretamente na Base 16ª. 2 a) onde figura que lle compete á Xunta de Goberno a disposición e autorización dos gastos precisos para a contratación de servizos que, sendo competencia da Presidencia, superen o importe dos contratos que se poidan tramitar por procedemento negociado sen publicidade por razón da contía. A Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1.- Declarar deserto o procedemento aberto convocado para a adxudicación dunha “xestión integral do Centro Castrodeza (Gastrodeza): Lendas, Castros e Gastronomía” (expediente número 2015044187) como consecuencia de non xustificar a o valor anormal ou desproporcionado a única empresa que continúa optando ó procedemento. 2.- Conservar todos os actos de trámite realizados no procedemento que se declara deserto (número 2015044187), e incorporar os seguintes documentos os cales non son modificados ó novo expediente (número 2016014466): - Informe de procedemento emitido polo xefe do Servizo de Contratación de data 22 de xaneiro de 2016. - Informe emitido polo Sr. Secretario Xeral de data 16 de febreiro de 2016. - Informe emitido polo Sr. Interventor de data 22 de febreiro de 2016. - Prego de Cláusulas Administrativas Particulares. - Prego de Prescricións Técnicas. 3.- Aprobar un novo expediente de contratación (expediente número 2016014466) para a adxudicación dunha “xestión integral do Centro Castrodeza (Gastrodeza): Lendas, Castros e Gastronomía”, de acordo ós datos indicados no anterior expediente e que son os seguintes: Orzamento estimado para 1 ano Orzamento estimado para 2 anos Importe sen IVE 45.454,55€ 90.909,10€ IVE (21%) 9.545,45€ 19.090,90€ Total (IVE Incluído) 55.000,00€ 110.000,00€ Valor estimado do contrato para 2 anos incluídas as prórrogas (2 anos máis): Valor estimado do contrato (sen IVE): 181.818,20 € IVE (21 %): 38.181,82 € Prezo total do contrato (con IVE) : 220.000,02 € 4.- Aprobar os pregos de cláusulas económico-administrativas e técnicas que rexerán en dito procedemento aberto. 5.- Autorizar o gasto polo importe máximo de 41.250,00€ para o ano 2016 con cargo a aplicación orzamentaria 16/433.4320.227.99 do vixente Orzamento provincial. Os importes correspondentes ós exercicios 2017 e 2018 así como 2019 e 2020, en caso de prórroga, quedarán condicionadas a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria. 6.- Iniciar o procedemento de adxudicación para a contratación do citado servizo, concedendo un prazo de presentación de ofertas de 15 días naturais a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia (BOPPO). Dito prego é como segue: “PREGO DE CLÁUSULAS ECONÓMICO-ADMINISTRATIVAS PARTICULARES QUE REXERÁN NA CONTRATACIÓN, MEDIANTE PROCEDEMENTO ABERTO, DA XESTIÓN INTEGRAL DO CENTRO CASTRO DEZA (GASTRODEZA): LENDAS, CASTROS E GASTRONOMIA. Nº Expediente 2016014466 1. OBXECTO O obxecto do contrato ó que se refire este prego é a xestión do servizo público descrito no seu apartado 1 do anexo I, que recolle as necesidades administrativas que se pretenden satisfacer mediante o contrato, describindo as características do servizo e a forma de levar a cabo a prestación polo adxudicatario. No caso de que o procedemento aberto se divida por lotes haberá un anexo I por cada un deles. O prego de prescricións técnicas particulares e o prego de cláusulas administrativas particulares revestirán carácter contractual. Se o contrato está dividido en lotes os licitadores poderán optar a un, a varios ou a todos eles, salvo que se estableza un número máximo por licitador, para o que se atenderá ó estipulado no apartado 1 do anexo I deste prego. 2. FINANCIAMENTO E ORZAMENTO DE LICITACIÓN Este contrato financiarase da maneira que se establece no apartado 1 do anexo I e distribuído nas anualidades previstas. O orzamento base de licitación do contrato é a cantidade expresada no apartado 1 do anexo I deste prego e inclúe na devandita contía todos os factores de valoración e gastos que, segundo os documentos contractuais e a lexislación vixente, son a conta do adxudicatario, así como os tributos de calquera índole. En todo caso indicarase como partida independente o importe do Imposto sobre o Valor Engadido (IVE). As proposicións presentadas que superen o orzamento base de licitación serán descartadas automaticamente. 3. RÉXIME XURÍDICO O contrato o que se refire o presente prego ten a cualificación de contrato administrativo especial segundo o disposto no artigo 19.1.b) do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e de acordo co criterio emitido pola Xunta Consultiva de Contratación Administrativa, entre outros, no informe 47/99, de 21 de decembro de 1999, toda vez que a prestación do contratista non ten como destinatario directo a propia Administración senón o usuario. Por tanto, rexerase polo establecido no presente Prego e no de Prescricións Técnicas, polas normas contidas no TRLCSP, modificada pola Lei 14/2013, de 27 de setembro, de apoio ós emprendedores e á súa internacionalización, o Real decreto lexislativo 817/2009, de 8 de maio, polo que se desenvolve parcialmente a LCSP, no Real decreto 773/2015, de 28 de agosto polo que se modifican determinados preceptos do RDL 817/2009 e, no que sexa aplicable, no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba o Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (en diante, RXLCAP) en todo o que non contradiga o TRLCSP, e en toda a demais normativa aplicable. O descoñecemento do contrato en calquera dos seus termos ou dos documentos anexos que forman parte deste non eximirá o contratista da obriga do seu cumprimento. O contratista acepta de forma expresa a submisión a estes pregos e á lexislación anteriormente citada. Supletoriamente aplicaranse as restantes normas do dereito administrativo e, na súa falta, as normas de dereito privado. O adxudicatario estará obrigado ó cumprimento, baixo a súa exclusiva responsabilidade, das disposicións vixentes sobre relacións laborais, seguridade social, protección de datos de carácter persoal e calquera outra de carácter xeral. 4. PROCEDEMENTO O contrato adxudicarase por procedemento aberto e levarase a cabo atendendo a un único criterio de valoración −prezo− ou ben a unha pluralidade de criterios, segundo o disposto no apartado 1 do anexo I deste prego e en aplicación do artigo 150 do TRLCSP, conforme ós termos e requisitos establecidos neste texto legal. 5. PERFIL DO CONTRATANTE Co fin de asegurar a transparencia e o acceso público á información relativa á súa actividade contractual, en cumprimento do disposto no artigo 334 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da lei de contratos do sector público, e na disposición adicional terceira da Lei 20/2013, de 9 de decembro, de garantía da unidade de mercado, a partir do 15 de decembro de 2014 a Deputación de Pontevedra publicará todas as noticias, avisos e documentación relativa os seus procedementos de contratación no Perfil do Contratante integrado na Plataforma de Contratación do Sector Público do Estado (www.contrataciondelestado.es). Calquera dubida a cerca do prego de cláusulas administrativas que rexe esta contratación será dirixida e resolta a través da dirección de correo electrónico contratacion@depo.es. 6. CAPACIDADE PARA CONTRATAR Están capacitadas para contratar as persoas naturais ou xurídicas españolas ou estranxeiras que teñan plena capacidade de obrar e acrediten a correspondente clasificación e solvencia técnica que se dispoñan no apartado 2 do anexo I deste prego, nos termos que dispón o artigo 77 do TRLCSP e non se atopen incursas nalgunha das prohibicións que contempla o art. 60 da mencionada norma. A efectos da licitación os empresarios que desexen concorrer integrados nunha unión temporal deberán indicar os nomes e as circunstancias dos que a constitúan e a participación de cada un, ademais de asumir o compromiso de constituírse formalmente en unión temporal no caso de resultar adxudicatarios do contrato. A duración das unións temporais de empresarios coincidirá coa do contrato ata a súa extinción. A Administración poderá contratar unións temporais de empresas que se constitúan para o efecto (sen que sexa necesaria a súa formalización en escrituras públicas, ata que se concrete a adxudicación); estas empresas serán responsables solidarias ante a Administración e deberán nomear ante ela a un representante ou apoderado único da unión con poderes bastantes para exercitar os dereitos e cumprir os deberes que se deriven do contrato ata a extinción deste, sen prexuízo da existencia de poderes mancomunados que poidan outorgar para cobros e pagamentos dunha contía significativa. Estas empresas deberán ter por obxecto a realización de actividades que teñan relación directa co obxecto do contrato e dispor dunha organización dotada dos elementos persoais e materiais suficientes para a súa debida execución. 7. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo total de vixencia do contrato e os parciais, no seu caso, figuran no apartado 1 do anexo I deste prego. O contratista estará obrigado a cumprir o contrato na súa totalidade dentro do prazo ofertado, así como os prazos parciais sinalados. 8. IMCUMPRIMENTO DO PRAZO Unha vez incumprido o prazo o contratista incorre automaticamente en demora, co que a Administración poderá optar entre a imposición de penalidades ou a resolución do contrato no caso de que estas alcancen o 5% do seu prezo. Os importes destas penalidades faranse efectivos mediante a súa dedución na facturación que se produza ou, de ser o caso, da garantía, e sen que a aplicación e pagamento destas exclúa a indemnización á que a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados polo atraso imputable ó contratista. 9. GARANTÍA DEFINITIVA O seu importe será do 5 % do prezo de adxudicación, excluído o IVE, e poderá constituírse en calquera das formas previstas nos artigos 95 e 96 do TRLCSP. A constitución da garantía definitiva deberá ser acreditada dentro dos dez días hábiles seguintes, contados desde o seguinte ó da recepción do correspondente requirimento. En caso de incumprilo, no prazo sinalado entenderase que o licitador retirou a súa oferta, procedéndose, neste caso, a lle solicitar a mesma documentación ó licitador seguinte pola orde en que quedasen clasificadas as ofertas. A garantía definitiva depositarase exclusivamente na Caixa da Deputación. 10. PRESENTACIÓN DE PROPOSICIÓNS; LUGAR E FORMALIDADES; DOCUMENTACIÓN 10.1. Lugar e prazo de presentación: - Presentación no Rexistro Xeral ou auxiliares da Deputación de Pontevedra: As proposicións presentaranse no Rexistro xeral da Deputación, na sede de Pontevedra, de luns a venres, de 8:30 a 14:30 horas e de 17:00 a 19:00 horas e os sábados de 9:00 a 13:00 horas, ou na sede de Vigo, de luns a venres de 9:00 a 14:00 horas, (o horario nos meses de xullo e agosto na sede de Pontevedra de luns a venres, será de 8:30 a 14:30 horas, sendo o do sábado o mesmo que o resto do ano), durante un prazo de vinte días naturais (artigo 159.2 do TRLCSP), a contar desde o día seguinte á publicación do anuncio no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO). - Presentación mediante correo: Cando a documentación se envíe por correo o empresario deberá xustificar a data e a hora da imposición do envío e anunciarlle ó órgano de contratación a remisión da oferta mediante correo electrónico (contratacion@depo.es) ou mediante télex, fax (número 986 804 126) ou telegrama, sempre antes da terminación do prazo sinalado no anuncio. Sen o cumprimento deste tramite a documentación non será admitida se é recibida polo órgano de contratación con posterioridade á data e hora da finalización do prazo. No caso de ter presentada a documentación na oficina de correos e anunciado o envío ao órgano de contratación nos termos indicados e transcorridos dez días desde a data de finalización do prazo para presentación de proposicións, esta non tivese entrada no Rexistro Xeral da Deputación, non será admitida. - Presentación por calquera dos restantes procedementos establecidos no artigo 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común. O depósito do envío deberá ser anunciado ao órgano de contratación da mesma maneira sinalada no parágrafo anterior. Se non fose anunciado o envío, non se admitirá ningunha proposición que teña entrada no Rexistro Xeral da Deputación con posterioridade ao acto de apertura indicado no anuncio de licitación. Se o último día de presentación de proposicións coincidise en domingo ou festivo prorrogarase o prazo ata o primeiro día hábil seguinte a este. 10.2. Formalidades: Os contratistas interesados na licitación deberán presentar tres sobres distintos, nos que se escribirá de forma lexible e visible, sen que sexa preciso abrilo para a súa lectura, o seguinte:  Sobre (A, B ou C). Poñer a letra en función do sobre correspondente.  Núm. de expediente. No caso de que se coñeza.  Denominación do contrato.  Nome do licitador.  CIF  Dirección, correo-e e teléfono de contacto.  Número de inscrición no rexistro de contratistas (se é o caso). A documentación que se debe incluír nestes sobres detállase no apartado 4 do anexo I deste prego. 11. MESA DE CONTRATACIÓN Estará integrada polos seguintes membros: Presidente: - Deputado delegado pola Presidencia. Vogais: - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do PP. - Un/ha Deputado/a do Grupo Provincial do BNG. - O Deputado do Grupo Mixto. - O secretario xeral. - O interventor. - O/A xefe/a do servizo xestor. Secretario: - O xefe do Servizo de Contratación 12. CUALIFICACIÓN DA DOCUMENTACIÓN XERAL, APERTURA DE PROPOSICIÓNS E CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Unha vez finalizado o prazo de presentación de proposicións constituirase a Mesa de Contratación e procederase á cualificación da documentación xeral achegada polos licitadores no sobre A. No caso de que sexa necesario o arranxo de erros ou omisións na documentación a Mesa de Contratación concederá un prazo máximo de 3 días hábiles para corrixir estes defectos. Posteriormente, a Mesa, ás once horas e trinta minutos do primeiro mércores seguinte ó día no que finalice o prazo sinalado para a presentación de plicas, sempre que transcorresen polo menos tres días hábiles desde a finalización do prazo, sinalará en acto público as que cualificasen como inadmitidas e admitidas e procederá á apertura do sobre B correspondente á documentación técnica valorable a través de criterios non avaliables mediante fórmulas, tal e como prevé o artigo 27 do Real decreto 817/2009, no que se desenvolve parcialmente a LCSP. No caso de que non haxan transcorrido eses tres días hábiles desde a finalización do prazo de presentación de plicas, o acto da mesa de contratación realizarase o mércores da semana seguinte. A devandita documentación seralles trasladada ós técnicos que se consideren oportunos, que a avaliarán e ponderarán seguindo os criterios de valoración establecidos no apartado 3 do anexo I. Unha vez avaliada esta documentación técnica sinalarase no perfil do contratante da Deputación de Pontevedra a data e a hora na que se procederá, en acto público, á apertura do sobre C da documentación correspondente á valoración de criterios avaliables mediante fórmulas. Para a valoración das cifras ou valores do sobre C aplicaranse os criterios establecidos no apartado 3 do anexo I deste prego. Unha vez aplicados estes criterios clasificaranse as propostas en orde decrecente de valoración e proporáselle ó órgano de contratación a adxudicación a favor do licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa. Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas, de conformidade co criterio establecido no anexo III deste prego, daráselle audiencia ó contratista, por un prazo máximo de cinco días hábiles, para que xustifique a valoración da oferta e precise as condicións desta, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, as solucións técnicas adoptadas e as condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, a orixinalidade das prestacións propostas, o respecto das disposicións relativas á protección do emprego e as condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode cumprirse como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados acordará a adxudicación a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. 13. REQUIRIMENTO DE DOCUMENTACIÓN QUE DEBE PRESENTAR A EMPRESA COA OFERTA ECONOMICAMENTE MÁIS VANTAXOSA O órgano de contratación, unha vez avaliadas as propostas, a cuxo efecto poderá solicitar cantos informes técnicos estime pertinentes, clasificaraas por orde decrecente e requiriralle á empresa que presentase a oferta máis vantaxosa que dentro do prazo de dez días hábiles entregue a seguinte documentación: 13.1. Documentación acreditativa do cumprimento dos requisitos previos: De conformidade co disposto no TRLCSP (modificada pola Lei 14/2013 de 27 de setembro de apoio ao emprendedor) deberá presentarse a seguinte documentación: 1. A capacidade de obrar dos empresarios que fosen persoas xurídicas acreditarase mediante a escritura de constitución ou modificación, no seu caso, inscrita no Rexistro Mercantil, cando este requisito fose esixible segundo a lexislación mercantil que lle sexa aplicable. Se non o fose a acreditación da capacidade de obrar realizarase mediante escritura ou documento de constitución, estatutos ou acto fundacional, no que consten as normas polas que se regula a súa actividade, inscritos, no seu caso, no correspondente rexistro oficial. Cando se trate de empresarios non españois de estados membros da Comunidade Europea deberán acreditar a súa inscrición nos rexistros ou achegar as certificacións descritas no artigo 9 do Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Os demais empresarios estranxeiros deberán acreditar a súa capacidade de obrar cun informe da Misión Diplomática Permanente ou Oficina Consular de España no lugar do domicilio da empresa, no que se faga constar, previa acreditación por parte da empresa, que figuran inscritas no rexistro local profesional, comercial ou análogo, ou na súa falta, que actúan habitualmente no tráfico local no ámbito das actividades ás que se estende o obxecto do contrato. Ademais, deberán xustificar mediante informe da respectiva Misión Diplomática Permanente de España ou da Secretaría Xeral de Comercio Exterior do Ministerio de Economía e Facenda sobre a condición de estado signatario do Acordo sobre Contratación Pública da Organización Mundial de Comercio, nos casos previstos no Real decreto 1098/2001, de 12 de outubro, polo que se aproba do Regulamento xeral da Lei de contratos das administracións públicas (RXLCAP). Se é persoa física o documento que acredite a súa personalidade (Documento Nacional de Identidade para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo, no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros). Se o asinante da proposición actúa en calidade de representante do licitador deberá achegarse o documento que acredite a personalidade deste representante (DNI para españois; pasaporte, autorización de residencia e permiso de traballo no seu caso, ou calquera outro documento equivalente para estranxeiros) e, ademais, poder bastanteado en Dereito ó seu favor, debidamente inscrito no rexistro oficial correspondente que habilite para concorrer á celebración de contratos coas administracións públicas. No caso de concorreren á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá acreditar a súa personalidade e capacidade indicando os nomes e as circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas designando a persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ha de desempeñar a representación da unión temporal ante a Administración. 2. Poder debidamente bastanteado: Os que comparezan ou asinen proposicións en nome doutro ou representen a unha persoa xurídica deberán presentar tamén unha escritura de poder debidamente bastanteado por un fedatario público. 3. Documentación acreditativa da solvencia económica, financeira e técnica: Os licitadores deberán acreditar a súa solvencia económica, financeira e técnica nos termos e polos medios que se especifiquen no anuncio de licitación e que se relacionan no apartado 2 do Anexo I deste prego. No mesmo apartado especifícanse os requisitos mínimos de solvencia en función dos medios de acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. Para a determinación da solvencia das unións temporais de empresarios acumularanse as características acreditadas por cada un dos seus integrantes. Os licitadores poderán acreditar a súa solvencia baseándose na solvencia e medios doutras entidades, independentemente da natureza xurídica dos vínculos que teña con elas, sempre que demostre que para a execución do contrato dispón efectivamente deses medios. De conformidade co disposto no TRLCSP deberá presentarse a seguinte documentación: 13.2. Documentación necesaria para a adxudicación do contrato: O licitador coa oferta economicamente máis vantaxosa deberá presentar a seguinte documentación, de conformidade co disposto no artigo 151.2 do TRLCSP. 1. Certificación positiva expedida pola Tesourería da Seguridade Social ó abeiro dos artigos 14 e 15 do RXLCAP, que acredite que se atopa ó corrente no cumprimento das súas obrigas coa Seguridade Social. 2. Certificación positiva expedida pola Axencia Estatal da Administración Tributaria ó abeiro dos artigos 13 e 15 do RXLCAP que acredite que se atopa ó corrente do pagamento das súas obrigas tributarias. 3. Orixinal ou copia cotexada de alta no Imposto de Actividades Económicas na epígrafe correspondente ó obxecto do contrato, referida ó exercicio corrente, ou o último recibo acompañado dunha declaración responsable de que non se deu de baixa na matrícula do citado imposto. 4. Documentación acreditativa da efectiva disposición dos medios persoais e materiais que se comprometeu a adscribir á execución do contrato segundo o detallado no anexo I ao presente prego. 5. Documento que acredite a constitución da garantía definitiva. 6. Documento acreditativo do pagamento dos anuncios. 14. ADXUDICACIÓN O órgano de contratación terá alternativamente a facultade de adxudicarlle o contrato á proposición máis vantaxosa no seu conxunto si se atende a unha pluralidade de criterios ou á proposición que incorpore o prezo máis baixo cando este sexa o único criterio a considerar. A adxudicación acordarase en resolución motivada no prazo máximo de dous meses, contando desde a apertura das proposicións, cando para a adxudicación do contrato deban terse en conta unha pluralidade de criterios, e no prazo máximo de quince días, contando desde a apertura das proposicións, cando o único criterio de valoración sexa o prezo. Estes prazos ampliaranse en quince días hábiles no caso de que haxa que seguir os trámites sinalados nos artigos 152.3 do TRLCSP e 22.f do R. d. 817/2009, para as proposicións desproporcionadas ou anormalmente baixas. A adxudicación notificaráselles ós licitadores e, simultaneamente, publicarase no perfil do contratante do órgano de contratación, indicándose o prazo en que debe procederse á súa formalización. O órgano de contratación poderá declarar deserta a licitación, a proposta da Mesa de Contratación, cando non exista ningunha oferta ou proposición que sexa admisible de acordo cos criterios que figuran no prego. 15. NOTIFICACIÓN ELECTRÓNICA Con base no disposto no artigo 28 da 11/2007, de 22 de xuño, de acceso electrónico da cidadanía aos Servizos Públicos e no artigo 25 do Capítulo VII do Regulamento da Administración electrónica da Deputación de Pontevedra, se practicará as notificacións relativas aos procedementos de contratación de xeito electrónico a través da Plataforma de Contratación del Sector Público (https://contrataciondelestado.es). A tal efecto, os licitadores deberán presentar como documentación obrigatoria requirida no sobre A, unha Declaración Responsable (Anexo III do presente prego de cláusulas económico administrativas), na que deberán establecer a dirección de correo electrónico onde queira que se lle comuniquen as notificacións. Para acceder á comunicación, deberá estar rexistrado na Plataforma de Contratación do Sector Público con esa mesma dirección de correo electrónico e dispor dun certificado dixital de persoa física aceptado pola plataforma de validación (como o DNI electrónico ou o emitido pola Fábrica Nacional de Moeda e Timbre). Cando un órgano de contratación envíelle unha comunicación, vostede será informado desta circunstancia por medio dunha mensaxe de correo electrónico enviado á dirección que lle proporcionou a este efecto ao órgano de contratación. Ademais, cando acceda á Plataforma co seu usuario rexistrado mostraráselle un aviso na páxina de Inicio de que ten unha comunicación pendente de lectura. As notificacións entenderanse realizadas desde o momento no que a Deputación poña a disposición a comunicación do acto, requirimento, comunicación ou adxudicación na Plataforma de Contratos no Sector Público e transcorresen dez días naturais sen que se acceda ao seu contido, entenderase que a notificación foi rexeitada cos efectos previstos no artigo 59.4 da Lei 30/1992 de Réxime Xurídico e do Procedemento Administrativo Común e normas concordantes, salvo que de oficio ou a instancia da persoa destinataria poida comprobarse a imposibilidade técnica ou material do acceso. A Deputación de Pontevedra tamén publicará os actos que procedan no seu perfil do contratante. 16. SUBCONTRATACIÓN O contratista poderá concertar con terceiros a súa realización parcial, que quedará sometida ó cumprimento dos requisitos establecidos no apartado 2 do artigo 227 do TRLCSP. Deberase indicar na oferta a parte do contrato que se previu subcontratar, sinalando o seu importe e porcentaxe con respecto á totalidade do servizo e o nome ou o perfil empresarial, definido por referencia ás condicións de solvencia profesional ou técnica dos subcontratistas ós que se lles vaia encomendar a súa realización. A infracción destas condicións e a falta de acreditación da aptitude do subcontratista ou das circunstancias determinantes da situación de emerxencia ou das que fan urxente a subcontratación poderá dar lugar, en todo caso, á imposición ó contratista dunha penalidade de ata un 50 % do importe do subcontrato. Os subcontratistas non terán en ningún caso acción directa fronte á Administración contratante polos deberes contraídos con eles polo contratista como consecuencia da execución do contrato principal e dos subcontratos. O contratista deberá informar os representantes dos traballadores da subcontratación, de acordo coa lexislación laboral. En todo caso, no proceso de subcontratación deberán cumprirse as normas xerais sobre esta materia establecidas na Lei 32/2006, de 18 de outubro, reguladora da subcontratación no sector da construción e as súas normas de desenvolvemento, cuxas infraccións, conforme ó indicado no seu artigo 11, serán sancionadas con arranxo ó disposto no Texto refundido da Lei sobre infraccións e sancións na orde social, aprobado polo Real decreto lexislativo 5/2000, de 4 de agosto. PAGOS A SUBCONTRATISTAS E SUBMINISTRADORES O contratista debe abonar aos subcontratistas ou subministradores o prezo pactado nos prazos fixados que non poderán ser mais desfavorables que os previstos para as relacións entre a Administración e o contratista que de conformidade co artigo 216.4 son de trinta días. Dito prazo computarase desde a data de aprobación polo contratista principal da factura emitida polo subcontratista ou subministrador, con indicación da súa data e do período que corresponda. A aprobación ou conformidade o no seu caso os motivos da desconformidade deberán outorgarse nun prazo máximo de trinta días desde a presentación da factura. No caso de demora no pago o subcontratista ou subministrador terá dereito o cobro dos intereses de demora e a indemnización polos custos de cobro nos termos previstos na Lei 3/2004, de 29 de decembro. O contratista poderá pactar cos subministradores ou subcontratistas prazos de pago superiores respectando os límites previstos no artigo 4.3 da lei 3/2004 de 29 de decembro pola que se establecen as medidas de loita contra a morosidade nas operacións comerciais sempre que dito pacto non constitúa unha cláusula abusiva, e que, o pago se instrumente mediante un documento negociable que leve aparellada a acción cambiaría no que os gastos de desconto ou negociación sexan de conta do contratista. Adicionalmente o subministrador ou subcontratista poderá esixir que o pago se garante mediante aval. As Administracións Públicas e demais entes públicos contratantes, poderán comprobar o estrito cumprimento dos pagos que os contratistas adxudicatarios dos contratos públicos, cualificados como tales no artigo 5 do TRLCSP, terán que facer os pagos correspondentes a todos os subcontratistas ou subministradores que participen nos mesmos. Os contratistas adxudicatarios remitirán o ente contratante, cando este o solicite, unha relación detallada de aqueles subcontratistas ou subministradores que participen no contrato cando se perfeccione a súa participación, xunto con aquelas condicións de subcontratación do subministro de cada un deles que garde unha relación directa co prazo do pago, de conformidade co artigo 228 bis do TRLCSP. Así mesmo, deberán aportar, a solicitude do ente contratante, xustificante de cumprimento dos pagos os subcontratistas ou subministradores, unha vez terminada a prestación dentro dos prazos de pago legalmente establecidos no artigo 228 e na lei 3/2004 de 29 de decembro, e no que sexa de aplicación. Estas obrigas, que se incluirán nos anuncios de licitación, e no os correspondentes pregos de condicións ou nos contratos, consideraranse condicións esenciais de execución, cuxo cumprimento, ademais das consecuencias previstas polo ordenamento xurídico, permitirá a imposición das penalidades que a tal efecto conteñan os pregos. 17. REGRAS ESPECIAIS CON RESPECTO Ó PERSOAL LABORAL DA EMPRESA CONTRATISTA 1. Correspóndelle exclusivamente á empresa contratista a selección do persoal que, reunindo os requisitos de titulación e experiencia esixidos nos pregos, formará parte do equipo de traballo adscrito á execución do contrato, sen prexuízo da verificación por parte da entidade contratante do cumprimento deses requisitos. 2. A empresa contratista asume a obriga de exercer de modo real, efectivo e continuo, sobre o persoal integrante do equipo de traballo encargado da execución do contrato, o poder de dirección inherente a todo empresario. En particular, asumirá a negociación e o pagamento dos salarios, a concesión de permisos, licenzas e vacacións, as obrigas legais en materia de Seguridade Social, incluído o aboamento de cotizacións e o pagamento de prestacións, cando cumpra, as obrigas legais en materia de prevención de riscos laborais, o exercicio da potestade disciplinaria, así como cantos dereitos e obrigas se deriven da relación contractual entre empregado e empregador. 3. A empresa contratista velará especialmente por que os traballadores adscritos á execución do contrato desenvolvan o seu traballo sen se extralimitar nas funcións desempeñadas con respecto á actividade delimitada nos pregos como obxecto do contrato. 4. A empresa contratista estará obrigada a executar o contrato no lugar acordado, salvo que, excepcionalmente, sexa autorizada a prestar os seus servizos nas dependencias dos entes, organismos ou entidades que forman parte do sector público. Neste caso, o persoal da empresa contratista ocupará espazos de traballo diferenciados dos que ocupan os empregados públicos. Correspóndelle tamén á empresa contratista velar polo cumprimento desta obriga. No prego deberá facerse constar motivadamente a necesidade de que, para a execución do contrato, os servizos se presten nas dependencias dos departamentos, axencias, entes, organismos e entidades que forman parte do sector público. 5. A empresa contratista deberá designar polo menos un coordinador técnico ou un responsable, integrado no seu propio persoal, que terá entre as súas obrigas as seguintes: a. Actuar como interlocutor da empresa contratista fronte á entidade contratante, canalizando a comunicación entre a empresa contratista e o persoal integrante do equipo de traballo adscrito ó contrato, dun lado, e a entidade contratante, do outro, en todo o relativo ás cuestións derivadas da súa execución. b. Distribuír o traballo entre o persoal encargado da execución do contrato e impartirlles ós citados traballadores as ordes e instrucións que sexan necesarias en relación á prestación do servizo. c. Supervisar o correcto desempeño por parte do persoal integrante do equipo de traballo das funcións que teñan encomendadas, así como controlar a súa asistencia ó posto de traballo. d. Organizar o réxime de vacacións do persoal adscrito á execución do contrato. A ese efecto deberá coordinarse adecuadamente a empresa contratista coa entidade contratante para non alterar o bo funcionamento do obxecto do contrato. e. Informar á entidade contratante acerca das variacións, ocasionais ou permanentes, na composición do equipo de traballo adscrito á execución do contrato. 18. FORMALIZACIÓN DO CONTRATO A Administración e o contratista deberán formalizar o contrato en documento administrativo dentro do prazo de 15 días hábiles, a contar desde o seguinte día o da notificación da adxudicación, constituíndo o dito documento título suficiente para acceder a calquera rexistro público. No entanto, o contratista poderá solicitar que o contrato se eleve a escritura pública, correndo ó seu cargo os correspondentes gastos. Cando por causas imputables ó contratista non se formalizase o contrato dentro do prazo indicado, a Administración poderá acordar a súa resolución. Non poderá iniciarse a execución do contrato sen a súa formalización previa. 19. OBRIGAS DO CONTRATISTA O contratista deberá cumprir cos deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais segundo a lexislación competente nesa materia. 20. GASTOS ESIXIBLES Os gastos que orixine a publicación dos anuncios de licitación neste contrato, tanto nos correspondentes boletíns oficiais coma, no seu caso, na prensa, serán por conta do adxudicatario, sen que poida imputárselle á Administración contratante ningún pagamento por tal concepto e sen que estes gastos superen os dous mil euros(2.000,00 €). 21. RESPONSABLE DO CONTRATO A Deputación poderá designar un responsable do contrato, vinculado a esta institución, ó que lle corresponderá supervisar a súa execución, adoptar as decisións e ditar as instrucións necesarias para asegurar a correcta realización da prestación pactada. A designación ou non do responsable non eximirá o contratista da correcta execución do obxecto do contrato, salvo que as deficiencias sexan debidas a ordes directas deste, con expresa reserva escrita por parte do contratista, dirixida tanto ó propio responsable coma ó órgano de contratación. 22. EXECUCIÓN DO SERVIZO E RESPONSABILIDADE DO CONTRATISTA O contrato executarase segundo o establecido nas súas cláusulas e nos pregos, de acordo coas instrucións que para a súa interpretación lle dea ó contratista o órgano de contratación. O contratista será o responsable da calidade técnica dos traballos que desenvolva e das prestacións e servizos realizados, así como das consecuencias que se deduzan para a Administración ou para terceiros das omisións, erros, métodos inadecuados ou conclusións incorrectas na execución do contrato. EXECUCIÓN DEFECTUOSA E DEMORA O contratista está obrigado a cumprir o contrato dentro do prazo fixado para a súa realización, así como os prazos parciais sinalados para a súa execución sucesiva. Se os servizos sufrisen un atraso na súa recepción, sempre que non lle fose imputable ó contratista e este ofreza cumprir os seus compromisos, o órgano de contratación concederá un prazo que será, polo menos, igual ó tempo perdido, a non ser que o contratista pida outro menor, de acordo co establecido no artigo 213.2 do TRLCSP, regulándose a súa petición polo establecido no artigo 100 do RXLCAP. Cando o contratista, por causas que poidan serlle imputables, incorrese en demora con respecto ó cumprimento do prazo total, a Administración poderá optar indistintamente pola resolución do contrato ou pola imposición das penalidades que figuran neste prego. Cada vez que as penalidades por demora alcancen un múltiplo do 5 % do prezo do contrato o órgano de contratación estará facultado para proceder á súa resolución ou acordar a continuidade da súa execución coa imposición de novas penalidades. Neste último suposto o órgano de contratación concederá a ampliación do prazo que estime necesario para a terminación do contrato. Así mesmo, a Administración terá as mesmas prerrogativas cando a demora no cumprimento dos prazos parciais faga presumir razoablemente a imposibilidade do cumprimento do prazo total. A aplicación e o pagamento destas penalidades non exclúen a indemnización á cal a Administración poida ter dereito por danos e perdas ocasionados con motivo do atraso imputable ó contratista. 23. MODIFICACIÓNS DOS CONTRATOS O órgano de contratación, aos efectos establecidos nos artigos 219.1 e 282 do TRLCSP, ostenta a prerrogativa de modificar o contrato obxecto do presente prego segundo o disposto no artigo 210 do TRLCSP. As modificacións do contrato poderán producirse, en cumprimento dos artigos 210 e 219.1 do TRLCSP, por razóns de interese público e nos casos e na forma establecidos no Título V do Libro I, e de acordo co procedemento do exercicio de potestade de modificación do contrato regulado no artigo 211 do TRLCSP. O contrato poderá modificarse cando así estivese previsto nos documentos e nos termos expresados no artigo 106 e nos casos e cos límites establecidos no artigo 107 do TRLCSP, de conformidade co disposto no artigo 105 do TRLCSP relativo aos supostos de modificacións de contratos: a) Modificacións previstas na documentación que rexe a licitación: A previsión de posibilidade da eventual modificación do contrato indicarase, de ser o caso, no prego, detallándose os supostos e condicións nas que o órgano de contratación poderá facer uso desta potestade, alcance e límites,, indicando a porcentaxe do prezo do contrato ao que como mínimo pode afectar a modificación, e o procedemento. b) Modificacións non previstas na documentación que rexe a licitación: O contrato poderase modificar sempre que se xustifique suficientemente a concorrencia dalgunha das circunstancias dispostas no artigo 107 do TRLCSP, seguindo o procedemento establecido ao efecto na normativa. Cando, como consecuencia dunha modificación do contrato, experimente variación o prezo do mesmo, deberase reaxustar a garantía definitiva, para que garde a debida proporción co novo prezo modificado. As modificacións do contrato deberán formalizarse conforme ao disposto no artigo 156 do TRLCSP. 24. GARANTÍA DOS SERVIZOS O prazo de garantía comezará a contar desde a data de recepción do servizo. A garantía definitiva responderá dos seguintes conceptos: a. Das penalidades impostas ó contratista conforme ó artigo 212 do Real decreto lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto refundido da Lei de contratos do sector público e das penalidades establecidas nos pregos. b. Da correcta execución das prestacións contempladas no contrato, dos gastos orixinados á Administración pola demora do contratista no cumprimento dos seus deberes e dos danos e perdas ocasionados a esta con motivo da execución do contrato ou polo seu incumprimento, cando non proceda a súa resolución. c. Da incautación que poida decretarse nos casos de resolución do contrato, de acordo co que no citado Real decreto lexislativo estea establecido. Durante este prazo de garantía o contratista terá dereito a coñecer e ser oído sobre a aplicación do servizo realizado. 25. DEVOLUCIÓN DA DOCUMENTACIÓN A documentación incluída no sobre A dos licitadores que non resultasen adxudicatarios poderá ser retirada por eles, avisando previamente ó Servizo de Contratación mediante un escrito común ou electrónico no enderezo contratacion@depo.es, despois de transcorridos tres meses contados desde o día seguinte á notificación do acordo de adxudicación ós licitadores e durante o prazo de 30 días naturais, salvo que a Administración considere oportuno retela, no caso de que se interpuxesen reclamacións ou recursos ou exista algún incidente administrativo. Transcorridos os prazos anteriormente mencionados esta Administración disporá da documentación e quedará exenta de toda responsabilidade. 26. RESOLUCIÓN DO CONTRATO O contrato poderá extinguirse por calquera das causas de resolución enumeradas nos artigos 223 e 308 do TRLCSP. 27. XURISDICIÓN COMPETENTE As cuestións litixiosas que xurdan sobre a interpretación, modificación, resolución e efectos deste contrato serán resoltas polo órgano de contratación, cuxas resolucións esgotarán a vía administrativa, deixando expedita a vía xurisdicional, contencioso-administrativa, a teor do disposto na Lei reguladora da devandita xurisdición.” Ditos anexos son como seguen: ANEXO I “CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1. DEFINICIÓN E CARACTERÍSTICAS DO CONTRATO 1.1. DEFINICIÓN E OBXECTO DO CONTRATO A xestión integral do centro “Castrodeza (Gastrodeza): lendas, castros e gastronomía”. 1.2. PROCEDEMENTO División en lotes: non. Cualificación do contrato: administrativo especial de servizos. Trámite: ordinario. Procedemento: aberto. Órgano de contratación: Xunta de Goberno. Prazo de presentación de ofertas: 20 días naturais (artigo 159.2 do R.d.l. 3/2011), a contar desde a publicación do anuncio do contrato no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra. 1.3. TIPO DE LICITACIÓN, ORZAMENTO MÁXIMO ESTIMADO DO CONTRATO E FINANCIAMENTO A) TIPO DE LICITACIÓN Formulación do prezo: a tanto alzado. Orzamento estimado: Orzamento estimado para 1 ano Orzamento estimado para 2 anos Importe sen IVE 45.454,55 € 90.909,10 € IVE (21%) 9.545,45 € 19.090,90 € Total (IVE Incluído) 55.000,00 € 110.000,00 € Valor estimado do contrato para 2 anos incluídas as prórrogas (2 anos máis): Valor estimado do contrato (sen IVE): 181.818,20 € IVE (21 %): 38.181,82 € Prezo total do contrato (con IVE) : 220.000,02 € B) FINANCIAMENTO Cadro de financiamento estimado para 2 anos de contrato: Anualidade Meses Aplicación orzamentaria Importe total con IVE 2016 9 433.4320.227.99 41.250,00 € 2017 12 55.000,00 € 2018 3 13.750,00 € Os importes correspondentes os exercicios 2017 e 2018 así como 2019 e 2020, en caso de prórroga, quedarán condicionadas a aprobación dos respectivos orzamentos e a existencia de crédito adecuado e suficiente na correspondente aplicación orzamentaria. Revisión de prezos: Non procede en base a aplicación do novo réxime xurídico de revisión de prezos creado como consecuencia da disposición adicional 88ª da Lei 22/2013 de Orzamentos xerais do Estado para o 2014 que modifica o TRLCSP e establece, no ámbito de aplicación, que non cabe a revisión de prezos con base a índices xerais. En aplicación do novo réxime xurídico, tamén se estará ao o disposto na Lei 2/2015 de desindexación da economía española que admite revisión periódica e predeterminada nos contratos de obras, contratos de subministracións de fabricación de armamento e equipamento das administracións públicas, nos contratos nos que o período de recuperación da inversión sexa igual ou superior a 5 anos ou custes relativos a man de obra. 1.4. PRAZO DE EXECUCIÓN O prazo de execución será de 2 anos a contar desde o día seguinte a formalización do contrato. Este contrato se poderá prorrogar por 2 anos máis a súa vixencia por mutuo acordo das partes antes da finalización da mesma, sen que a duración das citadas prórrogas aislada o conxuntamente poda exceder do prazo fixado inicialmente. No caso de vencemento normal do contrato, ou anormal pola súa resolución ou declaración de caducidade, o órgano de contratación poderá acordar que o adxudicatario continúe coa prestación do servizo en idénticas condicións ata que o novo adxudicatario se faga cargo do servizo ou o asuma directamente a Deputación de Pontevedra de forma que se poida asegurar a continuidade da prestación do servizo. 1.5. RÉXIME DE PAGAMENTO Forma de pagamento: os pagamentos á empresa adxudicataria realizaranse contra a presentación das correspondentes facturas mensuais (a mes vencido), unha vez realizada e de conformidade o servizo obxecto do contrato de acordo coas estipulacións establecidas nos pregos, para o que será precisa a expedición dun certificado de conformidade polo órgano de contratación. Lugar de presentación e forma da factura: As facturas de importe superior a 5.000,00€ deberán ser presentadas polo adxudicatario en formato electrónico a través da Sede Electrónica da Deputación de Pontevedra (sede.depo.es) en tempo e forma a efectos de que o órgano administrativo ao que corresponda, proceda a súa tramitación (máis información en https://sede.depo.es). Os códigos DIR 3 que identifican ao presente procedemento e que se especificarán nas correspondentes facturas electrónicas son os seguintes: Órgano xestor: LA0006122; Unidade Tramitadora: LA0006123; Oficina Contable: LA0006139. Se xunto coa factura o adxudicatario ten que presentar outros documentos xustificativos do traballo realizado, o fará achegando os documentos xustificativos a través do sistema de facturación da Deputación de Pontevedra. 1.6. GARANTÍAS Provisional: non se esixe Definitiva: 5 % do prezo de adxudicación do contrato (IVE excluído). Prazo da garantía: 2 anos. 1.7. PENALIZACIÓNS No caso de incumprimento defectuoso da prestación obxecto do contrato ou para o suposto de incumprimentos dos compromisos ou das condicións especiais que se estableceron nos pregos conforme os artigos 64.2 e 118.1 do TRLCSP, cando non proceda a resolución do contrato, implicará a aplicación das penalidades previstas no presente prego e cando así proceda as previstas no artigo 212 do TRLCSP que deberán ser proporcionais á gravidade do incumprimento e as súa contía non poderá ser superior ao 10% do orzamento do contrato. Considéranse obrigas esenciais do contrato os pagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección de emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais así como o prazo de apertura ofertado e número de horas semanais de apertura do centro, calendario, días de peche por mantemento do centro ofertados pola empresa adxudicataria, que como mínimo serán os indicados nos pregos, así como o relativo a protección de datos. As penalidades faranse efectivas mediante a súa dedución das facturas, respondendo a garantía definitiva, en todo caso, da súa efectividade. Para os incumprimentos do adxudicatario das obrigas esenciais mencionadas anteriormente durante a execución do contrato, cando non proceda a súa resolución, poderanse interpoñer penalizacións de acordo ao seguinte: INFRACCIÓNS E PENALIZACIÓNS Considerase infracción calquera acción ou omisión por parte do contratista que supoña a vulneración das obrigas derivadas do presente contrato. As infraccións clasifícanse en leves e graves, atendendo as circunstancias concorrentes e ao maior ou menor prexuízo que se cause a administración. Para os incumprimentos das obrigas esenciais do contrato ou faltas graves a administración poderá optar entre a resolución do contrato ou a imposicións das penalidades previstas a continuación: a) Faltas leves: - Un incumprimento das condicións do contrato especiais de execución establecidas nos pregos:  Pagos a subcontratistas e provedores, os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección de emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais.  Prazo de apertura do centro.  Nº de horas semanais de apertura do centro.  Protección de datos.  Calendario.  Días de peche por mantemento do centro. - Calquera outra circunstancia relacionada co incumprimento das condicións establecidas nos pregos ou na oferta do adxudicatario que tras o requirimento da administración non son atendidas polo adxudicatario. O penalidade imposta se determinará mediante informe motivado do órgano de contratación e será do 10% do importe mensual correspondente. b) Faltas graves. - A comisión de dúas infraccións tipificadas como faltas leves en calquera dos supostos establecidos anteriormente no prazo de 3 meses, sobre as que tivese recaído resolución firme en vía administrativa. - A cesión en todo ou en parte do contrato baixo calquera modalidade ou título, sen previa autorización expresa do órgano de contratación. - A modificación do contrato sen a previa autorización da administración. A penalidade imposta se determinará mediante informe motivado do órgano de contratación e será do 30% do seguinte importe mensual correspondente. PROCEDEMENTO DE IMPOSICIÓN DE PENALIZACIÓNS As penalidades ou multas coercitivas impoñeranse por acordo do órgano de contratación, adoptada a proposta do responsable do contrato que se poderán executar sobre as facturas ou no seu defecto sobre a garantía depositada. No suposto de incumprimentos previsto no TRLCSP, que poidan dar orixe á resolución do contrato, a tramitación do correspondente expediente axustarase ao disposto no artigo 225 do TRLCSP. 2. SOLVENCIA TÉCNICA (Documentación que se debe presentar na fase de requirimento, segundo figura na cláusula 13.1 do prego económico administrativo). Clasificación: non se esixe. Acreditación da solvencia económica, financeira e técnica. A) Solvencia económica e financeira: Deberase acreditar un volume anual de negocios referido ao ano de maior volume de negocio dos tres últimos exercicios concluídos por un importe mínimo dunha vez e media do valor estimado do contrato. Documentación a presentar: a) No caso de entidades con personalidade xurídica propia (sociedades mercantís): - Contas anuais dos tres últimos anos presentadas no Rexistro Mercantil ou no rexistro oficial que corresponda, e/ou os modelos 200 (Declaración-liquidación do Imposto sobre Sociedades) dos tres últimos anos. b) No caso de titulares de actividades económicas no ámbito do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas (IRPF): b.1) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación directa normal ou simplificada: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos (debendo estar debidamente legalizados para aqueles que teñan a dita obriga). - Modelo 390 (declaración resumo anual IVE) dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos tres últimos anos. b.2) Empresarios e profesionais con tributación do IRPF mediante o método de estimación obxectiva: - Libro rexistro de vendas e ingresos dos tres últimos anos e/ou modelo 100 (documento de ingreso ou devolución da declaración do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas) dos últimos tres anos. - Declaración responsable asinada polo representante legal que acredite que o libro de rexistro de vendas e ingresos reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. No caso de non dispor do libro de rexistro de vendas e ingresos, a declaración debe acreditar que o rendemento neto da actividade reflicte a imaxe fiel da actividade económica da empresa. B) Solvencia técnica: Para acreditar a solvencia técnica o licitador deberá presentar os seguintes documentos: a) Relación dos principais servizos ou traballos no curso dos cinco últimos anos relacionados co obxecto do contrato; nestes certificados indicaranse o importe, as datas e o destinatario, público ou privado, e precisarase si se realizaron segundo as regras polas que se rexe a profesión e se levaron normalmente a bo termo (cumprimentar o Anexo V do presente prego). Os servizos ou traballos efectuados acreditaranse mediante certificados expedidos ou visados por un único órgano competente cando o destinatario sexa unha entidade do sector público ou, por este, a falta de este certificado, mediante unha declaración do empresario; no seu caso, estes certificados comunicarallo directamente ó órgano de Contratación a autoridade competente. O importe destes contratos xustificados no ano de maior execución (sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido) debe ser igual ou superior so 70% do valor estimado do contrato, ou da súa anualidade media se esta é inferior ao valor estimado do contrato. Nota: Considérase como valor estimado do contrato o importe total, sen incluír o Imposto sobre o Valor Engadido. C) Acreditación, mediante orixinal ou copia compulsada, da póliza subscrita e do aboamento dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 300.000,00€. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. 3. CRITERIOS DE ADXUDICACIÓN DO CONTRATO Pluralidade de criterios: si Para a valoración das proposicións e a determinación da oferta economicamente máis vantaxosa atenderase ós seguintes criterios, directamente vinculados ó obxecto do contrato: 3.1. Enumeración dos criterios non avaliables mediante fórmulas (sobre B): Os criterios non avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 49 puntos, de conformidade co seguinte: - Programa de xestión, ata un máximo de 14 puntos. - Estrutura organizativa, ata un máximo de 12 puntos. - Plan de marketing e promoción, ata un máximo de 10 puntos. - Plan de mantemento e conservación, ata un máximo de 7 puntos. - Plan de calidade, ata un máximo de 3 puntos. - Avaliación de riscos e plan de emerxencia, ata un máximo de 3 puntos. 3.1.1 Programa de xestión, ata un máximo de 14 puntos: Valorarase o programa de xestión proposto pola empresa no que se incluirán os seguintes aspectos:  Contextualización: plan metodolóxico da xestión.  Obxectivos.  Público destinatario.  Proposta de servizos.  Calendario.  Descrición do sistema de control de accesos e equipamento. 3.1.2 Estrutura Organizativa, ata un máximo de 12 puntos: Valorarase o conxunto de accións a seguir para instaurar a organización necesaria, garantir a calidade, a súa constante renovación e crear unha ferramenta de traballo e xestión para os diferentes servizos, así como a organización externa e interna, entre outras cousas:  Modelo de xestión e organización interna.  Relacións coa Deputación de Pontevedra.  Servizos exteriores.  Recursos humanos, a maiores dos mínimos esixidos, achegados pola empresa.  Plan de Formación Marco formativo que constituirá a base dos obxectivos estratéxicos da empresa durante o período de vixencia do contrato. 3.1.3 Plan de Márketing e Promoción, ata un máximo de 10 puntos: Valorarase o conxunto de accións destinadas á difusión e promoción do centro e a oferta cultural, educativa e lúdica vinculada ao mesmo. Tamén se valorará a proposta de desenvolvemento da imaxe corporativa na que se incluirá como mínimo o deseño do folleto promocional e de deseño de papelería. 3.1.4 Plan de mantemento e conservación, ata un máximo de 7 puntos: Valorarase a idoneidade do plan de mantemento e conservación proposto pola empresa que incluirá os seguintes aspectos:  Mantemento preventivo e correctivo do Centro.  Limpeza, mantemento e conservación do Centro.  Previsión de consumos de electricidade pola maquinaria empregada e medidas propostas para evitar gasto innecesario. 3.1.5 Plan de calidade, ata un máximo de 3 puntos: Valorarase o conxunto de accións necesarias para garantir a calidade do servizo, propondo unha Carta de Servizos, que identifique de maneira clara o carácter de equipamento moderno do Centro. 3.1.6 Avaliación de Riscos e Plan de Emerxencia, ata un máximo de 3 puntos: Valorarase a proposta da empresa en canto a normas, procedementos, instrucións, accións e recomendacións necesarias para garantir a boa xestión do conxunto de factores que inciden na prevención de riscos sobre traballadores e usuarios, así como as respostas propostas ante as continxencias que poidan acontecer no Centro. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta económica ofertada polo licitador. Toda referencia relacionada cos criterios de avaliación mediante fórmulas presentarase única e exclusivamente no sobre C. O incumprimento deste precepto traerá consigo a exclusión da oferta no proceso de licitación. 3.2. Enumeración dos criterios avaliables mediante fórmulas (sobre C): Nota importante: só se procederá á apertura e valoración das propostas do sobre C das empresas que obteñan unha ponderación dos criterios avaliables mediante xuízos de valor que superen os 30 puntos. Os criterios avaliables mediante fórmulas valoraranse cun máximo de 51 puntos, de conformidade cos seguintes criterios: - Prezo ofertado, ata un máximo de 18 puntos. - Melloras propostas pola Deputación de Pontevedra, ata un máximo de 33 puntos. 3.2.1 Prezo ofertado, ata un máximo de 18 puntos: Valorarase o prezo ofertado polo licitador. 3.2.2 Melloras propostas pola Deputación de Pontevedra, ata un máximo de 33 puntos: O licitador poderá ofertar as seguintes melloras: 3.2.2.1 Número de idiomas a utilizar nos elementos de difusión e promoción, ata un máximo de 10 puntos: Valorarase o número de idiomas, a maiores do mínimo esixido (1 idioma) a utilizar nos elementos de difusión e promoción diferenciado si é a través de medios escritos ou a través da utilización novas tecnoloxías. 3.2.2.2 Ampliación horas anuais de apertura do centro, ata un máximo de 9 puntos: Valorarase a ampliación de horas anuais de apertura do centro. O número mínimo de horas anuais de apertura é de 1.600 horas. 3.2.2.3 Redución do prazo de apertura, ata un máximo 8 puntos: Valorase cada día de redución do prazo de apertura respecto o prazo máximo que é de 3 meses desde a sinatura do contrato. 3.2.2.4 Redución de días de peche por mantemento, ata un máximo 6 puntos: Valorarase o menor numero de días de peche por mantemento, que oferte a empresa. O numero máximo de días de peche é de 15 días continuados. Estes criterios valorarase en función da fórmula establecida no anexo IV deste prego. Entenderase por ofertas admitidas todas aquelas que non quedasen excluídas unha vez realizado o exame da documentación administrativa contida no sobre A e de valoración técnica do sobre B. 4. DOCUMENTACIÓN QUE SE DEBE PRESENTAR SOBRE A: DOCUMENTACIÓN ADMINISTRATIVA Este sobre conterá os seguintes documentos: 1. Unha relación de todos os documentos incluídos neste sobre. 2. Declaración responsable subscrita pola persoa que asine a proposición, de acordo co modelo que se adxunta no anexo III deste prego. En caso de concorrer á licitación varias empresas constituíndo unha unión temporal cada unha delas deberá achegar unha declaración responsable, así como un documento indicando os nomes e circunstancias dos empresarios que subscriben as proposicións, a participación de cada unha delas, designando á persoa ou entidade que, durante a vixencia do contrato, ostentará a representación da unión temporal ante a Administración. 3. Compromisos do licitador: 3.1.- Compromiso de dedicar ou adscribir ao contrato os medios persoais e materiais suficientes necesarios para a debida execución do mesmo, aos que se refire o artigo 64.2 do TRLCSP. Asemade no compromiso debese detallar que o licitador contará cun equipo de traballo constituído, como mínimo, cos seguintes perfiles (os ditos perfiles deberán cumprir os requisitos mínimos establecidos nos pregos de prescricións técnicas):  1 Coordinador de proxecto,coas seguintes características: - Titulación superior - Experiencia profesional superior a 5 anos demostrable. - Experiencia mínima de 3 anos en traballos relacionados co ámbito de dirección, coordinación ou xestión de centros de interpretación, museos ou similares.  2 persoas responsables da xestión e explotación do centro, coas seguintes características: - Titulación superior con estudos en prehistoria e arqueoloxía ou Técnico Superior en guía, información e asistencia turística. - Experiencia profesional mínima de tres anos en tarefas de atención o público, control de accesos, venda de entradas, explicación de contidos, visitas guiadas ou desenvolvemento e/ou programación de actividades didácticas, talleres ou similares. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos deban presentarse antes da adxudicación do contrato. 3.2.- Compromiso de adscribir na execución do contrato dun seguro de responsabilidade civil por importe mínimo de 300.000,00€, a acreditación da póliza e pago da mesma deberá presentarse na fase de requirimento. A actividade descrita na póliza debe corresponderse coa actividade obxecto do contrato e ningunha exclusión debe limitar a súa cobertura en relación con esta. Sen prexuízo de que a xustificación acreditativa de tales requisitos deban presentarse antes da adxudicación do contrato. 4. As empresas estranxeiras presentarán unha declaración de someterse á xurisdición dos xulgados e tribunais españois de calquera orde, para todas as incidencias que de modo directo ou indirecto poidan xurdir do contrato, con renuncia, se é o caso, ó foro xurisdicional estranxeiro que puidese corresponderlle ó licitador. En todo caso, as empresas estranxeiras presentarán os documentos debidamente traducidos de forma oficial ó castelán ou galego. SOBRE B: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS NON AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS As ofertas deberán presentarse tanto en formato papel coma en formato dixital. Deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O formato dixital deberá presentarse en soporte CD ou DVD, coa seguinte etiqueta: Empresa Nome de ficheiros Oferta_Técnica.doc Oferta_Técnica.pdf A versión dixital entregarase nun ficheiro en formato PDF, que deberá estar asinada dixitalmente polo representante legal da empresa licitadora, e outro ficheiro en formato DOC. Se houbese algunha incongruencia entre a oferta presentada en papel e a presentada en formato dixital asinada electronicamente prevalecerá esta última. A oferta do licitador deberá estar paxinada e conter un índice detallado. O tipo de letra utilizado será Arial 12, excepto para os títulos, onde será Arial 14 e Arial 16. Utilizarase interliñado a 1,5 e o espazo entre parágrafos será de 6 puntos. A extensión máxima da proposta técnica non poderá exceder as 70 páxinas excluídos os anexos. Durante o proceso de valoración das ofertas non se terán en conta aquelas que non presenten toda a documentación no formato dixital indicado anteriormente. As ofertas técnicas que presenten os licitadores deberán contemplar de maneira obrigatoria os seguintes puntos e na orde especificada a continuación: 1. Programa de xestión: Incluirase toda aquela información que contribúa a explicitar de maneira pormenorizada a proposta ofertada, debendo incluír como mínimo os seguintes datos: - Contextualización: plan metolóxico da xestión. - Obxectivos. - Público destinatario. - Proposta de servizos. - Calendario. - Descrición do sistema de control de accesos e equipamento. 2. Plan de Marketing e promoción: Deberanse detallar as accións destinadas á difusión e promoción do centro e oferta cultural, educativa e lúdica vinculada ao mesmo tempo. Tamén se valorará a proposta de desenvolvemento da imaxe corporativa na que se incluirá como mínimo o deseño do folleto promocional e de deseño de papelería. 3. Estrutura organizativa: Deberanse detallar de forma clara o conxunto de accións a seguir para instaurar a organización necesaria, garantir a calidade e a súa constante renovación e crear unha ferramenta de traballo e xestión para os diferentes servizos. Detallarase a organización externa e interna que como mínimo contará con: 3.1 Modelos de xestión e organización interna. 3.2 Relacións coa Deputación de Pontevedra. 3.3 Recursos humanos achegados pola empresa. Neste apartado deberase detallar o equipo de traballo asinado a execución do contrato. O dito equipo deberá cumprir coas condicións esixidas nos pregos de prescricións técnicas e, como mínimo, contará con (cumprimentar os Anexos VI e VII deste prego):  1 Coordinador de proxecto,coas seguintes características: - Titulación superior - Experiencia profesional superior a 5 anos demostrable. - Experiencia mínima de 3 anos en traballos relacionados co ámbito de dirección, coordinación ou xestión de centros de interpretación, museos ou similares.  2 persoas responsables da xestión e explotación do centro, coas seguintes características: - Titulación superior con estudos en prehistoria e arqueoloxía ou Técnico Superior en guía, información e asistencia turística. - Experiencia profesional mínima de tres anos en tarefas de atención o público, control de accesos, venda de entradas, explicación de contidos, visitas guiadas ou desenvolvemento e/ou programación de actividades didácticas, talleres ou similares. Deberase achegar xunto cos anexos anteriormente citados, os currículo vitae de cada un deles. Asemade presentaranse contratos ou certificados de servizos prestados no caso de persoal que traballase directamente coa administración pública ou, no caso de persoal que traballase con empresas privadas contratadas pola administración, declaración responsable emitida polo responsable legal da dita empresa. Nota importante: o equipo humano deberá estar formado inicialmente polos compoñentes relacionados na oferta adxudicataria coa valoración previa da Deputación de Pontevedra. No obstante, poderán autorizarse cambios nesta composición sempre que:  Se presente unha xustificación escrita detallada e suficiente na que se explique o motivo do cambio.  Se presenten posibles candidatos cun perfil de cualificación igual ou superior ó da persoa a substituír.  O responsable por parte da Deputación de Pontevedra acepte a un dos candidatos propostos. Pola súa parte, se o adxudicatario que durante a execución do contrato propón o cambio dunha das persoas do equipo de traballo deberá facelo por escrito cun mes de antelación e expoñendo as razóns que obrigan á devandita proposta. 3.4 Plan de formación Marco formativo que continúa a base dos obxectivos estratéxicos da empresa durante o período de vixencia do contrato. 4. Plan de mantemento e conservación: Detallarase o plan de mantemento e conservación proposto pola empresa, que como mínimo conterá: - Mantemento preventivo e correctivo do Centro. - Limpeza, mantemento e conservación do Centro. - Previsión de consumos de electricidade pola maquinaria empregada e medidas propostas para evitar gasto innecesario. 5. Plan de calidade: Especificaranse o conxunto de accións necesarias para garantir a calidade do servizo, propoñendo unha Carta de Servizos, que identifique de maneira clara o carácter de equipamento moderno do Centro. 6. Avaliación de riscos e plan de emerxencia: Neste apartado deberase detallar a proposta da empresa en canto as normas, procedementos, instrucións, accións e recomendacións necesarias para garantir a boa execución do conxunto de factores que inciden na prevención de riscos sobre traballadores e usuarios, así como as respostas que se propoñen fronte as continxencias que podan acontecer no Centro. 7. Deberase indicar a parte do contrato que o empresario ten eventualmente o propósito de subcontratar, de conformidade co establecido na cláusula 16 deste prego. 8. Ademais dos documentos aquí requiridos, coa oferta presentaranse todos os que o licitador considere oportunos para a perfecta definición do contrato, entendendo, no caso de non indicarse un aspecto determinado, que cumpren cos requisitos mínimos establecidos nos pregos. NOTA MOI IMPORTANTE: na documentación que se presente no sobre B non se poderá incluír ningún dato que permita intuír a proposta presentada nos criterios avaliables de forma automática (sobreC). O incumprimento deste requisito implicará a exclusión do procedemento. SOBRE C: DOCUMENTO CORRESPONDENTE Á VALORACIÓN DE CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS Presentarase pechado e co seguinte documento: Modelo de proposición determinado no anexo II. Modelo de proposición deste prego, asinado e selado. Este modelo conterá a oferta económica que se realice. Non se aceptarán propostas que conteñan omisións, erros ou riscos que impidan coñecer claramente o que a Administración estime fundamental para considerar a oferta. Se algunha proposición non gardase concordancia coa documentación examinada e admitida, excedese o orzamento base de licitación, variase substancialmente o modelo establecido, comportase erro manifesto no importe da proposición ou se existise recoñecemento por parte do licitador de que adoece de erro ou inconsistencia que a fagan inviable poderá ser descartada pola Mesa de Contratación. Na proposición indicaranse como partida independente o importe do IVE. Así mesmo, cando para a selección do contratista se atenda a unha pluralidade de criterios incluirase neste sobre a documentación relativa a aqueles criterios avaliables mediante fórmulas establecidas nos pregos.” ANEXO II “MODELO DE PROPOSICIÓN (SOBRE C) (Nome e apelidos) ..................., maior de idade, veciño de ............., con domicilio en ..................., titular do DNI número ................, expedido en data .............., actuando en nome propio ou en representación da empresa ................... (CIF número................) e con domicilio en ....................., teléfono ...................., segundo declaro responsablemente, en coñecemento do anuncio para adxudicar mediante procedemento aberto o contrato correspondente ó servizo (especificar denominación do servizo): Primeiro. Declaro que na execución do contrato se cumprirán os deberes derivados das disposicións vixentes en materia de protección do emprego, condicións de traballo e prevención de riscos laborais. Segundo. Comprométome ó servizo, con estrita suxeición ós pregos de prescricións técnicas e condicións económico-administrativas, que aceptamos na súa totalidade, coas seguintes condicións: - Prezo ofertado (2 anos): Prezo total ofertado sen IVE: € IVE (21%): € Prezo total: € - Número de idiomas, a maiores de mínimo esixido, a utilizar nos elementos de difusión e promoción: 1. Nº de idiomas por medios escritos: (Especificar os idiomas: ) 2. Nº de idiomas a través da utilización de novas tecnoloxías: (Especificar os idiomas: ) - Nº de horas anuais de apertura do centro:…………..….horas. (O numero mínimo de horas de apertura anuais é de 1.600 horas). - Nº de días de redución do prazo de apertura do centro: ………………… días (O número máximo de días de redución do prazo de apertura é de 8 días). - Nº de días de peche por mantemento ofertado pola empresa:…………..….días. (O numero máximo de días de peche é de 15 días). …………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO III DECLARACIÓN RESPONSABLE (SOBRE A) Nota: este modelo pode descargarse en formato PDF para cubrir na área de descargas do seguinte enderezo web: http://www.depo.es/web/edepo/contratacion1 ANEXO IV “FÓRMULAS PARA A VALORACIÓN DOS CRITERIOS AVALIABLES MEDIANTE FÓRMULAS (SOBRE C) A) Menor prezo ofertado, ata un máximo de 18 puntos. O criterio exposto valorarase de acordo coa seguinte fórmula: • P: prezo de licitación • N: número de ofertas • O1, O2,….,On: valor das n ofertas, • B1, B2,….,Bn: baixas absolutas (Bi=P-Oi, i=1,…., n), • b1, b2, ….., bn: baixas porcentuais con respecto a • bmax,bmin: baixas porcentuais máxima e mínima, • bm: baixa porcentual media • Vmax: máxima valoración posible • Wmax: máxima valoración de acordo coas ofertas presentadas • Wi: valoración previa da oferta i-ésima entre 0 e Wmax, i=1, ….., n • Vi: valoración final da oferta i-ésima entre 0 e Vmax, i=1, ….., n Nota. Dado que as baixas negativas corresponderían a ofertas superiores ó prezo de licitación (e por tanto, non admisibles), suponse que as baixas bi son iguais ou maiores que cero. 1. Valoración máxima inicial de acordo coas ofertas presentadas: 2. Valoración previa entre 0 e Wmax: Unha puntuación inicial Wi da oferta i-ésima calcúlase por interpolación a intervalos do seguinte modo (ver figura 1): • Se (oferta entre o prezo de licitación –baixa nula– e a oferta media) entón a súa valoración é proporcional entre os valores • Se bi>bm (baixa superior a baixa media) entón a súa valoración é proporcional entre e Wmax 3. Valoración final entre 0 e Vmax: En xeral as puntuacións iniciais anteriores resultan moi pequenas, sobre todo cando as ofertas son moi iguais. Polo tanto, as baixas non terían moito peso na adxudicación dos contratos ou concursos. Proponse unha alternativa de reescalado das variacións previas para trasladar as puntuacións ó intervalo [0, Vmax], sumando a cada valoración previa unha cantidade S quasi-proporcional á baixa: • Se : • Se : A valoración final das ofertas obtense agora do modo seguinte: , =l,….., n Entendéndose que a puntuación máxima Vmax só se atende se a baixa máxima (bmax) é igual ou superior ó 20 % (figura 2). Nota. No caso particular en que todas as ofertas sexan iguais en prezo de licitación tense b1= b2= …..= bn = bm =bmax =0 polo que as valoracións anteriores non son válidas (se teñen divisións por cero). Neste caso, acordamos outorgar a todas elas unha puntuación nula (Vi=0). Na práctica esta situación tamén se produce cando as baixas son todas moi pequenas aínda que non sexan exactamente cero. Por iso propomos dar unha puntuación nula a todas as ofertas sempre que . 4. Fórmula completa para a valoración de ofertas: 1. Definición de Wmax : 2. Definición de S:  Se : ,  Se : 3. Valoración das ofertas cando bmax > . Para i=1,…..,n:  Se entón ,  Se entón 4. Valoración das ofertas cando  Para ,…..,n: PRESUNCIÓN DE OFERTAS CON VALORES ANORMAIS OU DESPROPORCIONADOS (BAIXA TEMERARIA) Para os efectos de consideración de presunción de ofertas con valores anormais ou desproporcionados considerarase que están incursas nesta situación aquelas cuxa porcentaxe de baixa exceda as porcentaxes que se sinalan a continuación, en función do número de empresas presentadas e admitidas a procedemento: - Unha oferta: será anormal se a súa baixa porcentual é superior ó 25% do prezo de licitación. - Dúas ofertas: unha das ofertas será anormal se a súa baixa porcentual é superior á doutra en máis de 20 unidades. - Tres ofertas: serán anormais aquelas que teñan baixas porcentuais superiores en máis de 10 unidades á media aritmética das baixas porcentuais das baixas admitidas. Con todo, excluirase para o cómputo da dita media a oferta coa baixa porcentual máis pequena cando sexa inferior en máis de 10 unidades a esa media. En calquera caso, consideraranse anormais todas as ofertas con baixas porcentuais superiores ó 25% do prezo de licitación. - Catro ofertas ou máis: consideraranse temerarias aquelas ofertas con baixas porcentuais que sexan superiores en máis de 10 unidades á media das baixas porcentuais das ofertas admitidas. No entanto, se entre elas existen baixas porcentuais inferiores en máis de 10 unidades a dita media, calcularase unha nova media só coas ofertas que non estean no suposto indicado. En todo caso, se o número das restantes ofertas é inferior a tres, a nova media calcularase sobre as tres ofertas de menor contía (maior baixa porcentual). • n = 1: se b1 > 25, entón a oferta 1 (única) é temeraria. • n = 2: supoñemos que . Se entón a oferta 2 é temeraria. Obsérvese que a condición equivale a porque • n = 3: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ b3. Sexa definida como: = (b2 + b3) se b1 < bm - 10 bm en caso contrario Para i = 1,2,3, se b1 >25 ou b1 > + 10 a oferta i é temeraria • N ≥ 4: supoñemos que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ bn. Se b1 < bm – 10 sexa 1 ≤ l ≤ n tal que b1 ≤ b2 ≤ ….≤ b1 < bm – 10, bl+1 ≥ bm – 10 Definimos: = se e se e , bm si Para i = 1,2,……,n, se b1 > b*m + 10 a oferta i é temeraria Cando a Mesa de Contratación presuma fundadamente que a proposición non se poida cumprir como consecuencia das baixas anormais ou desproporcionadas daráselle audiencia ó contratista por un prazo máximo de cinco días hábiles para que xustifique a valoración da oferta e precise as súas condicións, en particular no que se refire ó aforro que permita o procedemento de execución do contrato, ás solucións técnicas adoptadas e ás condicións excepcionalmente favorables de que dispoña para executar a prestación, á orixinalidade das prestacións propostas, ó respecto das disposicións relativas á protección do emprego e ás condicións de traballo vixentes no lugar en que se vaia realizar a prestación, ou a posible obtención dunha axuda do Estado. Este mesmo procedemento empregarase cando, a xuízo dos técnicos, os licitadores presenten solucións técnicas ou un prazo de execución de imposible cumprimento. Se o órgano de Contratación, considerando a xustificación efectuada polo licitador e os informes mencionados no apartado anterior, estimase que a oferta non pode ser cumprida como consecuencia da inclusión de valores anormais ou desproporcionados, acordará a adxudicación provisional a favor da seguinte proposición economicamente máis vantaxosa, de acordo coa orde en que fosen clasificadas, que se estime pode ser cumprida a satisfacción da Administración e que non sexa considerada anormal ou desproporcionada. B) Melloras propostas pola Deputación de Pontevedra, ata un máximo de 33 puntos O licitador poderá ofertar as seguintes melloras: B.1.- Número de idiomas a utilizar nos elementos de difusión e promoción, ata un máximo de 10 puntos: Valorarase o número de idiomas, a maiores do mínimo esixido (1 idioma) a utilizar nos elementos de difusión e promoción diferenciado si é a través de medios escritos ou a través da utilización novas tecnoloxías. Ampliación do equipo de traballo Puntuación Por cada idioma a través de medios escritos 2 puntos Por cada idioma a través da utilización das novas tecnoloxías 2 puntos B.2.- Ampliación de horas anuais de apertura do centro, ata un máximo de 9 puntos Valorarase a ampliación do número de horas anuais de apertura do centro. O número mínimo de horas anuais de apertura é de 1.600 horas. Este criterio valorarase de acordo coa seguinte fórmula: • a= prazo en días da peor oferta. • b= prazo en días do licitador obxecto de cálculo. • c=prazo en días da mellor oferta. • d= puntuación máxima outorgada. B.3.- Redución do prazo de apertura, ata un máximo 8 puntos: Valorase cada día de redución do prazo de apertura respecto o prazo máximo que é de 3 meses desde a sinatura do contrato. Redución do prazo de apertura Puntuación 0 días 0 puntos 1 día 1 punto 2 días 2 puntos 3 días 3 puntos 4 días 4 puntos 5 días 5 puntos 6 días 6 puntos 7 días 7 puntos 8 días 8 puntos B.4.- Redución de días de peche por mantemento, ata un máximo 6 puntos: Valorarase a redución dos días de peche por mantemento, que oferte a empresa. O numero máximo de días de peche é de 15 días continuados. Este criterio valorarase de acordo coa seguinte fórmula: • a= prazo en días da peor oferta. • b= prazo en días do licitador obxecto de cálculo. • c=prazo en días da mellor oferta. • d= puntuación máxima outorgada.” ANEXO V “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Á REALIZACIÓN DE SERVIZOS OU TRABALLOS REALIZADOS POLA EMPRESA NOS CINCO ÚLTIMOS ANOS TÍTULO DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª/D. ……, con DNI núm. ……, en nome propio ou en representación da empresa …..…, con NIF/CIF núm. …… DECLARA que a relación dos servizos ou traballos análogos ó obxecto do presente contrato realizados nos últimos cinco anos son os que se recollen na táboa seguinte: Título do contrato Obxecto Data Importe do ano 2011 Importe do ano 2012 Importe do ano 2013 Importe do ano 2014 Importe do ano 2015 Importe total dos últimos 5 anos Destinatario Inicio Fin Totais ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. (Lugar, data, sinatura e selo do licitador)” ANEXO VI “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA RESPECTO DOS MEDIOS HUMANOS (SOBRE B) ACREDITACIÓN DA SOLVENCIA TÉCNICA E PROFESIONAL RESPECTO Ó PERSOAL ADSCRITO PARA A EXECUCIÓN DO CONTRATO DENOMINACION DO CONTRATO: Nº EXPEDIENTE: Dª/D. ………, con DNI núm. …….., en nome propio ou en representación da empresa …….., con NIF/CIF núm.… DECLARA que se compromete a adscribir para a execución do contrato os medios humanos que a continuación se relacionan: Categoría/posto Nome e apelidos Titulación Data de expedición do título % dedicación ó contrato Persoal propio (si/non) Empresa NOTA IMPORTANTE: o órgano de Contratación requirirá á oferta economicamente máis vantaxosa, antes da adxudicación do contrato, que acredite a disposición dos medios que se comprometeu dedicar ou adscribir na execución do contrato. Estes compromisos adquiren o carácter de obrigas esenciais do contrato. ………………, ..….. de ………… de ………… (Lugar, data, sinatura e selo del licitador)” ANEXO VII “MODELO DE ACREDITACIÓN DE SOLVENCIA TÉCNICA DA XUSFITICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL (SOBRE B) XUSTIFICACIÓN DA EXPERIENCIA LABORAL ESIXIDA Ó PERSOAL ENCARGADO DA EXECUCIÓN DO CONTRATO NOME E APELIDOS: DATA DE NACEMENTO: TITULACIÓN: DATA DE EXPEDICIÓN DO TÍTULO: ANOS DE EXPERIENCIA: Nome do contrato(1) Empresa Data de inicio Data final Duración do contrato Funcións desempeñadas no contrato relacionadas coa experiencia que se acredita Duración total dos contratos (1) Citaranse exclusivamente aqueles contratos nos que o persoal realizara as funcións que acrediten a experiencia na materia requirida na solvencia e ordenados do máis antigo o menos antigo segundo a data de inicio. ……………………………………., ….. de …………………… de ……….. Asdo.: (nome e apelidos da persoa que acredite a experiencia)” 7.24318.- DEVOLUCIÓN DE GARANTÍAS DEFINITIVAS a)Devolución de garantías definitivas á empresa TCU, S.L. A empresa TCU, S.L. (CIF B 48.500.284), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de KUTXABANK, por importe de dous mil catrocentos euros (2.400,00 €), para responder do contrato relativo a “Realización da formación e desenvolvemento dun sistema de xestión medio-ambiental e elaboración do informe Layman dentro do proxecto: Viñas Atlánticas”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 23/11/2012, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201200091583. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBK, por importe de dous mil trescentos trinta e seis euros con cincuenta céntimos (2.336,50 €), para responder do contrato relativo a “Asistencia técnica para o deseño e posta en marcha dunha rede sensorial dentro do proxecto: Life Viñas Atlánticas”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 02/09/2011, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201100071358. b) Devolución de garantías definitivas á empresa Construcións, obras e viais, S.A. (COVSA) A empresa Construcións, obras e viais, S.A.- COVSA (CIF B 36.008.886), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunhas fianzas constituídas para responder dunha serie de contratos dos que resultou adxudicataria. Resultando que nos expedientes tramitados ó efecto figuran informes emitidos polos servizos correspondentes e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución das citadas garantías ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de ditos contratos. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución das seguintes garantías: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Sabadell, por importe de cinco mil seiscentos sesenta e un euros con dezaseis céntimos (5.661,16 €), para responder do contrato relativo a “Mellora seguridade viaria mediante implantación de glorieta na intersección de PO-531, P.K. 15+000, con E.P. 9508 (Meis)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/09/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400123001. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de BBVA, por importe de doce mil novecentos oitenta euros con oitenta e un céntimos (12.980,81 €), para responder do contrato relativo a “Mellora seguridade viaria na E.P. 8501 Valga Martores, P.K. 0+000 a 1+040 (Valga)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 31/07/2013, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201300096988. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de nove mil setecentos sesenta e cinco euros con oito céntimos (9.765,08 €), para responder do contrato relativo a “Rehabilitación de firme na E.P. 1102 Meira Fraga, P.K. 2+030 a 5+227 (Moaña)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 12/01/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500006116. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de nove mil cento sesenta e sete euros con trinta e seis céntimos (9.167,36 €), para responder do contrato relativo a “Rehabilitación de firme na E.P. 5101 Covelo Lamosa (Covelo)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/12/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400173586. • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de CESCE, por importe de cinco mil seiscentos corenta euros con cincuenta céntimos (5.640,50 €), para responder do contrato relativo a “Rehabilitación de firme na E.P. 4101 Meder Taboexa (Salvaterra de Miño)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/12/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400173590. c)Devolución de garantías definitivas á empresa Rafer, S.L. A empresa Rafer, S.L. (CIF B 36.052.702), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Rehabilitación de firme na E.P. 6202 Rodeiro Oseira (Rodeiro)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Popular, por importe de oito mil setecentos oitenta e cinco euros (8.785,00 €), para responder do contrato relativo a “Rehabilitación de firme na E.P. 6202 Rodeiro Oseira (Rodeiro)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 26/01/2015, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201500012096. d) Devolución de garantías definitivas á empresa Excavaciones y Construcciones M. Pérez Portela, S.L. A empresa Excavaciones y Construcciones M. Pérez Portela, S.L. (CIF B 36.239.861), mediante escrito presentado perante esta Deputación solicitou a devolución dunha fianza constituída para responder do contrato de “Mellora da capa de rodamento na E.P. 7007 Couso e na E.P. 7001 Codeseda (A Estrada)”, do que resultou adxudicataria. Resultando que no expediente tramitado ó efecto figura informe emitido polo servizo correspondente e pola Intervención desta Deputación nos cales se establece que procede a devolución da citada garantía ó cumprirse satisfactoriamente o obxecto de dito contrato. Considerando que o artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, establece que: “Aprobada a liquidación do contrato e transcorrido o prazo de garantía, se non resultaren responsabilidades devolverase a garantía constituída ou se cancelará o aval ou o seguro de caución”. A Xunta de Goberno, en base ós informes favorables que constan no expediente e de conformidade có establecido no artigo 102. 2 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o T.R. da Lei de Contratos do Sector Público, acorda por unanimidade a devolución da seguinte garantía: • A garantía definitiva constituída en valores, mediante aval de Banco Pastor, por importe de nove mil trescentos oitenta e dous euros con vinte e tres céntimos (9.382,23 €), para responder do contrato relativo a “Mellora da capa de rodamento na E.P. 7007 Couso e na E.P. 7001 Codeseda (A Estrada)”, que foi depositada na Tesourería Provincial o 19/12/2014, segundo mandamento de ingreso con número de operación 201400173826. 8.24319.- RECOÑECEMENTO EXTRAXUDICIAL DE OBRIGAS a) Vista a relación de facturas con número 2016015130, que contén catro facturas e por un importe de 1.179,49 €, correspondendo as catro á empresa R Cable y Telecomunicaciones Galicia, S.A, e visto o informe que formula a Intervención desta Deputación, de data 25 de abril de 2016, no que se pon de manifesto que os gastos se fixeron con vicios de procedemento que implican a nulidade das obrigas sendo necesario a súa aprobación polo sistema de recoñecemento extraxudicial de créditos, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar: A relación de expedientes de referencia coa seguinte estrutura económica: Importe total 1.179,49 € Descontos do IRPF 0,00 € Descontos do IVE soportado deducible 0,00 € Descontos do honorarios técnicos externos 0,00 € Outros descontos 1.179,49 € Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. b) A Xunta de Goberno na súa sesión ordinaria celebrada o día 12 de setembro de 2014, acordou adxudicar á empresa Petrolam a Veiga, S.L., o contrato para a execución da obra: “Rede de saneamento no núcleo dos Bravos, na parroquia de Estás, Tomiño”, pertencente á 6ª relación de proxectos POSP/13, por un importe de 192.975,72 € IVE incluído, e un prazo de execución de 96 días. O pagamento dos gastos relativos ós servizos prestados en concepto de control de calidade ven realizándose con cargo ó importe retido ó contratista nas respectivas certificacións de obras expedidas, segundo a porcentaxe ofertada. En data 19 de abril de 2016, servizo de Intervención emite informe en relación co pago da factura nº 45525 de 31/03/2015, por importe de 810,70 €, emitida por Galaicontrol S.L. (B36651487), en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra: “Rede de saneamento no núcleo dos Bravos, na parroquia de Estás, Tomiño”. O importe total facturado por Galaicontrol S.L. en concepto de traballos de control de calidade realizados nesta obra, sen que exista acto administrativo que autorice o gasto e adxudique o contrato a esta empresa, excede xa os 3.000,00 €. Considerando o disposto na Resolución Presidencial de 15 de outubro de 2015, relativa ó procedemento a seguir para realizar gastos nos distintos centros xestores da Deputación. Considerando o establecido no apartado 17ª.1.b) das bases de execución do vixente presuposto, e no artigo 67 da Lei de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común, Lei 30/1992, 26 de novembro, modificada pola Lei 4/1999, 13 de xaneiro. Considerando que a disposición adicional segunda apartado 1 do Texto refundido da Lei de contratos do sector público, R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, faculta á Presidencia a actuar como órgano de contratación con competencia respecto de este contrato e tendo en conta o disposto no artigo 185.1 e 3 do R.d.l. 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da lei reguladora de facendas locais e o establecido nas bases de execución do presuposto do exercicio 2016, concretamente na base 16ª, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Validar os actos, recoñecer a obriga e o pagamento da factura nº 45525 de 31/03/2015, por importe de 810,70 €, emitida por Galaicontrol S.L. (B-36651487), en concepto de traballos de control de calidade realizados na obra: “Rede de saneamento no núcleo dos Bravos, na parroquia de Estás, Tomiño”. O importe de 810,70 €, debe librarse con cargo á conta non orzamentaria 419.09(099.129). Pola Presidenta maniféstase que asina con disconformidade e por imperativo legal, pois está en contra dos recoñecementos extraxudiciais de crédito. Trátase de decisións tomadas polo goberno anterior, se ben entende que a prestación foi realizada. Manifesta que a partir de agora só se aprobarán recoñecementos extraxudiciais de créditos de xeito extraordinario por razóns non previsibles. 9.24320.- ADXUDICACIÓN DAS BOLSAS DO PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E NOS CONCELLOS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA 2016 No Boletín Oficial da Provincia, número 11 de data 19 de xaneiro de 2016, publicáronse as Bases da convocatoria de 200 bolsas de práctica laboral servizos da Deputación e en concellos da provincia de Pontevedra 2016, dirixidas a titulados universitarios e de Grao Superior de Formación Profesional, sen experiencia laboral previa non superior a seis meses, coa finalidade de promover e completar a súa formación académica en áreas de coñecemento ou actividades que poidan facilitar a súa futura incorporación ó mercado laboral. Dita convocatoria foi modificada por acordo da Xunta de Goberno do 8 de abril de 2016 por cambio das titulacións solicitadas por algúns concellos por falta de candidatos nas titulacións que tiñan adxudicadas. Finalizados os correspondentes procesos de selección, unha vez cumprido o trámite de elección do Centro de destino por expediente e orde de puntuación, de conformidade co disposto na base sétima da convocatoria, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade adxudicar as referidas Bolsas ós aspirantes que se relacionan no Anexo I por número de expediente, titulación, importe e centro de destino, con efectos a partir do 1 de maio de 2016, do 1 de xuño e do 1 de xullo de 2016 segundo o especificado no Anexo I e por un período de 6 meses, podendo ser prorrogadas por outros 6 por acordo da Xunta de Goberno, cumprindo o disposto na cláusula décima das bases e sempre que exista dotación orzamentaria. A dotación económica total destas bolsas, imputarase ás aplicacións orzamentarias 16/240.2410.481.01 e 16/240.2410.160.03. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, agás as indemnizacións por razón do servizo, que deberá sufragar o Centro de destino. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin de servizos coa Deputación nin co centro no que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial ni cos demais centros de destino. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R.d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do Imposto sobre a Renda das Persoas Físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para este ano. Cun mes de antelación á data prevista de finalización da bolsa, o Centro de destino poderá solicitar, se procede, a prórroga á vista da memoria do bolseiro sobre o conxunto dos traballos realizados (especificando obxectivos conseguidos, metodoloxía empregada e resultados) e do informe de avaliación e proposta do titor. Dito anexo é como segue: PLAN DE PRÁCTICA LABORAL NA DEPUTACIÓN E CONCELLOS 2016 Anexo I Nº EXP. Titulación 1º Apelido 2º Apelido Nome NIF Destino Data de Efectos Importe 1 C55 Licenciatura/Grao en Bioloxía Abal Fabeiro Jose Luís 35469982A Estación Fitopatolóxica do Areeiro 01/05/2016 800 €/mes 2 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Abalde Alonso María Goretti 76895831T Cañiza, A 01/05/2016 700 €/mes 3 C41 Enxeñería Técnica Forestal, Especialidade en Explotacións Forestais Abalo Gómez Cristóbal 76872153N Concello de Lalín 01/05/2016 800 €/mes 4 C86 Ciclo Superior en Deseño e Xestión da Produción Gráfica Abelenda Alcalde Eduardo Manuel 35465400K Comunicación Institucional 01/05/2016 700 €/mes 5 C50 Licenciatura en Filoloxía Inglesa/Grao en Lingua E Literatura Inglesas Aboi Ferradás Iria 53118526A Concello de Vilanova de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 6 C41 Enxeñería Técnica Forestal, Especialidade en Explotacións Forestais Aldao Cores Sabrina 36172773Y Concello de Nigrán 01/05/2016 800 €/mes 7 C52 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas Alonso Bodelón Paula 36133235M Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local 01/05/2016 800 €/mes 8 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Álvarez Prieto María Dolores 44090654E Concello de Tomiño 01/05/2016 800 €/mes 9 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Álvarez Alonso Anadía 53185843E Concello de Ponte Caldelas 01/05/2016 800 €/mes 10 C23 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Infantil Álvarez Grande Alicia 35477853P Concello de Rodeiro 01/05/2016 800 €/mes 11 C73 Diplomatura/Grao en Turismo Álvarez Martínez Érica 35588314T Concello das Neves 01/05/2016 800 €/mes 12 C05 Ciclo Superior en Desenvolvemento de Aplicacións Web Amoedo Garrido Damián 36159152R Novas Tecnoloxías 01/05/2016 700 €/mes 13 C24 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Primaria Andre Rodríguez Lucas Xosé 53193534P Centro Príncipe Felipe 01/05/2016 800 €/mes 14 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Antepazo Álvarez Nerea 77013008S Concello de Caldas de Reis 01/05/2016 800 €/mes 15 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Arcos Calo Soraya 77411925C Concello de Cotobade 01/05/2016 800 €/mes 16 C37 Enxeñería Técnica de Obras Públicas/Grao en Enxeñería de Obras Públicas Areán Varela Néstor 44091768D Concello de Moraña 01/05/2016 800 €/mes 17 C82 Enxeñería de Camiños, Canais e Portos Artime Rial Eduardo 77406266L Servizo de Mobilidade 01/05/2016 800 €/mes 18 C35 Enxeñería Industrial, Orientación en Organización Industrial/Grao en Enxeñería en Organización Industrial Atanes Brandon Juan 36133534M Concello de Cambados 01/05/2016 800 €/mes 19 C67 Licenciatura/Grao en Pedagoxía Baena Ampudia Ana María 76925692F Concello de Salceda de Caselas 01/05/2016 800 €/mes 20 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Baltasar Pérez Miguel 77463517T Concello de Fornelos de Montes 01/05/2016 800 €/mes 21 C70 Licenciatura/Grao en Química Barreiro Rodríguez Rocío 15490166B Estación Fitopatolóxica do Areeiro 01/05/2016 800 €/mes 22 C78 Ciclo Superior en Química Ambiental Barrio Paratcha Iria 36141131N Estación Fitopatolóxica do Areeiro 01/05/2016 700 €/mes 23 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Bastos Pino Elisa Rosa 76903540G Concello de Salceda de Caselas 01/05/2016 700 €/mes 24 C67 Licenciatura/Grao en Pedagoxía Bernárdez Arca Lorena 44088974K Concello de Ponteareas 01/05/2016 800 €/mes 25 C47 Grao En Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica Besada Durán Raquel 35575633S Concello de Portas 01/05/2016 800 €/mes 26 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura Bouza Castaño Antonio 35477748H Concello de Valga 01/05/2016 800 €/mes 27 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Bouzas Dopazo Adriana 53111359N Concello de Cambados 01/05/2016 800 €/mes 28 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Brey Lago Carla 35587418R Cañiza, A 01/05/2016 800 €/mes 29 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Bugarín Villar Alba María 36164598L Mos 01/05/2016 800 €/mes 30 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Cabaleiro Magallanes Laura Rosalía 77006667E Xestión de Recursos Locais (Oral) 01/05/2016 800 €/mes 31 C72 Licenciatura/Grao en Xornalismo Cambados Gondar Adrián 77410886Q Comunicación Institucional 01/05/2016 800 €/mes 32 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Campelos Míguez Irene 77000210M Fornelos de Montes 01/05/2016 800 €/mes 33 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Cao Millán Rita Mª 53181807B Concello de Caldas de Reis 01/05/2016 700 €/mes 34 C72 Licenciatura/Grao en Xornalismo Caride Nimes Lucia 35582129W Concello da Guarda 01/05/2016 800 €/mes 35 C85 Licenciatura en Historia Especialidade Arqueoloxía/Grao en Arqueoloxía Carreira Méndez Lucía 33545623P Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 36 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Carrera Martínez Kevin 76905849J Concello do Rosal 01/05/2016 700 €/mes 37 C07 Ciclo Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade Casal Barros Jacqueline 77004421F Finca Mouriscade 01/05/2016 700 €/mes 38 C56 Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Casás Del Río Denís 36158581M Concello de Bueu 01/05/2016 800 €/mes 39 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Castro Blanco Silvia 53185340W Concello de Meaño 01/05/2016 700 €/mes 40 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Castro Outeda Maria Del Rocio 35489868V Concello de Ribadumia 01/05/2016 800 €/mes 41 C88 Ciclo Superior en Realización de Proxectos de Audiovisuais e Espectáculos Castro Sá Alejandra 44090771R Comunicación Institucional 01/05/2016 700 €/mes 42 C67 Licenciatura/Grao en Pedagoxía Conde Rodríguez Samuel 53191192N Centro Príncipe Felipe 01/05/2016 800 €/mes 43 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Conde Valverde Gael 53184665V Concello de Covelo 01/05/2016 800 €/mes 44 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Cores Davila Jorge Albino 35478072C Concello de Agolada 01/05/2016 700 €/mes 45 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais E Recursos Humanos Cores Villanueva Karina 35483839Z Concello de Marín 01/05/2016 800 €/mes 46 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Correa Pazo Lorena 77010332F Concello de Pontecesures 01/05/2016 700 €/mes 47 C56 Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Costas Pena Susana 53612565W Concello de Vilagarcía de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 48 C56 Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Coto Magariños Alejandro 76871615A Concello da Guarda 01/05/2016 800 €/mes 49 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Couñago Míguez Isabel 53186779S Concello de Soutomaior 01/05/2016 800 €/mes 50 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais E Recursos Humanos Cruz Castro María Estefanía 35581920T Concello do Porriño 01/06/2016 800 €/mes 51 C52 Licenciatura/grao en Administración E Dirección de Empresas Cuñarro Novoa José Manuel 36162451B Concello de Ponteareas 01/05/2016 800 €/mes 52 C73 Diplomatura/Grao en Turismo Delgado Fernández Eva 53118289L Concello de Vilaboa 01/05/2016 800 €/mes 53 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Díaz-Agero Nodar Lucía 53819648q Concello de Redondela 01/05/2016 800 €/mes 54 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Diego Fuentes Álvaro 76926296J Concello da Lama 01/05/2016 800 €/mes 55 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Diz Tarrío María Rocío 35463287R Concello da Lama 01/05/2016 700 €/mes 56 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura Domínguez Fernández Elena 77408311V Concello de Silleda 01/05/2016 800 €/mes 57 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Dopazo García Antonio 77416013Z Xestión de Recursos Locais (Oral) 01/05/2016 800 €/mes 58 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais E Recursos Humanos Escariz Torres Paulo 76926447A Concello da Estrada 01/05/2016 800 €/mes 59 C56 Licenciatura/Grao en ciencias da actividade física e do deporte Fandiño Reissmann Francisco Guillermo 77405568B Concello de Caldas De Reis 01/05/2016 800 €/mes 60 C07 Ciclo Superior en laboratorio de análise e control de calidade Fariña Souto Lucía 77420754V Finca Mouriscade 01/05/2016 700 €/mes 61 C33 Enxeñería Industrial, Orientación en Instalacións e Construción Fernández Acuña Olaia 36170373K Concello de Baiona 01/05/2016 800 €/mes 62 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Fernández Crespo Ana Vanessa 44090952K Concello de Lalín 01/05/2016 800 €/mes 63 C41 Enxeñería Técnica forestal, especialidade en explotacións forestais Fernández Darriba Andrea 77011884H Concello de Tomiño 01/05/2016 800 €/mes 64 C87 Ciclo Superior en Iluminación, Captación e Tratamento da Imaxe Fernández Villanueva Marta 36159950V Comunicación Institucional 01/05/2016 700 €/mes 65 C01 Ciclo superior en administración de sistemas informáticos en rede Ferradás Pazos Blas 53612527X Concello de Marín 01/05/2016 700 €/mes 66 C81 Licenciatura/Grao en Ciencias Ambientais Ferreiro Carballal Sara 76934006H Concello de Vilaboa 01/05/2016 800 €/mes 67 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Freiria Iglesias Lorena 35485065K Concello de Portas 01/05/2016 800 €/mes 68 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Gago García Alexandre 53119990H Xestión de Recursos Locais (Oral) 01/05/2016 800 €/mes 69 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Galego Cagide Lorena 78803874D Concello de Agolada 01/05/2016 800 €/mes 70 C63 Licenciatura/Grao en Historia Gándara Costa Marcos 35577678J Concello de Salvaterra de Miño 01/05/2016 800 €/mes 71 C03 Ciclo superior en animación sociocultural e turística García Cidon J Enrique 35467723K Concello de Ribadumia 01/05/2016 700 €/mes 72 C23 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Infantil García Costas Romina 77011026B Centro Príncipe Felipe 01/05/2016 800 €/mes 73 C28 Enxeñería Agrónoma Garrido Guitián Marta 39451767M Concello de Cangas 01/05/2016 800 €/mes 74 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Garrido Montenegro Nerea 53184413H Concello de Moaña 01/05/2016 800 €/mes 75 C82 Enxeñería de Camiños, Canais e Portos Gay Gago Jorge 77417221A Servizo de Mobilidade 01/05/2016 800 €/mes 76 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Gil Martinez Marcos 34878455J Concello de Soutomaior 01/05/2016 700 €/mes 77 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Gil Rodriguez Raquel 53192597Z Concello de Redondela 01/05/2016 800 €/mes 78 C82 Enxeñería de Camiños, Canais e Portos Goldar Bouzada Tania 44089184R Concello da Estrada 01/05/2016 800 €/mes 79 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Gómez Abal Sandra 35478581T Concello de Moaña 01/05/2016 800 €/mes 80 C69 Licenciatura/Grao en Publicidade e Relacións Públicas Gómez Otero Nuria 36166215A Concello de Cangas 01/05/2016 800 €/mes 81 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Gómez Sineiro Noemí 35486764H Concello de Cambados 01/05/2016 800 €/mes 82 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Gondar Portela Antía 77421530B Concello de Meis 01/05/2016 700 €/mes 83 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social González Alonso Julia 53177068X Concello de Vilagarcía de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 84 C73 Diplomatura/Grao en Turismo González Diz Nicolás Jacinto 77010075A Concello de Redondela 01/05/2016 800 €/mes 85 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura González García Lorena 35481165P Concello de Vilanova de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 86 C55 Licenciatura/Grao en Bioloxía González García Luís Alberto 77418509A Concello de Tomiño 01/05/2016 800 €/mes 87 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas González González Samuel 35572932M Concello de Oia 01/05/2016 700 €/mes 88 C59 Licenciatura/Grao en Dereito González Lago Paula 36159250F Cooperación Cos Municipios 01/05/2016 800 €/mes 89 C81 Licenciatura/Grao en Ciencias Ambientais González López Belén 39461878L Concello de Cerdedo 01/05/2016 800 €/mes 90 C59 Licenciatura/Grao en Dereito González Méndez Tania 35477281B Concello de Valga 01/05/2016 800 €/mes 91 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Gradín Fernández Patricia 77006577R Grove, O 01/05/2016 700 €/mes 92 C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Grangel Guerra María del Carmen 44083100N Grove, O 01/05/2016 700 €/mes 93 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Guillán Figueira Marta 35472856W Xestión de Recursos Locais (Oral) 01/05/2016 800 €/mes 94 C52 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas Guimeráns Lavandeira Nerea 53119775X Concello de Pazos de Borbén 01/05/2016 800 €/mes 95 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Gutierrez Soto Lucia 53119613D Concello da Illa de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 96 C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Iglesias Blanco Rita 77421266T Concello de Caldas de Reis 01/05/2016 700 €/mes 97 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Iglesias Fernández Mónica 43419996K Concello de Tomiño 01/05/2016 700 €/mes 98 C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Iglesias Figueira Eva 53170582X Concello da Illa de Arousa 01/05/2016 700 €/mes 99 C56 Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Iglesias Fontenla Jessica 36167016E Concello de Sanxenxo 01/05/2016 800 €/mes 100 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Iglesias López Sara 76930651K Concello de Marín 01/05/2016 800 €/mes 101 C60 Licenciatura/Grao en Economía Iglesias Rivero Diego 53174116W Concello da Estrada 01/05/2016 800 €/mes 102 C64 Licenciatura/Grao en Historia da Arte Iglesias Tilve Cristina 39463741L Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 103 C64 Licenciatura/Grao en Historia da Arte Lago López Andrea 47402173R Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 104 C63 Licenciatura/Grao en Historia Loira González Sandra 53611772Z Concello de Gondomar 01/05/2016 800 €/mes 105 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Lojo Baños Santiago José 44091374Y Xestión de Recursos Locais (Oral) 01/06/2016 800 €/mes 106 C42 Enxeñería Técnica Industrial en Electricidade López Sampayo Ángel 77422473B Cooperación cos Municipios 01/06/2016 800 €/mes 107 C41 Enxeñería Técnica Forestal, Especialidade en Explotacións Forestais Lorenzo Dacunha Ricardo 53113611X Concello de Poio 01/05/2016 800 €/mes 108 C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Lorenzo Ogando Joaquin Diego 76813845D Mos 01/05/2016 700 €/mes 109 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Lorenzo Pereiro Sara 35570948E Concello do Porriño 01/05/2016 800 €/mes 110 C24 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Primaria Malvar Leite Sara 39452957E Concello de Vilanova de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 111 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Malvido Abal Beatriz 36175604P Concello de Forcarei 01/05/2016 800 €/mes 112 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais e Recursos Humanos Marquez Gonzalez María Jose 15492062K Mos 01/05/2016 800 €/mes 113 C51 Licenciatura en Psicopedagoxía Martínez Álvarez Fátima 53113474B Mos 01/05/2016 800 €/mes 114 C01 Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede Martinez Gíl Filiberto 36156587N Concello de Moaña 01/05/2016 700 €/mes 115 C23 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Infantil Martínez Castiñeira Iria 35582462J Concello de Arbo 01/05/2016 800 €/mes 116 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Martínez López Andrea 39456791S Concello de Nigrán 01/05/2016 800 €/mes 117 C72 Licenciatura/Grao en Xornalismo Mendez Casais Paula 77414562N Concello de Gondomar 01/05/2016 800 €/mes 118 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Miletich Álvarez María del Rosario 36134266R Concello de Oia 01/05/2016 800 €/mes 119 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Mora Félix Daniel 77421016A Concello de Cuntis 01/05/2016 700 €/mes 120 C23 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Infantil Moral Soto Carmen 36156946A Grove, O 01/05/2016 800 €/mes 121 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Naveira Amoedo Elena 35576371V Concello de Mondariz 01/05/2016 700 €/mes 122 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Nogueira González Pablo 77418089C Concello de Poio 01/05/2016 800 €/mes 123 C64 Licenciatura/Grao en Historia da Arte Novoa Fernández María 44497717P Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 124 C07 Ciclo Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade Novoa Pérez Minerva 39465412B Finca Mouriscade 01/05/2016 700 €/mes 125 C81 Licenciatura/Grao en Ciencias Ambientais Oleaga González Laura 53194462Q Concello de Campo Lameiro 01/05/2016 800 €/mes 126 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais e Recursos Humanos Ónega Moreira Carlos 77403580R Concello de Cangas 01/05/2016 800 €/mes 127 C01 Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede Otero Cubreiro Juan Carlos 35490577J Novas Tecnoloxías 01/05/2016 700 €/mes 128 C31 Enxeñería en Telecomunicacións Otero Gómez Almudena 77411578H Concello de Cangas 01/05/2016 800 €/mes 129 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Otero Sabarís Ana 77417061G Grove, O 01/06/2016 800 €/mes 130 C47 Grao En Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica Pardo Besadío Jorge 36175278G Concello de Poio 01/05/2016 800 €/mes 131 C19 Diplomatura/Grao en Dirección E Xestión Pública Pardo Ligero Alba 77463959M Concello de Cotobade 01/05/2016 800 €/mes 132 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura Pardo Lorenzo Laura 76934038G Concello do Rosal 01/05/2016 800 €/mes 133 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Pérez Calo Sara 35491748B Concello de Vilanova de Arousa 01/05/2016 700 €/mes 134 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Pérez Lodeiro Pablo 36146964A Concello de Pontecesures 01/05/2016 700 €/mes 135 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Pérez Novas Lidia 53611324A Concello de Cuntis 01/05/2016 800 €/mes 136 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Pérez Hernández Cristina 53818228E Concello do Porriño 01/05/2016 800 €/mes 137 C37 Enxeñería Técnica de Obras Públicas/Grao en Enxeñería de Obras Públicas Pérez Midón Juan 36177866Q Concello de Marín 01/05/2016 800 €/mes 138 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura Philippon Prieto Caritina 76902376J Concello de Ponteareas 01/05/2016 800 €/mes 139 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Piñeiro Álvarez Magdalena 76824430Z Escola de Canteiros 01/05/2016 700 €/mes 140 C28 Enxeñería Agrónoma Piñeiro Feijoo Mª Dolores 35476199X Concello de Silleda 01/07/2016 800 €/mes 141 C72 Licenciatura/Grao en Xornalismo Piñeiro González Manuel 53611037S Concello de Ponteareas 01/05/2016 800 €/mes 142 C73 Diplomatura/Grao en Turismo Piñeiro Hermida Christian 53613677X Concello de Bueu 01/05/2016 800 €/mes 143 C73 Diplomatura/Grao en Turismo Pombal Abalo Antía 53183469V Concello de Baiona 01/05/2016 800 €/mes 144 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Portas Martínez Manuel 76930441H Concello de Sanxenxo 01/05/2016 800 €/mes 145 C21 Diplomatura/Grao en Enfermería Portela Fernández Paula 36161634E Concello de Catoira 01/05/2016 800 €/mes 146 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Pousada García Isaac 77009160P Concello de Mondariz Balneario 01/05/2016 800 €/mes 147 C03 Ciclo Superior en Animación Sociocultural e Turística Prego Ríos Diego 35487712T Concello de Catoira 01/05/2016 700 €/mes 148 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Puentes Pérez Andrea 53110523G Concello de Barro 01/05/2016 800 €/mes 149 C68 Licenciatura/Grao en Psicoloxía Raposo Pichel María do Carme 76871635T Concello de Vila de Cruces 01/05/2016 800 €/mes 150 C67 Licenciatura/Grao en Pedagoxía Rascado Bugallo María Begoña 77408204W Centro Príncipe Felipe 01/05/2016 800 €/mes 151 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Reñones Alonso Tamara 35578940X Concello de Pazos de Borbén 01/05/2016 700 €/mes 152 C11 Ciclo Superior en Saúde Ambiental Rey Patiño Antón 53183409A Concello de Moaña 01/05/2016 700 €/mes 153 C47 Grao en Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica Rial González Alicia 77004808A Concello da Guarda 01/05/2016 800 €/mes 154 C15 Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación Rigüela Benedicto Olaia 36134370J Concello de Nigrán 01/05/2016 800 €/mes 155 C07 Ciclo Superior en Laboratorio de Análise e Control de Calidade Rivera Sobrado María 76725760Z Finca Mouriscade 01/05/2016 700 €/mes 156 C15 Diplomatura En Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación Rodríguez Castillo Miguel 44499024G Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 157 C25 Diplomatura/Grao en Relacións Laborais/Relacións Laborais E Recursos Humanos Rodríguez Cruz Karima 77003089D Concello do Porriño 01/05/2016 800 €/mes 158 C52 Licenciatura/Grao en Administración e Dirección de Empresas Rodríguez López Elena 53192439V Concello de Poio 01/05/2016 800 €/mes 159 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Rodríguez Penedo Marina 53186992K Concello de Lalín 01/05/2016 800 €/mes 160 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Rodríguez Pérez Iago 77403719W Concello de Sanxenxo 01/05/2016 800 €/mes 161 C58 Licenciatura/Grao en Comunicación Audiovisual Rodríguez Torres Ana María 39463471W Concello de Barro 01/05/2016 800 €/mes 162 C71 Licenciatura/Grao en Tradución e Interpretación Rosales González Guillermo 77417689B Servizos Lingüísticos 01/05/2016 800 €/mes 163 C01 Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos en Rede Sampedro Blanco Rubén 53114608H Novas Tecnoloxías 01/05/2016 700 €/mes 164 C06 Ciclo Superior en Educación Infantil Sánchez Vázquez Esther 35571615E Concello de Mondariz Balneario 01/05/2016 700 €/mes 165 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Sánchez Rodríguez Tamara 39456914T Escola de Enfermería 01/05/2016 700 €/mes 166 C12 Ciclo Superior en Secretariado Sanmartín Padín María Jesús 35312506P Concello de Gondomar 01/05/2016 700 €/mes 167 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Santiso Castillo Sandra 15491711S Concello de Moraña 01/05/2016 700 €/mes 168 C15 Diplomatura en Biblioteconomía e Documentación/Grao en Información e Documentación Sepúlveda Lorenzo José Miguel 53177145H Museo de Pontevedra 01/05/2016 800 €/mes 169 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Sestelo Garcia Maria Teresa 34877029J Concello de Rodeiro 01/05/2016 800 €/mes 170 C80 Ciclo Superior en Información e Comercialización Turística Sesto Rey Raquel 44092075V Concello de Nigrán 01/05/2016 700 €/mes 171 C11 Ciclo Superior en Saúde Ambiental Sienes Alonso Noemia 36171896A Estación Fitopatolóxica do Areeiro 01/05/2016 700 €/mes 172 C59 Licenciatura/Grao en Dereito Soliño Lubiáns Talma 77407630A Concello de Bueu 01/05/2016 800 €/mes 173 C14 Ciclo Superior en Xestión Forestal e do Medio Natural Solís De Barrios Felipe 31250878L Medio Ambiente 01/05/2016 700 €/mes 174 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Souto Martín Susana 32771804R Concello de Bueu 01/05/2016 800 €/mes 175 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Torres Fernández Miriam 77463756D Concello de Campo Lameiro 01/05/2016 700 €/mes 176 C01 Ciclo Superior en Administración de Sistemas Informáticos En Rede Tourís Batista Jose Ángel 35484479X Concello de Vilagarcía de Arousa 01/05/2016 700 €/mes 177 C55 Licenciatura/Grao en Bioloxía Trillo Senín Javier 77408550A Concello de Salvaterra de Miño 01/05/2016 800 €/mes 178 C23 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Infantil Valiñas Conde Isabel 35477831D Concello de Cambados 01/05/2016 800 €/mes 179 C08 Ciclo Superior en Produción de Audiovisuais e Espectáculos Varela García Elena 53111631P Tui 01/05/2016 700 €/mes 180 C47 Grao En Enxeñería de Edificación/Arquitectura Técnica Vázquez Ledo Noela 36127462M Concello de Redondela 01/05/2016 800 €/mes 181 C02 Ciclo Superior en Administración e Finanzas Vázquez Piñeiro Ana Carmen 15490076J Concello de Baiona 01/05/2016 700 €/mes 182 C19 Diplomatura/Grao en Dirección e Xestión Pública Vázquez Rosales Tania 53611236F Concello de Ponte Caldelas 01/05/2016 800 €/mes 183 C20 Diplomatura/Grao en Educación Social Ventoso Teixeira Milena 35484365B Concello de Meis 01/05/2016 800 €/mes 184 C27 Diplomatura/Grao en Traballo Social Viana Gregorio Lucia 41522769H Concello das Neves 01/05/2016 800 €/mes 185 C53 Licenciatura/Grao en Arquitectura Vila González Santos 36152698X Concello de Gondomar 01/05/2016 800 €/mes 186 C72 Licenciatura/Grao en Xornalismo Vila Lago Ángel 36169389A Tui 01/05/2016 800 €/mes 187 C56 Licenciatura/Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte Vilasboas Carballido Juan Manuel 77008531T Concello de Covelo 01/05/2016 800 €/mes 188 C41 Enxeñería Técnica Forestal, Especialidade en Explotacións Forestais Villar Fernandez Adrian 77404854X Concello de Meaño 01/05/2016 800 €/mes 189 C24 Diplomatura/Grao en Maxisterio de Educación Primaria Villar Varela Milena 77418378X Concello de Vilagarcía de Arousa 01/05/2016 800 €/mes 10.24321.- APROBACIÓN DAS BASES QUE REGULAN A CONVOCATORIA DE QUINCE BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA GRADUADOS OU DIPLOMADOS EN TURISMO, TÉCNICOS SUPERIORES EN INFORMACIÓN E COMERCIALIZACIÓN TURÍSTICA E TÉCNICOS SUPERIORES EN GUÍA, INFORMACIÓN E ASISTENCIAS TURÍSTICAS PARA AS OFICINAS DE TURISMO MUNICIPAIS DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2016 Vista a proposta da xefa do Servizo de Turismo Rías Baixas de data 11 de abril, solicitando a convocatoria de 15 bolsas de práctica laboral para graduados ou diplomados en turismo, técnicos superiores en información e comercialización turística e técnicos superiores en guía, información e asistencias turísticas para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, con fundamento no artigo 35.2 b) da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, e en virtude do disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da referida Lei, considerando o informe de intervención de data 25 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade aprobar a convocatoria de 15 bolsas de turismo para a realización de labores de información turística nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: • 10 bolsas de tres meses de duración desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro de 2016, para as oficinas e puntos de información turística de A Guarda, A Illa de Arousa, Meis-Monasterio de Armenteira, Marín, Moaña, O Grove, Ribadumia, Silleda, Soutomaior-Castelo e Vilanova de Arousa. • 5 bolsas de cinco meses de duración desde 15 de xuño ó 14 de novembro de 2016, para os Concellos de A Illa de Arousa, Cangas, Nigrán, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. Estas bolsas terán unha asignación mensual de 800,00 €/mes por beneficiario para os graduados e diplomados e de 700,00 €/mes por beneficiario para os técnicos superiores, sendo o custe da seguridade social de 35,24 €/mes por beneficiario. No Orzamento provincial do ano 2016 contémplase consignación expresa para esta convocatoria nas aplicacións orzamentarias 16/433.4320.481.01 e 16/433.4320.160.03. Dita convocatoria rexerase polas bases que se achegan a este informe. “BASES CONVOCATORIA DE 15 BOLSAS DE PRÁCTICA LABORAL PARA OFICINAS E PUNTOS DE INFORMACIÓN TURÍSTICA DA PROVINCIA DE PONTEVEDRA PARA O ANO 2016 Con fundamento no artigo 35.2.b da Lei 7/85, de 2 de abril, reguladora das bases de réxime local, a Xunta de Goberno da Deputación de Pontevedra, na sesión do 29 de abril do 2016, acordou aprobar a convocatoria de 15 bolsas para a realización de labores de información turística, entre outras, nas oficinas de turismo municipais da provincia de Pontevedra, que se rexerá segundo as seguintes BASES Primeira. Obxecto: Estas bases teñen por obxecto convocar, en réxime de concorrencia competitiva e de acordo cos principios de obxectividade e publicidade, 15 bolsas de práctica laboral destinadas a Graduados ou Diplomados en Turismo, Técnicos Superiores en Información e Comercialización Turística e Técnicos Superiores en Guía, Información e Asistencias Turísticas, coa finalidade de promover e completar a súa formación realizando labores de información turística, entre outras, nas oficinas e puntos de información turística da provincia de Pontevedra que se detallan a continuación, nos seguintes termos: • 10 bolsas de tres meses de duración desde o 15 de xuño ata o 14 de setembro de 2016, para as oficinas e puntos de información turística de A Guarda, A Illa de Arousa, Meis-Monasterio de Armenteira, Marín, Moaña, O Grove, Ribadumia, Silleda, Soutomaior-Castelo e Vilanova de Arousa. • 5 bolsas de cinco meses de duración desde 15 de xuño ó 14 de novembro de 2016, para os concellos de A Illa de Arousa, Cangas, Nigrán, Sanxenxo e Vilagarcía de Arousa. Segunda. Condicións dos aspirantes: Poderán ser beneficiarios destas bolsas as persoas físicas que, con plena capacidade de obrar e sen estaren inhabilitadas para obter axudas e subvencións públicas, reúnan os seguintes requisitos: a. Ter a nacionalidade española ou dalgún dos países membros da Unión Europea b. Estar en posesión do título de graduado ou diplomado en Turismo, técnico superior en Información e Comercialización Turísticas ou técnico superior en Guía, Información e Asistencias Turísticas, ou estar en condicións de obtelo na data na que remate o prazo de presentación de solicitudes. c. Non rematasen os seus estudios con data anterior ó ano 2006. d. Non estar incapacitado fisicamente nin padecer ningunha enfermidade que poida impedir o desenvolvemento da actividade obxecto da bolsa. e. Non ser beneficiario con anterioridade dunha bolsa remunerada de duración superior a un ano na Deputación de Pontevedra nin nos seus extinguidos organismos autónomos. f. Estar inscrito nalgunha oficina do Servizo Público de Emprego de Galicia como demandante de emprego ou en mellora de emprego. g. Non ter experiencia laboral previa na profesión ou área de coñecementos, entendendo por tal non estar contratado polo grupo 1, 2 ou 3 de cotización por un período de tempo de duración superior a 12 meses. h. Acreditar o coñecemento da lingua galega, nivel Celga IV (para titulacións universitarias) e o Celga III (para ciclos superiores de formación profesional). i. Estar disposto a asumir os gastos de desprazamento ó centro de traballo de destino. j. Non estar incurso nalgunha das prohibicións sinaladas no artigo 13 da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS). Terceira. Dotación económica: A dotación económica das bolsas será de 800,00 € ó mes para os graduados e diplomados e de 700,00 € ó mes para os técnicos superiores, cantidades que se imputarán ás aplicación orzamentarias 16/433.4320.481.01 e 16/433.4320.160.03. O pagamento das bolsas, por mensualidades completas ou por fraccións, realizarase a partir da incorporación dos beneficiarios e será proporcional ó tempo que dure o contrato para os casos nos que se inicie ou finalice a súa relación nunha data que non coincida co mes natural. Esta cantidade será incompatible con calquera outra remuneración ou axuda por parte das administracións públicas ou entidades privadas a partir do momento en que sexa concedida. Cuarta. Presentación de solicitudes: As solicitudes de participación nesta convocatoria deberán presentarse do seguinte xeito: 1) En primeiro lugar será necesario realizar unha preinscrición, a través da páxina web da Deputación de Pontevedra (www.depo.es), do seguinte xeito: • Cubrir os datos solicitados na páxina web, correspondentes ó modelo oficial de solicitude anexo I, e pulsar o botón enviar. • Descargar e imprimir o xustificante electrónico xerado pola páxina web trala realización do envío. Este xustificante incluirá un “código único de preinscripción. 2) A continuación deberá presentar o xustificante electrónico xerado durante o proceso de preinscrición, debidamente asinado, dentro do prazo establecido no Rexistro xeral da Deputación en Pontevedra (avda. Montero Ríos, s/n, de luns a sábado), no da súa sede de Vigo (rúa Oporto, 3, de luns a venres) ou a través de calquera dos medios previstos no art. 38.4 da Lei 30/92, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC). As solicitudes que se presenten a través da oficina de Correos deberán entregarse nun sobre aberto para seren seladas e datadas polo funcionario correspondente antes de seren certificadas, xunto coa seguinte documentación: a) Fotocopia do documento nacional de identidade en vigor, ou de calquera outro que o substitúa. b) Documento acreditativo da titulación esixida ou de estar en condicións de obtela na data en que remate o prazo para presentar as solicitudes. c) Certificado do expediente académico no que conste a nota media, calculada segundo o sistema establecido no R.d. 1125/03, de 5 de setembro, para a súa valoración na fase de concurso ou o que corresponda para os ciclos formativos segundo o previsto no R.d. 1147/2001, de 29 de xullo. d) Certificado acreditativo do nivel correspondente de coñecemento da lingua galega. e) Fotocopia da tarxeta de demanda de emprego ou de mellora de Emprego actualizada. f) Certificado de vida laboral da Tesourería Xeral da Seguridade Social actualizado, con data posterior ó día da publicación desta convocatoria (entregar todas as páxinas). g) Volante de empadroamento actualizado con data posterior á publicación desta convocatoria no caso de estar empadroado nalgún concello da provincia de Pontevedra, para a súa valoración na fase de concurso. O prazo de presentación de solicitudes será de 10 días hábiles, contados a partir do seguinte ó da publicación desta convocatoria no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOP). Para presentaren as instancias os solicitantes estarán ó disposto no artigo 23, apartados 3, 4 e 5 da LXS en todo o que sexa de aplicación, ademais do recollido no apartado primeiro desta cláusula. Quinta. Emendas: Unha vez expirado o prazo de presentación de instancias o organismo provincial ditará unha resolución na que declare aprobada a lista de admitidos e excluídos, especificando, no seu caso, os motivos de exclusión, que será publicada na páxina web da Deputación www.depo.es. Os aspirantes excluídos ou omitidos disporán dun prazo de cinco días hábiles, contados a partir do día seguinte ó da publicación da resolución, para poder emendar, no seu caso, o defecto que motivase a exclusión. No suposto de producírense reclamacións deberá ditarse unha nova resolución estimándoas ou desestimándoas e aprobando a lista definitiva, que se publicará na web da Deputación www.depo.es. Dentro deste prazo poderán emendar os defectos formais da documentación acreditativa dos méritos alegados na presentación de instancias. Sexta. Comisión de selección: Para a selección dos bolseiros constituirase unha comisión, que estará integrada polos seguintes membros: • Presidente: o xefe do servizo ou centro ou o funcionario en quen delegue. • Vogais: dous técnicos da Deputación e un da universidade ou centro de formación. • Secretario: o da Deputación ou un funcionario de carreira con titulación superior en quen delegue. Sétima. Selección dos bolseiros: O proceso de selección desenvolverase en dúas fases. A primeira, de concurso e valoración da documentación presentada polos aspirantes admitidos e a segunda, de realización dunha proba tipo test sobre o contido do programa. 1) Primeira fase: baremo de méritos. Os méritos acreditados polos interesados valoraranse conforme ós seguintes criterios: a) Expediente académico: ata un máximo de 4,00 puntos. No caso de expedientes académicos nos que non conste a nota media, calculada para as titulacións universitarias polo R.d. 1125/03, e para os ciclos de formación profesional segundo o establecido no R.d. 1147/2011, de 29 de xullo, valorarase con 0,00 puntos. No caso de que algunha das titulacións convocadas non estea calculada polas referidas normas ou estas non se especifiquen poderase establecer un sistema de valoración proporcional. b) Por posuír outra titulación de nivel igual ou superior á esixida nas bases da convocatoria: 0,50 por título, ata un máximo de 1 punto. c) Por transcorrer catro ou máis anos desde a finalización dos estudos: 1 punto. d) Por transcorrer entre tres e catro anos desde a finalización dos estudos: 0,90 puntos. e) Por transcorrer entre dous e tres anos desde a finalización dos estudos: 0,80 puntos. f) Por transcorrer menos de dous anos desde a finalización dos estudos: 0,70 puntos. g) Por estar empadroado en calquera municipio da provincia de Pontevedra: 2,00 puntos. As puntuacións outorgadas publicaranse na páxina web www.depo.es. 2) Segunda fase: proba tipo test, de carácter obrigatorio e non eliminatorio. Consistirá en contestar por escrito un test de 20 preguntas con catro respostas alternativas propostas polo tribunal e correspondentes á seguinte materia nun tempo máximo de 20 minutos: 1. Coñecemento dos recursos turísticos da provincia de Pontevedra. Esta proba valorarase de 0,00 a 2 puntos. A data e mais a hora na que deberá constituírse o tribunal, ademais do día e a hora para a realización desta proba será determinada polo deputado delegado de Persoal mediante resolución, xuntamente coa aprobación da lista definitiva de persoas admitidas e excluídas e a composición do tribunal, que se publicará mediante anuncio en www.depo.es polo menos con 5 días hábiles de antelación. As persoas aspirantes convocaranse para esta proba nun único chamamento, quedando decaídas no seu dereito as que non comparezan a realízalo, agás nos casos debidamente xustificados, que resolverá o tribunal. Deberán presentarse para realizaren esta proba provistas do DNI ou doutro documento fidedigno acreditativo da súa personalidade a xuízo do tribunal. Na realización e corrección desta proba garantiranse o anonimato, para o que o tribunal poderá empregar os medios que considere oportunos. A puntuación obtida polas persoas aspirantes na proba tipo test sumaráselle a que corresponda á valoración de méritos, acadándose a puntuación final. Na páxina www.depo.es publicaranse as puntuacións outorgadas, xunto coa relación de candidaturas seleccionadas por orde decrecente, indicando as candidatas ou candidatos seleccionados e os correspondentes suplentes. As persoas aspirantes seleccionadas, por orde de maior a menor puntuación, deberán elixir o centro de destino no que desenvolverán as prácticas. En caso de empate nas puntuacións a orde de prelación para a elección da bolsa determinarase pola menor distancia entre o lugar de residencia do aspirante e o centro de traballo e, en segundo lugar, pola puntuación acadada no ano de terminación dos estudos. Oitava. Adxudicación das bolsas: O Servizo de Recursos Humanos e Formación, á vista das actas da comisión seleccionadora, e a elección realizada polas persoas bolseiras, formularalle a proposta de adxudicación das bolsas convocadas ao órgano competente para a resolución do procedemento, especificando titulares e suplentes para os casos de renuncia, incumprimento de obrigas, incapacidade sobrevida ou calquera outra causa que implique a perda da condición de bolseira ou bolseiro. A resolución, que porá fin á vía administrativa, publicarase na web www.depo.es, con expresión da identidade da bolseira ou bolseiro, o centro de destino, a contía das bolsas, a duración e a data de efectos. Contra esta resolución poderase interpoñer un recurso potestativo de reposición de conformidade eco disposto nos artigos 116 e 117 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP/PAC), ou, directamente, un recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses, contados dende o día seguinte ao da notificación da Resolución, de conformidade coa Lei 29/1998, de 13 de xullo, reguladora desa xurisdición. Por outra parte, ao estar adherida a Deputación de Pontevedra á Estratexia de emprendemento e emprego xove, desenvolvida polo Goberno de España, con recoñecemento expreso por parte do Ministerio de Emprego e Seguridade Social, as persoas físicas e xurídicas beneficiarias destas bolsas autorizan, polo feito de participaren nelas, a remisión dos datos que requira o Ministerio con fins estatísticos. Novena. Condicións xerais: A duración da xornada laboral será de 37,5 horas semanais. Tendo en conta que a través de estas bolsas a intención da Deputación de Pontevedra é promover e completar a formación dotando de experiencia no sector aos titulados, os beneficiarios poderán gozar dun permiso de dous días hábiles de descanso por mes, que se disfrutarán de forma independiente por meses ou ao final do período. As bolsas serán incompatibles con calquera outra actividade remunerada, calquera que sexa a súa natureza, excepto as indemnizacións por razón do servizo que deberá sufragar a entidade. As persoas beneficiarias comprometeranse a observar o horario de traballo e a disciplina imposta polo servizo de Turismo Rías Baixas, tendo en conta as necesidades do lugar de ubicación, dentro da Rede de Oficinas de Turismo Rías Baixas na provincia de Pontevedra. O feito de aceptar e facer uso destas bolsas non xera ningunha relación laboral nin funcionarial coa Deputación de Pontevedra nin coa entidade na que se desenvolvan as actividades da práctica laboral, polo que non implica, en consecuencia, ningún tipo de compromiso para un posterior contrato ou vinculación con este organismo provincial. O pagamento do importe da bolsa realizarase por mensualidades vencidas. As cantidades correspondentes estarán suxeitas ás retencións que procedan, de conformidade co previsto no R. d. 439/2007, de 30 de marzo, polo que se aproba o Regulamento do imposto sobre a renda das persoas físicas, así como na orde pola que se desenvolven as normas reguladoras da cotización á Seguridade Social para o ano 2016. Décima. Xustificación da bolsa: Antes de que transcorran os últimos quince días do período de duración da bolsa o beneficiario estará obrigado a presentar unha memoria sobre o conxunto dos traballos realizados, especificando os obxectivos conseguidos, a metodoloxía empregada e os principais resultados dos estudos practicados. Décimo primeira. Revogación e reintegro da bolsa: A presidenta da institución provincial poderá, en calquera momento, mediante unha resolución motivada, revogarlle a bolsa á persoa adxudicataria se non cumpre debidamente as condicións esixidas nestas bases ou as normas xerais de funcionamento do organismo, aténdose ó establecido nos artigos 36 e seguintes da LXS e suspendendo o aboamento da bolsa. En caso de concorrer algunha das causas previstas no artigo 37 da LXS corresponderá o reintegro total cando o beneficiario incumpra total e absolutamente as condicións impostas para a concesión e a execución da bolsa. Décimo segunda. Suspensión: No caso de maternidade, accidente ou enfermidade que impida o desenvolvemento da bolsa de práctica laboral, acreditada mediante certificado médico, poderase acordar unha suspensión temporal desta, por un período máximo de quince días. Se transcorrido este prazo non se incorpora a persoa beneficiaria resolverase a bolsa e procederase á súa provisión, no seu caso, segundo a orde establecida na relación de suplentes. A suspensión implicará a interrupción da dotación económica, polo que deberase restablecer o seu aboamento coa continuidade das actividades de práctica laboral. O período de suspensión da bolsa non será contabilizado como período de disfrute. Décimo terceira. Renuncia: No caso de renuncia á bolsa a persoa adxudicataria deberá presentar no Rexistro xeral do organismo provincial a correspondente solicitude dirixida ó Servizo de Recursos Humanos e Formación, que, se procede, tramitará un novo expediente de adxudicación da bolsa vacante ó candidato suplente polo período restante, segundo a orde de puntuación obtida no proceso de selección. Décimo cuarta. Obrigas e dereitos da persoa bolseira: As súas obrigas son as seguintes: 1. Incorporarse á entidade na data sinalada. 2. Respectar, en todo momento, a normativa da entidade, seguindo as instrucións que lle sexan dadas e cumprir o programa formativo. 3. Desenvolver unha actitude favorable e aplicarse con total dilixencia e aproveitamento. 4. Observar e cumprir o horario das prácticas co fin de non entorpecer o labor do persoal do centro. 5. Cumprir as medidas de prevención que en cada caso se deban adoptar, pola súa propia seguridade e saúde e pola de aquelas outras persoas ás que poida afectar a súa actividade a causa dos seus actos ou omisións. 6. Usar adecuadamente as máquinas, aparatos, ferramentas, substancias perigosas, etc. que utilice no seu proxecto, de acordo coas instrucións do fabricante ou responsable das prácticas. 7. Utilizar correctamente os medios e equipos de protección facilitados pola entidade, de acordo coas instrucións recibidas. 8. Gardar con absoluto rigor o segredo profesional sobre as informacións que poidan chegar a coñecer en relación coa actividade que desenvolvan. 9. Asistir ás accións formativas relacionadas coas súas prácticas que organice a Deputación dentro da xornada laboral. 10. En caso de enfermidade ou accidente, a persoa bolseira deberá comunicarlle a súa situación á institución provincial, presentando o oportuno parte médico xustificativo. 11. En caso de renuncia, a persoa bolseira está obrigada a comunicarllo á entidade na que realiza as prácticas e ao Servizo de Recursos Humanos e Formación do organismo provincial con 7 días hábiles de antelación. 12. Achegar á Deputación unha copia da vida laboral actualizada transcorridos tres meses desde a finalización das prácticas. Son dereitos das persoas bolseiras os seguintes: 1. Recibir información sobre a forma de proceder en caso de emerxencia, primeiros auxilios ou evacuación. 2. Recibir formación en materia preventiva e sobre as instalacións nas que se desenvolven as prácticas. 3. Dispor do permiso necesario para a realización de exames de carácter oficial, achegando a correspondente xustificación. 4. Dispor dun permiso de 2 días hábiles de descanso por mes de prácticas, que se poderán solicitar de forma independente por meses ou ao final do período. Décimo quinta. Responsabilidades: As beneficiarias e os beneficiarios destas bolsas estarán sometidos ás responsabilidades e ao réxime sancionador que, sobre infraccións administrativas en materia de subvencións, establecen os artigos do 52 ó 69 da LXS. Décimo sexta. Devolución da documentación: Logo de transcorridos tres meses desde o final do proceso selectivo a documentación presentada, excepto a instancia, destruirase, polo que se lles recomenda ós interesados que a retiren no referido prazo. Décimo sétima. Dereitos supletorios: A convocatoria, a selección das persoas candidatas e a realización dos traballos que dan dereito ás bolsas estarán suxeitas ó previsto nestas bases, á LXS e á LRXAP/PAC.” 11.24322.- PERMISO E AXUDA ECONÓMICA PARA ASISTENCIA A CURSOS, XORNADAS E OUTROS a) Mediante escrito de entrada no Servizo de Recursos Humanos con data 11 de abril de 2016, D. Marcos Galiñanes Varela, xefe do Parque Móbil, solicita autorización para que D.José Manuel Cabaleiro Neto, poida realizar o desprazamento en comisión de servizos e en vehículo oficial a Guadalaxara para acompañar ó Sr. Deputado Provincial, D. Carlos López Font, o día 12 de abril de 2016 ás 13:00 h, regresando o 13 de abril de 2016 ás 00:00h. O custo total do devandito desprazamento ascende a un total de 75,00 € en concepto de aloxamento, cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 16/920.9200.230.20 de dietas. Para ese efecto remítese o expediente a Intervención para informe sobre a existencia de consignación orzamentaria. Normativa Aplicable: 1. R.d. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. 2. Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. 3. Bases de aplicación de retribucións do Orzamento provincial e IV Acordo Regulador para persoal funcionario da Deputación Provincial de Pontevedra. 4. Artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. 5. Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. 6. Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base ós feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, validar o expediente e autorizar o desprazamento en vehículo oficial de D. José Manuel Cabaleiro Neto, así como o aboo dos gastos ocasionados, por razón de servizo, que ascenden a un importe total de 75,00 € en concepto de aloxamento, cantidade que se imputase á aplicación orzamentaria 16/920.9200.230.20 de dietas. Unha vez finalizado a viaxe, o interesado deberá presentar no Servizo de Recursos Humanos e Formación, no prazo de 10 días hábiles, a conta xustificativa de gastos para a correspondente tramitación do expediente, co obxecto de que se lle abonen os gastos que se puidesen xerar en concepto de desprazamento, aloxamento e manutención, conforme ó disposto no apartado 2.2.1 da Orde do 8 de novembro de 1994 sobre xustificación e anticipos de indemnizacións por razón do servizo. b) Mediante escrito de data 8 de marzo de 2016, o Xefe de Servizo de Promoción de Emprego e Desenvolvemento Local, D. Manuel Corujo Castro, presenta solicitude na que expón que na Orde do 21 de xaneiro de 2015 establécense as bases reguladoras da axudas e subvencións para o fomento do emprego a través dos programas mixtos de emprego e formación da Comunidade Autónoma de Galicia, procedendo á súa convocatoria para o ano 2015, concedéndoselle á Deputación de Pontevedra o Taller de Emprego “Coidando ós nosos maiores”, o cal empezou o día 30 de setembro de 2015 e finaliza o 29 de marzo de 2016. Por iso solicita autorización dos desprazamentos realizados pola Directora e Docentes deste Taller conforme ó seguinte detalle: Interesadas Quilometraxe Importe Km Período Total Dna. Belén Mª Rodiño Martínez 150 km. 0,19 € 15/02/2016 – 29/03/2016 28,50 € Dna. Iria Álvarez Merayo 250 km. 0,19 € 15/02/2016 – 29/03/2016 47,50 € Dna. Mª de la Cruz Pérez Otero 250 km. 0,19 € 15/02/2016 – 29/03/2016 47,50 € Total…………… 123,50 € Examinados os antecedentes que obran no expediente, non consta que se tramitou o expediente con antelación, polo que procede a súa validación. Devandito gasto que ascende a un total de 123,50 €, imputarase á aplicación orzamentaria 16/240.2416.231.20. Normativa aplicable: 1. R.d. 462/2002, do 24 de maio, sobre Indemnizacións por Razón do Servizo. 2. Orde do 8 de novembro de 1994, sobre xustificación das Indemnizacións por Razón do Servizo dos funcionarios públicos. 3. Bases de aplicación de retribucións do orzamento Provincial. 4. Artigo 67.4 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común. 5. Artigo 61.12 do R.O.F. e artigo 105 da Lei 5/97, do 22 de xullo, de Administración Local de Galicia, polas que se atribúen á Presidencia a competencia nesta materia. 6. Resolución da Presidencia de data 22/07/2015 pola que se delega no Deputado as competencias en materia de persoal. Conclusión: En base ós feitos e consideracións normativas citadas anteriormente, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade, ó amparo do previsto no artigo 67.4 da Lei 30/1992 do 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e Procedemento Administrativo Común, validar o expediente e autorizar o desprazamento das traballadoras citadas anteriormente, así como o aboo dos gastos ocasionados, por razón de servizo, que ascenden a un importe total de 123,50 € en concepto de locomoción cantidade que se imputará á aplicación orzamentaria 16/240.2416.231.20. Respecto dos gastos de desprazamento en vehículo particular, faise constar que cando o mesmo realícese por varios traballadores dun mesmo servizo na mesma data e co mesmo vehículo só se autorizará o aboo ó titular do vehículo no que se despracen, considerándose para o cómputo dos quilómetros de distancia e como punto de partida e chegada o centro de traballo, non a residencia do traballador. 12.24323.- RATIFICACIÓN DE RESOLUCIÓN PRESIDENCIAL Nº2016007425 DITADA POR RAZÓNS DE URXENCIA EN RELACIÓN A CAMBIO DE DESTINO DUN ESTUDANTE BENEFICIARIO DUNHA BOLSA DE MOBILIDADE DO PROXECTO ERASMUS+ PRACTICUM DEPO 2016 Por Resolución de data 22 de xuño de 2015 da Dirección del Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, concédese á Deputación de Pontevedra unha subvención por importe de 1.139.952,00 €, para levar a cabo un proxecto de Erasmus+ de mobilidade de estudantes de ciclos medios de Formación Profesional (FP), que ten por obxecto realizar prácticas en empresas estranxeiras e facilitarlles o proceso de transición do ámbito da educación e a formación ao mercado laboral. O prazo establecido para levar a cabo este proxecto é de 2 anos, que computa do 1 de xuño de 2015 ó 30 de maio de 2017. A Deputación asinou co SEPIE o convenio a través do cal se acepta a subvención concedida e se asume o compromiso de executar o proxecto nos termos e condicións establecidos. De acordo co previsto na memoria do proxecto en cada un dos Centros de Formación Profesional constituíuse un Comité de Mobilidade, encargado da selección dos alumnos participantes, concreción do país de destino e data de inicio da prácticas. Á súa vez, a Deputación creou a oficina de mobilidade que, como instrumento executivo do comité de mobilidade, asesorará en materias xerais relativas á mobilidade do Practicum Depo 2015, as prácticas, seguros e viaxes, dando cobertura aos participantes e localizándolles a información necesaria para xestionar o desprazamento, a estancia así como calquera outra necesidade e imprevisto relacionado coas súas prácticas. Partindo das propostas, dos Centros de Formación Profesional e do Comité de mobilidade da Deputación, os alumnos distribuíronse en tres grupos: - O primeiro grupo comprende un total de 41 alumnos, realizaron as prácticas en empresas de Italia, Reino Unido e Irlanda. - O segundo grupo comprende un total de 26 alumnos que, en principio, iniciarían a Mobilidade en abril – maio do ano 2016, incorporándose a empresas de Italia e Reino Unido. - O terceiro grupo comprenderá un total de 56 alumnos, que iniciarán as prácticas no mes de outubro de 2016, quedando pendente a concreción dos países de destino. A duración máxima das prácticas no país estranxeiro é de 196 días (aproximadamente 6 meses e 14 días), podendo ser inferior se durante este período se cumpre un ano para contar dende a finalización dos estudos, nese caso daranse por concluídas en tal data. O importe das bolsas vén determinado polo país de destino e os días de estancia, calculados en cada caso segundo a táboa de módulos do SEPIE e conforme se detallaba en documento anexo do acordo de adxudicación da Xunta de Goberno. Con data 30 de marzo de 2016, o xefe do servizo de Promoción de Emprego emitiu informe xurídico co conforme do secretario xeral no que se estima que o expediente foi tramitado correctamente. Con data 31 de marzo de 2016, a xefa do servizo de fiscalización emitiu informe de fiscalización favorable co visto e prace do interventor. A concesión das axudas correspondentes competeulle á Xunta de Goberno en virtude das facultades que lle atribúe a base 16.2ª de Execución do Orzamento para a anualidade de 2016. En base a isto, a Xunta de Goberno da Deputación provincial na súa sesión ordinaria do día 1 de abril de 2016 adoptou, entre outros, o acordo 22.24242.- Adxudicación de 26 bolsas de mobilidade ó alumnado participante no proxecto Practicum Depo 2015 (2ª Mobilidade). Con posterioridade á concesión das bolsas, realizáronse os trámites necesarios para completar as fases do gasto restantes, facendo o mandamento de pago e as transferencias bancarias. Inmediatamente despois da realización do pagamento, produciuse a imposibilidade de atopar unha empresa intermediaria para un dos alumnos que se ía desprazar ao Reino Unido (Irlanda do Norte – Belfast), polo que o Consorcio formado pola Deputación de Pontevedra e os centros educativos adheridos tivo que atoparlle un destino alternativo. Esta situación tamén se derivou do feito de que a empresa intermediaria condicionou a contratación da tramitación das prácticas á aceptación do aloxamento que esa mesma entidade ofertaba por parte dos estudantes. Sete alumnos aceptaron as súas condicións pero o alumno implicado non o fixo, feito que provocou que non se puidesen tramitar as prácticas a través da empresa intermediara, que non se puidese atopar outra a tempo e que se tivese que buscar un destino alternativo. O destino alternativo atopado para a realización das prácticas foi Dublín (República de Irlanda - Eire). Este cambio de destino, implica un cambio de país. No Anexo III- Regras contractuais e financeiras do proxecto concedido, pódense ver as diferenzas nas contías relativas ao “Apoio individual” para ambos países. Desta maneira, as axudas por día para estancias no Reino Unido e Irlanda difiren, como se pode ver no propio cadro mencionado. Transcríbese extracto: Países destino Estudantes Persoal e Acompañantes dietas por día (€) dietas por día (€) Día 1 - 14 Día 15 - 60 Día 61 - 360 Día 1- 14 Día 15- 60 (…) IE Irlanda 75,00 € 53,00 € 38,00 € 120,00 € 84,00 € (…) UK Reino Unido 84,00 € 59,00 € 42,00 € 120,00 € 84,00 € (…) En base aos novos cálculos realizados automaticamente pola Mobility Tool do Servicio Español para la Internacionalización de la Educación (SEPIE), dependente do Ministerio de Educación, Cultura e Deporte, ocorre que se produce unha diferenza na contía que lle corresponde ó alumno mencionado. A continuación establécense os cálculos comparativos desta situación: Germán Freire Soage Pagado Pendente Viaxe Bolsa total Suma 80% da bolsa 80% + viaxe 20% Cobrou Belfast (UK) 275,00€ 9.602,00€ 9.877,00€ 7.681,60€ 7.956,60€ 1.645,40€ Debe cobrar Irlanda 275,00€ 8.656,00€ 8.931,00€ 6.924,80€ 7.199,80€ 1.456,20€ Noutras palabras, a día de hoxe, o estudante D. Germán Freire Soage cobrou 7.681,60€ en concepto de bolsa (sen prexuízo dos 275,00 € da axuda de viaxe), contía correspondente ao 80% da bolsa para o Reino Unido e con posterioridade houbo que buscar de forma urxente un novo destino que resultou ser Dublín (Irlanda), lugar ao que corresponde unha contía menor, ante a imposibilidade absoluta de atopar a tempo unha empresa intermediaria no Reino Unido que colaborase, á súa vez, na busca dunha empresa para a realización de prácticas. A contía total que realmente lle correspondería debido ó cambio de país (100% da bolsa sen axuda de viaxe) serían 8.656,00 €. A contía pagada realmente supón unha porcentaxe do 88,74% sobre a contía que lle corresponde en realidade. Quedaría por pagar ao estudante D. Germán Freire Soage a porcentaxe do 11,26% sobre esta contía. Unha vez rematada a mobilidade, no seguinte pagamento débese realizar unha compensación de 974,40 €. Como consecuencia do cambio de país de destino para a realización de prácticas dende o Reino Unido a Irlanda, prodúcese unha situación grave na que o estudante que se vai desprazar o día 21 de abril de 2016 non dispón de cobertura sanitaria desde o inicio do período de mobilidade. Existe, por tanto, a necesidade de que se dite unha Resolución Presidencial por trámite de urxencia considerando que sen este acordo non se pode acreditar por parte do estudante o destino real aos efectos de obter a tarxeta sanitaria e, por tanto, a cobertura sanitaria básica necesaria para a viaxe. As coberturas sanitarias no Reino Unido son diferentes das aplicables en Irlanda. Nas oficinas da Seguridade Social foille denegada a este estudante a expedición da Tarxeta Sanitaria Europea en base a que o acordo orixinal da Xunta de Goberno establece que se vai desprazar ao Reino Unido, cando realmente houbo un cambio para outro país, Irlanda. Desta maneira, o alumno non vai posuír cobertura sanitaria en tanto en canto non se adopte a Resolución Presidencial correspondente cuxo traslado lle servirá para documentar a súa situación ante a Seguridade Social para que lle expidan a tarxeta sanitaria. A situación de urxencia agrávase coa cobertura do seguro que a Deputación contrata para o alumnado. Neste sentido, houbo que comunicar de forma urxente á compañía de seguros esta situación de forma que se realicen os cambios oportunos na póliza contratada. Mentres tanto, o estudante tampouco dispón de cobertura deste seguro debido ó cambio de destino. Tendo en conta esta situación, ditouse unha Resolución Presidencial neste sentido para posteriormente dar conta da mesma na próxima comisión informativa así como na Xunta de Goberno, en base á urxencia que se produciu. O interesado debe asinar o novo compromiso de devolución da bolsa actualizado e seguirá manténdose o compromiso de cumprir cos obxectivos do programa e destinalos aos fins que se determinan mediante a sinatura do convenio de subvención. Así, este participante debe garantir o eventual reembolso coa presentación dun escrito asinado por un familiar que se faga responsable da súa devolución, de ser o caso. Igualmente mantéñense as condicións iniciais sobre a axuda financeira podendo ter que reembolsar todo ou parte dela se o participante non cumpre coas súas obrigas. Se o participante rescinde o convenio de participación antes do seu prazo de finalización ou se incumpre o establecido no mesmo, deberá proceder á devolución da cantidade da axuda que se lle aboou. En caso de rescisión do participante por causas de forza maior, isto é, debido a unha situación ou acontecemento imprevisible e excepcional alleo á vontade do participante e non atribuíble a erro ou neglixencia pola súa parte, o participante terá dereito a percibir a contía da axuda correspondente á duración real do período de mobilidade, e calquera fondo restante deberá ser devolto. En base ós antecedentes e normativa aplicable para este tipo de axudas, elaborouse informe proposta para que se acordase ditar unha Resolución Presidencial na que se motivase a urxencia da situación, na que se establecese a regularización económica de cara ao segundo pagamento a D. Germán Freire Soage, na que se dese conta na próxima comisión informativa e, en consecuencia, na próxima Xunta de Goberno. Así mesmo, propúñase autorizar o cambio de destino de Reino Unido a Irlanda e notificar esta situación ao interesado que recibiu o pagamento da bolsa dentro do proxecto Erasmus+ Practicum Depo 2015, D. Germán Freire Soage, para que dispuxese dun soporte documental co que tramitar urxentemente a Tarxeta Sanitaria Europea e posuír así cobertura sanitaria o antes posible, así como para actualizar a póliza de seguros. No segundo pagamento a este alumno unha vez rematada a mobilidade, desembolsarase a cantidade de 974,40 €, de forma que se compense a contía pagada recentemente con respecto á contía total real que lle corresponde debido ó cambio “in extremis” de destino. Normativa Aplicable: Estas axudas axustáronse ó previsto nas Bases reguladoras da concesión da subvención: Convocatoria de propostas 2015 - EAC/A04/2014, Programa Erasmus+ (2014/C 344/10), publicada no Diario oficial da Unión Europea de 02/10/2014, así como ó disposto na Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeneral de Subvencións e Real decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento desta Lei. Considerando o anterior, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: Ratificar a seguinte Resolución Presidencial nº 2016007425 de data 20 de abril de 2016 pola que se autoriza o cambio de destino do estudante D. Germán Freire Soage para que dispoña dun soporte documental co que tramitar a Tarxeta Sanitaria Europea e posuír así cobertura sanitaria o antes posible, así como para actualizar a póliza de seguros, previa motivación da urxencia, pola que se acorda dar conta na próxima comisión informativa e pola que se establece a regularización económica de cara ó segundo pagamento ó mencionado alumno. 13.24324.- PROCEDEMENTO DE REINTEGRO POLO IMPORTE NON XUSTIFICADO DA SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE CRECENTE NO MARCO DAS AXUDAS BÁSICAS DE EMERXENCIA DA DEPUTACIÓN DE PONTEVEDRA, ANO 2015 Primeiro.- Que esta Deputación Provincial, en Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria do día 30 de maio de 2015, ó abeiro da convocatoria das Axudas Básicas de Emerxencia 2015, solicitada polo Concello de Crecente, concedéuselle unha axuda económica por importe de 5 .500,00 € con destino as Axudas Básicas de Emerxencia do ano 2015. Segundo.- Que tal e como se establecía na base oitava esta Deputación Provincial procedeu o pagamento do 50% da subvención en concepto de anticipo e que ascendeu a 2.750,00 €. Terceiro.- Que a concesión da subvención quedou sometida, entre outras, o cumprimento da presentación da: 8.2. “Conta xustificativa dos gastos polo importe total da subvención concedida ó Concello na que se determinará o custo ou o gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, na que se poña de relevo que os gastos que figuran nesta conta xustificativa se lle aplicaron á finalidade para a que foi concedida a axuda.” Cuarto.- O concello de Crecente presentou xustificación por importe de 2.022,60 € o que supón un 37% do importe solicitado. Quinto.- Que examinado, polo servizo de Cohesión Social e Xuventude, o expediente de referencia comprobouse que non se cumpriu en debida forma a obriga da presentación da documentación xustificativa correspondente a totalidade dos gastos subvencionados. Sexto.- Que, dado que o importe anticipado ascendeu a 2.750,00 € o concello de Crecente tería que reintegrar 727,40 €. Sétimo.- Que as circunstancias de feito referidas constitúen causa de reintegro das cantidades indebidamente percibidas, polo que é necesario tramitar o correspondente expediente de reintegro, en base os seguintes: Fundamentos de dereito: Primeiro.- De conformidade co establecido no artigo 89 do R.d. 887/2006, de 21 xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei 38/2003 Xeral de Subvencións procederá a perda do dereito ó cobro da subvención e, no seu caso, o reintegro das cantidades indebidamente percibidas, a falta de xustificación ou a concorrencia dalgunha das causas previstas no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións. No presente caso, o incumprimento da obriga de presentar a xustificación suficiente tal e como establece o art. 37.1 c) da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións). Segundo.- Segundo dispoñen os artigos 41 e 42 da Lei Xeral de Subvencións, no procedemento de reintegro, a resolución debe ser adoptada polo órgano concedinte de aquelas, previa instrución do expediente no que, xunto coa proposta razoada do órgano xestor, se acompañaran dos informes pertinentes e as alegacións do beneficiario, debéndose garantir, en todo caso, o dereito do interesado á audiencia no procedemento que se iniciará de oficio. Terceiro.- Visto o informe de Intervención de data 30 de marzo de 2016, no que figura que a subvención concedida ó Concello de Crecente ascendeu a 5.500,00 €, financiando a Deputación de Pontevedra o 100% dos gastos a realizar, polo que unha vez deducidos 2.750,00€, importe do 50% aboado, e dado que a xustificación presentada polo Concello de Crecente ascende a 2.022,66 €, procede o reintegro a favor da Deputación de Pontevedra de 727,40 €. En consecuencia, elévase á Xunta de Goberno a seguinte proposta de acordo: Vista a documentación xustificativa achegada polo Concello de Crecente, relativa a subvención das Axudas Básicas de Emerxencia, con cargo á subvención que lle foi concedida por importe de 5.500,00 €” Vistos os informes-propostas da Coordinadora do Servizo de Cohesión Social e Xuventude e da Intervención provincial de data 30 de marzo de 2016, segundo os cales procede o reintegro do importe de 2.022,66 € que non se aplicou á actividade subvencionada. E considerando que o feito expresado está contemplado no artigo 37 da Lei Xeral de Subvencións como causa de reintegro, A Xunta de Goberno provincial acorda por unanimidade: 1. Que, como consecuencia da obriga incumprida e posta de manifesto, o Concello de Crecente, debe reintegrar á Deputación de Pontevedra o importe de setecentos vinte e sete euros con corenta céntimos (727,40 €) correspondentes á parte da subvención percibida que non foi aplicada á finalidade subvencionada. Este importe deberá ser ingresado na conta núm. ES17.2080.5401.57.3110106612 aberta na entidade ABANCA. 2. Notificar esta resolución ó interesado para que, se o considerase oportuno, nun prazo non superior a quince días, computados a partir do día seguinte ó que teña lugar a notificación deste acto, poida alegar e presentar os documentos que estime pertinentes, conforme o disposto no artigo 94.2 do R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións. Transcorrido dito prazo sen que se formulen alegacións a resolución devén firme. 14.24325.- RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL O TORREIRO DE FORZÁNS DO CONCELLO DE PONTE CALDELAS Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “FEIRA ANTIGA DO CAMIÑO DOS ARRIEIROS 2015” APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asociación Cultual O Torreiro de Forzáns con CIF: G36537231, do Concello de Ponte Caldelas, por un importe de 1.056,00 €, para a “Feira antiga do camiño dos arrieiros 2015” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05 e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 22/04/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 15.24326.- RENUNCIA DA ASOC. ARTESANAL PALILLEIRAS DE VALGA DO CONCELLO DE VALGA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA O “III ENCONTRO DE PALILLEIRAS DE VALGA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asoc. Artesanal Palilleiras de Valga con CIF: G-94.067.535, do Concello de Valga, por un importe de 704,00 €, para o “III Encontro de palilleiras de Valga” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 20/04/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 16.24327.- RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL UNIÓN MUSICAL PUENTE LEDESMA DO CONCELLO DE VILA DE CRUCES Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “PARTICIPACIÓN NO FESTIVAL HISPANO LUSO DE BANDAS DE ZAMORA”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Unión Musical Puente Ledesma con CIF:G.36.106.276, do Concello de Vila de Cruces, por un importe de 1.696,00 €, para a “Participación no festival hispano luso de bandas en Zamora” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 11/04/2016 da citada Entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 17.24328.- RENUNCIA DA ASOC. CULTURAL OS ARENKES DO CONCELLO DE VILAGARCÍA DE AROUSA Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A “FESTIPRAIA 15”, APROBADA Ó SEU FAVOR NA XUNTA DE GOBERNO DE 02/10/2015 Aprobada pola Xunta de Goberno desta Deputación provincial de data 02/10/2015 unha subvención a favor da Asoc. Cultural Os Arenkes con CIF: G-36.504.504, do Concello de Vilagarcía de Arousa, por un importe de 973,00 €, para a “Festipraia 15” con cargo á aplicación 15/330.3340.489.05, e recibido escrito, presentado no Rexistro Xeral con data 21/04/2016 da citada entidade renunciando á subvención concedida no seu día, a Xunta de Goberno queda enterada de dita renuncia. 18.24329.- RENUNCIA FORMULADA POLO CONCELLO DE CRECENTE Á SUBVENCIÓN CONCEDIDA PARA A REALIZACIÓN DA ACTIVIDADE “SEMIFINAL E FINAL DA COPA DE GALICIA DE BALONMÁN 2016”, INCLUÍDA NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Crecente na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto e dentro da liña 3 unha subvención por importe de 2.000,00 € con destino ó financiamento da actuación “Semifinal e final da copa de Galicia de balonmán 2016” (Expte.: 2016006871). A Xunta de Goberno, na súa sesión ordinaria de 11 de marzo de 2016, mediante acordo núm. 10.24191 concede ó Concello de Crecente o importe de 2.000,00 € con destino ó financiamento da actuación que se salienta no parágrafo anterior. En data 31/03/2016 consta entrada no rexistro da Deputación oficio do Concello de Crecente no que manifesta que a organización da actividade “Semifinal e final da Copa de Galicia de balonmán 2016” (Expdte.: 2016006871) correrá a cargo da Federación galega e como consecuencia disto, ó non promover directamente a realización da mesma tampouco a poderá xustificar nos termos establecidos no acordo de concesión. Por esta razón o Concello desiste da realización da actuación “Semifinal e final da copa de Galicia de balonmán 2016” (Expdte.: 2016006871) e solicita que o crédito dispoñible por mor da renuncia, que estaba comprometido na aplicación 2016/942.9425.462.00 correspondente á liña 3, se anule e pase a incrementar a liña 1 relativa ós investimentos. Fundamentación xurídica: Normativa examinada. - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.d. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento provincial para o ano 2016. - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016. Consideracións xurídicas Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do PPOS/15, relativa á ordenación, instrución, procedemento e resolución, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. Procedencia do desestimento: - Artigo 90 da LRXAP- PAC, que establece que todo interesado poderá desistir da súa solicitude, e sempre e cando non estea expresamente prohibido polo ordenamento xurídico, renunciar os seus dereitos. - Artigo 91 da LRXAP- PAC que dispón que tanto a renuncia como o desestimento poderán facerse por calquera medio que permita a súa constancia, e en principio, a Administración as aceptará de plano dando por concluso o procedemento salvo que, habéndose personado no mesmo terceiros interesados, instasen estes a súa continuación no prazo de dez días dende que foron notificados. Asemade, no seu apartado 3, sinálase que se a cuestión suscitada entrañase interese xeral ou fora conveniente substanciala para a súa definición ou esclarecemento, a Administración podería limitar os efectos do desestimento ou a renuncia. - Artigos 64 do RLXS que dispón que unha vez recaído un acordo ou resolución de concesión pódese solicitar unha modificación do seu contido, de acordo co disposto nas bases reguladoras da subvención, e sempre e cando non se prexudique dereitos de terceiros e se solicite antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Bases 25ª.5ª de execución do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regula as obrigas dos beneficiarios en relación co disposto no artigo 14 da LXS, de xeito que estes quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida coa subvención, co obxecto de que, se sé estiman con suficiente anterioridade, poida procederse á modificación tanto do contido e contía do programa a subvencionar coma da súa forma e prazos de execución e xustificación dos correspondentes gastos. - Base reguladora 5ª do POS/16 relativa o financiamento e contía das subvencións que dispón que as cantidades que os concellos no utilicen das liñas 2, 3 e 4, poderanas utilizar para facer investimentos. De acordo con todo o sinalado , no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do R.d. 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aceptar a renuncia formulada polo Concello de Crecente á realización da actividade “Semifinal e final da copa Galicia de balonmán” (Expdte.: 2016006871). De acordo coa proposta que formula o propio Concello o crédito dispoñible por mor da renuncia incrementará a liña 1 adicada ó financiamento de investimentos. - Declarar concluso o expediente e proceder ó seu arquivo. 19.24330.- AUTORIZACIÓN PROXECTO REFORMADO “AMPLIACIÓN E CUBRICIÓN DE PISTA POLIDEPORTIVA CEIP FERMÍN BOUZA BREY” CONCELLO DE PONTEAREAS, INCLUÍDO NO PLAN PROVINCIAL DE OBRAS E SERVIZOS 2015 (PPOS/15) O Pleno da Deputación, na súa sesión do 28 de novembro de 2014, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan Provincial de Obras e Servizos 2015 (PPOS 15), que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 1, do 2 de xaneiro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, a concesión de subvencións ás entidades locais da provincia para financiar a realización de investimentos e os gastos correntes nos que incorren na súa actividade como xestores públicos. Mediante acordo de Xunta de Goberno de data 17/03/2015 (acordo núm. 9.23279), concedeuse unha subvención ó abeiro do PPOS/15, por importe de 188.277,02 € ó concello de Ponteareas, CIF P3604200J, para o financiamento do investimento “Proxecto básico de execución, ampliación y cubrición de pista polideportiva CEIP Fermín Bouza Brey”, cun orzamento polo mesmo importe (188.277,02 €) (Ref.: PPOS/15/00943/201500193). En data 22/02/2016 ten entrada no rexistro xeral da Deputación co número de rexistro 2016017624 escrito do Concello de Ponteareas no que axunta proxecto reformado da obra de referencia, e certificado da resolución de aprobación pola Corporación Municipal en sesión do 16/02/2016. Fundamentación xurídica: Normativa examinada: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións (LXS) e o seu Regulamento aprobado por R.D. 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de subvencións de Galicia (LSG). - Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común (LRXAP). - Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais (TRLRFL). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais (ROFRJEL). - Real Decreto Lexislativo 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o texto refundido da Lei de contratos do Sector Público. - Bases de execución do Orzamento Provincial para o ano 2015. - Bases reguladoras do PPOS 15. Consideracións xurídicas Instrución do expediente: - Base reguladora 10ª do PPOS 15, relativa á instrución, procedemento e xustificación, que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes. - Base reguladora 12ª do PPOS/15, relativa os proxectos, que indica que a Deputación, procedera, en todo caso, a supervisión e control dos proxectos tendo en conta especialmente os prezos das distintas unidades de obra. - Base reguladora 14ª do PPOS/15, relativa á licitación e modificación dos contratos de investimentos, indica que, os modificados dos proxectos axustaranse ó disposto no Texto refundido da Lei de contratos do sector público e deberán comunicárselle á Deputación xunto co proxecto e o acordo do órgano competente. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da Lei 30/1992, de 26 de novembro, de réxime xurídico das Administracións Públicas e do procedemento administrativo común, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. Procedencia da autorización: - Artigo 151 do R.d.l. 3/2011, de 14 de novembro, polo que se aproba o Texto Refundido da Lei Contratos do Sector Público relativo a adxudicación e clasificación dos contratos que establece que a adxudicación guiarase polos criterios de adxudicación establecidos nos pregos e de existir un único criterio este será a oferta economicamente máis vantaxosa. - Artigo 31 da Lei 38/2003, do 17 novembro, xeral de subvencións, que establece que son subvencionables aqueles gastos que respondan á natureza da actividade subvencionada e se realicen no prazo establecido nas bases reguladoras, sempre que os gastos se axusten a mercado. - Base reguladora 14ª do PPOS/15, relativa á licitación e modificación dos contratos de investimentos, indica que, os modificados dos proxectos axustaranse ó disposto no Texto refundido de Lei de contratos do sector público e deberán comunicárselle á Deputación xunto co proxecto e o acordo do órgano competente Conclusións: Visto que o concello de Ponteareas presentou en prazo e forma a documentación necesaria para autorizar o proxecto reformado“Ampliación e cubrición de pista polideportiva CEIP Fermín Bouza brey” que dende a dirección de infraestruturas supervisouse a realidade do proxecto reformado achegado, emitíndose informe favorable con data 12/06/2016; que a petición se axusta ó contemplado na base décimo cuarta das reguladoras do PPOS/15, que o proxecto reformado que se presenta non altera o obxecto nin o orzamento inicialmente aprobado, informo favorablemente e propoño que se autorice a aprobación do proxecto reformado das actuacións a levar a cabo para a realización do investimento denominado “Ampliación e cubrición de pista polideportiva CEIP Fermín Bouza Brey” (PPOS/15/00943/201500193) do concello de Ponteareas polo importe de 188.277,02 € Réxime competencial: - En virtude das competencias recollidas no artigo 34.1 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, no artigo 61 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais, nos artigos 183 e ss. do Real Decreto lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da Lei reguladora das Facendas locais, na base 17ª das de execución dos orzamentos provinciais e demais lexislación de aplicación, correspóndelle á Xunta de Goberno a autorización do proxecto reformado. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial de data 14/04/2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar o proxecto reformado das actuacións a levar a cabo para a realización do investimento denominado “Ampliación e cubrición de pista polideportiva CEIP Fermín Bouza Brey” (Ref.: PPOS/15/00943/201500193) do Concello de Ponteareas polo importe de 188.277,02 €. - O investimento deberá estar executado e xustificado, na súa totalidade, o 31 de decembro de 2016. O incumprimento desta obriga poderá dar lugar á revogación da subvención concedida. - Darlle traslado do presente acordo ó concello de Ponteareas, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 20.24331.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SUBMINISTRACIÓN DE VEHÍCULO PARA RECOLLIDA DE LIXO”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta entrada en correos, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Baiona na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 646.335,03 € con destino ó financiamento da actuación “Investimentos en obras e subministracións 2016”. Esta petición correspondíase co importe global asignado ó Concello de Baiona na liña 1 e, neste sentido, a Secretaria do concello certifica o acordo adoptado polo órgano competente no que se desagrega a petición en varios proxectos e solicita individualmente unha subvención para cada un deles, neste caso concreto, se solicita unha subvención con destino ó financiamento da actuación “Subministración de vehículo con destino á recollida de lixo” Non obstante, a requirimento do servizo de cooperación, o concello rectifica a súa solicitude inicial formulando unha petición individualizada por cada proxecto. Esta petición ten entrada no rexistro da Deputación o día 05/04/2016 co núm. 2016034671. Revisada a documentación, a solicitude relativa á actuación “Subministración de vehículo con destino á recollida de lixo” cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de obras e servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, da xefa do servizo de cooperación, de data 18 de abril de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 19 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Baiona, CIF.: P3600300B, a cantidade de 246.840,00 €, con destino ó financiamento do investimento “Subministración de vehículo de recollida de lixo” (expdte 2016013109) incluído na liña 1 do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento polo mesmo importe. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, a subministración deberá estar xustificada, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 21.24332.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BAIONA CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SUBMINISTRACIÓN DE CONTEDORES DE CARGA LATERAL”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta entrada en correos, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Baiona na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 646.335,03 € con destino ó financiamento da actuación “Investimentos en obras e subministracións 2016”. Esta petición correspondíase co importe global asignado ó Concello de Baiona na liña 1 e, neste sentido, a Secretaria do concello certifica o acordo adoptado polo órgano competente no que se desagrega a petición en varios proxectos e solicita individualmente unha subvención para cada un deles, neste caso concreto, se solicita unha subvención con destino ó financiamento da actuación “Subministración de contedores de carga lateral” Non obstante, a requirimento do servizo de cooperación, o concello rectifica a súa solicitude inicial formulando unha petición individualizada por cada proxecto. Esta petición ten entrada no rexistro da Deputación o día 05/04/2016 co núm. 2016034671. Revisada a documentación, a solicitude relativa á actuación“Subministración de contedores de carga lateral” cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación, da xefa do servizo de cooperación, de data 18 de abril de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 19 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Baiona, CIF.: P3600300B, a cantidade de 91.336,61 €, con destino ó financiamento do investimento “Subministracion de contedores de carga lateral” (Expdte.: 2016013132) incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento polo mesmo importe. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, a subministración deberá estar xustificada, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 22.24333.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE BUEU CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “SUBMINISTRACIÓN DUNHA VARREDORA ASPIRADORA”, INCLUÍDO NA LIÑA 1 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 03/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Bueu na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 120.000,00 € con destino ó financiamento do investimento “Subministración dunha varredora aspiradora” (Expdte.: 2016013810). Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS) - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL) - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016 Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. De acordo con todo o sinalado, no exercicio da competencias que atribúe o artigo 35 da lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, o artigo 63 do Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de organización, funcionamento e réxime xurídico das Entidades locais e as bases específicas de execución do orzamento para o exercicio 2016, e vistos os informes do enxeñeiro xefe de cooperación e da xefa do servizo de cooperación, de data 19 de abril de 2016, que conclúen favorablemente a tramitación da subvención, e do informe favorable da intervención provincial, de data 20 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Bueu, CIF.: P3600400J, a cantidade de 120.000,00 €, con destino ó financiamento do investimento “Subministración dunha varredora aspiradora” (Expdte.: 2016013810) incluído na liña 1 do Plan de Obras e Servizos (Plan Concellos) 2016, cun orzamento polo mesmo importe. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - A licitación e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, a subministración deberá estar xustificada, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 23.24334.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE LALÍN NO PLAN DE CONCELLOS 2016, CON DESTINO Ó FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “CONSERVACIÓN DOS CAMIÑOS MUNICIPAIS EN VILANOVA, MACEIRA, GOIÁS, VILATUXE E ZOBRA” O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016, dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Lalín na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 126.859,88 € con destino ó financiamento da actuación “Conservación dos camiños municipais en Vilanova, Maceira, Goiás, Vilatuxe e Zobra”, cun orzamento polo mesmo importe. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Lalín relativa o financiamento de actuación “conservación dos camiños municipais en Vilanova, Maceira, Goiás, Vilatuxe e Zobra” foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 126.859,88 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos, tratándose dun investimento municipal executado polo concello dentro do marco das súas competencias. Asemade, o Xefe dos Servizos Técnicos de Mobilidade emitiu en data 19/04/2016, informe favorable de supervisión e control do proxecto técnico descritivo das obras a levar a cabo. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Lalín e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 126.859,88 € con destino ó financiamento do investimento “Conservación dos camiños municipais en Vilanova, Maceira, Goiás, Vilatuxe e Zobra”, sen prexuízo de que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do Orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unha subvención ó Concello de Lalín, NIF: P3602400H, por importe de 126.859,88 €, para a realización do investimento “Conservación dos camiños municipais en Vilanova, Maceira, Goiás, Vilatuxe e Zobra” (exp. 2016014826) cun orzamento polo mesmo importe, 126.859,88 €. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 24.24335.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE PONTECESURES CON DESTINO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “OBRA DE REFORMA E MELLORA NO SISTEMA DE DEPURACIÓN E DISTRIBUCIÓN DA REDE DE ABASTECEMENTO DE AUGA POTABLE”, INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 02/03/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de Pontecesures na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 76.434,76 € con destino ó financiamento do investimento “Obra de reforma e mellora no sistema de depuración e distribución da rede de abastecemento de auga potable” cun orzamento por importe de 76.434,76 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos. Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de Pontecesures relativa o financiamento do investimento “Obra de reforma e mellora no sistema de depuración e distribución da rede de abastecemento de auga potable” cun orzamento de 76.434,76 €, foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 76.434,76 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos. Asemade, o enxeñeiro xefe do servizo de Cooperación, en data 20/04/2016, emitiu informe favorable de supervisión e control de proxecto técnico. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de Pontecesures e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 76.434,76 € con destino ó financiamento do investimento “Obra de reforma e mellora no sistema de depuración e distribución da rede de abastecemento de auga potable”. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Por todo o exposto e á vista do informe de intervención, de data 21 de abril de 2016, a xunta de goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de Pontecesures, CIF.: P3604400F, a cantidade de 76.434,76 euros, para a realización do investimento “Obra de reforma e mellora no sistema de depuración e distribución da rede de abastecemento de auga potable”, cun orzamento polo mesmo importe. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 25.24336.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE O PORRIÑO CON DESTINO O FINANCIAMENTO DO INVESTIMENTO “REDE DE SANEAMENTO EN ALBARÍN”, INCLUÍDO NO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN CONCELLOS) 2016 (LIÑA 1) O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27 de novembro de 2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) número 233, do 2 de decembro de 2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. En data 17/02/2016 dentro do prazo fixado na convocatoria, consta a entrada no rexistro da Deputación, ó abeiro do Plan de Concellos 2016, petición do Concello de O Porriño, na que solicita con cargo a cantidade que lle correspondeu no reparto unha subvención por importe de 112.412,56 € con destino ó financiamento do investimento “Rede de saneamento en Albarín” cun orzamento por importe de 112.412,56 €. Revisada a documentación, a solicitude remitida cumpre os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. Resolución do expediente. - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitude do Concello de O Porriño relativa o financiamento do investimento “Rede de saneamento en Albarín”, cun orzamento de 112.412,56 €, foi presentada dentro do prazo recollido na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade xunta a documentación precisa para a válida concesión dunha subvención por importe de 112.412,56 €. O obxecto do investimento encádrase, e adecúase dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 1, investimentos. Asemade, o enxeñeiro xefe do servizo de Cooperación, en data 29/02/2016 emitiu informe favorable de supervisión e control de proxecto técnico. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expediente do Concello de O Porriño e propoño que lle sexa concedida unha subvención por importe de 112.412,56 € con destino ó financiamento do investimento “Rede de saneamento en Albarín”. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente Orzamento provincial. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Por todo o exposto e á vista do informe de intervención, de data 21 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder ó Concello de O Porriño, CIF.: P3603900F, a cantidade de 112.412,56 €, para a realización do investimento “Rede de saneamento en Albarín”, cun orzamento polo mesmo importe. - Autorizar e comprometer o gasto na aplicación 16/942.9425.762.45 do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - Convén lembrar que o concello deberá posuír tódalas autorizacións sectoriais necesarias así como as licenzas e permisos preceptivos para a execución das obras ó abeiro do establecido nas bases reguladoras do presente plan. - A licitación, execución e xustificación deste investimento realizarase conforme ó previsto nas bases reguladoras do Plan de Concellos 2016, aprobadas por acordo plenario de 27/11/2015 e publicadas no BOPPO núm. 233 de 02/12/2015 (dispoñibles tamén na web www.depo.es) e a demais lexislación vixente en materia de contratación e subvencións. - Asemade, ó abeiro da base décimo oitava do Plan de Concellos 2016, o investimento debera estar executado e xustificado, na súa totalidade a 31/12/2017. O incumprimento desta obriga dará lugar a revogación da subvención. 26.24337.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO Ó PAGAMENTO DE GASTO CORRENTE, ACREDORES DE INVESTIMENTOS E AMORTIZACIÓN DE DÉBEDA, INCLUÍDAS NA LIÑA 2 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DOS CONCELLOS) 2016 – RELACIÓN Nº 8 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de obras e servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 15% con cargo á liña 2 de subvención (amortización, pagamento de débedas e gastos correntes). Ó abeiro desta Liña 2 presentáronse varias solicitudes de subvención, que se relacionan a continuación, e que achegan a documentación e cumpren os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústase á tipoloxía da Liña 2 de subvención, e solicitan axuda para amortización de débedas con entidades financeiras, pagamento de acredores de investimentos e de gasto corrente, e gasto corrente novo. LIÑA 2 – RELACIÓN Nº 8 Concello Obxecto Orzamento Subvención Ponte Caldelas Pagamento de gastos correntes 17.699,00 € 17.699,00 € Ribadumia Gasto corrente novo (mantemento de servizos de alumeado publico e recollida de lixo) 390.000,00 € 64.861,49 € TOTAL 82.560,49 € Revisada a documentación achegada, as solicitudes incluídas nesta proposta cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención. - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios. - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do Orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: A solicitudes relacionadas no antecedente 4º (Liña 2–relación Nº 8) relativas ó financiamento de amortización de débedas, pagamento de acredores de investimentos e de gasto corrente, e gasto corrente novo, preséntanse dentro do prazo recollida na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade achegan a documentación requirida para a válida concesión de subvencións, por un importe total de 82.560,49 €. A finalidades propostas adecúanse dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 2, amortización, pagamento de débedas e gastos correntes, con destino a gastos relativos a servizos ou competencias de titularidade municipal. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente o expedientes incluídos na Liña 2–Relación Nº 6 que lles sexa concedida unha subvención polos importes solicitados e para as finalidades recollidas na mesma relación. A concesión realizarase contra a aplicación 16/942.9425.462.45 e 16/942.9425.762.45 do Orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa (Liña 2–relación nº 8) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 82.560,49 €. Estas achegas concédense ó abeiro do Plan de obras e servizos (Plan dos Concellos) 2016, dentro da súa Liña 2, con destino ó financiamento da amortización de débedas con entidades financeiras, pagamento de acredores de investimentos e de gastos corrente, e gasto corrente novo. LIÑA 2 – RELACIÓN Nº 8 Concello Obxecto Orzamento Subvención Ponte Caldelas Pagamento de gastos correntes 17.699,00€ 17.699,00€ Ribadumia Gasto corrente novo (mantemento de servizos de alumeado publico e recollida de lixo) 390.000,00€ 64.861,49€ Total 82.560,49€ - O importe das achegas imputarase contra a aplicación orzamentaria 16/942.9425.462.45 e 16/942-9425.762.45 do vixente Orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. - O pago das subvencións farase anticipadamente unha vez se aprobe a concesión, agás no relativo ó gasto corrente novo e nas solicitudes que non achegan información relativa á aprobación do gasto, casos nos que só procederá o seu libramento despois de que os beneficiarios acheguen a pertinente xustificación e a correspondente aprobación do gasto polo órgano competente. - Os concellos deberán xustificar as axudas concedidas no prazo dun mes dende o cobro da subvención e en todo caso antes do mes de decembro de 2016, agás no caso do gasto corrente novo no que deberá xustificarse antes do 31 de marzo de 2017. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: - Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. - Que se realizou a finalidade para a que se concedeu a subvención. - Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica, ademais de cumprir co disposto na base décimo quinta sobre a publicidade. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. • No caso de Amortización de débeda con entidades financeiras achegarase asemade Certificación do funcionario competente que acredite o pagamento da débeda. • No caso de Pagamento de Acredores de Investimentos e de Gasto Corrente achegarase asemade: - Resolución ou certificación do acordo do órgano competente aprobando os pagamentos realizados ós acredores, indicando a data de pago. - Certificado expedido polo funcionario público competente da aplicación á finalidade subvencionada, quedando a disposición da institución provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. • No caso do Gasto Corrente Novo achegarase asemade: - Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo (identificando acredor e documento, importe, data de emisión e, se é posible, a data na que se pagou). - Certificado expedido polo funcionario público competente, de que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á finalidade subvencionada, quedando a disposición do organismo provincial para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Darlle traslado da presente resolución ós Concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 27.24338.- CONCESIÓN DE SUBVENCIÓNS A DIVERSOS CONCELLOS CON DESTINO A ACTIVIDADES CULTURAIS, DEPORTIVAS, SOCIAIS, TURÍSTICAS E MEDIOAMBIENTAIS, INCLUÍDAS NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 – RELACIÓN Nº 8 O Pleno da Deputación, na súa sesión de 27/11/2015, acordou a aprobación das Bases Reguladoras do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, que foron publicadas no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra (BOPPO) núm. 233, do 02/12/2015, sendo o seu obxecto, no marco da cooperación económica, regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nas bases e terán que ser de competencia municipal. Considerando os criterios de concesión que se regulan na base 5ª do Plan de Concellos 2016, elaborouse un reparto do crédito, a repartir polo procedemento de concorrencia non competitiva, que foi notificado ós concellos nos cinco primeiros días hábiles seguintes ó da publicación das bases no BOPPO. Asemade mediante resolución presidencial de 13/01/2015 aprobouse o reparto definitivo unha vez detraídas as débedas pendentes coa Deputación, no seu caso, que foi notificado ós concellos, segundo o previsto na base 7ª do Plan de Concellos 2016. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% con cargo á Liña 3 de subvención (actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais). Ó abeiro desta Liña 3 presentáronse varias solicitudes de subvención, que se relacionan neste informe e que achegan a documentación e cumpren os requisitos esixidos nas bases. En canto á súa finalidade axústase á tipoloxía da Liña 3 de subvención, e solicitan axuda para a realización de actividades tanto de tipo cultural, social, deportivo, turístico e medioambiental, así como gastos de funcionamento de Conservatorios ou Escolas de Música. Liña 3 – relación nº 8 Concello Obxecto Orzamento Cofinanciado Subvención Illa de Arousa, A Actividades culturais-entroido 2016 6.150,00 1.150,00 5.000,00 Illa de Arousa, A Actividades medioambientais 2016-proxecto educación ambiental investigando plantas exóticas invasoras 1.000,00 0,00 1.000,00 Illa de Arousa, A Actividades medioambientais 2016-proxecto mecánica bici 1.000,00 0,00 1.000,00 Neves, As Promoción do turismo local 3.000,00 0,00 3.000,00 Neves, As Promoción do deporte no concello 2.500,00 0,00 2.500,00 Neves, As Outono de teatro 2.000,00 0,00 2.000,00 Neves, As Promoción da cultura musical no Concello das Neves 2.500,00 0,00 2.500,00 Neves, As Programación cultural de nadal 2.000,00 0,00 2.000,00 Rodeiro Cantos de taberna 1.724,50 0,00 1.724,50 Sanxenxo Folletos e campaña informativa bandeira azul 2016 2.710,00 0,00 2.710,40 Sanxenxo Dípticos e campaña informativa valor ecolóxico praias e duna 2.108,75 0,00 2.108,75 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Festas patronais de Sanxenxo e Santa Rosalía 2016 56.100,00 42.100,00 14.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Entroido 2016 11.000,00 7.000,00 4.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Escola municipal de música Sanxenxo lied-em (gastos funcionamento e profesorado 2016) 80.137,00 70.137,00 10.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo XVII milla vila de Sanxenxo 4.450,00 1.950,00 2.500,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Xornadas de educación viaria 2.000,00 0,00 2.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Acción formativa: busca activa de emprego 2.000,00 0,00 2.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Formación en igualdade e prevención da violencia de xénero na adolescencia 1.360,00 0,00 1.360,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo I Triatlón concello de Sanxenxo 2.500,00 0,00 2.500,00 Total 63.903,65 Revisada a documentación achegada, as solicitudes incluídas nesta proposta cumpren os requisitos esixidos nas Bases reguladoras do Plan de Concellos 2016. Fundamentos Xurídicos: Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (RLXS). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. Consideracións Xurídicas: 1.- Instrución do expediente: - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, relativa á instrución e procedemento que indica que correspóndelle ó Servizo de Cooperación realizar as actuacións necesarias para a determinación, coñecemento e comprobación dos expedientes, solicitando cantos informes considere convenientes. Asemade, establécese que o procedemento de concesión das axudas é o de concorrencia non competitiva. 2.- Petición e evacuación de informes: - Artigos 82 e 83 da LRXAP sobre a petición e a evacuación de informes. - Artigo 89.5 da LRXAP, que sinala que a aceptación de informes ou ditames servirá de motivación á Resolución cando se incorporen ó texto da mesma. - Artigos 213 e ss. do TRLRFL, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª de execución do Orzamento provincial para 2016, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinalan a competencia da Intervención para realizar esta función. - Artigo 24 da LXS que establece que as actividades de instrución comprenderán, entre outras, a petición de cantos informes estime necesarios para resolver ou que sexan esixidos polas normas que regulan a subvención. - Base reguladora 13ª do Plan de Concellos 2016, que indica que as propostas de concesións de subvencións someteranse á aprobación do órgano competente, previo informe do técnico competente da Deputación, segundo a natureza do investimento, no seu caso, e de fiscalización do Servizo de Intervención. 3.- Resolución do expediente: - Artigo 22 LXS que dispón que a proposta de concesión formularase ó órgano concedinte a través do órgano instrutor. - Artigo 25 da LXS polo que o órgano competente resolverá o procedemento e a resolución motivarase de conformidade co que dispoñan as bases reguladoras da subvención - Artigo 62 do RLXS que establece que na resolución de concesión deberán quedar claramente identificados os compromisos asumidos polos beneficiarios - Artigo 185 do TRLRFL que regula as competencias en materia de xestión de gasto. - Bases de execución 25ª.2ª e 4ª do orzamento provincial para o exercicio 2016 que regulan o procedemento de concesión mediante concorrencia e contido das solicitudes de subvención. - Bases reguladoras 1ª e 8ª do Plan de Concellos 2016 que definen o obxecto, tipoloxía e as finalidades subvencionables que poden acollerse a este plan. - Bases reguladoras 10ª e 11ª do Plan de Concellos 2016 que recollen a necesaria documentación para a concesión da subvención e o prazo para a súa presentación. Conclusións: As solicitudes relacionadas no antecedente 4º (Liña 3 – Relación nº 8) relativas ó financiamento de actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais, así como gastos de funcionamento de Conservatorios ou Escolas de Música, preséntanse dentro do prazo previsto na convocatoria do Plan de Concellos 2016, e asemade achegan a documentación requirida para a válida concesión de subvencións. As solicitudes de subvención non exceden do límite do 3,75% do importe asignado na Liña 3 para cada concello resultando un importe total de 63.903,65 €. As finalidades propostas adecúanse dentro da tipoloxía das finalidades subvencionables reguladas na base 8ª, á Liña 3, con destino a actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais a realizar polos concellos. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables, informo favorablemente os expedientes incluídos na Liña 3 – relación Nº 8 ó efecto de que lles sexa concedida unha subvención polos importes solicitados e para as finalidades recollidas na mesma relación. A concesión imputarase contra a aplicación 16/942.9425.462.00 do orzamento provincial para o exercicio 2016. Réxime competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da LRBRL, e no artigo 17 do RLXS, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. Este informe no ten carácter vinculante, de feito que o órgano concedinte co seu superior criterio decidirá. Tendo en conta o exposto e o informe da intervención provincial, Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Conceder unhas subvencións ós concellos que se detallan na seguinte táboa (Liña3 – Relación nº 8) para as actuacións que se relacionan na mesma, por un importe total de 63.903,65 €. Estas achegas concédense ó abeiro do Plan de Obras e Servizos (Plan de Concellos) 2016, dentro da súa Liña 3, con destino ó financiamento de actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais. Liña 3 – Relación nº 8 Concello Obxecto Orzamento Cofinanciado Subvención Illa de Arousa, A Actividades culturais-entroido 2016 6.150,00 1.150,00 5.000,00 Illa de Arousa, A Actividades medioambientais 2016-proxecto educación ambiental investigando plantas exóticas invasoras 1.000,00 0,00 1.000,00 Illa de Arousa, A Actividades medioambientais 2016-proxecto mecánica bici 1.000,00 0,00 1.000,00 Neves, As Promoción do turismo local 3.000,00 0,00 3.000,00 Neves, As Promoción do deporte no concello 2.500,00 0,00 2.500,00 Neves, As Outono de teatro 2.000,00 0,00 2.000,00 Neves, As Promoción da cultura musical no Concello das Neves 2.500,00 0,00 2.500,00 Neves, As Programación cultural de nadal 2.000,00 0,00 2.000,00 Rodeiro Cantos de taberna 1.724,50 0,00 1.724,50 Sanxenxo Folletos e campaña informativa bandeira azul 2016 2.710,00 0,00 2.710,40 Sanxenxo Dípticos e campaña informativa valor ecolóxico praias e duna 2.108,75 0,00 2.108,75 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Festas patronais de Sanxenxo e Santa Rosalía 2016 56.100,00 42.100,00 14.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Entroido 2016 11.000,00 7.000,00 4.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Escola municipal de música Sanxenxo lied-em (gastos funcionamento e profesorado 2016) 80.137,00 70.137,00 10.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo XVII milla vila de Sanxenxo 4.450,00 1.950,00 2.500,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Xornadas de educación viaria 2.000,00 0,00 2.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Acción formativa: busca activa de emprego 2.000,00 0,00 2.000,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo Formación en igualdade e prevención da violencia de xénero na adolescencia 1.360,00 0,00 1.360,00 Sanxenxo - O.A. terra de Sanxenxo I Triatlón concello de Sanxenxo 2.500,00 0,00 2.500,00 Total 63.903,65 - O importe das achegas imputarase contra a aplicación 16/942.9425.462.00 e do vixente orzamento provincial na que existe crédito suficiente para facer fronte ó gasto. - As subvencións concédense para colaborar no financiamento das actuacións propostas, non podendo cambiarse o destino nin a contía das mesmas. - O pagamento das subvencións realizarase unha vez realizadas as actividades e previa xustificación polos beneficiarios, que deberá achegarse no prazo de tres meses dende a súa finalización, e en todo caso antes do 31 de marzo de 2017. O incumprimento desta obriga determinará a revogación das subvencións, así como o reintegro das cantidades percibidas de acordo co disposto no artigo 37 da Lei 38/2003, do 17 de novembro, xeral de subvencións.Para a xustificación cumpre achegar: • Certificado expedido polo funcionario público competente, no que se faga constar: - Que non se recibiron outras subvencións de administracións públicas para a finalidade subvencionada ou, no caso de recibilas, detalle do financiamento obtido e declaración responsable de que os ingresos non superan o custo da actividade subvencionada. - Que se realizou a actividade de acordo coa finalidade para a que se concedeu a subvención e que os gastos que figuran na conta xustificativa se realizaron e se aplicaron á actividade subvencionada, quedando a disposición da Deputación para o seu exame, de se considerar oportuno, os xustificantes correspondentes. - Que se lle deu difusión á subvención obtida facendo constar a colaboración da Deputación, indicando os medios onde se lle deu publicidade, e achegando no seu caso acreditación gráfica. A este respecto a Deputación poderá comprobar, en calquera momento, se se fixo a publicidade da subvención concedida e, de non ser así, non se procederá o libramento desta. • Conta xustificativa dos gastos, na que se determinará o custo ou gasto total da finalidade subvencionada, detallando as facturas ou documentos con valor probatorio no ámbito mercantil e administrativo, identificando acredor e documento, importe, data de emisión, se é posible, data na que se pagou e información, no seu caso, das desviacións con relación ó orzamento que serviu de base á concesión (anexo conta xustificativa). Os gastos xustificados deberán axustarse ós conceptos incluídos no orzamento, non aboándose máis que o importe xustificado co límite da subvención concedida. • Memoria explicativa e detallada da realización da totalidade da actividade, con expresa mención dos resultados obtidos, debidamente asinada polo representante. - Darlle Traslado da presente resolución ós Concellos beneficiarios, á Intervención Provincial, ó Servizo de Cooperación e ó Gabinete de Presidencia. 28.24339.- MODIFICACIÓN DE SUBVENCIÓN CONCEDIDA Ó CONCELLO DE A ILLA DE AROUSA PARA A ACTIVIDADE “ELABORACIÓN DO RUEIRO DA ILLA DE AROUSA” INCLUÍDA NA LIÑA 3 DO PLAN DE OBRAS E SERVIZOS (PLAN DE CONCELLOS) 2016 O Pleno da Deputación na sesión celebrada o día 27/11/2015 aprobou as Bases Reguladoras e Convocatoria do Plan de Obras e Servizos (Plan dos Concellos) 2016 sendo o seu obxecto regular o procedemento de concesión, execución e xustificación das subvencións que se concedan con cargo a este Plan. As finalidades subvencionables serán as que se sinalan nestas bases e terán que ser de competencia municipal. En data 13/01/2016 ditouse Resolución Presidencial, núm. 2016000243 na que se aproba o reparto definitivo do crédito, polas cantidades individuais asignadas a cada concello. Segundo o disposto na base quinta, da cantidade total que lle corresponda a cada concello, estes poderán destinalo ata o importe máximo que resulte de aplicar a porcentaxe do 3,75% con cargo á Liña 3 de subvención (Actividades culturais, deportivas, sociais, turísticas e medioambientais). A Xunta de Goberno mediante acordo de data 11/03/2016 concedeu subvencións a distintos concellos na relación nº 7 da Liña 3 do Plan de Concellos 2016. Nesta relación incluíase a actividade “Elaboración do Rueiro de A Illa de Arousa”, do Concello de A Illa de Arousa por importe de 2.900,00 €. Pese a que o conxunto das solicitudes de actividades formuladas polo Concello, 14.500,00€, non excede do límite máximo asignado na Liña 3 de subvención, 14.973,51 €, o conxunto das solicitudes con cargo á tódalas liñas de subvención do Plan de Concellos 2016, ascende a 399.793,71 €, superando en 500,00 € a cantidade global asignada ó concello, 399.293,71€. A estes efectos o concello mediante Decreto de Alcaldía, resolve modificar as cantidades solicitadas para axustarse ó disposto no plan e solicita expresamente a aplicación á Liña 1 dos importes non aplicados nas liñas 2, 3 e 4 de subvención. Xunto co Decreto o concello achega un documento onde relaciona as solicitudes e os importes que aplica a cada liña do Plan de Concellos 2016. Asemade para axustar o conxunto das súas solicitudes á cantidade global asignada ó concello, modifícase a solicitude de subvención de 2.900,00 €, xa outorgada por acordo da Xunta de Goberno de 11/03/2016, para a actividade “Elaboración do Rueiro de A Illa de Arousa”, minorando o seu importe ata 2.400,00 €. Fundamentos Xurídicos: 1.Réxime Xurídico: - Lei 38/2003, de 17 de novembro, Xeral de Subvencións (LXS) e o seu Regulamento, aprobado por Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo (RLXS). - Lei 7/1985, de 2 de abril, Reguladora das Bases do Réxime Local (LRBRL). - Lei 30/1992, de 26 de novembro, de Réxime Xurídico das Administracións Públicas e do Procedemento Administrativo Común (LRXAP). - Lei 9/2007, de 13 de xuño, de Subvencións de Galicia (LSG). - Real Decreto 2568/1986, de 28 de novembro, polo que se aproba o Regulamento de Organización, Funcionamento e Réxime Xurídico das Entidades Locais (ROFRJEL). - Bases reguladoras do Plan de Obras e Servizos 2016 (Plan de Concellos 2016). - Bases de execución do orzamento da Deputación para o exercicio 2016. 1. Consideracións Xurídicas - Os art. 17 da LXS e 14 da LSG regulan os requisitos e contido das bases reguladoras de concesión de subvencións, entre outros, procedementos de concesión, criterios de determinación de cantidades e circunstancias que poden dar lugar a modificación das subvencións. No mesmo sentido a Base 25ª-2ª do orzamento recolle o seu contido mínimo con mención expresa ás circunstancias que poden dar lugar á modificación da resolución de concesión. - O art. 64 do RLXS, ampara a modificación de subvencións unha vez recaída resolución, sempre que non prexudique dereitos de terceiro e sexa solicitada antes do fin do prazo para a realización da actividade. - A Base reguladora 14ª do POS/16, de acordo co previsto nos artigos 17 da LXS, 14 da LSG e a Base 25ª-2ª do orzamento provincial, habilita a modificación de subvencións xa outorgadas sempre que no prexudique dereitos de terceiro e concorran circunstancias excepcionais, recollendo a estes efectos os supostos xustificativos. - En consonancia co fundamento anterior, a Base 25ª-5ª do Orzamento provincial expresa que as solicitudes de modificación deberán estar suficientemente motivadas e deberán presentarse con carácter inmediato á aparición das circunstancias que a xustifiquen. Conclusións: O Concello de A Illa de Arousa solicita unha modificación de resolución de subvención xa recaída, amparadas en diversos preceptos legais e regulamentarios e segundo previsión expresa nas bases reguladoras do programa. Segundo o Decreto da Alcaldía e o reparto axunto, visto que o conxunto de solicitudes do concello excede da cantidade asignada polo Plan de Concellos 2016, o concello procedeu a axustar ás súas solicitudes á dita cantidade, para o cal precisou minorar unha das solicitudes. O concello xustifica a modificación na existencia dun erro na solicitude inicial, circunstancia sobrevida que impide a realización da actividade tal como foi prevista inicialmente, ó ter que axustarse á cantidade asignada no plan. Dado que a modificación altera cantidades xa outorgadas previamente, procede a modificación do expediente de gasto, para o cal se solicita o correspondente informe de fiscalización ó servizo de Intervención. A modificación implica minorar a cantidade de 2.900,00 € xa outorgada para a actividade “Elaboración do Rueiro de A Illa de Arousa”, ata os 2.400,00 €, modificando a súa vez o orzamento da actividade polo mesmo importe, 2.400,00 €. En canto ó obxecto da actividade, non implica un cambio de aplicación senón exclusivamente a modificación do importe. Para a súa tramitación apórtase nova solicitude e expediente completo. Por todo o exposto e a vista dos antecedentes, fundamentos de dereitos aplicables e a súa motivación razoada, e a concorrencia dos requisitos necesarios, informo favorablemente a modificación solicitada e propoño que sexa autorizada e se tramite a correspondente modificación do acordo de concesión. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Tendo en conta o exposto e visto o informe da intervención provincial de 18 de abril de 2016, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: - Aprobar a modificación da subvención concedida por importe de 2.900,00 €, xa outorgada por acordo da Xunta de Goberno de 11/03/2016 ó Concello de A Illa de Arousa para a actividade “Elaboración do Rueiro de A Illa de Arousa” cun orzamento polo mesmo importe, no sentido de minorar o seu importe, segundo a táboa que se inxire a continuación: Denominación actividade Orzamento definitivo Subvención definitiva Elaboración do Rueiro de A Illa de Arousa 2.400,00 2.400,00 - Notificar o presente acordo ó Servizo de Cooperación, á Intervención Provincial, ó Gabinete da Presidencia, e ó Concello de A Illa de Arousa. 29.24340.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 9.24062 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 29/01/2016 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SILLEDA NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS-1ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016”, que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Dentro destas bases aprobouse a liña 4 (Emprego para conservación e funcionamento de bens e servizos municipais) que ten por obxecto regular as condicións polas que se rexerá a convocatoria pública das axudas e subvencións destinadas a financiar a prestación de servizos mínimos de competencia municipal mediante a contratación de persoas desempregadas. Terceiro.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 29 de xaneiro de 2016, punto número 9.24062, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-1ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Este acordo foi modificado por outro acordo da Xunta de Goberno provincial do 12 de febreiro de 2016, punto 18.24111, para cambiar a categoría profesional de varios postos de traballo subvencionados, quedando conforme á seguinte táboa: Concello SILLEDA Núm. de traballadores 12 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 4 peóns de limpeza/varredores, 2 peóns de xardinería a xornada completa durante 10 meses 1 peón albanel, 3 peóns de limpeza/varredores e 2 peóns de xardinería a xornada completa durante 5 meses Importe concedido 90.000,00 € Cuarto.- O Concello de Silleda, mediante escrito motivado (con entrada no rexistro da Deputación o 08/04/2016, núm. 20160376091, solicita que se modifique o seu acordo de concesión para cambiar a categoría de un dos tres peóns de limpeza/varredores a xornada durante 5 meses por 2 peóns de limpeza/varredores e 1 limpador de centros públicos municipais a xornada completa durante 5 meses, debido á necesidade de adecuar as categorías profesionais ás funcións que se van a realizar. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto que non se observa prexuízo algún a terceiros, que non se modifica o importe total da subvención e que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, infórmase favorablemente a citada modificación. Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do R.d. 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 9.24062 do día 29/01/2016, no relativo á categoría profesional dos traballadores a contratar polo concello de Silleda (tendo en conta a modificación aprobada na Xunta de Goberno provincial do 12/02/2016, punto 18.24111), manténdose en todo o demais os termos xa acordados, polo que queda establecida da maneira que se detalla na seguinte táboa: Concello SILLEDA Núm. de traballadores 12 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 4 peóns de limpeza/varredores, 2 peóns de xardinería a xornada completa durante 10 meses 1 peón albanel, 2 peóns de limpeza/varredores, 1 limpador de centros públicos municipais e 2 peóns de xardinería a xornada completa durante 5 meses Importe concedido 90.000,00 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Silleda, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 30.24341.- MODIFICACIÓN DO ACORDO NÚM. 11.24192 ADOPTADO NA XUNTA DE GOBERNO DO DÍA 11/03/2016 SOBRE A CONCESIÓN DUNHA SUBVENCIÓN Ó CONCELLO DE SANXENXO NO MARCO DO PLAN CONCELLOS 2016 CORRESPONDENTE Á LIÑA 4: EMPREGO PARA CONSERVACIÓN DE BENS E SERVIZOS MUNICIPAIS-5ª RELACIÓN Primeiro.- O Pleno da Corporación Provincial, na súa sesión ordinaria do día 27/11/2015, aprobou as “Bases reguladoras e convocatoria do Plan de obras e servizos (Plan Concellos) 2016”, que recolle os procedementos para conceder subvencións a 60 municipios da provincia para financiar actuacións e investimentos, propostas que deben estar relacionadas coas materias que os municipios exercen como competencias propias ou, en todo caso, as atribuídas por delegación, de conformidade co artigo 7 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local. Ditas bases foron publicadas no BOPPO nº 233 de 02/12/2015 (tendo en conta a corrección de erros publicada no BOPPO nº 250 de 30/12/2015). Segundo.- Á vista da documentación obrante nos expedientes de subvención e dos informes da xefa do Servizo de Cooperación e do Servizo de Intervención, a Xunta de Goberno na sesión ordinaria celebrada o día 11/03/2016, punto número 11.24192, acordou a concesión de subvencións ó abeiro do Plan Concellos 2016 correspondente á liña 4: Emprego para Conservación de Bens e Servizos Municipais-5ª Relación, mediante o procedemento de concorrencia non competitiva, con cargo á aplicación 2016/942.9425.462.03 do vixente Orzamento provincial. Terceiro.-. No caso do Concello de Sanxenxo (expediente núm. 2016006588) concedéuselle unha axuda conforme á seguinte táboa: Concello SANXENXO Núm. de traballadores 30 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 auxiliares administrativos en xeral e 1 traballador/a social durante 9 meses a xornada completa e 24 peóns de obras públicas en xeral durante 8 meses a xornada completa Importe concedido 250.484,33 € Cuarto.- Mediante escrito con entrada no rexistro da Deputación o 07/04/2016, núm.2016036785, solicita que se modifique o seu acordo de concesión debido a un erro nos cálculos na solicitude da subvención, de xeito que se modifique a duración do contrato do traballador/a social de modo que de nove meses pase a ser de 8 meses de duración, xa que os cálculos dos custos se fixeron considerando un tempo de duración do contrato de oito meses e non de nove, polo que non implicaría cambio algún no importe total da subvención concedida. Fundamentos xurídicos: - O artigo. 64 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o regulamento da Lei xeral de subvencións, establece que se poderá autorizar a modificación sempre que non se danen dereitos de terceiros. A solicitude deberá presentarse antes de que conclúa o prazo para a realización da actividade. - Base 25ª.5ª.b) das do orzamento provincial, dispón que os beneficiarios da subvención quedan obrigados a comunicar calquera eventualidade ou circunstancia que altere ou dificulte o desenvolvemento da finalidade pretendida, co obxecto de que, se se estiman con suficiente antelación, poida procederse á modificación da resolución. - Artigos 213 e ss. do Real Decreto Lexislativo 2/2004, de 5 de marzo, polo que se aproba o Texto refundido da lei reguladora das Facendas locais, sobre o control e a fiscalización da xestión económica que lle corresponde realizar á Intervención. - Bases 47ª e 48ª das de execución do Orzamento provincial, sobre o control e a fiscalización da xestión económica, que sinala a competencia da Intervención para realizar estas funcións. - Base décimo cuarta do Plan Concellos 2016 no referente ás modificacións das resolucións de concesión das subvencións. Conclusións: Examinados os antecedentes e a motivación legal exposta, visto os informes da xefa do Servizo de Cooperación e da Intervención Provincial e que non se modifica o importe da subvención nin se observa prexuízo algún a terceiros, tendo en conta que aínda non finalizou o prazo para a realización da actividade subvencionada, informo favorablemente a aprobación da modificación do acordo da Xunta de Goberno nº11.24192 do día 11/03/2016 no referente á axuda concedida ó Concello de Sanxenxo, de maneira que segue: Concello SANXENXO Núm. de traballadores 30 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 auxiliares administrativos en xeral durante 9 meses a xornada completa e 24 peóns de obras públicas en xeral e 1 traballador/a social durante 8 meses a xornada completa Importe concedido 250.484,33 € Non obstante, o presente informe non ten carácter vinculante para o órgano competente para resolver, que acordará o que proceda consonte ó seu superior criterio. Réxime Competencial: En virtude do establecido na base 16ª.2 c) das Bases de Execución do Orzamento provincial e de conformidade co disposto nos artigos 34 e 35 da Lei 7/1985, de 2 de abril, reguladora das bases do réxime local, e no artigo 17 do Real Decreto 887/2006, de 21 de xullo, polo que se aproba o Regulamento da Lei 38/2003, de 17 de novembro, xeral de subvencións, a competencia para resolver atribúeselle á Xunta de Goberno. En consecuencia, a Xunta de Goberno acorda por unanimidade: 1. Modificar o acordo da Xunta de Goberno número 11.24192 do día 29/01/2016, no referente á subvención concedida ó Concello de Sanxenxo, que queda como segue: Concello SANXENXO Núm. de traballadores 30 Obxecto da subvención (número de contratos, tipo de xornada e duración) 5 auxiliares administrativos en xeral durante 9 meses a xornada completa e 24 peóns de obras públicas en xeral e 1 traballador/a social durante 8 meses a xornada completa Importe concedido 250.484,33 € 2. Darlle traslado do acordo ó Concello de Sanxenxo, á Intervención Provincial e ó Servizo de Cooperación. 31.24342.- COMUNICACIÓNS Non houbo. 32.24343.- ROGOS E PREGUNTAS Non se formularon. E non habendo máis asuntos que tratar pola Sra. Presidenta, sendo as once horas e corenta minutos do expresado día, dáse por rematada a sesión e dela esténdese a presente acta, que asina a Ilma. Sra. Presidenta, comigo, o Secretario que dou fe. A Presidenta, O Secretario,

Área de notas

  • Nota

Puntos de acceso

Área de control da descrición